ramón verea

6
RAMÓN VEREA

Upload: linguademontes

Post on 05-Aug-2015

343 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Ramón Verea

RAMÓN VEREA

Page 2: Ramón Verea

BIOGRAFÍA

Naceu en Curantes (A Estrada), Pontevedra o 11 de decembro de 1833 e morreu en Bos Aires o 6 de febreiro de 1899. Foi un escritor e inventor galego. Logo de estudar en Santiago de Compostela emigrou a Cuba , onde traballou como mestre e escribiu dúas novelas La cruz de piedra e Una mujer con dos maridos.

Page 3: Ramón Verea

BIOGRAFÍA

En 1865  trasládase a Nova York , onde inventará a súa máquina de calcular. O goberno americano concedeulle a patente o 10 de setembro  de 1878 , o mesmo ano no que gañou unha medalla da Exposición Mundial de Inventos de Cuba.

Page 4: Ramón Verea

BIOGRAFÍA

Tras un tempo trasládase de novo a Guatemala , exiliado pola súa forte oposición á política colonialista americana, e despois a Bos Aires . Nesa cidade fundaría a revista O Progreso, e seguiría publicando e exercendo de xornalista. Morreu só e pobre na capital arxentina , sendo soterrado nun panteón anónimo do camposanto do Oeste. Na actualidade atópase un busto na igrexa de Curantes.

Page 5: Ramón Verea

A súa calculadora era unha máquina duns 23 quilos de peso, 35 centímetros de longo, 30 centímetros de ancho e 20 de alto, capaz de sumar, multiplicar e dividir números de nove cifras, admitindo ata seis números no multiplicador  e quince no produto . A multiplicación resolvíaa mediante un método directo baseado nun mecanismo patentado por Edmund D. Barbour en 1872 , que empregaba un sistema que obtiña valores duna táboa de multiplicar codificada de xeito similar ao sistema Braille .

Page 6: Ramón Verea

O aparello podía resolver 698.543.721 x 807.689 en vinte segundos, unha velocidade sorprendente para a época. Porén, Verea non perseguía máis que demostrar que os españois podían inventar igual que os americanos, polo que o seu invento só deixou pegada na historia da computación como base para futuras máquinas, como a de Otto Steiger.

A SÚA MÁQUINA CONSÉRVASE NOS DEPÓSITOS DA SEDE CENTRAL DE IBM , EN WHITE PLAINS (NOVA YORK ) FORMANDO PARTE DA COLECCIÓN INICIADA EN1930  POR THOMAS J. WATSON SR., PRESIDENTE FUNDADOR DE IBM.