titorial: crear unha liña de tempo con timerime
TRANSCRIPT
![Page 1: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/1.jpg)
TIMERIME (liñas do tempo)
TITORIAL
Elaborado por Miguel Carricoba e Marta Arias.
![Page 2: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/2.jpg)
1. Entra en www.timerime.com e
pincha en rexistrarse o login*
Login*: palabra inglesa que significa “entrar no sistema”, ou “abrir sesión”.
![Page 3: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/3.jpg)
2. Se é a primeira vez que accedes, completa os datos da columna da esquerda. Recibirás un correo electrónico cun enlace (link en inglés) para que actives a túa conta.
Non te esquezas de tildar
esta casilla
![Page 4: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/4.jpg)
3. Na nova xanela, pincha no botónCree unha liña de tempo
![Page 5: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/5.jpg)
Podes decidir se a túa liña do
tempo será só para ti ou non…
pero para o noso traballo…
terá que ser pública!!!!
•4. Completa os campos e pincha en gardar
![Page 6: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/6.jpg)
4. Unha opción interesante que nos ofrece TimeRime
para traballar en clase, é poder traballar de xeito
colaborativo na mesma liña do tempo (por exemplo
un traballo en grupo ou de toda a clase).
Neste caso un alumno ou alumna creará a liña do
tempo como vimos antes e logo “invitará” aos seus
compañeiros.
![Page 7: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/7.jpg)
Separa os enderezos por un
punto e coma
Tamén podes enviar a túa liña do tempo por correo
electrónico a quen queiras
Para iso pincha na
pestana Opcións extra e
escribe os enderezos
electrónicos dos que
van participar na
elaboración da nosa liña
do tempo.
Logo dálle a enviar
![Page 8: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/8.jpg)
6. Dende a pestana de evento podesengadir os feitos que aparecerán na túa liña do tempo. En primeiro lugar pon o nome do evento.
![Page 9: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/9.jpg)
7. A continuación inclúe a data do evento. Ten en conta isto:• Se abrangue varios
anos, pon data de inicio e de fin. Se no, pon só a de inicio.
• Non é obrigado encher tódolos campos (mes, día, etc)
• Non se poden poñer séculos, só anos.
• Os anos antes de Cristo póñense en negativo. Ex: -2000
![Page 10: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/10.jpg)
8. Escribe unha pequena descrición no cadro de texto. Servirá de explicación ao evento na liña do tempo.
![Page 11: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/11.jpg)
9. Se te decides a poñer unha imaxe, primeiro tela
que ter no teu ordenador para logo subila ao servidor
de TimeRime
Fai clic en Upload one file*
Upload one file*: expresión inglesa que significa “subir un arquivo”
![Page 12: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/12.jpg)
Dándolle en examinar busca a túa imaxe no teu ordenador
Logo dálle a Upload*
Upload*: termo inglés que significa “subir”, nun sentido figurado, á “nube”, a internet.
![Page 13: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/13.jpg)
Unha vez feito isto, aparecerache a imaxe no escritorio. Fai clic sobre ela e quedará seleccionada.
![Page 14: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/14.jpg)
1
10. De xeito
opcional, podes
ampliar inda máis a
información sobre o
evento. Exemplos:1. Engadir un texto
2. Suxerir enlaces
web para ampliar a
información
3. Poñer un vídeo de
youtube
2 3
Fai clic aquí
![Page 15: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/15.jpg)
Como sempre ocorre cando
queremos incrustar, insertar (ou
como se di en inglés “embed”), un
recurso web 2.0 noutro, tes que
pegar o código HTML
correspondente. Neste caso, un
vídeo de youtube.
Se non te lembras de cómo atopar o código HTML de
youtube, podes revisar o titorial sobre como incrustar o
código HTML nun blog deste mesmo curso.
![Page 16: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/16.jpg)
Cando consideres que o evento estearematado, dálle a Gardar.
Se lle dás a Gardar e novo quedará gardado e poderás engadir outroevento
![Page 17: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/17.jpg)
Así nos queda o noso evento:
Se fas clic na imaxe, aparecerache…
Data e nome do evento
![Page 18: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/18.jpg)
Indícanos que, facendo clic, aparecerán máis contidos, no noso exemplo, un vídeo de youtube)
Ao facer clic na imaxe, aparece…
![Page 19: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/19.jpg)
11. De xeito opcional podes engadir periodoshistóricos. Pincha na pestana Periodos e enche as casillas. Despois selecciona gardarou gardar e novo (se vas engadir outro)
![Page 20: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/20.jpg)
•12. Observa como queda o periodonunha liña do tempo
![Page 21: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/21.jpg)
13. Na versión gratuíta de TimeRime (que é na que nos rexistramos) podes engadir ata 100 eventos. Esta versión ten algunha outra limitación, pero realmente insignificante en comparación ao que nos ofrece.
![Page 22: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/22.jpg)
Se pos moitos eventos pódense “apiñar” uns por riba
doutros. Non hai problema… podes modificar a
escala da liña do tempo movendo os extremos da
mesma…
![Page 23: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/23.jpg)
Observa como modificando a escala, sepáranse
máis os eventos.
![Page 24: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/24.jpg)
Unha última cousa: esta liña do tempo, como
recurso web 2.0 pode ser insertada, incrustada, nun
blog. Para iso necesitas o código HTML, e neste
caso atópase no botón co símbolo <>
Copia este código e pégalo nunha entrada do teu blog
Se só queres saber o enderezo web da túa liña do tempo, fai clic no símbolo
![Page 25: Titorial: Crear unha liña de tempo con TimeRime](https://reader033.vdocuments.mx/reader033/viewer/2022042602/55a026f91a28abf2618b45c3/html5/thumbnails/25.jpg)
TIMERIME (liñas do tempo)
FIN
Elaborado por Miguel Carricoba e Marta Arias.