titorial: busca avanzada con google

30
Titorial para realizar buscas con Google aborado por Miguel Carricoba Armesto e Marta Arias López.

Upload: sociaisabalar

Post on 13-Jun-2015

885 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Titorial: Busca avanzada con Google

Titorial para realizar buscas con Google

Elaborado por Miguel Carricoba Armesto e Marta Arias López.

Page 2: Titorial: Busca avanzada con Google

O punto de partidaEntre as destrezas e coñecementos que son necesarios dominar nun mundo onde predominan as tecnoloxías da información e a comunicación figura “buscar e seleccionar información a través dos buscadores”.É por iso que manexar o buscador de Google e aprender a acoutar as nosas buscas a través das súas múltiples ferramentas que nos ofrece, debe converterse nun obxectivo do ensino-aprendizaxe.

Page 3: Titorial: Busca avanzada con Google

Para acceder a Google tan só temos que executar un explorador de internet e escribir a dirección de Google (www.google.es)A páxina principal de Google contén os seguintes campos:

Interface

Vínculos superiores: Permítennos elixir o tipo de servizo de procura que nos ofrece Google.

Cadro de procura: Lugar no

cal escribimos as palabras

que queremos buscar.

Non debemos confundir este cadro de busca co cadro onde escribimos os enderezos web.

Page 4: Titorial: Busca avanzada con Google

Configuración de procura: A través deste campo podemos configurar o aspecto e o funcionamento do buscador.

Podemos configurar: • Os idiomas das nosas procuras• A busca avanzada (verémolo máis adiante)• Número de resultados por páxina.• Establecer un filtro para evitar contidos de carácter sexual, etcPulsando sobre Gardar preferencias gardaranos as preferencias elixidas.

Page 5: Titorial: Busca avanzada con Google

Botón de busca en Google:

Unha vez que introducimos

a palabra ou palabras que

queremos buscar, tan só

temos que pulsar sobre

buscar.

Vou ter sorte: Se pulsamos sobre vou ter sorte Google vainos mostrar a páxina que máis se axusta aos nosos criterios de procura.

Observa que podemos cambiar aquí o idioma da interface. Para as buscas sinxelas é perfecto pero desgraciadamente non ofrece todas as posibilidades.

Page 6: Titorial: Busca avanzada con Google

Barra de estatísticas: Móstranos o número de resultados que se atoparon e o tempo que se tardou en completar a procura.

Título da páxina: Móstranos o título da páxina web que atopou. Ás veces non aparece o título senón a URL, isto quere dicir que a páxina non ten título.

URL do resultado: Enderezo web do resultado atopado

Page 7: Titorial: Busca avanzada con Google

Se usas Google Pack (ver a seguinte diapositiva) aparecerache este indicador que é unha puntuación que recibe a páxina en cuestión… é unha garantía de calidade (axuda a evitar páxinas con “mala intención”)

Page 8: Titorial: Busca avanzada con Google

Google pack é un paquete de ferramentas gratuítas que ofrece Google para ser instaladas no ordenador. Entre estas aplicacións figuran o antivirus AVAST e o antiespías SPYWARE DOCTOR, ademais doutros programas interesantes (por exemplo PICASA do que falaremos tamén neste curso). Podes escoller que programas descargar e logo instalalos.

Page 9: Titorial: Busca avanzada con Google

Cando Google atopa máis dun resultado da nosa busca, Google organiza xerarquicamente as páxinas, de tal xeito que na parte superior da lista aparecen as máis relevantes e a continuación o resto dos resultados.

Pero OLLO!!!!

Observa!!! Estes resultados que aparecen cun fondo de cor rosa… son publicidade relacionada co que buscas, ao igual que os resultados que aparecen á dereita. Pódenche interesar… ou non pero non é a información que buscas!!!

Page 10: Titorial: Busca avanzada con Google

Podes buscar máis resultados noutras páxinas…

UN CONSELLOSe cando buscas algo aparécenche moitísimas páxinas web e os primeiros resultados non son do teu agrado o que tes que facer é acoutar a busca e así atopar o que de verdade che interesa. Para iso tan só tés que introducir máis palabras relacionadas co que buscas no cadro de busca.

Page 11: Titorial: Busca avanzada con Google

Usa comiñas: O emprego de comiñas vaise a utilizar para buscar as palabras a expresión literal exacta. Se non se usan comiñas, Google obterá os resultados da combinación delas ou de cada unha das palabras.

Observa a diferenza nos resultados da busca sen comiñas ou con elas:

Page 12: Titorial: Busca avanzada con Google

Usa o signo menos (-): Este signo actúa como o operador NOT, busca termos que conteñan a primeira palabra pero non a segunda. O que fai é excluír ou omitir palabras na busca. Este signo colocásese diante da palabra que queremos omitir, sen ningún espazo entre o guión e a palabra, tal como se no exemplo.

Observa que desapareceron as entradas referenciadas ao xornal “El País”

Page 13: Titorial: Busca avanzada con Google

Uso de asterisco (*): O asterisco actúa como comodín cando non se coñece unha palabra e así nos pode facilitar a busca. Emprégase co uso de comiñas.

Observa a diferenza nos resultados usando o asterisco * en combinación coas comiñas.

Page 14: Titorial: Busca avanzada con Google

Se pos Define: diante dunha palabra, google devolveranos móstranos a definición do termo buscado en combinación coa wikipedia. A pena é que este servizo non existe aínda en galego.

Page 15: Titorial: Busca avanzada con Google

Se engadimos a expresión Filetype: google limítanos o resultado da nosa procura a un determinado tipo de arquivo. Certamente, hai que coñecer a extensión* que se empregan para recoñecer os tipos de arquivos

A extensión é un “sufixo” que levan os nomes dos arquivos e que permiten, tanto aos usuarios como aos propios ordenadores, saber o tipo de datos almacenados nese ficheiro. Por exemplo, nos ficheiros seguintes:

• lugo.jpg: .jpg dinos que é unha foto• lugo.odt: .odt dinos que é un texto

(podería ser tamén .doc ou .docx)• lugo.odp: .odp dinos que é unha

presentación multimedia (podería ser tamén .ppt ou pptx)

• lugo.avi: .avi dinos que é um vídeo (podería ser .wmv )

Existen outras moitas extensións. Cada programa adoita ter a súa propia.

Page 16: Titorial: Busca avanzada con Google

Cando estamos na procura da información, Google permítenos una busca avanzada

Page 17: Titorial: Busca avanzada con Google

Se te fixas ben, moitas das opcións que nos ofrecen xa as vimos mediante os códigos… pero pódense facer desde aquí se nolo esquecimosPode tamén ser interesante empregar esta opción.

Page 18: Titorial: Busca avanzada con Google

Podemos buscar a maiores en función do tipo de licenza de uso dos contidos ou pola data de actualización…

Non te esquezas de darlle

aquí para que fagan efecto

as opcións seleccionadas

Page 19: Titorial: Busca avanzada con Google

Procuras de imaxesUnha das opcións das que dispón Google é a busca de imaxes, tan só temos que facer clic sobre o vínculo imaxes (arriba ou á esquerda).

Page 20: Titorial: Busca avanzada con Google

Por defecto, Google vainos clasificar

as imaxes por orde de relevancia…

pero podemos pedirlle que o faga

por temas… e quedaría así

Page 21: Titorial: Busca avanzada con Google

Poñendo o cursor enriba dunha imaxe dános a información do nome do ficheiro a súa ubicación, as súas dimensións así coma outros datos.

Page 22: Titorial: Busca avanzada con Google

Podemos seleccionar que nos mostre só imaxes grandes ou pequenas…

Outras opciónsNo menú lateral esquerdo dános posibilidades de matizar a nosa busca.

Podemos seleccionar que sexan só imaxes en branco e negro ou onde nas que predomine unha cor determinada…

Podemos seleccionar o tipo de imaxe

Page 23: Titorial: Busca avanzada con Google

Procura de vídeosPodemos tamén buscar vídeos, para iso seleccionaremos os vínculos de Vídeos (arriba ou á esquerda).

Ao igual que coas imaxes, dispoñemos dun menú lateral na parte esquerda que nos vai a permitir elixir o tipo de webs, a duración, a ordenación por importancia ou por data, a calidade, a fonte, etc.

Page 24: Titorial: Busca avanzada con Google

Tamén podemos buscar só “novas” coa opción de Noticias

E con outro montón de opcións!!!

Page 25: Titorial: Busca avanzada con Google

Se damos na opción de “Máis” podemos acceder a outros tipos de busca, por exemplo de libros.

Page 26: Titorial: Busca avanzada con Google

A busca devólvenos libros onde aparecen esas palabras, combinando isto co uso de comiñas esta ferramenta convértese nunha poderosa “arma”

E ademais con outro montón de opcións!!!

exemplo

Page 27: Titorial: Busca avanzada con Google

Do mesmo xeito, en “Máis” podemos seleccionar á busca académica. Esta busca devólvenos bibliografía de temas académico de forma sinxela. Podemos localizar libros, documentos, teses, resumos, artigos científicos, etc.

No cadro de busca escribimos

o título do libro, artigo, manual, etc que queremos

localizar.

Page 28: Titorial: Busca avanzada con Google

Un posible uso de GoogleUnha realidade nas nosas aulas, cando mandamos facer un traballo de investigación ao noso alumnado, é o famoso “copia-pega” que acostuman practicar. O noso labor, como foi sempre, é ensinarlles a ler, comprender e reinterpretar o lido para que o resultado final sexa o máis persoal posible. Neste labor de corrección e avaliación, Google pode converterse no noso aliado.

Exemplo: Nun traballo sobre Rosalía de Castro aparece este texto…

Page 29: Titorial: Busca avanzada con Google

Selecciono o texto e cópioo (co botón dereito do rato ou coa combinación de teclas CTRL+C) e pégoo no cadro de busca de Google (para pegar uso o botón dereito do rato ou as teclas CTRL+V)

O resultado da busca deixa ben claro que o texto non é orixinal… e que o alumno ou alumna… ¡Non foi o único que o fixo!

Page 30: Titorial: Busca avanzada con Google

Titorial para realizar buscas con Google

Elaborado por Miguel Carricoba Armesto e Marta Arias López.

fin