plurilingüismo
DESCRIPTION
Remitido pola Coordinadora galega de Equipos de Normalización e DinamizaciónTRANSCRIPT
Como nais e pais do século XXI, un dos obxectivos que agardamos do sistema educativo é que axude as nosas fillas e fillos a acadaren unha habilidade comunicativa en varias linguas, que lles permita desenvolver un maior grao de intercomunicación con persoas doutros ámbitos culturais e xeográficos.
Somos conscientes de que as novas xeracións están a medrar nun contorno social e laboral dinámico e cambiante, que esixe cada vez máis unha predisposición favorable á aprendizaxe doutros idiomas distintos a aquel que empregamos no noso círculo social máis inmediato.
Neste contexto, a escolla do PLURILINGÜISMO, máis que unha opción individual, semella unha aposta colectiva a prol dun futuro mellor para as nosas fillas e fillos.
Desde a CGENDL estamos a favor da introdución e consolidación do ensino plurilingüe en todos os niveis educativos en Galicia, sempre e cando se faga de maneira axeitada.
coordinadora galegade equiposde normalización edinamización lingüística
g
O PLURILINGÜISMO NO ACTUAL SISTEMA EDUCATIVO GALEGO
Galego
Inglés
Castelán
Alemán Árabe
Catalán
Ch
eco
Chinés
Fra
ncé
s
Grego
Holandés Italiano
Xaponés
Portugués R
om
an
és
Ruso
Eus
caro
Galego
Inglés
CastelánAlemán
Árabe
Catalán
Ch
eco
Chinés
Fra
ncé
s Grego
HolandésItaliano
Xap
onés
Portugués
Rom
anés
Ruso
É este o plurilingüismo que queremos?
Euscaro
Non será mellor que partindo dasdúas linguas ambientais se adquirancapacidades para aprender o maior número de linguas?
O que capacita o alumnado para desenvolverse en varias linguas, e parte dun principio pedagóxico básico: a aprendizaxe de linguas é sumativa (cantas máis se saben, máis doado é aprender outras) e non funciona por compartimentos estancos.
Que é realmente un ensino plurilingüe?
O modelo fragmentado (cada área, unha lingua) é o modelo que está a aplicar a Xunta de Galicia, cun reparto das horas e materias que pretende equiparar o tempo adicado á aprendizaxe de inglés, castelán e galego, nunha porcentaxe do 33% para cada lingua. Cada materia do currículo impártese, pois, nunha única lingua decidida previamente polas autoridades educativas.
coordinadora galegade equiposde normalización edinamización lingüística
g
Que modelo se está aplicando na actualidade?
Para máis información : http://www.coordinadoraendl.org/plurilinguismo/index.html
Os expertos apostan polo modelo integrado que se axusta ao que se propón desde o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). Este modelo parte das linguas ambientais para aprender progresivamente outras, axustando a aprendizaxe á idade do alumnado e atendendo a un enfoque comunicativo que leva a que saiban expresar calquera contido en calquera lingua, xa que se traballan todos eles en todos os idiomas presentes no sistema educativo.
Porque se implanta a lingua estranxeira a unha idade demasiado temperá, sen deixar que os nenos e as nenas asenten as linguas que os rodean, tal e como din os especialistas.
Porque non se están formando a cidadáns plurilingües, só se pretende que saiban algo máis de inglés, lingua considerada de status máis elevado e déixanse bastante de lado os contidos das diferentes materias, co cal vai descender o nivel xeral do alumnado.
Porque non se lle está sacando rendemento ás horas lectivas xa que non se favorece a coordinación do profesorado de todas as áreas co obxectivo común de que o alumnado avance en competencias plurilingües (expresión oral e escrita e comprensión oral e escrita).
Porque non atende a realidade socio-cultural de Galicia e mais impide que o alumnado aprenda a lingua propia.
Por que é un método inadecuado?
Cal resulta o método máis eficaz para a aprendizaxe de idiomas?
En definitiva, cómpre lembrar que plurilingüismo é...
poder comunicarse en moitas linguas
respectar todas as linguas
ter interese por aprender
fomentar a diversidade cultural
concederlle valor á lingua propia