revista xenetica fontao numero 1 galego · plastilina gz, filla de vértigo e neta de chamoso. nese...
TRANSCRIPT
XENÉTICA FONTAO
Nº1 Xullo 2008
SIX ENTRA NO TOP 100 DE ITALIAO semental de Fontao, en plena forma a punto de cumprir 11 anos
SAT CAVADAS, XENÉTICA A MEDIDA
CALIFICADORES DE CONAFE VISITAN FONTAO
DUVAL: TODA A EXCELENCIA DA FAMILIA PALA
DANCER: GRAN MELLORANTEDE MORFOLOXÍA
EDITORIAL
XENÉTICA FONTAO XULLO 2008 3
A XEITO DE PRESENTACIÓNXenética Fontao quere abrir con esta revista unha nova canle
de comunicación cos gandeiros de Galicia, os principais desti-
natarios do noso labor. A través de catro números anuais, pre-
tendemos facer partícipes aos criadores das principais novas do
centro, sempre co obxectivo de achegarlles instrumentos que
melloren os seus rendementos.
A mellora xenética en Galicia é xa unha moza garrida. 17 anos
pasaron desde a presentación do Plan Integral de Mellora
Xenética, que inaugurou un camiño que na actualidade per-
corre o Programa de Mellora Gandeira de Galicia. En todo este
tempo, Xenética Fontao consolidouse como un piar básico na in-
corporación de xenética de calidade á cabana gandeira da nosa
comunidade autónoma. Creada en 1998, está financiada a tres
bandas, pola Xunta de Galicia a través do Fondo Galego de Ga-
rantía Agraria (FOGGA) e os colectivos de gandeiros Federación
Frisona Galega (FEFRIGA) e Asociación Nacional de Criadores
de Gando Vacún Selecto da Raza Rubia Galega (ACRUGA).
As granxas galegas acceden na actualidade ás principais liñas
xenéticas do mundo, como corresponde a un sector cada vez
máis globalizado e aberto ás novidades. Pero, por outra ban-
da, o progreso da mellora xenética faise con miras postas no
desenvolvemento de familias propias, plenamente adaptadas
ás explotacións nas que son criadas as reses. Neste camiño,
coller o mellor de todo o mundo e adaptalo ás nosas propias cir-
cunstancias, Xenética Fontao tivo e ten moito que dicir.
Traballamos en plena conexión co sector e dun xeito bidirec-
cional, espallando boa xenética, pero tamén descubrindo de-
cote novos sementais e captando das propias granxas os touros
do futuro. Neste camiño que percorremos xuntos, man a man
cos gandeiros, esta revista pretende ser unha aportación máis.
Esperamos que vos resulte de utilidade.
EDITORIAL/ÍNDICE
ÍNDICE
NOVAS………..……………………………….4
CENTRO I.A……………….........……..…6
CALIFICACIÓN..............................8
MELLORA XENÉTICA…………........10
TOUROS PROBADOS…………….…..12
SUPERPEDIGREES……………....…..14
XENÉTICA FONTAO
EDITA:
XENÉTICA FONTAO S.A.
Fontao, Esperante. Aptdo. 12827080. Lugo
Tfno: +34 982.284.391Fax: +34 982.284.626E-mail: [email protected]: www.xeneticafontao.com
PRODUCE:
Transmedia Comunicación & PrensaPazo de Feiras e Congresos, s/n27004. Lugo
Tfnos: 982.221.278, 610.215.366, 636.952.893E-mail: [email protected]: www.transmedia.es
Tirada :
6.000 exemplares
DEPÓSITO LEGAL:
LU 173-2008
XENÉTICA FONTAO XULLO 20084 NOVAS
A VACA ADULTA MÁIS PRODUTORA DE GALICIA, FILLA DUN TOURO DE XENÉTICA FONTAO
García Constelation Roca, da
SAT Herbón Núñez de Baralla
(Lugo), proclamouse vaca máis
produtora de Galicia do ano 2007. Esta
vaca, filla dun semental de Xenética
Fontao, produciu 20.128 quilos en
lactación a 305 días no seu quinto parto.
Roca produciu unha media de 55,88
quilos por día, cunha produción vitalicia
de 100.864 quilos de leite en cinco partos.
Esta vaca foi a primeira en superar os
20.000 quilos de leite en Galicia, récord
que xa acadara na súa 4ª lactación.
García Constelation Roca está
cualificada MB-85, con sistema mamario
BB.
Roca é filla dunha vaca en rexistro
auxiliar A e foi criada na propia gandería.
Unha das súas fillas, García Camarón,
está no posto 4º desta mesma categoría,
cunha produción de 18.359 quilos en
segundo parto. A outra filla, García
Six Sixta, está a facer a súa primeira
lactación.
A XENÉTICA DE FONTAO TRIUNFA NOS CONCURSOS DA RAZA FRISONA
SIX, ÚNICO TOURO ESPAÑOL NO TOP 100 PFT DE ITALIA
Sandamil Ransses MeiraPerrelos Amada Botafogo
Animais resultado da boa xenética
de Fontao acadaron importantes
premios en concursos da raza
frisona celebrados nos últimos meses na
provincia de Lugo.
Así, no certame de Chantada do 2007
a xata campiona foi Callobro Vértigo
Plastilina GZ, filla de Vértigo e neta de
Chamoso. Nese mesmo concurso, o título
de vaca nova campiona foi para Outeiro
Darter Mandela, unha MB-86 filla de
Darter.
Na Moexmu deste ano, celebrada en
abril en Muimenta (Cospeito), Sandamil
O semental de Xenética Fontao Edgemont Wade 2365 Six ET ten xa testaxe de
fillas en Italia. Os bos resultados da proba permitírono ingresar no 6º posto
do Top 100 PFT dese país como mellor touro para ubre. É ademais o único
semental español que forma parte da clasificación do país alpino.
As probas fixéronse con 94 fillas de 53 establos (fiabilidade do 84%), obténdose os
seguintes índices:
Leite: 757 qg. Tipo: +1,34 Lonx: 104
Graxa: +0,22%, +51 qg. Ubre: +2,58 RCS: 104
Proteína: -0,05%, +20 qg. Patas: +0,17
Edgemont Wade 2365 Six ET
A puntuación PFT foi de 1.389, o que sitúa a Six no número 96 do Top 100 PFT.
Six é un touro moi completo, con ICO 2.029, transmisor de leite con calidade e tipo
consistente. Del destacan tamén os baixos recontos celulares e alta lonxevidade.
Os bos resultados de ubre en Italia confirman o que xa se sabía en España, que é un
touro sensacional neste aspecto, con ICU +2,20, ubres pouco profundos, insercións
posteriores altas e anchas e un forte
ligamento suspensor medio.
Six, que proximamente cumprirá os 11
anos de idade, é na actualide o número
1 dos touros de máxima fiabilidade de
España (99%), con case 2.000 fillas na
súa proba (en máis de 1.000 establos)
dun total de máis de 5.000 descendentes
rexistradas por CONAFE.
Ransses Meira alzouse cos títulos de
xovenca campiona e gran campiona de
xovencas. A xata campiona foi Perrelos
Amada Botafogo, filla de Botafogo.
Outra xata exposta por Xenética Fontao,
Callobro Vértigo Plastilina GZ, quedou
primeira de sección.
O I Concurso de Novos Criadores San
Isidro Labrador de Sarria, en maio,
deulle o título de xovenca gran campiona
a Pozosaa Mina Louro, filla de Louro.
XENÉTICA FONTAO XULLO 2008 5NOVAS
A ROLDA DE CALIFICIÓNS DE PRIMAVERA SINALA VALORES EMERXENTES DE XENÉTICA FONTAO
VACA: SABIOLA CUBEIRO PEREIRA
En vacas, o animal mellor situado
foi Sabiola Cubeiro Pereira,
calificada EX-90 o pasado 14
de abril. Esta vaca atópase na gandería
Unai Celeiro de Láncara e cumpre na
actualidade a súa cuarta lactación.
Sabiola é filla dun dos veteranos de
Xenética Fontao, o touro Cubeiro, fillo
do semental americano Ked Juror ET e
da vaca alemana Pía. Cubeiro chegou
importado de Alemaña e estivo en Fontao
TOURO NOVO: BOS TOYSTORY AUSTRAL ET
máis de 10 anos, ata o 2006, deixando un
total de 4.980 fillas rexistradas.
As tres lactacións finalizadas de Sabiola,
a 305 días, arroxan as respectables
cifras de 11.108, 15.092 e 12.894 quilos,
respectivamente. A cuarta lactación,
actualmente en curso, rexistraba xa máis
de 10.000 quilos aos 185 días.
A vaca destaca ademais pola
continuidade e regularidade das súas
preñeces, con partos que tiveron lugar
en decembro do 2004 e novembro do
2005, 2006 e 2007.
Austral obtivo unha calificación
de MB-85 o pasado 21 de maio,
a catro días de cumprir os 14
meses de idade. O semental forma parte
da primeira tanda de touros en proba de
Xenética Fontao deste ano, rexistrando
unha enorme demanda de doses.
Este animal, un dos pedigrees máis
atractivos do 2008, naceu na gandería
Paca CB de Pacios, Baralla, dunha
importación de embrións de Estados
Unidos. É, por tanto, un espoñente máis
do Programa de Mellora Gandeira, que
levan a cabo a UDE de Bos e Fontao.
Bos Toystory Austral ET destaca
polo harmónico desenvolvemento que
presenta, con moi boa estrutura e
capacidade e un tremendo carácter
leiteiro. Trátase ademais dun touro moi
fino, herdeiro do mellor da xenética
estadounidense.
O pai de Austral é Jenny Lou Marshall
Toystory ET, un touro americano que
figura entre os grandes sementais do
momento. A nai de Austral é Luck-E
Blitz Australia MB-87 2a USA, en cuxa
liña destacan sementais tan recoñecidos
coma Skychief ou Starbuck, auténticos
reis da raza.
Austral ten outro irmán completo en
Xenética Fontao, Tonchu, procedente
tamén de Paca CB, e unha irmá completa,
Bos Toystory Australia, que se atopa na
finca da UDE de Bos. Estes tres animais
son os únicos descendentes da vaca
Luck-E Blitz Australia ET en España.Bos Toystory Austral ET
TOURO ADULTO: MARIO XACOBEO ET
Mario Xacobeo confírmase
como un dos grandes valores
de Xenética Fontao, condición
que previsiblemente avalará a inminente
proba oficial de fillas. A calificación de
maio foi de MB-89. Este semental, que
cumprirá 5 anos o próximo 9 de agosto, é
un touro morfoloxicamente moi correcto
con 264 fillas rexistradas a día de hoxe.
De Mario Xacobeo destacan o tremendo
tercio anterior e un peito fortísimo. É
ademais un dos sementais de maior
envergadura de Xenética Fontao, cunha
alzada de máis de 1,80 metros.
O pai deste touro é o célebre Marathon
BW Marshall ET, moi recoñecido
actualmente como pai de sementais en
todo o mundo. A nai de Xacobeo é Dirigo
Leblanc Juno ET, unha filla de Startmore
Rudolph calificada EX-94 USA. A avoa
é unha filla de Lutz Meadows E Mandel
calificada MB-88 aos dous anos en
Estados Unidos e a bisavoa foi filla de
To-Mar Blackstar ET, calificada EX-91
USA. A excelencia do pedigrí remóntase
dúas xeracións de femias máis atrás,
tamén calificadas Excelentes
Mario Xacobeo ET
Sabiola Cubeiro Pereira
XENÉTICA FONTAO XULLO 20086
XENÉTICA FONTAO CUMPRE UNHA DÉCADA AO SERVIZO DA MELLORA BOVINA
CENTRO I.A.
O centro de Lugo é o que máis touros testa en España
As instalacións de Xenética
Fontao atópanse na parroquia
luguesa de Esperante, sobre
unha finca de 19 hectáreas das que
6 son superficie construída. O centro
conta con 10 naves de estabulación de
sementais, unha nave para recolectas
de seme e varias naves de corentena.
As instalacións complétanse co edificio
de administración e laboratorios, as
vivendas de coidadores e almacéns
de alimento. O funcionamento de todo
isto corre a cargo dunha plantilla de 20
persoas.
En Fontao hai na actualidade preto de
400 sementais, dos que 35 son de Rubia
Galega e o resto, de Holstein. O número
de sementais que proba o centro cada
ano foi medrando progresivamente,
desde os 21 de 1998 ata os máis de 70
que se prevé pór en proba este ano.
Xa no ano 2007, Xenética Fontao foi
o centro de inseminación artificial
de España que máis sementais puxo
en proba, 60 de 132, o 45% do total
nacional. Alejandro Fernández, director
do centro, explica que “este incremento
non é un capricho, débese alomenos a
dúas razóns: por un lado, a oferta dun
gran número de sementais novos de alta
calidade polas ganderías, que o centro
debe atender e, por outro, reducir o
excesivo número de doses utilizadas
de cada un dos touros en proba en
Galicia, que en certa medida lastraba as
valoracións xenéticas dos sementais de
Fontao”.
NO ANO 2006, O 60% DAS FILLAS
REXISTRADAS POR FEFRIGA NO
LIBRO XENEALÓXICO DA RAZA
FRISONA ERAN DE TOUROS
NACIONAIS. BASICAMENTE, DE
TOUROS DE XENÉTICA FONTAO.
CADA ANO SAEN DO CENTRO ENTRE 800.000 E UN MILLÓN DE
DOSES DE SEME, A GRAN MAIORÍA DESTINADAS AO MERCADO
NACIONAL
Vista xeral do centro
Conxelación de seme
Dende 1998, ano da súa creación, Xenética Fontao S.A. foi evolucionando ata converterse no centro de inseminación artificial que máis touros testa no Estado español. Fontao dispón na actualidade de preto de 400 sementais de Holstein e Rubia Galega e vende cada ano aproximadamente un millón de doses de seme. No ano 2000 púxose en marcha o Laboratorio de Xenética Molecular, que emprega a biotecnoloxía do ADN nos campos da sanidade e a produción agropecuaria.
Analítica do semeExterior dunha nave
XENÉTICA FONTAO XULLO 2008 7CENTRO I.A.
TOUROS EN PROBA EN FONTAO
ANO NÚMERO DE TOUROS
1998 21
1999 30
2000 48
2001 45
2002 48
2003 48
2004 48
2005 53
2006 56
2007 60
2008 70- 75
No ano 2006, o 60% das fillas rexistradas
por FEFRIGA no Libro Xenealóxico da
Raza Frisona eran de touros nacionais.
Basicamente, de touros de Xenética
Fontao.
Cada ano saen do centro entre 800.000
e un millón de doses de seme, a gran
maioría destinadas ao mercado español.
Non obstante, as vendas ao estranxeiro
increméntanse ano tras ano. No 2007
exportáronse unhas 30.000 doses de
Holstein, cifra que se espera superar
este ano. Os países de destino son
Estados Unidos, Brasil, México, Reino
Unido, Holanda, Francia, Italia e Portugal
e, como mercado emerxente, Turquía.
En Xenética Fontao fanse recolectas
de seme a diario, a razón de entre 20
e 25 sementais por día. O número de
doses extraídas é moi variable, dado
que saltan animais de diferentes idades.
Despois da extracción, o seme pasa ao
laboratorio, onde os técnicos o analizan,
dilúese, conxélase e pasa aos tanques
de nitróxeno líquido. Ao final do proceso
lévase a cabo un control de calidade
para verificar que todo o procesamento
foi correcto.
A lexislación impón un período de
corentena de 30 días para as doses de
seme. Pasado ese tempo, xa pode saír
ao mercado, a uns prezos que oscilarán
entre 1 e 18 euros. A variabilidade de
prezos vai en función da calidade xenética
do animal, a súa produción e outra serie
de factores asociados.
O LABORATORIO DE XENÉTICA MOLECULAR LEVOU A CABO 65.000
PROBAS DE ADN NO 2007. O 80% ERAN PROBAS DE FILIACIÓN
O banco de seme de Xenética Fontao
dispón de varios millóns de doses, que
poden permanecer viables durante un
longo período de tempo. O centro mantén
sempre un stock de doses conxeladas de
cada un dos touros.
LABORATORIO DE XENÉTICA
MOLECULAR
O Laboratorio de Xenética Molecular de
Fontao púxose en marcha no ano 2000, co
obxectivo de aplicar a tecnoloxía do ADN
para testar filiacións e enfermidades de
transmisión xenética. Ao longo do ano
pasado levou a cabo 65.000 probas, das
que o 80% eran de filiación.
A evolución deste servizo foi
exponencial. Entre o 2006 e o 2007 case
se duplicou o número de probas. O 90%
son peticións que proceden do territorio
español, pero xa hai un 10% de mostras
remitidas desde fóra de España, de
países como Alemaña, Portugal ou
mesmo Estados Unidos.
O resultado das mostras dáse a
coñecer nun período que oscila entre
unha semana e 15 días.
Laboratorio de Xenética Molecular
Banco de seme
Nave de sementais
XENÉTICA FONTAO XULLO 20088 CALIFICACIÓN
OS CALIFICADORES DE CONAFE DEBATERON EN FONTAO O PESO CRECENTE DA LONXEVIDADERecibiron explicacións sobre toma de mostras para análises de ADN e coñeceron as instalacións do centro
Os 14 calificadores de CONAFE e dous calificadores portugueses visitaron o centro de Xenética Fontao o pasado 18 de xuño. Gabriel Blanco, xefe do Departamento de Calificación de CONAFE, informounos sobre un caracter que está a adquirir un peso crecente: a lonxevidade.
A selección da raza frisona está
a experimentar cambios, no
sentido de non primar tanto
os caracteres de produción e tipo,
hexemónicos ata o momento, e dar máis
peso a factores coma a lonxevidade.
Sobre isto informou Gabriel Blanco,
xefe do Departamento de Calificación de
CONAFE, a todos os calificadores que a
Confederación ten en activo en España.
Blanco explicou que a lonxevidade
dunha vaca defínese como o tempo
que media entre o inicio da produción,
despois do primeiro parto, e o momento
no que causa baixa no establo. Estudos
de prestixiosos xenetistas de Europa e
Norteamérica demostran a correlación
que existe entre a duración do animal e
certos factores de tipo.
Así, detectouse unha correlación
positiva alta entre a lonxevidade e a
conformación de ubre e patas. En sentido
contrario, a estrutura e a capacidade
manteñen unha correlación negativa coa
lonxevidade.
LONXEVIDADE, SAÚDE DO UBRE E FERTILIDADE SON FACTORES
A TER EN CONTA HOXE NA SELECCIÓN DA RAZA FRISONA,
E NON SÓ A PRODUCIÓN DE LEITE E O TIPO
Os calificadores de CONAFE e dous calificadores portugueses reuníronse en Xenética Fontao o 18 de Xuño
XENÉTICA FONTAO XULLO 2008 9CALIFICACIÓNTOMA DE MOSTRAS
Javier López Viana, director do
Laboratorio de Xenética Molecular
de Fontao, resolveu dúbidas dos
calificadores respecto á toma de mostras
para análises de ADN, en particular no
que se refire a probas de filiación. A
mostra preferible é de sangue enteiro
con EDTA, axeitadamente colleitado nun
tubo de ensaio con tapa morada. López
Viana explicoulles aos visitantes que non
é necesario refrixerar as mostras de
inmediato, pero si convén non espoñelas
a altas temperaturas.
Respecto da negatividade das probas
de filiación, o director do laboratorio
explicou que en moitos casos débese a
cambios de lugar das xatas no establo.
Isto, para os casos nos que a granxa
está axeitadamente xestionada; en caso
contrario, sería inútil tratar de afinar a
proba.
DETECTOUSE UNHA CORRELACIÓN POSITIVA ALTA ENTRE A
LONXEVIDADE E A CONFORMACIÓN DE UBRE E PATAS E UNHA
CORRELACIÓN NEGATIVA COA ESTRUTURA E A CAPACIDADE
Para confirmar ou rebater a
negatividade, a mellor opción é sacar
mostras da nai cando está viva, dado
que aporta o 50% do xenotipo do animal.
Neste sentido, López Viana fixo fincapé
na importancia de conservar mostras
biolóxicas das nais que causan baixa;
preferiblemente, un fragmento da
orella.
Outro tema que o técnico tocou foi o das
probas cando hai parto de xemelgos. No
90% dos casos non se pode establecer
o xenotipo a partir do sangue, polo que
é necesario contar cunha mostra de
folículo piloso. Trátase de arrincar 15
ou 20 pelos do nacemento do mechón
da cola. Esta mostra non require ningún
tipo especial de conservación e pode
introducirse directamente nun sobre ou
nunha bolsa.
PRESENTACIÓN DO CENTRO
Os calificadores de CONAFE tamén
tiveron oportunidade de coñecer as
instalacións de Xenética Fontao. O
veterinario Mauricio De los Santos
ofreceulles unha charla sobre o
Programa de Mellora Xenética de Galicia,
xustificando a súa posta en marcha pola
importancia cuantitativa que Galicia ten
en censo de vacas frisonas e de ganderías
a nivel nacional. Esbozou algúns dos
froitos, xa visibles, deste xove programa
e explicou que o centro de Xenética
Fontao ten afán de expansión comercial
e está encamiñado a funcionar con
criterios de xestión propios da empresa
privada.
De los Santos subliñou ademais a
conveniencia de limitar as doses de
touros en proba a un número razoable e
axustado que permita ter unhas 100 fillas
para a primeira testaxe dos distintos
sementais. Tamén se puxo de manifesto
a necesidade de incluír os caracteres
funcionais (lonxevidade, fertilidade,
recontos celulares, etc.) como un
criterio de selección máis nos centros
de inseminación á hora de incorporar
touros novos para testar, pois estes
sementais terán a súa primeira proba
oficial pasados cando menos 4 anos do
reparto das súas primeiras doses. Para
ese momento, o papel dos caracteres
comentados terá unha gran relevancia
nas valoracións xenéticas.
Despois das charlas, os calificadores
visitaron o Laboratorio de Xenética
Molecular e o laboratorio de seme,
ademais doutras dependencias do
centro.
O colofón da xornada foi un xuízo
contrastado de varios touros da casa.
Os visitantes avaliaron os sementais
probados Dancer, Elegant e Xacobeo
e os sementais en proba Morodo Rojo,
Megamagic, Austral e Tonchu.
Javier López Viana e Gabriel Blanco, primeiro e segundo pola esquerda, con algúns calificadores no Laboratorio de
Xenética Molecular
Os calificadores, en pleno labor de observación
Os calificadores observan a espectacular morfoloxía de Xacobeo
XENÉTICA FONTAO XULLO 200810 MELLORA XENÉTICA
SAT CAVADAS, O GUSTO POLA XENÉTICA ADAPTADA AO MEDIOEsta explotación de Xermade ten liñas xenéticas desenvolvidas ao longo de cinco xeracións
A SAT Cavadas (Xermade, Lugo) é á vez consumidora e provedora de boa xenética. Ademais de ser a granxa con máis fillas nacidas do programa de Bos _215 femias_, insemina con touros de Fontao, tanto probados como en proba, e proporciónalle xatos ao centro.
A SAT Cavadas constituíu en
Xermade en 1995, xunto a outras
tres explotacións da zona, un
centro de recría en común no que se
mantén a titularidade individual das
explotacións. Desde o principio tiveron
clara a aposta pola xenética de calidade
e pola transferencia embrionaria. A
día de hoxe, no centro de recría hai 170
xovencas.
A relación de Cavadas coa Unidade
Doadora de Embrións (UDE) da Finca
de Bos é moi estreita. Cada 15 días , un
técnico da UDE visita a o centro de recría
para facer fluxings. Os gandeiros que
integran o centro son firmes partidarios
do uso de embrións “en fresco”. Se se
dan as condicións, os embrións son
implantados nunha xata o mesmo día que
se extraen, sen importar que a receptora
e a doadora teñan distinto propietario. O
animal nacido pasa a ser propiedade do
dono da receptora.
O outro piar da mellora xenética que se
leva a cabo en Cavadas é a conexión con
Xenética Fontao. Isto é moi importante
para José Ángel Blanco, titular da
SAT Cavadas. Blanco é un apaixonado
da xenética que continuamente está
a probar novas liñas e que se amosa
partidario de desenvolver familias
propias. En Cavadas hai algunha que
xa vai pola quinta xeración. “As familias
americanas, sen dúbida son boísimas.
Pero as que medran aquí, as que vas
vendo en sucesivas xeracións, son
unha satisfacción para o gandeiro, que
ademais coñece mellor o seu carácter”.
Na SAT Cavadas empréganse todo tipo
de touros de Fontao. Entre os veteranos
figuran Lérez, Louro e Backster, que lle
deu á explotación unha filla EX, Xercas
Cavadas Jamaicana Backster.
Dos touros actuais, José Ángel
decántase por Six, Chamoso, Botafogo
e Dancer. Ademais insemina tamén
con touros en proba, como Djalmo ou
Lautamic, que aínda non ten 2 anos e xa
deu as primeiras fillas. As nacidas en
Cavadas foron as segundas de Galicia.
A transmisión é bidireccional, xa que
de Cavadas saen periodicamente touros
Xercas Cavadas Rianxada Six
NA SAT CAVADAS EMPRÉGANSE TODO TIPO DE TOUROS DE FONTAO.
ENTRE OS VETERANOS FIGURAN LÉREZ, LOURO E BACKSTER,
QUE LLE DEU Á EXPLOTACIÓN UNHA FILLA EX, XERCAS CAVADAS
JAMAICANA BACKSTERXercas Cavadas Liriana Approval
Jose Ángel Blanco, de SAT Cavadas, con Paulina e Bandeira, dúas fillas do touro de Fontao Bos Durham Pambre
XENÉTICA FONTAO XULLO 2008 11MELLORA XENÉTICApara Fontao. De feito, actualmente
estanse a probar tres netos de Bos
Xercas Porta Patron ET (unha das vacas
estrela que tivo o centro de recría): Buxo,
Sabio e Xermade, e un bisneto, de nome
Saco, incorporarase proximamente ao
centro de testaxe.
Outros sementais de Xenética Fontao,
xa probados e que tamén pertencen a
esta familia, son Cavadas e Zeus (irmán
completo e fillo, respectivamente, da
vaca Bos Xercas Porta Patron ET).
FAMILIAS DE SAT CAVADAS
Na SAT Cavadas, o desenvolvemento de
liñas propias prolóngase en xeracións
sucesivas. José Ángel Blanco incorpora
algunhas das máis coñecidas a nivel
internacional, como Porta Patron,
Blackstar Daisy, Bethany, Dellia, Laurie
Sheik, Southwind Kaye, Petrelle, Hillary,
Faith, Gipsy Grand, e tamén Lolas,
Djalminhas e Lilas (as tres últimas,
desenvolvidas na propia explotación).
FONTAO ESTÁ A PROBAR VARIOS TOUROS NACIDOS EN SAT
CAVADAS, COMO SABIO, XERMADE, DJALMO, CHISPIÑO E CHISPO.
PROXIMAMENTE INCORPORARANSE AO CENTRO SACO E FEITICEIRO
Xercas Cavadas Highlight Ronalda, Gran Campiona de Galicia no 2000
Un exemplo de liña de calidade é a que
se iniciou con Lérez Lila, MB-86 filla de
Bos Blackstar Lérez, un dos sementais
históricos de Fontao. Lérez Lila foi nai de
Liria Sil EX-90 e de Lia Marty MB-85. De
Liria Sil naceron Liriana Approval, MB-
86 en segundo parto, e Liriona Mtoto,
MB-88 en segundo parto.
Cavadas Salone Tea deu tamén lugar
a unha boa liña de vacas, dado que tivo
sete fillas. Unha delas, Xercas Cavadas
Salomé Storm, é unha MB-85, nai de
Xercas Cavadas Djalminha Emerson,
MB-88 en segundo parto, que á súa vez
tivo dúas MB-85, Djalma Stormatic e
Djalmi Allen. Djalminha tamén é nai de
Djalmo September, semental de Fontao
en espera de proba. Dez das súas fillas
están en Cavadas.
Lolita unha MB-88, transmitiu
excelentes cualidades ás súas fillas e
netas. Lola Denver, unha filla, é MB-87;
Loly Storm, neta, MB-86, e Loliña Dane,
bisneta, MB-85.
Toda esta calidade xenética ten o seu
reflexo nos premios da raza frisona
que outorga FEFRIGA. No ano 2000,
a SAT Cavadas conseguiu o título de
Vaca Campeona de Galicia con Xercas
Cavadas Highlight Ronalda MB-89. A
explotación ten tamén varios premios ao
Mellor Criador de Galicia.
A FICHA
SAT Cavadas
Xermade (Lugo)
Titular: José Á.Blanco Purriños
Vacas en ordeño: 100
Recría: 80
Cota láctea: 1.025.000 qg.
Media lactación: 10.600 qg.
Media calificación: 83,22 (100% de animais calificados)
Superficie agrícola: 60 Ha
Xercas Cavadas Liriona Mtoto
Lolita
Liria
Xercas Cavadas Lérez Lila
XENÉTICA FONTAO XULLO 200812
A FINAIS DESTE ANO PUBLICARASE
A PRIMEIRA PROBA OFICIAL DE FILLAS DE DANCER NACIDAS EN
HOLANDA
Froito deste interese é a exportación
de doses por parte de Xenética Fontao a
Holanda e o Reino Unido. Os holandeses
levaron xa doses do touro en proba, polo
que a finais deste ano publicarase os
resultados da proba oficial holandesa
con fillas nacidas alí. Nun futuro próximo
coñeceranse tamén os resultados da
proba de fillas nacidas no Reino Unido.
EXCELENTE PEDIGRÍ
A-L-H Dancer ET é fillo de Regancrest
Elton Durham ET, un coñecidísimo
touro dos Estados Unidos. Durham é na
Entre as últimas incorporacións ao catálogo de Xenética
Fontao cómpre destacar a de A-L-H Dancer ET, un EX-
90 con 1.667 de ICO que ten amosado xa a súa potencia
como excelente transmisor de morfoloxía. Dancer
é número 1 indiscutible en España por ubres (3,87) e
número 3 por tipo (2,95).
Dancer é un semental nacido o 6
de febreiro do 2003. A primeira
proba das fillas levouse a cabo
en decembro do 2007, con 71 fillas de
57 rabaños para produción (fiabilidade
do 84%) e 52 fillas de 40 rabaños para
conformación (fiabilidade do 83%).
O punto forte deste touro é a transmisión
de morfoloxía, en especial no que se
refire a capacidade, patas e pés, tipo
O novo semental probado de Fontao é número 1 en España para ubres e número 3 por tipo
xeral e, de maneira destacada, ubres.
Os excelentes resultados neste capítulo
elévano ao máis alto do podio español de
sementais.
As fillas de Dancer teñen sistemas
mamarios que destacan polas potentes
insercións, tanto anteriores (+3,01) como
posteriores (+2,10), o forte ligamento
(+2,42) e a escasa profundidade (+3,36).
Presentan ademais excelentes membros
e aplomos (IPP +2,04). Isto dá como
resultado que as Dancer serán vacas de
longa duración (lonxevidade +117).
Dancer está a suscitar unha grande
expectación no estranxeiro, sobre
todo a raíz da publicación das probas
Interbull en abril deste ano. A partir
desta extrapolación, o semental ocupa
TOUROS PROBADOS
DANCER,UN TOURO IDEAL COMO MELLORANTE DA MORFOLOXÍA
en Holanda o posto número 1 por ubre
e o número 3 por tipo. No Reino Unido
sitúase como número 2 por ubre e
número 3 por tipo.
A-L-H Dancer ET
Lousada Dancer Berta
(detalle do ubre)
Perrelos Dancer Donatella
XENÉTICA FONTAO XULLO 2008 13TOUROS PROBADOS
actualidade un dos mellores touros a
nivel mundial en canto a transmisión de
caracteres morfolóxicos.
Quintero Dancer Danza
Lousada Dancer Berta
XENÉTICA FONTAO É UN DOS CENTROS DE I.A. DE EUROPA QUE
MÁIS FILLOS DE DURHAM PUXO EN PROBA. POLO MOMENTO, DANCER
É O MELLOR
AS PROBAS INTERBULL DE ABRIL SITÚAN A DANCER COMO NÚMERO
1 POR UBRE E 3 POR TIPO EN HOLANDA E NÚMERO 2 POR UBRE
E 3 POR TIPO NO REINO UNIDO
O seme de Durham non está dispoñible
en Europa, de maneira que os poucos
fillos e fillas deste touro no Vello
Continente foron nacidos de embrións
importados de Estados Unidos e Canadá.
Dancer naceu en Holanda e foi adquirido
por Xenética Fontao cando era un xato de
menos dun ano de idade.
Xenética Fontao é un dos centros de
I.A. de Europa que máis fillos de Durham
puxo en proba. Polo momento, Dancer é
o mellor.
A nai de Dancer é Regancrest Debbie
Jo ET EX-92. Trátase dunha vaca
americana, neta da célebre Show-N
Denises Dellia.
Debbie Jo tivo 30 fillas calificadas
MB con 2 anos, o que dá a medida do
seu gran calibre como vaca nai. Touros
nacidos desta vaca son sementais
destacados en case todos os centros de
I.A. e comerciais de seme de Europa.
XENEALOXÍA
♀ SNOW-N DENISES DELLIA EX-95-2E-USA 5*
(WALKWAY CHIEF MARK)↓
♀ REGANCREST LEADMAN DOLLY EX-90 USA 5*
(ROTHROCK TRADITION LEADMAN)↓
♀ REGANCREST DEBBIE JO ET EX-92 USA 2*(BRABANT STAR PATRON)
↓
♂ A-L-H DANCER ET EX-90(REGANCREST ELTON DURHAM)
XENÉTICA FONTAO XULLO 200814
DUVAL, UN NOVO MEMBRO DA ILUSTRE FAMILIA PALAO seu pai, Regancrest Dundee, ten sona internacional
como transmisor de excelente morfoloxía
Duval é un xato nacido o 23 de decembro do 2006 en Holanda, de onde o importou Xenética Fontao con poucos meses de vida. Está incluído na segunda tanda de sementais en testaxe do centro para o 2008, e del agárdanse excelentes resultados. Non en van procede da ilustre familia Pala, con 51 premios e nominacións All American ou All American Junior. O pai de Duval, Regancrest Dundee, é un EX-95 recoñecido internacionalmente como transmisor da mellor morfoloxía.
A-L-H Director Duval ET é un
xato que pode dar moito que
falar nos próximos anos. Os
datos que permiten calificalo como
un “superpedigree” son demoledores.
A familia Pala, á que pertence este
animal, é na actualidade unha das
máis prestixiosas e demandadas a
nivel internacional, con sementais en
numerosos centros de inseminación.
Entre os numerosos premios que
acumula esta familia atópanse 5 All
Americans, 4 Res. All Americans, 4 Jr.
All Americans e 2 Res. Jr. All Americans,
ademais de 1 All Canadian e 1 Res. All
Canadian. En total, ata 51 distincións.
Xenética Fontao decidiu apostar forte
pola familia Pala, e froito disto son tamén
Model e Moure, dous irmáns completos,
fillos de Modest e de Windy-Knoll-View
Pledge EX-95 2E USA (irmá materna de
Duval), que foron postos en proba no
2007.
O PAI
O pai de Duval é Regancrest Dundee
EX-95, fillo de Marcres Encore EX-96 e
de Show-N Denises Dellia EX-95. Esta
vaca, a avoa paterna de Duval, é unha
das grandes nais da raza Holstein, dúas
veces proclamada Excelente, Medalla de
Ouro e 5 estrelas como Nai de Mérito.
Dundee é un semental que transmite
morfoloxía de primeira. As fillas alcanzan
altas calificacións e son frecuentes
gañadoras de concursos debido ás súas
potentes estruturas, anchuras de grupa
e excelentes ubres.
O seme de Dundee non está dispoñible
no mercado europeo, de maneira que os
seus descendentes en Europa son froito
de embrións importados, de Estados
Unidos e Canadá principalmente.
SUPERPEDIGREES
A-L-H Director Duval ET
XENEALOXÍA
♀ WINDY-KNOLL-VIEW CREEK PAULINE VG-88 USA ( CREEK-BLUFF ELEVATION LESTER)
↓
♀ WINDY-KNOLL-VIEW ULTIMATE PALA EX-94 3E USA(QUALITY ULTIMATE)
↓
♀ WINDY-KNOLL-VIEW PROMIS-ET EX-95 2E USA 1*(STARTMORE RUDOLPH)
↓
♂ A-L-H DIRECTOR DUVAL ET (REGANCREST DUNDEE)
DUVAL É O ÚNICO FILLO EN ESPAÑA DE PROMIS, UNHA VACA
CON 3 FILLOS QUE FIGURAN ENTRE OS 50 MELLORES POR TIPO NOS
ESTADOS UNIDOS
A NAI
A nai de Duval é Windy-Knoll View
Promis ET EX-95. Esta vaca é a filla
de Rudolph con máis alta calificación
morfolóxica en América. A súa nai é a
ilustre Windy-Knoll View Pala EX-94.
A avoa materna de Duval é unha das
líderes da raza, con 18 fillas calificadas
Excelente de 11 touros diferentes.
Promis, a nai de Duval, ten 6 fillas EX
e 9 MB, e 12 fillos en centros de I.A. en
Norteamérica, tres dos cales estaban
entre os mellores 50 por tipo en Estados
Unidos en abril .Duval é o único fillo desta
vaca que hai actualmente en España.
Na actualidade, Duval ten dous irmáns
completos en proba en Canadá e un nos
Estados Unidos. Unha irmá completa de
Duval alcanzou o prezo máis alto na Tulip
Sale 2007 de Holanda: 43.000 euros con
menos dun ano de idade.