plan estratexico recuperado - cogami...plan estratÉxico 2013-2015 máis información na nosa...
TRANSCRIPT
PLANESTRATÉXICO
2013-2015Máis información na nosa
páxina web www.cogami.es
CENTRO COORDINADORRúa Modesto Brocos, 7 - baixo, 15704 - Santiago de Compostela
Tfno: 981 574 698 [email protected]
MOS
A ESTRADA
MEDELO
Hsptl. Psiquiátrico do RebullónAvda. Do Rebullón s/n Puxeiros36416 MosTfno: 986 487 925 / 816 000 ext. 15100Fax: 986 487 [email protected]
Praza da Constitución, nº1, 1ª planta36680 A EstradaTfno: 986 581 387Fax: 986 581 028
Manduas - Lugar de Medelo s/n Bandeira 36570 SilledaPontevedraTfno: 986 581 387Móbil: 663 940 759
A CORUÑA
FERROL
LUGO
Avda. de Cádiz, Nº1- Pl. 1º- L. 2Edif. A Milagrosa15008 A CoruñaTfno: 981 231 105Fax: 152241
Sánchez Calviño Nº 56-5815404 FerrolTfno: 981 325 568Fax: 981 322 550
CRD FINGOIR/ da Luz Nº4; Polg. De Fingoi27002 LugoTfno.: 982 253 332Fax: 982-280977
OURENSE
PONTEVEDRA
VIGO
C.I.S. AIXIÑAR/ da Farixa nº 3, B (Finca Sevilla)32005 OurenseTfno.: 988 246 057Fax: 988 229 915
R/ da Marquesa Nº 7-9 1ºD36002 PontevedraTfno: 986 863 709Fax: 986 863 709
Avda. Martínez Garrido Nº 21 Interior36205 VigoTfno: 986 281 893 / 897Fax: 986 266 567
Esta publicación é o resumo dun proceso de reflexión levado a cabo por COGAMI durante o ano 2012 e que contou coa participación dun importante número de persoas e organizacións involucradas directa ou indirectamente na razón de ser desta entidade.
Dita reflexión estratéxica é a segunda de COGAMI e está enmarcada dentro dun sistema de xestión baseado no modelo EFQM que busca a excelencia tanto na maneira de realizar os diferentes servizos como nos resultados obtidos polos mesmos nos diferentes grupos de interese da organización: persoas con discapacidade, asociacións, familias de persoas con discapacidade, profesionais e sociedade en xeral.
Este Plan Estratéxico 2013-2015 supón unha folla de ruta para os vindeiros tres anos, garantindo a mellora do traballo que estamos a facer, analizando a fondo a nosa entidade, determinando os obxectivos a longo prazo e enfocando as nosas accións á consecución da misión da nosa organización.
Plan Estratéxico 2013-2015
1
Proceso de elaboración do Plan Estratéxico
2
A Elaboración do Plan Estratéxico atravesou unha serie de fases ata chegar ao documento final:
Comezou coa constitución do Comité de Planificación e a definición das súas funcións. Posteriormente, estableceuse un calendario e un plan de traballo que foi aprobado pola Xunta Directiva de COGAMI.
Definición e planificación do proceso.Fase 1.
Fase 2. Identidade de COGAMI.
A través de diferentes cuestionarios respondidos polas entidades membro, polas persoas usuarias e familias e por entidades análogas, procedeuse a revisar a Misión, Visión e Valores da organización.
Fase 3. Recollida de información tanto a nivel interno como externo
Consistiu na realización dun estudo pormenorizado da situación da entidade e do sector. Para iso analizáronse as necesidades e expectativas dos principais grupos de interese da organización: entidades membro, persoas usuarias, familias de persoas con discapacidade, profesionais da o rgan i zac i ón , p r i n c i pa i s o rgan i zac i óns colaboradoras e principais organizacións financiadoras.
Polo tanto, realizouse un estudo pormenorizado da organización a nivel interno tocando aspectos como a evolución da actividade de COGAMI, a evolución das fontes de financiamento e a situación financeira. A nivel externo realizouse unha análise xenérica do terceiro sector e unha máis específica do sector da discapacidade.
3
Baseándonos nos estudos anteriores, e a través de varias xornadas de traballo do Comité de Planificación e da Xunta Directiva, estableceuse o DAFO definitivo de COGAMI.
Establecemento do DAFO da organización Aprobación e difusión do plan estratéxico 2013-2015:
Coa aprobación do Plan Estratéxico por parte dos órganos de goberno iníciase a planificación operativa para o ano 2013 ao tempo que se deseña un plan de difusión do Plan Estratéxico.
Fase 4.
Fase 5. Establecemento dos obxectivos estratéxicos
O Comité de Planificación e a Xunta Directiva de COGAMI establecen as liñas estratéxicas e os obxectivos estratéxicos despois de realizar unha análise dos posibles escenarios nos que se poida atopar a organización: defensivo, ofensivo, adaptativo ou de supervivencia. Esta fase remata co establecemento dos factores críticos de éxito de cada un dos obxectivos, aspectos fundamentais a controlar se queremos asegurar o éxito do plan elaborado.
Fase 6.
Participantes na reflexión estratéxica
4
Un dos obxectivos do proceso de realización deste Plan Estratéxico foi facer partícipes ao maior número de persoas e entidades que forman parte dos principais grupos de interese de COGAMI. Entre eles atopamos:
Ø
Ø
Ø
Ø
Ø
Entidades membroPersoas usuarias dos Centros de RecursosColaboradoresMembros da Xunta DirectivaProfesionais
ØFamilias de persoas usuariasØEntidades homólogasØFinanciadores públicos
O Comité de Planificación creado estivo composto por 13 profesionais, entre os que se atopaban membros da Xunta Directiva e coordinadores das principais áreas de actividade e xestión de COGAMI. Este equipo foi o “motor” do proceso que se encargou de:
Na segunda e terceira fase utilizáronse diversas fórmulas para garantir a participación de públicos internos e externos. Así, un total de 70 persoas usuarias, 50 familias, 20 entidades membro e 6 organizacións análogas foron enquisadas co obxectivo de validar a Misión e Valores, de analizar necesidades e expectativas e de avaliar o seu grao de satisfacción coas accións realizadas por COGAMI.
sIdear e coordinar o proceso no seu conxunto.sEstablecer o calendario de accións e facer o seu seguimento.sCanalizar a participación dos diferentes públicos no proceso.sRecoller e sistematizar os resultados de cada fase.sRedactar o documento final para ser sometido á aprobación final.
5
A Xunta Directiva da organización estivo presente en todo o proceso a través de varias xornadas de traballo para establecer e aprobar o DAFO, as liñas e os obxectivos estratéxicos. Ademais, todos os informes realizados polo Comité de Planificación foron validados pola Comisión Permanente da organización.
Ademais, tivéronse en conta as opinións de varios dos principais financiadores a través de entrevistas persoais.
5
6
Misión, Visión e Valores
6
Misión: Conseguir a plena inclusión das persoas
con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.
Visión: Un movemento asociativo consolidado e
amplamente recoñecido pola sociedade en xeral, polos seus valores e liderado na busca de novas metodoloxías de traballo coas persoas con discapacidade e na prestación de servizos de excelencia dirixidos ás mesmas.
Valores: En termos xerais, COGAMI adhírese á Declaración Universal dos Dereitos Humanos, á carta de Dereitos Sociais da UE, ás Normas Unificadas de Igualdade e á Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.
7
Durante este proceso de reflexión aprobouse adoptar como principais os seguintes valores:
Valores de Xestión
Valores da entidade
TransparenciaMellora continua InnovaciónCalidadeProfesionalidadeDemocracia internaEnfoque de xénero
Defensa dos dereitos das persoas con discapacidadeIgualdade interseccionalSolidariedadeParticipaciónImplicación socialIndependencia
Liñas estratéxicas
Coa finalidade de poder recoller de xeito preciso os obxectivos estratéxicos para os vindeiros tres anos, procedeuse a definir as liñas que, partindo da Misión e tendo en conta os Valores permitirán alcanzar a Visión. Estas liñas estratéxicas que agrupan aos diferentes obxectivos son:
§
§
§
§
§
8
1Potenciar o movemento asociativo COGAMI, establecendo un modelo organizativo, aproveitando sinerxías e conseguindo unha misión, visión e metodoloxía de actuación compartida.
Conseguir no período 2013-2015 que ao menos o 50% das
entidades (membro directo e indirecto) de COGAMI teñan unha misión, visión e metodoloxía de actuación compartida.
Obxectivo estratéxico1.
§
§
§
§
§
9
2Fortalecer a estrutura organizativa e de servizos de COGAMI.
No ano 2015 ao menos o 50% das persoas traballadoras de
COGAMI e GES (persoas técnicas e persoas directivas) e dos equipos de dirección dos centros especiais de emprego terán unha misión e visión compartida da organización.
Conseguir no ano 2015 que o 75% das zonas actuais de actuación
de COGAMI e das entidades membro de COGAMI que na actualidade non dispoñen dun financiamento estable, conten con recursos para a realización de servizos que cubran na maior medida posible as necesidades das persoas con discapacidade da zona.
Conseguir que en 2015 COGAMI sexa unha entidade creativa e
innovadora.
Conseguir no período 2013-2015 a introdución do 70% das
melloras identificadas nas áreas de COGAMI en relación ás TICs.
Obxectivo estratéxico 1.
Obxectivo estratéxico 2.
Obxectivo estratéxico 3.
Obxectivo estratéxico 4.
§
§
§
§
§
§
§
§
§
§
§
2710
Obxectivo estratéxico 5.
Obxectivo estratéxico 6.
Conseguir no ano 2015 que o 20% das persoas con
discapacidade que acudan a COGAMI no período 2013-2015 e que teñan un grao igual ou maior ao 75% ou cun grao menor pero que polas súas características e/ou circunstancias persoais (con necesidade de terceira persoa, mobilidade reducida, sobreprotección familiar,...) precisen dun apoio que conleve a necesidade de realizar coa persoa determinadas accións previas á súa inserción (de formación, de emprego, para mellorar autoestima, habilidades comunicativas, de relación cos demais, de habilidades sociais en xeral,...) e que necesiten un plan individualizado de atención alcancen ao menos o 90% dos obxectivos establecidos no mesmo.
Conseguir no ano 2015 que COGAMI teña unha política de RSC
propia e implantada.
Liñas estratéxicas
8 11
3Adaptar a estrutura económico-financeira da organización á conxuntura económica dos vindeiros tres anos, incrementando a independencia económica de COGAMI dos fondos públicos.
Conseguir no ano 2015 que os beneficios da área de fondos propios de COGAMI supoñan o 10% dos ingresos da Confederación destinados a consecución da súa misión.
. Conseguir no ano 2015 que ao menos o 30% dos ingresos de COGAMI destinados a consecución da súa misión sexan de fondos privados.
Conseguir no período 2013-2015 a mellora da produtividade dos recursos cos que conta a organización para asegurar o equilibrio financeiro e o cumprimento dos rateos económicos establecidos, adaptándonos á conxuntura económica dos vindeiros tres anos.
Obxectivo estratéxico 1.
Obxectivo estratéxico 2
Obxectivo estratéxico 3.
812
4Defender os dereitos das persoas con discapacidade e promover o cambio social, incidindo no deseño de políticas que dan resposta ás súas necesidades.
Defender no período 2013-2015 os dereitos das persoas con discapacidade para que non se vexan afectados pola situación de crise económica e de sistema de benestar que estamos a vivir.
Alcanzar no ano 2015 unha presenza social relevante con capacidade de comunicación e mobilización social con respecto a existente na actualidade.
Obxectivo estratéxico 1.
Obxectivo estratéxico 2.
Liñas estratéxicas
9
Organigrama
13
Co obxectivo de facer fronte de xeito efectivo aos retos expostos no Plan Estratéxico, cóntase co seguinte organigrama onde o concepto INNOVACIÓN destaca por riba de todo o demais: