tema 3 a hist da terra

53
TEMA 3. A HISTORIA DA TERRA.

Upload: montx189

Post on 12-Jul-2015

204 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tema 3 a hist da terra

TEMA 3.A HISTORIA DA

TERRA.

Page 2: Tema 3 a hist da terra

Este baséase no decaemento dun isótopo inestable dun elemento determinado noutro isótopo (que pode ser doutro elemento ou deste) que é estable. Coñecendo o período de semidesintegración do isótopo inestable, que é o número de anos que tarda en reducir a súa concentración á

metade, pode calcularse a idade dunha rocha ou fósil.

Page 3: Tema 3 a hist da terra

Un estrato é máis moderno que os que se encontran debaixo e máis antigo que os que se encontran enriba.

O depósito ou sedimentación dos estratos acontece de forma episódica.En 1669, Nicolás Steno enunciou o principio de superposición dos estratos:

Page 4: Tema 3 a hist da terra

Nesta representacióndos estratos ou capas de rochas sedimentarias, o máis antigo é o D e o máis moderno o F

Columna estratigráfica

Page 5: Tema 3 a hist da terra

O principio de superposición dos estratos non é aplicable cando se alterou a posición orixinal dos estratos (por exemplo, en dobras tombadas). Nestecaso, recórrese ao principio da superposición dos acontecementos, unha xeneralización do anterior:

Un acontecemento é máis novo que as rochas ás que afecta e máis antigo que as rochas que nonforon afectadas por el.

Dobra tumbada

Un exemplo:resulta obvio que as dobras e fallas desteterreo son posteriores á formación dos estratos de rochas.

Page 6: Tema 3 a hist da terra

A rocha C é máis moderna que a rocha A por que é unha intrusión volcánica.

O filón máis antigo é o B. Sabémolo porque o filón D afecta ao filón B; isto significa que cando se orixinou o filón D o filón B xa existía.

De antigo a máis moderno: B > C > D

Page 7: Tema 3 a hist da terra

A rocha X

é a C

A falla

Primeiro sedimentaron as rochas C, B e A, por esta

orde, a continuación produciuse a intrusión da rocha

X; despois formouse a falla e finalmente orixinouse o

dique da rocha Y

Page 8: Tema 3 a hist da terra

A

C

nova

corta a rocha A

novo

Atravesa a rocha C

Page 9: Tema 3 a hist da terra
Page 10: Tema 3 a hist da terra

Resposta: B, C, A, D e por último a Intrusión do Dique

Page 11: Tema 3 a hist da terra

EXERCICIO. Observa o seguinte corte xeolóxico e responde:

a) Ordena os estratos de máis antigo a máis moderno.

b) Que principio xeolóxico acabas de aplicar? Defíneo.

c) Que estrato é máis antigo ca E e máis moderno ca F?

d) Cando actuou a falla?

e) De que tipo de falla se trata?

Page 12: Tema 3 a hist da terra

a) D, A, C, F, B, E.

b) O principio de superposición de estratos. Un estrato é máis moderno

ca os que se atopan debaixo e máis antigo ca os que se atopan encima.

c) O estrato B.

d) A falla actuou despois do depósito de F e antes de que se depositase

B.

e) É unha falla inversa, pois o bloque de teito sobe.

Page 13: Tema 3 a hist da terra
Page 14: Tema 3 a hist da terra

Fósil é calquera resto dun ser vivo que habitou no pasado ou

calquera proba da súa actividade, que chegou aos nosos

días grazas a súa mineralización ou á conservación nas

rochas.

Os restos que se conservaron adoitan ser de partes

mineralizadas, tales como cunchas e ósos.

Non obstante, hai casos en que se mantén o ser vivo

completo, como sucede cos invertebrados conservados en

ámbar, os mamuts conxelados de Siberia, ou animais e

plantas afundidas en fondos de zonas pantanosas.

Page 15: Tema 3 a hist da terra

Dinosaurio Mamut (fémur)

Serpe Fento

Page 16: Tema 3 a hist da terra

Insectos en Ámbar

Mamut conxelado

Page 17: Tema 3 a hist da terra

A Fosilización é o conxunto de procesos que fan que un

organismo, algunha das súas partes ou os rastros da súa

actividade, pasen a formar parte do rexistro fósil.

Comeza tras a morte do organismo, e ten maiores probabilidades de

rematar con éxito se o enterramento dos restos se leva a cabo o antes

posible. Un enterramento rápido e en ausencia de osíxeno pode producir

fósiles de espécimes completos.

Xeralmente, o primeiro paso no proceso de fosilización é a desaparición

das partes brandas. Os ósos, dentes, cunchas e exoesqueletos teñen

maiores posibilidades de fosilizar. O proceso completo que producirá o

fósil depende tanto do organismo coma do sedimento.

Existen varios métodos de fosilización, en función do proceso químico

que se leve a cabo: CARBONATACIÓN – CARBONIFICACIÓN –

PIRITIZACIÓN – SILICIFICACIÓN – FOSFATACIÓN.

Page 18: Tema 3 a hist da terra
Page 19: Tema 3 a hist da terra

O estudo dos fósiles, aportan moita información sobre as épocas

pasadas do noso Planeta, coma:

• Son unha proba evidente da Evolución das Especies.

• Informan sobre as condicións climáticas reinantes en distintas

épocas da Terra.

• Son unha das probas que confirma o movemento dos continentes.

• Achegan información Paleoecolóxica, establecendo relacións

entre os seres vivos e o seu hábitat.

• Achegan información sobre os distintos cambios climáticos

ocorridos ao longo da historia.

• FÓSIL GUÍA: son fósiles de especies que existiron durante curtos

períodos de tempo nos que colonizaron extensas áreas. Exemplos:

Amonitas, Trilobites.

Page 20: Tema 3 a hist da terra

A TERRA

Cambios Climáticos

Cambios Eustáticos

Cambios Paleoxeográficos

Cambios naBiodiversidade

Page 21: Tema 3 a hist da terra
Page 22: Tema 3 a hist da terra

HISTORIA da TERRA. APUNTES

Page 23: Tema 3 a hist da terra

A Historia do noso planeta, pódese organizar en distintos períodos de

tempo, onde a unidade utilizada para medilo son os Millóns de Anos (Ma).

Estes períodos organízanse do seguinte xeito:

EÓN HÁDICO ARCAICO PROTEROZOICO FANEROZOICO

ERA PRECÁMBRICO PALEOZOICO MESOZOICO CENOZOICO

PERIODO

Cámbrico

Ordovícico

Silúrico

Carbonífero

Devónico

Permiano

Triásico

Xurásico

Cretáceo

Terciario

Cuaternario

Page 24: Tema 3 a hist da terra

O INICIO: Eóns: Hádico, Arcaico e Proterozoico.ERA: Precámbrico

1) ASPECTOS XERAIS

É a ERA máis longa da historia da Terra. Comeza hai uns 4600 Ma e remata aprox. hai 570 Ma. (durou

4000 Ma aprox.). Subdivídese en tres EÓNS: HÁDICO (4600-3800 Ma), ARCÁICO (3800-

2500 Ma) e PROTEROZOICO (2500-570 Ma).

No Eón HÁDICO prodúcese a formación do noso Planeta por continuos choques de

PLANETESIMAIS con distinta composición: silicatos e metálicos.

Neste Eón tamén se producen feitos coma: a diferenciación en capas do noso planeta, a formación

dos océanos e a atmosfera primitiva e a formación da Lúa.

Nos seguintes Eóns (Arcaico e Proterozoico) remata a consolidación da primeira codia continental

que ten unha antigüidade de 3800 Ma (aprox.). Os restos desta primeira codia chámanse escudos, e

actualmente forman o núcleo dos continentes. As rochas máis antigas da Terra atópanse en África e

Groelandia cunha antigüidade de 3500 Ma. e son de natureza ígnea e metamórfica.

É posible que cara o final desta Era aparecese unha dinámica de placas (movemento dos

continentes) similar á actual; así mesmo suponse que as masas continentais uníronse nun

supercontinente chamado Pannotia.

Ao final desta ERA xorde a VIDA na Terra.

Page 25: Tema 3 a hist da terra

PRECÁMBRICO

Os fósiles precámbricos son moi escasos. Excepcionalmente consérvanse algúns destes organismos, ou ben as súas impresións oupegadas.

A case carencia de fósiles precámbricos pódese deber a:

1) Practicamente a totalidade dos organismos debían ser de corpobrando, moi fráxiles e desprovistos de partes duras que puidesen fosilizar.

2) As rochas sedimentarias do precámbrico foron metamorfizadase os restos de organismos vivos que puideron quedar englobados nelas, destruíronse.

Os primeiros fósiles atopanse en Groenlandia e teñen ao redor de 3.460 Ma e corresponden a primitivas bacterias ben preservadas. Son especialmente abundantes os microfósiles de cianobacterias chamados rafas (estromatólitos) de 1.400 Ma de antigüidade.

Fai uns 670 millóns de anos, corais brandos, medusas, anélidos e outros animais de corpo brando apareceron en mares pouco profundos e nasbeiras dos continentes (fauna de Ediacara).

Page 26: Tema 3 a hist da terra

PRECÁMBRICO

Tanto os océanos como a atmosfera, sufriron cambios moi importantes durante o Precámbrico.

1) Aumenta a concentracion salina dos océanos debido a sal disolta na auga de choiva procedente das rochas da superficie. Isto xunto coa acumulación de osíxeno (procendente da fotosintese) fixo que se extinguiran moitas especies mariñas. O exceso de osíxeno provocou que comezase a ascender cara a atmosfera.

2) Nos primeiros millóns de anos a atmosfera era reductora, rica en metano, hidroxeno, vapor de auga e amoniaco; con ausencia de osíxeno.

3) Cara o final da etapa (1.800 Ma) formouse unha atmosfera oxidante, debido a produccion de osíxeno por parte das cianobacterias, e o ascenso do gas procedente dos océanos.

Un mundo rico en osíxeno ocasionou dous cambios fundamentais ó final do Precámbrico:

1) Comezouse a transformar o osíxeno en ozono aparecendo a capa que nos protexe na actualiade dos raios ultravioleta.

2) Comezan a aparecer organismos mais complexos para poder adaptarse a unha atmosfera rica en osixeno.

Page 27: Tema 3 a hist da terra

Simulación da posición das masas continentais ó final do Precámbrico (570 Ma)

Page 28: Tema 3 a hist da terra

Mixobacteria - CianobacteriaAnabaena sperica - Cianobacteria

Page 29: Tema 3 a hist da terra

Estromatolitos en Shark Bay (Australia). Rochas formadas por excrecións das

cianobacterias en augas costeiras.

Page 30: Tema 3 a hist da terra

Simulación da fauna Ediacara Medusa

Page 31: Tema 3 a hist da terra
Page 32: Tema 3 a hist da terra
Page 33: Tema 3 a hist da terra

Duración: 290 Ma (aprx.)

Page 34: Tema 3 a hist da terra

A Era Paleozoica, Paleozoico ou Era Primaria é una etapa da

historia da Terra de máis de 290 Ma de duración, que se iniciou fai

540 Ma e rematou fai uns 250 Ma.

Comprende seis grandes periodos, entre os que

destacamos: o Pérmico, Carbonífero e Cámbrico.

Os continentes estaban distribuidos en catro gandres

masas, que fai 250 Ma colisionaron formando o supercontinente

Panxea, orixinando un xigantesco océano chamado Panthalassa.

Page 35: Tema 3 a hist da terra

Dividiremos o clima no Paleozoico en tres periodos:

1) O Paleozoico inferior probablemente tiña un clima moderado ao comezo, pero

se tornou cada vez máis cálido. Tamén se produciu o segundo maior incremento

sostido do nivel do mar.

Nesta época o clima estaba tamén fortemente influenciado pola zona, co

resultado de que o "clima", nun sentido global, converteuse en cálido.

O Paleozoico inferior terminou, bastante abruptamente, cunha glaciación.

Esta onda de frío causou a segunda maior extinción masiva do Eón Fanerozoico.

2) O Paleozoico medio foi unha época de gran estabilidade. O nivel do mar

descendera coincidindo coa glaciación, pero se recuperou lentamente durante no

transcurso deste periodo.

3) O Paleozoico superior a acción do rio Misisipi provocou un repunte no osíxeno

atmosférico, mentres que o dióxido de carbono caeu a mínimos. Isto desestabilizou

o clima e levou a unha, talvez dúas, glaciacións.

No final deste periodo, a formación de Panxea creou extensas rexións

interiores áridas suxeitas a temperaturas extremas. Dase outra vez a caída do nivel

do mar, o aumento do dióxido de carbono prodúcese un quentamento global do

planeta, que culminou coa devastación nunha extinción masiva.

Page 36: Tema 3 a hist da terra

Neste periodo produciuse unha explosión de vida na Terra, favorecida

polas condicións ambientais reinantes.

• Proliferación do Invertebrados: Moluscos, Esponxas, Artrópodos e os mais

abundantes os Trilobites. Aparecen os primeiros Insectos, así como os Arácnidos e

os Miriápodos (gusanos con patas).

• Os Vertebrados: Os primeiros en aparecer foron os Peixes, que poboaron os

oceanos. A continuación, e froito da evolución, os peixes comenzaron a desenrolar

uns pulmóns primitivos que lles permitiron abandoar a auga e pasar á

terra, Aparecen os pioneiros dos Anfibios.

Na última etapa do Paleozoico os Anfibios evolucionaron ata desencadear

a aparición dos pioneiros dos Réptiles.

• A vida Vexetal: Dentro do periodo do Carbonífero, prodúcese un aumento

desmesurado das plantas terrestres: Equisetáceas, Licopodios e fentos, que se

extenderon por gran parte do planeta, en exuberantes bosques.

As condicións ambientais de humidade e temperaturas suaves, provocou a

formación de enormes masas de carbón que hoxe en dia aproveitamos en forma de

petróleo.

Page 38: Tema 3 a hist da terra
Page 39: Tema 3 a hist da terra
Page 40: Tema 3 a hist da terra

A Era Mesozoica, Mesozoico ou Era Secundaria foi un período da historia da Terra que se iniciou fai 250 Ma e finalizou fai 65 Ma. Divídese en tre Periodos: Triásico, Xurásico e Cretráceo.

As deformacións tectónicas do Mesozoico foron relativamente leves. Con todo, a era destaca pola dramática fragmentación do supercontinente Panxea. Panxea gradualmente dividiuse nun continente norte, Laurasia e continente sur, Gondwana.

A finais da era, os continentes tíñanse fragmentado ata case a súa forma actual. Laurasia converteuse en América do Norte e Eurasia, mentres que Gondwana dividiuse en América do Sur, África, Australia, Antártida e o subcontinente indio, que chocará coa placa asiática durante o Cenozoico (orixinando a cordilleira do Himalaia).

Durante esta era comezou a formación da cordilleira dos Andes, así como a formación das Montañas Rochosas.

Page 41: Tema 3 a hist da terra

O Triásico foi en xeral seco; o baixo nivel do mar tamén pode deberse ás temperaturas extremas. Dado que gran parte das terras que constituían Panxea estaban lonxe dos océanos, as temperaturas fluctuaban moito, e no interior de Panxea probablemente se incluían extensas zonas desérticas.

No Xurásico o nivel do mar comezou a subir. Panxea comezou a romper en fragmentos máis pequenos, co que o aumento de superficie en contacto co océano foi en aumento (formábanse mais zonas costeiras). A temperatura continuou aumentando e comezou a estabilizarse. A humidade tamén aumentou coa proximidade da auga e os desertos retiráronse.

O clima do Cretácico é o menos coñecido; crese que as temperaturas son máis ou menos as mesmas en todo o planeta. As temperaturas medias eran máis elevadas que no día de hoxe (uns 10ºC). De feito, a mediados do Cretácico, as augas ecuatoriais do océano ( 20 °C

nas profundidades) poden ser demasiado altas para a vida mariña, e as zonas terrestres cerca do ecuador poden ser desertos, a pesar da súa proximidade á auga.

Page 42: Tema 3 a hist da terra

NOS MARES: Os moluscos foron os invertebrados con cuncha máis abundantes dos mares. En concreto as Amonitas, cefalópodos de cuncha espiral; son fósiles guía desta época da terra.

Cando a temperatura dos mares se incrementóu, os animais máis grandes de principios da era mesozoica gradualmente comezaron a desaparecer mentres que os animais máis pequenos de todos os tipos, incluidos os lagartos e serpes, así como quizáis o antecesor dos primates, evolucionaron. A proliferación dos réptiles, nesta época, fixo que nos mares viviran especies como os Ictiosauros.

Page 43: Tema 3 a hist da terra

EN TERRA: Os réptiles foron os grandes dominadores desta época. Destacamos os dinosaurios, que ocuparon todos os continentes existentes, con moitas variedades, entre as que destacamos o: Braquiosaurio, Tyrannosaurus ou o Beipiaosaurus (posuia plumaxe).

BraquiosaurioTyrannosaurus

Page 44: Tema 3 a hist da terra

EN TERRA (cont.): No Triásico aparecen os mamíferos, que proceden dos réptiles terápsidos; eran de pequeño tamaño e cubertos de pelo. Como exemplos temos: o Ivantosaurus e o Moschops.

Page 45: Tema 3 a hist da terra

EN TERRA (cont.): No Xurásico aparecen as aves; o xénero de aves máis antigas que se coñecen é o Archaeopteryx, que presentan rasgos esqueléticos moi primitivos e reptilianos. Hoxe considérase que as aves proceden de pequenos dinosaurios emplumados, carnívoros, que quizáis xa eran capaces de desenrolar un vó primitivo .

Page 46: Tema 3 a hist da terra

A FLORA: Proliferan os grandes bosques de coníferas; pero o rasgo mais importante desta época é a aparicion, no Cretácico, das anxiospermas (plantas con flores).

O final do Mesozoico estivo marcada por unha gran extinción da maioria das especies, incluidos os dinosaurios.

A teoría mais aceptada para explicar esa masiva extinción é a do impacto dun meteorito sobre a superficie da terra. Este impacto orixinou o Cráter de Chicxulub, localizado ó norte da Península do Xucatán (México). O tamaño do asteroide estímase nuns 10 km de diámetro, que ó impactar creóu un cráter de 180 km de diámetro, liberando un estimado de 4.3×10²³ xulios de enerxía (equivalente a 191.793 xigatóns de TNT) no momento do impacto.

Page 47: Tema 3 a hist da terra

Cráter de Chicxulub

Page 49: Tema 3 a hist da terra
Page 50: Tema 3 a hist da terra

O Cenozoico (era dos animais recentes) comprende os últimos 65 Ma.

Xeológicamente, o Cenozoico é a época na que os continentes se trasladaron ás súas posicións actuais.

A India chocou con Asia entre fai 55-45 millóns de anos, comezando coa formación do Himalaya. Ao mesmo tempo, Arabia chocou con Eurasia, pechando o mar de Tetis fai uns 35 millóns de anos; isto deu lugar as principais cadeas montañosas do Sur de Europa e Asia, exemplos: Pirineos, Alpes. Na actualidade, o proceso aínda continúa nalgunhas zonas.

Page 51: Tema 3 a hist da terra

• A principios do Cenozoico o clima era cálido e húmido, e arrefriouse gradualmente durante o Cenozoico.

• Durante os últimos 2 Ma o clima da Terra arrefriouse e quentado unha e outra vez. A estes tempos de frío coñéceselles como Eras de Xeo debido ás grandes cantidades de xeo que se formaban sobre a Terra. A última vez que estas placas de xeo fixéronse moi grandes foi fai 10.000 anos.

• Cada vez que o aire se arrefriaba e formábanse placas de xeo sobre a Terra, quedaba menos cantidade de auga nos océanos e, polo tanto, baixaba o nivel do mar. Algunhas veces o baixo nivel do mar conectaba os continentes. A estas porcións de terra coñéceselles como pontes terrestres, que permiten que os animais emigren cara outros continentes.

Page 52: Tema 3 a hist da terra

Imos dividir as formas de vida dentro do Cenozoico, en dous periodos da era: O Terciario (65-1,8 m. a.) e o Cuaternario (1,8 m. a.-actualidade).

TERCIARIO

Unha vez desaparecidos os dinosauros, numerosas especies de aves e mamíferos ocuparon os seus hábitats. Apareceron especies como os elefantes, os cabalos e outros mamíferos. Moitos deles extinguíronse máis adiante, outros deronlugar ás formas actuais.

En canto á vexetación, neste período desenvolvéronse as anxiospermas, que se converteron nas plantas dominantes no mundo. Apareceron, por exemplo, as herbas, que forman extensas pradarías.

CUATERNARIO

É a época na que viviron animais prehistóricos moi coñecidos, como o mamut, o rinoceronte lanudo e o tigre de dentes de sabre. Estes e outros animaise plantas estiveron adaptados a climas extremadamente fríos, os das glaciacións. Extinguíronse cando o clima se volveu máis cálido, despois da última glaciación.

A especie humana, Homo sapiens, xurdiu no Pleistoceno, aínda que moitoantes existiron os seus antepasados, os homínidos fósiles.