revista escolar 1
DESCRIPTION
Revista escolar marzo 2011TRANSCRIPT
O noso Nadal
En conxunto é o mesmo que o de miles de casas. Cada un dos membros desta familia,
escribiu nun folio, palabras que lle lembran o Nadal.
Evidentemente a miña pequena escribiu moitas veces a misma palabra “ AGASALLOS “.
Non é de extrañar. Así que me sinto na obriga de contarlle a historia que un día meu pai
me contou a min do Nadal.
“ O Nadal é un señor baixiño e regordiño, xeneroso. Un anciá noble e bo, cun caxato
dourado, que en decembro sae de vacacións e visita todas as casas do mundo, sen
esquecer ningunha. Leva unha maleta chea de Maxia, Ilusión, Desexos....Entra nas
casas e fainos sentir bos sentimentos. Non importa se o teu árbore é grande ou
pequeno, se ten adornos ou tan só algodóns, se a túa casa se enche de xente ou estás
soa, se tes moitos, poucos ou ningún agasallo. Só importa que ti creas na Maxia, no que
che conto e, entón, filla, todo o que pase ou teñas vaiche dar ilusión. Así poderás sentir
de verdade o Nadal!
Queridos nenos, ese homiño só está no noso corazón.
Irene Calvete Corral e familia. ( 1º EP)
* * * * * * * * * * * * *
03/03/2011
Grazas ONG:
• Grazas por axudar aos máis necesitados
• Tamén por estar nos sitios máis pobres
• Grazas por facer rir aos nenos nos momentos difíciles
• Grazas por darlle comida
• Grazas por darlle lugares onde poder vivir
• Todos sodes persoas de boas accións
• Grazas por axudar a todas as persoas indefensas
• Grazas por axudar e curar enfermidades
• Grazas por colaborar
Grazas, grazas, grazas por axudar nas desgrazas. Grazas, grazas, grazas,
Clase 4º A
Meicende , 3 de marzo do 2011
Apreciadas persoas:
As ONGs son organizacións que axudan ás persoas necesitadas. Non dependen do
goberno. Teñen que recaudar fondos para facer estas tarefas. Cada unha axuda dunha
maneira distinta: reparten roupa, curan persoas, crean escolas, dan comida, constrúen
pozos de auga...
Por iso agradeceríamos que cooperasen con elas. Así axudaremos a diminuír a
pobreza, a enfermidade, a ignorancia, a fame, a falta de auga... Entre todos podemos
conseguir un mundo mellor.
Moitas grazas pola súa colaboración.
Un cariñoso saúdo
Clase 4º B
http://www.flickr.com/photos/13883647 @ N05/3127245409
GALERÍA DE ARTE
TRABALLAMOS OS CONTOS : EI 4 ANOS
O galego é o noso idioma
O galego,o noso idioma,
o mellor do mundoconocido en Roma.
O galego,idioma de Galicia,
o galego,para compartir coa familia.
O galego,é historia.
O galego xira arredordo mundo coma unha noria.
O galego,así nos despedimos.
Co galego,o noso amigo.
Autores :Sabela, Jacobo, e Alba P, curso 4º B
* * * * * * * * * * *
http://www.flickr.com/photos/22499764@N04/5473846379
Que si, que si!Un bico bonito.
Que non, que non!Destrozar un niño.
Que si, que si!Coidar un paxaro
Que non, que non!Romper os regalos
Que si, que si!Mimar a un amigo
Que si, que si!Coidar aos demais
Que si, que si!Dar moitos abrazos
Autores : Primeiro Ciclo
http://www.flickr.com/photos/16995443@N03/3007109743
A Paz
A Paz é alegría, é amizade,é bondade, é xenerosidade,
é rematar coa pobrezae que non haxa tristeza.
Está no noso corazón,xurde do noso interior,
impide sentirse inferior,é forte coma un león.
A Paz é liberdade,é o muíño da seguridade,
é saúde, é xustiza,progreso pra mocidade.
Está entre todos nós,procurala é a nosa obrigación,
sembrala é o camiñoda esperanza, do equilibrio...
Autores: Cursos de 4º
* * * * * * * *
http://www.flickr.com/photos/46002144@N00/4987250592
Día da Paz
Non pegarei.Non insultarei.
Non farei chorar.Non romperei.Non criticarei.
Non me reirei dos demais.Axudarei.Cantarei.
Compartirei.Coidarei
e vivirei en PAZ Autores : Clase de 5º
Alumnado de 5º EP
* * * * * * * *Que a vista me falle
Que a vista me fallepois na rúa vin
e escapei ao camiño do vale estiven alí ata que marchaches por fin.
Cando che vin a cara de primorvolvinme porque tiña unha papoula
medrada do meu amor,a funme outra vez soa.
Vista, vista con que vin unha centellaque pasou pola miña cabeza,cando te vin por un segundo
vin unha estrela na miña cabeza.
Cristina Ceide Barbosa 6º A
GALERÍA DE ARTE
DISFRÁZOME DE ................
1º EP
GALERÍA DE ARTE
Os nenos de 3 anos pintámonos así... PODEDES RECOÑECERNOS?
GALERÍA DE ARTE
Os nenos de 3 anos pintámonos así ...PODEDES RECOÑECERNOS?
✗ Medra e achícase e ninguén a ve. Non é a luz apágase, adivina que é .
( A sede)
✗ É un momento moi importante; contas a túa idade desde ese instante
(O nacemento)
✗ Voa que voa, alá vai e alá vén, fai e constrúe, mans non ten
(A imaxinación)
✗ Fríos, moi fríos estamos e cos nosos sabores aos nenos animamos
(Os xeados)
✗ Se che pregunto como se chama este bicho, xa está dito
( A chama)
✗ Que día será? Entre sábado e luns está
( O domingo)
Paula 4º A
* * * * * * * * * *
✔ Como te cases ou te embarques neste día fatal, todo che sairá mal
( O martes)
✔ Nome de cidade teño e todo o que froto, algo lle desprendo
( A lima)
✔ Branca son e, como di a miña veciña, sempre estou na cociña
( A fariña)
✔ Que corta sen tesoiras e aínda que ás veces sempre sube e sube, nunca usa
escaleiras
( O leite)
✔ Teño agullas e non sei coser. Teño números e non sei ler.
( O reloxo) Iván 4º A
✔ É cando non é, e non é cando é. Que é
( A mentira)
✔ Aquí estamos doce irmáns,
eu, que nacín o segundo,
son o máis pequeno entre todos.
Como pode ser así?
(Febreiro)
✔ Eu teño calor e frío
e non frío sen calor
sen ser nin mar nin río
peixes en min vin eu
( A tixola)
Andrea 4º A
* * * * * * * *
XORNAL SUBVENCIONADO POR:• DIRECCIÓN XERAL DE POLÍTICA,NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA• CONCELLO DE ARTEIXO
S. SENDE