redeiras para o blog

11
5º PRIMARIA CEIP A SANGRIÑA Para o proxecto da biblioteca: “coñece o teu pobo”

Upload: maribiblioteca

Post on 04-Aug-2015

54 views

Category:

Documents


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Redeiras para o blog

5º PRIMARIA CEIP A SANGRIÑA

Para o proxecto da biblioteca: “coñece o teu pobo”

Page 2: Redeiras para o blog

1. CONCEPTO: quen son e que fan

O oficio de redeira ten unha grande tradición no noso país. Aínda que comezou sendo un traballo de homes,en terra eran mulleres (atadeiras),as que reparaban os aparellos para que os mariñeiros puideran volver ó mar.

O oficio da pesca non sería o mesmo sen o traballo das redeiras .Elas constrúen e reparan os aparellos de redes,que son imprescindibles para a pesca.

Antigamente, eran as propias mulleres dos mariñeiros, irmás, fillas, as que realizaban esta labor.

As redeiras traballan moitas horas pero teñen un salario moi baixo para o que fan.

2. DIFERENTES ARTES DE PESCA

2.1. o arrastón:

Clase de rede do Baixo Miño para coller o camarón. Son uns paus que arrastran unas redes para atrapar os peixes nas profundidades.

Page 3: Redeiras para o blog

2.2. os rascos:

O pano con fío de nailon emprégase para a captura de boi, langosta, centola etc.

O pano con fío de tanza para a captura de peixes.

Tamén recibe os nomes de: raeira, rascas e rasquiños.

2.1. o trasmallo:

É a arte de rede fixo enmalle máis tradicional e de maior importancia .

Está formado por tres panos de rede superpostos e cosidos directamente ós cabos transversais ( relingas ) superior e inferior. Os panos exteriores son iguais. Ten una abertura de malla grande, maior de vinte centímetros colocados entre si simetricamente, o outro é o pano central, ten a malla de menor tamaño, maior de catro centímetros e é máis largo que os outros, isto forma bolsas repartidas nas que quedan atrapadas as capturas.

Page 4: Redeiras para o blog

A parte superior é de boiarines e a inferior de chumbos, así queda vertical.

Como atrapa os peixes ? : o peixe pasa pola malla máis grande e tropeza coa rede central estreita, arrastrándoa para adiante atravesando a terceira, con isto se forma unha trampa parecida a unha bolsa de malla estreita da que non pode escapar. Mantense sumerxida entre dez e doce horas.

2.1. a sableira:

Son redes de tanza feitas especificamente para a pesca do sable no Miño. Son iguais que a lampreeira pero coa malla máis grande e de tanza.

3. as ferramentas das redeiras:

As ferramentas das redeiras son:

-AGULLA: é un tipo de agulla plástica dura para meter o fío das redes.

Page 5: Redeiras para o blog

-NAVALLA: é un coitelo plegable para regular as redes.

Noutros sitios usan as tesoiras.

-FÍO NAILON: Os cavos son unha parte de cadea e a outra de cable de nailon.

-PAU PARA AS MEDIDAS:

Antigamente, usaban as FORMAS

4. AS REDEIRAS : OUTRAS LABORES

Outras labores das redeiras poden ser : artesanía, reciclaxe… etc.

-ARTESANÍA: Para as redeiras a artesanía é unha nova oportunidade. Utilizan técnicas artesanais propias do seu traballo adaptadas a complementos personais. Fan artesanía para buscar innovación. Traballan : bolsos, chales, bragas de pescozo, colgantes, broches, pulseiras, gargantillas, brazaletes…..

-RECICLAXE: Quitan o chumbo das redes e o plástico para reciclalo e os mandan a unha empresa galega para facer cousas diversas: interruptores de luz, material para tanza…

Page 6: Redeiras para o blog

5. FOTOS DE ANTES DE DE HOXE:

Esta redeira esta reparando unha rede moi larga.

Unha redeira de fai moito tempo facendo unha boa rede para os mariñeiros que collen o que lles da o mar.

Foto de vellas redeiras:

Page 7: Redeiras para o blog

Outras fotos:

6. asociación de redeiras atalaia

http://www.redeirasdegalicia.org/asociacions/atalaia.asp

CANDO SE CREOU:Foi constituida no ano 2.004.Desenvolven a súa actividade nunha nave no porto da Guarda

Page 8: Redeiras para o blog

QUE QUEREN CONSEGUIR:queren dar a coñecer entre a poboación escolar os oficios do mar da Guarda e a importancia que teñen para o desenvolvemento da súa profesión e a innovación.

QUE FAN. As redeiras arreglan redes e fan productos artesanais como pendentes, bolsos ,colgantes ,broches, tocados e bragas de pescozo.

FALAMOS COAS REDEIRAS:

QUE É UNHA REDE?

A rede é un conxunto de fíos, tecidos e amarrados.

COMO SE FAN?

Fáense manualmente, con paciencia, gañas e maña.

ONDE SE FAN?

Legalmente, na Guarda na nosa nave do porto, pero poden facerse en calquera lugar.

DE QUE MATERIAIS SE ELABORAN?

Fanse de monofilamento, multifilamento, fío, corchos, chumbos, nailón e cordas.

Page 9: Redeiras para o blog

PARA QUE SE ELABORAN?

Fanse para pescar, cada rede ten un uso distinto.

¿QUE SE PESCA NA ZONA?

Péscase: pescada, rape, lampreas, marisco (langosta, boi, centola, bogavante).

TIPOS DE REDES:

Trasmallos, miños, lampreeiras, volantas, raeiras...

TIPOS DE REDES QUE USAN AS REDEIRAS DA GUARDA

Todas as anteriores.

COMO SE ARMAN?

Temos a corda de corcho e a de chumbo, temos que unilo co pano, para iso necesitamos agullas e fios. Unimos as cordas con nós e zocando,isto é, tirando con forza, collendo diferentes mallas para terminar o pano.

(O noso agradecemento ás REDEIRAS DA GUARDA que tan ben nos acolleron na súa nave e puxeron á nosa disposición materiais e explicacións)

Page 10: Redeiras para o blog
Page 11: Redeiras para o blog

INVESTIGACIÓN FEITA POR:

*Aitor/Lucas

*Valeria/Dafne

*Eladio/ Alex

*Eva/Hugo

*Nuria/Duna/Lucía

*Hugo/Iago

*Aldara/Raúl

*Nahir/Yoel

*Nicolás/Yamila

*Antonio/Catalina/Aldara

*Rubén/Gonzalo/Nayara