sandiás (nº 14)

12
SANDIÁS Número 14 Boletín informativo municipal Primavera 2005 Correo electrónico: [email protected] A conselleira de Asuntos Sociais da Xunta, Belén Prado, e o presidente da Deputación, José Luis Baltar, visitaron Sandiás para presidi-la entrega dos diplomas ós participantes no Obra- doiro de Emprego. Du- rante un ano, os 30 alumnos/as traballaron na restauración de for- nos, espacios públicos e áreas recreativas, ao tempo que aprendían téc- nicas de oficios tradicionais e con futuro e recibían clases para desenvolverse no compe- titivo mercado laboral. O próximo obxectivo do Concello de Sandiás é a xestión dun novo obradoiro que acome- ta novas actuacións en diferentes pobos, sen esquece-la Vía Nova e a Vía da Prata. Para elo, existe a vontade da Corporación municipal e o compromiso de apoio por parte da Con- sellería de Asuntos So- ciais e de Emprego. Terá tamén en torno ós 30 alumnos/as e facilitará for- mación en algunhas das especialidades que contan hoxe en día con maior demanda. O s d i p l o ma s , p r e m i o ó e s f o r z o d o s a l u m n o s d o O b r a d o ir o E UROP A s ■■■ Infraestructuras ■■■ a Europa ■■■ Recoñecemento O Concello de Sandiás acometeu nos últi- mos meses a instalación de varias depu- radoras de augas residuais, a través do programa DAREDO da Unión Europea. Agora, a xestión municipal céntrase na mellora da rede de abastecemento a Piñeira de Arcos, na construcción de bei- rarrúas en varios pobos, na recuperación das vivendas municipais no entorno do Centro de Interpretación e na amplia- ción da Casa Consistorial. Concepción Méndez participou nos actos que a FEGAMP maila Deputación de Ourense tributaron ós alcaldes que permanecen no cargo desde as primei- ras eleccións municipais de 1979. En Santiago, o presidente da Xunta, Ma- nuel Fraga, agradeceu á alcaldesa de Sandiás “a contribución ó desenvolve- mento desta nosa Administración Local, hoxe pedra angular da Organización Territorial do Estado”. Reserva natural Os veciños e veciñas de Sandiás vota- ron maioritariamente a prol do tratado polo que se establece unha Constitución para Europa, no referendum do pasado 20 de febreiro. O “SI” recibíu 668 votos (90,5%), mentres que 37 persoas opta- ron polo “NON” e outras 25 o fixeron en branco. O índice de participación foi do 50,73 por cento. O conselleiro de Política Agroalimentaria visitou as obras do plan de regadío da Limia. Asinado o convenio coa Xunta de Galicia para a ampliación da Casa Consistorial. Entran en servizo as novas depuradoras de Couso, Piñeira, Sandiás e Vilariño. Alumnos do colexio público de Sandiás e dos centros educativos da Baixa Limia cele- braron no noso municipio o “Día dos Hume- dais”. As lagoas das areeiras, nas que nidifi- can e invernan gran cantidade de aves acuáticas, serviron de aula da natureza, nas que biólogos e técnicos en Medio Ambiente expricaron ós rapaces e rapazas a importan- cia que ten a conservación do noso entorno natural para mellora-la calidade de vida.

Upload: xf-sandias

Post on 07-Apr-2016

229 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Boletín de Información Municipal con novas do Concello de Sandiás (Ourense) (Primavera 2005)

TRANSCRIPT

Page 1: Sandiás (Nº 14)

SANDIÁSNúmero 14 Boletín informativo municipal Primavera 2005

Correo electrónico: [email protected]

A conselleira de Asuntos Sociais

da Xunta, Belén Prado, e o

presidente da Deputación,

José Luis Baltar, visitaron

Sandiás para presidi-la

entrega dos diplomas ós

participantes no Obra-

doiro de Emprego. Du-

rante un ano, os 30

alumnos/as traballaron

na restauración de for-

nos, espacios públicos

e áreas recreativas, ao

tempo que aprendían téc-

nicas de oficios tradicionais

e con futuro e recibían clases

para desenvolverse no compe-

titivo mercado laboral.

O próximo obxectivo do Concello

de Sandiás é a xestión dun

novo obradoiro que acome-

ta novas actuacións en

diferentes pobos, sen

esquece-la Vía Nova e a

Vía da Prata. Para elo,

existe a vontade da

Corporación municipal

e o compromiso de

apoio por parte da Con-

sellería de Asuntos So-

ciais e de Emprego. Terá

tamén en torno ós 30

alumnos/as e facilitará for-

mación en algunhas das

especialidades que contan

hoxe en día con maior demanda.

Os diplomas, premio ó esforzo dos alumnos do Obradoiro

EUROPA

s■■■ Infraestructuras ■■■ Sí a Europa ■■■ RecoñecementoO Concello de Sandiás acometeu nos últi-

mos meses a instalación de varias depu-

radoras de augas residuais, a través do

programa DAREDO da Unión Europea.

Agora, a xestión municipal céntrase na

mellora da rede de abastecemento a

Piñeira de Arcos, na construcción de bei-

rarrúas en varios pobos, na recuperación

das vivendas municipais no entorno do

Centro de Interpretación e na amplia-

ción da Casa Consistorial.

Concepción Méndez participou nos

actos que a FEGAMP maila Deputación

de Ourense tributaron ós alcaldes que

permanecen no cargo desde as primei-

ras eleccións municipais de 1979. En

Santiago, o presidente da Xunta, Ma-

nuel Fraga, agradeceu á alcaldesa de

Sandiás “a contribución ó desenvolve-

mento desta nosa Administración Local,

hoxe pedra angular da Organización

Territorial do Estado”.

Reserva natural

Os veciños e veciñas de Sandiás vota-

ron maioritariamente a prol do tratado

polo que se establece unha Constitución

para Europa, no referendum do pasado

20 de febreiro. O “SI” recibíu 668 votos

(90,5%), mentres que 37 persoas opta-

ron polo “NON” e outras 25 o fixeron en

branco. O índice de participación foi do

50,73 por cento.

O conselleiro de Política Agroalimentaria visitou as obras do plan de regadío da Limia.

Asinado o convenio coa Xunta de Galicia para a ampliación da Casa Consistorial.

Entran en servizo as novas depuradoras de Couso, Piñeira, Sandiás e Vilariño.

Alumnos do colexio público de Sandiás e

dos centros educativos da Baixa Limia cele-

braron no noso municipio o “Día dos Hume-

dais”. As lagoas das areeiras, nas que nidifi-

can e invernan gran cantidade de aves

acuáticas, serviron de aula da natureza, nas

que biólogos e técnicos en Medio Ambiente

expricaron ós rapaces e rapazas a importan-

cia que ten a conservación do noso entorno

natural para mellora-la calidade de vida.

Page 2: Sandiás (Nº 14)

Páxina 2

UNHA DEMOCRACIA BEN CONSOLIDADA

Edi tor ia l

Cando botaron a anda-las primeiras institucións democráti-

cas do noso país, a finais dos anos 70, aínda existían moi-

tas dúbidas sobre o futuro, ameazado por for-

zas políticas, económicas, doctrinais e

sociais que pugnaban por mante-

los privilexios de que gozaron

durante a dictadura ou para

cambiar radicalmente a

orde establecida. Xurdi-

ron os primeiros conce-

llos democráticos, saí-

dos das eleccións de

1979, nos que os no-

sos veciños tiñan a

ocasión de elexir direc-

tamente ós seus repre-

sentantes na Corporación

local. Naquel intre deposita-

ron a súa confianza na candida-

tura encabezada por Concepción

Méndez Gándara, que sería refrendada

en tódalas eleccións municipais posteriores.

Agora, mirando cara atrás, podemos decatarnos dos

cambios que experimentou Sandiás neste tempo, aínda que

a bo seguro que non foron do agrado de todos. Como é lóxi-

co, algúns pensan que se podían ter feito cousas diferentes,

pero a práctica totalidade está dacordo en que

Sandiás é hoxe un concello que en

pouco se parece ó de 1979. Nes-

tes 25 anos de democracia

municipal foron colocán-

dose, pouco a pouco, as

bases dun progreso que

é perceptible en tódolos

niveis.

Sandiás ten a honra de

estar ben situado entre

os concellos galegos

cun mellor nivel de vida,

gracias ós servizos e ás

infraestructuras que se

foron construindo neste tem-

po. Asemade, outros indicativos

desta situación son o baixo nivel de

desemprego e a boa dinamización eco-

nómica e laboral á que contribuiron ás distintas

iniciativas públicas e privadas que se puxeron en marcha, e

que deben continuar no futuro.

As obras que actual-

mente se están a exe-

cutar son as de creación

de novos regadíos na

zona de secano da Lagoa

de Antela, sobre unha

superficie de 2.087 hectá-

reas, cun investimento esti-

mado superior aos 13 mi-

llóns de euros, dos que a

Xunta achega máis de 8

millóns de euros e preto de 5

millóns o MAPA. O grao de

execución das obras que depen-

den da comunidade autónoma

estímase nun 75%.

O conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvol-

vemento Rural, José Antonio Santiso Miramontes, visi-

tou Sandiás o pasado 25 de xaneiro para coñece-las ins-

talacións do Centro Ecuestre e o proxecto de recupe-

ración das lagoas das areeiras, acompañado pola

alcaldesa, Concepción Méndez, e altos cargos e

técnicos do seu departamento. Durante a visita á

comarca da Limia, Santiso Miramontes expri-

coulles ós membros da Comunidade de Regan-

tes, entreles os do noso municipio, o estado

actual das obras do regadío e outros proxec-

tos para impulsar e rendabiliza-la activida-

de agropecuaria nesta zona. Tamén entre-

gou os diplomas dun “curso de aptitude

empresarial agraria" no que tomaron

parte 33 alumnos da comarca.

O conselleiro de Política Agroalimentaria, Santiso

Miramontes, visitou o Centro Ecuestre de Sandiás

Reuníuse coa comunidade de regantes para

aborda-lo estado das obras de regadio en 2.087

hectáreas

A Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultu-

ra aportan máis de 13 millóns de euros para a

modernización agropecuaria da comarca da Limia

ss

s▲

Page 3: Sandiás (Nº 14)

Páxina 3

O Plano Xeral de Ordenación Municipal, pendente da aprobación definitivaO Concello de Sandiás remitíulle á

Xunta de Galicia o expedente do

Plano Xeral de Ordenación Muni-

cipal, unha vez resoltas as alega-

cións dos veciños trala fase da

exposición pública e o trámite da

aprobación inicial en sesión plena-

ria. Agora, a Consellería de Políti-

ca Territorial debe ratifica-lo pro-

xecto para que entre en vigor, e

unha vez que teña o dictame favo-

rable da Dirección Xeral de Patri-

monio, como é preceptivo en tódo-

los casos.

O Plano Xeral de Ordenación

Municipal é un instrumento fun-

damental para a planificación do

noso territorio, tanto a nivel in-

dustrial e agropecuario, coa deli-

mitación de zonas específicas,

como para a construcción de

vivendas sociais e outros servi-

zos comunitarios. Trátase do pri-

meiro intento que se fai en San-

diás para adapta-lo solo do

municipio ás esixencias da nova

lexislación autonómica en mate-

ria urbanística.

Co novo plano de ordenación municipal, as actividades industriais que

necesitan autorización de Urbanismo (granxas, talleres, etc.) quedarán

reguladas directamente dende o Concello, o que axilizará os trámites.

Unha vez elaborado o estudio, presentouse o avance, fíxose a expo-

sición pública, e, remitíuselle á Xunta para a aprobación definitiva.

A planificación urbanística de Sandiás vaiseadaptar á nova Lei do Solo de Galicia,requisito imprescindible para desenvolveriniciativas industriais ou para a construc-ción de vivendas de promoción pública.

▲▲

Ampliación do ConcelloUnha subvención da Conse-llería de Xustiza, Interior eAdministración Local daXunta permitirá a amplia-ción da Casa do Concello deSandiás. O proxecto con-templa a execución dasobras na parte posterior,para configurar ó edificio deforma rectangular. O obxec-tivo é dotar ás dependenciasmunicipais de máis espaciopara habilitar novos servi-zos e mellora-la atención ósnosos veciños e veciñas.

Centro de InterpretaciónO edificio que albergará oCentro de Interpretación daLagoa de Antela está pen-dente da dotación de mobi-liario e dos paneis e materialaudiovisual e informáticoque guiará ós visitantes nunpercorrido virtual polo nosoecosistema. Outro proxectoimportante para os próxi-mos meses, tamén de inicia-tiva municipal, é a reformae acondicionamento dosedificios próximos á Casada Lagoa adquiridos poloConcello de Sandiás.

Un novo depósito vai mellora-lo abastecemento de auga a Piñeira

Os planos de obras inclúen os colectores das

depuradoras e novos tramos de beirarrúasO Concello de Sandiás aco-

meteu nos últimos meses,

dentro dos planos provin-

ciais de obras, a instalación

dos colectores de augas resi-

duais de Couso e Vilariño

ata a nova depuradora. Ta-

mén continuaron os traballos

para construcción de novos

tramos de beirarrúas en San-

diás (zona da igrexa), estra-

da de Couso, Vilariño e Cor-

ga, destinados a mellora-la

seguridade vial e a estética

dos nosos pobos.

A construcción do depósi-

to de auga potable e as novas

captacións para o abastece-

mento a Piñeira de Arcos

serán realidade nos próximos

meses. A primeira parte do

proxecto consistíu na prepa-

ración dos terreos nos que se

vai asenta-lo depósito de dis-

tribución que asegurará un bo

servizo a tódolos veciños.

En Piñeira preparouse o terreopara construi-lo novo depósito.

A construcción de beirarrúas me-llora a seguridade vial nos pobos.

Page 4: Sandiás (Nº 14)

Páxina 4

Os 30 participantes recibiron un diploma acreditativo da súa especialización laboral

Dirección, monitores e alumnos/as comparten o mérito dun traballo ben feito

Unha experiencia que pode ser útil para acceder ó mercado de traballo

O Obradoiro de Emprego, auspiciado polo Concello de Sandiás, a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais mailo INEM, contribuiu a mellora-la cualificación laboral de moita xente, e sobre todo das mulleres, un colectivo con dificultades para acceder ó mercado de traballo no eido rural.As tres Administracións públicas (Xunta, INEM e Concello) aportaron os algo máis de 578 mil euros que serviron para aboa-los salarios e os materiais das obras.Durante o ano de duración do Obradoiro completouse o proceso formativo e tódalas obras contempladas no proxecto inicial.A alcaldesa, Mª Concepción Méndez, agradece o esforzo realizado por monitores e alumnos e asegura que se está xestionando coa Xunta outro Obradoiro.

O mérito dos obxectivos cumpridospolo Obradoiro de Emprego “Sandiás”recaeron a partes iguais na dirección,nos administrativos, profesores, moni-tores e alumnos/as. Os 30 participantesaprenderon os oficios de cantería e

restauración de áreas degradadas, etraballaron na recuperación de edificiose de espacios públicos do noso munici-pio. O Concello de Sandiás xestionaagora unha segunda fase para comple-tar novos traballos de restauración de

elementos patrimoniais e de zonas deuso compartido polos nosos veciños eveciñas. Contémplase un númerosemellante de alumnos (en torno óstrinta), coa posibilidade de incluir algúnmódulo máis.

▲▲

▲▲

Adela VillarinoGraña

Agustina CampeloCarnero

Herminia RamosFernández

Delfín DopozoCarnero

Rosa MaríaVillarino Graña

“Eu só estiven oito meses encantería, porque me incorpo-rei tarde, pero a experienciafoi moi positiva. Do queaprendín, o que máis me gus-tou foi a escultura da mullerlabrega e a talla das letrasnas pracas que fixemos. Fanfalla máis iniciativas así enconcellos coma o noso, por-que a xente queda contentae ten máis oportunidades”.

“A cantería foi tradicional-mente un traballo de homes,pero as mulleres que apren-dimos este oficio no obra-doiro traballamos ó mesmoritmo que eles. Eu taménquedei moi contenta contodo, coas obras, cos moni-tores e cos compañeiros.Outro aspecto positivo foi aboa organización á hora derealizar todo o programa”.

“Ó primeiro custoume unpouco, porque era duro eestiven a punto de deixalo.Fun aguantando e logo nonme arrepentín. Aínda así,non me vexo traballando decanteira, pero todo o que seaprende é útil na vida. Asmulleres traballamos igualou máis que os homes, perohai oficios, como a xardine-ría, que se nos dan mellor”.

“Os fornos e as calzadasforon traballos prácticos nosque aprendimos o fundamen-to da cantería, a pesar de queeu xa tiña algo de experien-cia. Eu son partidario de quese repitan programas deemprego coma este, porqueson útiles para nós e para opobo de Sandiás, xa que que-dan moitas obras para disfru-te de tódolos veciños”.

“Para min, case todo foi posi-tivo. Houbo un bo entende-mento cos monitores e taméncos compañeiros. O peor foi oemprego de aparellos quesupoñen un gran esforzo físi-co. Quedounos a satisfacciónde que rematamos ben tódo-los traballos. Agora fai fallaque traigan outro obradoiro eque a xente se anime a bus-car traballo pola súa conta”.

M i s i ó n c u m p r i d a : os part ic ipantes valoran como “posi t iva” a súa exper iencia no Obradoiro

Page 5: Sandiás (Nº 14)

Páxina 5

Obradoiro de Emprego “Sandiás”A entrega de diplomas, colofón a un gran esforzoA entrega de diplomas, colofón a un gran esforzo

O investimento, entre materiais e formación, superou os 578 mil euros

A conselleira de Asuntos Sociais salientouque o 70% dos participantes nos obradoiros atopa

traballo pouco despois de remata-lo cursoA conselleira de AsuntosSociais, Emprego e Rela-cións Laborais da Xunta,Belén Prado, salientou enSandiás o papel que xoganos obradoiros de emprego áhora de “mellora-la cualifica-ción dos traballadores esitua-los en óptimas condi-cións para a súa incorpora-ción ó mercado laboral”.Durante a entrega de diplo-mas ós 30 alumnos/as, BelénPrado subliñou, ademais, aelevada taxa de colocacióndos obradoiros, xa que o 70%dos participantes nestes pro-gramas de formación atopantraballo pouco despois do seuremate. Referíuse tamén aque os contidos formativosdos obradoiros tentan axei-tarse ás necesidades dosmercados locais de emprego.Neste sentido, destacou aforte demanda de cualifica-cións en oficios considerados“tradicionais”, xa que “en moi-tos casos non resulta doadoatopar profesionais nestessectores”, como os de cante-ría e restauración de áreasdegradadas, impartidos noobradoiro de Sandiás.

O presidente da Deputa-ción, José Luis Baltar, referíu-se, pola súa parte, a que “asescolas obradoiro constitúen,xunto cos obradoiros deemprego e as casas de ofi-cios, a medida das políticasactivas de emprego quemellores resultados está aofrecer, dende a perspectivada inserción laboral”. BelénPrado presidíu a entrega dediplomas acompañado porJosé Luis Baltar, e pola alcal-desa de Sandiás, ConcepciónMéndez Gándara.

A alcaldesa de Sandiás agra-

deceu a tódolos participantes

neste obradoiro o esforzo

realizado durante doce me-

ses, tanto para aprender ou

mellora-la súa cualificación

profesional, como no aparta-

do práctico, centrado na re-

cuperación de edificios para

uso público, na mellora do

entorno da igrexa de Sandiás

e de zonas verdes en varias

zonas do noso municipio.

Concepción Méndez re-

feríuse tamén ó apoio conti-

nuado da Consellería de

Asuntos Sociais, Emprego e

Relacións Laborais ós pro-

xectos presentados polo

Concello de Sandiás, a tra-

vés de diferentes contrata-

cións e do Plan Labora, e

agarda que se manteña no

futuro cunha nova fase do

Obradoiro de Emprego.

A alcaldesa de Sandiás

considera que as liñas bási-

cas da xestión do actual Go-

berno municipal céntranse,

por unha banda, na mellora

dos servicios e das infraes-

tructuras básicas en tódolos

núcleos de poboación, e, por

outra, na xeración de empre-

go, para evitar que a nosa

xente xove teña que mar-

char fora, como aconteceu,

por desgracia, en épocas

aínda relativamente re-

centes do século pasado.

Concepción Méndez amo-

souse convencida de que

esta liña de traballo do Con-

cello de Sandiás, apoiado

pola Xunta de Galicia e a

Deputación Provincial de

Ourense, está a da-los seus

froitos e que debe manterse

con novas iniciativas.

Belén Prado estivo acompañada por Concepción Mén-

dez e os presidentes da Deputación e do INEM.

As autoridades visitaron a pé algunhas das obras reali-

zadas no entorno da igrexa e no casco urbano.

Page 6: Sandiás (Nº 14)

Páxina 6

Obradoiro de Emprego “Sandiás”Aprendizaxe de técnicas profesionais, como aval de futuroAprendizaxe de técnicas profesionais, como aval de futuro

Restauración de fornos, áreas recreativas e lavadoiros

Un dos traballos máis ambiciosos do proxecto do Obradoiro de

Emprego centrouse no empedrado, adecentamento e construcción

de beirarrúas no exterior da igrexa de Sandiás e da rectoral, e na

mellora estética e dotación de novos servizos no camposanto.

O Obradoiro de Emprego tivounha duración de doce meses, dis-tribuida en dúas fases de seismeses cadansúa, e con dous mó-dulos formativos: cantería e res-tauración de áreas degradadas. Oedificio multiusos de Sandiás(antiga Cruz Vermella) servíu desede dos servizos administrativose dirección do Obradoiro, mentresque dependencias da rectoral con-vertíanse en almacén e base ope-rativa para os distintos proxectosdesenvolvidos.

O obxectivo centrouse narecuperación de importantes ele-mentos do noso patrimoniopopular, enclavados na Vía daPrata de peregrinación a Com-postela. En Sandiás empedrousea entrada á igrexa e os seus arre-dores, a rúa principal, recuperou-se unha fonte e o forno, recons-truíronse muros tradicionais e seadecentou o entorno da Torre doCastro. En Vilariño recuperouseun forno, e o módulo de xardine-ría participou no acondiciona-mento de tódalas áreas recreati-vas (Vilariño, Couso, Sandiás ePiñeira de Arcos).

Outras actividades de segun-do nivel foron as clases sobretécnicas de busca de emprego,xestión empresarial, etc.

Page 7: Sandiás (Nº 14)

Páxina 7

Obradoiro de Emprego “Sandiás”Un traballo que perdura no tempo en beneficio de todosUn traballo que perdura no tempo en beneficio de todos

Desde o Concello de Sandiás,Concepción Méndez califica o re-sultado de “altamente satisfacto-rio”, pero considera que se tratadun traballo “iniciado e inconcluso,pois temos pendentes varias mello-ras que, sen lugar a dúbidas, com-pletarían o feito ata o de agora”.“Ademais da rúa principal -asegu-ra- queremos recuperar unha rúacolindante, en materia de firme eestética, enterrando o cableadoeléctrico, ou a recuperación dunhascasas que adquiríu o Concello e

que desexamos converter en Cen-

tro Social, Casa de Cultura e edi-

ficio multiusos, pois son servizos

dos que caremos actualmente”.

O Concello traballa agora no

proxecto dun novo Obradoiro para

facer realidade estes desexos ex-

presados por Concepción Méndez

e que atoparon unha boa acollida

por parte da conselleira Belén

Prado durante a súa visita a San-

diás para participar na entrega de

diplomas ós alumnos/as.

A restauración dos fornos de Sandiás e Vilariño, xunto á recuperación estética e funcional dos seus

entornos, deixaron a disposición dos veciños dous edificios de uso comunitario en perfecto estado.

Page 8: Sandiás (Nº 14)

Páxina 8

Piñeira, Sandiás, Couso e Vilariño estrean un modernosistema de depuración das augas residuais

Os núcleos de Piñeira de Arcos,Sandiás e Couso-Vilariño das Pol-dras contan con modernos sistemasde depuración das augas fecaisdomésticas, a través dun convenioentre o propio Concello e a De-putación de Ourense, dentro do pro-

grama Daredo, promovido polo PlanINTERREG III. O obxectivodesta iniciativa é ofrecer novosmétodos de depuración e tratamentode augas -superadas as tradicionaisfosas sépticas- para pequenos oumedianos núcleos de poboación

coma os nosos, e erradicar destexeito os verquidos incontrolados queaínda contaminan os nosos ríos.

As tres novas depuradoras te-ñen capacidade para trata-los resí-duos dunhas 500 persoas. O custede cadansúa foi de 270 mil euros.

Unha aposta a prol do medio ambienteA construcción das novas depuradoras levou aparellada a instala-

ción dos colectores que conectan as fosas sépticas para conduci-

las augas fecais ata o centro de tratamento e eliminación de resí-

duos. As novas instalacións precisaron unha obra civil de formigón

na base, como paso previo á instalación da depuradora por medio

dunha grúa de grandes dimensións.

Inxéctase aire á planta de aireación, despois pasa a la cámara de decantación, onde se produ-ce a separación das grasas dos sólidos. Eiquí, os tubos de recirculación de lodos activos fanque volvan esos lodos e as graxas que saen á superficie volven a introducirse na cámara de aire-ación. O ciclo ten una duración de entre 20 e 60 días. Ó introduci-lo aire, inxéctase tamén unfluxo bacteriano que é o que vai traballar coa materia orgánica, que queda degradada.

Para Andrés Castaño Ramos, responsable demantemento da empresa Solucións Medio-ambientais e Augas S.L., que construíu e ins-talou as depuradoras, a principal avantaxedeste sistema respecto ás fosas sépticas éque non precisa da reti-rada de lodos: “A augasae completamente de-purada, sendo apta pa-ra regar calquera tipode zonas verdes, xar-díns e respecta tódolosvalores e niveis esta-blecidos pola lexisla-ción medioambiental”.Este tipo de plantas sonautónomas, xa que unha central de datos con-trola a distancia, vía módem, calquera inci-dencia que se poida rexistrar.

Andrés Castaño Ramos

¿Como funciona?

Couso-Vilariño

Piñeira de Arcos

Page 9: Sandiás (Nº 14)

Páxina 9

A Consellería de Cultura destina 155.000 euros ó proxecto turístico

Gaña adeptos a candidatura da Vía Novapara Patrimonio da Humanidade

A Consellería de Cultura destina 155.420 euros ó proxecto “Vía Nova.Creación dun itinerario turístico a partir da Vía XVIII do Itinerario de Antonino”.Esta ruta, que comunicaba Braga e Astorga, adéntrase en Galicia a través deLobios e continúa por Bande, Rairiz de Veiga, Vilar de Santos, Sandiás, Xunqueirade Ambía, Baños de Molgas, Maceda, Montederramo, Castro Caldelas, San Xoán

de Río, Trives, Larouco, Petín, A Rúa, Vilamartín, O Barco e Rubiá.

A Xunta de Galicia, a travésda Consellería de Cultura,desenvolverá nos próximosanos a promoción turística e aposta en valor da Vía Nova,ó tempo que xestiona a súadeclaración como Patrimonioda Humanidade por parte daUNESCO. O plan da can-didatura presentaronno enLisboa conxuntamente osgobernos galego e das Terrasdo Bouro. Interveñen, ade-mais, nesta promoción a Uni-versidade de Santiago deCompostela e a bracarensede Minho, xunto co InstitutoPortugués do PatrimonioArquitectónico. Outros co-lectivos culturais, como aFundación Aquae Querquen-nae, e prestixiosos historiado-res de Galicia e Portugaltamén se adheriron a esta ini-ciativa.

Nestes últimos anos realiza-ronse diversos traballos derecuperación da antiga calza-da romana, tanto na partegalega como na portuguesa.No caso de Sandiás, a Xuntaten previsto recupera-lo tra-zado primixenio, cun pavi-mento de pedra que ocupeparte da caixa orixinal da vía.Galicia e Portugal adicaronunha primeira fase a limpa-laruta de silvaredo, editaronfolletos e libros co apoio doPlan Interreg da Unión Euro-pea. Outras iniciativas pen-dentes de realización son asde construir un museo deinterpretación, reproducir un-ha pousada romana e recupe-rar novos tramos da VíaNova, que tivo hai dous milanos un papel clave na roma-nización do Noroeste penin-sular.

O noso municipio conservaimportantes vestixios da antiga calzada romana

Estudios recentes,

como os do Grupo Marcelo

Macías de colaboradores do

Museo e Arquivo de Ouren-

se, ven confirma-la importan-

cia que tivo o concello de

Sandiás no trazado da antiga

Vía Nova. A antiga calzada

romana cruzaba o noso mu-

nicipio de Sur a Norte, entre

os límites cos concellos de

Vilar de Santos e Xunqueira

de Ambía. A caixa do camiño

de pedra desapareceu na

súa totalidade, pero aínda

hoxe se conservan os milia-

rios que marcaban as distan-

cias (mil pés) a carón da Vía

Nova.

No libro “La Vía Romana

XVIII (Vía Nova). Revisión de

su trazado y mensuración”,

editado pola Deputación Pro-

vincial de Ourense, Segundo

Alvarado, Juan Carlos Rivas

e Tomás Vega Pato deta-

llan polo miudo o

antigo itinerario, a partir dos

restos arqueolóxicos atopa-

dos e catalogados nos últi-

mos anos. Os máis importan-

tes no concello de Sandiás

son os miliarios de Vilariño

das Poldras e o de Zadagós,

restaurado recentemente e

ubicado nunha pequena área

recreativa a carón do lugar

polo que se supón que trans-

corría a vía romana.

Estas publicacións e a

iniciativa do INORDE (Institu-

to Ourensán de Desenvolve-

mento Económico) de crear

varios centros de interpreta-

ción da Vía Nova serven

agora para impulsa-lo coñe-

cemento deste itinerario his-

tórico, que pode contribuir a

fomentar tamén un turismo

rural de calidade, comple-

mentario ó monumental, fes-

tivo e gastronómico.Miliario restaurado, protexido e sinalizado en Zadagós.

Vilariño das Poldras

Page 10: Sandiás (Nº 14)

Páxina 10

As nosas tradicións seguen vivas

Había interese por revitaliza-la tradición doEntroido, como xa intentaron nos últimos anosa Asociación de Mulleres Rurais e outros veci-ños a título individual. Dito e feito. Nesta oca-sión engalanaron un tractor, a xeito de locomo-tora, no que “viaxaron” polo noso municipio eno desfile de Xinzo os máis animados/as.Mesmo Elvis Presley volveu para pasar unhaemotiva xornada de ledicia e divertimento.

E despois do desfile, non podía falla-lo “Enterroda Sardiña”. A comitiva de “plañideiros/as” esce-nificou un fermoso acto, no que se implicaronmoitos rapaces e rapazas, que serán os encarga-dos de perpetuar estas tradicións que perdurandende a orixe mesma do noso pobo. Unha inicia-tiva, como outras moitas, froito do esforzo e ilu-sión dos nosos veciños, coa colaboración do Con-cello, e que deben continuar no futuro.

Dúcias de persoas participaron na celebracióndo magosto, organizada, un ano máis, poloConcello. Na carpa instalada no recinto escolardegustaron castañas, empanada, chourizos,etc., productos típicos da gastronomía notempo de outono. O corpo xa estaba quente eanimado cando moitos dos asistentes amosa-ron as súas habilidades para o baile.

As datas previas ó Nadal vivíronse dun xeitoespecial no colexio público. O festival consistíuno recitado e cántico de vilancicos, actuaciónsmusicais e teatrais, a cargo dos alumnos/as. Unnumeroso auditorio, integrado polos profesores,pais/nais e veciños, comprobou a vocación artís-tica dos rapaces. O premio foi a xa tradicionalchocolatada para tódolos protagonistas.

O “magosto” e as celebracións do Nadal e o Entroidovívense de xeito especial en Sandiás, gracias ó esfor-zo de moitos homes, mulleres e nenos/as, coa colabo-ración sempre importante do propio Concello. Outraconsecuencia positiva destas actividades, á marxe decontinua-las tradicións dos nosos devanceiros, é unhamaior cohexión social e do sentimento de pobo. Con-solidado o “magosto” e o Nadal, este ano foi impor-tante o traballo de revitalización do Entroido, comopoideron comproba-los nosos veciños que se disfraza-ron ou contemplaron o desfile dunha fermosa carroza.

●●

Os veciños implicáronse na celebración do Magosto, Nadal e Entroido

Page 11: Sandiás (Nº 14)

Páxina 11

Escolares de Sandiás e da Baixa Limia celebraron naslagoas das areeiras o Día Mundial dos Humidais

2 5

O Servizo de Conservación da Nature-za da delegación provincial da Conse-llería de Medio Ambiente en Ourenseorganizou o pasado 2 de febreiro, cogallo do Día Mundial dos Humidais,unha visita interpretativa para escola-res á antiga Lagoa de Antela. Nestaactividade participaron alumnos doscolexios de Lobios, Entrimo, Muíños eSandiás. O obxectivo foi celebrar unhaxornada de convivencia e darlles a coñe-ce-la fauna e flora, e o contorno naturaldo espazo onde a Consellería desenvol-ve o proxecto de recuperación do humi-dal, orixinado na zona onde se asenta aexplotación mineira aceo aberto.

Como preparación á visita, os escolaresdos catro Concellos recibiron charlas infor-

mativas impartidas por persoal de MedioAmbiente. Nestas conferencias falóuse-

lles da importancia social dos humi-dais, que son fontes de recursos reno-vables e soporte de cría de aves e anfi-bios. Tamén se lles explicou o impor-tante papel que desempeñan na con-servación da biodiversidade e o desen-

volvemento económico do lugar. Ade-mais, coñeceron con detalle o caso das

areeiras de Sandiás, a través da exposicióndo plan director de restauración para asexplotacións mineiras na lagoa de Antela.

A visita dosescolares á zonadas areeiras de Sandiás coincidíu costraballos que realiza Medio Ambientepara consolida-los taludes e as lagoasartificiais (na imaxe, varios operariostraballan na nivelación e acondiciona-mento do terreo), que acollen a nume-rosas especies acuáticas durante todoo ano. Tamén se realizan plantaciónsde árbores autóctonas para protexe-losespazos de nidificación e consolida-loterreo. Estas zonas poderán contem-plarse no futuro Centro de Interpreta-ción da Lagoa de Antela xestionadopolo Concello de Sandiás a travésdunha cámara web permanente.

Page 12: Sandiás (Nº 14)

Páxina 12

Edita: Concello de Sandiás - Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU-227/97

25 anos de Corporacións democráticas en SandiásNo 2004 cumpríronse os 25 anos desde a constitución das

primeiras Corporacións democráticas. Neste tempo ce-

lebráronse sete eleccións municipais, nas que os nosos veci-

ños e veciñas refrendaron a xestión de Mª Concepción Mén-

dez Gándara, alcaldesa desde 1979, e dos grupos do goberno

municipal que presidíu desde entón. Diversas homenaxes

institucionais e privadas serviron para recoñecer o mérito e

o esforzo dos alcaldes máis veteranos de Galicia.

Homenaxe na Deputación de Ourense e na FEGAMP

A Federación Galega de Municipios e Provincias tamén

rendíu homenaxe ós rexedores municipais, nun acto presi-

dido polo titular da Xunta, Manuel Fraga. Concepción Mén-

dez foi a encargada de ler un comunicado institucional en

nome dos alcaldes que recibiron o recoñecemento.

José Luis Baltar, presidente da Deputación, entregoulle

a Concepción Méndez o bastón de mando honorífico por

levar 25 anos á fronte da Corporación Municipal do Con-

cello de Sandiás. A nosa alcaldesa agradeceu esta dis-

tinción e o apoio recibido desde a Deputación.

Alcaldes veteranosO presidente da Deputación

Provincial de Ourense, José

Luis Baltar, reuníu no salón

de plenos ós 17 alcaldes da

provincia que levan no

cargo desde as primeiras

eleccións municipais. Con-

cepción Méndez (na imaxe,

a terceira pola dereita) com-

parte esta honra cos alcal-

des de A Peroxa, Arnoia,

Avión, Beade, Cenlle, Corte-

gada, Cualedro, Paderne,

Pontedeva, Quintela de Lei-

rado, Ramirás, San Cibrao

das Viñas, Taboadela, Oim-

bra, Vilamartín de Valdeo-

rras e Xunqueira de Ambía.