saída ao río baíña, 8 maio 2014. plan proxecta: proxecto ríos 2013-2014
TRANSCRIPT
![Page 1: Saída ao río baíña, 8 maio 2014. Plan Proxecta: proxecto ríos 2013-2014](https://reader030.vdocuments.mx/reader030/viewer/2022013111/55aa9c4c1a28ab9a258b481c/html5/thumbnails/1.jpg)
PROXECTO RÍOS, IES PRIMEIRO DE MARZO, BAIONA
SAÍDA AO RÍO BAÍÑA, 8 MAIO 2014
O alumnado de 3º da ESO ensina ao de 2º
![Page 2: Saída ao río baíña, 8 maio 2014. Plan Proxecta: proxecto ríos 2013-2014](https://reader030.vdocuments.mx/reader030/viewer/2022013111/55aa9c4c1a28ab9a258b481c/html5/thumbnails/2.jpg)
O alumnado de 3º
da ESO apréndelle
aos
compañeiros/as
de 2º o o
traballado na
clase.
![Page 3: Saída ao río baíña, 8 maio 2014. Plan Proxecta: proxecto ríos 2013-2014](https://reader030.vdocuments.mx/reader030/viewer/2022013111/55aa9c4c1a28ab9a258b481c/html5/thumbnails/3.jpg)
O primeiro de todo é que os maiores -Iago, Miguel e Andrea-, expliquen aos pequenos en que consiste o Proxecto Ríos e a súa importancia.
![Page 4: Saída ao río baíña, 8 maio 2014. Plan Proxecta: proxecto ríos 2013-2014](https://reader030.vdocuments.mx/reader030/viewer/2022013111/55aa9c4c1a28ab9a258b481c/html5/thumbnails/4.jpg)
Agora toca localizar o treito do río Baíña que
imos a estudar no mapa e na ortofoto.
![Page 5: Saída ao río baíña, 8 maio 2014. Plan Proxecta: proxecto ríos 2013-2014](https://reader030.vdocuments.mx/reader030/viewer/2022013111/55aa9c4c1a28ab9a258b481c/html5/thumbnails/5.jpg)
Antía e Andrea explícannos como observar si a auga flúe ou non, a presenza de cachoeiras, a profundidade do río, e as características do leito e os seus sedimentos. Reparamos tamén na vexetación, tanto a mergullada como a das beiras.
![Page 6: Saída ao río baíña, 8 maio 2014. Plan Proxecta: proxecto ríos 2013-2014](https://reader030.vdocuments.mx/reader030/viewer/2022013111/55aa9c4c1a28ab9a258b481c/html5/thumbnails/6.jpg)
Uxía, Joana e Brais amósannos como medir o largo do río, a súa sección e o caudal
![Page 7: Saída ao río baíña, 8 maio 2014. Plan Proxecta: proxecto ríos 2013-2014](https://reader030.vdocuments.mx/reader030/viewer/2022013111/55aa9c4c1a28ab9a258b481c/html5/thumbnails/7.jpg)
Empregamos canas graduadas para medir a profundidade, e limóns e un cronómetro para calcular a velocidade da auga.
![Page 8: Saída ao río baíña, 8 maio 2014. Plan Proxecta: proxecto ríos 2013-2014](https://reader030.vdocuments.mx/reader030/viewer/2022013111/55aa9c4c1a28ab9a258b481c/html5/thumbnails/8.jpg)
Brais axúdanos a cumprimentar a parte da ficha de campo que trata a cor e o cheiro da auga, e as posibles distorsións ocasionadas pola intervención humana e a contaminación
![Page 9: Saída ao río baíña, 8 maio 2014. Plan Proxecta: proxecto ríos 2013-2014](https://reader030.vdocuments.mx/reader030/viewer/2022013111/55aa9c4c1a28ab9a258b481c/html5/thumbnails/9.jpg)
Usamos dous termómetros para medir la temperatura da auga.
![Page 10: Saída ao río baíña, 8 maio 2014. Plan Proxecta: proxecto ríos 2013-2014](https://reader030.vdocuments.mx/reader030/viewer/2022013111/55aa9c4c1a28ab9a258b481c/html5/thumbnails/10.jpg)
Empregamos os discos Secci para observar a
turbidez da auga.
![Page 11: Saída ao río baíña, 8 maio 2014. Plan Proxecta: proxecto ríos 2013-2014](https://reader030.vdocuments.mx/reader030/viewer/2022013111/55aa9c4c1a28ab9a258b481c/html5/thumbnails/11.jpg)
Empregamos tubos de ensaio para tomar mostras de auga e, coas respectivas pílulas e a carta de cores, determinamos o pH, o nivel de
nitratos, de osíxeno e a súa saturación na auga.
![Page 12: Saída ao río baíña, 8 maio 2014. Plan Proxecta: proxecto ríos 2013-2014](https://reader030.vdocuments.mx/reader030/viewer/2022013111/55aa9c4c1a28ab9a258b481c/html5/thumbnails/12.jpg)
Tamén tomamos varias mostras de sedimento para estudar a biodiversidade de macroinvertebrados no laboratorio ao día
seguinte. Neste últimos pasos contamos coa axuda de Candela, Marta e
Lara)
![Page 13: Saída ao río baíña, 8 maio 2014. Plan Proxecta: proxecto ríos 2013-2014](https://reader030.vdocuments.mx/reader030/viewer/2022013111/55aa9c4c1a28ab9a258b481c/html5/thumbnails/13.jpg)
Antía, Lara e María axudáronnos a identificar que plantas e animais que viven na contorna deste treito do río Baíña.
Vaites, que agora toca estudar a biodiversidade e as especies invasoras deste ecosistema.
![Page 14: Saída ao río baíña, 8 maio 2014. Plan Proxecta: proxecto ríos 2013-2014](https://reader030.vdocuments.mx/reader030/viewer/2022013111/55aa9c4c1a28ab9a258b481c/html5/thumbnails/14.jpg)
Parabéns a todo o
alumnado. O de 3º
esplicouno todo moi ben
e o de 2ª entendérono
de marabilla.
Ben feito!