presentación definición acoso escolar alumnado

18
ACOSO ESCOLAR CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños Curso 13/14

Upload: davidcasadobravo

Post on 01-Jul-2015

113 views

Category:

Education


5 download

DESCRIPTION

DOCUMENTO ACOSO ESCOLAR

TRANSCRIPT

Page 1: Presentación definición acoso escolar alumnado

ACOSO ESCOLARCPI As Revoltas de Cabana de BergantiñosCurso 13/14

Page 2: Presentación definición acoso escolar alumnado

DEFINICIÓN DE ACOSO ESCOLAR OU BULLYING

Segundo as Instruccións do 31 de xaneiro de 2013, que regulan o protocolo xeral de actuación de bulliyng, defínese o acoso escolar como calquera forma de vexación ou malos tratos continuados no tempo dun alumno/a por outro/a ou outros/as, xa sexa de carácter verbal, físico ou psicolóxico, incluido o illamento social, con intención de facer dano e con independenza do lugar onde se produza.

Terán a mesma consideración as condutas realizadas a través de medios electrónicos, telemáticos ou tecnolóxicos.Neste caso falamos de ciberacoso o ciberbullying.

Page 3: Presentación definición acoso escolar alumnado

CRITERIOS DE IDENTIFICACIÓN DO ACOSO

(INSTRUCCIÓNS 31 DE XUÑO DE 2013)

Existencia de intención de facer dano. Repetición das condutas agresivas, é

dicir que se repiten durante un período longo de tempo e de forma recorrente.

Situación de abuso de poder desequilibrado entre a vítima e a persoa ou persoas agresoras, é dicir que se xenera unha situación de indefensión para a a persoa acosada.

A agresión supón unha dor non só durante o momento do ataque, senón de forma sostida, xa que crea a expectativa na vítima de poder ser o blanco de futuros ataques.

Non hai provocación por parte da vítima.

Page 4: Presentación definición acoso escolar alumnado

TIPOS DE ACOSO ESCOLAR

O acoso escolar maniféstase nos seguintes tipos de conduta por parte da persoa agresora cara á vítima:

-Marxinación social:difusión de rumores e calumnias, ridiculización das súas opinións, burlas, desprezo, agresividade, rexeitamento dentro ou fóra do grupo, exclusión, etc.

-Agresión verbal: insultos, humillacións, alcumes ofensivos, ameazas, provocacións, menosprezos e ridiculizacións en público tanto dun xeito directo coma por detrás.

Page 5: Presentación definición acoso escolar alumnado

TIPOS DE ACOSO ESCOLAR

-Agresión física: incomodacións, intimidacións a través de golpes, sustos, empurróns, patadas, puñados, beliscos, golpes, etc, extorsións, furtos, roubos, danar as pertenzas da vítima, etc.

-Manifestacións a través das TICs: mensaxes de móbil ou de correo electrónico ofensivas, intimidatorias ou non desexadas, utilización da imaxe allea sen permiso nas redes sociais, gravación de sucesos co móbil sen permiso, etc.

Page 6: Presentación definición acoso escolar alumnado

PARTICIPANTES NO ACOSO ESCOLAR

Quen participa no acoso escolar:- A vítima que sofre as agresións.- 1 ou varios agresores/as que exercen o

seu dominio e agreden á vítima.- As persoas espectadoras que calan por

diferentes razóns a situación de acoso(medo, temor a que os tilden de chivatos, pasividade, pasotismo, etc).

Page 7: Presentación definición acoso escolar alumnado

DEFINICIÓN DE CIBERACOSO OU CIBERBULLYING

(INSTRUCCIÓNS 31 DE XUÑO DE 2013)

O ciberacoso ou ciberbullying é o uso das redes sociais, correo electrónico, blogs e outros ámbitos das TICs en prexuízo dunha ou máis persoa persoas, ou da súa imaxe pública.

Este tipo de acoso ten moito alcance tanto na súa difusión espacial como temporal, cunha continuidade que pode ser permanente e non limitada ao horario escolar.

Presenta unhas características singulares: anonimato, inmediatez, efecto en cadea, alta dispoñibilidade e diversidade de canles e procedementos empregados.

Page 8: Presentación definición acoso escolar alumnado

CRITERIOS DE IDENTIFICACIÓN DO CIBERACOSO

A situación perdura no tempo. Adoita existir contacto ou relación previa no

mundo físico entre vítima e persoa/s acosadora/s.

Existen intencionalidade de facer dano. Realízase mediante o emprego das

TICs(móbil, internet, redes sociais, foros, blogs, etc).

Page 9: Presentación definición acoso escolar alumnado

TIPOS DE CIBERACOSO

O ciberacoso pode concretarse en:- Fustrigamento: envio de imaxes ou vídeos

denigrantes sobre unha persoa, virus informáticos, mensaxes ameazantes, etc.

- Exclusión: uso de contornos públicos para mandar comentarios despectivos ou rumores difamatorios co fin de provocar unha resposta expansiva, negar o acceso a foros ou plataformas sociais, etc.

- Manipulación: utilización da información para difundila de xeito inapropiado entre os membros das redes sociais, acceso coa clave doutra persoa para realizar accións prexudiciais.

Page 10: Presentación definición acoso escolar alumnado

CONSECUENCIAS PSICOLÓXICAS E SOCIAIS DO ACOSO ESCOLAR E/O DO

CIBERACOSO

Para a persoa acosada: -Baixo nivel de autoestima. -Dificultades para a aprendizaxe (atención,

memoria, concentración, diminúe o rendemento escolar, etc).

-Perda de interese e desesperación nas súas actividades favoritas.

-Dificultades para relacionarse cos demais (temor a ser rexeitado/a, criticado/a, etc).

-Síntomas depresivos e ansiedade. -Posibles síntomas psicosomáticos (dor de

cabeza, insomnio, etc.).

Page 11: Presentación definición acoso escolar alumnado

CONSECUENCIAS PSICOLÓXICAS E SOCIAIS DO ACOSO ESCOLAR E/O DO

CIBERACOSO Para a persoa acosadora: -Diminución do rendemento escolar xunto

cun cambio no comportamento habitual. -Diminución de comprensión moral e de

empatía. -Illamento social( rexeitamento dos demais

pola súa conduta). -Este comportamento de agresión pode

derivar co tempo en conduta antisocial (delincuencia, vandalismo, roubos, adiccións, etc).

Page 12: Presentación definición acoso escolar alumnado

CONSECUENCIAS PSICOLÓXICAS E SOCIAIS DO ACOSO ESCOLAR E/O DO

CIBERACOSO

Para as persoas espectadoras: - Sensación de indefensión e de medo a

poder ser vítima dunha agresión similar. - Reducción da empatía ante o sufrimento

dos outros. - Aumento da falta de sensibilidade, apatía e

a insolidaridade.

Page 13: Presentación definición acoso escolar alumnado

CONSECUENCIAIS LEGAIS DO ACOSO ESCOLAR

o De acordo ás Instruccións do 31 de xuño de 2014, sempre que se constate que nos atopamos ante un caso de bulliyng, implicará a apertura de expediente disciplinario para o alumnado acosador. Seguirase entón, o procedemento establecido na Lei de Convivencia do 30 de xuño de 2011, segundo a cal o acoso se considera unha conduta gravemente prexudicial para a convivencia no centro.

Page 14: Presentación definición acoso escolar alumnado

CONSECUENCIAIS LEGAIS DO ACOSO ESCOLAR

o As medidas correctoras que se poden aplicar, segundo o artigo 21 da citada lei son:-Realización de tarefas que contribúan á mellora e ao desenvolvemento das actividades do centro.

-Suspensión do dereito a participar nas actividades extraescolares ou complementarias entre dúas semanas e un mes.- Cambio de grupo.

Page 15: Presentación definición acoso escolar alumnado

CONSECUENCIAS LEGAIS DO ACOSO SEGUNDO A NORMATIVA DO CENTRO

-Suspensión temporal do dereito de asistencia a determinadas clases por un período de entre 4 días lectivos e dúas semanas.

-Suspensión temporal do dereito de asistencia ao centro por un período de entre 4 días lectivos e un mes.

- Cambio de centro.

Page 16: Presentación definición acoso escolar alumnado

COMO ACTUAR ANTE UNHA SITUACIÓN DE ACOSO

Ante unha situación de acoso todos debemos de analizar a nosa actitude ante o conflito e ser capaces de poñernos no lugar dos demais para coñecer os seus sentimentos:

A persoa vítima de acoso debe de: -Impedir a agresión, facerlle fronte á

situación. -Pedir axuda aos seus pais, profesores e

amigos/as. -Desenmascarar ao agresor/a.

Page 17: Presentación definición acoso escolar alumnado

COMO ACTUAR ANTE UNHA SITUACIÓN DE ACOSO

A persoa acosadora debe de: - Deter o seu comportamento e analizar o

que está facendo. - Pensar en como reparar o dano.

A persoa espectadora debe de: - Reaccionar á situación de acoso, non pasar,

por que o seu silencio apoia ao agresor/a. - Implicarse e apoiar a quen sofre,

poñéndose do seu lado e denunciando.

Page 18: Presentación definición acoso escolar alumnado

ANTE O ACOSO ESCOLAR

TOLERANCIA CERO!!