proxecto un espazo natural - santillana...3 primaria un espazo natural proxecto o proxecto un espazo...
TRANSCRIPT
![Page 1: PROXECTO Un espazo natural - Santillana...3 PRIMARIA Un espazo natural PROXECTO O proxecto Un espazo natural para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada](https://reader035.vdocuments.mx/reader035/viewer/2022062510/6131a77c1ecc51586944defd/html5/thumbnails/1.jpg)
PRIM
ARI
A3 Un espazo natural
PROXECTO
O proxecto Un espazo natural para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana M.ª Guerra Cañizo.
Na súa elaboración participou o seguinte equipo:
TEXTO Begoña Barroso Nombela Daniel Masciarelli García
EDICIÓN Daniel Masciarelli García
EDICIÓN EXECUTIVA Begoña Barroso Nombela
DIRECCIÓN DO PROXECTO Antonio Brandi Fernández
DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIAMaite López-Sáez Rodríguez-Piñero
Ciencias da Natureza
![Page 2: PROXECTO Un espazo natural - Santillana...3 PRIMARIA Un espazo natural PROXECTO O proxecto Un espazo natural para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada](https://reader035.vdocuments.mx/reader035/viewer/2022062510/6131a77c1ecc51586944defd/html5/thumbnails/2.jpg)
Índice
Temos unha idea ........... 4
Organizámonos .............. 6
Poñémonos en marcha ........................ 10
Revisamos ........................ 14
Na natureza viven moitos seres vivos, tanto animais coma plantas.
Hai zonas salvaxes, zonas protexidas e tamén lugares que as persoas construíron para cultivar plantas ou criar animais.
En todas elas pódense aprender moitísimas cousas moi interesantes… Atréveste?
![Page 3: PROXECTO Un espazo natural - Santillana...3 PRIMARIA Un espazo natural PROXECTO O proxecto Un espazo natural para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada](https://reader035.vdocuments.mx/reader035/viewer/2022062510/6131a77c1ecc51586944defd/html5/thumbnails/3.jpg)
Podemos escoitar os sons que realizan algúns animais, como o chío dos paxaros ou o voo dos insectos.
Podemos observar os animais e coñecer os seus costumes.
Podemos observar as plantas e aprender a identificalas.
Temos unha idea
As actividades ao aire libre poden ser moi divertidas. Na natureza podemos andar ou ir en bici por carreiros, subir ata lugares altos desde onde poder contemplar a paisaxe ou bañarnos nun río.
Pero, ademais, podemos aprender moitas cousas interesantes, sobre todo se quedamos en silencio e observamos con atención o que nos arrodea.
4
![Page 4: PROXECTO Un espazo natural - Santillana...3 PRIMARIA Un espazo natural PROXECTO O proxecto Un espazo natural para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada](https://reader035.vdocuments.mx/reader035/viewer/2022062510/6131a77c1ecc51586944defd/html5/thumbnails/4.jpg)
1 Formade grupos de catro ou cinco persoas. Imaxinade que tedes que preparar unha saída a unha zona natural próxima ao voso centro escolar.
Que tipo de lugar credes que se representa en cada unha das fotografías?
2 Para elixir o lugar, podédesvos fixar nestes aspectos:
É unha zona protexida ou non?
Credes que ides encontrar bastante variedade de animais e plantas?
Ten fácil acceso desde o voso centro escolar?
Hai algunha actividade humana na zona?
Ten áreas para poder comer e descansar?
A
C
B
D
5
![Page 5: PROXECTO Un espazo natural - Santillana...3 PRIMARIA Un espazo natural PROXECTO O proxecto Un espazo natural para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada](https://reader035.vdocuments.mx/reader035/viewer/2022062510/6131a77c1ecc51586944defd/html5/thumbnails/5.jpg)
1 Buscade información sobre o lugar elixido.
Anotade en que lugares podedes encontrar animais e plantas para realizar as vosas observacións.
Conseguide un mapa da zona ou debuxádeo vós.
Planificade unha ruta sobre o mapa.
Mirade se hai camiños sinalados ou pequenas rutas xa establecidas e, se non é así, comprobade que a ruta que elixistes é accesible para vós.
Comprobade se o lugar está dotado de colectores do lixo ou papeleiras. Lembrade que nunca debedes deixar restos nin lixo nestes espazos.
Para preparar adecuadamente unha saída a un espazo natural, cómpre ter en conta moitos detalles diferentes. Para que este traballo non recaia nunhas poucas persoas, todo o mundo ten que colaborar. Para facelo:
• Nomeade un representante en cada grupo e expoñede as vosas decisións na clase para todos os compañeiros e compañeiras.
• Repartide as seguintes tarefas por grupos.
Organizámonos
Xa sabemos o lugar a onde queremos ir para facer a nosa observación de animais e plantas.
Moi ben, agora ímonos organizar!
Que cres que significan estes sinais?
6