revolucións políticas liberais

13

Click here to load reader

Upload: humberto-martinez

Post on 11-Jul-2015

930 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Revolucións políticas liberais

A crise do Antigo Réxime e as revolucións políticas liberais

Características do Antigo Réximes. XVIII

Unha economía de base agraria, pouco produtiva e de subsistencia.● A maioría da poboación era

campesiña, pero non eran propietarios

● Diferenciación entre o dereito de uso e o dereito de propiedade

● A aristocracia eo clero eran rendistas e beneficiados polo sistema

Unha sociedade señorial de tipo estamental● Dous estamentos privilexiados:

nobreza e clero:

Exención fiscalXulgados especiaisMonopolio de cargos na CorteDereitos feudais e señoriais

● Un non privilexiado que sostiñan o sistema: Terceiro Estado

Grupo socialmente moi heteroxéneo: campesiñado, artesáns, comerciantes, alta burguesía

Monarquía absoluta

Poder por gracia diviña

Concentración de poderes: executivo, lexislativo, xudicial, militar

A Ilustración critica e atacaO Antigo Réxime

Liberdade de produción

Igualdade civil

Contractualismo

Page 2: Revolucións políticas liberais

A Ilustración

Definición Movemento de tipo filosófico e científico, propio do s. XVIII, que critica o Antigo Réxime e defende un novo modelo de sociedade baseado na razón e no progreso das artes e as ciencias.

● Defensa na explicación racional fronte á superstición e o dogma da relixión.

● O avance científico baseado no racionalismo conducirá ao progreso do ser humano e ao descubrimento das leis da natureza.

● Amor pola Natureza. Obxecto de estudo

● Ese análise racional tamén se leva a o terreno socio-político: crítica á sociedade estamental, crítica á monarquía absoluta, crítica ás trabas que limitan a liberdade de produción

● A fe no progreso conducirá á felicidade dos pobos.

Características

Precedentes de explicación racional do poder do Estado:Hobbes : Xustifica o absolutismo para evitar o caos e a desorde. “O home é un lobo para o home”Locke: O poder do Estado procede dun pacto entre a cidadanía e os gobernantes para preservar os dereitos individuais entre os que está o da propiedade privada. Igualdade xurídica.

Pensadores ilustrados:Montesquieu: Busca leis universais por riba dos condicionantes de cada país, defende a monarquía constitucional e a separación de poderesRosseau: Introduce o concepto de soberanía popular ao falar de que a sociedade debe reflectir a vontade xeral como a suma das vontades individuais. Contractualismo. O pobo é soberano.Adam Smith: Defende a liberdade de produción e de mercado. O valor das mercadorías procede do traballo. Ataca aos rendistas.Voltaire: divulgador das ideas de liberdade política, modernidade e tolerancia

Page 3: Revolucións políticas liberais

Conceptos básicos do liberalismo

Liberalismo DefiniciónIdeoloxía política que defende as liberdades individuais, a igualdade civil e xurídica da cidadanía e a propiedade privada. O Estado debe salvagardar os dereitos individuais e a seguridade da integridade e a propiedade.

● Soberanía Nacional● Separación de poderes: Executivo, lexislativo e xudicial● A Constitución regula os poderes do Estado e a súa relación coa

ciddadanía.Estado de Dereito: O imperio da lei● O poder lexislativo é o depositario da soberanía nacional:

Unicameral ou bicameral● Os representantes políticos deben ser elixidos

Ideoloxía burguesa

Liberalismo doutrinario

Liberalismo democrático

Sufraxio censatario

Sufraxio Universal

Cren

Sistema de goberno ● Monarquía constitucional:Soberanía: Rei+ Parlamento● Monarquía parlamentaria :Rei figura simbólica● República presidencialista: Presidente executivo● República parlamentaria: Presidente, cargo de honra.

Organización territorial do Estado Estado unitario e centralista. Estado- NaciónEstado federal: Plurinacional

Page 4: Revolucións políticas liberais

Variantes políticas no s.XVIII

Despotismo Ilustrado Monarquías absolutas influídas polas ideas de progreso da Ilustración.

Modernizar o país Exército, fomentar a manufactura nacional, obras públicas, loitar contra o analfabetismo, impulsar o sector primario, reformas da Administración.

Sen mudar as estruturas sociais e políticas:“Todo para o pobo , pero sen o pobo”.

Monarquía parlamentaria británica A monarquía ten que aceptar o control do Parlamento. Pacto entre ambos

Comparte soberanía co Parlamento BicameralLores: aristocracia

Comúns: representativa da sociedade

Reformas

República Federal de USA Presidente elixido cada catro anos

Congreso + SenadoTrece Estados Respecto pola Constitución

Page 5: Revolucións políticas liberais

A revolución americana

Causas Gran Bretaña pretende compensar os gastos da Guerra dos Sete anos con Francia a costa de subir taxas nas colonias: Stamp act (1765).

Sentimento agraviado nos colonos americanos. Non participan dos asuntos políticos. Motín do té (1773)

Influencia das ideas ilustradas: John Locke. Tiranicidio

Proceso

Declaración de Virxinia (1776). Dereito dun pobo a elixir aos seus gobernantes. Función do Estado: salvagardar os dereitos individuais dos cidadáns.

Guerra da Independencia (1775-83). Rebeldes apoiados por Francia e España

Resultado En 1787 : Constitución liberal democráticaForma de goberno: República presidencialista. Presidente elixido cada catro anos.Separación de poderes: Lexislativo: Congreso+ Senado. Executivo: Presidente de USA. Xudicial: Tribunais de Xustiza.Forma de organización territorial: Federal. Cada Estado ten competencias propias

Sociedade polarizada entre o norte, industrial e o sur agrícola escravista

Page 6: Revolucións políticas liberais

A revolución francesa (I)

Causas Situación de crise de subsistencias por malas colleitas. Carestía da vida agravada pola acaparación de gran dos estamentos privilexiados

Déficit crónico da Facenda real. Só poderá solventarse cunha reforma fiscal que acabe cos privilexios da nobreza e clero

A influencia das ideas da Ilustración e os desexos da burguesía de acadar o poder para defender mellor os seus intereses

Un monarca pouco resolutivo e unha corte despilfarradora

Revolta dos privilexiados Rexeitan a reforma fiscal proposta polos sucesivos ministros de Facenda: Brienne, Calonne, Necker: Os privilexiados deberían pagar.

Convocatoria dos Estados Xerais Luís XVI convoca esta cámara estamental para debater a reforma fiscal

Reunións por estamentos, separados

Votacións por estamento non por cabeza

Cadernos de queixas ao rei:3º Estado quere o final dos privilexios

Os deputados do 3º Estado piden reunión conxunta e voto por cabeza.Convidan aos deputados das outras ordes a formar unha Asamblea Nacional.

1789

Page 7: Revolucións políticas liberais

Revolución francesa (II)

Asamblea Nacional Obxectivo: darlle a Francia unha Constitución

Revolta pacífica e legal da burguesía

Toma da Bastilla

+La Grande Peur

A revolución pasa á rúa.Asalto ao cárcere, símbolo do absolutismo. O pobo en armas.No campo queima de listas feudais e destrución de castelos

Fin do A. Réxime Presión sobre a Asamblea Nacional

4 de agosto: Supresión dos dereitos feudais e xustizas señoriais26 de agosto: Declaración dos dereitos do Home e do Cidadán

Para calmar os ánimos

26 de novembro: Nacionalización dos bens do cleroSalvar a Facenda pola vía da venda dos bens do clero

Constitución de 1791 ● Monarquía constitucional● Soberanía Nacional● División de poderes● O monarca ten dereito de veto● Sufraxio censatario

1789

Page 8: Revolucións políticas liberais

Revolución francesa (III)

Asamblea lexislativa (1791-1792)

Composición da cámara

745 deputados. Monárquicos constitucionais

XirondinosXacobinosCordeliers

● Moderados. Sufraxio censatario● Descentralizadores● Exportar a revolución● Apoiados pola burguesía media

● Republicanos demócratas● Centralistas● Reforzar a revolución no interior● Apoiados polos sectores

populares

Deputados da dereita. Maioría na cámaraApoiados pola nobreza liberal e a alta burguesía

● Usa o dereito de veto para bloquear as reformas● Considérase prisioneiro da revolución. Vese obrigado a xurar a Constitución● Intriga coas potencias absolutistas para recuperar o absolutismo● Tenta escapar. Foi descuberto en Varennes. Prisioneiro.

Luís XVI

Contexto no país

● Guerra exterior contra as potencias absolutistas. ● Clero francés dividido en refractarios e xuramentados.● Carestía, caos. O pobo radicalizado asalta as Tullerías

● Medidas liberalizadoras na economía● Lei Chapelier: Prohibe o asociacionismo obreiro● Descentraliación administrativa

Page 9: Revolucións políticas liberais

Revolución francesa (IV)

I República francesa. (1792-1804)

Etapas

Convención xirondina (1792-1793)

Convención xacobina (1793-1794)

Convención Thermidoriana (1794- 1799)

Consulado (1799-1804)

● Xuízo ao rei. Execución da familia real● Guerra Civil na rexión de La Vandee. Acción dos curas refractarios● Guerra exterior contra as potencias absolutistas● Carestía. Milicia Nacional. Creazón dos Comités de Saúde Pública

A Convención asume os poderes do Estado.

● Etapa de terror revolucionario. Dictadura de Robespierre● Redacción dunha nova Constitución:sufraxio universal● Decreto de prezos máximos e salarios● Leva en masa. Exército revolucionario. Primeiros éxitos● Novo calendario revolucionario● Laicización do Estado. Instrucción pública. Supresión da

escravitude

● Reacción da burguesía moderada: Constitución de 1795. Réxime do Directorio. Sufraxio censatario. Cámara dos 500 e dos Anciáns.

● Éxitos militares no exterior● Recurso constante ao exército para garantir a orde interior● Enfróntase aos contrarrevolucionarios e aos xacobinos.

● Napoléon dá un golpe de Estado. Imaxe de pacificador● Constitución do ano VIII.Sufraxio universal. Ficción democrática.● Código Civil: Híbrido revolucionario e conservador

Page 10: Revolucións políticas liberais

Revolución francesa (V).O Imperio napoleónico (1804-1815)

1804 Napoleón autoproclámase emperador.

Constitución do ano XII: “O goberno da República confíase a un Emperador que toma o título de emperador dos franceses”

Éxitos militares exteriores, estabilidade social, reorganización das finanzas, paz interior, reforma educativa, reforma fiscal

1804- 1807 ● Conquistas no exterior que amplian as fronteiras de Francia polos Países Baixos, parte occidental de Alemania, Norte de Italia.

● Napoléon é o amo de Europa. Divide os territorios en estados vasalos, nos que sitúa familiares, e estados aliados.

● O seu gran inimigo, animador de 7 coalicións militares, foi Gran Bretaña, pero non por motivos ideolóxicos senón pola pugna polo dominio económico de Europa e do comercio colonial.

Os erros de Napoleón Obsesionarse coa destrución de Gran Bretaña. Fracasa no seu intento de invadila. Erro do bloqueo continental

Portugal non secunda o bloqueo (1807). Invade a P. Ibérica. Fracasa contra unha guerra de guerrillas nunha loita de liberación nacional.

O Vaticano tampouco secunda o bloqueo. A súa ocupación enfada aos católicos franceses.

En 1812 decide atacar a Rusia. Fracaso polo inverno ruso

6ª coalición derrota a Napoleón en Leipzig (1813). Abdica. Imp 100 días, Waterloo (1815) derrota final.

Page 11: Revolucións políticas liberais

A Restauración absolutista

Principios que deben presidir as relacións políticas en Europa:● Volta ao A. Réxime e o absolutismo. Unión trono-altar.● Lexitimismo: devolver os tronos ás casas reais lexitimadas pola historia● Equilibrio internacional: novo mapa europeo. Política de congresos.● Intervencionismo cando sexa preciso para acabar cun brote revolucionario

Congreso de Viena de 1815. Potencias vencedoras sobre Napoléon.

Novo mapa de Europa

● Francia queda reducida ás fronteiras naturais. Rodeada de Estados- Tapón.Saboia e Niza pasan ao Piamonte.

● Non se atenderon as aspiracións nacionais. Prima a conservación de imperios plurilingües: Austria, Rusia e Turquía.

● Bélxica queda unida a Holanda. ● Espazos moi fragmentados: Italia, con forte presencia

austríaca, e Alemania.● Rusia amplia o seu territorio a costa de Finlandia, Polonia e

a Besarabia

Tratado de Santa Alianza Asinado entre os emperadores de Prusia, Austria e Rusia. Ton providencialista.

Colaboración militar para acabar cos brotes revolucionarios. Ex: Intervención en 1823, en España, para acabar co réxime de Riego.

Gran Bretaña dona dos mares. Non ten interese territorial en Europa

Page 12: Revolucións políticas liberais

As revolucións liberais(I)

A revolución dos anos 20 España, Nápoles, Grecia,Portugal, Piamonte e Rusia

● Oleada en contra da restauración do absolutismo. No caso español mestúrase con proceso de independencia das colonias americanas e o déficit do Estado.

● Piden a instauración dun réxime constitucional (Constitución de Cádiz de 1812)● O Trienio Liberal foi esnaquizado pola intervención de tropas francesas en 1823.● En Grecia foi unha revolución con tintes de liberación nacional fronte a Turquía que atopou o

apoio interesado de Gran Bretaña, Rusia e Francia. Triunfa en 1830.

A revolución de 1830 Francia, Bélxica, Estados de Italia e Alemania, España, Portugal, Polonia

● Comezan a mesturarse as proclamas de tipo liberal con demandas de tipo nacionalista alí onde exista un problema de definición territorial.

● Iníciase en Francia: Acaban coa monarquía absolutista de Carlos X e aparece o réxime constitucional de Luís Felipe de Orleáns. Triunfo do liberalismo doutrinario. Sufraxio censatario. Dominio da gran banca.

● Triunfa en Bélxica onde se produce a independización deste país respecto de Holanda. Monarquía constitucional.

● Forte represión das forzas absolutistas rusas e austríacas no centro de Europa e Italia.● En España: problema sucesorio: guerra carlista. Rexencia apoiada nas forzas liberais.

Page 13: Revolucións políticas liberais

Revolucións liberais (II)

A revolución de 1848 Francia, Estados italianos e alemáns, Imperio austríaco

Causas● Dificultades económicas derivadas dunha crise financieira sumadas a unha crise

de subsistencias por un período de malas colleitas da pataca e cereais.● Aumento do protagonismo da clase obreira que pide sufraxio universal e unha

maior participación política nun sistema dominado pola alta burguesía.● Descrédito do sistema político burgués e influenza das ideas socialistas.● Forte corrente nacionalista que desacredita o mapa de 1815

Francia ● Derrócase a Luís Felipe de Orleáns nunhas xornadas de alianza entre manifestantes e o exército. Proclámase a II República

● Un goberno provisional toma medidas de carácter socializante para acabar co paro: Talleres nacionais, ideas cooperativistas.Sufraxio universal, abolición da pena de morte.

● O medo a unha radicalización do proceso derivou nun refluxo conservador que acabará na creazón do II Imperio con Luís Napoléon

Resto de Europa

● Austria e Prusia encargaríanse de anular as reivindicacións de tipo liberal e nacionalista nos territorios ocupados por estes países e no seu propio territorio. Con todo Austria creará un sistema de monarquía constitucional. Os desexos de unificación italiana e alemana terán que esperar ata a década dos 60.

Fin do Antigo Réxime, salvo Rusia.