proposta de colaboración co campamento urbano

14
propostadecolaboración Asociación Xuvenil Amencer Praza Don Bosco 1, baixo 32003 OURENSE Tel./Fax: 988 218 123 [email protected] www.amencer.org organiza: campamentourbano

Upload: adrian-rodriguez

Post on 09-Mar-2016

219 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Proposta de colaboración de empresas co Campamento Urbano de Ourese, organizado pola Asociación Xuvenil Amencer

TRANSCRIPT

Page 1: Proposta de Colaboración co Campamento Urbano

propostadecolaboración

Asociación Xuvenil Amencer Praza Don Bosco 1, baixo 32003 – OURENSE Tel./Fax: 988 218 123 [email protected] www.amencer.org

organiza:

campamentourbano

Page 2: Proposta de Colaboración co Campamento Urbano

O Campamento Urbano é unha proposta educativa para o tempo libre na cidade, que vai máis aló dun simple "facer actividades"; ten

características propias, unha historia propia, un respirar propio.

É unha oferta de ocio educativo, para nenos e nenas, mozos e mozas que consiste na

realización dun campamento na propia cidade.

1

“Campamento urbano 2009: Caixa de sorpresas”

INICIOUSE EN AGOSTO DE 1985, co gallo do Ano Internacional da Mocidade, en La Línea de la Concepción (Cádiz). A Galiza chegou en 1987, organizado polo Centro Don Bosco, en Santiago de Compostela, e dende alí foise estendendo por toda a

xeografía galega.

EN OURENSE vense desenvolvendo o Campamento Urbano Infantil ininterrumpidamente DENDE 1988, constatando unha moi boa acollida por parte da cidade, e unha ampla participación. O Campamento

Urbano Xuvenil dende 1998.

Son moitos os campamentos urbanos que se organizan en Galiza. A través da Federación de Centros Xuvenís “Don Bosco” de Galiza coordínanse os campamentos urbanos organizados polos centros xuvenís salesianos de Santiago de Compostela (Centro Don Bosco), A Coruña (Centro Xuvenil Abeiro), Vigo (Asociación Xuvenil Abertal) e Ourense (Asociación Xuvenil

Amencer).

O Campamento Urbano Infantil ESTÁ ABERTO Á PARTICIPACIÓN DE TODOS OS RAPACES E RAPAZAS de entre 9 e 15 anos de idade, especialmente destinado a aqueles e aquelas que non poden gozar doutras opcións de ocio en verán por motivos diversos (estudos, nivel económico...). O Campamento Urbano Xuvenil vai destinado aos maiores de 15 anos de

idade, e desenvólvese en horario de noite.

O número de participantes no Campamento Urbano de Ourense foi medrando, dende os 170 rapaces e rapazas da súa primeira edición a unha media de 650

na última edición.

facendo historia...

Page 3: Proposta de Colaboración co Campamento Urbano

O noso campamento urbano plantéxase coma unha

proposta educativa coas seguintes características:

ABERTO: Para calquera, dende o primeiro día ao derradeiro, dándolle a oportunidade aos rapaces/zas de que se incorporen no momento en que poidan, xa que nunca remata o prazo de inscrición. É aberto tamén ao contorno, é dicir, ao barrio e a toda a cidade, á participación de rapaces e rapazas,

institucións, empresas, entidades e veciños da cidade.

LIBRE: Os rapaces/zas son os verdadeiros protagonistas do seu campamento. Prima o valor da liberdade: participan os días que queren, sen forzar horarios, coñecendo de antemán as diferentes actividades do campamento a través de trípticos explicativos,

anuncios diarios, taboleiros, comunicación persoal...

GRATUÍTO: Non se cobra cota de inscrición, potenciando a integración de colectivos desfavorecidos. O Campamento Urbano funciona coma unha escola práctica de animadores e animadoras que participan desinteresadamente no que para moitos é a súa primeira experiencia de animación e de voluntariado, asumindo o valor da gratuidade activa. Ademais, crea conciencia social da importancia de financiar desinteresadamente este tipo de actividades:

organismos públicos e privados, cidadáns...

URBANO: Estamos falando dunha "cidade educadora": educarse ou aprender na cidade (contorno de educación); aprender da cidade (axente ou vehículo de

educación); aprender a cidade (obxecto de "estudio").

CONTINUO: A acción que se leva a cabo no Campamento ten un senso global. Non se trata de fabricar un "caramelo de verán", senón que pode servir -debería servir- de punto de partida para iniciativas de asociacionismo xuvenil. A Asociación Xuvenil Amencer sigue ofertando proxectos de tempo libre todo o ano e informa aos participantes do Campamento Urbano para

que, se o desexan, se incorporen a eles.

Desta fotografía extráense as características que consideramos definitorias do Campamento Urbano: ABERTO, LIBRE, GRATUÍTO, na CIDADE, e con CONTINUIDADE.

2

“Campamento urbano 2009: Caixa de sorpresas”

un campamento diferente...

Page 4: Proposta de Colaboración co Campamento Urbano

A Asociación Xuvenil AMENCER é unha asociación xuvenil que leva traballando directamente dende 1987 no campo do tempo libre con nenos/as, adolescentes e mozos/as da nosa cidade, e co mundo adulto dunha

forma indirecta.

Somos unha entidade formada por voluntarios/as e dedicada á educación no tempo libre e a animación sociocultural, pretendendo facer de todas as nosas actividades un lugar de encontro, diversión, xogo, amizade... e cunha opción pola educación de persoas en valores humanos e

cristiáns.

Estamos integrados na Federación de Centros Xuvenís "Don Bosco” de Galicia e na Confederación de Centros Xuvenís "Don Bosco" de España, entidade galardoada coa Cruz de Prata da Orde Civil de Solidariedade do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Co gallo dos 25 anos da Constitución, a Confederación recibiu un dos 25 “Galardóns á Solidariedade”, promovido pola comisión Nacional Organizadora dos actos do 25

aniversario da Constitución Española.

Contamos cunha serie de locais polivalentes: Sala Aberta, Sala de Acollida,

Ludoteca, Biblioteca e Tebeoteca, Cíber...

Os nosos locais están abertos de luns a venres, pola mañá e pola tarde, sábados todo o día, e o domingo dependendo das

actividades.

O noso sistema de traballo configúrase metodoloxicamente a través da estructura de Programas-Proxectos-Actividades: nun total de oito programas desenvolvemos todas as nosas iniciativas, entre 5 e 10 proxectos

diferentes cada un deles.

3

“Campamento urbano 2009: Caixa de sorpresas”

quen somos...

Page 5: Proposta de Colaboración co Campamento Urbano

O Campamento Urbano aparece inserto no programa "Portas Abertas" da nosa asociación. Apostamos pola idea de que debe existir unha proposta clara que faga de ponte entre as actividades de ritmo semanal e os rapaces/zas que se achegan por Amencer, e non se animan, por descoñecemento ou por imposibilidade de participar nas actividades semanais por razóns familiares, de estudos,

etc.

O enderezo social da Asociación Xuvenil

Amencer está en:

Praza Don Bosco 1, baixo

32003 – OURENSE

Tfno. e Fax: 988 218 123

Correo electrónico: [email protected]

Web: www.amencer.org

O Equipo Coordinador do C.U. está

composto por:

Xulio C. Iglesias

Laura Valcárcel

Javier Rodríguez

4

“Campamento urbano 2009: Caixa de sorpresas”

Page 6: Proposta de Colaboración co Campamento Urbano

Son varios os obxectivos que pretendemos conquerir na edición do Campamento Urbano deste ano:

Ofertar un TEMPO LIBRE EDUCATIVO E DE CALIDADE para os nenos e nenas, mozos e mozas da nosa cidade, que favoreza a EDUCACIÓN EN VALORES HUMANOS E A EDUCACIÓN PARA A SAÚDE dende o xogo, a diversión e o aprender.

F a c i l i t a r a p ar t i c i p a c i ó n n o

C a m p a m e n t o U r b a n o , S E N NECESIDADE DE SAÍR DA CIDADE, a calquera neno ou nena, mozo ou moza que, por motivos de estudio, económicos ou familiares, non poden gozar das vacacións de verán; e dun xeito especial a colectivos de nenos e nenas en situación de risco social.

Abrir a cidade aos nenos e nenas.

Axudarlles a descubrir todas as posibilidades que lles oferta a cidade, dándoas a coñecer. Empregar as instalacións cidadás como escenario de actividades e xogos, motivando un uso positivo e creativo de tempo libre na cidade.

Dar a coñecer, entre os nenos e nenas, colectivos e organizacións que traballan na cidade de Ourense, como medio de sensibilización e participación nas mesmas.

Concienciar á sociedade da importancia

das actividades educativas do Tempo Libre, e fomentar a implicación de particulares e empresas na proposta e aposta do Campamento Urbano.

5

“Campamento urbano 2009: Caixa de sorpresas”

que pretendemos

Page 7: Proposta de Colaboración co Campamento Urbano

Os destinatarios son, fundamentalmente: No Campamento Urbano Infantil, nenos e

nenas de entre 9 e 15 anos da cidade de Ourense; ou nenos e nenas que estean na nosa cidade durante o período de vacacións.

No Campamento Xuvenil, maiores de 15

anos. SEN LÍMITE DE PRAZAS

6

“Campamento urbano 2009: Caixa de sorpresas”

para quen

cando

onde

Está previsto que a sede do Campamento Urbano sexan as instalacións da Asociación Xuvenil Amencer e do Colexio Salesiano "María Auxiliadora".

As actividades desenvolveranse en horario de mañá e tarde; agás os días de excursión, nos que os nenos e nenas farán o xantar no campamento; e as fins de semana, que non haberá actividade. As datas propostas son do 3 ao 14 de agosto.

Para o Campamento Urbano Xuvenil, o horario será, normalmente, de 22.30 h. a 00.00 h. da noite.

Horario: Mañás de 10.30 a 13.30 h. Tardes de 16.30 a 19.30 h.

Page 8: Proposta de Colaboración co Campamento Urbano

EN LIÑAS XERAIS...

Toda a proposta de actividades encádrase dentro do centro de interese do lema do campamento, que servirá como elemento integrador de todas as actividades, de modo que teñan coherencia e dean pé a unha aventura que vivirán os nenos e nenas. A finalidade última deste centro de interese é motivar a participación dos destinatarios.

Todas as actividades do campamento pretenden,

entre outras cousas, responder aos seguintes CRITERIOS:

Que os nenos e nenas redescubran a cidade, as súas posibilidades e servicios, sempre empregando como metodoloxía o xogo.

Achegarse a coñecer fisicamente o maior

número de espazos posibles da cidade.

Dar a coñecer alternativas de tempo libre educativo que nenos e nenas poidan seguir desenvolvendo durante o resto do ano.

Que os nenos e nenas sexan protagonistas

das actividades, non meros espectadores.

Dentro da estructura do Campamento Urbano ofértanse diferentes tipos de actividades, en función dos momentos: mañás, tardes e días completos.

7

“Campamento urbano 2009: Caixa de sorpresas”

que facemos

Page 9: Proposta de Colaboración co Campamento Urbano

Actividades das mañás: Están en proceso de programación. Cada día

ambientarase en torno a unha idea ou temática: os deportes, a música e a expresión, a cidade, a ciencia, a boa xente... e realizaranse xogos en diferentes espazos da cidade.

Estas actividades desenvólvense, fundamentalmente, coa

estrutura de grandes xogos de animación, nos que aos nenos/as se lles plantea un reto ou aventura a conseguir ou descubrir.

A ambientación de todos os días xirará en torno á

temática do mesmo e do lema do campamento. Farase especial insistencia en empregar o maior número

de espazos da cidade para a realización destas actividades: parques, prazas, instalacións públicas...

De forma transversal, introdúcense contidos de

coñecemento da cidade, ofertas, servizos, dereitos e deberes dos cidadáns...

Actividades das tardes: Polas tardes realizarase unha oferta libre de actividades,

de xeito que sexan os nenos e nenas quen escollan a actividade na que queren participar, como por exemplo ludoteca, tebeoteca, videoteca, obradoiros...

Días completos: Ao longo de todo o campamento faranse varias

excursións a diferentes espazos da cidade e da provincia de Ourense.

Outra das excursións consistirá en participar na Xuntanza de Campamentos Urbanos de Galicia, organizado pola Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.

8

“Campamento urbano 2009: Caixa de sorpresas”

Page 10: Proposta de Colaboración co Campamento Urbano

Trátase dunha manifestación solidaria de toda a cidade.

Se a súa entidade

... é participativa e activa na vida da cidade...

... está interesada nas necesidades actuais da cidade...

... loita constantemente pola mellora, é constructiva...

... busca solucións a problemas concretos, é positiva... ... daquela, a súa entidade non pode faltar.

Pode participar: → Aportando persoal voluntario → Colaborando na organización → Colaborando economicamente

9

“Campamento urbano 2009: Caixa de sorpresas”

como pode colaborar a súa entidade

Page 11: Proposta de Colaboración co Campamento Urbano

CARACTERÍSTICAS DESTA PROPOSTA DE COLABORACIÓN:

Aportación económica de 400 € Contraprestacións:

Logotipo da entidade en todos os elementos publicitarios (agás carteis, porque a impresión faise con moita antelación) do Campamento Urbano baixo o epígrafe de “patrocinadores”.

Logotipo da entidade na pancarta da

sede do campamento baixo o epígrafe de “patrocinadores”.

Mención expresa nos os comunicados

de prensa. Nome da entidade no tríptico do

Campamento Urbano baixo o epígrafe de “patrocinadores”.

Logotipo da entidade na revista AXAR,

que a Asociación repartirá a todas as familias dos rapaces e rapazas que participen no Campamento Urbano, así como a organismos e entidades de xuventude de Ourense, baixo o epígrafe “patrocinadores”.

Entrega dunha Memoria completa do

Campamento Urbano. Colocarase na base do Campamento

Urbano una pancarta exclusiva co logotipo da entidade patrocinadora durante todo o campamento, baixo o epígrafe de “patrocinador”.

10

“Campamento urbano 2009: Caixa de sorpresas”

PROPOSTA de colaboración:

nivel patrocinador

Page 12: Proposta de Colaboración co Campamento Urbano

CARACTERÍSTICAS DESTA PROPOSTA DE COLABORACIÓN:

Os distintos días do Campamento Urbano teñen o seu

título, arredor do que xiran todas as actividades que se desenvolven nos mesmos. Así, haberá días como: día dos deportes, día da ecoloxía, día de excursión...

Aportación económica de 350 € Contraprestacións:

Logotipo da entidade en todos os elementos publicitarios (agás carteis, porque a impresión faise con moita antelación) do Campamento Urbano baixo o epígrafe de “patrocinadores”.

Nome da entidade no tríptico do

Campamento Urbano baixo o epígrafe de “patrocinadores dun día”.

Logotipo da entidade na pancarta da

sede do campamento baixo o epígrafe de “patrocinadores dun día”.

Mención expresa nos comunicados de

prensa no día que patrocina e nos días de inicio e final.

Logotipo da entidade na revista AXAR,

que a Asociación repartirá a todas as familias dos rapaces e rapazas que participen no Campamento Urbano.

Colocarase na base do Campamento

Urbano unha pancarta exclusiva co logotipo da entidade patrocinadora no día patrocinado e a tarde anterior, baixo o epígrafe de “patrocinador dun día”.

11

“Campamento urbano 2009: Caixa de sorpresas”

PROPOSTA de colaboración:

nivel patrocinador dun día do C.U:

Page 13: Proposta de Colaboración co Campamento Urbano

CARACTERÍSTICAS DESTA PROPOSTA DE COLABORACIÓN:

Aportación económica de menos de 350 € Contraprestacións:

Logotipo da entidade na pancarta da

sede do campamento baixo o epígrafe de “colaborador”.

Nome da entidade no tríptico do

Campamento Urbano baixo o epígrafe de “colaborador”.

Logotipo da entidade na revista AXAR,

que a Asociación repartirá a todas as familias dos rapaces e rapazas que participen no Campamento Urbano, e entidades e organismos de xuventude de Ourense baixo o epígrafe de “colaborador”.

Mención expresa nos comunicados de

prensa nos días de inicio e final.

12

“Campamento urbano 2009: Caixa de sorpresas”

PROPOSTA de colaboración:

nivel colaborador

Page 14: Proposta de Colaboración co Campamento Urbano

Outras aportacións. A miña aportación é de:

Poñer un “X” na casiña seleccionada.

Como se axuntará a súa aportación?

Sinatura Selo da empresa

Ourense, a .......... de ..................... de 2009

FICHA DE COLABORACIÓN

Nome da empresa:

CIF:

Enderezo:

Teléfono/s:

Persoa de contacto:

Teléfono:

Forma de colaboración (marcar cun”X”)

Patrocinador (400 €)

Patrocinador por un día (350 €)

Colaborador (300 €)

250 € 200 € 150 € 100 € ...... €

Cheque

Ingreso na nosa conta (Caixanova-Lagoas) 20800261250000011459

En efectivo

“Campamento urbano, refresco do verán”