tema 4 a relaciÓn humana › centros › ceipisaacperal › system › files...6 a audición os...

16
1 TEMA 4 “ A RELACIÓN HUMANA”

Upload: others

Post on 27-Jun-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: TEMA 4 A RELACIÓN HUMANA › centros › ceipisaacperal › system › files...6 A audición Os oídos e a audición Os oídos son os órganos do sentido da audición. Captan as vibracións

1

TEMA 4 “ A RELACIÓN HUMANA”

Page 2: TEMA 4 A RELACIÓN HUMANA › centros › ceipisaacperal › system › files...6 A audición Os oídos e a audición Os oídos son os órganos do sentido da audición. Captan as vibracións

2

Sentimos cousas e reaccionamos O noso corpo pode sentir eses sinais. •Os órganos dos sentidos captan os sinais. • Os órganos dos sentidos transforman estes sinais noutros, que lle envían ao cerebro a través de nervios que os conectan con el. • O cerebro interpreta os sinais que lle envían os sentidos como información útil.

Reaccionamos Cando sentimos algo, o corpo reacciona. • O cerebro decide a reacción e prepáraa. Para iso, relaciona a información que recibe dos sentidos e elabora ordes para realizar unha reacción adecuada. •O cerebro envíalles esas ordes aos músculos e outros órganos capaces de realizar a reacción. Envíaas a través dos nervios. • Os músculos e outros órganos producen a reacción. Esta pode ser un movemento ou a produción de substancias como a saliva, a suor...

Así son as nosas reaccións

Ás veces, as nosas reaccións son automáticas e moi rápidas.

Que fas cando che da a luz do sol na cara? Outras veces as nosas reaccións son máis lentas e pensadas, porque o cerebro tarda en decidilas.

Cando nos fan unha pregunta e temos que pensar a resposta

Page 3: TEMA 4 A RELACIÓN HUMANA › centros › ceipisaacperal › system › files...6 A audición Os oídos e a audición Os oídos son os órganos do sentido da audición. Captan as vibracións

3

Actividades:

1. Escribe os nomes dos órganos dos sentidos. ------------------------------------------------------------------------------------------------------------

2. Como se comunican os órganos dos sentidos co cerebro? ---------

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

3. Escribe dous exemplos de reaccións automáticas e outros dous de

reaccións pensadas. --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- Solucións: 1. Vista, oído, olfacto, gusto e tacto 2. A través de nervios 3. Resposta aberta.

Automáticas: ao tropezar, recobramos o equilibrio; cando unha pelota se dirixe ao noso rostro, levantamos os brazos e pechamos os ollos. Pensadas: escribir, cortar un filete, manexar un ordenador...

Page 4: TEMA 4 A RELACIÓN HUMANA › centros › ceipisaacperal › system › files...6 A audición Os oídos e a audición Os oídos son os órganos do sentido da audición. Captan as vibracións

4

A visión Os ollos e a visión

Os ollos son os órganos do sentido da visión.

Captan a luz que chega ata eles en forma de imaxes do mundo

que nos rodea.

Temos dous ollos. Están encaixados nos ósos da cara e protexidos polas pestanas, polas cellas e polas pálpebras.

Cada ollo é un órgano en forma de globo e ten un líquido no seu interior.

Nun ollo podemos distinguir varias partes:

• O iris. É a zona circular de cor que hai na parte dianteirado ollo. É un músculo cun orificio central que se abre ese pecha para regular canta luz entra ao ollo. • A pupila. É o orificio do centro do iris. A luz entra por ela, atravesa o cristalino e o líquido do interior do ollo e chega ata o fondo, onde se forman imaxes. • A retina. Reviste o fondo do ollo. Transforma as imaxes en sinais que lle envía ao cerebro polo nervio óptico. O cerebro recibe eses sinais do ollo e fai que os sintamos como cores, formas, tamaños e distancias.

Page 5: TEMA 4 A RELACIÓN HUMANA › centros › ceipisaacperal › system › files...6 A audición Os oídos e a audición Os oídos son os órganos do sentido da audición. Captan as vibracións

5

1. Escribe os nomes no lugar correspondente: cellas, pestanas,pálpebras, glándula lacrimal.

2. Escribe as partes do ollo no lugar que lle corresponda:

cristalino,iris,pupila,córnea,nervio óptico e retina.

Page 6: TEMA 4 A RELACIÓN HUMANA › centros › ceipisaacperal › system › files...6 A audición Os oídos e a audición Os oídos son os órganos do sentido da audición. Captan as vibracións

6

A audición

Os oídos e a audición Os oídos son os órganos do sentido da audición. Captan as vibracións que producen as cousas cando se moven e que se transmiten ata nós.

Temos dous oídos. Están situados aos lados da cabeza, dentro dos ósos do cranio.

Cada oído está formado por tres tramos: •O oído externo. Está formado pola orella e polo conduto auditivo, que é a canle pola que as vibracións chegan ao interior do oído. • O oído medio. Situado dentro do cranio, ten unha membrana, o tímpano, e unha cadea de osiños. Ambas as dúas reciben as vibracións que entran polo oído externo e transmítenllas ao oído interno. • O oído interno. Aquí encóntrase o caracol, que transforma as vibracións en sinais e os envía ao cerebro polo nervio auditivo. O cerebro recibe os sinais que lle envían os oídos e fai que sintamos voces, música ou ruídos, así como a posición e a

distancia á que se encontran as cousas que vibran.

Page 7: TEMA 4 A RELACIÓN HUMANA › centros › ceipisaacperal › system › files...6 A audición Os oídos e a audición Os oídos son os órganos do sentido da audición. Captan as vibracións

7

1.Escribe as partes do oído: Orella, conducto auditivo, tímpano, cadea de osiños, condutos semicirculares,caracol, nervio auditivo.

2.Completa como se realiza a audición: vibracións sonoras, orella, conduto auditivo, tímpano, cadea de osiños, caracol , sinais e cerebro.

As vibracións sonoras pasan a través da ---------------------, ---------------------------------- , --------------------,---------------------------------------, --------------------.

Alí as células auditivas, emiten --------------- que a través do

nervio auditivo chegan ao ------------ , que interpreta o sonido.

3.As palabras óptica, oculista, audiovisual e ocular teñen que ver co ollo. Explica que significan.

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Page 8: TEMA 4 A RELACIÓN HUMANA › centros › ceipisaacperal › system › files...6 A audición Os oídos e a audición Os oídos son os órganos do sentido da audición. Captan as vibracións

8

O OLFACTO A pituitaria e o olfacto

A pituitaria é o órgano do sentido do olfacto. Encóntrase na cavidade do interior do nariz e é capaz de detectar as substancias que nos chegan polo aire.

Con cada substancia diferente que capta, a pituitaria envíalle un sinal distinto ao cerebro polo nervio olfactivo. O cerebro interpreta eses sinais, que sentimos como diferentes olores, agradables ou desagradables

1.Escribe os nomes do sentido do olfacto:

Page 9: TEMA 4 A RELACIÓN HUMANA › centros › ceipisaacperal › system › files...6 A audición Os oídos e a audición Os oídos son os órganos do sentido da audición. Captan as vibracións

9

2.Describe que tarefa realiza o nervio olfactivo

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

A lingua e o gusto As papilas gustativas son os órganos do sentido do gusto.

Son diminutos vultos que se encontran na superficie da lingua e que detectan substancias que entran na boca ao comer ou beber.

Con cada substancia diferente que captan, as papilas envíanlle un sinal distinto ao cerebro polo nervio gustativo. O cerebro interpreta eses sinais, que sentimos como os diferentes sabores: salgado, doce, amargo ou ácido.

Page 10: TEMA 4 A RELACIÓN HUMANA › centros › ceipisaacperal › system › files...6 A audición Os oídos e a audición Os oídos son os órganos do sentido da audición. Captan as vibracións

10

1.Colorea o debuxo e escribe os nomes das partes da lingua e dos sabores: paladar, amígdalas, campanilla e papilas gustativas. Amargo,doce,salgado, ácido e umami ( ENCÓNTRASE NOS SABORES FORTES DO QUEIXO, XAMÓN, CARNES VERMELLAS…)

Page 11: TEMA 4 A RELACIÓN HUMANA › centros › ceipisaacperal › system › files...6 A audición Os oídos e a audición Os oídos son os órganos do sentido da audición. Captan as vibracións

11

A pel e o tacto

A pel é o órgano do sentido do tacto.

Recobre o nosocorpo e ten miles de pequenísimos nervios capaces de captar a temperatura, o contacto coas cousas ou os danos no corpo.

Cando estes diminutos nervios da pel entran en contacto

co que hai ao noso arredor, captan as súas propiedades e

envíanlle sinais ao cerebro.

cerebro interpreta eses sinais, que sentimos como calor,

frío, suavidade, rugosidade, aspereza, dureza, viscosidade,

cóxegas.

Para investigar

Por exemplo: Cos ollos vendados, tratar de identificar o olor de

substancias ou obxectos colocados nun vaso. Posiblemente cheguemos a unha conclusión: só ulimos unha substancia se algunhas

partes dela chegan ao noso olfacto.

Page 12: TEMA 4 A RELACIÓN HUMANA › centros › ceipisaacperal › system › files...6 A audición Os oídos e a audición Os oídos son os órganos do sentido da audición. Captan as vibracións

12

O noso aparato locomotor O noso aparato locomotor está formado polo esqueleto e

polos músculos. Serve para protexer os nosos órganos, para sosternos en pé e para movernos.

O esqueleto

Dentro do noso corpo hai unha armazón formada por pezas duras, ríxidas e resistentes chamadas ósos.Esta armazón é o noso esqueleto.

O esqueleto está formado por un conxunto de ósos, unidos uns con outros mediante articulacións.

Os ósos

Temos 206 ósos de varios tipos: • Longos como o fémur da perna. •Planos como a omoplata ou as costelas. •Curtos como as vértebras e os diminutos osiños do oído.

Algúns forman conxuntos importantes: • As vértebras forman a columna vertebral, que sostén todo o esqueleto. •Os ósos do cranio protexen o cerebro. • A caixa torácica, formada polas costelas e polo esterno, protexe varios órganos.

As articulacións Os nosos ósos únense mediante articulacións. Son de dous tipos: • As que permiten o movemento dos ósos, como o cóbado ou a cadeira. •As que unen os ósos e non deixan que se movan, como as do cranio.

Page 13: TEMA 4 A RELACIÓN HUMANA › centros › ceipisaacperal › system › files...6 A audición Os oídos e a audición Os oídos son os órganos do sentido da audición. Captan as vibracións

13

Page 14: TEMA 4 A RELACIÓN HUMANA › centros › ceipisaacperal › system › files...6 A audición Os oídos e a audición Os oídos son os órganos do sentido da audición. Captan as vibracións

14

Os músculos

Un músculo é un órgano capaz de contraerse e producir movementos. Os músculos poden ser de dous tipos: •Músculos que están unidos a ósos. Estes músculos sitúanse sobre os ósos e únense a eles mediante os tendóns. Formana nosa musculatura. Permiten movernos e desprazarnos. •Músculos non unidos a ósos. Por exemplo: os músculos do corazón impulsan o sangue; os dos intestinos fan avanzar o alimento; os do iris abren e pechana ,pupila...

Funcionamento dos músculos

Cando os músculos do corpo reciben unha orde do cerebro, contráense, é dicir, acúrtanse. Ao contraérense, os músculos tiran das partes do corpo ás que están unidas e producen o movemento.

1.Aprende o nome dos músculos seguintes e colorea.

Page 15: TEMA 4 A RELACIÓN HUMANA › centros › ceipisaacperal › system › files...6 A audición Os oídos e a audición Os oídos son os órganos do sentido da audición. Captan as vibracións

15

Page 16: TEMA 4 A RELACIÓN HUMANA › centros › ceipisaacperal › system › files...6 A audición Os oídos e a audición Os oídos son os órganos do sentido da audición. Captan as vibracións

REPASO DO OÍDO, VISTA E OLFACTO

Enlaces para repasar o oído, a vista e olfacto:

Órgano da vista: http://ceiploreto.es/sugerencias/agrega_cono/El_cuerpo_humano_por_fuera_Los_sentidos_ga/cm008_oa01_gl/index.html

Órgano do oído: http://ceiploreto.es/sugerencias/agrega_cono/El_cuerpo_humano_por_fuera_Los_sentidos_ga/cm008_oa02_gl/index.html

Órgano do olfacto: http://ceiploreto.es/sugerencias/agrega_cono/El_cuerpo_humano_por_fuera_Los_sentidos_ga/cm008_oa05_gl/index.html