revista hosteleria lucense

20
REVISTA DA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL) Galería de fotos do posto lucense na proba ciclista Novembro 2012 número 14 Resultados do primeiro Concurso de Tapas de Lugo organizado pola Apehl Entrega de premios do IV Cume Tapas de Monforte O TAPEO DE COMPETICIÓN SEGUE EN AUXE. REPASAMOS AS LISTAS DE GAÑADORES INTENSA PROMOCIÓN DA PROVINCIA DE LUGO NA VUELTA A ESPAÑA O VENCEDOR, ALBERTO CONTADOR, ENTRE OS NOVOS AMIGOS DA MARCA FEITOS NESTA CAMPAÑA DA APEHL E A SECRETARÍA XERAL PARA O TURISMO

Upload: transmedia-comunicacion

Post on 12-Mar-2016

260 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Numero 14 da revista Hostelera Lucense, editada pola Apehl

TRANSCRIPT

Page 1: REVISTA HOSTELERIA LUCENSE

REVISTA DA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL)

Galería de fotos do posto lucense na proba ciclista

Novembro 2012

número

14

Resultados do primeiro Concurso de Tapas de Lugo organizado pola Apehl

Entrega de premios do IV Cume Tapas de Monforte

O TAPEO DE COMPETICIÓN SEGUE EN AUXE. REPASAMOS AS LISTAS DE GAÑADORES

INTENSA PROMOCIÓN DA PROVINCIA DE LUGO NA VUELTA A ESPAÑA O VENCEDOR, ALBERTO CONTADOR, ENTRE OS NOVOS AMIGOS DA MARCA FEITOS NESTA CAMPAÑA DA APEHL E A SECRETARÍA XERAL PARA O TURISMO

Page 2: REVISTA HOSTELERIA LUCENSE

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1

GALA DA HOSTELERÍA

2

Page 3: REVISTA HOSTELERIA LUCENSE

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

EDITORIAL/SUMARIO

3

EDITA:

ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL)

r/ Ramón Montenegro, 15, Entlo. 27002 LugoTfno.: 982.226.912Fax: 982.244.256E-mail: [email protected]

Delegación Zona Sur

r/ Zapaterías s/nTorreón da Cárcere Vella27400 Monforte de LemosTfno: 982.412.050E-mail: [email protected]

Delegación A Mariña

r/ Lugo, 3, baixo. 27780 FozTfno/Fax: 982.133.047E-mail: [email protected]

PRODUCIÓN:

Transmedia Comunicación & PrensaRonda das Fontiñas, 272, Entrechán ATfno.: 982.221.278E-mail: [email protected]

DEPÓSITO LEGAL: LU 186-2008

8º CONCURSO DE TAPAS DE LUGO

CAMPAÑA DE PROMOCIÓN NA VUELTA A ESPAÑA REPASO AO TAPEO DE COMPETICIÓN

ENTREGA DE PREMIOS DO IV CUME TAPAS

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

SUMARIO

- Productos de limpieza- Detergentes y sistemas para lavandería- Celulosa- Complementos- Servilletas y palillos con la marca . . E para comer, Lugo- Disponemos de planes de limpieza adaptables a todas sus necesidades

HOSTELERÍA - COLECTIVIDADES - LAVANDERÍAS - AUTOMOCIÓN

4

A IMPORTANCIA DUNHA BOA PROMOCIÓN DA PROVINCIA

Non estamos nun bo momento, nin en xeral nin no sector hostaleiro en concreto. A crise acentúase cada vez máis e os seus efectos repercuten na redución do número de viaxeiros, en especial dos estranxeiros, e mais no gasto. Caen as cifras do turismo en España, en Galicia e en Lugo, e os recursos para facerlles fronte tamén minguan, o que nos ten que levar obrigatoriamente polo camiño da optimización.

As campañas de promoción dos destinos deben estar ben dirixidas cara aos tu-ristas potenciais, e se as estadísticas botan de menos as pernoctas dos turistas de procedencia foránea, haberá que intentar atraelos. Os investimentos que se realicen nos sectores hostaleiro e turístico han de ser rendibles e, para iso, xa se sabe, a unión fai a forza.

No caso concreto da provincia de Lugo contamos cun multidestino onde hai unha oferta ampla e variada de paisaxe, patrimonio artístico e cultural e gas-tronomía con identidade propia. Por poñer algún exemplo, a muralla de Lugo declarada Patrimonio da Humanidade; tres rutas xacobeas, o Camiño Norte, o Camiño Francés e o Camiño Primitivo, que a sitúan no traxecto internacional dos peregrinos e que suman máis da metade dos quilómetros do Camiño en Galicia; a famosa Ribeira Sacra, berce do viño homónimo; monumentos nacionais coma o mosteiro de Santa María de Meira ou a catedral de Mondoñedo; as Reservas da Biosfera Terras do Miño, Os Ancares e Río Eo, Oscos e Terras de Burón; toda a Mariña lucense, onde botamos de menos un turismo náutico que potencie o longo e vistoso treito de costa; festas de interese turístico nacional coma a Se-mana Santa de Viveiro, a Rapa das Bestas de Candaoso ou a secular San Froilán de Lugo; a marca gastronómica …E para comer, Lugo, aglutinadora de produtos con denominación de orixe e de destacados cociñeiros; e un longo etcétera de recunchos con encanto.

Estes puntos de interese poden constituír sobradamente un paquete único de vacacións para incitar aos visitantes a formular unha estadía de maior duración que a dun día, a programada para un “lugar de paso”. E é un paquete turístico que hai que proxectar cara ao exterior, fóra de Galicia.

A nosa experiencia recente coa campaña de promoción da provincia de Lugo que levamos a cabo durante toda a Vuelta a España co apoio da Secretaría Xeral para o Turismo confirmounos que este tipo de iniciativas funcionan e son moi necesarias. Podemos dicir que a unión á que nos referiamos, de hostaleiros, pro-dutores e a Administración, efectivamente deu os seus froitos, tamén colectivos. Por iso facemos un chamamento xeral para aproveitar os recursos en accións conxuntas que fortalezan estes dous sectores dos que vive tanta xente.

6

12

14

Page 4: REVISTA HOSTELERIA LUCENSE

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 144

NOVAS

A TAPA DO PAPRICA GAÑA O CONCURSO DE LUGO

Antón Bao e Álvaro Villasante durante a entrega do primeiro premio do certame

Nesta oitava edición, a primeira organizada pola Apehl, participaron 45 locais hostaleiros, servíronse 29.441 tapas e xerouse un volume de negocio de 147.205 euros.

Este ano, a asociación de hostaleiros tomou o relevo na organización do Concurso de Tapas de Lugo apoiada polo Concello, patrocinador do cer-tame, e por entidades e establece-mentos hoteleiros colaboradores. A competición desenvolveuse do 14 ao 30 de setembro en 45 locais e cun-ha novidade no sistema de elección do gañador, pois foi o público quen desta volta o escolleu cos seus votos en urna. Así, proclamouse vencedor o restaurante Paprica, que xa lograra este primeiro posto na convocatoria de 2011. Presentou unha tapa de bo-nito e tomate de tempada.

O segundo premio da votación popu-lar recaeu no restaurante Campos e as zamburiñas de Arcade á grella sobre salsa de parmesano con verduriñas, espuma de limón e galleta de follado gratinada, e no terceiro posto situou-se o Cinco Vigas, que serviu un Meda-llón de ouro.

O público tamén concedeu as dis-tincións á mellor tapa elaborada con queixo Marqués de Cernadas, coa que se fixo a Filloa da lareira da Casa d’Auga, e á mellor tapa ecolóxica, pre-parada con produtos amparados polo

selo do Craega, que se levou a Tixola-da coa que concorreu A Nosa Terra.

Para a designación dos demais pre-mios do palmarés deste concurso, a Apehl reuniu cociñeiros, xornalistas, blogueiros e representantes de pro-dutos da provincia con denomina-ción de calidade. Deste xeito, o xura-do profesional estivo composto por dous xefes de cociña, Iñaki Albistur, que exerce como tal en Bortzhiri, em-presa vasca responsable do catering da Vuelta a España; e o lalinense Mar-co Varela, chef do restaurante Dona Branca do Palacio de Sober, nomeado mellor cociñeiro de Galicia en 2011 e finalista da última edición do Cam-

pionato de España de Cociña. Acom-pañáronos o periodista e escritor gastronómico Miguel Vila Pernas, moi coñecido como Colineta, o alias que usa na web, o blog e as redes sociais; o tamén xornalista Xosé Manuel García, director e condutor do programa da Radio Galega Come e fala; e a bloguei-ra Rocío Garrido Caramés, asinante do blog La cocina de mi abuelo e autora de Cociñando coas razas autóctonas, a primeira recompilación de receitas elaboradas con produtos derivados das razas autóctonas de Galicia. Pe-chou este equipo José María Martínez Alonso (Pepe Beiro), membro do pa-nel de cata do Consello Regulador da Ribeira Sacra.

O xurado profesional en plena cata

Page 5: REVISTA HOSTELERIA LUCENSE

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

NOVAS

5

PALMARÉS DO 8º CONCURSO DE TAPAS DE LUGO

Os integrantes deste xurado realiza-ron os días 2 e 3 de outubro unha ruta polos dez establecementos finalistas saídos directamente da votación po-pular. Desta degustación resultaron os seguintes premios: mellor tapa creativa para o Restaurante España polo taco de salmón lixeiramente afumado, iogur de wasabi e aceite de brasas; mellor tapa tradicional para o

Vía Láctea polo milfollas de bacallau con queixo Marqués de Cernadas; mellor maridaxe co viño da Ribeira Sacra para o Paprica, que fixo dobre-te; e mellor maridaxe con cervexa Es-trella Galicia para Casa d’Auga, outro dos participantes que logrou dúas distincións. Igual que os hostaleiros, os votantes deste 8º concurso tamén foron agasallados, xa que entraron

no sorteo dun cruceiro polo Medite-rráneo, unha fin de semana en Lon-dres, estancias en hoteis, casas de tu-rismo rural e balnearios da provincia e ceas en restaurantes lucenses.

A entrega de todos os premios tivo lugar o 13 de novembro no salón de plenos do Concello de Lugo.

RESTAURANTE CAMPOS

CINCO VIGAS

RESTAURANTEESPAÑA

VÍA LÁCTEA

CASA D´AUGA

A NOSA TERRA

PAPRICAGAÑADOR E MELLOR MARIDAXE CON VIÑO DA RIBEIRA SACRAPaprica Bonito e tomate de tempada

2º POSTORestaurante Campos Zamburiñas de Arcade á grella sobre salsa de parmesano con verduriñas, espuma de limón e galleta de follado gratinada

3º POSTOCinco Vigas Medallón de ouro

MELLOR TAPA CREATIVARestaurante EspañaTaco de salmón lixeiramente afumado, iogur de wasabi e aceite de brasas

MELLOR TAPA TRADICIONALVía Láctea Milfollas de bacallau con queixo Marqués de Cernadas

MELLOR MARIDAXE CON CERVEXA ESTRELLA GALICIA E PREMIO MARQUÉS DE CERNADASCasa d’Auga Filloa da lareira

PREMIO TAPA ECOLÓXICAA Nosa Terra Tixolada

Page 6: REVISTA HOSTELERIA LUCENSE

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 146

NOVAS

GRANDE ACOLLIDA DO POSTO DE …E PARA COMER, LUGO NA VUELTA A ESPAÑAO estand de promoción da provincia que levaron a Apehl e a Secretaría Xeral para o Turismo á proba ciclista recibiu máis de 20.000 visitantes e ofreceu sobre 50.000 aperitivos.

A campaña de promoción dos produ-tos da provincia de Lugo na Vuelta Ci-clista a España, desenvolvida do 18 de agosto ao 9 de setembro pola Apehl co apoio da Secretaría Xeral para o Tu-rismo da Xunta de Galicia, foi un éxito. Polo posto de …E para comer, Lugo, instalado na zona vip de cada unha das 21 saídas de etapa trazadas polo norte da Península, pasaron máis de 20.000 persoas, ao redor dunha me-dia dun milleiro ao día.

Estes visitantes, unha mestura de tu-ristas, veciños das localidades anfi-trioas, xornalistas e afeccionados ao ciclismo en xeral, procedían de múl-tiples lugares, o que contribuíu a es-pallar a imaxe da provincia luguesa como destino e da súa gastronomía como reclamo.

A marca …E para comer, Lugo esper-tou simpatía mesmo entre perso-naxes moi coñecidos que se deixaron ver pola zona vip e se fotografaron con ela. Nesta nómina hai políticos,

coma o presidente da Xunta de Gali-cia, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Lleida, Àngel Ros; a cantante de La Oreja de Van Gogh, Leire Martínez, voz da canción da Vuelta deste ano; o presentador e modelo Jorge Fer-nández; o empresario José Campos, membro do consello de administra-ción do Racing de Santander e un dos

protagonistas da prensa rosa; Jaime Mir, un habitual da proba na chegada das etapas; o medallista olímpico Da-vid Cal; o gañador do Tour de Francia de 2006, Óscar Pereiro, e unha chea de ciclistas en competición, incluídos Contador, vencedor da Vuelta, e Val-verde, Degenkolb, Bennati ou Piedra, gañadores dalgunhas etapas.

O equipo da Apehl estreou o posto en Pamplona

Page 7: REVISTA HOSTELERIA LUCENSE

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

NOVAS

7

O persoal da asociación de hostalei-ros de Lugo que atendeu este estand serviu diariamente numerosas espe-cialidades elaboradas con bonito de Burela, Galo Mos, Ovella Galega, Por-co Celta, Ternera Gallega, Castaña de Galicia, galletas ecolóxicas Daveiga, Pataca de Galicia e queixos San Simón da Costa, Arzúa-Ulloa e Marqués de Cernadas. En suma, ofrecéronse uns 50.000 aperitivos, aproximadamente, sempre acompañados con viño da denominación de orixe Ribeira Sacra, e o público gabou desta oferta a ca-lidade e a variedade. Segundo o pre-sidente da Apehl, Cheché Real, o feito de que se tratase de produtos frescos, preparados polo catering da Vuelta con moita profesionalidade, diferen-ciou este posto dos demais.

A maiores, proporcionábaselle á xente información a través do último núme-ro da guía …E para comer, Lugo –da que se repartiron 3.000 exemplares–, a revista Hostelería lucense e múltiples folletos facilitados por asociacións de produtores e establecementos hosta-leiros, o que axudou a abrir mercados.

O balance desta iniciativa tamén re-sultou bo para algúns dos produtores participantes. O presidente de Avi-mós, Francisco Monasterio, e Manuel Goris, en representación de Asopor-cel, remarcaron o beneficio económi-co directo que lles supuxo. A modo de exemplo, o presidente de Avimós indicou que a degustación de Galo Mos realizada en Ponteareas foi moi valorada polo propietario dunha ca-dea de restaurantes de Madrid, que se

puxo en contacto con eles e con quen puideron concretar vendas.

Nesta promoción gastroturística ta-mén tiveron cabida restauradores da provincia. Santi Almuiña (restauran-te Colón), Marco Varela (restaurante Dona Branca do Palacio de Sober) e Rubén García (restaurante Campos) cociñaron varios pratos especiais en Palas de Rei, lugar de saída da décimo cuarta etapa.

O presidente da Apehl manifestou a súa satisfacción polos resultados desta campaña que traspasou as fron-teiras galegas e que, na súa opinión, “cumpriu a súa función como escapa-rate da provincia de Lugo e polo de atracción de turistas”.

Na saída de etapa de Palas de Rei houbo cociña en directo a cargo de restauradores lucenses

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, fotografado na zona vip de Ponteareas

Page 8: REVISTA HOSTELERIA LUCENSE

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 148

NOVAS

Alejandro Valverde Daniele Bennati Jonathan Castroviejo

Gustavo César Veloso John Degenkolb Benat Intxausti

Romain Sicard Przemyslaw Niemiec Antonio Piedra

Page 9: REVISTA HOSTELERIA LUCENSE

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

NOVAS

9

VIÑA do CAMPOVIÑA do CAMPOwww.bodegasdocampo.com

RIBEIRO

VUELTA A ESPAÑA 2012

Alessandro Ballan Assan Bazayev

Fredrick Kessiakoff Christophe Le Mevel Mickaël Buffaz

Daniel Teklehaimanot Winner Anacona Eros Cappechi

Cheng Ji

Page 10: REVISTA HOSTELERIA LUCENSE

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1410

NOVAS

O presentador Jorge Fernández Àngel Ros, alcalde de Lleida Jaime Mir, un habitual na Vuelta

Abraham Olano Óscar Pereiro David Cal

Leire Martínez, a voz da Vuelta Alessandro de Gran Hermano José Campos, marido da Bordiú

Page 11: REVISTA HOSTELERIA LUCENSE

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

NOVAS

11

VUELTA A ESPAÑA 2012

Viño da Ribeira Sacra Bonito de Burela Queixo San Simón da Costa

Queixo Marqués de Cernadas e Porco Celta Galo Mos e Ovella Galega Queixo Arzúa-Ulloa

Ternera Gallega e Pataca de Galicia Castaña de Galicia e galletas Daveiga Material promocional

Page 12: REVISTA HOSTELERIA LUCENSE

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1412

NOVAS

O TAPEO DE COMPETICIÓN MANTENSE EN AUXEVarios establecementos hostaleiros pertencentes á Apehl participaron nos últimos meses en concursos de tapas celebrados nas súas respectivas localidades.

ChantadaO Centro Comercial Aberto Ribeira Sa-cra organizou por cuarto ano consecu-tivo o concurso de tapas de Chantada, máis coñecido como Chantapas. Este ano, a Apehl colaborou na organización cun labor de asesoramento e mesmo o presidente, Cheché Real, se desprazou ata a localidade chantadina para apoiar o evento. No certame participaron 12 establecementos que puxeron as súas tapas a competición en dúas quendas: do 12 ao 15 e do 19 ao 22 de xullo. O público foi o encargado de elixir os ga-ñadores.

O campión foi o bar A Parada, que triun-fou coa súa cabaciña rechea. O segun-do clasificado foi o Cataviños, que parti-cipaba cun niño de lombo de porco en redución de viño do Porto e croquetas de cogomelos con xamón e queixo de San Simón da Costa. E no terceiro pos-to quedaron empatados o mesón Cen-tro e o café Universal, que presentaron unha tosta de champiñóns e gambas con nata e ovos de codorniz e unha Bro-cheta universal, respectivamente.

A FonsagradaA Fonsagrada acolleu entre o 23 e o 28 de xullo a primeira edición do concurso de tapas, organizado polo Concello e varios profesionais do ramo. Cada un dos 15 establecementos participantes serviu unha proposta confeccionada con produtos autóctonos a un prezo dun euro.

O público decidiu que o gañador fora o bar Manaia Sea Ela, que parti-cipaba cunha tapa de peixe sapo en prebe de améndoas con lagostino.

En segundo lugar quedou o espe-to de mar ao bosque de verdura do restaurante Os Chaos e, en terceiro, o solombo con salsa de champiñóns do restaurante O Piñeiral.

MuimentaO 11 de agosto daba en comezo en Muimenta a quinta edición do con-curso de tapas ao que concorreron sete establecementos, entre eles O Tino e Alvariño –socios da Apehl–, e no que se venderon case 4.500 ape-ritivos a un prezo único de 1,5 euros.

O certame, organizado pola asocia-ción de empresarios de Muimenta, repartiu 800 euros entre o público, a maiores do recoñecemento ás me-llores tapas, que foron para a Taber-na do Cruña, segundo a votación popular, e para o asador O Cabuxo,

segundo a valoración do xurado pro-fesional.

BegonteO Concello de Begonte organizou do 1 ao 11 de novembro o seu pri-meiro concurso de tapas. Nel parti-ciparon dez locais e o resultado foi todo un éxito.

O público escolleu como vencedor a Casa Varela –socio da Apehl–, que competía cun espeto de polbo tres delicias. O segundo premio foi para Casa Pichín e o seu solombo con co-gomelos en salsa de viño do Porto, e o terceiro recaeu na Taberna do Labrego –tamén asociada á Apehl– polo seu paspallás guisado en cóc-tel de cogomelos, castaña confeita-da e froitos vermellos.

Tapa de Casa Varela, gañadora do concurso de Begonte

Proposta da Taberna do Cruña, mellor tapa en Muimenta segundo a votación popular

pola Ribeira Sacra

www.lugoterra.com

Compra de Billetes:

reserva anticipadaTfn. 982 260 196(luns a vernes de 8:30 a 14:30 h)www.lugoterra.com

No mesmo catamarán:20 minutos antes da saída.

prezos:

Adultos/as 9 €4-12 anos e >65 anos, carné xove 5 €Nenos/as 0-3 anos GRATISGrupos (mínimo 30 persoas)Adultos/as 7 €4-12 anos e >65 anos, carné xove 4 €Nenos/as 0-3 anos GRATIS

O funcionamento do programa de rutas está condicionado ao nivel de auga dos encoros e ríos.

A Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo resérvase o dereito a facer calquera modifi-cación en horarios e rutas.

Belesar Miño

Doade Sil

Novos horarios 2012-2013:Sábados, domingos e festivos ás 11:30 e 16:00 h.En Semana Santa os barcos navegarán todos os días

Anuncio_A4_RUTAS.indd 1 26/11/12 15:24

Page 13: REVISTA HOSTELERIA LUCENSE

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

NOVAS

13

ENTREGADOS OS PREMIOS DO IV CUME TAPAS Os sete hostaleiros distinguidos na cuarta edición do Cume Tapas recolle-ron os seus premios nun acto celebrado o 3 de agosto no Centro do Viño da Ri-beira Sacra, na cidade do Cabe.

Na entrega, organizada pola delegación da Apehl na zona sur da provincia, par-ticiparon o alcalde do Concello de Mon-forte, Severino Rodríguez, e o presiden-te da asociación de hostalería lucense, Cheché Real, así como os representan-tes das entidades patrocinadoras dal-gunhas categorías desta competición.

Os establecementos merecedores das placas acreditativas e de varios agasa-llos foron A Troula (primeiro premio), Ka-tanga (segundo premio), Los Goya (me-llor tapa creativa), Agarimo (mellor tapa tradicional e mellor maridaxe con viño da Ribeira Sacra), Cervecería Mulligan´s (mellor maridaxe con cervexa Estrella

Galicia), O Grelo (tapa especial ecolóxi-ca) e o Bodegón Ribeira Sacra (tapa es-pecial Marqués de Cernadas). Ademais, outorgouse o premio do cruceiro polo

Mediterráneo sorteado entre todas as persoas que cubriron enteiramente o pasaporte do concurso.

Foto de familia dos premiados

A APEHL UNIUSE Á CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS DE PLÁSTICO PARA UXÍA A Asociación Provincial de Empresa-rios de Hostelería de Lugo sumouse á campaña de recollida de tapóns de plástico que puxeron en marcha dende Quiroga os pais de Uxía Ló-pez Cobo co obxectivo de recadar fondos para financiar a operación desta nena, nacida sen unha man.

O presidente da Apehl, Cheché Real, comunicoulle persoalmente á nai de Uxía a posta en marcha des-ta nova colaboración que parte do gremio de hostaleiros. Así, invita a participar a todos os locais de hos-

talería da provincia de Lugo, aso-ciados ou non á Apehl, e ofrécese a coordinar a entrega á familia destes tapóns collidos nos distintos esta-blecementos.

Os puntos de recollida habilitados pola asociación son a súa sede (na rúa Ramón Montenegro 15, entre-solo, en Lugo) e as delegacións da zona norte (CEL da Mariña, na rúa Arcadio Pardiñas 97 de Burela) e sur (rúa Zapaterías s/n, a carón do To-rreón da Cárcere Vella de Monforte).

NOVA CITA EN FITURA edición de 2013 da Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) acollerá un ano máis a presentación oficial dun novo número da guía …E para comer, Lugo que edita a Ape-hl para facer promoción gastroturística da provincia. Trátase xa do sexto volume dunha colección consolidada que ten unha tirada duns 15.000 exemplares, sae en castelán e en inglés e inclúe sempre información e fotos dos concellos, así como un directorio dos lo-cais hostaleiros asociados á patronal lucense. O presidente da Apehl, Cheché Real, despra-zarase ata o escenario de Fitur para participar no acto, onde adoita estar arroupado por coñecidos lucenses residentes na capital e por representantes das administracións local, provincial e autonómica.

pola Ribeira Sacra

www.lugoterra.com

Compra de Billetes:

reserva anticipadaTfn. 982 260 196(luns a vernes de 8:30 a 14:30 h)www.lugoterra.com

No mesmo catamarán:20 minutos antes da saída.

prezos:

Adultos/as 9 €4-12 anos e >65 anos, carné xove 5 €Nenos/as 0-3 anos GRATISGrupos (mínimo 30 persoas)Adultos/as 7 €4-12 anos e >65 anos, carné xove 4 €Nenos/as 0-3 anos GRATIS

O funcionamento do programa de rutas está condicionado ao nivel de auga dos encoros e ríos.

A Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo resérvase o dereito a facer calquera modifi-cación en horarios e rutas.

Belesar Miño

Doade Sil

Novos horarios 2012-2013:Sábados, domingos e festivos ás 11:30 e 16:00 h.En Semana Santa os barcos navegarán todos os días

Anuncio_A4_RUTAS.indd 1 26/11/12 15:24

Page 14: REVISTA HOSTELERIA LUCENSE

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1414

NOVAS

ENTREGADOS OS PREMIOS DO IV CUME TAPAS Os sete hostaleiros distinguidos na cuarta edición do Cume Tapas recolle-ron os seus premios nun acto celebrado o 3 de agosto no Centro do Viño da Ri-beira Sacra, na cidade do Cabe.

Na entrega, organizada pola delegación da Apehl na zona sur da provincia, par-ticiparon o alcalde do Concello de Mon-forte, Severino Rodríguez, e o presiden-te da asociación de hostalería lucense, Cheché Real, así como os representan-tes das entidades patrocinadoras dal-gunhas categorías desta competición.

Os establecementos merecedores das placas acreditativas e de varios agasa-llos foron A Troula (primeiro premio), Ka-tanga (segundo premio), Los Goya (me-llor tapa creativa), Agarimo (mellor tapa tradicional e mellor maridaxe con viño da Ribeira Sacra), Cervecería Mulligan´s (mellor maridaxe con cervexa Estrella

Galicia), O Grelo (tapa especial ecolóxi-ca) e o Bodegón Ribeira Sacra (tapa es-pecial Marqués de Cernadas). Ademais, outorgouse o premio do cruceiro polo

Mediterráneo sorteado entre todas as persoas que cubriron enteiramente o pasaporte do concurso.

Foto de familia dos premiados

A APEHL UNIUSE Á CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS DE PLÁSTICO PARA UXÍA A Asociación Provincial de Empresa-rios de Hostelería de Lugo sumouse á campaña de recollida de tapóns de plástico que puxeron en marcha dende Quiroga os pais de Uxía Ló-pez Cobo co obxectivo de recadar fondos para financiar a operación desta nena, nacida sen unha man.

O presidente da Apehl, Cheché Real, comunicoulle persoalmente á nai de Uxía a posta en marcha des-ta nova colaboración que parte do gremio de hostaleiros. Así, invita a participar a todos os locais de hos-

talería da provincia de Lugo, aso-ciados ou non á Apehl, e ofrécese a coordinar a entrega á familia destes tapóns collidos nos distintos esta-blecementos.

Os puntos de recollida habilitados pola asociación son a súa sede (na rúa Ramón Montenegro 15, entre-solo, en Lugo) e as delegacións da zona norte (CEL da Mariña, na rúa Arcadio Pardiñas 97 de Burela) e sur (rúa Zapaterías s/n, a carón do To-rreón da Cárcere Vella de Monforte).

NOVA CITA EN FITURA edición de 2013 da Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) acollerá a presen-tación oficial dun novo número da guía …E para comer, Lugo que edita a Apehl para fa-cer promoción gastroturística da provincia. Trátase xa do sexto volume dunha colec-ción consolidada que ten unha tirada duns 15.000 exemplares, sae en castelán e en in-glés e inclúe sempre información e fotos dos concellos, así como un directorio dos locais hostaleiros asociados á patronal lucense. O presidente da Apehl, Cheché Real, despraza-rase ata o escenario de Fitur para participar no acto, onde adoita estar arroupado por coñecidos lucenses residentes na capital e por representantes das administracións local, provincial e autonómica.

Page 15: REVISTA HOSTELERIA LUCENSE

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

NOVAS

15

APOIO PERSONALIZADO AO EMPRESARIO

• Servizos xeraisTrámites ante o Servizo de TurismoElaboración de listas de prezosFollas de reclamaciónsCartelería informativa regulamentaria (tabaco, alcohol...) • Asesoría xurídicaConcertada con Álvarez Real en distintas delegacións: Lugo, Chantada, Escairón, Quiroga, A Barrela, Guitiriz, Bretoña, A Ponte-nova e Ribadeo

• Asistencia laboralTramitación das altas e baixas dos traballadores, contratos, nómi-nas, seguros sociais e certificados de retención (cota de 8 €/mes nómina)

Negóciase coas Centrais Sindicais o Convenio de Hostelería e infórmase aos asociados do contido deste e as súas novidades

• Póliza de seguros colectiva Para cubrir a morte ou a incapacidade derivadas dun accidente de traballo que establece o convenio colectivo do sector (13 € traballador/ano)

• Formación específica do sector

• Organización de concursos de tapas

PROMOCIÓN

• Promoción da gastronomía lucense Difundimos a marca …E para comer, Lugo en feiras sectoriais, medios de comunicación e puntos turísticos

• Publicidade dos asociados en InternetPublicamos noticias de interese dos establecementos asociados na páxina web www.eparacomerlugo.com e nas redes sociais

IMPORTANTES DESCONTOS EN PRODUTOS E SERVIZOS

• Consumo de propano líquido (5 cts./kg)

• Recibos da SGAE, AGEDI e AIE (10% desconto)

• Prevención de riscos laborais

• APPCC, Manipulador de alimentos

• Inspeccións eléctricas

• Recollida de aceite

• Descontos en consumos de gas e luz

EPARACOMER ,

Page 16: REVISTA HOSTELERIA LUCENSE

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1416

FORMACIÓN

www.caixaruralgalega.es

A SEDE DA APEHL ACOLLE DIVERSOS CURSOS PARA TRABALLADORES EN ACTIVO OU EN PARO

Este mes comeza na sede na Apehl un curso sobre a posta en marcha e o crecemento de novas empre-sas que ofrece o Centro Superior de Hostelería de Galicia, dentro do Plan de Formación para a Excelen-cia Turística de Galicia. O curso está dirixido tanto a desempregados coma a traballadores en activo; a selección de alumnos fíxose o pa-sado 27 de novembro.

Esta acción formativa, que imparte o docente M. Figuerola, desenvol-verase os días 10 e 17 de decembro, 7, 14 e 21 de xaneiro e 28 e 4 de fe-breiro en horario de 9.30 a 13.30 e de 15.30 a 21.30 horas.

Formación especializada de xefe de sala e sumillerA Asociación Provincial de Empre-sarios de Hostelería de Lugo tamén organizou un par de cursos espe-cializados concedidos pola Conse-llería de Traballo dentro do plan de Accións Formativas para Desem-

pregados (AFD). Un deles está dedi-cado aos labores propios dun xefe de sala, que inclúen o protocolo e a decoración floral na mesa; empe-zou o 1 de agosto e continuará ata o 13 de decembro. No segundo cur-so, iniciado igualmente o primeiro día de agosto e finalizado o 14 de novembro, os alumnos estiveron aprendendo o oficio de sumiller.

Para estas dúas actividades, o cadro de docentes estivo composto por Daniel Romay Piñeiro, Emma Gon-zález Ferreiro, Isabel Calvo Permuy, Orlando Fontán Aboy, Andrés Ro-dríguez Alonso, David Andrés Ló-pez Bao e Antonio Raluy Rodríguez.

Alumnos do curso de sumiller

A PROPIETARIA DA PARADA DAS BESTAS, MERECEDORA DUN PREMIO NACIONAL Á INNOVACIÓN

O día 15 de outubro, María Varela recolleu de mans do ministro de Agricultura, Ali-mentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, e da ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ana Mato, o Premio de Excelencia á Innovación para Mulleres Ru-rais 2012. María é a propietaria e xerente da Parada das Bestas, unha empresa de turis-mo rural situada nunha casa de labranza do século XVIII en Palas de Rei (Lugo).

Page 17: REVISTA HOSTELERIA LUCENSE

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

Nome de secciónNOVOS SOCIOS

17

O restaurante pizzería Matias Locanda Italiana abriu as súas portas en Sarria en setembro do ano pasado. O local no que está situado era unha vella pastelería que foi reformada para cubrir as necesidades dun establecemento hostaleiro, aínda que nel se conserva gran parte do mobiliario anterior. A pasta fresca rechea, a lasaña e a pizza –todas de elaboración propia– son as tres especialidades máis demandadas. Nesta época tamén ofrecen arroz e pasta con boletus. Os postres, elaborados segundo a receita italiana, tamén son caseiros; destacan o tiramisú, a tarta de queixo e o mousse de chocolate. Na tempada de peregrinos abren todos os días, pero nos meses de inverno só o fan de xoves a domingo, dende a unha do mediodía ata a medianoite.

O hotel O Val do Naseiro –de catro estrelas– está situado na parroquia de San Pedro, en pleno val do Naseiro. Das súas 39 habitacións dobres, todas con posibilidade de converterse en triplas ou cuádruplas, algunhas son deluxe, con vistas ao val e máis amplas. Todas teñen aire acondicionado, caixa forte, TV, wifi, minibar e servizo despertador. A maiores dispoñen de dúas suites exclusivas con salón independente. Os hóspedes dispoñen tamén dunha cafetería bufete para o almorzo. O contorno é espectacular, con amplas zonas verdes nas que relaxarse, parque infantil e piscina telescópica. No interior do hotel atópanse o restaurante La Abuela, cuxa especialidade é a mariscada á grella, e o Mesón, cunha ampla subministración de pratos combinados, racións e bocadillos. En ambos os dous sitios ofrecen o menú do día, a 15 euros, caso do restaurante, e a 10 euros, no do Mesón. Ademais, contan cun salón para a celebración de banquetes cun aforamento para 500 comensais e unha terraza cuberta anexa con capacidade para 200 persoas máis.

O restaurante Playa Río Chamoso atópase na área recreativa do río Chamoso, no concello do Corgo. A cociña tradicional é o seu sinal de identidade e entre as súas especialidades destacan os chuletóns de tenreira e de boi, as troitas, as anguías e as codornices. A estes pratos súmase o cocido galego que elaboran no inverno e que leva cachola, lacón, soá, rabo, orella, faldra, chourizo, nabizas, garavanzos e patacas. De luns a sábado ofrecen menú do día por 9 euros para xantar e cear; o dos domingos é un menú especial de 12 euros que inclúe, dependendo do día, callos, paella, entremeses ibéricos e cordeiro, entre outras opcións. O restaurante dispón de dous comedores con capacidade para 70 e 30 persoas e acolle todo tipo de banquetes e ceas-bailes por encargo. Está situado nun contorno privilexiado, rodeado de natureza e cunha praia fluvial ao seu carón. Dispón dunha ampla terraza exterior e dunha sala de exposicións.

En Casa D´Auga –o establecemento toma o seu nome do pozo romano que se conserva no interior e que pode verse a través dun cristal– dedícanse ao “chateo” por copa ou botella acompañado polos insubstituíbles pinchos lucenses, entre os que destacan as minitostas variadas e as tapas de cociña que ofrecen nas fins de semana. Nesta viñoteca situada no rehabilitado barrio da Tinería tamén se poden degustar suxestións delicatessen como a Filloa da lareira, gañadora na categoría de queixo do Cebreiro Marqués de Cernadas na última edición do Concurso de Tapas de Lugo. Tostas, táboas de embutidos, ensaladas, revoltos e carpaccio conforman o resto de propostas culinarias. Nos meses de inverno abre todos os días a partir das 8 da tarde, excepto os domingos e os luns. No verán tamén está aberto en horario de mediodía.

MATIAS LOCANDA ITALIANA

Rúa Maior, 4 – Sarria – Tel.: 982 534 285www.facebook.com/matias.locandaitalianasarriamatiaslocandaitaliana.blogspot.com.es

O VAL DO NASEIRO

San Pedro, s/n – Viveiro – Tel.: 982 598 434www.valdonaseiro.com

PLAYA RÍO CHAMOSO

Lugar de Abuín – O Corgo – Tel.: 634 767 333www.parrilladaplayariochamoso.comwww.facebook.com/parrillada.riochamoso.1

CASA D’AUGA

Rúa do Miño, 30 – Lugo – Tel.: 982 242 589

A cervexería-pub Ruxe Ruxe está rexentada por Octavio Vázquez e Pedro Raposo desde abril de 2011. É o sitio ideal para desfrutar dunhas cervexas ou duns viños e dunha ampla variedade de tapas entre as que destacan a febra ao queixo, o pincho moruno, as aíñas de polo ou as salchichas picantes. E para quen prefira algo máis contundente dispoñen dunha completa carta de hamburguesas, bocadillos e pratos combinados. O groso da actividade desenvólvese a partir das sete da tarde, sobre todo nas fins de semana e máis aínda cando hai fútbol. A partir das once da noite, o Ruxe Ruxe transfórmase nun pub no que tomar as primeiras copas e no que escoitar a mellor música, desde os temas máis comerciais ata outros de rock, house etc. Ademais, neste local tamén se pode xogar ao billar, aos dardos e a numerosos xogos de mesa, e teñen unha confortable terraza cuberta con sofás e estufas.

É probable que moitos aínda o coñezan como Puro Teatro, pero desde finais de setembro este clásico das noites lucenses toma o nome de Sala Castelao. E o nome non é o único que cambiou, xa que, á parte das viñetas de Castelao que agora locen nas paredes, pasou de ser un local onde tomar a primeira copa a enfocarse na última hora, excepto os días nos que acolle actuacións en directo de estilos como blues, jazz ou rock and roll. Abre os xoves, os venres e os sábados a partir da unha da madrugada. Segundo comenta o seu dono, Marcos García, é habitual atoparse aquí con profesionais moi coñecidos da hostalería lucense.

RUXE RUXE

Arroyo, 8 – Quiroga – Tel.: 982 428 300 – 616 611 923www.facebook.com/pubruxeruxe

SALA CASTELAO

Rúa Castelao, 2 – Lugo – Tel.: 630 985 569

Page 18: REVISTA HOSTELERIA LUCENSE

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

NOVOS SOCIOS

18

O restaurante Ginesth, situado no polígono empresarial de Guitiriz, abre todos os días de 7 da mañá a 11 da noite excepto os sábados, que permanece pechado. De luns a venres ofrecen menú do día para xantar e cear a un prezo de 9,50 euros que inclúe catro primeiros pratos e tres segundos a elixir. O do domingo é un pouco máis caro –12 euros– pero, a cambio, o comensal ten un abano máis amplo de posibilidades onde escoller. O rasgo diferencial do Guinesth é que toda a comida é caseira e é a propia dona, Esther Castro, a que se encarga da súa elaboración. O restaurante, no que tamén se poden celebrar banquetes, festas e ceas-baile, ten capacidade para unhas 90 persoas. Conta con terraza exterior.

César Rodrigo Fernández é o novo dono da Esmorga desde o pasado 14 de setembro. Este café bar está enfocado principalmente ao tapeo de tarde-noite e ás retransmisións futbolísticas, para o que conta cun-ha pantalla de 42 pulgadas e un proxector de 100. Á parte das tapas que serven coas consumicións, ofrecen racións, bocadillos, hambur-guesas e demais pratos de consumición rápida. Por outra parte, na Es-morga pódese desfrutar entre amigos dunha partida de billar, futbolín ou dardos. Ademais, é un bo sitio para tomar a primeira copa nas fins de semana. Abre todos os días a partir das 8 da mañá.

Este amplo, e confortable local é ideal para desfrutar dun ambien-te tranquilo e agradable no que o cliente encontrará tanto un servi-zo de cafetería fantástico como a posibilidade de tomar uns viños acompañados de boas tapas ou, xa entrando na noite, desfrutar da primeira copa. Racións e pratos combina-dos completan a oferta para aqueles que gozan dunha comida en calquera momento do día, especialmente durante as retransmisións de eventos de-portivos nas numerosas pantallas que hai no establecemento ou, se o prefi-ren, na ampla terraza exterior.

A Tapería do Centro do Viño cambiou de titu-laridade no mes de xullo, pero a comida ca-seira segue sendo a referencia do local. O que máis se traballa son as racións, as táboas de ibéricos, de queixos e mixtas e as ensaladas. Teñen unha carta de carnes na que sempre hai produtos de tenreira galega, se ben tamén ofrecen por encargo carrilleiras, presa e demais carnes de Porco Celta. E por encargo dispo-ñen ademais dunha completa carta de pescados. Á tapería tamén se pode ir comer o menú do día de luns a sábado por un prezo de 10 euros, con tres primeiros e tres segundos pratos a elixir. O domingo teñen sempre un prato especial de tempada, normalmente en función da festa gastronómica que estean celebrando –agora mesmo están coa do cocido–, ade-mais da comida á carta. Abre todos os días ás 7.30 da mañá e pecha os domingos pola tarde.

GUINESTH

Polígono industrial de Guitiriz, parcela 55 – Tel.: 646 945 382 – 619 946 345

A ESMORGA

ABRENTE

Rúa San Pedro, 41 – Monforte de Lemos – Tel.: 666 483 593 Comercio, 6 – Monforte de Lemos – Tel.: 982 410 934

Carril das Flores, 36 – Lugo – Tel.: 982 815 341

TAPERÍA DO CENTRO DO VIÑO

CERVECERÍA LUGOCAMBIO DE LOCALIZACIÓN Agora na rúa Cedrón del Valle, 1 – Lugo – Tel.: 982 241 764

Desde o 1 de outubro o restaurante Tempo pasou a ser La Norteña, unha cervexería-parrillada máis adaptada aos tempos que corren, con prezos máis económicos e enfocada a un público máis novo. As especialidades da grella son a presa, o segredo e a costela de porco ibérico, así como a tenreira, a vaca e o boi galegos. Tamén dispoñen dunha ampla variedade de pratos á carta e un menú do día por 10 euros. Unha singularidade do local é o prezo único de todas as racións: 6 euros. De luns a venres predomina o ambiente universitario –está situada no campus– pero nas fins de semana ata La Norteña achégase xente de diversas zonas da cidade. Ten capacidade para unhas 50 persoas e conta con terraza exterior.

A cafetería-coctelería A Tu Sa-lud foi inaugurada a finais de 2011. Desde aquela converteu-se no lugar idóneo tanto para comezar o día cun completo almorzo como para saborear un gin-tonic ou un cóctel especial de medianoite acompañado pola mellor música dos anos 80 e da actualidade. E todo isto sen esquecerse dos viños, unidos sempre a orixinais tapas. En canto á súa coidada decoración, combina o moderno con algúns elementos vintage. Permanece aberto de luns a domingo e dispón de terraza exterior todo o ano.

LA NORTEÑA

Avda. Carvalho Calero, 1 – Lugo – Tel.: 630 985 569

A TU SALUD

Montero Ríos, 78-80 – Lugo – Tel.: 982 816 933www.facebook.com/atu.salud.3

CAMBIO DE TITULARIDADE

Page 19: REVISTA HOSTELERIA LUCENSE

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

Nome de secciónNOVOS SOCIOS

19

Agora na rúa Cedrón del Valle, 1 – Lugo – Tel.: 982 241 764

Page 20: REVISTA HOSTELERIA LUCENSE

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 14

NOVOS SOCIOS

20