terra arbitraxe galego_branco

3
XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA . 13 Avda de Zamora Baixo 32005 OURENSE 988 38 64 76 - 988 38 65 53 Telefono Fax INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO EXPEDIENTE Nº: 31.608 Presidente: Don S. Vicente David Alonso Fernández Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo Árbitros: V.: Dona Graciela Campos Seijo (AA.CC. Montealegre) V.: Dona Concepción Vilas Rodríguez (AEST) LAUDO ARBITRAL En Ourense, a 17 de abril de 2007 reúnese o Colexio Arbitral sinalado ao marxe para emitir laudo respecto das cuestións litixiosas que as partes, igualmente referenciadas, someteron a arbitraxe no seu día. 1.- Presentada solicitude de arbitraxe por Don Xosé Antón Vázquez Dorrío con DNI: 44450433N, como parte reclamante, o día 28 de agosto de 2006, esta foi admitida a trámite pola Xunta Arbitral de Consumo de Galicia coa mesma data e a empresa reclamada TELEFÓNICA DE ESPAÑA SAU encóntrase adherida ao Sistema Arbitral de Consumo. 2.- Posto que existe oferta pública de sometemento ao sistema arbitral de consumo conforme ao artigo 6 do Real Decreto 636/93 de 3 de maio, polo que se regula dito sistema, ambas solicitudes formalizaron convenio arbitral entre as partes, conforme dispón o apartado 1 do citado artigo, sometendo ao arbitraxe da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia as cuestións litixiosas. 3.- Desígnase Colexio Arbitral citado para a resolución dos conflitos plantexados con data 11 de xaneiro de 2007 4.- Evacuase trámite de audiencia oral ás partes á que acode a parte reclamante e a empresa reclamada non acode. ALEGACIÓNS DAS PARTES A parte reclamada non acode á audiencia e ratifícase nas súas pretensións. Con data 15 de xaneiro a empresa reclamada presenta alegacións nas que no último punto manifesta que o premio foi rexeitado polo reclamante, manifestando que o mesmo debía consistir nun contrato laboral fixo por conta allea con Telefónica de España SAU, cos mesmos emolumentos correspondentes á categoría do mesmo, e cos mesmos dereitos que calquera outro traballador de Telefónica de España SAU. Nesta data ambas partes están tratando de encontrar unha solución negociada á discrepancia prantexada.

Upload: xosse-dorrio

Post on 19-Jul-2015

233 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Terra arbitraxe galego_branco

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN

E INDUSTRIA

. 13 Avda de Zamora Baixo

32005 OURENSE

988 38 64 76 - 988 38 65 53Telefono Fax

INSTITUTO

GALEGO DE

CONSUMO

EXPEDIENTE Nº: 31.608

Presidente: Don S. Vicente David Alonso FernándezServizo Provincial do Instituto Galego de Consumo

Árbitros:V.: Dona Graciela Campos Seijo (AA.CC. Montealegre)V.: Dona Concepción Vilas Rodríguez (AEST)

LAUDO ARBITRAL

En Ourense, a 17 de abril de 2007 reúnese o Colexio Arbitral sinalado ao marxe para emitir laudo respecto das cuestións litixiosas que as partes, igualmente referenciadas, someteron a arbitraxe no seu día.1.- Presentada solicitude de arbitraxe por Don Xosé Antón Vázquez Dorrío con DNI: 44450433N, como parte reclamante, o día 28 de agosto de 2006, esta foi admitida a trámite pola Xunta Arbitral de Consumo de Galicia coa mesma data e a empresa reclamada TELEFÓNICA DE ESPAÑA SAU encóntrase adherida ao Sistema Arbitral de Consumo.2.- Posto que existe oferta pública de sometemento ao sistema arbitral de consumo conforme ao artigo 6 do Real Decreto 636/93 de 3 de maio, polo que se regula dito sistema, ambas solicitudes formalizaron convenio arbitral entre as partes, conforme dispón o apartado 1 do citado artigo, sometendo ao arbitraxe da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia as cuestións litixiosas.3.- Desígnase Colexio Arbitral citado para a resolución dos conflitos plantexados con data 11 de xaneiro de 20074.- Evacuase trámite de audiencia oral ás partes á que acode a parte reclamante e a empresa reclamada non acode.

ALEGACIÓNS DAS PARTES

A parte reclamada non acode á audiencia e ratifícase nas súas pretensións. Con data 15 de xaneiro a empresa reclamada presenta alegacións nas que no último punto manifesta que o premio foi rexeitado polo reclamante, manifestando que o mesmo debía consistir nun contrato laboral fixo por conta allea con Telefónica de España SAU, cos mesmos emolumentos correspondentes á categoría do mesmo, e cos mesmos dereitos que calquera outro traballador de Telefónica de España SAU. Nesta data ambas partes están tratando de encontrar unha solución negociada á discrepancia prantexada.

Page 2: Terra arbitraxe galego_branco

O 18 do mesmo mes a empresa presenta novas alegacións indicando que, ao ser a reclamación formulada contra a extinta sociedade TERRA NETWORK ESPAÑA SAU e ser anterior á data en que se inscribiu no rexistro mercantil de Madrid a escritura de fusión pola que dita entidade foi absorbida por TELEFÓNICA DE ESPAÑA SAU, 7/7/2006, por non ter estado nunca TERRA NETWORK ESPAÑA, SAU. adherida ao sistema arbitral de consumo, TELEFÓMCA DE ESPAÑA SAU, non pode aceptar dito arbitraxe.

MOTIVO DA RECLAMACIÓN

Con motivo do mundial de fútbol, TERRA pon en internet un concurso de Blogs. O blog máis visitado gana un contrato con TERRA como blogueiro oficial. Finalizado o concurso acaba no primeiro posto e non recibe noticias do premio. Intenta poñerse en contacto coa empresa a través do e-mail e devólvenlle o correo coa mensaxe "usuario descoñecido".Con data 15 de xaneiro a empresa reclamada presenta alegacións nas que en Último punto manifesta que o premio foi rexeitado polo reclamante, manifestando que o mesmo debía consistir nun contrato laboral fixo por conta allea con Telefónica de España SAU, cos mesmos emolumentos correspondentes á categoría do mesmo, e cos mesmos dereitos que calquera outro traballador de Telefónica de España SAU. Nesta data ambas partes están tratando de encontrar una solución negociada á discrepancia prantexada.O 18 do mesmo mes a empresa presenta novas alegacións indicando que, ao ser a reclamación formulada contra a extinta sociedade TERRA NETWORK ESPAÑA, SAU e ser anterior á data en que se inscribiu no rexistro mercantil de Madrid a escritura de fusión pola que dita entidade foi absorbida por TELEFÓNICA DE ESPAÑA, SAU, 7/7/2006. Por non ter estado nunca TERRA NETWORK ESPAÑA, SAU. Adherida ao sistema arbitral de consumo, TELEFÓNICA DE ESPAÑA SAU, non pode aceptar dito arbitraxe.

PRETENSIÓN

Solicita o premio ou unha indemnización.

DECISIÓN ARBITRAL

Vistas as alegacións das partes e a documentación que consta no expediente, este Colexio Arbitral decide: ESTIMAR a pretensión da parte reclamante, por entender que TELEFÓNICA DE ESPAÑA SAU, que asumiu o cumprimento da promesa de contrato contida nas bases do concurso ante o reclamante, debeu cumprila de forma efectiva tras a absorción de TERRA por parte de TELEFÓNICA DE ESPAÑA SAU, estando a mesma adherida ao sistema arbitral de consumo.Por outro lado, dada a inexistencia dunhas bases do concurso debidamente protocolizadas, este Colexio considera que a interpretación do que debe ser ''formar parte da plantilla de blogueiros oficiais de TERRA" ten que ser favorable en todo caso, ao consumidor, segundo dispón o artigo 10.2 da lei 26/1984, tendo en conta que a interpretación xurisprudencial do término "plantilla" implica o conxunto de traballadores da empresa con

Page 3: Terra arbitraxe galego_branco

contratos de duración indefinida e os vinculados por contrato de duración determinada superior a un ano.En consecuencia TELEFÓNICA DE ESPAÑA SAU incorporará ao reclamante a súa “plantilla” de traballadores en calquera das modalidades anteriores, coas mesmas condicións de traballo que osdemais traballadores que desempeñen funcións análogas.En canto a solicitude de danos e prexuízos, non pode este Colexio entrar na súa consideración dada a exclusión na OPS de TELEFÓNICA DE ESPAÑA SAU deste tipo de reclamacións sobre danos e prexuízos.O prazo de cumprimento do presente laudo é dun mes, contados a partir da notificación do mesmo.Este laudo foi ditado en EQUIDADE e por MAIORÍA.Dona Concepción Vilas Rodríguez (AEST) formula voto particular en sentido desestimatorio, por entender, en primeiro lugar, que a empresa reclamada non estaba sometida ao Sistema Arbitral de Consumo, e que por tanto non pode ser obxecto de coñecemento por este Colexio, e en segundo lugar, que non se trata dunha reclamación sobre prestación de servizo que constitúa un acto de consumo.Notifíquese ás partes o presente laudo, facéndolle saber que ten carácter vinculante e executivo e que é eficaz dende o día da súa notificación. Contra o mesmo, cabe recurso de anulación de acordo co previsto no artigo 40 e seguintes da Lei de Arbitraxe 60/2003, de 23 de decembro.E, para que conste, asinan o presente laudo os indicados membros do Colexio Arbitral, ante o Secretario do mesmo, no lugar e data sinalados ao principio.