s o z i v manual de r e s instalaciÓn e e configuraciÓn ... · 1. introdución autofirma é unha...

13
SOPORTE TÉCNICO DE ESERVIZOS MANUAL DE INSTALACIÓN E CONFIGURACIÓN DE AUTOFIRMA PARA MAC OS X Guía instalación e configuración

Upload: others

Post on 22-Mar-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: S O Z I V MANUAL DE R E S INSTALACIÓN E E CONFIGURACIÓN ... · 1. Introdución AutoFirma é unha ferramenta de escritorio con interface gráfica que permite a execución de operacións

SOPO

RTE

TÉC

NIC

O D

E ES

ERVI

ZOS

MANUAL DE INSTALACIÓN

E CONFIGURACIÓN DEAUTOFIRMA PARA

MAC OS X

Guía instalación e configuración

Page 2: S O Z I V MANUAL DE R E S INSTALACIÓN E E CONFIGURACIÓN ... · 1. Introdución AutoFirma é unha ferramenta de escritorio con interface gráfica que permite a execución de operacións

ÍNDICE

1. Introdución.........................................................................................................................3

2. Instalación Autofirma..........................................................................................................4

2.1 Configuración Autofirma Root para Safari e Chrome..................................................8

2.2 Configuración Autofirma Root para Firefox...............................................................11

3. Desinstalación de Autofirma............................................................................................13

http://www.xunta.gal/eservizos Páxina 2 de 13

Page 3: S O Z I V MANUAL DE R E S INSTALACIÓN E E CONFIGURACIÓN ... · 1. Introdución AutoFirma é unha ferramenta de escritorio con interface gráfica que permite a execución de operacións

1. Introdución

AutoFirma é unha ferramenta de escritorio con interface gráfica que permite a execución de operacións de

sinatura de ficheiros locais en contornas de escritorio (soportado para Mac OS X 10.10 ou superior). Tamén

pode empregarse a través de consola ou ser invocada por outras aplicacións mediante protocolo para a

execución de operacións de sinatura.

AutoFirma fai uso das claves privadas asociadas aos certificados do usuario e non permite que estes saían

en ningún momento do almacén (tarxeta, dispositivo USB ou navegador) localizado no seu PC.

AutoFirma non almacena ningún tipo de información persoal do usuario, nin fai uso de cookies nin ningún

outro mecanismo para a xestión de datos de sesión. AutoFirma si almacena trazas da súa última execución

a efectos de ofrecer soporte ao usuario no caso de atopar algún erro. Estas trazas de execución non

conteñen ningún tipo de información persoal e a aplicación non facilita de ningunha forma o acceso a estes

datos almacenados.

O presente documento guía ó usuario final de Autofirma a través da instalación e configuración dos

diferentes permisos e certificados necesarios para o correcto funcionamento da sinatura.

http://www.xunta.gal/eservizos Páxina 3 de 13

Page 4: S O Z I V MANUAL DE R E S INSTALACIÓN E E CONFIGURACIÓN ... · 1. Introdución AutoFirma é unha ferramenta de escritorio con interface gráfica que permite a execución de operacións

2. Instalación Autofirma

A instalación de AutoFirma en OS X debe realizala un usuario con permisos de administrador. O arquivo de

instalación distribúese co nome “AutoFirma_X.E. Z. pkg”, onde X, E e Z (opcional) son os números da

versión. Por exemplo, “AutoFirma_1.6.pkg” correspondería a AutoFirma versión 1.6.

AutoFirma é compatible coas versións de OS X Yosemite, El Capitán, Sierra, High Sierra e Mojave. Os

navegadores compatibles son Apple Safari, Google Chrome e Mozilla Firefox.

Para a instalación da aplicación, débese facer dobre clic sobre o ficheiro. En ocasións, ó intentar instalar a

aplicación podémonos atopar cunha advertencia de seguridade a cal debemos aceptar.

Para permitir a instalación debemos acudir a “Preferencias del sistema – Seguridad” e premer no botón

“Abrir igualmente”. Dependendo a seguridade configurada no sistema operativo, pode solicitar a contrasinal

de Administrador do equipo.

http://www.xunta.gal/eservizos Páxina 4 de 13

Page 5: S O Z I V MANUAL DE R E S INSTALACIÓN E E CONFIGURACIÓN ... · 1. Introdución AutoFirma é unha ferramenta de escritorio con interface gráfica que permite a execución de operacións

Posteriormente, o sistema abrirá o asistente que se encargará de realizar os pasos para seguir a correcta

instalación da aplicación. Para iniciar o proceso de instalación, prememos no botón “Continuar”.

Unha vez lida a licenza do produto prémese no botón “Continuar” e acéptase a licenza premendo no botón

"Aceptar”.

http://www.xunta.gal/eservizos Páxina 5 de 13

Page 6: S O Z I V MANUAL DE R E S INSTALACIÓN E E CONFIGURACIÓN ... · 1. Introdución AutoFirma é unha ferramenta de escritorio con interface gráfica que permite a execución de operacións

A continuación pódese seleccionar a unidade de disco na que se debe instalar a aplicación. Para iso,

selecciónase o disco principal (sinalado cunha frecha de cor verde) e prémese no botón “Continuar”.

Na seguinte ventá, infórmase de canto espazo en disco ocupa a aplicación. Unha vez prememos o botón

“Instalar”, comézase a instalación do produto.

http://www.xunta.gal/eservizos Páxina 6 de 13

Page 7: S O Z I V MANUAL DE R E S INSTALACIÓN E E CONFIGURACIÓN ... · 1. Introdución AutoFirma é unha ferramenta de escritorio con interface gráfica que permite a execución de operacións

Para finalizar e instalar os certificados de confianza no almacén do sistema solicita o nome de usuario e

contrasinal dun usuario con permisos de administrador.

Notifícase a finalización da instalación.

http://www.xunta.gal/eservizos Páxina 7 de 13

Page 8: S O Z I V MANUAL DE R E S INSTALACIÓN E E CONFIGURACIÓN ... · 1. Introdución AutoFirma é unha ferramenta de escritorio con interface gráfica que permite a execución de operacións

2.1 Configuración Autofirma Root para Safari e Chrome

Unha vez finalizada a instalación, comprobaremos que o certificado Autofirma Root teña os permisos

precisos para realizar a sinatura da documentación.

1. Para iso accedemos ó cartafol “Aplicaciones” dentro de Finder, pulsamos co botón dereito enriba de

Autofirma e accedemos a “Mostrar Contenido del Paquete”:

2. A continuación, navegamos polos diferentes cartafois (“Contents – Resources - JAR”) ata atopar o

certificado “Autofirma_ROOT.cer”.

http://www.xunta.gal/eservizos Páxina 8 de 13

Page 9: S O Z I V MANUAL DE R E S INSTALACIÓN E E CONFIGURACIÓN ... · 1. Introdución AutoFirma é unha ferramenta de escritorio con interface gráfica que permite a execución de operacións

3. Una vez localizado, copiamos o certificado no escritorio (Importante: copiar, xa que si arrastramos

dita carpeta quedará sen un dos arquivos necesarios para a correcta execución da sinatura) e

procédese a importalo a través do chaveiro de MAC. Para iso, accedemos ó cartafol “Utilidades” a

través de “Aplicaciones” e prememos en “Acceso a Llaveros”:

http://www.xunta.gal/eservizos Páxina 9 de 13

Page 10: S O Z I V MANUAL DE R E S INSTALACIÓN E E CONFIGURACIÓN ... · 1. Introdución AutoFirma é unha ferramenta de escritorio con interface gráfica que permite a execución de operacións

4. Neste paso, escollemos a opción “Inicio de sesión” - “Certificados”. Onde comprobamos que o

certificado “AutoFirma ROOT” estea importado:

5. No caso que non apareza este certificado, prememos en “Archivo / Importar Items” escollendo o

arquivo copiado anteriormente no escritorio (Punto 3).

http://www.xunta.gal/eservizos Páxina 10 de 13

Page 11: S O Z I V MANUAL DE R E S INSTALACIÓN E E CONFIGURACIÓN ... · 1. Introdución AutoFirma é unha ferramenta de escritorio con interface gráfica que permite a execución de operacións

6. Ao finalizar o proceso, deberá constar o certificado dentro de “llaveros”.

No caso que non apareza o símbolo “+” en azul, será necesario realizar dobre click seleccionando

“Confiar /Confiar siempre”.

2.2 Configuración Autofirma Root para Firefox

A continuación detállanse os pasos a seguir para configurar o certificado Autofirma Root dentro do almacén

de certificados de Firefox:

1. Accedemos ó almacén de certificados a través da opción do menú “Preferencias / Privacidad e

Seguridad / Ver Certificados”.

http://www.xunta.gal/eservizos Páxina 11 de 13

Page 12: S O Z I V MANUAL DE R E S INSTALACIÓN E E CONFIGURACIÓN ... · 1. Introdución AutoFirma é unha ferramenta de escritorio con interface gráfica que permite a execución de operacións

2. Na pestana “Autoridades” comprobamos que apareza o certificado AutoFirma ROOT. No caso que

non apareza, prememos no botón “Importar...” e buscamos o certificado gardado con anterioridade

no escritorio (pasos realizados no anterior apartado durante os puntos 1, 2 e 3). Cando importamos

o certificado marcamos os recadros de Confiar.

http://www.xunta.gal/eservizos Páxina 12 de 13

Page 13: S O Z I V MANUAL DE R E S INSTALACIÓN E E CONFIGURACIÓN ... · 1. Introdución AutoFirma é unha ferramenta de escritorio con interface gráfica que permite a execución de operacións

3. Desinstalación de Autofirma

Para desinstalar a aplicación soamente é necesario eliminar o cartafol que se xerou dentro do directorio

“Aplicaciones”. Para iso prememos enriba da aplicación co botón dereito e seleccionamos a opción

“Trasladar a la papelera”.

http://www.xunta.gal/eservizos Páxina 13 de 13