tema 11: o século do barroco

57
O BARROCO TEMA XI

Upload: santi-pazos

Post on 27-Jun-2015

1.508 views

Category:

Education


11 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tema 11: O Século do Barroco

O BARROCO

TEMA XI

Page 2: Tema 11: O Século do Barroco

Introdución

• O século XVII, en Europa, foi unha época de crise e de contrastes.

• Producíronse problemas demográficos e crises agrarias, pero, ao mesmo tempo, desenvolvéronse o comercio colonial e a produción de manufacturas.

• A nobreza e mais o clero mantiveron o seu poder, pero novos grupos sociais, como a burguesía, aumentaron a súa influencia.

• O poder das monarquías absolutas afianzouse.

• A arte foi un fiel reflexo desta época. A estética do Barroco superou o clasicismo do Renacemento e introduciu elementos máis complexos, cheos de movemento e cor.

11

Page 3: Tema 11: O Século do Barroco

A poboación europea

• A poboación europea mantívose practicamente estancada ao longo do século XVII.

• O baixo crecemento era debido á alta mortalidade ocasionada polas epidemias e pola existencia de fortes fames negras.

• A sociedade continuaba a ser estamental, dividida entre privilexiados e non privilexiados, pero a burguesía consolidábase como un sector rico e influente.

11

Page 4: Tema 11: O Século do Barroco

O comercio internacional

• No século XVI fóranse consolidando novas rutas comerciais marítimas. Dunha banda, a ruta dos metais preciosos e, doutra, a ruta das especias.

• Ademais, no século XVII, Holanda e Inglaterra lanzáronse ás rutas do Atlántico e do Índico.

• En 1602, Holanda creou unha sociedade por accións, a Compañía das Indias Orientais, que gozaba de apoio estatal.

• O Mediterráneo foi perdendo importancia e medraron os portos atlánticos de Sevilla, Lisboa, Anveres, Ámsterdam e Londres.

11

Page 5: Tema 11: O Século do Barroco

A economía en Europa11

Page 6: Tema 11: O Século do Barroco

Un galeón11

Page 7: Tema 11: O Século do Barroco

As manufacturas estatais

• Algúns comerciantes, para obteren maior cantidade de produtos e abarataren o seu prezo, concentraban os traballadores en grandes obradoiros.

• Así xurdiron as primeiras manufacturas. O comerciante poñía os trebellos e mais as materias primas, e os traballadores percibían un salario.

• Nalgúns países, o Estado apoiou o establecemento de manufacturas, e na época de Luís XIV, o seu ministro Colbert creou manufacturas estatais.

11

Page 8: Tema 11: O Século do Barroco

A Europa do absolutismo

2.1. Cambios políticos e relixiosos

2.2. Características da monarquía absoluta

11

Page 9: Tema 11: O Século do Barroco

Cambios políticos e relixiosos

• A Guerra dos Trinta Anos, que enfrontou a católicos e protestantes, finalizou coa Paz de Westfalia e significou a recomposición do mapa político europeo.

• Deuse o ascenso dunha nova potencia, Francia, e o afundimento do vello Imperio dos Habsburgo.

• O século XVII deu paso ao predominio dos Estados-nación, á afirmación das monarquías absolutas e ao afundimento das formas de poder supranacionais, como o Imperio hispánico.

• Doutra banda, significou a proclamación da liberdade relixiosa para cada Estado.

11

Page 10: Tema 11: O Século do Barroco

Características da monarquía absoluta

• Na monarquía absoluta, a autoridade do monarca proviña directamente de Deus.

• O poder do rei era absoluto e constituía a encarnación mesma do Estado.

• Para gobernar, o monarca estaba auxiliado por ministros, conselleiros e secretarios, e tamén por un gran número de funcionarios.

11

Page 11: Tema 11: O Século do Barroco

Os Estados europeos despois de 1648

11

Page 12: Tema 11: O Século do Barroco

A arte do século XVII: o Barroco

3.1. Unha arte para a sociedade do seu tempo

3.2. A estética do Barroco

11

Page 13: Tema 11: O Século do Barroco

Unha arte para a sociedade do seu tempo

• Os artistas foron requiridos polos monarcas absolutos para construír mansións que fosen o reflexo do seu inmenso poder.

• O Palacio de Versalles e mais os seus xardíns é o exemplo máis claro deste estilo suntuoso e elegante.

• A Igrexa católica converteuse na compradora de obras de arte e as igrexas amosaban unha fastosa decoración, dedicada á propaganda dos principios relixiosos.

• Nos países protestantes a ausencia de imaxes nos seus templos implicou a inexistencia dunha arte de propaganda relixiosa.

11

Page 14: Tema 11: O Século do Barroco

A estética do Barroco

• O Barroco propuxo novos valores estéticos nos que predominaba:

• O movemento, coa utilización das formas curvas, do cóncavo e o convexo.

• A luz e a cor, máis que o debuxo, para crear as formas.

• O realismo nas representacións.

• O gusto polo teatral e escénico.

11

Page 15: Tema 11: O Século do Barroco

Arquitectura e escultura barrocas

4.1. Arquitectura

4.2. Escultura

11

Page 16: Tema 11: O Século do Barroco

Arquitectura

• A nota esencial do novo estilo é a liberdade con que se tratan os elementos arquitectónicos co fin de dotar de impresión de movemento o edificio.

• Roma é a cidade onde se orixinou o novo estilo e onde traballaron dous artistas:

• Juan Lorenzo Bernini (1598-1680), que rematou a Basílica de San Pedro do Vaticano cunha gran columnata de forma elíptica no exterior e un espectacular baldaquino no interior.

• Francesco Borromini (1599-1667), autor das fachadas de igrexas como as de San Carlos das Catro Fontes e Santa Inés.

11

Page 17: Tema 11: O Século do Barroco

BERNINI (1598-1680),

Scala Reggia

San Andres do Quirinal

Praza do Vaticano

Santa Mª da Asunzione

Page 18: Tema 11: O Século do Barroco

Borromini (1599-1667)

San Carlos de las cuatro fuentes

Iglesia de Santa Inés

Igrexa de San Ivo

Page 19: Tema 11: O Século do Barroco

Unha igrexa barroca

11 Unha igrexa barroca

Page 20: Tema 11: O Século do Barroco

Escultura

• A representación do movemento foi tamén o principal obxectivo dos escultores barrocos.

• As liñas curvas e oblicuas utilízanse para dar a impresión de equilibrio inestable.

• As vestimentas adquiren grande importancia: as súas formas ínchanse e os pregamentos multiplícanse.

• A outra grande aspiración da escultura barroca é o naturalismo, cun carácter efectista que pretende conmover ou sorprender.

• Bernini é a figura máis representativa e as súas obras son un reflexo de todas estas características.

11

Page 21: Tema 11: O Século do Barroco

BERNINI

Beata Ludovica Albertoni

DAVIDExtasis de Santa Teresa

Verdad Revelada

Apolo y Dafne

Page 22: Tema 11: O Século do Barroco

A pintura barroca europea

11

Page 23: Tema 11: O Século do Barroco

Características da pintura

• A pintura barroca presenta diversos elementos comúns:

• O triunfo da cor sobre o debuxo.

• A preocupación pola luz.

• O realismo.

• A procura do movemento nas composicións.

11

Page 24: Tema 11: O Século do Barroco

A escola italiana

• A pintura barroca acadou axiña un gran desenvolvemento en Italia.

• O seu iniciador foi Miguel Anxo Caravaggio, que introduciu os xogos de contraste entre os fondos escuros e focos de luz iluminando a escena. (TENEBRISMO)

• Entre os numerosos pintores do Barroco italiano salientou Andrea del Pozzo (Bóveda da Igrexa de San Ignacio, en Roma)

11

Page 26: Tema 11: O Século do Barroco

Andrea del Pozzo

Page 27: Tema 11: O Século do Barroco

A pintura flamenga e holandesa

• A pintura flamenga. Tivo en Pedro Pablo Rubens o seu principal representante.

• Influído polos renacentistas italianos e polo uso da luz de Caravaggio, Rubens pintou toda clase de temas: relixiosos, mitolóxicos, escenas populares e retratos.

• A pintura holandesa. Foise desenvolvendo na Europa protestante, sobre todo en Holanda. Era unha escola naturalista preocupada polo tratamento da luz.

11

Page 28: Tema 11: O Século do Barroco

RUBENS

• http://www.spanisharts.com/history/barroco/barroco_rubens.html

Page 29: Tema 11: O Século do Barroco

Arquitectura, Escultura e pintura do Barroco español

11

• ARQUITECTURA• ESCULTURA• PINTURA

Page 30: Tema 11: O Século do Barroco

Arquitectura española

• A arquitectura barroca española distínguese pola súa exuberancia decorativa, tanto no interior coma no exterior dos edificios.

• O Barroco en España foi serodio e acadou a súa maior expansión no século XVIII.

• A estética barroca, complexa, profusa e espectacular, conectou co gusto dos que encargaban as obras e co pobo do común.

• Os arquitectos máis salientables foron Alonso Cano, Fernando Casas e Novoa, José Churriguera e José Ribera.

11

Page 32: Tema 11: O Século do Barroco

Escultura: a imaxinaría

• A escultura continuou o camiño trazado no Renacemento. Empregábase a madeira policromada e predominaba o tema relixioso, coa realización de retablos e imaxes.

• O interese por conmover os fieis acadou na imaxinaría proporcións dramáticas mediante caras demacradas, signos de dor e sufrimento, etc.

11

Page 33: Tema 11: O Século do Barroco
Page 34: Tema 11: O Século do Barroco

Power Point da escultura barroca española

• http://aprendersociales.blogspot.com

• http://www.slideshare.net/tomperez/la-escultura-barroca-espaola

Page 35: Tema 11: O Século do Barroco

Os pintores do Barroco español• Na primeira metade de século destacaron o

valenciano José de Ribera e o estremeño Francisco de Zurbarán.

• Ribera foi máis “tenebrista” e preocupouse pola luz e a cor. Zurbarán evolucionou cara á representación exacta da realidade e a calidade das cousas.

• Na segunda metade de século sobresaíron pintores de Corte como Juan Carreño ou Claudio Coello, que foron excelentes retratistas.

• Batolomé Esteban Murillo temas relixiosos e temas infantís con cores alegres,suaves e moi luminosois.

11

Page 36: Tema 11: O Século do Barroco

Enlaces pintores españois

MURILLO

José de Ribera

ZURBARAN

JUAN CARREÑO

CLAUDIO COELLO

Page 37: Tema 11: O Século do Barroco

Diego Velázquez

• Diego Velázquez traballou na corte de Filipe IV. Destacou polo seu xenio extraordinario, que o converteu no pintor español máis universal.

• Velázquez cultivou todos os xéneros: como pintor de corte fixo moitos retratos e cadros históricos. Como artista culto pintou temas mitolóxicos, que humanizaba con modelos populares.

• Da súa técnica salienta a utilización maxistral da luz e da perspectiva aérea, isto é, a sensación óptica da luz que circula entre os obxectos e as figuras.

11

Page 38: Tema 11: O Século do Barroco

A OBRA DE VELAZQUEZ

• http://www.spainselecta.com/index.htm?http://www.spainselecta.com/velazquez.htm

Page 39: Tema 11: O Século do Barroco

Diego Rodríguez de Silva y Velázquez

1599 - 1660

Page 40: Tema 11: O Século do Barroco

A técnica: Realismo

• Velázquez quer captar a realidade.

• É como un

fotógrafo

Page 41: Tema 11: O Século do Barroco

Vocabulario importante…

manchas de cor dibuxa con pintura

caiado

cazar

bufons, ananos

bufanda bermella Libro, escritorio, carta – a intelectualidade

Unha persoa sentada / a cabalo – a autoridade

Unha cortina vermella – a autoridade

o bastón - poder

Page 42: Tema 11: O Século do Barroco

Os temas das obras de Velázquez

Retratos

a mitoloxía

a relixión

Os bufons

Obra en obra

Page 43: Tema 11: O Século do Barroco

Un elemento moi típico dos pinturas do barroco era a idea dunha obra dentro da obra principal.

Pode ser unha fiestra, un espello ou outra obra.

Page 44: Tema 11: O Século do Barroco

As Meninas

Page 45: Tema 11: O Século do Barroco

Outro tema ou categoría da obra de Velázquez é ol retrato.

Debido a sua amizade co seu mestre Pachecho, Chegou a ser pintor da corte de Felipe IV. Así que, pintou ao rei, á familia do rei, aos duques e ás outras persoas importantes da corte.

O príncipe Baltasar Carlos, cazador – 1635-1636

Page 46: Tema 11: O Século do Barroco

Felipe IV de caza - 1635

Retrato de Felipe IV, co rifle e o can

Só os nobres tiñan dereito de cazar.

Page 47: Tema 11: O Século do Barroco

O Conde Duque de Olivares a cabalo - 1638

Page 48: Tema 11: O Século do Barroco

A coroación da Virxe – 1641-42

Outro tema importante é a relixión.

Page 49: Tema 11: O Século do Barroco

Cristo crucificado - 1632

Notase un contraste moi evidente entre as obras do Greco e Velázquez.

Fixamonos no realismo e a tendencia de pintar o belo e o feo.

Page 50: Tema 11: O Século do Barroco

Cal obra parecevos mais realista?

Page 51: Tema 11: O Século do Barroco

A MITOLOXÍA: A Fraga de Vulcano - 1630

Page 52: Tema 11: O Século do Barroco

O bufón Sebastian de Morra - 1644

Tema de los bufones…

Velázquez pintou varios bufóns da Corte

Para Velázquez, a cara era unha ventá da alma. Preocupabase por pintar caras moi expresivas.

Page 53: Tema 11: O Século do Barroco

Esta obra parece debuxada. Ao principio da súa carreira como artista, dibuxa coa pintura.

Mais tarde, empezou a pintar con manchas.

Page 54: Tema 11: O Século do Barroco
Page 55: Tema 11: O Século do Barroco

A rendición de Breda -As lanzas-

Page 56: Tema 11: O Século do Barroco

AS FIANDEIRAS

Page 57: Tema 11: O Século do Barroco

FIN DO TEMA

XI