sesión orientación 1º bacharelato 2015

64
SESIÓN ORIENTACIÓN 1º BACHARELATO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES A Sardiñeira Abril 2017 Mónica Diz Besada

Upload: monicadiazbesada

Post on 20-Jul-2015

915 views

Category:

Education


7 download

TRANSCRIPT

Page 1: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

SESIÓN ORIENTACIÓN 1º

BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓNIES A Sardiñeira

Abril 2017

Mónica Diz Besada

Page 2: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

QUE ESTUDAR DESPOIS DO

BACHARELATO

1º ESTUDOS UNIVERSITARIOS.

2º FORMACIÓN PROFESIONAL.

3º ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL.

4º OUTRAS ENSINANZAS.

Page 3: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

OS ESTUDOS

UNIVERSITARIOS- Como se organizan

- Como se accede

- Cal é a oferta

Page 4: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

Ramas de coñecemento universitario

5 ramas

de

coñecemento

Artes e Humanidades

Ciencias Sociaise Xurídicas

Enxeñaría e arquitectura

Ciencias da Saúde

Ciencias

Page 5: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

Adscrición ás ramas de

coñecemento

1. Artes e humanidades

2. Ciencias Sociais e xurídicas

3. Enxeñaría e arquitectura

4. Ciencias

5. Ciencias da saúde

As materias de modalidade de

bacharelato

Os Ciclos de grao Superior

Os graos Universitarios

Page 6: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

Organización en Créditos ECTS

• European Credit Transfer and Acumulation System (SistemaEuropeo de Transferencia e Acumulación de Créditos).

• Unidade de medida do haber académico, baseada na carga detraballo que o estudante debe realizar para superar as materiasestablecidas no plan de estudos.

• Integra tanto as ensinanzas teóricas como prácticas, así como ashoras de estudo e traballo persoal: clases, titorías, prácticas, visitasexternas, traballo individual e en grupo, preparación de exames, oexame, … .

• Son comparables entre os distintos países, polo que o ECTS facilita amobilidade.

1 ECTS 1 CURSO ACADÉMICO

25 – 30 horas de traballo 60 ECTS

Page 7: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

1º ciclo

• Título de Grao

• 240 créditos ECTS

• Traballo ou proxecto de grao

• Formación de carácter xeral e de Capacitación para

o exercicio profesional

Ensinanzas

de

Posgrao 2º ciclo

• Título de Máster

• Entre 60-120 créditos ECTS

• Traballo ou proxecto de máster.

• Formación avanzada, Especialización académica ou

profesional ou inicio en tarefas investigadoras

3º ciclo

• Título de Doutor

• Cursos, seminarios ou outras actividades dirixidas á

formación investigadora + Tese de Doutoramento.

• Formación avanzada en técnicas de investigación

Ensinanzas

de

Grao

Estrutura dos estudos superiores baseada noEspazo Europeo de Educación Superior (EEES)

Page 8: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

Tipo de materias nos graos

Materias básicas

Materias de 6 créditos comúns a outras titulacións

da mesma rama de coñecemento

Materias obrigatorias

Materias propias da titulación

Materias optativasModulan o perfil

profesional

Traballo fin de grao – proxectofin de carreira

Ata 6 créditos por participación en actividades universitarias

Page 9: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

Titulación obtida

Graduado en (nomedo título) pola

Universidade (nomeda universidade) na

Rama de coñecementocorrespondente

Suplemento europeo ao título:

facilitar o recoñecemento

académico e profesional das

cualificacións entre países da Unión

Europea

Certificar nivel B2 nunha lingua

estranxeira

Page 10: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

O Sistema Universitario de Galicia (S.U.G.)

3 Universidades públicas

7 Campus

Ferrol

Coruña

LugoSantiago

Pontevedra

Ourense

Vigo

Page 11: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

Graos que oferta o S.U.G.

Graos de 4 cursos (240 créditos)

Graos de 5 cursos (300 créditos): Farmacia, Odontoloxía e Veterinaria.

Graos de 6 cursos (360 créditos): Mediciña.

Graos de 3 cursos (3 grao + 2 máster): Non implantado polo momento en Galicia.

Dobres graos.

Titulacións propias.

Estudos semipresenciais ou a distancia (UNED)

Page 12: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

Oferta de graos no S.U.G.por rama de coñecemento

Page 13: Sesión orientación 1º bacharelato 2015
Page 14: Sesión orientación 1º bacharelato 2015
Page 15: Sesión orientación 1º bacharelato 2015
Page 16: Sesión orientación 1º bacharelato 2015
Page 17: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

Titulacións propias do S.U.G.

UNIVERSIDADE DA

CORUÑAGraduado en arquitectura de

interiores

UNIVERSIDADE DE

SANTIAGODiploma superior en Criminoloxía

Diploma superior en Xestión

Hoteleira

Gran diploma de especialización

orquestal

UNIVERSIDADE DE VIGO Titulado superior en Deseño textil e

Moda

Page 18: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

ACCESO Á UNIVERSIDADE

CRITERIOS DE ADMISIÓN DENDE

BACHARELATO

CRITERIOS DE ADMISIÓN DENDE

FP SUPERIOR

Acceso non directo Acceso directo

Superación da parte obrigatoria da ABAU.

Nota media do ciclo (de todos os

módulos agás o de FCT e

Proxecto).

Nota media de bacharelato e nota media da ABAU.

Adscrición dos títulos ás ramas de

coñecemento universitario, só en

caso de empate.

Calificacións obtidas nas materias

concretas na parte voluntaria da

ABAU, só se as materias son

ponderables para a titulación universitaria.

Calificacións obtidas nas materias

concretas na parte voluntaria da

ABAU, só se as materias son

ponderables para a titulación

universitaria.

Page 19: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

CRITERIOS DE ACCESO DESDE O

BACHARELATO

A calificacion final obtida no bacharelato (nota media de

cada unha das materias), teráun peso do 60% do resultado

final do procedimento de admisión.

A ponderación da nota obtida naParte Obrigatoria da avaliación

de bacharelato de acceso á universidade (ABAU), terá un

peso do 40%

Page 20: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

AVALIACIÓN FINAL DE

BACHARELATO

Ao rematar o bacharelato haberá que realizar unha avaliaciónindividualizada na que se comprobará o logro dos obxectivos desta

etapa.

Para presentarse hai que superar todas as materias de bacharelato

Para o punto anterior só se computarán as materias que como mínimo o alumno ou a alumna debe cursar en cada un dos

bloques. No bloque de materias de libre configuración autonómica só se computará Lingua Galega e Literatura, con independencia de que os alumnos e as alumnas poidan cursar máis materias do

devandito bloque.

Materias de exame:

1. Todas as materias xerais do bloque de troncais, as que impliquen continuidade só as de 2º

2. Dúas materias de opción do bloque de troncais, tanto de 1º como de 2º, as que impliquen continuidade só as de 2º

3. Unha materia específica de calquera dos dous cursos (excepto Educación Física e Relixión)

Para obter o título de bacharelato por máis dunha modalidade haberáque examinarse das dúas materias troncais de opción da modalidade

escollida

Superación da proba: acadar como mínimo un 5 sobre 10

Page 21: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

A AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á

UNIVERSIDADE

ABAU

Proba obrigatoria para os titulados en bacharelato a partir de 2017, que desexen acceder á universidade.

Consta de dúas partes:

- Parte Obrigatoria: É preciso superala para acceder a un grao.

- Parte Voluntaria: Sirve para subir a nota de acceso á universidade

Haberá dúas convocatorias anuais: xuño e setembro.

Poderase presentar a novas convocatorias para subir nota.

Page 22: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

A avaliación de bacharelato para o acceso á

universidade (ABAU)

Parte Voluntaria: Permite mellorar a nota de acceso. Ten unha

validez de dous anos.

Parte Obrigatoria

validez indefinida.

Page 23: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

Nota de acceso / nota de admisión

NOTA

De acceso

É a nota mínima que permite obter o dereito a

acceder a calquerauniversidade española

pública ou privada.

Consíguese superando o bacharelato e a Parte Obrigatoria da ABAU.

De admisión

Nota que permite conseguir o acceso a un determinado grao nunhauniversidade particular.

A “nota de corte” infórmanos da nota de

admisión que conseguiuo último solicitante

matriculado nun grao.

Page 24: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

COMO MELLORAR A NOTA DE ADMISIÓN NA

UNIVERSIDADE

1º Presentándome á Parte Voluntaria

da ABAU

2º Elixindomaterias

vinculadas á rama de coñecemento da

titulación elixida.

Page 25: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

En que consiste a parte obrigatoria da

ABAU?

Versará sobre as materias troncais de 2º de bacharelato.

5 Exercicios con dúas opcións diferentes.

Con 90´ de duración e 30´de descanso entre exames.

Pódense realizar en castelá ou galego excepto LC, LG e L.Estranxeira

1º Lingua Castelá e

Literatura II

2º Lingua Galega e

Literatura II 3º Historia de España

4º Primeira Lingua

Estranx.II

alemán, francés, inglés,

italiano e portugués

5º Materia troncal

vinculada á modalidade: Matemáticas II Matemáticas

Aplicadas II Latín II

Fundamentos da Arte II

Page 26: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

Materias da Parte obrigatoria da ABAU

Page 27: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

Nota da PARTE OBRIGATORIA

Cada exame puntúase de 0 a 10 puntos, con tres cifras decimais.

A nota desta fase será a Media Aritmética das cualificacións de todos os exercicios, de 0 a 10, con 2 cifras decimais, arrondando á milésima máis próxima.

Exemplo:

7´30 + 4´20 + 5´90 + 6´10 + 7´80 = 31´30/5 = 6´260

Page 28: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

Superación da ABAU

Cando se obteñaunha nota igual ou maior a 5 puntos, despoisde facer a media entre o bacharelato(60%) e a Parte Obrigatoria(40%), expresada con dousdecimais.

É necesario acadar alomenosun 4 na parte obrigatoria.

Exemplo:

• Nota de Bacharelato: 7´80

• Nota da Parte Obrigatoria 7´200

• Nota de acceso: (0´60*7´80) + (0´40*7´200) = 7´560

Computan todas as materias namedia de Bacharelato.

Page 29: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

En que consiste a Parte voluntaria da ABAU

Exame dun máximo de 4 materias a escoller de entre as materias de opción do bloque das materias

troncais de calquera modalidade, e/oudas materias xerais troncais de

modalidade distintas daquela da que se examinen na Parte Obrigatoria

En cada exercicio preséntase dúas opcións diferentes, e poderánfacerse en castelá ou galego.

Cada exame durará 90´e haberá 30´de descanso entre exames.

As materias escollidas para que puntúen deben acadar unha

puntuación mínima de 5 e ser ponderables para a titulación elixida. A

nota terá validez durante os douscursos académicos seguintes.

No caso de presentarse a máis de dúas materias e aprobar, só se teránen conta as dúas mellores notas, despois de aplicar os parámetros de

ponderación.

Tamén se considera ponderable a nota da materia troncal xeral de

modalidade, obxeto de exame na Parte Obrigatoria.

Page 30: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

Materias da PARTE VOLUNTARIA da ABAU

Page 31: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

EXEMPLO:

Grao de PSICOLOXÍA

Rama de coñecemento: CIENCIAS DA SAÚDE

As únicas materias ponderables en C. Saúde son:

- Bioloxía (0.2)

- Física (0.1)

- Matemáticas II (0.1)

- Química (0.1)

Polo tanto se desexo mellorar a miña nota de admisión para o grao de Psicoloxía debo presentarme solamente ás materias ponderables.

Page 32: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

COMO INTERPRETAR «AS TÁBOAS DE

PONDERACIÓNS» DA PARTE VOLUNTARIA

* No ano 2016 Matemáticas II

ponderará 0’1 para Psicoloxía

Page 33: Sesión orientación 1º bacharelato 2015
Page 34: Sesión orientación 1º bacharelato 2015
Page 35: Sesión orientación 1º bacharelato 2015
Page 36: Sesión orientación 1º bacharelato 2015
Page 37: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

Cualificación da PARTE VOLUNTARIA

• Cada unha das materias cualifícase de 0 a 10 con dúas cifras decimais. Hai que acadar alomenos un 5 para superar o exame.

• A nota acadada multiplícasepor 0’1 ou 0´2

O valor resultante súmase á nota de acceso á universidadeobtida na fase anterior (nota media entre a Parte Voluntaria e o Bacharelato)

- Nota de Bacharelato: 7´80

- Nota da Parte Obrigatoria: 7´200

- Nota de acceso: (0´60*7´80) + (0´40*7´200) = 7´560

- Nota da Materia 1 (0´2): 6´5

- Nota da Materia 2 (0´2): 6´5

- Puntos adicionais: (6´50*0´2) + (6´50*0´2) = 2´60

- Nota de admisión: 7´560 + 2´60 = 10´160

Por exemplo:

Page 38: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

COMO SE CALCULAN AS NOTAS DE ACCESO E ADMISIÓN

Page 39: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

PODERASE OBTER DIFERENTES NOTAS

DE ADMISIÓN

Os que soliciten diferentes titulacións, poden ter diferentes notas de admisión, en función da ponderación (0´1 ou 0´2)

das materias elixidas na Parte Voluntaria, que lle conceda cada titulación.

Page 40: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

Admisión nas titulacións de GRAO con límite de prazas

Cando hai máis solicitudes que prazas, as universidades públicas empregan a nota de admisión para ordenar as solicitudes de maior nota ata a menor.

O último estudante que consigue entrar marca a nota de corte, que sirve de referencia para o seguinte curso.

Page 41: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

Como interpretar as “notas de corte”

Page 42: Sesión orientación 1º bacharelato 2015
Page 43: Sesión orientación 1º bacharelato 2015
Page 44: Sesión orientación 1º bacharelato 2015
Page 45: Sesión orientación 1º bacharelato 2015
Page 46: Sesión orientación 1º bacharelato 2015
Page 47: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

REQUISITOS PARA O

ACCESO Á FP DE

GRAO SUPERIOR

Page 48: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

LEMBRAMOS OS REQUISITOS DE

ACCESO a CS: a) Estar en posesión dos seguintes títulos:

• Título de Bacharelato

• Título universitario

• Título de Técnico Superior de Formación Profesional (ciclo superior).

• Título de Técnico de Formación Profesional (ciclo medio)

b) Estar en posesión duncertificado acreditativo de ter superadas todas as materias

de bacharelato.

c) Ter superada unha proba de acceso e ter 19 anos cumpridos

no ano de realizar a proba.

e) Sempre que a demanda de prazas en ciclos formativos de grao superior supere a oferta,

poderanse establecer procedimentos de admisión aocentro docente, dacordo coas condicións establecidas pola

Administración educativa.

Page 49: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

MODALIDADES DE BACHARELATO

PREFERENTES E MATERIAS VINCULADAS COS

CICLOS SUPERIORES

• Para o acceso aos ciclos superiores, teñen preferencia os

alumnos/as que cursaron unha determinada modalidade de

bacharelato vinculada, e ás veces, que cursaron determinadas

materias.

Page 50: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

OFERTA DE CICLOS DE GRAO SUPERIOR(En paréntesis sinálasea modalidadede bacharelatopreferente para acceder aosCS)

Actividades agrarias

(Bach. Ciencias)

CS Paisaxismo e Medio rural

CS Xestión forestal e do medio natural

CS Gandaría e asistencia en sanidade animal

Actividades físicas e

deportivas

(Calquera

bacharelato)

CS Animación de actividades físicas e deportivas

Administración e

xestión

(Bach. Humanidades

e CCSS)

CS Administración e finanzas

CS Asistencia á dirección

Artes Gráficas

(Bach. Ciencias)

CS Deseño e produción editorial (tamén Bach. Artes)

CS Produción en industrias de artes gráficas

Page 51: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

Comercio e

márketing

(Bach. Humanidades

e CSS)

CS Transporte e loxística

CS Márketing e publicidade

CS Xestión de vendas e espazos comerciais

CS Comercio Internacional

Edificación e obra

civil

(Bach. Ciencias)

(Bach. Artes)

CS Proxectos de obra civil

CS Proxectos de edificación

CS Realización e plans de obra (Debuxo Técnico)

Electricidade e

electrónica

(Bach. Ciencias)

CS Sistemas electrotécnicos e automatizados

CS Mantenemento electrónico

CS Sistemas de telecomunicación e informáticos

CS Automatización e robótica industrial

Enerxia e auga

(Bach. Ciencias)

CS Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica

CS Enerxías renovables

Page 52: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

Fabricación

mecánica

(Bach. Ciencias)

CS Construcións metálicas

CS Deseño en fabricación mecánica

CS Programación da produción en fabricación mecánica

CS Programación da produción en moldeamento de metais e polímeros

Hostalería e

turismo

(Algúns por Bach.

Humanidades e

CCSS / algúns por

Ciencias)

CS Dirección de cociña (Bach. de Ciencias)

CS Dirección de servizos de restauración (Bach. de Ciencias)

CS Guía, información e asistencia turísticas (Bach. Hum. e CCSS)

CS Xestión de aloxamentos turísticos (Bach. Hum. e CCSS)

CS Axencias de viaxes e xestión de eventos (Bach. Hum. e CCSS)

Imaxe e son

(Bach.Ciencias)

CS Animación 3D, xogos e contornos interactivos

CS Iluminación, captación e tratamento da imaxe.

CS Produción de audiovisuais e espectáculos

CS Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos

Imaxe persoal

(Bach. Ciencias e

Humanidades e

CCSS)

CS Estética integral e benestar (Bach. Ciencias)

CS Estilismo e dirección de peiteado (Bach. Ciencias e Hum. e CCSS)

CS Asesoría da imaxe persoal e corporativa (Bach. Ciencias e Hum. e CCSS)

CS Caracterización e maquillaxe profesional(Bach. Ciencias e Hum. e CCSS)

Page 53: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

Industrias alimentarias

(Bach. Ciencias)

CS Procesos e calidade na industria alimentaria

CS Vitivinicultura

Informática e comunicacións

(Bach. Ciencias)

CS Administración de sistemas informáticos en rede

CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

CS Desenvolvemento de aplicacións web

Instalación e mantemento

(Bach. Ciencias)

CS Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos

CS Mecatrónica industrial

CS Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos

CS Prevención de riscos profesionais (Bach. Ciencias e Hum. e CCSS)

Madeira, moble e cortiza

(Bach. Ciencias)

(Bach. Artes)

CS Deseño e amoblamento

Page 54: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

Marítimo-pesqueiras

(Bach. Ciencias)

CS Transporte marítimo e pesca de altura

CS Acuicultura

CS Organización do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións.

Química

(Bach. Ciencias)

CS Laboratorio de análise e de control de calidade (cursar Química)

CS Química industrial (cursar a materia de Química)

CS Química ambiental (cursar a materia de Química)

CS Fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns

Sanidade

(Bach. de Ciencias)

CS Anatomía patolóxica e citodiagnóstico

CS Audioloxía protésica

CS Dietética (bioloxía)

CS Documentación e administración sanitarias (Bach. Ciencias e Bach. Huma. e CCSS)

CS Hixiene bucodental

CS Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

CS Laboratorio clínico e biomédico

CS Próteses dentais

CS Radioterapia e dosimetría

CS Saúde ambiental (Ciencias da Terra e do Medioambiente)

CS Ortoprótesis e produtos de apoio

Page 55: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

Servicios

socioculturais á

comunidade

(Bach.

Humanidades e

CCSS)

CS Animación Sociocultural e turística

CS Educación Infantil

CS Integración social

CS Mediación comunicativa

CS Promoción de Igualdade de Xénero

Textil, confección e

pelCS Patronaxe e moda (Bach. Ciencias)

CS Vestuario a medida e de espectáculos (Bach. Hum. e CCSS,

Bach. Artes)

CS Deseño técnico en textil e pel (Bach. Ciencias e Bach. Artes)

CS Deseño e produción de calzado e complementos (Bach.

Ciencias e Bach. Artes)

Transporte e

mantenemento de

vehículos

(Bach. Ciencias)

CS Automoción

CS Desenvolvemento e fabricación de produtos cerámicos

Seguridade e ambiente

(Bach. Ciencias )

CS Educación e control ambiental

CS Coodinación en protección civil e emerxencias

Page 56: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

REQUISITOS DE PROMOCIÓN DE 1º A 2º

EN BACHARELATO• 4 anos como máximo.

• Pódese repetir unha soa vez como máximo, e excepcionalmente poderán repetir un dos cursos una segunda vez, previo informe favorable do equipo docente.

PERMANENCIA

• Para promocionar de 1º a 2º hai que superar as materias cursadas outer avaliación negativa en dúas materias, como máximo. Hai que matricularse en 2º curso das materias pendentes de primeiro.

• Para a promoción só se computarán as materias que como mínimo se deben cursar en cada un dos bloques. No bloque de materias de libre configuración autonómica só se computará Lingua Galega e Literatura.

• A Consellería establecerá as condicións para cambiar de modalidadeao pasar a 2º curso.

• Ao rematar 2ª pódese repetir cursando só as materias suspensas ouoptar por repetir o cuso completo.

PROMOCIÓN

• Solicítase á dirección do centro docente, antes do 30 de abril, cando circunstancias de doenza prolongada, incorporación a un posto de traballo ou obrigas de tipo familiar ou persoal impidan seguir, en situación normal, os estudos.

• A solicitude, á que cumprirá achegar as xustificacións pertinentes, será resolta nun prazo de 10 días pola dirección do centro.

ANULACIÓN DE MATRÍCULA

Page 57: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

As materias que hai que cursar como mínimo en

BACHARELATO

Para promocionar de 1º a 2º pódese suspender 2 materias como máximo, pero só se

computan as materias que como mínimo ten que cursar o alumno/a en cada bloque.

Page 58: Sesión orientación 1º bacharelato 2015
Page 59: Sesión orientación 1º bacharelato 2015
Page 60: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

CONTINUIDADE DE MATERIAS DE BACHARELATO

A superación das materias de 2º que se sinalan estará condicionada á superación das correspondentesmaterias de 1º. Non obstante, o alumnado poderá matricularse da materia de 2º sen cursar a correspondentemateria de 1º, sempre que o profesorado que a imparta considere que o alumno/a reúne as condiciónsnecesarias para poder seguir con aproveitamento a materia de 2º.

Page 61: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

OS ITINERARIOS EN 2º DE

BACHARELATO NO IES A

SARDIÑEIRA

Page 62: Sesión orientación 1º bacharelato 2015
Page 63: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

RECOMENDACIÓNS PARA ESCOLLER AS MATERIAS DE

2º DE BACHARELATO

1º Consulta as páxinas web

2º Coñece o plan de estudos

3º Fíxate na nota de corte das titulacións

http:/ciug.cesga.esNotas de corte.

Enlace coas web de todas as universidades de España.

www.udc.eswww.usc.es

www.uvigo.esPortal Todo FP

Page 64: Sesión orientación 1º bacharelato 2015

GRAZAS POLA ATENCIÓN

PRESTADA

Para máis información acude ao

Departamento de Orientación