programa vivir santiago - concello de santiago de … · suma de medios e recursos entre o concello...

7
VIVIR SANTIAGO Programa de utilización didáctica da cidade Departamento de Educación e Cidadanía Tfnos.: 981 554 400/401 Fax: 981 571 511 [email protected] ww.santiagodecompostela.gal VIVIR SANTIAGO Programa de utilización didáctica da cidade

Upload: tranminh

Post on 10-Nov-2018

219 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PROGRAMA VIVIR SANTIAGO - Concello de Santiago de … · suma de medios e recursos entre o Concello de Santiago e o Consorcio da Cidade de Santiago puxeron en valor o noso ... tamén

VIVIR SANTIAGO Programa de utilización didáctica da cidade

Departamento de Educación e Cidadanía Tfnos.: 981 554 400/401 Fax: 981 571 511 [email protected] ww.santiagodecompostela.gal

VIVIR SANTIAGO Programa de utilización didáctica da cidade

Page 2: PROGRAMA VIVIR SANTIAGO - Concello de Santiago de … · suma de medios e recursos entre o Concello de Santiago e o Consorcio da Cidade de Santiago puxeron en valor o noso ... tamén

VIVIR SANTIAGO Programa de utilización didáctica da cidade

Departamento de Educación e Cidadanía Tfnos.: 981 554 400/401 Fax: 981 571 511 [email protected] ww.santiagodecompostela.gal

Educar co Patrimonio Hoxe en día son moitos os recursos para educar á cidadanía e o marco urbano conta con moitas posibilidades para a mellora da educación, xa que é nel onde se desenvolven a maioría das nosas actividades cotiás. Sobre esta idea xurdiu un concepto, denominado “Cidade educadora” que derivou na creación dunha Asociación Internacional de Cidades Educadoras integrada na actualidade por perto de cincocentas ciudades de diferentes países do mundo e que se dotaron dende o seu primeiro congreso dunha carta fundacional na que se concretan os principios básicos para o impulso educativo da cidade. No seu preámbulo plantéxase que “hoxe máis que nunca a cidade, grande ou pequeña, dispón de incontables posibilidades educadoras ^…*. Dunha forma ou doutra, a cidade presenta elementos importantes para unha formación integral: é un sistema complexo e, pola súa vez, un axente educativo permanente, plural e poliédrico, capaz de contrarrestar os factores deseducativos”. Santiago forma parte dende o inicio desta asociación que permitiu que as ciudades asociadas a esta rede nos reuníramos, debatíramos e puxéramos en común ao longo destes anos un número importante de accións educativas en entornos patrimoniais. No caso de Santiago, coa participación de profesorado dos diferentes niveis educativos, profesionais de todos os ámbitos do coñecemento, servizos municipais do concello e, en moitos momentos, a suma de medios e recursos entre o Concello de Santiago e o Consorcio da Cidade de Santiago puxeron en valor o noso Patrimonio, conscientes de que a cidade é un excelente fío condutor para a educación. A experiencia de educar co Patrimonio nas ciudades que integramos esta rede fixo que ao longo dos anos contemos con experiencias educativas variadas arredor dos nosos respectivos patrimonios e substenta o relanzamento do Programa de utilización didáctica da cidade “Vivir Santiago”, que ten como obxectivo ir desenvolvendo diferentes accións educativas arredor do patrimonio urbano para que a cidadanía e, máis concretamente as comunidades educativas dispoñan dun caixón de recursos que conteña propostas, exemplos, ideas e incluso protocolos cos que realizar acción educativas nas que o marco sexa o patrimonio da cidade, non só o construído, senon tamén o inmaterial. Cos lóxicos avances e retrocesos dos procesos que conleva a mellora da educación e nos que confluímos as diferentes institucións educativas –inmersas todas en procesos paralelos de transformación- a cidade ten que asumir dunha vez e de xeito continuado por unha acción de goberno decidida, a súa función educadora, xa que nela se sociabiliza e vive a mayoría da xente. Este é o desafío, pensar a cidade en clave educativa, porque educar representa un proceso de socialización que conduce ás persoas a aprender normas de conducta, hábitos, coñecementos, formas de ser e de pensar e incluso a adquisición de valores cívicos. O que nos leva a considerar a cidade como unha aula sen paredes, extensa e viva. De aí a denominación do programa que hoxe se presenta. Asi pois, hoxe preséntanse as primeiras propostas a disposición dos educadores para que lles axude a desenvolver actividades educativas arredor da contorna urbana, tomando como base a gran variedade de patrimonio cultural da cidade. O programa de utilización didáctica da cidade "Vivir Santiago" dará comezo o vindeiro día 17 cunha visita guiada á casa do concello para alumnado do CEIP das Fontiñas. O proxecto ofrece aos centros educativos e colectivos interesados unha serie de propostas co obxectivo de promover o coñecemento do noso patrimonio.

Page 3: PROGRAMA VIVIR SANTIAGO - Concello de Santiago de … · suma de medios e recursos entre o Concello de Santiago e o Consorcio da Cidade de Santiago puxeron en valor o noso ... tamén

VIVIR SANTIAGO Programa de utilización didáctica da cidade

Departamento de Educación e Cidadanía Tfnos.: 981 554 400/401 Fax: 981 571 511 [email protected] ww.santiagodecompostela.gal

CENTROS DE INTERESE 1. O Noso Concello Percorrido guiado polo concello co obxectivo de coñecer o edificio histórico e o funcionamento administrativo. Visitaranse diferentes espazos, servizos e bens patrimoniais que hai na casa consistorial. Preténdese deste xeito que o alumando coñeza a organización social da súa contorna próxima e as súa estrutura de goberno e identificando as funcións e servizos dos seus diversos organismos. A visita, cunha duración de 60 minutos, está dirixida a centros educativos de educación primaria e secundaria e farase os luns. 2. Percorrido histórico pola cidade Itinerario polo centro histórico de Santiago co obxectivo de identificar os principais períodos históricos presentes na configuración da cidade. Con saída do miradoiro situado no parque da Alameda, o percorrido continúa pola porta Faxeira, a praza do Toural, a rúa Nova, Mazarelos, a rúa do Castro, a Quintana e Praterías para rematar na praza do Obradoiro A actividade, cunha duración de 75 minutos, está dirixida a centros educativos de educación primaria e secundaria e realizarase os martes. 3. O Cemiterio de Boisaca Itinerario polo cemiterio municipal de Boisaca cos obxectivos de achegar o seu patrimonio á comunidade educativa, así como coñecer a importancia do cemiterio no urbanismo da cidade. A actividade está dirixida a alumnado de educación secundaria, ten unha duración de 90 minutos e farase os mércores. 4. O parque da Alameda (Patrimonio escultórico, arquitectónico e arqueolóxico) Itinerario guiado polo parque da alameda co obxectivo de coñecer a súa historia e de identificar os principais bens escultóricos e arquitectónicos. Con saída da escultura das Marías, obra de César Lombera, proseguirase cara a de Valle Inclán, a Leiteira, Rosalía, o edificio da actual gardaría de Santa Susana, a igrexa e o palco da música. A actividade, programada para os xoves, está dirixida a centros educativos ata secundaria e ten unha duración de 60 minutos. 5. O tratamento da auga; Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) e Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) Visita comentada polas instalacións exteriores e interiores da EDAR e da ETAP co obxectivo de concienciar e reflexionar sobre a importancia do uso controlado da auga e do seu uso sostible, da xestión e da protección da auga doce, contribuíndo así a formar cidadáns responsables. A actividade está dirixida a alumnado de educación primaria e secundaria, ten unha duración de 90 minutos e farase de acordo cun calendario de visitas fixado cos técnicos das estacións.

Page 4: PROGRAMA VIVIR SANTIAGO - Concello de Santiago de … · suma de medios e recursos entre o Concello de Santiago e o Consorcio da Cidade de Santiago puxeron en valor o noso ... tamén

VIVIR SANTIAGO Programa de utilización didáctica da cidade

Departamento de Educación e Cidadanía Tfnos.: 981 554 400/401 Fax: 981 571 511 [email protected] ww.santiagodecompostela.gal

MATERIAIS Cada unha das visitas irá acompañada de diversos materiais didácticos:

• Díptico co mapa e con planos da evolución histórica da cidade

• Unidade didáctica sobre "O Noso Concello"

• Guía didáctica para o profesorado sobre patrimonio funerario na que se recollerá a evolución dos enterramentos desde a prehistoria aos nosos días, facendo especial fincapé no caso de Compostela e en Boisaca. Índice de artigos:

◦ Os enterramentos no megalitismo galego, por Patricia Mañana-Borrazás, arqueóloga ◦ A problemática dos enterramentos na Cultura Castrexa, por Xosé Ignacio Vilaseco Vázquez,

arqueólogo ◦ Os enterramentos en época romana, por Ana Suárez Piñeiro, doutora en Historia pola USC ◦ A morte na Idade Media, por Marta Cendón Fernández, doutora en Historia da Arte ◦ A morte na Idade Moderna, por Domingo L. González Lopo, doutor en Historia ◦ Os enterramentos en Compostela, por André Seoane Antelo, historiador ◦ O cemiterio de Boisaca, por Carmela Sánchez Arines, DEA en Historia da Arte ◦ Represión e memoria no cemiterio de Boisaca, por Rafael García Ferreira, historiador ◦ Os cemiterios na literatura e no cine, por Miguel Anxo Fernández Fernández, crítico de cine,

profesor e escritor

OUTROS ITINERARIOS DIDÁCTICOS Por outra banda, estase a traballar na preparación dun curso de formación de profesorado, nunha xornada sobre o proceso de desenvolvemento de Santiago de Compostela e na creación doutros itinerarios monográficos. Estes estarían centrados no estilo barroco, no urbanismo da cidade e en artistas. Artistas en Compostela. Desde as súas orixes, Santiago de Compostela tivo unha estreita vinculación con múltiples artistas. Profesionais das belas artes naturais da cidade ou procedentes doutras terras deixaron unha profunda pegada. Unha pegada que se intensificou no século XIX, ademais de pola Universidade, por organismos como a Real Sociedade Económica do País, o Recreo Artístico ou a Escola de Artes e Oficios. Por iso, coa creación e posta en marcha do itinerario Artistas en Compostela preténdese dar a coñecer e poñer en valor o nome de homes e mulleres que traballaron a pintura e a escultura. Un percorrido didáctico no que haberá tres tipos de paradas: as biográficas, relacionadas coa vida e produción de artistas (vivendas, estudios, obras...); as institucionais, é dicir, organismos que facilitaron e promoveron a educación artística; e as sociais, principalmente lugares nos que expoñían obras ou onde se reunían os/as artistas.

Page 5: PROGRAMA VIVIR SANTIAGO - Concello de Santiago de … · suma de medios e recursos entre o Concello de Santiago e o Consorcio da Cidade de Santiago puxeron en valor o noso ... tamén

VIVIR SANTIAGO Programa de utilización didáctica da cidade

Departamento de Educación e Cidadanía Tfnos.: 981 554 400/401 Fax: 981 571 511 [email protected] ww.santiagodecompostela.gal

Mes de Defuntos: visita a Boisaca

Percorrido didáctico a celebrar o sábado 19 de novembro

Coincidindo co mes de defuntos, o 19 de novembro está programada unha visita aberta para toda a cidadanía ao

Cemiterio de Boisaca. As prazas estarán limitadas a 20 por quenda, habendo un itinerario pola mañá e outro

pola tarde con saída ás 11:30 horas e outro ás 16 horas diante da capela, na entrada ao recinto.

Unha primeira actividade que se concreta nun itinerario polo cemiterio de Boisaca co obxectivo de afondar no

coñecemento de aspectos relacionados coa historia e o urbanismo de Compostela, coa arte e a simboloxía

funeraria, coas persoas soterradas, coa memoria histórica e mesmo co cine e coa literatura.

Un patrimonio que se pode definir como o conxunto de manifestacións histórico-artísticas relacionadas coa

morte, con mostras xurdidas desde a antigüidade ata os nosos días. Porén, mentres os bens arqueolóxicos

como as antas ou as mámoas adoitan estar plenamente introducidas no eido educativo, non ocorre o mesmo cos

camposantos, conxuntos que aglutinan unha parte moi importante da historia en diferentes vertentes.

A través destas “cidades das persoas mortas” podemos coñecer a historia local da “cidade viva” e recuperar

parte da súa memoria. Esta aparece presente nas personaxes anónimas e nas ilustres que nela "habitan",

xentes do mundo da política, da industria, das artes, das letras ou da sociedade local.

Page 6: PROGRAMA VIVIR SANTIAGO - Concello de Santiago de … · suma de medios e recursos entre o Concello de Santiago e o Consorcio da Cidade de Santiago puxeron en valor o noso ... tamén

VIVIR SANTIAGO Programa de utilización didáctica da cidade

Departamento de Educación e Cidadanía Tfnos.: 981 554 400/401 Fax: 981 571 511 [email protected] ww.santiagodecompostela.gal

No caso de Santiago de Compostela, á hora de abordar unha análise sobre o patrimonio funerario é necesario

falar das máis de media ducia de mámoas e antas que se espallan polas 29 parroquias do concello.

Enterramentos megalíticos que serían os antecedentes prehistóricos dos sepulcros medievais, sendo o sartego

máis coñecido o do apóstolo Santiago da Catedral. Un templo que se ergue sobre unha gran necrópole de orixe

romana e ao redor do que ata o século XVIII funcionou como camposanto a súa Quintana dos Mortos. Trala

clausura, avanzouse cara a construción de cemiterios fóra das murallas, polo que habería que continuar polos

cemiterios provisorios ata chegar a Bonaval, espazo clausurado en 1971 por motivos de seguridade e hixiene e

convertido na actualidade nun lugar de recreo e ocio, e Boisaca. Un percorrido no que tampouco debemos

esquecer o Panteón de Galegos Ilustres, recintos xa desaparecidos ou en desuso e os camposantos das

parroquias. Ademais, tamén é preciso facer referencias tanto á literatura como á cultura inmaterial. Ritos, lendas

e tradicións propias da cidade como a que di que ata finais do século XIX os enterros se realizaban nas

primeiras horas da noite, cun silencioso cortexo acompañando á persoa defunta; ou mesmo a través dos nomes

dos lugares, de topónimos e microtopónimos.

Na entrada principal da necrópole trataranse temáticas relacionadas cos antecedentes de Boisaca, as fases

construtivas e a tipoloxía arquitectónica. Posteriormente, proseguirase cun percorrido polo interior do recinto

cunha serie de paradas a través das que se analizará a súa distribución e organización, con especial fincapé nas

zonas verdes e nos seus usos. Tipoloxicamente analizaranse os diversos tipos de sepulturas e os materiais

construtivos, así como artistas e obradoiros. Autores como Asorey, Cástor Lata, Eduardo Parrado, Garabal, José

Cao, Manuel Miranda, Suso León ou Manuel García; marmoristas como Eiroa, Carracedo ou Barral; e mesmo

ferreiros como Jenaro Tarrío que deixaron a súa pegada en varios dos enterramentos.

De xeito paralelo á identificación de autores de obras funerarias, irán xurdindo os nomes de homes e mulleres

soterrados e que destacaron na vida local e noutros territorios e que aquí xacen. Artistas, xornalistas, escritores

e escritoras, empresarios e empresarias, profesionais da medicina ou personaxes populares, entre outros

moitos. Finalmente, o percorrido remata no monumento ás persoas que entre os anos 1936 e 1938 foron

fusiladas nos muros do cemiterio.

Ademais, anunciamos a posta en marcha dunha actividade colaborativa aberta a toda a cidadanía coa que se

pretende afondar nas particularidades do camposanto coñecidas pola veciñanza. A través dun apartado na web

municipal e das redes sociais, cada persoa poderá aportar información empregando o cancelo

#BoisacaEnRede.

Page 7: PROGRAMA VIVIR SANTIAGO - Concello de Santiago de … · suma de medios e recursos entre o Concello de Santiago e o Consorcio da Cidade de Santiago puxeron en valor o noso ... tamén

VIVIR SANTIAGO Programa de utilización didáctica da cidade

Departamento de Educación e Cidadanía Tfnos.: 981 554 400/401 Fax: 981 571 511 [email protected] ww.santiagodecompostela.gal

CONDICIÓNS XERAIS PARA A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA

1. Os centros educativos e colectivos interesados en participar no programa terán que cubrir a ficha

de participación e enviala por fax ou correo electrónico ao Departamento de Educación e

Cidadanía.

2. Se non se indica o contrario, as actividades para os centros educativos realizaranse cun grupo-

clase. No caso de agrupar diversas aulas deben ser sempre do mesmo nivel e non exceder os 35

participantes.

3. O profesorado e os membros de asociacións ou colectivos que soliciten as actividades

comprométense a responsabilizarse durante a visita/itinerario do seu grupo-clase, coidando en

todo momento do comportamento dos participantes, sobre todo naquelas visitas que así o requiran.

4. Os acompañantes do grupo deberán comprometerse a facer bo uso do material didáctico que se

lles facilite e a levalo durante o itinerario cando así se solicite.

5. Débese garantir a preparación previa e o aproveitamento posterior da actividade.

6. O Departamento de Educación e Cidadanía pon ao seu dispor unha carpeta de documentación

correspondente ao centro de interese concedido.

7. Todos/as os/as participantes deberán responder aos cuestionarios de valoración que lles faciliten

no momento de realizar a actividade ou cando llelo solicite o Departamento de Educación e

Cidadanía.

8. O centro educativo poderá retirar en préstamo calquera das publicacións ou materiais didácticos

de apoio ao programa dispoñibles no Departamento de Educación e Cidadanía.

9. O número de visitas concedidas por unidade escolar ou colexio depende do número global de

solicitudes.

10. Calquera anulación débese comunicar coa suficiente antelación co obxectivo de facilitar a

participación doutros grupos interesados.