reserva da biosfera mariÑas coruÑesas e terras do...
TRANSCRIPT
RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS
CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO San Marcos, s/n 15318 Abegondo – A Coruña Tlfno. 981 669 541 mail: [email protected]
https://biosferamarinasbetanzos.wordpress.com/
PROGRAMA VOLUNTARIADO “RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO”
MEMORIA VOLUNTARIADO ASOCIACIÓN “MARIÑAS – BETANZOS” Páxina 2
INDICE:
A. ASOCIACIÓN MARIÑAS - BETANZOS
1. INTRODUCIÓN.
2. ORGANIZACIÓN DA ASOCIACIÓN.
3. O PROGRAMA LEADER 2007-2013
4. RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO.
5. LIÑAS DE ACCIÓN CONCRETAS DA ASOCIACIÓN MARIÑAS – BETANZOS.
B. PROGRAMA DE VOLUNTARIADO DA ENTIDADE
B.1. FINALIDADE BÁSICA DA ENTIDADE.
B.2. ACTIVIDADES PREVISTAS E ACCIÓNS CONCRETAS OFERTADAS AO VOLUNTARIADO.
B.3. CALENDARIO DE EXECUCIÓN E LUGAR DE DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES.
B.4. RECURSOS POSTOS A DISPOSICIÓN DOS VOLUNTARIOS/AS.
B.5. GASTOS DERIVADOS DA ACCIÓN VOLUNTARIA.
B.6. DEREITOS DAS PERSOAS VOLUNTARIAS.
B.7. PERSOAL QUE PARTICIPA NA ACCIÓN COAS PERSOAS VOLUNTARIAS.
B.8. CANTIDADE DE RECURSOS HUMANOS (2015).
B.9. SEGURO
MEMORIA VOLUNTARIADO ASOCIACIÓN “MARIÑAS – BETANZOS” Páxina 3
A. ASOCIACIÓN MARIÑAS - BETANZOS
1. INTRODUCIÓN.
A Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos”, e unha entidade sen ánimo
de lucro que foi constituída no ano 2008, cun ámbito territorial que abrangue os municipios
de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós
Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado, coa tarefa
principal de xestionar o Programa de desenvolvemento rural -LEADER 2007-2013-.
Esta Asociación nace co obxecto de servir de núcleo de integración e representación dos
diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como
privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación, para
acadar os seguintes fins:
a) Vertebrar os diferentes sectores socioeconómicos e constituír un foro de debate continuo sobre
os problemas da zona, prestando especial atención ós mozos/as, ás mulleres, persoas con
discapacidade e colectivos de difícil inserción sociolaboral, así como á protección do ambiente e á
creación de emprego.
b) Sensibilizar ás administracións locais, autonómica e estatal, así como ás institucións comunitarias
europeas, canalizando as demandas da poboación do territorio, co obxecto de optimizar o
aproveitamento dos recursos endóxenos cara ó seu desenvolvemento harmónico e integral.
c) Ser centro receptor e distribuidor de toda a información relativa ó desenvolvemento
socioeconómico do medio rural, tanto a nivel nacional como internacional.
d) Posibilitar entre os asociados e outros interesados o intercambio de experiencias e metodoloxías
de animación e desenvolvemento socioeconómico.
e) Potenciar, revalorizar e preservar os recursos naturais, culturais, históricos e artísticos do
territorio.
f) Concienciar á poboación da necesidade de protexer o ambiente e o contorno rural, e tomar
parte activa niso, mediante actividades orixinais e innovadoras.
g) Formular e transmitir á poboación a estratexia adecuada para lograr o desenvolvemento
territorial.
h) Articular unha dinámica de participación que facilite o desenvolvemento social e económico.
MEMORIA VOLUNTARIADO ASOCIACIÓN “MARIÑAS – BETANZOS” Páxina 4
A Asociación Mariñas Betanzos é o ente xestor da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e
Terras do Mandeo”, declarada oficialmente o 28 de maio de 2013 pola UNESCO, na XXV
Reunión do Comité Internacional do Programa Man and Biosphere (MaB). As Reservas de
Biosfera son recoñecidas pola UNESCO a nivel mundial, conformando territorios e
sociedades comprometidos coa conxugación do desenvolvemento socioeconómico e a
sostibilidade ambiental. A declaración como Reserva de Biosfera ven a fortalecer o
prestixio deste territorio, abrindo novas oportunidades para os seus produtos e servizos,
pero tamén a mellorar e avanzar na gobernanza participativa e baseada no coñecemento.
A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, comprende aos concellos
coruñeses de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós,
Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado, que
corresponden coas cuncas hidrográficas dos ríos Mandeo e Mero.
Dende o ente xestor da Reserva de Biosfera, vense traballando na posta en marcha de
iniciativas dirixidas ao desenvolvemento rural; ao fomento da innovación no sector
agroalimentario; á dinamización do emprendemento e á mellora da calidade de vida, así
como á recuperación da biodiversidade ou á loita frente o cambio climático.
MEMORIA VOLUNTARIADO ASOCIACIÓN “MARIÑAS – BETANZOS” Páxina 5
2. ORGANIZACIÓN DA ASOCIACIÓN. A Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos” réxese por unha Asemblea
Xeral, organizada en Mesas Sectoriais, e unha Xunta Directiva elixida pola Asemblea.
A Asemblea Xeral
A Asemblea Xeral é o máximo órgano de decisión da Asociación e está integrada por todas
as entidades que forman parte dela. A Asemblea Xeral reúnese con carácter ordinario unha
vez ó ano co obxecto de avaliar o funcionamento de “Mariñas – Betanzos”, aprobar as
contas anuais así como os orzamentos para o vindeiro ano.
As Mesas Sectoriais
As entidades integradas na Asemblea Xeral organízanse en Mesas Sectoriais, nas cales se
poñen en común a problemática do sector que representan coa finalidade de establecer
posibles actuacións de mellora, canalizando á Xunta Directiva aquelas suxestións,
demandas, proxectos e iniciativas que o sector considere.
As Mesas Sectoriais constitúen a base da participación e difusión da información para as
entidades que operan no territorio. Teñen como finalidade dinamizar sectorialmente ós
actores locais implicados no desenvolvemento do territorio, así como servir de canle
informativo da Asociación.
Actualmente as Mesas Sectoriais están organizadas da seguinte forma: 1) Mesa do sector
agrario, gandeiro e cooperativo; 2) Mesa do sector forestal e da madeira; 3) Mesa de
asociacións de mulleres; 4) Mesa de asociacións xuvenís e colectivos xuvenís; 5) Mesa de
asociacións deportivas, recreativas, de veciños, culturais, ANPAS; 6) Mesa de artesanía; 7)
Mesa de asociacións e colectivos medioambientais ou actividades na natureza; 8) Mesa do
sector de turismo e hostalería; 9) Mesa de asociacións de empresarios multisectoriais; 10)
Mesa de colectivos de interese social, discapacidade e ONG´s; 11) Mesa do sector
institucional; 12) Mesa das administracións locais; 13) Mesa da pesca, marisqueo,
acuicultura.
MEMORIA VOLUNTARIADO ASOCIACIÓN “MARIÑAS – BETANZOS” Páxina 6
MESA SECTORIAL Nº ENTIDADES
ADMINISTRACIÓNS LOCAIS 17
ASOCIACIÓNS EMPRESARIOS MULTISECTORIAIS 11
ASOCIACIONS DEPORTIVAS, RECREATIVAS, DE VECIÑOS, CULTURAIS, ANPAS 27
ASOCIACIÓNS E COLECTIVOS DE MULLERES 11
ASOCIACIÓNS E COLECTIVOS MEDIOAMBIENTAIS OU ACTIVIDADES NA NATUREZA 14
ASOCIACIÓNS XUVENÍS E COLECTIVOS XUVENÍS 2
COLECTIVOS DE INTERESE SOCIAL, DISCAPACIDADE E ONG´S 14
MESA DA ARTESANIA 1
PESCA, MARISQUEO, ACUICULTURA 3
SECTOR AGRARIO, GANDEIRO E COOPERATIVO 11
SECTOR DE TURISMO E HOSTALERIA 4
SECTOR FORESTAL E DA MADEIRA 6
SECTOR INSTITUCIONAL 8
TOTAL ENTIDADES ASOCIADAS 129
A Xunta Directiva
A Xunta Directiva da asociación está formada polos representantes das entidades asociadas
organizadas sectorialmente e elixidos pola Asemblea Xeral, en función da pertenza destes
a cada mesa sectorial, de acordo coa representatividade que a Asemblea Xeral lle outorgou
a cada unha delas.
É o máximo órgano executivo, reuníndose xeralmente unha vez ó mes, co obxecto de fixar
as liñas concretas de actuación e aprobar ou denegar os Informes previamente verificados
por AGADER dos Proxectos LEADER.
TOTAL MEMBROS XUNTA DIRECTIVA: 26
PERSOAL DA ASOCIACIÓN MARIÑAS - BETANZOS
O persoal laboral da Asociación “Mariñas – Betanzos” a 31 de decembro de 2014 e o
seguinte:
1. Xerente Programa LEADER: Jorge M. Blanco Ballón
2. Técnica de Proxectos: Concepción Bonome González
3. Auxiliar Administrativa: Isabel Eiriz Naveira
4. Técnico de Proxectos: Diego Miranda Barrós
5. Técnico de Proxectos: Miguel Fernández Pardo
MEMORIA VOLUNTARIADO ASOCIACIÓN “MARIÑAS – BETANZOS” Páxina 7
3. O PROGRAMA LEADER 2007-2013.
Para acadar os obxectivos que se teñen marcado desde a Asociación de Desenvolvemento
Rural “Mariñas-Betanzos” estanse a executar distintos programas e/ou proxectos, entre os
que hai que destacar o Programa LEADER (2007-2013).
Desde a Consellería do Medio Rural se ten elaborado o “Programa de Desenvolvemento
Rural (PDR) de Galicia 2007-2013”, que contempla as actuacións en materia de
desenvolvemento rural, cofinanciadas con fondos europeos, coas que se pretende realizar
un esforzo que permita acadar un medio rural sólido e viable no horizonte do 2013.
O Programa LEADER é un dos catro eixos estratéxicos que conforman o Programa de
Desenvolvemento Rural. O enfoque LEADER parte do enfoque “abaixo-arriba”, onde a
estratexia de desenvolvemento se realiza desde o ámbito local e a capacidade de decisión
reside na unión dos axentes locais (Públicos e Privados) que desenvolven proxectos
tratando de implicar aos diferentes sectores do territorio, fomentando o emprego e o
traballo en rede e incorporando a innovación aos procesos de desenvolvemento
socioeconómico como un elemento importante.
A tipoloxía de actuacións subvencionables a través do Programa LEADER (Mariñas-Betanzos)
son as seguintes:
Proxectos para a dinamización do sector agrario e forestal.
Actuacións para a mellora medioambiental e do contorno rural.
Proxectos para a diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida.
A Xunta de Galicia aprobou a concesión de novos fondos para o territorio de Mariñas –
Betanzos para os anos 2014 e 2015.
No ano 2015 a Asociación comezará a traballar na nova convocatoria do Programa de
Desenvolvemento Rural 2014-2020, para solicitar un novo Programa de Axudas para o
territorio.
MEMORIA VOLUNTARIADO ASOCIACIÓN “MARIÑAS – BETANZOS” Páxina 8
4. RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO. PLAN DE
XESTIÓN 2013-2017
A candidatura da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” establece o
Plan de Acción para o período 2013 – 2022, aprobado pola UNESCO na declaración oficial da
Reserva da Biosfera.
Na primeira reunión do Consello de Dirección da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e
Terras do Mandeo”, celebrada o día 18 de xuño de 2013, acórdase traballar na elaboración
dun Plan de Xestión (2013 – 2017) a cinco anos que concrete as accións recollidas no Plan
de Acción (2013 – 2022).
Este Plan de Xestión é froito da participación e consenso dos axentes do territorio e das
entidades que participan na xestión e que teñen competencias na Reserva da Biosfera (a
participación é un principio que se está a impulsar desde a UNESCO no desenvolvemento do
Programa MaB).
Hai que destacar o enfoque de abaixo a arriba na formulación deste Plan de Xestión, que
será resultado do debate e a participación das Mesas Sectoriais e a Xunta Directiva da
A.D.R. “Mariñas-Betanzos”, do Consello de Dirección, Comités Científico e de
Participación, as Comisións Técnicas da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras
do Mandeo”, así como o público interesado en xeral.
Este Plan de Xestión constitúe un plan de desenvolvemento sostible da Reserva da
Biosfera, cuxa finalidade é establecer as liñas de actuación concretas para o cumprimento
dos obxectivos das Reservas da Biosfera para o período 2013 – 2017.
A posta en marcha e desenvolvemento do Plan de Xestión (2013 – 2017) vai a desenvolver a
Visión compartida e a Misión da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do
Mandeo”.
A Visión céntrase en fomentar o aproveitamento sostible dos recursos endóxenos, así como
a conservación do patrimonio natural e cultural que identifica a este territorio, permitindo
a mellora da calidade de vida da poboación local.
MEMORIA VOLUNTARIADO ASOCIACIÓN “MARIÑAS – BETANZOS” Páxina 9
Esta Reserva de Biosfera mediante a participación dos seus poboadores, comprometeuse
coa conservación dos recursos naturais a través dun modelo de desenvolvemento
socioeconómico sostible que xere oportunidades para a igualdade social, sen comprometer
a xeracións futuras, mellorando o uso racional do territorio e a súa gobernanza,
desenvolvendo actividades de formación e investigación, así como poñendo en marcha
experiencias demostrativas de desenvolvemento sostible.
A Misión da Reserva de Biosfera é:
A. Promover a mellora da calidade de vida e o reforzo dos sectores produtivos
mediante a súa integración cos obxectivos e principios de conservación e
sostibilidade da Reserva de Biosfera.
B. Garantir un desenvolvemento sostible do espazo rural é necesario para apoiar a
mellora de renda das explotacións de forma integral, incluíndo a mellora da
calidade das producións, o respecto ao medio ambiente, o mantemento dos servizos
dos ecosistemas e a diversificación das actividades.
C. Outro dos retos desta Reserva de Biosfera será impulsar modelos de produción e
consumo máis sostibles, que permitan contribuír á mitigación do cambio climático
reducindo as emisións de CO2, así como solucionar os problemas derivados da gran
demanda enerxética actual e da dependencia dos combustibles fósiles.
D. Asegurar a recuperación, conservación e protección dos valores ambientais e
culturais do territorio, así como fomentar o aproveitamento sostible dos recursos
naturais.
E. Contribuír a enfrontar os grandes retos do século XXI baixo o prisma da
investigación, a aprendizaxe, a cooperación, a comunicación, a innovación, a
sostibilidade e a cohesión social, promovendo deste modo un crecemento
participativo, sostible e integrador da Reserva de Biosfera, e xerando un entorno de
coñecemento. As funcións das Reservas de Biosfera presupoñen a implicación das
poboacións locais e outros axentes sociais na xestión do territorio e o
desenvolvemento do plan de actuacións. Só deste modo poderán acadarse os fins da
Reserva en canto a harmonizar desenvolvemento e conservación.
MEMORIA VOLUNTARIADO ASOCIACIÓN “MARIÑAS – BETANZOS” Páxina 10
O Plan de Xestión (2013 – 2017), estrutúrase nas seguintes liñas de acción:
A. XESTIÓN ADAPTATIVA, COMUNICACIÓN E COOPERACIÓN
B. ENTORNO SOCIOECONÓMICO, EMPREGO E CAMBIO CLIMÁTICO
C. SOSTIBILIDADE DO MEDIO RURAL E DO MEDIO MARIÑO, PRODUCIÓNS E SERVIZOS
D. CIENCIA E DESENVOLVEMENTO DE CAPACIDADES
E. CONSERVACIÓN DOS RECURSOS NATURAIS E PATRIMONIAIS
5. LIÑAS DE ACCIÓNS CONCRETAS DA ASOCIACIÓN MARIÑAS – BETANZOS-
RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO. Liñas de
traballo.
1. Xestión adaptativa, Comunicación e Cooperación.
2. Conservación dos recursos naturais e patrimoniais.
3. Sostibilidade do medio rural e mariño, producións e servizos
4. Ciencia e desenvolvemento de capacidades.
5. Entorno socioeconómico, emprendemento e cambio climático.
MEMORIA VOLUNTARIADO ASOCIACIÓN “MARIÑAS – BETANZOS” Páxina 11
B. PROGRAMA DE VOLUNTARIADO DA
ENTIDADE
B.1. FINALIDADE BÁSICA DA ENTIDADE:
Segundo os Estatutos, a Asociación constitúese coa finalidade de ser o núcleo de
integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e
económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do
territorio de actuación.
Entidade xestora da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e do
Programa LEADER.
B.2. ACTIVIDADES PREVISTAS E ACCIÓNS CONCRETAS OFERTADAS AO
VOLUNTARIADO:
O persoal voluntario prestará apoio nas liñas de traballo comprendidas no Plan de Xestión
da Reserva da Biosfera “MCeTM” aprobado pola Xunta Directiva da Asociación “Mariñas –
Betanzos”:
Liña 2. Conservación dos recursos naturais e patrimoniais: Accións encamiñadas á
conservación, recuperación, difusión e mellora dos recursos naturais e patrimoniais.
Liña 3. Sostibilidade do medio rural e mariño, producións e servizos: Accións para
mellorar a calidade de vida da poboación, fomentar a sostibilidade e a diversificación das
actividades agrogandeiras e do mar, facilitando a incorporación de novos activos; reforzar
as actividades artesanais e de calidade, fomentando a comercialización e consumo local.
Creación de marcas de calidade para os produtos e servizos da Reserva.
Liña 4. Ciencia e desenvolvemento de capacidades: Mellorar a investigación e o
coñecemento sobre os recursos da Reserva da Biosfera e o seu aproveitamento sostible.
Liña 5. Entorno socioeconómico, emprendemento e cambio climático: Accións dirixidas
a fomentar o emprego e o emprendemento sostible, e responsabilidade empresarial.
2. APOIO NAS TAREFAS DO PLAN ALIMENTARIO DA RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS
CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO. 2014-2017.
MEMORIA VOLUNTARIADO ASOCIACIÓN “MARIÑAS – BETANZOS” Páxina 12
3. APOIO NA ELABORACIÓN SOLICITUDES CANDIDATURAS DOUTROS PROXECTOS: LIFE,
INTERREG, EUROPA PARA OS CIDADÁNS…..ELABORADAS POLA ASOCIACIÓN MARIÑAS
BETANZOS.
4. TAREFAS DE APOIO AO EMPRENDEMENTO SOCIAL: ASESORAMENTO A PERSOAS NOVAS,
PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL, MULLERES….DO TERRITORIO DA RESERVA DA
BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO. SERVIZOS SOCIAIS.
5. DIFUSIÓN E DINAMIZACIÓN SOCIAL.
B3. CALENDARIO DE EXECUCIÓN E LUGAR DE DESENVOLVEMENTO
DAS ACTIVIDADES.
Os voluntarios/as dos diferentes proxectos, desenvolveran a súa actividade no territorio de
Mariñas – Betanzos, apoiándose na sede do GDR Mariñas – Betanzos en Abegondo: Rúa San
Marcos, s/n (Antiga Cámara Agraria 1ª planta) 15318 Abegondo (A Coruña).
O horario dos voluntarios/as que participen nestes Programas adaptaríase ás
dispoñibilidades do voluntariado.
A Sede ten o seguinte horario de apertura:
Inverno: Luns a Venres de 8.00 a 15.00 horas (Tardes de luns a xoves 16.00 a 18.30 horas)
Verán: Luns a Venres de 8.00 a 15.00 horas.
B4. RECURSOS POSTOS A DISPOSICIÓN DOS VOLUNTARIOS/AS:
Todos os voluntarios/as terán a súa disposición os medios e recursos necesarios para
desenvolver con éxito o seu desempeño.
A sede da Asociación dispón de ordenadores, impresoras, material de oficina, cámaras de
fotos e cámara de vídeo.
B5. GASTOS DERIVADOS DA ACCIÓN VOLUNTARIA:
As persoas voluntarias que participen nestes Programas serán reembolsadas dos gastos que
poidan ocasionarlles esta actividade de voluntariado, exceptuando os gastos de
desprazamentos á sede da Asociación.
Os gastos de desprazamento serán aboados a 0,19€ por quilómetro en vehículo propio.
MEMORIA VOLUNTARIADO ASOCIACIÓN “MARIÑAS – BETANZOS” Páxina 13
B6. DEREITOS DAS PERSOAS VOLUNTARIAS:
As persoas voluntarias que participen nestes programas recibirán certificación da
súa participación, como recoñecemento do seu valor social para que poidan incluílo
no seu curriculum, e as horas efectivamente adicadas.
Poderán cesar libremente na súa condición de persoas voluntarias cando o desexen.
Non serán asignadas na execución de tarefas alleas aos fins e natureza da entidade.
Outros que se recollen na Lei 3/2000, do 22 de decembro, do voluntariado de
Galicia.
B7. PERSOAL QUE PARTICIPA NA ACCIÓN COAS PERSOAS
VOLUNTARIAS:
O seguimento e distribución das actividades e voluntarios/as nos diferentes Programas será
coordinado polo Xerente da Asociación, Jorge M. Blanco Ballón.
B8. CANTIDADE DE RECURSOS HUMANOS (2015):
- VOLUNTARIOS QUE PARTICIPAN NA XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN: 26
B9. SEGURO COMPAÑÍA:
Todas as persoas voluntarias que participen neste Programa estarán aseguradas polos riscos
que poidan derivarse do exercicio da actividade voluntaria, polos capitais que
regulamentariamente se establezan.
Actualmente existe unha póliza de Responsabilidade Civil para asistentes a cursos de
formación voluntarios.
Este Programa rexerase pola Lei 10/2011, de 28 de novembro, de acción voluntaria da
Xunta de Galicia, unha vez aprobado pola Xunta Directiva da Asociación Mariñas –
Betanzos.
Abegondo, 1 de xaneiro de 2015
Asdo.: José Antonio Santiso Miramontes
Presidente Asociación Mariñas - Betanzos