terra fiscalía galego_branco

1
Fiscalía da Audiencia Provincial de Ourense AO XULGADO DO SOCIAL NÚMERO 2 DE OURENSE O Fiscal, despachando o traslado conferido nos Autos número 289/2008 sobre reclamación de cantidades a instancia de Don Xosé Antón Vázquez Dorrío contra Telefónica de España S.A.U., di: Que procede declarar a competencia da xurisdición social para o coñecemento da cuestión litixiosa de conformidade co artigo 9.5 da L.O.P.X. en relación cos artigos 1 a 3 do T.R.L.P.L.; xa que por un lado no concurso de Terra (folios 10 e 11) se dicía que o gañador pasa a "formar parte da “plantilla” de blogueiros oficiais na canle de Deportes de Terra", en canto a isto fai o Fiscal súas as palabras do laudo andado, cabe sinalar que por “plantilla” hai que entender o conxunto de traballadores da empresa con contratos de duración indefinida ou vinculados con contrato de duración superior a un ano, por outro lado hai que sinalar que o concurso carecía de bases nas que se aclarase calquera interpretación das palabras utilizadas para ofertar o premio do concurso, e por último de conformidade coa normativa aplicable en materia de Protección dos consumidores e usuarios, e a Lei de Condicións Xerais da Contratación, dita escuridade nunca debe prexudicar ao consumidor, xa que este é a parte máis débil da relación xurídica, polo que as palabras utilizadas no concurso débense interpretar que o gañador do premio do concurso quede suxeito a unha relación laboral, hai que sinalar que esta é a xurisdición competente, a social, xa que os blogueiros poden ser colaboradores, suxeitos a un contrato de arrendamento de obra, ou ben traballadores suxeitos a un contrato laboral, neste caso hai unha escuridade creada que é ao demandado, e non pode beneficiarlle, e non se pode interpretar en contra do actor, traballador, sen que o documento do folio 14 poida cambiar dita interpretación, porque entre outras cousas é posterior á oferta do concurso (folio 10), e ao blog de actor (folio 12), polo que correspondía ao actor despexar a dúbida e ofrecer claridade sobre o tipo de premio e relación que se entablaba co gañador, e como non o fai, a interpretación que procede a de ser a favor do traballador. Ourense, 17 de setembro de 2008. Asdo. Mario Brualla González Fiscal

Upload: xosse-dorrio

Post on 19-Jul-2015

300 views

Category:

Entertainment & Humor


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Terra fiscalía galego_branco

Fiscalía da Audiencia Provincial de Ourense

AO XULGADO DO SOCIAL NÚMERO 2 DE OURENSE

O Fiscal, despachando o traslado conferido nos Autos número 289/2008 sobre reclamación de cantidades a instancia de Don Xosé Antón Vázquez Dorrío contra Telefónica de España S.A.U., di:

Que procede declarar a competencia da xurisdición social para o coñecemento da cuestión litixiosa de conformidade co artigo 9.5 da L.O.P.X. en relación cos artigos 1 a 3 do T.R.L.P.L.; xa que por un lado no concurso de Terra (folios 10 e 11) se dicía que o gañador pasa a "formar parte da “plantilla” de blogueiros oficiais na canle de Deportes de Terra", en canto a isto fai o Fiscal súas as palabras do laudo andado, cabe sinalar que por “plantilla” hai que entender o conxunto de traballadores da empresa con contratos de duración indefinida ou vinculados con contrato de duración superior a un ano, por outro lado hai que sinalar que o concurso carecía de bases nas que se aclarase calquera interpretación das palabras utilizadas para ofertar o premio do concurso, e por último de conformidade coa normativa aplicable en materia de Protección dos consumidores e usuarios, e a Lei de Condicións Xerais da Contratación, dita escuridade nunca debe prexudicar ao consumidor, xa que este é a parte máis débil da relación xurídica, polo que as palabras utilizadas no concurso débense interpretar que o gañador do premio do concurso quede suxeito a unha relación laboral, hai que sinalar que esta é a xurisdición competente, a social, xa que os blogueiros poden ser colaboradores, suxeitos a un contrato de arrendamento de obra, ou ben traballadores suxeitos a un contrato laboral, neste caso hai unha escuridade creada que é ao demandado, e non pode beneficiarlle, e non se pode interpretar en contra do actor, traballador, sen que o documento do folio 14 poida cambiar dita interpretación, porque entre outras cousas é posterior á oferta do concurso (folio 10), e ao blog de actor (folio 12), polo que correspondía ao actor despexar a dúbida e ofrecer claridade sobre o tipo de premio e relación que se entablaba co gañador, e como non o fai, a interpretación que procede a de ser a favor do traballador.

Ourense, 17 de setembro de 2008.

Asdo. Mario Brualla GonzálezFiscal