qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... p… · con elasestablécense a través do...

34
qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb nmqwertyuiopasdfghjklzxcv bnmqwertyuiopasdfghjklzxc vbnmqwertyuiopasdfghjklzx cvbnmqwertyuiopasdfghjklz xcvbnmqwertyuiopasdfghjkl zxcvbnmqwertyuiopasdfghjk lzxcvbnmqwertyuiopasdfghj klzxcvbnmqwertyuiopasdfgh jklzxcvbnmqwertyuiopasdfg hjklzxcvbnmqwertyuiopasdf ghjklzxcvbnmqwertyuiopasd fghjklzxcvbnmqwertyuiopas dfghjklzxcvbnmqwertyuiopa sdfghjklzxcvbnmqwertyuiop asdfghjklzxcvbnmqwertyuio pasdfghjklzxcvbnmqwertyui C.E.I.P. “Wenceslao Fernández Flórez” Cambre (A Coruña) MEMORIA PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES CURSO 2015-2016

Upload: others

Post on 13-Oct-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

1

www.blogvoreta.blogspot.com

qwertyuiopasdfghjklzxcvbn

mqwertyuiopasdfghjklzxcvb

nmqwertyuiopasdfghjklzxcv

bnmqwertyuiopasdfghjklzxc

vbnmqwertyuiopasdfghjklzx

cvbnmqwertyuiopasdfghjklz

xcvbnmqwertyuiopasdfghjkl

zxcvbnmqwertyuiopasdfghjk

lzxcvbnmqwertyuiopasdfghj

klzxcvbnmqwertyuiopasdfgh

jklzxcvbnmqwertyuiopasdfg

hjklzxcvbnmqwertyuiopasdf

ghjklzxcvbnmqwertyuiopasd

fghjklzxcvbnmqwertyuiopas

dfghjklzxcvbnmqwertyuiopa

sdfghjklzxcvbnmqwertyuiop

asdfghjklzxcvbnmqwertyuio

pasdfghjklzxcvbnmqwertyui

C.E.I.P. “Wenceslao Fernández Flórez”

Cambre (A Coruña)

MEMORIA

PLAN DE MELLORA

DE

BIBLIOTECAS ESCOLARES

CURSO 2015-2016

Page 2: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

2

www.blogvoreta.blogspot.com

índice

I Introdución 3

II Grao de cumprimento dos obxectivos propostos 6

III Horario asignado á persoa responsable e ao equipo da biblioteca 9

IV Actividades desenvolvidas 10

V Grao de implicación do centro e da comunidade educativa 38

VI Grao de integración dos recursos da bibliloteca nos procesos de

ensinanza e aprendizaxe das diversas áreas do currículo 39

VII Actividades de formación do ámbito de biblioteca escolar en que

participou o profesorado 42

VIII Avaliación 43

IX Previsións de futuro 46

ANEXO PLAN LECTOR DO CENTRO

Page 3: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

3

www.blogvoreta.blogspot.com

I. INTRODUCIÓN

1.1. Marco legal

sta Memoria acóllese ao regulamentado no punto 3, artigo 8, da Orde do 30 de marzo de

2015 (DOG do15 de abril) pola que se convoca o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares

en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura,

Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2015/2016, e conta co visto e prace da

Dirección do Centro.

Incluírase na Memoria final do curso que se remitirá ao Servizo Provincial de Inspección.

Asemade, o aquí exposto intenta reflectir os principios de fomento da lectura e a adquisición das

competencias básicas que se recollen no artigo 113 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de

Educación; así como ao Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da

educación infantil e o Decreto 105/2014, do 4 de setembro (DOG do 9 de setembro) que regula

as ensinanzas da educación primaria Comunidade Autónoma de Galicia.

1.2. O contexto

O Colexio de Educación Infantil e Primaria “Wenceslao Fernández Flórez” está ubicado no casco

urbano da localidade de Cambre, no Concello do mesmo nome, dentro da bisbarra da cidade da

Coruña.

O Colexio escolariza alumnado de Educación Infantil, distribuídos en seis aulas e alumnado de

Educación Primaria, agrupados en dezaseis unidades.

O Centro conta con varios edificios destinados a aulas e outro de administración.A Biblioteca

está situada nun edificio de planta baixa xunto a tres aulas de primaria e o despacho de

orientación.

O profesorado está formado por mestres e mestras de Educación Infantil, Educación Primaria e

os correspondentes especialistas. O ambiente de traballo é agradable e a acollida ás actividades

que se programan desde todos os Equipos é sempre ben recibida e conta sempre cunha total

E

Page 4: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

4

www.blogvoreta.blogspot.com

participación. Cabe salientar a sensibilización que xera a biblioteca como dinamizadora da vida

cultural do centro.

O nivel socioeconómico das familias é medio e en xeral pódese dicir que as relacións entre os

membros da comunidade educativa son maioritariamente satisfactorias. As familias valoran

aexistencia da biblioteca e responden positivamente ássúaspropostas. As canles de comunicación

con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de

biblioteca formada dentro do Consello Escolar.

1.3. A Biblioteca

A Biblioteca é un espazo reformado, con capacidade para uns corenta usuarios,

suficientemente iluminado que permite traballar cun grupo-clase íntegro, co que son posibles

outros usos simultáneos dependendo da actividade.

Conta, ademais, con espazos anexos ou próximos á sala de biblioteca: aseos, departamento de

orientación, e tres aulas de primaria. As zonas están ben identificadas e non se interfiren.

O espazo está ben aproveitado, sen dar sensación de abafo. Establécense nela unhas zonas

diferenciadas:

a. Zona de xestión técnica que conta cun ordenador.

b. Zona para lectores de Educación Infantil e primeiros lectores. Conta cunha pantalla

dixital e un proxector.

c. Unha zona de lectura xeral

d. Zona de divulgación e información, onde se atopa o único ordenador existente para os

lectores e lectoras. Hai outro proxector e un encerado dixital.

O mobiliario é recente, moderno e adecuado. Ademais, foi adquirido de maneira específica para

a biblioteca.

A biblioteca conta con acceso á internet e cun espazo diferenciado para uso do alumnado.

Ademais, a biblioteca ten equipamento audiovisual propio (reprodutor de CD e DVD no

ordenador, cámara de fotografía,escáner, impresora …).

Todos os documentos que compoñen a colección están directamente accesibles e en andeis

abertos, incluso aqueles que non están suxeitos a préstamo.

Page 5: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

5

www.blogvoreta.blogspot.com

O número de rexistros supera os 6.000 documentos.

As aulas poden tomar prestado calquera tipo de recurso da biblioteca, en función das súas

necesidades concretas.

A colección está organizada utilizando como criterio a ordenación por materias segundo a CDU e

establecendo subdivisións detalladas naquelas materias que o precisen, sobre todo no material

divulgativo e científico.

O equipo da biblioteca tenta reflectir nesta memoria, na medida do posible, o modelo de

biblioteca escolar, os obxectivos que propón, as estratexias e as accións previstas, así como os

procesos de avaliación. Foi elaborada pola persoa responsable en colaboración coa comisión de

biblioteca.

A biblioteca enténdese como un proxecto formativo e contempla a integración curricular e coa

comunidade nun sentido amplo.

Está referendado pola Comisión de Coordinación Pedagóxica e a comunidade escolar estivo

informada do proxecto.

O Colexio está integrado no PLAMBE desde o ano 1995-1996.

II. GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS

Os obxectivos propostos foron acadados na súa meirande parte, a pesares das obras que se

realizaron no edificio onde se ubica a biblioteca. Reduciuse o seu tamaño para habilitar unha

porta de entrada ao edificio que non supuxo cambios significativos na capacidade de usuarios.

Detállanse a continuación os obxectivos marcados nas liñas prioritarias de actuación para o curso

2015-2016 e o seu grao de cumprimento segundo o código que se detalla a continuación:

▲ Obxectivo acadado

► Obxectivo en vías de acadarse

▼ Obxectivo non acadado

Page 6: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

6

www.blogvoreta.blogspot.com

1. ORGANIZACIÓN E XESTIÓN

- ▲Empregar o orzamento para ampliar o fondo bibliográfico e documental.

- ►Subscrición a publicacións periódicas para uso tanto de alumnado como de profesorado e resto

da comunidade educativa. Subscribímonos ao boletín “Turner8P” a través de correo electrónico

para uso do profesorado. Tamén este curso aumentamos a subscrición coa Editorial Kalandraka

para as novidades de Educación Primaria.

- ►Dotar á biblioteca con mobiliario novo (andeis, expositores …). Mercouse uns andeis para

expoñer as novidades e un andel baixo con rodas para a mobilidade.

- ▲Difundir e ensinar o funcionamento básico da biblioteca escolar. Este obxectivo acadouse

grazas á colaboración do profesorado.

- ▲Continuar o servizo de préstamo empregando o sistema informático Meiga.

- ▲Empregar o Programa Meiga para catalogar os novos fondos.

- ▲Uso por quendas da biblioteca escolar, reservando no horario de cada titoría unha hora para o

uso deste espazo.

- ▲Poñer ao día os carnés de usuarios e usuarias para o seu uso no curso 2015-2016.

- ▲Habilitar un espazo específico para o material sonoro e audiovisual.

- ▲Sinalar os libros en galego cun adhesivo en color lila, tanto os de carácter literario como os de

contido divulgativo.

2. DINAMIZACIÓN E PROMOCIÓN DOS RECURSOS DA BE EN RELACIÓN CO CURRÍCULO E AS

COMPETENCIAS BÁSICAS DO ALUMNADO

- ►Elaborar boletíns informativos coas novidades, actividades, noticias culturais e literarias,

efemérides, etc…

- ▲Continuar co blogue da biblioteca. A dirección é www.blogvoreta.blogspot.com.es

- ▲Realizar un proxecto documental que implique a todo o persoal docente. Terá carácter

transversal a todas as áreas e materias do currículo. Este curso titulouse “Viaxamos en tren”.

Page 7: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

7

www.blogvoreta.blogspot.com

3. FORMACIÓN DE USUARIOS E COMPETENCIA INFORMACIONAL

- ►Consolidar os hábitos de consulta e manexo da información.

- ►Potenciar e fomentar o uso dos recursos telemáticos existentes na biblioteca.

- ▼Aumentaro número de ordenadores da biblioteca.

- ▼Dotar a biblioteca de tablets

- ►Organizar visitas guiadas á biblioteca onde se dará a coñecer a disposición dos fondos

bibliotecarios.

- ▲Continuar coa formación de usuarios, involucrando ao alumnado no funcionamento da BE e

procurando a súa implicación no mantemento da orde.

- ►Orientar e elaborar materiais para a educación documental.

- ▲Ampliar os fondos divulgativos, en relación co proxecto de centro de educación documental.

4. FOMENTO DA LECTURA E DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO LECTOR

- ▲Renovar a colaboración entre a biblioteca municipal e o colexio: exposicións, conta contos e

elaboración de guías de lectura.

- ▲Continuar coa campaña de animación á lectura a través da “hora de ler”, dos conta contos e

do teatro escolar.

- ▲Exposicións de libros novos ou relacionados con efemérides, acontecementos ou temas

culturais de interese.

- ►Facer recomendacións de lecturas a través de diferentes medios.

- ►Facer suxestións de lecturas aos mestres para que lean en voz alta na clase.

- ▲Fomentar o préstamo e recomendación de lecturas entre o alumnado.

- ▲Continuar coa actividade de “Feira do Libro”.

Page 8: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

8

www.blogvoreta.blogspot.com

5. OUTRAS ACTUACIÓNS

- ▲Continuar coa contratación do persoal de mantemento dos ordenadores para facer revisión e

posta a punto de forma trimestral.

- ▲Reorganizar e distribuír o traballo entre o equipo da BE para a axilización das funcións que lle

competen.

- ▲Apertura da BE polas tardes, como actividade complementaria para o alumnado do colexio.

- ►Apertura da biblioteca escolar durante o tempo do recreo.

6. AVALIACIÓN

- ▲Analizar trimestralmente os obxectivos acadados, as dificultades xurdidas e as posibilidades de

mellora. Completarase cunha valoración por parte do profesorado para coñecer o que aconteceu

nas aulas.

- ▲Elaborar, a final de curso, unha memoria das actividades realizadas, dos obxectivos acadados,

e das dificultades atopadas.

- ►Recoller datos cuantitativos ao longo do curso que permitan comparar o funcionamento da

biblioteca a través dos anos.

III. HORARIO REAL ASIGNADO Á PERSOA RESPONSABLE E AO EQUIPO DA BIBLIOTECA

Persoa responsable

Carmen V Pedrido Rey, titora de 2º curso de Primaria. Dedica ao traballo da dinamización da

biblioteca a totalidade das súas horas sen docencia directa, en total 5 á semana.

O traballo técnico vese limitado a tres horas á semana pola ocupación da biblioteca polas

titorías, que a utilizan para realizar o préstamo de libros. Ademais, das actividades de conta

contos e outras que contribúen a fornecer a competencia lectora, desenvólvense na biblioteca.

Page 9: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

9

www.blogvoreta.blogspot.com

O equipo de apoio estivo formado este curso polas seguintes mestras:

*Concepción San Millán Estévez, E. Infantil.

*Junquera Baliña Lago, E. Infantil.

*Mª Teresa Corral Vázquez, 2º de E. Primaria

*Santiago Mosteiro Martínez, 3º de E. Primaria.

*Pilar Rilo Otero, 4º de E. Primaria.

*Lorena Mosquera Gómez, 6º de E. Primaria.

Cada unha delas adoita Dedicar ao traballo de dinamización da biblioteca unha media de 1 ou 2

horas semanais, sempre e cando non teñan que facer gardas e a biblioteca estea valeira nese

momento.

IV. ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS

A biblioteca planificou as súas actividades para todo o

alumnado de Educación Infantil e Primaria e os seus obxectivos

procuraron relacionarse coa meirande parte das áreas do

currículo e as actividades do centro.

A biblioteca tamén tentou responder a demandas dos servizos

de orientación psicopedagóxica e do profesorado de apoio.

IV.A. XESTIÓN TÉCNICA

Para a correcta xestión e organización dos materias seguíronse

criterios estandarizados no ámbito bibliotecario, mediante a

simplificación do sistema de Clasificación Decimal Universal

(CDU) adaptándoo ao contexto da biblioteca escolar.

Especial incidencia desta clasificación ten no ámbito do

material científico e divulgativo, sinalado cunha adhesivo os

libros en lingua galega para facilitar o acceso aos mesmos.

Un recurso básico será

tamén a biblioteca (da aula

e do colexio) como centro

de recursos de aprendizaxe

ou centro de recursos de

información. Nela podemos

atopar: biografías, libros de

imaxes, libros de literatura

infantil e xuvenil, vídeo,

discografía, discografía en

galego, cancioneiros,

enciclopedias, CD...

Programación Didáctica do

2º Ciclo de Educación Primaria

Page 10: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

10

www.blogvoreta.blogspot.com

Existe unha política de colección que contempla o expurgo periódico de documentos

deteriorados e obsoletos, tendo en conta, ademais, os niveis de uso e de demanda.

Adquiríronse materiais para lles dar resposta aos proxectos específicos do centro, especialmente

ao proxecto documental proposto pola biblioteca, peticións dos ciclos e profesorado de apoio.

En canto ao material de carácter literario e divulgativo, reservouse unha parte para aqueles

fondos que incorporan material sonoro ou audiovisual e que non son obxecto de empréstito.

Están dispoñibles para a súa consulta en sala e empréstito para as aulas.

Hai un moble para os libros en inglés, que facilita a súa localización.

Page 11: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

11

www.blogvoreta.blogspot.com

TEMPORALIZACIÓN DOUTROS ASPECTOS TÉCNICOS

PRIMEIRO TRIMESTRE SEGUNDO TRIMESTRE TERCEIRO TRIMESTRE

Actualización dos carnés dos

lectores e lectoras para iniciar o

servizo de préstamo.

Revisión e actualización dos carnés para o servizo de préstamo de

alumnado e de profesorado

(altas, baixas)

Revisión das normas da biblioteca

para os usuarios.

Admisión de colaboradores entre

o alumnado.

Formación se usuarios.

Confección das listaxes de

lectores para o curso 2015-2016.

Actualización de listaxes de lectores de cada aula de Ed. Infantil e

Primaria.

Autorización das familias para

responsabilizarse dos materiais en

empréstito.

Revisión e selección de fondos (Expurgo – Restauración)

Propostas de adquisición tendo en

conta as necesidades da biblioteca

e as suxestións da comunidade

educativa.

Merca – Catalogación - Ordenación dos fondos

A detección de necesidades fíxose –cando foi posible- de maneira formal, por medio de reunións

da comisión de biblioteca e dos respectivos ciclos e comisións. Elévanse logo ao Equipo Directivo

e á Comisión de Coordinación Pedagóxica para a súa aprobación se procede.

Page 12: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

12

www.blogvoreta.blogspot.com

IV.B. ACTIVIDADES RELACIONADAS CO FOMENTO DA LECTURA

A biblioteca e o equipo docente planificaron as accións para desenvolver as habilidades e

competencias no uso da información e dixitais, así como para promover a lectura.

A meirande parte dos profesores utilizou estratexias para incentivar o uso da biblioteca e os

recursos documentais na súa actividade pedagóxica.

As competencias en lectura e escritura trabállanse con todo tipo de texto (ficción e non

ficción) e sobre todo tipo de soporte (impreso e dixital).

A biblioteca intervén na preparación do Plan de lectura e coordínase para o logro dos obxectivos

comúns.

Apertura da biblioteca durante os recreos, os xoves e o venres para consulta e lectura. Ábrese

todos os días durante o recreo para o alumnado colaborador, que se encarga de ordenar e

restaurar o fondo documental.

Tamén se abre para todo o alumnado e profesorado cando se vai realizar algunha actividade de

fomento e animación á lectura.

A biblioteca permanece aberta durante todo o período lectivo, para o cal establécense quendas

para que cada titoría acuda na franxa horaria establecida, tanto en E. Infantil como en E.

Primaria.

Resérvase tamén un horario para a xestión técnica que facilita o traballo do Equipo de Biblioteca

cando os condicionamentos horarios do centro o permiten.

Ademais, permanece aberta en horario extraescolar de luns a xoves, ámbolos dous incluídos. É

atendida por dous mestres de garda.

A continuación detállanse as actividades levadas a cabo durante todo o curso e por trimestres.

Page 13: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

13

www.blogvoreta.blogspot.com

DURANTE TODO O CURSO

Apertura da biblioteca nos recreos.

Desde o día 12 de outubro, a biblioteca abriuse nos recreos para consulta e lectura

todos os xoves e venres.

Deseño e posta en marcha do proxecto documental “Viaxar en tren”,que se

desenvolverá no 2º trimestre, para a súa exposición no 3º trimestre.

Exposición de libros literarios e de consulta para o traballo do proxecto

Servizo de empréstito. Desenvolveuse ao longo de todo o curso co programa

informático Meiga. A meirande parte do alumnado respecta os materiais que levan

para a casa e só houbo un caso no que houbo que repoñer o libro por parte da familia

por mor de extravíos. Este ano, ademais, decidimos que a autorización para o

empréstito, que se viña renovando cada ano por parte das familias, se fixese unha soa

vez mentres o alumno/a estivese escolarizado no Centro.

A práctica totalidade das familias acolléronse a autorizar o préstamo e a

comprometerse á súa reposición en caso de deterioro ou extravío.

Hora de ler. Lévase a cabo en cada titoría entre as 12,30 e as 12,50 por parte dos

mestres que teñen docencia directa nesa franxa horaria co alumnado. Os obxectivos

marcados tentan dar cumprimento aos do Plan Lector. As lecturas poden ser a elección

do alumnado ou seleccionadas polos mestres.

Conta contos a cargo do “Moucho Leroucho”, subvencionado polo Concello de Cambre

para Educación Infantil e o Primeiro Ciclo de E. Primaria e outros conta contos para a

E. Primaria.

Page 14: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

14

www.blogvoreta.blogspot.com

Actividades de fomento da investigación, da lectura e da expresión escrita nas

diferentes titorías.

Investigamos na tablete nos ordenadores abalar

Os alumnos de 3º da E. Primaria realizaron un traballo sobre “O Principiño”, no que

reflectiron as súas opinións sobre o conto lido , recompilaron citas e fixeron

debuxos.

Pode verse o seu traballo no blog da biblioteca.

Uns alumnos de segundo inventaron un conto “La patata voladora”que van escribindo

en grupo repartíndose os capítulos.(Ver publicado no blog da biblioteca).

Os alumnos de 5º e 6º realizaron unha investigación sobre pintores dende o ano 1600

ata a actualidade.Cada alumno realizou un cadro inspirándose no pintor elixido. Os

traballos resultantes foron expostos no corredor do colexio.

Page 15: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

15

www.blogvoreta.blogspot.com

Exposición de novidades na biblioteca. En principio non están suxeitos a préstamo para

que poidan acceder a eles o maior número de usuarios. Cando a exposición cambia, pasan

á súa situación definitiva e poder ser emprestados.

Colaboración coa Biblioteca Municipal de Cambre, na realización de trípticos con

recomendacións de lecturas, que elaborou en formato papel no primeiro trimestre e que

ultimamente fai en soporte electrónico.

A colaboración con outras entidades reflíctese na páxina web da biblioteca central do

Concello de Cambre.

http://www.cambre.es/es/concello-2/concellerias/rede-de-bibliotecas/colaboracion-con-outras-

concellerias-e-entidades/

PLAN LECTOR. Para dar cumprimento aos obxectivos marcados, as diferentes titorías de

Educación Primaria estableceron como lecturas obrigatorias as seguintes:

Page 16: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

16

www.blogvoreta.blogspot.com

1º curso de EP

“Cuentos que dan mucho juego. Juan sinmiedo y el

gato con botas”. Sonia Albaizar,Paloma

Casado.Santillana

“O lapis de Rosalía”. Antón Cortizas.S.M.

“O anano máis alto conta a historia de Brancaneves”.

MarilarAleixandre. Rodeira.

2º Curso de EP

“No corazón do bosque”.Agustín Fernández Paz.

Xerais

“Marcopola nº3. Dragoneta”.Jacobo Fernández.

Xerais

“ Un cocodrilo misterioso”. Ana Alonso.Anaya

3º curso de EP “O Pricipiño”.Saint-Exupery. Galaxia.

“Esto no es solo un diario”.Autores varios .SM.

4º Curso de EP

“El Quijote para niños”.1ª y 2ª parte.Colección

Picaña. S.M.

5º curso de EP “Mil cousas poden pasar”. JacoboFernández.Xerais

“Momo”. MichelEnde.Jollibre

6º curso de EP

“Caperucita en Manhattan”. Carmen Martín Gaite.

Siruela.

“Volverás Golfiño”. Andrea Maceiras.Xerais.

“Usha”.María Reimóndez.Xerais.

“A evolución de CalpurniaTate”.JacquelineKelly.

Kalandraka.

Page 17: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

17

www.blogvoreta.blogspot.com

PRIMEIRO TRIMESTRE

Preparación do proxecto “Viaxar no tren. Realizaremos unha viaxe imaxinaria nos

mellores e máis famosos trens do mundo apoiándonos no libro “Trenes de ensueño”de

Martin Howard.Ed. Planeta. O reparto de trens queda como sigue:

A semana da biblioteca dedicámola a exploración no espazo. Durante o recreo desa

semana proxectaranse documentais relacionados co tema.

A programación foi a seguinte:

5º e 6º Obxectivo Plutón (19 e 20 de outubro)

3º e 4º Coñecemos a ISS (22 e 23 de outubro)

1º e 2º Paxi e o Sistema Solar (21 de outubro)

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º TRANSCANTÁBRICO.

2º AL-ANDALUS.

3ºGOLDEN EAGLE.

4º ORIENT EXPRES

5º HIRAM BINGHAM

6º ROYAL SCOTSMAN

EDUCACIÓN INFANTIL

4º E.I. ROVOS RAIL

5º E.I. THE CANADIAN

6º E.I. TREN HAWAI

Page 18: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

18

www.blogvoreta.blogspot.com

Visitáronnos:

Andrea Maceira

Celso Fernández María Solar

Page 19: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

19

www.blogvoreta.blogspot.com

Continuamos co blogue“blogvoreta”

http://www.blogvoreta.blogspot.com.es/

SEGUNDO TRIMESTRE

Conmemoración do Día da Paz.

Os libros como fornecedores da Paz.

Celebración do Día da Poesía. 21 de marzo de 2015

Celebrámolo difundindo a mensaxe da Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, co gallo do

Día Mundial da Poesía entre o profesorado e no taboleiro exterior da biblioteca.

El poeta John Burnsideescribió: «Si lo que nos empeñamos en llamar destino parece inexplicable o cruel es

únicamente porque carecemos de imaginación para desear lo que nos aporta, para iluminarlo con algo

más ingenioso que la consternación.».

Celebración do Entroido. Un ano máis, o Equipo de Actividades Complementarias e

Extraescolares, unha vez oído o Claustro e os Ciclos, e en relación co proxecto documental

da biblioteca deste curso,”Viaxar en tren” decidiuse que o tema para os disfraces serían os

traxes típicos dos lugares polos que atravesaba o tren correspondente a cada curso.

Page 20: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

20

www.blogvoreta.blogspot.com

Celebración do Día Mundial do Libro:

Certame de marcapáxinas. Todas as titorías de Infantil e Primaria elaboraron os

seus para intercambialos na Feira do Libro que se celebrará no mes de maio.

Aproveitamos para recordar o cuarto centenario do pasamento de Miguel de

Cervantes e os marcapáxinas tiñan como temática “El Quijote”

Exposición dos traballos “Viaxar no tren”

Os traballos do proxecto foron expostos por todo o colexio.

Os alumnos de 1º e 2º viaxaron tren dende a estación de Cambre ata a da Coruña.

Page 21: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

21

www.blogvoreta.blogspot.com

TERCEIRO TRIMESTRE

Feira do Libro.

A actividade fomenta o gustopola lectura, o respecto polo alleo e a colaboración e a

solidariedade, así como a relación entre as persoas a través dos libros.

Levouse a cabo un ano máis a Feira do Libro co gallo do Día das Letras Galegas. Previa

autorización das familias e con carácter voluntario, o alumnado aportou un libro para

intercambialo cos dos outros compañeiros/as.

Ao remate co intercambio, cada alumno/a recolleu un marcapáxinas dos elaborados con ocasión

do Día do Libro.

Esta actividade está recollida no blog “celebrandeslao.blogspot.com.”

Contamos coa colaboración do Equipo de Dinamización Lingüística e o Equipo de Actividades

Complementarias e Extraescolares.

Ás familias envióuselles un tríptico coa información sobre a actividade e a figura

homenaxeada no Día das Letras, así como a autorización para a entrega dos libros.

Realizamos, en colaboración co Equipo de Normalización

Lingüística as seguintes actividades:

un concurso de poesía en galego no que participaron

tod@s os alumnos de primaria. A poesía tiñan que

depositala nunha caixa na biblioteca.Os premios

dividíronse en tres categorías:1º e 2º, 3º e 4º e 5ºe 6º.

Page 22: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

22

www.blogvoreta.blogspot.com

DRAGOLAMBÓN E DRAGOLAMBINA. Dragolambón leva na súa barriga unha morea

de libros en galego. Os/as rapaces/as de 1º e 2º teñen que collerlle un libro lelo e

despois facer un pequeno resumo e un debuxo. Dragolambina espera na biblioteca

a que lle dean de comer estas estupendas viandas. As que máis lle gusten a

Dragolambina levarán un agasallo. Ao rematar o banquete expoñeranse no

taboleiro da entrada da biblioteca os resumos e debuxos máis sabedores.

Unha exposición de banda deseñada en galego.

DRAGOLAMBINA

DRAGOLAMBÓN

Page 23: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

23

www.blogvoreta.blogspot.com

IV.C. ACTIVIDADES RELACIONADAS COA EDUCACIÓN PARA A COMPETENCIA EN

INFORMACIÓN

Ademais de atender a demandas concretas, incídese nos procesos de procura,selección e análise

crítica da información.

Está integrado o uso de ferramentas dixitais que axudan a xestionar o traballo persoal do alumno

(procuras, plan de traballo, borradores…) o traballo esténdese ás aulas mediante o uso de

ordenador, tablet, ou na aula de informática.

O PROXECTO DOCUMENTAL

No mes de outubro, o Equipo da Biblioteca Escolar tomou a decisión de desenvolver un

proxecto que estivese relacionado coa exploración xeográfica.

As viaxes en tren invitan a visitar os lugares con calma, gozar coas paisaxes e coñecer as

costumes dos países polos que pasas. Escollimos algúns trens con moita sona e outros moi

descoñecidos e paseamos por todos os continentes.

O título elixido foi: VIAXAR EN TREN

A información relativa ao proxecto foi entregada a todas as titorías do centro nunha carta

de Xulieta.(Mascota da biblioteca).

Page 24: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

24

www.blogvoreta.blogspot.com

Page 25: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

25

www.blogvoreta.blogspot.com

OBXECTIVOS

Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo

con elas cando utilizamos un transporte público.

Prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así

como o pluralismo propio dunha sociedade democrática.

Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade

no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa

persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor.

Coñecer, comprender e respectar as diferentes culturas.

Comprender a importancia de saber utilizar unha lingua estranxeira coa competencia

comunicativa básica que lles permita expresar e comprender mensaxes sinxelas e

desenvolverse en situacións cotiás.

Desenvolver as competencias matemáticas básicas e iniciarse na resolución de problemas

que requiran a realización de operacións elementais de cálculo par aplicalos ás

situacións da súa vida cotiá.Por ex. a planificación dunha viaxe.

Coñecer os aspectos fundamentais da xeografía, a historia e a cultura dos países

recorridos.

Iniciarse na utilización das tecnoloxías da información e da comunicación.

Desenvolver un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran.

Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de

propostas visuais e audiovisuais.

Desenvolver as súas capacidades afectivas nas súas relacións coas demais persoas, así

como unha actitude contraria á violencia e aos prexuízos de calquera tipo.

Coñecer, apreciar e valorar as singularidades culturais, lingüísticas, físicas e sociais dos

países que imos coñecendo.

BIBLIOGRAFIA

“Trenes de ensueño”de Martin Howard.Ed. Planeta.

www.renfe.es

https://www.catai.es/categorias/trenes-del-mundo.html

http://turismo.perfil.com/3724-fotogaleria-los-mas-famosos-trenes-turisticos/

Page 26: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

26

www.blogvoreta.blogspot.com

IV.D. OUTRAS ACTIVIDADES

Ademais de adecuar os espazos, mobiliario e equipamentos tecnolóxicos para facilitar o

acceso, a biblioteca deseña e crea materiais especiais se o profesorado o demanda para distintos

grupos de alumnado con necesidades de acción compensatoria. Tamén selecciona, reúne e

difunde documentos específicos, así como facilita algún servizos concretos para estes alumnos

(préstamo de recursos variados).

Ademais de facilitar a consulta en sala e o préstamo individual, a biblioteca establece sistemas

de difusión da información para o conxunto do profesorado (boletíns, información sobre a

cultura en xeral...)

V. GRAO DE IMPLICACIÓN DO CENTRO E DA COMUNIDADE EDUCATIVA

O obxectivo do Equipo da Biblioteca Escolar é difundir o fondo documental e suscitar o

hábito lector a través do préstamo bibliotecario e dar a coñecer todos os aspectos relativos ao

mundo da lectura e da cultura en xeral empregando a biblioteca como un dos espazos máis

apropiados para o cumprimento de tal fin.

Tanto o profesorado como o alumnado amosou un gran interese en todo momento e

participou coas actividades propostas.

Así mesmo fíxose partícipe a Asociación de Nais e Pais e a todas as familias en xeral dun

xeito o outro da meirande parte das actividades propostas (guías de lectura cantos contos

contas,feira do libro, trípticos e notas informativas...). Sen a súa participación os resultados

obtidos non terían sido tan satisfactorios.

Profesorado e alumnado mantiveron a continuidade do préstamo, a implicación no

desenvolvemento do proxecto documental, o interese por amosar a importancia da lectura como

fonte de pracer e de aprendizaxe e ademais dalo a coñecer aos demais mediante a participación

en todas as actividades propostas desde o Equipo da Biblioteca.

As suxestións por parte do profesorado e do alumnado para mellorar o fondo da biblioteca

e a súa organización foron tamén constantes e atendidas sempre que os recursos económicos,

espaciais e de tempo así o permitiron.

A colaboración entre o Equipo Directivo, o Consello Escolar, a Comisión de Coordinación

Pedagóxica, o Equipo de Dinamización Lingüística, a Comisión de Actividades Complementarias e

Extraescolares, a Comisión de TICS, e os diferentes Ciclos foi fundamental para levar a cabo este

traballo.

Page 27: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

27

www.blogvoreta.blogspot.com

VI. GRAO DE INTEGRACIÓN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA NOS PROCESOS DE

ENSINANZA E APRENDIZAXE DAS DIVERSAS ÁREAS DO CURRÍCULO

A biblioteca é concibida no noso centro como un espazo ao servizo dos procesos de ensinanza e

aprendizaxe e pon á disposición de todos os membros da comunidade educativa os fondos

documentais existentes en calquera soporte para facer un uso eficaz deste.

Deste xeito propúxose unha oferta de actividades que intentase satisfacer varios dos obxectivos

e contidos do currículo.

A colección da biblioteca ten en conta todas as etapas educativas e as áreas do currículo, e as

adquisicións planificáronse para manter a compensación entre materias sempre que foi posible.

A través dos servizos que prestamos e das actividades desenvolvidas (lectura en sala,

información, exposicións, posta en práctica do plan lector, préstamos, proxecto documental ou

acceso a internet…) contribuímos á adquisición dos obxectivos das diferentes áreas do currículo,

tanto en Educación Infantil como en Primaria, e das competencias básicas tentando asemade de

integrar a cultura impresa e a cultura dixital, xunto coa Comisión de TIC´s, nos xeitos de facer

do profesorado e nas prácticas de aprendizaxe do alumnado.

O uso da biblioteca e o desenvolvemento do Plan Lector figuran nas Programacións Didácticas de

cada un dos ciclos como un importante recurso para a consecución dos obxectivos e o

desenvolvemento das competencias básicas do alumnado en todos os niveis e ciclos.

As actuacións levadas a cabo desde a biblioteca, especialmente coa posta en práctica do

Proxecto Documental “VIAXAR EN TREN”, tentaron reforzar a nivel competencial, en liñas

xerais, os seguintes aspectos:

1. Competencia en comunicación lingüística

- Entender os enunciados das diferentes actividades.

- Realizar a lectura comprensiva do documento extraído do libro de traballo e recoller a

información significativa.

- Ampliar e aplicar o vocabulario relacionado cos medios de transporte e a xeografía.

- Empregar o vocabulario axeitado segundo a situación comunicativa.

- Ler, analizar e comprender o contido de diversos tipos de textos que atoparemos nas

páxinas visitadas .

- Indagar na literatura dos países visitados.Coñecer escritores destacados.

Page 28: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

28

www.blogvoreta.blogspot.com

A promoción do préstamo, intercambio de libros e recomendación de lecturas entre o alumnado: Consideramos necesario que os nenos e nenas se animen uns a outros na lectura; recomendarse libros supón ter que ser lidos previamente, que se establecen canais de comunicación culturais, que se axiliza e actualiza o pracer da lectura.... Esta actividade formará parte da Hora de Ler, na que o alumnado pode facer aportacións interesantes á súa clase en calidade de préstamo, tanto de textos narrativos como de divulgación. É importante que o profesorado manteña unha supervisión para que este material sexa de calidade.

Ademais, participarase na

actividade do “Feira do

Libro”.

(Programación Didáctica do 1º

Ciclo de Educación Primaria)

2. Competencia matemática e competencias básicas en ciencias e tecnoloxía

- Descubrir a utilidade dos números para manexarnos na vida real,comprando os billetes e

planificando unha viaxe

- Obter e organizar a información de diferentes tipos de gráficos (itinerarios,horarios...)

- Aplicar a abstracción, a simbolización, a dedución e a formalización na vida

cotiá e as súas actividades escolares.

- Interpretar gráficas que representan os itinerarios dos trens

3. Competencia dixital

- Coñecer a organización dos libros na biblioteca e procurar os que cómpren para ampliar coñecementos.

- Acceder a recursos educativos e información sobre o tema a investigar a través da internet.

- Practicar destrezas para a procura, a escolla e a

presentación ordenada da información.

- Comprender a información de diversas fontes por

medio do tratamento da súa estrutura eorganización.

- Interpretar información expresada en diferentes

códigos.

- Interpretar imaxes e detectar a información que nos

transmiten.

- Utilizar diferentes tipos de códigos para representar

algunhas informacións.

4. Competencia para aprender a aprender

- Relacionar as novas aprendizaxes cos coñecementos previos xa adquiridos.

- Exercitar a relación de contidos en forma de esquema de frechas.

- Fomentar o traballo en equipos e a división de tarefas.

- Traballar a consulta de varias fontes de información e relacionar os resultados obtidos.

- Analizar e interpretar os elementos do contexto para arrequentar a comprensión de textos e imaxes.

- Esforzarse para resolver as actividades de crecente complexidade.

- Recapacitar sobre a orixe dos erros cometidos para aprender a evitalos.

Page 29: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

29

www.blogvoreta.blogspot.com

5. Competencia sociais e cívicas

- Traballar en equipo para resolver actividades complexas.

- Coñecer e valorar a cultura de países distintos ao noso.

- Aprender a aceptar os puntos de vista distintos ao propio.

- Respectar as normas de convivencia cando utilizamos os transportes públicos.

- Desenvolver habilidades que faciliten a convivencia, a tolerancia e mais o respecto entre as

persoas.

- Participar nas actividades colectivas valorando as achegas realizadas polos demais

- Exercitar as habilidades sociais necesarias para identificar e valorar os puntos de vista dos

demais

6. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

- Participar de forma autónoma na organización do tempo libre e na planificación de actividades de lecer. Valorar a lectura para o logro deste fin.

- Aplicar criterios de clasificación para organizar a información.

7. Conciencia e expresións culturais

- Realizar debuxos ou carteis que expresen os contidos estudados.

- Recoñecer a lingua como elemento cultural de primeira orde.

- Aplicar criterios de creatividade e imaxinación nas propias producións.

- Comprender e valorar as obras de carácter literario.

- Desenvolver a capacidade expresiva e comunicativa en produción e a representación de textos.

- Valorar as obras literarias e outras formas de manifestación cultural expresadas lingüisticamente.

- Gozar da beleza e descubrir as posibilidades estéticas que encerran determinadas producións literarias e a imaxe.

VII. ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO ÁMBITO DE BIBLIOTECA ESCOLAR EN QUE

PARTICIPOU O PROFESORADO

No mes de marzo a persoa responsable da biblioteca asistiu aos Encontros dos centros do Plan

de Mellora das Bibliotecas Escolares.

Page 30: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

30

www.blogvoreta.blogspot.com

VIII. AVALIAICIÓN

Facemos primeiramente unha cuantificación do grao de consecución dos obxectivos propostos

para este curso que se detallan no seguinte cadro e que foron avaliados no punto II desta

Memoria.

Obxectivo acadado

Obxectivo en

proceso Non acadado TOTAL

Organización e xestión

8 2 0 10

Dinamización e promoción dos recursos da BE

2 1 0 3

Formación de usuarios e competencia informacional

2 4 2 8

Fomento da lectura e competencia informacional

5 2 0 7

Outras actuacións 4 0 0 4

Avaliación 2 1 0 3

TOTAL 23 10 2 35

Cómpre dicir á vista destes resultados que estamos bastante satisfeitos co nivel de consecución

dos obxectivos que nos propuxemos, porque o 65 % dos obxectivos foron totalmente acadados e

o 28% están en vías de lograrse, xa que son obxectivos a conquerir a medio ou longo prazo.

O total xa que logo da porcentaxe de obxectivos logrados total ou parcialmente é do 93 %.

Por outra banda, queremos resaltar tamén estes aspectos avaliativos:

Page 31: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

31

www.blogvoreta.blogspot.com

1. A planificación e a avaliación están coordinadas pola comisión de biblioteca e cóntase cos

órganos de dirección e coordinación pedagóxica do centro (Dirección, xefatura de

estudos, Comisión de Coordinación Pedagóxica…). A participación destes axentes está

establecida e é permanente.

2. O equipo directivo considera a biblioteca como unha das súas prioridades e impulsa

estratexias para implantala, integrala e desenvolvela. Ademais, apoia a biblioteca en

todas as súas iniciativas de mellora.

3. A biblioteca contémplase como espazo formativo nos documentos fundamentais do

centro. A súa planificación anual incorpórase á Programación xeral anual e a biblioteca

aparece nos documentos de promoción e difusión do centro.

4. A biblioteca ten presenza permanente nos distintos órganos de xestión, planificación e

coordinación pedagóxica do centro. Especificamente, está integrada na Comisión de

Coordinación Pedagóxica.

5. A biblioteca contou cun orzamento anual para a adquisición de recursos que provén do

PLAMBE o que garante unha actualización equilibrada do fondo.

6. A biblioteca dispón dun orzamento anual para o seu funcionamento ordinario e para

organizar actividades que provén dos gastos de funcionamento do centro. As melloras de

infraestruturas supedítanse á dispoñibilidade económica do centro ou do Concello de

Cambre.

7. Este curso catalogáronse case 200 documentos.

8. A totalidade do alumnado acode á biblioteca (durante os recreos, baixo a tutela do

responsable da biblioteca ou acompañado polos seus mestres).

9. A maioría do alumnado acode á biblioteca unha vez por semana ou máis.

10. A meirande parte do alumnado utiliza os recursos da biblioteca cando acode a ela

(consulta, lectura de ficción, información, usan o computador …)

Page 32: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

32

www.blogvoreta.blogspot.com

11. Funcionamento do blog: Moi positivo

12. Consideramos moi positiva a participación na actividade de Poesía e no Dragolabóm.

13. As reunións do Equipo de Biblioteca Escolar foron periódicas durante todo o

curso.Reunímonos unha vez ao mes para planificar o traballo técnico e revisar e avaliar a

marcha das nosas propostas. Realizouse nelas a correspondente avaliación.

14. En canto ao horario dedicado ao traballo na biblioteca, queremos salientar a dificultade

que xurde para compaxinar o labor técnico e de dinamización da lectura coas horas que a

biblioteca ten que ser utilizada para a consulta e préstamo por parte das titorías. Tendo

en conta que o noso Centro conta con 6 unidades de EI e 15 de EP, o traballo “in situ”

podería desenvolverse en 4 horas lectivas. A cuestión non ten fácil solución, xa que o

equipo non pode desenvolver o seu traballo simultaneamente mentres acoden á

biblioteca os usuarios. Ademais xa se dixo que as actividades de promoción da lectura

como conta contos e outras charlas ou conferencias tamén empregan este espazo, polo

que as horas de traballo vense ás veces interrompidas por este tipo de actividades.

15. Existe no centro unha gran demanda de uso da biblioteca como actividade extraescolar.

Todas as solicitudes non poden ser atendidas por falta de espazo físico.

16. Atopamos dificultades para a adquisición de material divulgativo en galego para as idades

dos nosos alumnos por mor de situación alleas a nós. (situación do mercado editorial en

lingua galega…)

17. Destacamos a ampla acollida que tiveron ao longo de todo o curso as actividades

propostas polo Equipo de Biblioteca e desde estas liñas queremos agradecer en xeral a

toda a comunidade educativa e en particular ao equipo directivo polas facilidades dadas

para desenvolver todas as nosas propostas, aos mestres e mestras que acolleron as

actividades con entusiasmo e unha participación total, tanto en educación infantil como

en primaria.

Page 33: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

33

www.blogvoreta.blogspot.com

IX. PREVISIÓNS DE FUTURO

A intención do Centro é seguir participando no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.

No prazo sinalado o Equipo de BE presentará o Proxecto para o curso 2016-2017 no que se sinalan

as liñas prioritarias de actuación para o próximo curso.

Cómpre seguir actualizando o fondo, xa que máis do 78 % do mesmo corresponde a anos

anteriores ao 2009. O 15 % do fondo corresponde aos anos 2013 e 2015 (mes de xuño).

Page 34: qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de biblioteca formada dentro

43