rrr educación primaria (2)

36
R R R t i u l i e z a i c e u c d i c e l a fichas de traballo Educación Primaria-2

Upload: candeadosalnes

Post on 13-Feb-2017

108 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

RR

R tiu

lie

za

ic

e

u

c

d

ice

la

fichasde

traballo

Educación Primaria-2

Os ENVASES son recipientes de materiais diversos que se adquiren

xunto cos produtos que conteñen. Os máis comúns son os de papel e car-

tón, plástico, vidro e metais.

Constitúen o 30% do peso e o 60% do volume do lixo.

Dun 10 a un 20% dos cartos que pagamos na compra serve para pagar os

envoltorios que irán directamente ó lixo.

PROCESO DE RECICLAXE Antes de inciciar o proceso de reciclaxe hai que facer a separación dos dife-rentes tipos de envases. O papel e cartón e o vidro xa van a uns contedores específicos. Os plásticos, metais e briks sepáranse nas plantas de clasifica-ción e cada un deles segue un proceso de reciclaxe diferente.

PLÁSTICOS METAIS BRIKS

Triturado

Limpeza

Fusión

Novos obxectos

Separación por tipos (ferro, aluminio...)

Fusión

Novos obxectos

Triturado

Separación dos com-poñentes.

Reutilización en dis-tintos productos.

Desde o 1 de maio do 1998 todo envasador ou distribuidor que comercialice un produto enva-sado no Estado Español ten que pagar para fi-nanciar a recollida de ese envase. Os envasado-res que cumplen esa obriga poden identificar o seu envase co símbolo punto verde.

Busca nas láminas, en revistas, folletos.... imaxes de distintos produtos que botarías no contedor de envases.

Recórtaas e fai unha clasificación tendo en conta o tipo de material: plásticos, metais, briks...

Apégaas e ponlle o nome.

ESTUDO DOS RESÍDUOS: ENVASES 1

NOME ORIXE IDEA PARA REDUCILO IDEA PARA REUTILIZALO

ESTUDO DOS RESÍDUOS: ENVASES 2

Anota durante unha semana os envases que van ó lixo na túa casa e comple-ta a táboa.

MATERIAL DO ENVASE

TIPO DE ENVASE

PRODUTO QUE CONTIÑA

OBSERVACIÓNS

LU

NS

MA

RT

ES

MÉR

CO

RES

XO

VES

VEN

RES

BA

DO

DO

MIN

GO

O vidro fabrícase a partir da fusión, a 1.500 ºC, dunha mestura de area,

sosa, caliza e outros compoñentes, segundo o tipo de vidro.

Pode ser reutilizado e reciclado (ata 50 veces).

Os envases alimentarios recíclanse para facer novos envases.

Os demais vidros conteñen substancias que os inutilizan para facer envases,

pero pódense reciclar para outros usos.

PROCESO DE RECICLAXE Selección dos materiais. Deben ser so

envases de alimentos (botellas, tarros), sen

tapas e limpos. Calquera elemento extrano pode

botar a perder unha gran cantidade de material

aproveitable.

Depósito nos contedores específicos (iglús).

Recollida dos contedores e transporte á

planta de tratamento.

Limpeza, triturado, e mestura coas outras

materias primas.

Fusión a 1500 ºC

Moldeo

Templado

Control de calidade Envasado e comercialización.

Por cada tonelada de vidro reciclado

afórranse 1.200 kg de materias primas, 130

kg de fuel, e redúcese o volume do lixo, cos

seus custos derivados.

Busca nas láminas, en revistas, folletos....

imaxes de distintos obxectos que botarías no

contedor de vidro. Apégaas e ponlle o nome

ESTUDO DOS RESÍDUOS: VIDRO

NOME ORIXE IDEA PARA REDUCILO IDEA PARA REUTILIZALO

Fai unha lista de obxectos de vidro que se poden botar no contedor verde

(iglú) para reciclar e os que non.

OBXECTOS QUE SE BOTAN

NO CONTEDOR

OBXECTOS QUE NON SE BOTAN

NO CONTEDOR

CICLO DE VIDA DO VIDRO

Apega as imaxes representativas de cada fase do ciclo do vidro e explica o que representan

O PAPEL é un material liso e flexible feito con febras de celulosa com-

pactadas. A celulosa obtense xeralmentedas árbores. Tritúrase a madei-

ra, “cócese” para deixar libre a celulosa e engádenselle blanquedores.

Tamén se pode facer papel con palla, trapos, bambú...

É un dos materiais máis comúns do lixo (case un cuarto do total)

PROCESO DE RECICLAXE: Seleccionase na casa. Só se debe botar papel e

cartón limpo, pregado e sen enrolar.

Deposítase en contedores especiais (de cor azul)

Trasládase á planta clasificadora onde se separa por calidades ou tipos (branco, periódicos, revis-tas, cartóns) e se retiran as impurezas (plásti-cos, cordas, metais...)

Tritúrase, amolécese e engádenselle produtos para favorecer a separación das febras de celu-losa.

Depúrase e destíntase.

Espésase, lamínase e sécase.

Cada Tm de papel que se recicla salva 24 árbores, aforra 24.000 litros de auga e 4.100 kw de corren-te eléctrica (o que consume unha vivenda de tipo medio nun ano). Reduce a contaminación atmos-férica nun 74% e a das augas nun 35%. O reciclado de papel reduce o consumo de ma-deira co que se mellora a protección dos bosques.

Busca nas láminas, en revistas, folletos.... imaxes

de distintos produtos que botarías no contedor de

papel e cartón.

Recórtaas e fai unha clasificación tendo en conta o

tipo de material: embalaxes, envoltorios, material

de lectura, material escolar, publicidade...

Apégaas e ponlle o nome.

ESTUDO DOS RESÍDUOS: PAPEL E CARTÓN

NOME ORIXE IDEA PARA REDUCILO IDEA PARA

REUTILIZALO

A RECICLAXE DO PAPEL

Apega as imaxes representativas de cada fase do proceso e explica o que representan

A RECICLAXE DOS ENVASES METÁLICOS

Apega as imaxes representativas de cada fase do proceso e explica o que representan

A RECICLAXE DOS PLÁSTICOS Apega as imaxes representativas de cada fase do proceso e explica o que representan

As PILAS son aparellos que conteñen produtos químicos que ó reaccionar

producen corrente eléctrica. Algúns destas substancias (mercurio, cadmio,

chumbo...) son moi tóxicas e o seu verquido á natureza pode ocasinar graves

danos. As pilas nunca deberían rematar nun vertedoiro.

PROCESO DE RECICLADO:

Recóllense en contedores específicos.

Trasládanse a unha planta de tratamen-

to

Selecciónanse

Tritúranse

Trátanse con productos químicos para

deixalas inactivas.

Como resultado obtense:

Chatarra férrica (reutilizable),

Vapores amoniacais (dos que se

saca sulfato amónico que se po-

de usar como fertilizante),

Unha masa inertizada que se tras-

lada a depósitos de seguridade.

Unha sola pila de botón po-de contaminar máis de me-dio millón de litros de auga.

Unha pila precisa 50 veces máis enerxía para a súa fa-bricación que a que ela mes-ma producirá.

Busca nas láminas, en revistas, folletos.... imaxes

de distintos tipos de pilas e apégaas.

AMPLÍA INFORMACIÓN SOBRE AS PILAS:

Tipos de pilas

Efectos sobre o medio ambiente

Maneiras de reducir o seu uso

Une cada produto do centro co contedor onde crees que se debería botar. Pinta cada contedor coa súa cor.

envases

Observa as ilustracións. Indica se son accións positivas ou negativas e fai un comentario.

Recorta unha imaxe ou noticia que indique unha conduta negativa relacionada cos resíduos, apégaa no recadro e fai un comentario.

Recorta unha imaxe ou noticia que indique unha conduta positiva relacionada cos resíduos, apégaa no recadro e fai un comentario.

Debuxa nos recadros esceas que representen condutas relacionadas cos resíduos: como separalos, a onde levalos, como depositalos, onde non se deben deixar... Escribe un pequeno comentario persoal.

O QUE SE DEBE FACER COS RESÍDUOS

O QUE NON SE DEBE FACER

Recorta imaxes da lámina nº 3 e sitúaas nos recadros. Escribe debaixo delas a túa opinión.

CONDUTAS PREXUDICIAIS PARA Ó MEDIO AMBIENTE

CONDUTAS POSITIVAS CARA Ó MEDIO AMBIENTE

FOTO

FOTO

FOTO

FOTO

Busca ou fai unha foto que indique unha conduta negativa relacionada cos resíduos ou co medio am-biente. Apégaa no recadro e fai un comentario

Busca ou fai unha foto que indique unha conducta positiva relacionada cos resíduos ou co medio am-biente. Apégaa no recadro e fai un comentario

EXPERIENCIA: estudo da descomposición de diferentes materiais do lixo

OBXECTIVOS:

Observar as transformacións que sofren os dis-tintos materiais do lixo.

Estudar o ciclo natural de descomposición dos materiais no solo.

MATERIAL: Xardineira, maceta, caixón... grandes

Obxectos variados do lixo: recipientes de papel ou cartón, plástico, metal, tecidos, restos de froita, plantas, madeiras...

Botes de vidro

PROCEDEMENTO: 1)

Recoller diversos materiais do lixo, procurando que sexan variados: plásticos, materia orgáni-ca, recipientes de metais, papeis, tecidos.... Facer unha ficha indicando as características de cada un: cor, textura, cheiro, aspecto...

Preparar unha maceta grande, caixón, xardi-neira... con terra

Enterrar os diferentes materiais

Desenterralos despois dun mes e observar os cambios. Completar a ficha indicando as carac-terísticas de cada material e intentar explicar os cambios que se produciron neles.

Pódese seguir coa experiencia durante varios me-ses ou facer un estudo comparativo en distintos recipientes con distintas condicións: humidade, luz, tipo de terra, presenza de miñocas...

2) Facer unha experiencia semellante encerrando os materiais hermeticamente en botes de vidro. Fa-cer un rexistro dos cambios cada semana.

MATERIAL CARACTERÍSTICAS

INICIAIS DESPOIS DE 1 MES 2 MESES ...

IDEAS PARA REALIZAR OBXECTOS CON MATERIAL DE REFUGO

BRIKS

barcos

coche

tren

macetas para plantas

BOTELLAS

bolos

bonecas

depuradora de auga xogo de pelota

acuarrio

recipientes para pintar, para lápices...

coche

CAIXAS DE PLÁSTICO

acuario, terrario

BOTES

VASOS

sementeiro

móbiles

flores

maracas

CAIXAS DE CARTÓN

edificios

tragabolas

Pon a funcionar a túa imaxinación As latas ou botes de vidro pódense usar para gardar ou clasificar obxectos

As caixas pódense usar para facer maquetas, xogos, construccións ...

Con bolsas de plástico e restos de papeis podes facer cometas, disfraces ...

Con pezas e mecanismos de xoguetes e aparellos vellos pódense deseñar outros aparellos.

Con restos de tecidos e la podes facer bonecas, títeres, fundas, cadros, bolsos ...

Con madeiras de embalaxes podes construir vehículos, xoguetes, máquinas ...

Con pasta de papel usado podes facer máscaras, cabezudos ...

Con todo tipo de materiais pódense facer esculturas, collages, murais ...

Deseña e realiza novos obxectos e usos a partir de material do lixo. Podes aproveitar algunha

das suxerencias ou descubrir outras.

Caixa de cartón

Caixa de ovos

Bandexa de

poliespán

Tubo de papel

hixiénico

Bolsa de plástico

1

2

3

RECICLAXE DE ENVASES METÁLICOS

RECICLAXE DE PLÁSTICOS

RECICLAXE-VIDRO

RECICLAXE PAPEL

Setembro 2000