proxecto de innovación. convocatoria 2016 memoria final · acoplamento de transformadores en...
TRANSCRIPT
CIFP Politécnico de Santiago
Páxina 1 de 20
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Proxecto de innovación. Convocatoria 2016
Memoria final
Título do proxecto
Transformadores de potencia didácticos integrados nunha rede de
distribución de media tensión.
Coordinador/a José Luis García García
Centro educativo CIFP Politécnico de Santiago
Proxecto de innovación premiado na resolución do 20 de abril de 2016 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria onde se impartan ensinanzas de Formación Profesional, convocados na resolución do 23 de novembro de 2015.
CIFP Politécnico de Santiago
Páxina 2 de 20
Índice
1. Memoria xustificativa ................................................................................................ 3
1.1 Historia do proxecto ...................................................................................................... 3
1.1.1 Xustificación ....................................................................................................................................................... 3
1.2 Relación de participantes .............................................................................................. 6
1.2.1 Centro coordinador ............................................................................................................................................. 6
1.2.2 Empresas ou entidades participantes ................................................................................................................ 6
1.3 Actividades realizadas .................................................................................................. 7
1.3.1 Centro coordinador. Actividades realizadas. ...................................................................................................... 7
1.3.2 Empresas ou entidades participantes. Actividades realizadas. ......................................................................... 8
1.3.3 Concreción das actividades do proxecto respecto a cada centro e entidade participante................................. 9
1.4 Avaliación final. Indicadores........................................................................................ 11
1.4.1 Centro coordinador. Plan de avaliación. Indicadores. ...................................................................................... 11
1.5 Conclusións. Valoración global do proxecto e previsións de futuro ............................. 13
1.5.1 Obxectivos xerais do proxecto ......................................................................................................................... 13
1.5.2 Obxectivos específicos ..................................................................................................................................... 14
1.6 Memoria de xustificación económica .......................................................................... 14
1.6.1 Gastos xerais do proxecto ................................................................................................................................ 14
2. Resultados do proxecto .......................................................................................... 15
2.1 Implantación do proxecto ............................................................................................ 15
2.1.1 Adecuación e instalación no local .................................................................................................................... 16
2.2 Guías e manuais de prácticas. .................................................................................... 17
2.2.1 Posta en servizo do centro de transformación adaptado didacticamente ........................................................ 17
2.2.2 Guías e manuais de prácticas dos transformadores de potencia .................................................................... 17
2.2.2.1 Transformadores .............................................................................................................................. 17
2.2.2.2 Conexión co autómata. ..................................................................................................................... 18
2.2.2.3 Programa do autómata ..................................................................................................................... 18
2.2.2.4 Programa Scada ............................................................................................................................... 18
2.3 Recursos didácticos .................................................................................................... 19
2.3.1 Manual de acceso remoto ó telemando ........................................................................................................... 19
2.3.2 Curso de proteccións de Media Tensión .......................................................................................................... 19
2.3.3 Software “Prácticas de MT 2.0” ........................................................................................................................ 19
2.4 Planos e esquemas .................................................................................................... 20
CIFP Politécnico de Santiago
Páxina 3 de 20
1. Memoria xustificativa
1.1 Historia do proxecto
Este proxecto de innovación presentouse na modalidade B: Innovación didáctica, segundo a
resolución do 23 de novembro de 2015 da Dirección Xeral de Educación, Formación
Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios para o desenvolvemento
de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no
ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria.
Resultando premiado segundo a resolución do 20 de abril de 2016 da Dirección Xeral de
Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se resolven os premios
para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de
innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes
da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, onde se impartan
ensinanzas de Formación Profesional, convocados na resolución 23 de novembro de 2015.
1.1.1 Xustificación
A continuidade de servizo é unha prioridade actualmente. Quedan atrás os cortes do
subministro eléctrico cada vez que había tormenta. Este cambio débese á mellora das
infraestruturas de transporte e protección eléctrica.
Desde a súa xeración ata o punto de consumo, a enerxía transfórmase e modifica varias
veces. As máquinas encargadas de facer estes cambios son os transformadores de potencia.
Dependendo da necesidade da rede eléctrica, estas máquinas poden ser elevadoras
(transporte) ou redutoras (distribución) de tensión. Existen dúas tecnoloxías principalmente,
os transformadores (trafos) denominados “secos” e os “de enchido integral”.
Aínda que o seu principio de funcionamento continua sendo o mesmo, o transformador foi
evolucionando coa incorporación de melloras tecnolóxicas. Non é estraño atopar aínda
máquinas que levan máis de 50 anos en funcionamento.
Dado que a electricidade é (ata a data) a fonte de enerxía máis usada, os transformadores
son máquinas implantadas en calquera rede de distribución eléctrica. Estas redes cada día
están máis explotadas e son máis complexas. É por iso que a xestión eficiente e intelixente
das redes (smart grids), é unha realidade que hai que empezar a implantar en centros de
Formación Profesional. Como parte principal das cidades intelixentes (smart cities), as
“smart grid” están formadas por moitos transformadores de potencia e elementos de
protección.
Para que sigamos falando de continuidade de servizo é importantísimo que os
transformadores se dimensionen, instalen e manteñan en perfectas condicións. Por suposto,
sempre seguindo estritamente as condicións de seguridade necesarias.
CIFP Politécnico de Santiago
Páxina 4 de 20
Este proxecto permitirá dispoñer do equipamento necesario para realizar prácticas de
deseño, dimensionamento, instalación e mantemento de transformadores de potencia, en
condicións seguras e nun formato didáctico adaptado.
Os currículos dos ciclos formativos establecen obxectivos directamente relacionados con
este recurso didáctico. A continuación indícase o currículo, o módulo e unidade formativa
directamente relacionada con este recurso didáctico:
Decreto 138/2011 polo que se establece o Currículo de técnico superior en sistemas electrotécnicos e automatizados.
MÓDULO PROFESIONAL
UNIDADE FORMATIVA
MP0522: Desenvolvemento de redes eléctricas e centros de transformación
MP0522_12: Redes eléctricas de distribución en alta e baixa tensión.
MP0522_22: Centros de transformación.
Decreto 28/2010 polo que se establece o Currículo de técnico en instalacións eléctricas e automáticas
MÓDULO PROFESIONAL
UNIDADE FORMATIVA
MP0236: instalacións de distribución
MP0236_14: Redes eléctricas de distribución en alta e baixa tensión.
MP0236_24: Centros de transformación
CIFP Politécnico de Santiago
Páxina 5 de 20
Decreto 109/2013 polo que se establece o Currículo de técnico en mecatrónica industrial
MÓDULO PROFESIONAL
UNIDADE FORMATIVA
MP0937: sistemas eléctricos e electrónicos
MP0937_12: equipamento eléctrico industrial
MP0937_22: configuración, montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial
Decreto 161/2012 polo que se establece o Currículo de técnico superior en enerxías renovables
MÓDULO PROFESIONAL
UNIDADE FORMATIVA
MP0668: sistemas eléctricos en centrais
Todo o módulo
MP0669: subestacións eléctricas
Todo o módulo
MP0670: telecontrol e automatismos
Todo o módulo
MP0671: prevención de riscos eléctricos
Todo o módulo
CIFP Politécnico de Santiago
Páxina 6 de 20
Decreto 191/2013 polo que se establece o Currículo de Técnico en Mantemento e Control de Maquinaria de Buques e Embarcacións
MÓDULO PROFESIONAL
UNIDADE FORMATIVA
MP1175: Mantemento das instalación e máquinas eléctricas
en buques e embarcacións
MP1175_33: Mantemento de máquinas eléctricas.
1.2 Relación de participantes
1.2.1 Centro coordinador
1.2.2 Empresas ou entidades participantes
Empresas ou entidades participantes
Denominación da empresa CIF Persoa de contacto Enderezo electrónico
Instituto Schneider Electric de Formación (ISEF) A 08008450
Sergio López Botella
Centro coordinador: CIFP Politécnico de Santiago Código de centro:15015767
Coordinador do proxecto
Nome Apelidos Enderezo electrónico Especialidade
José Luis García García [email protected] Sistemas Electrotécnicos e Automáticos
Profesorado participante
Nome Apelidos Enderezo electrónico Especialidade
José María Campa Barcia [email protected] Sistemas Electrotécnicos e Automáticos
CIFP Politécnico de Santiago
Páxina 7 de 20
1.3 Actividades realizadas
1.3.1 Centro coordinador. Actividades realizadas.
É importante dispor na Formación Profesional de recursos didácticos que permitan dar
resposta ás necesidades formativas do Sistema de Formación Profesional, no sector
produtivo da produción e distribución de enerxía eléctrica, dentro das actividades de
configuración, montaxe e mantemento de centros de transformación.
Na seguinte táboa indícanse as tarefas que conforman o plan de traballo ca secuenciación e
temporalización que permite o control do avance do proxecto.
Proxecto Innovación didáctica: Transformadores de potencia didácticos integrados nunha rede de distribución de media tensión.
PLAN DE TRABALLO - TEMPORALIZACIÓN
Ref. Tarefa Responsable Temporalización
1
Conexionado dos transformadores
de potencia ca cela de protección
dun Centro de Transformación
(CT)
CIFP Politécnico de
Santiago - Asesoramento
Schneider Electric España 2 meses
2
Interconexión dos elementos de
protección dos transformadores co
equipo de control.
CIFP Politécnico de
Santiago - Asesoramento
Schneider Electric España 2 meses
3
Parametrización do sistema de
mando e control.
CIFP Politécnico de
Santiago
1 meses
4
Realizar manobras de posta en
servizo e descargo dos
transformadores.
CIFP Politécnico de
Santiago - Asesoramento
Schneider Electric España 1 meses
5
Axuste dos valores de tensión da
saída do transformador tendo en
conta os valores das caídas de
tensión regulamentarias.
CIFP Politécnico de
Santiago - Asesoramento
Schneider Electric España 1 meses
CIFP Politécnico de Santiago
Páxina 8 de 20
6
Acoplamento de transformadores
en paralelo.
CIFP Politécnico de
Santiago - Asesoramento
Schneider Electric España 1 meses
7
Realizar o mantemento de
transformadores de Media
Tensión (MT).
CIFP Politécnico de
Santiago - Asesoramento
Schneider Electric España 2 meses
8
Realizar verificacións. CIFP Politécnico de
Santiago - Asesoramento
Schneider Electric España 2 meses
9
Prevención de Riscos Laborais:
Identificar os riscos eléctricos par
aplicar as medidas de seguridade
CIFP Politécnico de
Santiago - Asesoramento
Schneider Electric España 2 meses
10
Redacción da memoria técnica CIFP Politécnico de
Santiago 3 meses
11
Xornadas de difusión do proxecto CIFP Politécnico de
Santiago 5 días
1.3.2 Empresas ou entidades participantes. Actividades realizadas.
Empresas ou entidades participantes
Denominación da empresa CIF Actividade realizada
Instituto Schneider
Electric de Formación
(ISEF)
A 08008450
Asesoramento técnico sobre conexionado
dos transformadores de potencia ca cela de
protección.
Asesoramento técnico sobre a
interconexión dos elementos de protección
dos transformadores co equipo de control.
Asesoramento técnico sobre acoplamento
verificación e mantemento de
transformadores de MT
CIFP Politécnico de Santiago
Páxina 9 de 20
1.3.3 Concreción das actividades do proxecto respecto a cada centro e entidade participante.
Proxecto Innovación didáctica: Transformadores de potencia didácticos integrados nunha rede de distribución de media tensión.
CONCRECCIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROXECTO RESPETO A CADA CENTRO E ENTIDADE PARTICIPANTE
Ref.
Tarefa Responsable Recursos
1
Conexionado dos transformadores de
potencia ca cela de protección dun
Centro de Transformación (CT).
CIFP Politécnico de
Santiago - Asesoramento
Schneider Electric España
-Trasformadores
didácticos de
Media Tensión.
-Cables de
interconexión para
Media Tensión.
-Terminais.
-Ferramenta
específica.
-EPI.
2
Interconexión dos elementos de
protección dos transformadores co
equipo de control.
CIFP Politécnico de
Santiago - Asesoramento
Schneider Electric España
-Cable de datos
apantallado 8G1.
-Terminais.
-Ferramenta
específica.
-EPI.
3
Parametrización do sistema de mando
e control.
CIFP Politécnico de
Santiago - Asesoramento
Schneider Electric España
-Equipos de
medida.
-Documentación
técnica do sistema
de mando e control.
-EPI.
CIFP Politécnico de Santiago
Páxina 10 de 20
4
Realizar manobras de posta en
servizo e descargo dos
transformadores.
CIFP Politécnico de
Santiago - Asesoramento
Schneider Electric España
-Procedemento
normalizado.
-Equipo de posta a
terra e en
curtocircuíto.
-Pértigas
comprobadoras de
tensión.
-Pértigas de
manobra.
-EPI.
5
Axuste dos valores de tensión da
saída do transformador tendo en conta
os valores das caídas de tensión
regulamentarias.
CIFP Politécnico de
Santiago - Asesoramento
Schneider Electric España
-Equipo de medida.
-Ferramenta
específica.
-EPI.
6
Acoplamento de transformadores en
paralelo.
CIFP Politécnico de
Santiago - Asesoramento
Schneider Electric España
-Equipo de medida.
-Ferramenta
específica.
-EPI.
7
Realizar o mantemento de
transformadores de Media Tensión
(MT).
CIFP Politécnico de
Santiago - Asesoramento
Schneider Electric España
-Equipo de medida.
-Ferramenta
específica.
-EPI.
8
Realizar verificacións. CIFP Politécnico de
Santiago - Asesoramento
Schneider Electric España
-Equipo de
verificación.
-Ferramenta
específica.
-EPI.
9
Prevención de Riscos Laborais:
Identificar os riscos eléctricos par
aplicar as medidas de seguridade
CIFP Politécnico de
Santiago - Asesoramento
Schneider Electric España
-Normativa de
aplicación.
-EPI.
10
Redacción da memoria técnica CIFP Politécnico de
Santiago
11
Xornadas de difusión do proxecto CIFP Politécnico de
Santiago Web do CIFP
Politécnico de
Santiago.
CIFP Politécnico de Santiago
Páxina 11 de 20
Neste proxecto priorizamos á seguridade do alumnado e profesorado para realizar
“simulacións” con equipos reais que permitan implantar un sistema de protección intelixente
dunha Rede de distribución de enerxía eléctrica en media tensión á que outros centros de
formación profesional se poderán unir e compartir recursos, contribuíndo así a unha mellora
na calidade da formación baseada nunha formación por proxectos mellorando á
empregabilidade e inserción laboral do alumnado, favorecendo o emprendemento e a
aparición de novas iniciativas empresarias debido a que estaríamos dando resposta ás
actuais e futuras esixencias do entorno produtivo.
1.4 Avaliación final. Indicadores
1.4.1 Centro coordinador. Plan de avaliación. Indicadores.
Proxecto Innovación Didáctica: Transformadores de potencia didácticos integrados nunha rede de distribución de media tensión.
PLAN DE AVALIACIÓN - SEGUIMENTO
Ref. Tarefa
INDICADORES
Responsable Temporal. Fase
finalizada Desvío
1
Conexionado dos
transformadores de
potencia ca cela de
protección dun
Centro de
Transformación (CT)
CIFP Politécnico de
Santiago -
Asesoramento
Schneider Electric
España
2 meses 2 meses 0 meses
2
Interconexión dos
elementos de
protección dos
transformadores co
equipo de control.
CIFP Politécnico de
Santiago -
Asesoramento
Schneider Electric
España
2 meses 1.5 meses 0.5 meses
3
Parametrización do
sistema de mando e
control.
CIFP Politécnico de
Santiago 1 meses 0.5 meses -0.5 meses
CIFP Politécnico de Santiago
Páxina 12 de 20
Proxecto Innovación Didáctica: Transformadores de potencia didácticos integrados nunha rede de distribución de media tensión.
PLAN DE AVALIACIÓN - SEGUIMENTO
Ref. Tarefa
INDICADORES
Responsable Temporal. Fase
finalizada Desvío
4
Realizar manobras de
posta en servizo e
descargo dos
transformadores.
CIFP Politécnico de
Santiago -
Asesoramento
Schneider Electric
España
1 meses 1mes 0 meses
5
Axuste dos valores de
tensión da saída do
transformador tendo
en conta os valores
das caídas de tensión
regulamentarias.
CIFP Politécnico de
Santiago -
Asesoramento
Schneider Electric
España
1 meses 1 mes 0 meses
6
Acoplamento de
transformadores en
paralelo.
CIFP Politécnico de
Santiago -
Asesoramento
Schneider Electric
España
1 meses 2 meses 1 mes
7
Realizar o
mantemento de
transformadores de
Media Tensión (MT).
CIFP Politécnico de
Santiago -
Asesoramento
Schneider Electric
España
2 meses 1.5 meses -0.5 meses
8
Realizar
verificacións.
CIFP Politécnico de
Santiago -
Asesoramento
Schneider Electric
España
2 meses 2 meses 0 meses
9
Prevención de Riscos
Laborais: Identificar
os riscos eléctricos
par aplicar as
medidas de
seguridade
CIFP Politécnico de
Santiago -
Asesoramento
Schneider Electric
España
2 meses 2 meses 0 meses
CIFP Politécnico de Santiago
Páxina 13 de 20
Proxecto Innovación Didáctica: Transformadores de potencia didácticos integrados nunha rede de distribución de media tensión.
PLAN DE AVALIACIÓN - SEGUIMENTO
Ref. Tarefa
INDICADORES
Responsable Temporal. Fase
finalizada Desvío
10 Redacción da
memoria técnica
CIFP Politécnico de
Santiago 3 meses 2.5 meses -0.5 meses
11 Xornadas de difusión
do proxecto
CIFP Politécnico de
Santiago 5 días 5 días 0 días
1.5 Conclusións. Valoración global do proxecto e previsións de futuro
Os resultados finais que se esperan obter están definidos nos obxectivos xerais e específicos
e en xeral consiste nun sistema didáctico que permita desenvolver actividades relacionadas
co conexionado, manobra, posta en servizo e mantemento de transformadores para
aplicación en redes de Media Tensión e Centros de Transformación. Este recurso didáctico
permitirá acadar os seguintes obxectivos
1.5.1 Obxectivos xerais do proxecto
1. Crear un laboratorio seguro para probas e investigación con transformadores de
Media Tensión (MT) adaptados didacticamente.
2. Mellorar os perfís competenciais dos profesionais no eido da configuración e
mantemento de transformadores de distribución eléctrica.
3. Realizar o mantemento, probas e ensaios regulamentarios en transformadores de
potencia.
4. Realizar prácticas con transformadores de potencia reais didactizados tendo en
conta as normas de prevencións de riscos laborais e aplicando a normativa
medioambiental.
5. Impartir sesións de formación e xornadas de transmisión de coñecementos ao co-
lectivo profesional de Galicia.
CIFP Politécnico de Santiago
Páxina 14 de 20
1.5.2 Obxectivos específicos
1. Conectar os transformadores de potencia a cela de protección dun Centro de
Transformación (CT).
2. Interconetar os elementos de protección dos transformadores co equipo de control.
3. Parametrizar o sistema de mando e control.
4. Realizar manobras de posta en marcha e parada dos transformadores.
5. Axustar os valores de tensión da saída do transformador tendo en conta os valores
das caídas de tensión regulamentarias.
6. Acoplar en paralelo transformadores.
7. Realizar o mantemento de transformadores de Media Tensión (MT).
8. Realizar verificacións neste tipo de equipos.
9. Identificar os riscos eléctricos par aplicar as medidas de seguridade.
Trala finalización, pódese comprobar que a funcionalidade do proxecto cumpre cos
obxectivos que se buscan, e pode dar resposta ás unidades formativas dos currículos que
aparecen no apartado 1.1.1
Tamén se conclúe que os recursos didácticos elaborados son facilmente transportables a
outros centros, onde se imparta ensino relacionado cos currículos anteriormente
mencionados.
1.6 Memoria de xustificación económica
1.6.1 Gastos xerais do proxecto
Os gastos xerais do proxecto foron xustificados.
2. Resultados do proxecto
2.1 Implantación do proxecto
Tendo en conta que os elementos que constitúen un centro de transformación didáctico para a utilización dos transformadores son relativamente voluminosos, e o seu costo elevado, fano de difícil implantación en Institutos e Centros de Formación Profesional. A hora de realizar este proxecto tívose en conta isto, e intentou adaptarse para que fose posible a súa utilización nun futuro por parte de outros Centros.
O lugar escollido foi un anexo ó pavillón polideportivo do Centro Educativo que se adecuou tendo en conta as necesidades dos elementos que constitúen o centro de transformación para un proxecto anterior, ó que se engadiron os elementos correspondentes.
CIFP Politécnico de Santiago Páxina 15 de 20
CIFP Politécnico de Santiago
Páxina 16 de 20
2.1.1 Adecuación e instalación no local
Como se indica no punto anterior, utilízase o espazo no que se levaron a cabo os proxectos:
“Smart Grid” -Rede Eléctrica Intelixente- Sistema de telecontrol e telemando aplicado a centro de transformación didáctico, premiado segundo a RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, onde se impartan ensinanzas de Formación Profesional, convocados na resolución 24 de marzo de 2014.
“Redes de media tensión: parametrización e comunicación de relés de protección con IEC61850”
Proxecto de innovación premiado na resolución do 6 de abril de 2015 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se conceden os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Resolución do 24 de novembro de 2014).
No local disponse das seguintes celdas anteriormente previstas para a conexión dos transformadores:
➢ Dúas celdas de liña motorizadas SM6-IM 24 kV, unha actuará como entrada de liña e outra como saída de liña.
➢ Unha celda de seccionamento SM6-SME 24 kV.
➢ Unha celda motorizada de protección xeral SM6-DM1D 24 Kv, con interruptor automático e seccionador de illamento, equipada cun relé de protección Sepam serie 20.
➢ Celda de medida SM6-GBCD.
➢ Celda de protección de transformador con roptofusible SM6-QM.
➢ Celda de protección de transformador con interruptor automático e relé de protección SM6-DM1D
CIFP Politécnico de Santiago
Páxina 17 de 20
2.2 Guías e manuais de prácticas.
2.2.1 Posta en servizo do centro de transformación adaptado didacticamente
O que se trate dun centro de transformación con telemando confírelle unha maior funcionalidade, posto que certas manobras pódense realizar remotamente. Por contras esta facultade tamén lle confire unha maior complexidade. Deste xeito teremos dous modos de actuar sobre os elementos do centro de transformación que serán:
➢ en modo manual, necesitamos estar fisicamente no lugar.
➢ en modo remoto, poderemos realizar manobras dende equipos conectados a rede do centro.
Para a posta en servicio das celdas contamos coa axuda que nos proporciona o fabricante. Nos manuais prácticos que facilita Schneider Electric pode apreciarse a forma de proceder.
➢ Celdas de liña SM6-IM 24 kV.
➢ Celda de seccionamento SM6-SME 24 kV
➢ Celda de protección SM6-DM1D 24 kV.
➢ Celda de medida SM6-GBCD.
➢ Celda de protección de transformador con roptofusible SM6-QM.
➢ Celda de protección de transformador con interruptor automático e relé de protección SM6-DM1D.
2.2.2 Guías e manuais de prácticas dos transformadores de potencia
2.2.2.1 Transformadores
Cando a conexión das celdas estean revisadas conéctanse as celdas de protección cos transformadores didácticos, utilizando cable de media tensión. Deste xeito dámoslle unha aparencia máis real a instalación.
Para este proxecto utilizáronse transformadores, de 25 kVA e 250 kVA.
Para facilitar a utilización didáctica destes transformadores realizouse unha adaptación interna dos mesmos que consistiu en manter a cuba orixinal do transformador e no seu interior ten instalado un transformador coa relación de transformación 400V/400V, conexión DYn11, cunha potencia nominal de 5KVA. Esta adaptación didáctica permite realizar actividades relacionadas con
CIFP Politécnico de Santiago
Páxina 18 de 20
acoplamento de transformadores, e axustes da tensión de saída. O transformador de 250 kVA está adaptado para facilitar a visualización interior do sistema de regulación de tensión e das bobinas que tería o transformador orixinal. Unha destas bobinas está situada nunha vitrina para facilitar a súa identificación.
2.2.2.2 Conexión co autómata.
Para monitorizar e rexistrar os datos proporcionados en cada momento polo relé conectaremos este medíate a tarxeta conversora ACE9492 a un autómata Schneider Modicon M340 BMX P34 2000.
Para manobrar en remoto, sobre as celdas do centro de transformación, engadiremos no bastidor un módulo de comunicacións ethernet NOE 0100.2 e módulos de entradas dixitais BMX DDI 3202 e saídas dixitais BMX DRA1605.
Os parámetros de funcionamento do relé configuraranse utilizando o software SFT2841 de Schneider Eléctic
2.2.2.3 Programa do autómata
Para a programación do autómata utilizaremos o software de Schneider Electric Unity Pro.
Este programa permítenos interactuar co Scada e deste xeito poder manexar as celdas a vontade, abrindo e cerrando os diversos elementos de manobra das celdas. Tamén nos proporciona unha conexión entre os relés e o Scada, podendo deste xeito monitorizar o funcionamento deste, o que nos permite analizar detalladamente as súas características e avaliar o efecto dos cambios realizados na configuración.
2.2.2.4 Programa Scada
Utilizaremos o paquete Scada de Schneider Eléctric Vijeo Citect. Esta forma de proceder permítenos actuar de forma gráfica sobre os elementos de conexión das celdas, así como unha visualización sinxela e atractiva dos datos proporcionados polo relé.
CIFP Politécnico de Santiago
Páxina 19 de 20
2.3 Recursos didácticos
A empresa que colaborou neste proxecto Schneider Electric facilitounos e autorizounos a publicar diversa documentación propia, que se pode atopar no arquivo "recursos.7z".
2.3.1 Manual de acceso remoto ó telemando
Pode atoparse no arquivo "recursos.7z".
2.3.2 Curso de proteccións de Media Tensión
En "recursos.7z", atópase un curso de media tensión, impartido ao alumnado e profesorado deste CIFP, que fai un recorrido amplo do que é a Alta Tensión, así como os equipos e aparamenta que constitúen un centro de transformación.
2.3.3 Software “Prácticas de MT 2.0”
Este recurso permite realizar simulacións didácticas de prácticas de configuración, manexo e posta a punto mediante representacións dos transformadores e celdas de manobra e protección, contribuíndo así a acadar os seguintes obxectivos:
• Identificar diferentes aplicacións en Media Tensión con celdas modulares e as súas características.
• Realizar prácticas de configuración, manobra e mantemento en Centros de Transformación.
Dentro de "recursos.7z" está a guía de acceso a Software “Prácticas de MT 2.0 na que se indican os pasos a seguir para acceder a este recurso.
CIFP Politécnico de Santiago
Páxina 20 de 20
No documento guía-profesor tes unha axuda que che dará unha idea xeral da aplicación “Practicas de MT 2.0”.
2.4 Planos e esquemas
Para a implantación e desenvolvemento deste proxecto utilizamos os seguintes planos e esquemas:
01- Plano de situación.
02- Plano de emprazamento.
03- Planta xeral.
04- Plano de detalle. Distribución en planta.
05- Planta, alzado, obra civil- Celdas 24 kV.
06- Esquema unifilar CT.
07- Esquema Celda de Liña con mando motorizado.
08- Esquema Celda de Seccionamento.
09- Esquema Celda de Protección-INDICE.
10- Esquema Celda de Protección-ESQUEMA DE POTENCIA.
11- Esquema Celda de Protección-CIRCUÍTO DE MANDO E SINALIZACIÓN.
12- Esquema Celda de Protección-CONTACTOS AUXILIARES.
13- Esquema Celda de Protección-BORNEIRO COMPARTIMENTO BT-1.
14- Esquema Celda de Protección-BORNEIRO COMPARTIMENTO BT-2.
15- Esquema Celda de Protección-PORTA E PLACA BT.
16- Esquema Celda de Protección-LISTA DE MATERIAIS.
17- Borneiro Conexión PLC.