sistema fpi vigo e pontevedra

22
National Health Service: ¿Camiño cara a privatización? Public-Private Partnership (PPP) ou Colaboración Público Privada (CPP). Finance Private Initiatives (FPI) ou Iniciativas de Financiamento Privado (IFP) Ramón Veras Castro.

Upload: sanidademorrazo

Post on 14-Jul-2015

316 views

Category:

Technology


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Sistema Fpi Vigo E Pontevedra

National Health Service: ¿Camiño cara a privatización?

Public-Private Partnership (PPP) ou Colaboración Público Privada (CPP). Finance Private Initiatives (FPI) ou Iniciativas de Financiamento Privado (IFP)Ramón Veras Castro.

Page 2: Sistema Fpi Vigo E Pontevedra

• Crise de confianza económica nos anos 70, despois da crise do petróleo

– Desprestixio das teorías keynesianas como método de xestión macroeconómica.

– Avance dos defensores do mercado libre para solucionar os problemas do estado do benestar.

• Aparición política da neocon Thatcher e o seu compañeiro Reagan

– Redución do gasto público– Impulso ao libre mercado en todos os ámbitos.

• OMC, FMI, Banco Mundial, Acordo sobre liberalización de servizos públicos

Page 3: Sistema Fpi Vigo E Pontevedra

• En Inglaterra Thatcher limitou o crecemento dos custos das prestacións sociais e dos servizos do benestar. Tivo que crear o mesmo mercado porque os axentes económicos privados non serían capaces de competir co NHS. Mesmo creou as oportunidades de negocio e facilitou a aparición de axentes económicos propios e doutros países (sobre todo americanos) para poder operar no mercado.

• A OMC, FMI, Banco Mundial, Acordo sobre liberalización de servizos públicos: son instrumentos importantísimos no avance da liberlización dos servizos públicos a nivel mundial. Os mesmos FMI e Banco Mundial utilizaban como pre-requisito para dar cretos aos países en vías de desenvolvemento, a introdución do financiamento privado nos servizos públicos. Forzaban esa situación nos lugares máis desfavorecidos

Page 4: Sistema Fpi Vigo E Pontevedra
Page 5: Sistema Fpi Vigo E Pontevedra

Gasto en asistencia sanitaria, expresados en porcentaxe do PIB, en 2004-2006, por países.

País Gasto Gasto público US PPP ( % do PIB) ( % do total ) 2006

2000 2006 2006Reino Unido 7,2 8,4 87 2760

España 7,2 8,4 71 2458

Francia 9,6 11,1 80 3449

Alemaña 10,3 10,6 76 3371

EE.UU. 13,2 15,3 46 6714

OECD Health data 2008

Page 6: Sistema Fpi Vigo E Pontevedra
Page 7: Sistema Fpi Vigo E Pontevedra

Tratado de Maastrich

Non sobrepasar o déficit público o 3% do PIB

Non sobrepasar a débeda pública o 60% do PIB

Page 8: Sistema Fpi Vigo E Pontevedra

• Utiliza o artefacto e falsedade contable de non incluír, a efectos destes criterios de restrición de gasto, na contabilidade europea o endebedamento público das empresas públicas con xestión privada (SPI, Fundacións) ou o gasto por contratacións con empresas privadas, sempre que exista unha transferencia de riscos desde a administración ás empresas.

• 3. Finalmente se impulsa o Compromiso dos estados co Pacto de Estabilidade e Crecemento de lograr o equilibrio orzamentario

• A obrigatoriedade de respectar estes índices de déficit e endebedamento, xunto co argumento (creo eu que non demostrado) de que a empresa privada xestiona mellor, da máis calidade ao cliente e é máis eficiente, ou sexa, o que chaman os ingleses ‘value for money’ , dar máis valor polos mesmos cartos, son os motivos de que avancen progresivamente as Iniciativas de Financiamento Privado en Europa, e no mundo en xeral.

Tratado de Maastrich

Page 9: Sistema Fpi Vigo E Pontevedra

O Servizo Nacional de Saúde Británico (NHS) creouse en 1948

• Global, universal e gratuíta no momento da prestación

• Financiado polos impostos xerais

• Provisión pública

Page 10: Sistema Fpi Vigo E Pontevedra

Autoridades Sanitarias (± 500000 habitantes)

- Trusts ou fundacións hospitalarias con 1 ou varios hospitais

- Trusts de atención primaria que reúnen os Primary Care Groups (PCG) (30-250000 hab)

- Os servizos de saúde comunitarios (enfermaría, matrona, mental)

Áreas de Saúde

• Hospitais

• Equipos de atención primaria (ámbito municipal)

Oficinas rexionais do NHS (± 6 millóns de persoas)

Servizo Galego de Saúde

Page 11: Sistema Fpi Vigo E Pontevedra

O NHS, no esquema básico, está estruturado dun modo similar ao español. Está máis descentralizado que aquí. Hai varias oficinas rexionais, que poderían corresponder ás Comunidades Autónomas.

Estas Autoridades de Saúde Rexionais están divididas en varias Autoridades Sanitarias de Distrito que virían sendo as Áreas de Saúde (que aquí non están organizadas, só parcialmente a de Ferrol).

Nos Distritos hai equipos de atención primaria onde os médicos son profesionais autónomos, que establecen un contrato co NHS, son donos do local e o equipamento, e son os que contratan ao resto dos profesionais (enfermeiras e persoal administrativo e de xestión). Estes médicos agrúpanse en Grupos de Atención Primaria.

Ademais hai unha rede de servizos comunitarios que non teñen nada que ver cos grupos de atención primaria, e son dependentes das autoridades de distrito: matronas, enfermeiras comunitarias, traballadores sociais,…

Page 12: Sistema Fpi Vigo E Pontevedra

Durante os anos 80 Margaret Thatcher puxo en marcha un gran número de medidas provisorias dirixidas a aumentar a participación de empresas privadas:

Recurríu a éstas para a prestación de servizos auxiliares nos hospitais tales como limpeza, alimentación, lavandería e mantemento Iniciouse o chamado xerencialismo, igual que aquí, cambiando xerentes para a direción dos hospitais e introducindo técnicas de xestión privada Privatizáronse sistemas de información Financiáronse con fondos públicos residencias e centros de enfermaría privados,… e

O regalo de despedida de Thatcher ao NHS foi o que se chama Mercado interno sobre a base da separación da función de compra da función de provisión no sector sanitario.

•O NHS fai un reparto do presuposto entre as autoridades rexionais e de distrito. As autoridades de distrito e os grupos de atención primaria son os que teñen os presupostos (en función da poboación asignada) e son os que compran servizos aos hospitais. Os hospitais compiten entre eles polos pacientes e agora estase instaurando o pago por resultados, segundo o cal o hospital cobra en función do traballo realizado, co cal ten que facer propaganda e buscar clientes.

Page 13: Sistema Fpi Vigo E Pontevedra

Mercado Interno

Separación compra e provisión de servizos

Establécese a competencia entre os distintos proveedores de servizos (hospitais)

Promóvese a liberdade de elección

Page 14: Sistema Fpi Vigo E Pontevedra

Seis pasos clave para lograr o mercado sanitario, mediante os Consorcios Público-Privados (CPPs)

1) Fragméntase o NHS en 300 empresas autoxestionadas, os Trusts hospitalarios, que ‘venden’ os seus servizos aos ‘compradores’ do NHS.

2) Os edificios do NHS pasan a ser propiedade privada.

3) Os trusts hospitalarios pasan a ser ‘Fundacións’, independentes, con posibilidade de facer ‘operacións conxuntas’ con empresas privadas (petición de préstamos, negocios conxuntos).

4) Substitución do financiamento capitativo polo pago por cada tratamento (‘pago por resultados’), con ‘elección de hospital’ por parte do enfermo. Deste xeito é fundamental a estratexia comercial por parte dos hospitais (fundacións)

5) Prestación da atención especializada por empresas privadas: Creanse por axentes privados os

Centros Sectoriais de Tratamento Independente (Os ISTC), unha privatización da asistencia

hospitalaria, a quen se lles asegura desde o propio NHS unha carga de traballo durante 5 anos e a

un prezo por acto un 11% superior ao que paga normalmente o NHS. Úsanse sobre todo para

cirurxía electiva (prótesis de cadera ou cataratas por exemplo). As condicións inclúen, ademais de

garantir enfermos durante 5 anos, e a un prezo supeiror, que poden seleccionar pacientes de pouco

risco e que poden contratar persoal do NHS.

6) Transferencia da atención primaria a empresas privadas.

Page 15: Sistema Fpi Vigo E Pontevedra

PFI: Iniciativa de Financiamento Privado

É unha modalidade de colaboración público privada (CPP), ou Public-Private Partnership (PPP). En España está regulada na Lei de Contratos do Sector Público, do ano 2007.

O obxectivo dos defensores desta modalidade: – Buscar financiamento privado para realizar infraestruturas– Buscar financiamento sen que a nova inversión compute como

débeda pública a efectos do sistema europeo de contas de Eurostat, por haber unha transferencia de riscos ao sector privado

– Aumentar a eficiencia e a calidade das prestacións polo suposto de que a empresa privada xestiona mellor. Máis value for money ou mellor custo-beneficio

Page 16: Sistema Fpi Vigo E Pontevedra

• As colaboracións público-privada abarcan múltiples áreas: transportes, seguridade, xestión de resíduos, reforestación, distribución de auga ou de enerxía, sanidade, educación e outras.

• En Inglaterra case todas as infraestruturas novas creadas desde os anos 90 teñen a fórmula PFI. É o sistema utilizado polos trusts hospitalarios para realizar un novo hospital e todo cambio ou ampliación da súa infraestrutura, desde a ampliación do edificio hospitalario (os coñecidos aquí como Plans Directores) ata a renovación ou ampliación de unidades de diagnóstico e tratamento (diagnóstico por imaxe, radioterapia e outras). En Galiza poden empezar por Vigo e Pontevedra pero está pendente todo o plan de infraestruturas e o equipamento do hospital de Lugo. Hoxendía, o NHS é o maior cliente das PFI nese país. Ao mesmo tempo, o uso do PFI en sanidade é o que máis polémica produce en círculos académicos, profesionais e sindicais. En Escocia está parado e en Gales e Irlanda do Norte buscan outras vías de financiamento.

PFI: Iniciativa de Financiamento Privado

Page 17: Sistema Fpi Vigo E Pontevedra

• O NHS compra os servizos das PFI mediante concesión administrativa adxudicada a través de concurso público.

• O Consorcio que executa o PFI está normalmente formado por unha construtora, unha empresa financieira e unha empresa proveedora de servizos de mantemento

• O PFI deseña, constrúe e explota as instalacións e as prestacións non clínicas (mantemento, servizos administrativos, limpeza, comunicacións, catering) a cambio dun canon anual, ademais de ser o dono dos terreos durante o tempo de explotación (30-60 anos) e pode dispoñer deles para o aluguer ou venta. No Reino Unido non hai ningún PFI no que o consorcio privado se faga cargo da atención sanitaria á poboación

• Faise unha transferencia dos traballadores non sanitarios da antigua estrutura hospitalaria ao PFI.

• Os PFI buscan financiamento privado pero están avalados polo Goberno.

• O PFI, por lei, é o que primeiro cobra. Se o Trust hospitalario aumenta as necesidades orzamentarias ten que facer o axuste nas prestacións clínicas.

PFI: Iniciativa de Financiamento Privado

Page 18: Sistema Fpi Vigo E Pontevedra

• O esquema do procedemento de contratación é: - O trust hospitalario establece os términos do posible acordo e invíta ao sector privado a participar.- Os consorcios privados presentan propostas.- O Trust fai unha evaluación previa (Public Sector Comparator) cos posibles custos se a infraestrutura se desenvolvera de modo tradicional.- Se o PFI é beneficioso: contrátase durante 30-60 anos empezando o pago no momento de empezar a funcionar o hospital.

- A negociación destes contratos no RU dura anos, participan economistas, asesores financieiros, avogados, clínicos, xerentes e son custes que se engaden ao proxecto (millóns de libras)

• O canon é unha carga unitaria formada pola tarifa de dispoñibilidade dos locais e a tarifa pola xestión do resto dos servizos. Se o PFI non cumpre o contrato é penalizado rebaixando o canon mentres non o cumpra.

PFI: Iniciativa de Financiamento Privado

Page 19: Sistema Fpi Vigo E Pontevedra

PFI: Iniciativa de Financiamento Privado

• Os PFI son máis caros. Ata TRES VECES MÁIS CAROS. Só por unha valoración esaxerada da transferencia de riscos pode ter interese o PFI. A elección do PFI é, sen dúbida, unha decisión política e unha opción ideolóxica.

• Os riscos son os de ter construído e operativo o hospital no tempo contratado, e o mantemento e os servizos adecuados durante o tempo do contrato.

• Os PFI son máis caros porque os cretos que consiguen (tipo BBB) son máis caros que os que lograría a administración (tipo AAA) e porque teñen que xenerar beneficios.

• A fase de maior risco é a inicial de ter construído e equipado para ser operativo o hospital no tempo acordado. A partir de aí normalmente os trusts refinancian a débeda porque xa é un negocio seguro e os bancos cambian a valoración do creto a AAA. Co obtido polos refinanciamentos houbo varios escándalos e agora os beneficios destes refinanciamentos son ao 50% para a administración e para a empresa privada. No prezo pactado iba unha tarifa que contemplaba os intereses que lle cobran inicialmente os bancos, ao baixar os intereses a empresa gaña máis (porque ten que pagar menos) pero non se baixa o canon para a administración.

• Os PFI tamén son máis caros porque están obrigados a dar beneficios aos accionistas. Accionistas que ás veces é difícil coñecer xa que a débeda dos consorcios pódese vender a fondos de pensións ou outras entidades doutros países.

Page 20: Sistema Fpi Vigo E Pontevedra

• Problemas, ademais de caros:

– Houbo moitos problemas de deseño

– Menos camas e menos persoal sanitario e non sanitario

– Moita rixidez durante moito tempo (mínimo 30 anos). Impide a flexibildidade e innovación nun mundo tan cambiante como a práctica médica e a xestión sanitaria

– Todos os axustes son no campo ‘médico’

– Cada cambio é unha modificación de contrato que encarece o PFI

PFI: Iniciativa de Financiamento Privado

Page 21: Sistema Fpi Vigo E Pontevedra

As PFI son un gran negocio que está hipotecando o futuro do NHS

De todos modos, xa hai moitos elementos privatizadores en marcha e vai ser moi difícil volver a un modelo de provisión pública, sen interferencias dos intereses económicos e os negocios.

Page 22: Sistema Fpi Vigo E Pontevedra

• O PP xa fixo varios intentos:– LOSGA coa Rede Galega de Hospitais de Utilización Pública– Fundacións sanitarias privadas (Romay e Feijoo en Galiza)– Fundacións sanitarias públicas, o equivalente aos trusts

hospitalarios ingleses, cando Feijoo era Presidente do INSALUD

• O PP xa está privatizando en Madrid, Valencia e Burgos

• Como vemos, a batalla supera o nivel local. É necesario dar unha resposta contundente, argumentada tecnicamente, mobilizadora e contínua para evitar a deterioración dos servizos sanitarios pero a guerra tamén debe ter un marco europeo e utilizar todas as institucións e aliados.