recital poesía

55
IIIº FESTIVAL DE POESÍA MAIO 2011 BIBLIOTECA- EDLG DO IES MONTE CARRASCO

Upload: luzjares

Post on 24-May-2015

259 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Recital Poesía

IIIº FESTIVAL DE POESÍAMAIO 2011

BIBLIOTECA- EDLG DO

IES MONTE CARRASCO

Page 2: Recital Poesía

Os 5 motivos para ler Poesía.

A poesía non morde, non fai dano e, aínda que hai quen pense o contrario, non é aburrida, nin romanticona, nin ridícula, nin difícil. E hai moitos tipos de poesía para que elixamos.

Page 3: Recital Poesía

2

A poesía serve para ler, cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, declararse, rebelarse contra o mundo ou para sinxelamente murmurar suave ao oído. Tamén é un somnífero para durmir ben unha pastilla sen química que mellora a saúde e o benestar, e relaxa as persoas. e serve, sobre todo, para explicar as razóns e as emocións que non veñen no dicionario.

Page 4: Recital Poesía

3

Os poemas son como caixas de ferramentas, valen para todo: para sentilos, apalpalos, lelos, ulilos, gardalos nun armario, ensucialos, para ligar, para poñelos enriba da cabeza, colgalos na parede, limpalos, recortalos, reescribilos, merendalos nun bocadillo de papel, ordenalos, metelos na neveira e lelos coa cabeza máis fría, ou deixalos sobre a cama para devoralos á noite, clandestinamente, cando todos se deitaron. ademais, a poesía cura enfermidades como a impaciencia, os nervios, os pés planos, os enfados, a dor de cabeza, as feridas imprevistas, as dores de amor, as indixestións, a ansiedade e algunhas gripes.

Page 5: Recital Poesía

4

A poesía está nas cousas que nos rodean a diario, na música, na amizade, no supermercado, na risa, na moto, no váter, na esperanza, na rutina, nas cousas persoais, na canella sen saída, no mar contaminado, na tristura, no teu barrio, no ceo cuberto, no ordenador, nun berro, na paisaxe, na conversación e nas rúas. Onde ti queiras.

Page 6: Recital Poesía

5 O importante da poesía non é obsesionarse con descifrala , senón saber

gozala, sentila, e intuíla. Na poesía reconforta sentir o seu ritmo, a súa música, a súa sonoridade, os seus xogos de palabras que por veces nos cegan, as imaxes fascinantes que nos ofrece. E tamén os seus enigmas. Poetizarse. En definitiva, facer da poesía un pracer.

(5 MOTIVOS PARA LER POESÍA)FRAN ALONSO

Page 7: Recital Poesía

CURIOSIDADE

Saber que està un a morteE o corpo é unha paisaxe de batalla:Unha carnicería no cerebro.

¿Permitirías ti, amor deserto, Que nesta febre penitente abrise A derradeira porta e pechaseDetràs miña, sonámbulo e impasible,Ou porías o péentre ela e o destino

POEMAS DE LOIS PEREIRO

Page 8: Recital Poesía

Guerra de desgaste.Guerra psicolóxicaResistencia pasiva, Resistencia frontalE a rebelión. É o shock.E logo o “impasse”, a guerra fría.Pero obxectivo sempre e victoria ou morte.A vixía terà que ser constante e

rigorosa.

Page 9: Recital Poesía

Desde a superficie dun novo e imprevisto salvamento

Sería a luz que me alagaba os ollosDa vida roubada á morte veciñaPero todos me apalpaban incrédulosColléndome das mans.Todos aqueles que me amaran mortoAmábanme máis vivo.Abríranse dúas portas en direccións opostasE escollín a que se abría cara á vidaCo sol entrando a eito polas fiestras.Tería que reanudarmeE regresar á miña propia vidaSen contaxiarme outra vez de min mesmo.Retocaría o guiónE mudaría outra vez de personaxeRetomando a perdidaAprendizaxe.

Page 10: Recital Poesía

Le vent se lève,! il faut tenter de vivre.!

Paul Valéry

REVISANDO OS DANOS

A man dereita á dereita do corpo,A man esquerda á esquerda.En plenas facultades,Teño a cabeza no centro do mundoE voulle cambiando os argumentosÓs meus soños escasos e prudentes.

Page 11: Recital Poesía

“Ti, única desde por e para sempre,Fagas o que fagas, ou esteas onde esteas

Para Ela, que me reanudou sen dor entrePoemas; todo o que podo e que aínda teño

Por Ela, Ela e ElaÁ miña beira sempre, e eu nelas

E a todas Elas, as que foron, son e seránObxecto e causaDeste amor que resucita ilimitado.

Page 12: Recital Poesía

( No amor, como na guerra, nunca oímosO tiro que nos alcanza.A morte, como o amor, nunca advirte por Onde se nos achega…)

Namorado outra vezDo amor que levo dentroA sede enfurecida dun futuroEsgotou as miñas alternativasLevándome dereito cara ó impacto:Un proxectil conxelado no aireA poucos metros dun corazón fríoE agardo o menor signo de calorPara abrir a súa pel e entrar no sangueVencido pola forza do desexoCegamente e sen medoÓ posible desastre.

Page 13: Recital Poesía

( Ausencia ou presencia non alteranA distancia do espírito,Que xa se internou nela.E os elementos das novas tecnoloxíasVan elaborando os nosos afectos…)

Tristemente convivo coa túa ausenciaSobrevivo á distancia que nos negaMentres bordeo a fronteira entre dous mundosSen decidir cal deles pode darmeA calma que me esixo para amarteSen sufrir pola túa indeferenciaÁ miña retirada preventivaDunha batalla que xa sei perdidaResolto a non entrar xamais en tiPero non á tortura de evitarte.

Page 14: Recital Poesía

( Contra a morte!, o amor que vai comigo; contra o tempo que remata!, o voso tempo; contra o loito!, o desexo: contra o mundo!, unha bomba meditada; contra min! Ser o mesmo que fun e que non era eu mesmo)

( Contra a morte o amor que vai comigo)

Dos días que reserva para min o destinoCada unha das súas noites por vivirSería a derradeiraA única esencialSe puides vivirte a ti taménTrasnoitado sobre o teu corpo en calmaCohabitando os teus soñosSobrevivido á miña inexistenciaSoñado nas túas noitesOu prorogado en ti.

Page 15: Recital Poesía

(Apollinaire?...apollinaire,Apoligrama,caligraire Madame SosotrisBotoume as cartas. E fixen un poemaEn forma de útero.Debo soñar desperto enTodo o que hai de erótico na terra.Ser amable, levemente perverso:E aproveitar a gratuidadeDa Beleza)

Soir. La femme qui est derrière moi Me regarde à travers du miroir que j’ai Devant ma face.Soir. Et le soleil brûle nos âmes.Le désir chante. Et moi, maintenant, tout heureux d’être vivant. Quérote. Soir. Serán. A muller que teño detrás observáme Polo espello que hai xusto diante miña.Serán. O sol està a arder nas nosas almas. Canta O desexo. E, eu agora, feliz de seguir Vivo. Je t’aime. Serán. Escribo Isto con calma e sigo Sendo o mesmo, ou Iso penso. Creo

Page 16: Recital Poesía
Page 17: Recital Poesía

(Única para iso, unívoca sempre: Única para todo “almost” forever...)

  XVIII

Hai cousas para as que segue a ser a únicaComo entrar na súa vida a sangre e ferroEn petición de axuda.  E cando un se desfai por dentroEsvaecidoSó ela atende e cura esa emerxencia.  Ou convertir un destino impulsivoNun erro pervertidoInnecesario.

Page 18: Recital Poesía
Page 19: Recital Poesía

XVII 

Négase a oír a miña voz antigaE escoita atentamente as máis recentesCunha leve esperanza no futuroE o medo a descubrir unha vez máisQue a morte estaba oculta tamén nelas.  Escoita con tento esas outras vocesE refúxiase mentres nun presenteVitalmente orientado á defensiva.Garda o pasado baixo sete chavesMantendo o seu discursoSilenciado.

Négate, si, rexeita e nega miña voz antiga!Porque agora sei algo que antes non sabía:Que en realidade tampouco era miña.

Page 20: Recital Poesía

XXI

(Tempo, detente a miña beira! Espacio, achégameA unha delas!...Pero xa é tarde para ser modesto. DeberíaDarme por vencido e baixar o pescozo como os touros na sorte de matar.¿Podería vivir nun mundo anestesiado,No que o futuro sería o contraforte?....)

  

Page 21: Recital Poesía

 

A súa beleza cereal e ximnástica,Esa culta enerxía,Dermicamente firme,E mentalmente etérea

Vén cara min E atravesa conmigoA músicaDo aire

 E a súa vida segue o seu camiño,Indiferente,Allea á miña morte,Á miña vida. E aquí estou euCon ela dentro sempre

InsomneE irredenta

Como única compaña unha vez máis;A enfermidade.

Page 22: Recital Poesía
Page 23: Recital Poesía

 ( Unidireccional, si, e irreversible.Ou bidireccional, pero imposible.Desde o pasado, cun mísero futuro, no avarentoPresente compartido, vanme construíndoUn pozo de desexos e soñosCondicionados….Son un relato breve. O final està escrito,E todo o que vexo está sentenciadoA sobrevivirme.)

Page 24: Recital Poesía

XXIII 

Unidireccional, irreal e maino,Circulando nun único sentido,O amor que me asaltou sen previo avisoCando eu xa non quería defenderme.  Perverso, inofensivo e altruista,Foi un placebo inocuoAdministrado a un corpo xa vencido.  Desprezando o meu tempo en conta atrás,Ábrome e derramo a miña vidaNese amor feroz, calado, sen destino;E o amor de sempre oculto e prohibido,Selado e transferidoEn garantíaA quen xa non podía eternizarseIntentando evitarme inútilmenteNin seguir compartindo unha única sombraAta o final. 

 

Page 25: Recital Poesía

 Un soño alleo repetido

 O certo é que teño a impresión ás vecesQue se fai máis patente cada díaDe que pese ás evidencias en contraDebín morrer daquela  E estou vivindo un soño repetidoNas noites dos que me seguen querendo. 

(Rirse da vida, da morte, e de todo o que foiCreando o home na súa debilidade e a súaCapacidade imprevisible de crueldade.

E dixo Yeats: “ he Knows death to the bone Man has created death”)

Page 26: Recital Poesía

XXV Déixate devorar por quen te escollaAgora que es unha luz evadidaDa escuridade que te tiña capturado. Déixate devorarE impide feramenteQue te volva habitar e te contaxieA túa latente sombra irrevocable. 

Page 27: Recital Poesía

XXVI  

Un presente no día de Santa Ana 

Fermosa como a morte que se invocaExerces a beleza internamenteEmocionando as sombras máis letais e irreductibles  Descubrindo a presencia de vestixios de vidanas máis opacas ruinassó cunha ollada abortas a ofensivada dor que se aveciña.

Page 28: Recital Poesía

  (“Onde está o perigo medra taménO que salva”, pensaba Hölderlin....Eu empezo a sabelo)  A través do colchón  Virá calada, oculta e con nocturnidade,Chegando desde abaixo a través do colchón,Entre as derivacións intuídas e temidasDunha vírica rebelión interna:A herdanza que conservo e atesouroComo se fose a miña propia sombra.

Page 29: Recital Poesía

TRANSMIGRACIÓN  No a la transmigración en otra especie/No a la post-vida, ni en cielo ni en infierno/No a que me absorba cualquier divinidad/Mi envite es al no ser, a lo seguro/Rechaza otro existir, tras consumida/Mi ración de este guiso indigerible/Otra vez no. Una vez ya es demasiado.  J.M Fonollosa

Page 30: Recital Poesía
Page 31: Recital Poesía

  SOSPEITA 

(¿escoitasme , ti, morte, dama negra, parca, a da gadaña.......? O teu aguillón ben que o sentín ; Pero ¿ É a túa victoria?...... ¿Escóitasme?

  

Page 32: Recital Poesía

SOSPEITA 

Debe ser que estou mortoE esa sería a causaDe que agora me vexa desde enribaA catro ou cinco metros de distanciaDa miña propia vidaVivo unha guerra fría e clandestinaA sombra dun amor que xa non dexeneraNoutras insurreccións contra min mesmoOu degradada negación do tempoE non permite que con el se interneA obsesión ou a dor que provocaraO fracaso que se foi inflitrandoFluíndo de insalubres sumidoiros

Transformando a miña sedada almaNunha fría fosa séptica sumisa e mainaPero alerta e activaContaxiosa e letal.

Page 33: Recital Poesía

DECLARACIÓN 

(E se aínda hai máis vida de onde saíu esta,A que roubarlle palabras de amor e morte, voulleRetorcer o pescozo ata que sinta noxo do que Deixa atràs. Pero daquela xa terà penetrado nun remuiño de silencio e de humidade,Calado máis a miúdo cada vez.....) 

Page 34: Recital Poesía

DECLARACIÓN 

Amarte, vida, amarte case sempre,Inda que sexas dura e leves entremediasPiedade e odio intermitentemente.  Es ti a que sempre educas e acelerasA doenza letal dos que non se resignanA ignorar como es en realidade: Somentes un traxectoCómodo e aldraxante cara a morte,Un tránsito inútil e inecesario. Pero a ignorancia salva os que non queren Ariscarse a perderte tan axiñaA cambio da renuncia a profanarte E aqueles dentes que perdín Precisariaos agora para defenderAs conviccións nas que me reafirmo Solidario e amable, se é posible,Ou lobo estepario no desterro,Completarei o círculo insurxenteCoas balas do desexo. 

Page 35: Recital Poesía

 (cunha bala calibre 7/65 no peto máis pequeno do vaqueiro, sei que a miña vontade é decisiva para escoller o momento e o lugar. E palpo cos dedos a todas horas) 

Mala sorte É por primeira vez desde que soubenQue aínda respiraba e seguía vivoSei o que é sentir medo a non estalo Interrumpido na mellor esceaCando estaba soñando un soño dérmicoDe paixón e belezaCunha serea distancia literaria e sabia Só ela podía ser tan inoportunaGroseira inculta e pouco delicadaChamándome despois de ter sobrevividoÁ confortable atracción do fracasoE saber dunha vez o que era a vidaAmar e ser amado.

Page 36: Recital Poesía

 O CORREDOR DE FONDO PERDE O ALENTO

  

Fuxindo dunha vida inzada de renunciasDa súa liturxia obesa e oleosa,Mediocre nos seus comunais fracasos,Bágoas de xelo, indignación contida  Non deu chegado a tempo de exercerA súa rebelión,Nin de levar a caboA súa vinganza definitivaContra un mundo inxusto, homicida e cruel,Pola inutilidade da súa propia vida Solitario, enfermo e fatigadoA morte anticipouse e chegou antes.

Page 37: Recital Poesía

Of late UltimamenteI´ve had this thought róndame este pensamentothat this country Que este paíshas gone backwards retrocedeu4 of 5 decades 4 o 5 décadasand that all the e que todo o social advancement avance socialthe good feeling of os bos sentimentos dunhaperson toward persoa cara a outraperson borráronsehas been washed e remprazáronse polaaway vellaand replaced intolerancia de sempre.by the sameoldbigotries.

 

PUTREFACCIÓN POEMA DE BUKOWSKI

Page 38: Recital Poesía

We have Máis ca nuncamore than ever temos the selfish wants of power egoístas ansias de poderthe disregard for the desprezo poloWeak débil the old o vellothe impoverished o pobreThe o desvalidohelpless.We are replacing want with war Estamos reemprazando a necesidade salvation with pola guerraslavery. a salvación pola We have wasted the escravitudeGains Estragamoswe have become os logros,Rapidly degradámonosless. apresa.

 

Page 39: Recital Poesía

We have our Bomb Temos a nosa Bombait is our fear é o noso medo our damnation a nosa vergonza and our e a nosa condenashame. AgoraNow apoderouse de nóssomething so sad algo tan tristehas hold of us que nos deixathat sen alentothe breath e nin siquera podemosLeaves chorar.and we can´t evencry.

Page 40: Recital Poesía

Poemas de Eusebio Lorenzo Baleirón 

VAGABUNDO DAS ESTRELAS 

EU son ese home que agardou a mortee viu no fondo da mañároseiras de xofre.Repaso os camiños espidos de pedrae bebo nos beizos da amadaa auga dos cervos.Entono o verbo dos deuses caídose durmo dorido coas aves da chaira.Son un dominio de nubese chuvia esquecida de todos.Nin a noite me escoita. Nin o mar.Habitada esta eiva do peito,este mínimo reino que o tempo asolagasoamentes os anxos poden entenderme.

 

Page 41: Recital Poesía

Trzy słowa najdziwniejsze (Polaco)

Kiedy wymawiam słowo Przyszłość,  pierwsza sylaba odchodzi już do przeszłości.  

Kiedy wymawiam słowo Cisza,  niszczę ją.  

Kiedy wymawiam słowo Nic,  stwarzam co, co nie mieści się w żadnym niebycie 

As tres palabras máis estranas (galego)

Cando pronuncio a palabra Futuro,a primeira sílaba pertenece xa ao pasado.

Cando pronuncio a palabra Silencio,destrúoo

Cando pronuncio a palabra Nada,creo algo que no colle

en ningunha non-existencia

Wisława SzymborskaEscritora polaca que recibiu o premio Nobel de Literatura

1996

Page 42: Recital Poesía

Georg TraklPoemas 1906-1914

Nachts

Die Bläue meiner Augen ist erloschen in dieser Nacht,Das rote Gold meines Herzens. O! wie stille brannte das Licht.Dein blauer Mantel umfing den Sinkenden;Dein roter Mund besiegelte des Freundes Umnachtung.

Na Noite

O azul dos meus ollos apagouse esta noite,o ouro vermello do meu corazón. ¡Que silenciosamente ardeu a luz!O teu manto azul rodeou o que se estaba afundindo; a túa vermella boca selou

a doenza do amigo.

Page 43: Recital Poesía

TRISTURA DA ESTRELA 

AFÓGOME no mar cada noite,no mar dos navíos e das flores,afógome no mar,no reino de todas as estrelas perdidas,perdín a noite que me coida,os nenos que me fitan,soamente este reloxio camiña cara ao fondoda morte sen final.O meu sino é o dominio do mundo:desfacerme non concerto das esferascomo a terra na terra.Avanzar. Ollar o infindo.Todo quedo.Lembro aquel poldro branco agallopando o vento.

 GRAMÁTICA DO SILENCIO. OBRA POÉTICA, Eusebio Lorenzo Baleirón

 

Page 44: Recital Poesía

Poemas de Ana Romaní 

SABÍA que nunca serían os mesmosos tecidos que os dedos facían no tempo,e levemente ía anainando na noiteos fíos de longuísimos ríos de ausenciaque desbordaban nas meixelas.Sabía que nunca máis tería nos labresnovas estrelas coas que ganduxar as teas,mortallas de reproche no seu colo.E pois portos non habíaonde recobrar os beixosxa lle medraran nas mans as últimas mareas. 

Page 45: Recital Poesía

SABES que nada descubrirásque non poidas intuír cada día,paisaxes tantas veces habitadas,lugares que coñeces, olores da infancia,refrexos da auga que, perdida, retorna na memoria. De regreso –inútil tan escuro labirinto-en sal se converterán os teus pasos. 

 DAS ÚLTIMAS MAREAS, Ana Romaní  

Page 46: Recital Poesía

 BOHEMIA CORUÑESA

 AMO a túa espalda, cidade,morena e descuidadae os teus vidros de vixilia abertos ao nacente.Non temas ao ladrón.É a miña sombra, cidade.E aquilo de máis alá,a miña identidade,Un barco namorado,onde grúas estrábicas cargan montes de ballóne fardelas de néboa. 

MOHICANIA, Manuel Rivas 

Page 47: Recital Poesía

 BABEL

 AVES que emerxen da ardora.Folerpas de pel do arco da vella.Mazás de sangue no paxe da néboa.Corazóns de acibeche repicando na tella.Chorimas,faíscas dos invernos,ollos de nada,gonzos eternos.Palabras,doas do pobre home que chaman Abbadónrei, anxo do abismo:Gracias, Señor, por aquela maldición!

 COSTA DA MORTE BLUES, Manuel Rivas

 

Page 48: Recital Poesía

DESTINO IMPREVISTO Que ironía a de vir parar a un final de traxecto.Indescifrábel letreiro,Reloxo sen agullas,Efixies xeadas,Cansas pálpebras,E a vella que encera a noite no chan da estación.Todo estaba a reclamar a chegada dun home equivocado. COSTA DA MORTE BLUES, Manuel Rivas

Page 49: Recital Poesía

Elegía pura

Aquí no pasa nada,salvo el tiempo:irrepetiblemúsica que resuena,ya extinguida,en un corazón hueco, abandonado,que alguien toma un momento,escuchay tira.

Ángel González

Page 50: Recital Poesía

 XXIV

 Le vent se lève!... Il faut tenter de vivre!L´air immense ouvre et referme mon livre,La vague en poudre ose jaillir des rocs!Envolez-vous, pages tout éblouies!Rompez, vagues! Rompez d´eaux réjouiesCe toit tranquille où picoraient des focs!

 Le cimetière marin, Paul Valéry

 XXIV

 O vento levántase! Hai que intentar vivir!O aire inmenso abre e pecha o meu libro,A onda de po atrévese a saír das rochas.Voade, páxinas impresionadas!.Rompede, ondas! Rompede coas augas gozosas O tranquilo teito onde picotean os foques.

 O cemiterio mariño, Paul Valéry

 

Page 51: Recital Poesía

Hubo un tiempo... De Ana Rossetti

Hubo un tiempo en el que el amor era unintruso temido y anhelado.Un roce furtivo, premeditado, reelaborado duranteinsoportables desvelos.Una confesión perturbada y audaz, corregida milveces, que jamás llegaría a su destino.Una incesante y tiránica inquietud.Un galopar repentino del corazón ingobernable.Un continuo batallar contra la despiadada infalibilidadde los espejos.Una íntima dificultad para distinguir la congoja deljúbilo.Era un tiempo adolescente e impreciso, el tiempo delamor sin nombre, hasta casi sin rostro, que merodeaba,como un beso prometido, por el punto más umbrío de laescalera.  

Page 52: Recital Poesía
Page 53: Recital Poesía

EL AMOR ESTÁ EN LO QUE TENDEMOS  "El amor está en lo que tendemos(puentes, palabras ).

El amor está en todo lo que izamos(risas, banderas).

Y en lo que combatimos(noche, vacío)por verdadero amor.

El amor está en cuanto levantamos(torres, promesas).

En cuanto recogemos y sembramos(hijos, futuro).

Y en las ruinas de lo que abatimos(desposesión, mentira)por verdadero amor."

(José Ángel Valente)

Page 54: Recital Poesía
Page 55: Recital Poesía

Huelga de GIACONDA BELLI

Quiero una huelga donde vayamos todos.Una huelga de brazos, piernas, de cabellos,una huelga naciendo en cada cuerpo.

Quiero una huelgade obreros de palomasde chóferes de floresde técnicos de niñosde médicos de mujeres.

Quiero una huelga grande,que hasta el amor alcance. Una huelga donde todo se detenga,el reloj las fábricasel plantel los colegiosel bus los hospitalesla carretera los puertos.

Una huelga de ojos, de manos y de besos.Una huelga donde respirar no sea permitido,una huelga donde nazca el silenciopara oír los pasos del tirano que se marcha.