recomendacións 2º trimestre 2014

2
Desde 1967, a Organización Internacional do Libro Infantil promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil . A elección da data coincide coa de na- cemento de Hans Cristiam Andersen. Este ano o cartel protagonízao Irlanda que seleccionou á escritora Siobhán Parkinson e á ilustradora Niam Shar- key para elaborar o cartel conmemorativo xunto cunha mensaxe dirixida aos nenos/- as. Siobhán Parkinson É unha es- critora para nenos e adultos. Pu- blicou máis de 25 títulos desde que, no 1992, comenzou a es- cribir. Na actualidade traballa como editora en Little Island Books e reali- za obradoiros literarios en universidades. Niamh Sharkey É unha pre- miada escritora e ilustradora de libros de imaxes infantís. Posúe os prestixiosos ga- lardóns «Mother Goose Award» e ol «Bisto Book of the year”. Nimbos. Xosé Mª Díaz Castro. Co- lección Dombate. Editorial Galaxia Xosé Mª Díaz Castro vida e obra. Armando Requeixo. Edi- torial Galaxia. O Homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2014 é Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo). Publicou en varias revistas, entre elas “Lluvia de rosas” (Tarragona) e “Alba”. A súa consagración produciuse coa aparición do tomo IV da Es- colma da poesía galega (1955) de Francisco Fernández del Riego. CONMEMORACIÓNS: 8 de marzo. Día da muller traballadora 21 de marzo. Día da poesía 2 de abril. Día do libro infantil e xuvenil 23 de abril. Día do libro 17 de maio. Día das Letras Galegas

Upload: barbonbiblio

Post on 24-Mar-2016

220 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Recomendacións 2º trimestre 2014

Desde 1967, a Organización

Internacional do Libro Infantil

promove a celebración do

Día Internacional do Libro

Infantil e Xuvenil . A elección

da data coincide coa de na-

cemento de Hans Cristiam

Andersen. Este ano o cartel protagonízao

Irlanda que seleccionou á escritora Siobhán

Parkinson e á ilustradora Niam Shar-

key para elaborar o cartel conmemorativo

xunto cunha mensaxe dirixida aos nenos/-

as.

Siobhán Parkinson É unha es-

critora para nenos e adultos. Pu-

blicou máis de 25 títulos desde

que, no 1992, comenzou a es-

cribir. Na actualidade traballa

como editora en Little Island Books e reali-

za obradoiros literarios en universidades.

Niamh Sharkey É unha pre-

miada escritora e ilustradora

de libros de imaxes infantís.

Posúe os prestixiosos ga-

lardóns «Mother Goose

Award» e ol «Bisto Book of the

year”.

Nimbos. Xosé Mª Díaz Castro. Co-

lección Dombate. Editorial Galaxia

Xosé Mª Díaz Castro vida e

obra. Armando Requeixo. Edi-

torial Galaxia.

O Homenaxeado no Día das Letras Galegas

do 2014 é Xosé María Díaz Castro (1914 -

1989), poeta orixinario de Os Vilares de

Parga, Guitiriz (Lugo). Publicou en varias

revistas, entre elas “Lluvia de rosas”

(Tarragona) e “Alba”. A súa consagración

produciuse coa aparición do tomo IV da Es-

colma da poesía galega (1955) de Francisco

Fernández del Riego.

CONMEMORACIÓNS:

8 de marzo. Día da muller traballadora

21 de marzo. Día da poesía

2 de abril. Día do libro infantil e xuvenil

23 de abril. Día do libro

17 de maio. Día das Letras Galegas

Page 2: Recomendacións 2º trimestre 2014

Arturo. Xosé Manuel

González “Oli”. Iustrado

por Marck Taeger. Edito-

rial Kalandraka.

El dragón y la mariposa.

Michael Ende. Alfaguara In-

fantil.

O grúfalo. Julia Donaldson

&Axel Scheffler. Patasde-

peixe editora.

Jack e

a morte. OQO edito-

r a . T i m B o w -

ley&Natalie Pudalov.

Versión do conto tradi-

cional británico “A

morte atrapada nunha

noz” creada polo pres-

tixioso narrador Tim

Bowley.

Vida e morte son parte da mesma moeda

e sen unha non existiría a outra.

O Día da Poesía conmemórase cada 21 de

marzo co propósito de consagrar a palabra

esencial e a reflexión sobre o noso tempo.

A UNESCO nomeou capital Mundial do li-

bro para o 2014 á cidade de Port Harcourt,

Nixeria.

PREMIO MERLÍN DE LITERATURA

INFANTIL 2013

O castañeiro de abril.

Antonio Fraga&Antonio

Seijas. Editorial Xerais.

Buto, o zapateiro, conta a

historia do seu amigo Baltasar, un rapaz de

once anos, cego de nacemento e orfo de

nai, que vive coas súas tías. Acompañado

do seu can, Barriga Branca, Baltasar vende

na praza dos Zoqueiros soldadiños e baila-

rinas de madeira, coa intención de xuntar

cartos para reunirse co seu pai. A aparición

na praza do Castañeiro de Abril provocará

un xiro na súa vida e unha chea de aconte-

cementos que trastornan a vida da xente

do seu barrio.

Maruxa. Eva Mejuto&Mafalda Milhöes. OQO

Editora.

Maruxa decide dar unha lección ao seu mari-

do. Moi astuta, Maruxa logrará que Pepiño

tome consciencia de que o traballo da casa

está mal repartido. Este álbum está baseado

na canción popular polaca Maryna gotuj pie-

rogi, unha das máis coñecidas do repertorio

folclórico do país.

O texto, en versos de seis sílabas, busca

manter o ritmo da canción orixinal. O mesmo

que a canción, a autora presenta este texto

en forma de diálogo xa que o relato baséase

na rifa que teñen Maruxa e o seu home, Pe-

piño, cando este lle di que faga o pan.