plan de orientaciÓn educativa curso 2019-20departamento de orientaciÓn curso 2019-20 3 1....

78
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 1 PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20 IES COSME LÓPEZ RODRÍGUEZ

Upload: others

Post on 01-Aug-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 1

PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA

CURSO 2019-20

IES COSME LÓPEZ RODRÍGUEZ

Page 2: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 2

ÍNDICE

1. Introdución. Presentación do Plan de Orientación

2. Características do contexto.

3. O departamento de orientación. Composición, organización e

funcionamento.

4. Análise de necesidades.

5. Obxectivos xerais para o curso 2019-2020.

6. Estratexias de intervención.

6.1. Plan de apoio o proceso de ensino/aprendizaxe.

6.2. Plan de Atención á Diversidade.

6.3. Plan de Acción Titorial.

6.4. Plan de Orientación Académica e Profesional.

6.5. Programa de habilidades sociais.

7. Avaliación do plan de orientación.

8. Bibliografía

ANEXOS

I. Plan de acción titorial

II. Plan de orientación académica e profesional

III. Programación da espacialista en pedagoxía terapéutica

IV. Programación da especialista en audición e linguaxe

Page 3: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3

1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN.

Esta programación reflicte as liñas prioritarias de actuación do

Departamento de Orientación do IES Cosme López Rodríguez de A Rúa para

o curso académico 2019-2020.

No marco educativo actual considérase a orientación como inherente á propia

educación, que trata de contribuír á formación integral do alumnado, á

implicación e ao asesoramento das familias e demais axentes da comunidade

educativa.

A súa tarefa consiste en promover e facilitar o desenvolvemento persoal,

educativo e profesional do alumno/a a través da axuda técnica e do

asesoramento necesarios. A orientación educativa e profesional enténdese

como un “medio necesario para o logro dunha formación personalizada, que

propicie unha educación integral en coñecementos, destrezas e valores”.

(Artigo 1. da LOE).

A orientación e a acción titorial convértense así nun dos factores determinantes

da calidade e mellora do ensino. E a práctica orientadora un continuo que

comeza coa escolarización do alumnado e finaliza ao termo do ensino non

universitario, un continuo que inclúe a toda a poboación escolar ao marxe do

tipo e grao de diversidade que presente.

Os principios sobre os que se fundamenta o concepto e as funcións da

orientación, coherentes cos de comprensividade e diversidade, fan referencia a

unha tarefa xeneralizada, continuada, preventiva, integrada na función docente,

potenciadora da intervención social e respectuosa coa orixinalidade do

alumnado.

A orientación educativa e profesional deberase desenvolver nos tres niveis que

estruturan a organización escolar:

- na aula, acción titorial,

- no centro, departamento de orientación e

- na zona escolar da provincia, equipos de orientación específicos.

Page 4: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 4

Todo isto baixo unha formulación sistémica de intervención, é dicir,

orientación como proceso e responsabilidade compartida por todo o

equipo docente, coordinada polo profesorado titor e asistida pola

orientadora e polos servizos externos de apoio.

PRINCIPIOS DA ORIENTACIÓN.- A concepción da orientación está

sustentada e fundamentada nos principios de prevención, desenvolvemento e

intervención social. A acción orientadora deberíase anticipar ás situacións e

non centrarse unicamente nunha demanda concreta, algo a ter en conta de

xeito fundamental no plantexamento do noso traballo:

- Prevención: orientación como un dereito de todo educando en todo

momento e non únicamente cando apareza unha problemática

específica.

- Desenvolvemento: o alumnado na súa interacción co medio vai

estruturando as súas capacidades, habilidades e destrezas ademais

da súa personalidade. Trátase de crear un contexto motivador que

estimule eses cambios.

- Intervención social: a intervención orientadora non debe ter en conta

só ao individuo, senón que debe dirixirse ao contexto educativo e

social no que se desenvolve.

MARCO LEGAL.- O Decreto 120/1998 de ordenación da orientación educativa

e profesional en Galicia e a Orde do 24 de xullo de 1998 que desenvolve o

decreto anterior, e as sucesivas circulares anuais marcan as pautas e

directrices que se deben seguir para acadar os obxectivos establecidos.

Son estes documentos os marcos xerais a través dos cales se desenvolverá o

plan de traballo do Departamento de Orientación no centro, tendo ademais en

conta o Regulamento Orgánico para os IES, e por suposto como referente máis

inmediato a Circular 10/2010 pola que se ditan instrucións para unificar as

actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación

educativa e profesional da comunidade autónoma de Galicia.

Page 5: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 5

2. CARACTERÍSTICAS DO CONTEXTO

No IES Cosme López Rodríguez impártense ensinanzas de ESO, Bacharelato

e Formación Profesional Básica. Está situado na Rúa, unha vila duns 5000

habitantes situada no val de Valdeorras. É un municipio de poboación

concentrada, que ten como principais recursos a louxa e a viticultura. Existe

ademais no pobo un CEIP adscrito ao noso e un centro concertado de

Secundaria moi próximo a este IES.

O noso IES escolariza ademáis alumnado procedente dos concellos limítrofes

de Petín, O Bolo (o CEIP deste concello tamén está adscrito ao noso) e

Larouco, estes dous últimos máis rurais e alonxados, o que dificulta a

comunicación escola-familia.

Cabe salientar que o nivel social, económico e cultural das familias é

medio/baixo.

O claustro está formado por 31 profesores e profesoras.

En canto ao alumnado:

➢ ESO

• 1º ESO: 2 grupos, 26 alumnos/as.

• 2º ESO: 2 grupos, 36 alumnos/as

• 3º ESO: 2 grupos, 34 alumnos/as.

• 4º ESO: 1 grupos, 34 alumnos/as.

➢ BACHARELATO

• 1º BAC: 19 alumnos/as

• 2º BAC: 20 alumnos/as

que cursan as modalidades de:

- Humanidades e Ciencias Sociais

- Ciencias e Tecnoloxía

➢ FPB

• 1º FPB: 1 grupo, 17 alumnos/as

• 2º FPB: 1 grupo, 6 alumnos/as

Page 6: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 6

3. O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. COMPOSICIÓN,

ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

Entendemos o Departamento de Orientación coma un órgano de

coordinación das accións orientadoras e titoriais que se levan a cabo no IES.

O que supón a relación das súas actividades coas tarefas que desenvolvan os

órganos de goberno e de coordinación docente, por considerar que as

actuacións de todos se complementan, apoiánse e influenciándose

mutuamente. De feito entendemos que a meirande parte das actuacións

(moitas delas responsabilidade directa da xefatura de departamento segundo a

lexislación vixente) precisan da colaboración dos distintos membros da

comunidade educativa, especialmente do profesorado e do equipo directivo,

para saír adiante.

Constitúese o Departamento segundo o establecido ao respecto na lexislación

vixente, sendo os seus membros para o presente curso os seguintes:

- Xefa do Departamento de Orientación: Noah Rodríguez Rodríguez

- Especialista en Pedagoxía Terapéutica: Julia Trincado Vicente

- Especialista en Audición e Linguaxe: Tania Vázquez Gallego

- Representante da área científico-tecnolóxica: Consuelo Pérez

Álvarez

- Representante da área lingüístico.social: Mª Teresa Franco Torre

- Orientadora dos Centros adscritos: Mª Elena López Rodríguez

O horario de traballo organízase na procura dunha racionalización do tempo e

do esforzo adicado aos diferentes aspectos da orientación.

Os membros do departamento reuniranse una vez ao mes, os luns ás 10:10,

baixo a convocatoria da xefa do departamento. Non obstante realizaranse as

reunións que se consideren según se vaian vendo as necesidades. Ademáis,

terase contacto máis estreito coa PT e AL.

A xefa do Departamento levantará acta dos acordos adoptados en todas as

reunións.

Page 7: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 7

Para a coordinación e o seguimento do Plan de Orientación realizarase,

alomenos, unha reunión trimestral coa responsable da orientación nos colexios

adscritos ao departamento.

De acordo coas funcións atribuidas ao departamento entendemos como

ámbitos prioritarios de acción os seguintes:

- O apoio aos Procesos de Ensino e Aprendizaxe

- O apoio ao Plan de Acción Titorial

- O apoio ao Plan de Orientación Académica e Profesional

4. ANÁLISE DE NECESIDADES

A escolarización no centro de alumnos/as de diferentes etapas educativas fai

que xurdan diferentes necesidades en función da etapa.

Considerando o contexto no que está inmerso o centro e tomando como fontes

prioritarias de información a observación (percepción do clima do centro), a

revisión dos documentos curriculares, as actas de avaliación, os informes

individualizados dos alumnos/as, as demandas e aportacións efectuadas polos

diferentes membros da comunidade educativa, e, sobre todo, o plan de

orientación e a memoria do curso pasado, podemos sintetizar como principais

necesidades a considerar as seguintes:

Page 8: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 8

ALUMNADO

• Continuar coa atención á diversidade do alumnado

que o precisa, adecuando o proceso de ensino-

aprendizaxe as súas necesidades.

• Potenciar a atención personalizada ao alumnado

que o precise, especialmente con adaptación curricular.

• Establecer as respostas axeitadas para atender ás

necesidades educativas que se detecten.

• Favorecer procesos de convivencia no centro

axudando a formar cidadáns responsables, autónomos e

participativos.

• Facilitar un mellor autocoñecemento dos aspectos

persoais dos alumnos e alumnas, que proporcione

elementos facilitadores da toma de decisións (elección de

optativas, de estudos superiores, etc).

• Deseñar programas de intervención específicos.

Page 9: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 9

PROFESORADO

• Unificar pautas de acción titorial fundamentalmente

na etapa de educación secundaria obrigatoria.

• Asesorar aos titores/as e aos equipos docentes de

cara a facilitar a toma de decisións dos alumnos e

alumnas.

• Asesorar sobre aspectos didácticos e para dar

resposta á diversidade.

• Colaborar co profesorado de PT e AL na atención

ao alumnado que recibe apoio específico.

• Ofrecer ao profesorado en xeral recursos que

fomenten a tolerancia e mellora da convivencia.

• Implicar ao profesorado no funcionamento do

Departamento de Orientación.

• Crear unha canle de comunicación efectiva e

coordinación entre as etapas educativas e dentro destas

entre os distintos ciclos e niveis.

FAMILIAS

• Implicar ás familias no funcionamento do centro,

concretamente no proceso de ensino/aprendizaxe dos

seus fillos/as.

• Informar e formar ás familias dos alumnos/as que

reciben apoio, acerca da súa evolución, así como das

distintas actuacións a levar a cabo.

• Informar sobre as saídas profesionais dos seus

fillos/as, así como asesorar para complementar a

orientación no fogar.

Page 10: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 10

5. OBXECTIVOS XERAIS PARA O CURSO 2019-2020

Vista a análise de necesidades e tendo en conta que o plan de

orientación abrangue no seu plano de actuación a todos os compoñentes da

comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias), propoñemos coma

obxectivos xerais para o presente curso os seguintes:

Referidos ao alumnado:

• Contribuir á personalización da educación favorecendo o

desenvolvemento de todos os aspectos da persoa concreta e individual.

• Previr as dificultades de aprendizaxe e contribuir a superalas cando se

produzan, axustando a resposta educativa ás necesidades particulares

do alumno/a.

• Identificar e atender as necesidades educativas do alumnado, tanto

ordinarias como especiais, actuando sempre de xeito preventivo.

• Favorecer os procesos de madurez persoal, de desenvolvemento da

propia identidade e dun sistema de valores.

• Facer o seguemento de alumnado con MAD, revisando e modificando se

fose preciso.

• Coñecer a evolución xeral do alumnado, especialmente o atendido pola

profesora de PT, AL e FPB.

• Amosarlles xeitos pacíficos de resolver conflitos.

• Fomentar o autocoñecemento e autoestima, atendendo ao

desenvolvemento persoal e social.

• Colaborar na tarefa de educar para a igualdade.

• Amosar estratexias e técnicas de traballo intelectual.

• Ofrecer orientación académico-profesional ao longo das etapas,

incluíndo a preparación para a inserción laboral.

• Informar das novidades do sistema educativo.

• Fomentar a igualdade de xénero.

Page 11: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 11

Referidos ao centro e equipo docente:

• Colaborar e asesorar ao centro en cuestións organizativas e

pedagóxicas.

• Organizar a atención ao alumnado con dificultades de aprendizaxe,

asesorar e ofertar materiais.

• Colaborar e asesorar na realización e seguemento de MAD.

• Asesoramento na labor titorial.

• Promover actuacións que melloren a convivencia no centro e que se

incluirán no correspondente plan.

• Contribuir á axeitada relación entre os distintos integrantes da

comunidade educativa, especialmente entre profesor/a-alumno/a e

centro-familias.

Referido ás familias:

• Asesorar na orientación vocacional dos/as fillos/as.

• Ofrecer información sobre o sistema educativo, residencias, becas e

axudas ao estudo,etc.

• Ofrecer pautas de actuación que melloren a comunicación e convivencia

familiar e nos casos de acoso entre iguais.

Referidos a outras institucións:

• Coordinar as accións orientadoras co CEIP “Manuel Respino” e o CEIP

de O Bolo.

• Colaborar con institucións externas co fin de concretar actuacións que

poidan redundar no desenvolvemento integral do alumnado.

Page 12: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 12

6. ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN

6.1. PLAN DE APOIO AO PROCESO DE ENSINO/APRENDIZAXE

6.1.1 OBXECTIVOS:

• Coñecer a situación curricular do alumnado.

• Axustar a resposta educativa ás necesidades detectadas mediante

medidas curriculares e organizativas.

• Asesorar e colaborar co profesorado na atención á diversidade.

• Contribuir á mellora da convivencia no centro.

6.1.2. ACTUACIÓNS PRIORITARIAS:

Co equipo docente:

• Organizar a atención á diversidade cos especialistas en PT, AL, e

profesorado de aula.

• Coordinar cos/as titores/as do alumnado con NEAE a atención e

seguimento.

• Asesoramento e colaboración na implementación de MAD ao longo do

curso.

• Continuarase coa participación no Plan Proxecta cun tema relacionado

coa igualdade de xénero.

Co alumnado:

• Xornada de acollida ao alumnado procedente dos CEIP adscritos

(“Manuel Respino” e O Bolo) en Maio.

• Detección de necesidades educativas extraordinarias e/ ou especiais.

• Realización de avaliacións psicopedagóxicas.

Page 13: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 13

• Apoio por parte do profesorado a alumnado con dificultades de

aprendizaxe e necesidades educativas especiais.

• Revisión e seguemento de alumnado con MAD.

• Fomento da convivencia e resolución pacífica de conflitos a través do

Plan de Acción titorial.

Coas familias:

• Asesoramento sobre o papel da familia no proceso de ensino-

aprendizaxe individualmente e a través da escola de familias.

6.2. PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

6.2.1. MEDIDAS ORGANIZATIVAS E CURRICULARES DE ATENCIÓN Á

DIVERSIDADE

a) Apoio de especialistas (pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe):

Contamos con:

- Unha profesora de PT con horario completo, que atende ao

alumnado con NEAE nos cursos 1º e 2º de ESO.

- Unha especialista en AL con horario completo que atende ao

alumnado con NEAE nos cursos 1º e 2º de ESO.

b) Exención da 2ª lingua estranxeira en 1º e 2º de ESO:

Medida dirixida ao alumnado con dificultades de aprendizaxe, especialmente

nas linguas. Durante a exención da segunda lingua estranxeira o alumnado

recibe reforzo principalmente nas linguas.

Hai 11 alumnos/as exentos nesta materia en 1º de ESO e 6 alumnos/as en 2º

de ESO.

d) Exención da lingua galega

Page 14: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 14

Medida á que pode acollerse o alumnado procedente doutras comunidades

autónomas ou do estranxeiro durante dous cursos.

e) Agrupamentos:

Este curso NON contamos con esta medida por falta de persoal docente.

g) Adaptacións Curriculares Significativas:

Ao inicio do curso precisan Adaptación Curricular Siginificativa como resposta

as súas necesidades educativas dous alumnos de 1º e tres alumnos/as de 2º

da ESO.

h) Reforzo Educativo do profesorado nas súas respectivas asignaturas:

Debería ser o primeiro nivel de atención á diversidade. Aportaranse materiais e

asesoramento para poder desenvolver esta función.

Este curso comezamos con 11 alumnos/as en 1º de ESO e 6 alumnos/as en 2º

da ESO con reforzo educativo.

i) Optatividade:

A rexida polos decretos correspondentes.

j) Avaliación Psicopedagóxica:

Competencia da xefatura do Departamento de Orientación.

6.2.2 ORGANIZACIÓN DOS APOIOS

- Organización dos apoios

O criterio xeral adoptado é proporcionar unha resposta educativa adaptada á

diversidade de capacidades, intereses e ritmos de aprendizaxe do alumnado co

fin de facilitar o logro dos obxectivos a cada etapa educativa. Os criterios

específicos para organización dos apoios e distribución dos recursos son os

detallados no Plan Xeral de Atención a Diversidade do centro.

Page 15: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 15

Seguindo ese criterios de atención e organización dos apoios establecidos no

Plan Xeral de Atención a Diversidade para o presente curso académico 2019-

2020 os apoios organízanse da seguinte maneira:

Apoio fóra da aula pola profesora de Pedagoxía Terapeútica Audición e

Linguaxe e outros profesores:

Curso Alumnos/as Necesidade

Educativa

Horas

Semanais

Materias

1º 8 Dificultades de

Aprendizaxe

6 horas Matemáticas (2h)

Lingua Galega (2 h)

Lingua Castelá (2h)

1º 1 TEA 6 horas Matemáticas (2h)

Lingua Galega (2 h)

Lingua Castelá (2h)

1º 2 Adaptación

Curricular

7 horas Matemáticas (2h)

Lingua Galega (2 h)

Lingua Castelá (2h)

2º A 3 Dificultades de

Aprendizaxe

4 horas Matemáticas (2h)

Lingua Galega (1 h)

Lingua Castelá (1h)

2º B 3 Adaptación

Curricular

4 horas Matemáticas (2h)

Lingua Galega (1 h)

Lingua Castelá (1h)

Apoios dentro da aula ordinaria pola profesora de Pedagoxía Terapeútica,

Audición e Linguaxe e outros profesores:

Page 16: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 16

Curso Alumnos/as Necesidade

Educativa

Horas

Semanais

Materias

1º 8 Dificultades de

Aprendizaxe

6 horas Matemáticas (1h)

Lingua Galega (1 h)

Lingua Castelá (1h)

1º 1 TEA 6 horas Matemáticas (2h)

Lingua Galega (1 h)

Lingua Castelá (1h)

1º 2 Adaptación

Curricular

7 horas Matemáticas (2h)

Lingua Galega (1 h)

Lingua Castelá (1h)

2º A 3 Dificultades de

Aprendizaxe

2 horas Lingua Galega (1 h)

Lingua Castelá (1h)

2º B 3 Adaptación

Curricular

3 horas Matemáticas (1h)

Lingua Galega (1 h)

Lingua Castelá (1h)

Realizarase unha avaliación continua da consecución dos obxectivos propostos

e das medidas tomadas, introducíndose as medidas correctoras oportunas,

sempre que o progreso non sexa positivo ou se detecten novas necesidades ao

longo do curso.

6.3. PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

No noso marco educativo a titoría constitúe o primeiro nivel da orientación

educativa. É o titor quen vai desenvolver as accións de orientación en relación

co grupo de alumnos/as que titoriza, contando coa cooperación, apoio e axuda

Page 17: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 17

dos demais profesores/as do grupo, equipo directivo, membros do

departamento de orientación e equipo de orientación específico, no seu caso.

Nun proceso educativo integral e personalizado a función titorial forma parte

da propia acción docente e, en certo modo, identifícase con ela. Pódese defini-

la acción titorial como o conxunto de accións educativas que se deseñan e

realizan nun centro educativo para favorecer no alumnado a aprendizaxe, a

integración dos coñecementos e experiencias, a toma de decisións e o

desenvolvemento da súa personalidade.

A acción titorial constitúe polo tanto unha tarefa esencial que, pola súa

trascendencia, non se pode limitar a unhas sesións illadas, nin recaer baixo a

responsabilidade dun só profesor ou profesora, senón que debe ser unha das

pezas clave da armazón pedagóxica do centro e, como tal, responsabilidade

compartida polo conxunto do profesorado. Neste senso, a acción titorial

constitúese en elemento fundamental para levar a cabo unhas intencións

educativas que se propoñen a formación integral da persoa, entendendo a

aprendizaxe como un proceso de construcción persoal, e que pretenden dar

resposta á diversidade existente no alumnado.

6.3.1. OBXECTIVOS DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

1. Axudar ao desenvolvemento integral do alumnado realizando un

seguimento personalizado durante o proceso de ensino-aprendizaxe a

través das titorías e das coordinacións entre os departamentos

didácticos, o equipo educativo, os titores, a xefatura de estudos e o

departamento de orientación.

2. Educar en valores e normas, así como en axudar ao alumnado a

formarse unha imaxe axustada de si mesmo, ter un grao de autoestima

e actitudes que mostren seguridade e accións emprendedoras.

3. Cooperar co proceso de integración, inserción e respecto a todos os

sectores da comunidade educativa, de xeito que a convivencia e a

participación se convirtan en elementos que definen o estilo de

funcionamento do centro.

Page 18: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 18

4. Colaborar coas familias e outras institucións ou asociacións para

contribuír a toma de decisións que o alumno/a debe asumir ao longo da

súa permanencia no centro.

6.3.2. ACTIVIDADES

Actividades co alumnado:

- Entrega aos titores (a través do correo electrónico), dunha selección de

actividades para cada nivel educativo ao principio de curso e ao longo

do mesmo.

- Atención individualizada en casos concretos.

- Organización de charlas/obradoiros/visitas sobre diferentes temas para

os distinos grupos (orientación académica e vocacional, sexualidade,

drogas, internet …)

Actividades co profesorado:

- Reunións mensuais da orientadora cos/as titores/as dos diferentes

grupos co orientador para intercambiar información sobre as

características dos grupos, alumnos/as con dificultades de aprendizaxe,

revisión de expedientes...

- Unificar criterios de actuación, seguimento e valoración das medidas a

tomar.

- Seguimento cos titores/as dos diferentes grupos, dos programas ou

actividades que estamos a desenvolver cos alumnos/as segundo as

necesidades detectadas.

- Asesorar na atención ás dificultades que poidan xurdir a nivel de grupos

ou na atención a casos concretos.

Actividades coas familias:

- Reunións colectivas dos titores/as coas familias establecidas no Plan de

Acollida do centro.

- Reunións individuais para intercambiar información ou asesorar sobre a

marcha educativa dos fillos/as.

- Facilitar a participación das familias a través de reunións colectivas e

individuais para informarlles sobre os estudos dos seus fillos e fillas.

Page 19: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 19

- Organización de charlas/obradoiros para familias co fin de contribuir á

súa participación na vida do centro e no desenvolvemento persoal e

académico dos/as fillos/as.

6.3.3. RECURSOS

Os recursos que poderían ser necesarios para o deseño e desenvolvemento

do PAT son:

Recursos persoais: Departamento de Orientación, titores/as e maior número de

profesorado posible, CCP, Claustro, institucións do entorno…

Recursos materiais: Bibliografía sobre titoría, material práctico para traballar

nas horas de titoría (habilidades sociais, autoestima…), páxinas web…

Recursos organizativos: Reunión mensual do Departamento de Orientación,

reunións do orientador cos titores/as, reunións conxuntas e individuais coas

familias, escola de familias…

6.3.4. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

A avaliación será continua. Teremos en conta os seguintes criterios de

valoración:

- Os equipos educativos dos diferentes grupos asistirán ás reunións

programadas polos titores/as.

- Os titores farán unha valoración das actividades unha vez rematadas: a través

da observación valorarán a motivación do alumnado, o grao de participación á

hora de realizar as distintas actividades, o material empregado, a

temporalización... Fará tamén unha valoración final dos programas levados a

cabo: efectividade, adecuación dos recursos, da temporalización...

En base aos resultados se elaborarán as propostas de mellora coa finalidade

de modificar aqueles aspectos que infulirían na efectividade do plan: motivación

dos implicados, recursos empregados, temporalización, validez dos

cuestionarios en canto á información proporcionada...

6.4. PLAN DE ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL

6.4.1. OBXECTIVOS

Page 20: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 20

- Axudar ao alumnado a coñecerse a sí mesmo (aptitudes, intereses).

- Dar a coñecer as posibilidades de movemento dentro do sistema

educativo.

- Desenvolver estratexias de busca de información sobre o sistema

educativo e mundo laboral.

- Aprender a tomar decisións sobre a elección de materias e estudos

postobrigatorios.

- Facilitar a transición á vida activa.

- Axudar ao alumnado no seu proceso de autoorientación e toma de

decisións sobre estudios superiores.

- Facilitar información sobre as novidades do Espazo Europeo de

Educación Superior e residencias, becas,etc.

6.4.2. ACTUACIÓNS

CO ALUMNADO

- Dinámicas propostas aos titores/as a través do PAT (autocoñecemento,

habilidades básicas para o traballo, traballo en equipo…).

- Información (no grupo clase por parte da orientadora) sobre itinerarios

na ESO ciclos formativos de grao medio e superior, o bacharelato, a

universidade, etc.

- Organización de charlas informativas por parte de expertos.

- Asistencia a unha feira de asesoramento universitario.

- Asesoramento individualizado en casos de maior incertidume.

COAS FAMILIAS

- Organización de charlas informativas.

- Asesoramento individualizado.

- Escola de familias.

Page 21: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 21

6.5. PROGRAMA DE HABILIDADES SOCIAIS

No noso sistema educativo introdúcense nas diferentes área curriculares,

actitudes e valores sociais que son necesarios para a convivencia e as relacións

interpersoais establecidas no marco da escola. Pero nas situacións interactivas que

se producen no ámbito escolar, non todos os alumnos e alumnas se relaciónan dun

xeito socialmente hábil por carecer, algún deles, dos repertorios básicos necesarios

para interactuar debido a problemas de tipo afectivo, familiar ou de outra índole. Por

isto, non basta cunha aprendizaxe meramente incidental, senón que se necesita

unha intencionalidade para que o alumnado aprenda comportamentos sociais que

favorezan a súa socialización.

Con este programa pretendemos traballar actitudes favorecedoras dunha maior

comunicación dos adolescentes así como darles oportunidades para practicar a

solución de problemas en relacións interpersoais. Practicando as Habilidades

Sociais pódense producir importantes beneficios persoais o que repercutirá, sen

dúbida, na mellora da convivencia no centro así como na inserción social en xeral,

pois cando un individuo posúe unha positiva competencia social redunda de maneira

tamén positiva na súa adaptación escolar, social e psicolóxica.

Os destinatarios deste programa serán o alumnado de ESO así como o alumnado

que sexa remitido reitarademente á aula de atención educativa e convivencia coa

finalidade de correxir condutas disruptivas e mellorar a integración no centro

educativo.

6.5.1. OBXECTIVOS

Marcamos coma obxectivos deste programa:

- Mellorar a competencia social e emocional para interactuar de forma

axeitada coas persoas do entorno.

- Reducir as condutas pasivas e agresivas.

- Favorecer o comportamento asertivo, adoptando actitudes de respecto,

cooperación, participación e interese cara ás demais persoas.

Page 22: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 22

6.5.2. CONTIDOS

Neste programa se traballarán os seguintes contidos:

Habilidades básicas de interacción social: se traballarán as condutas sociais

de cortesía incidindo naquelas actitudes que favorecen e facilitan as

situacións de interacción cos demais: os saludos, o sorriso, a mirada, as

normas básicas de conversa, o pedir e conceder favores...

Habilidades para relacionarse cos iguais: os cumplidos para sentirse ben

cando os das e os recibes, compartir, xogos cooperativos... favorecendo

a actitude positiva ante os demais.

Habilidades para expresar sentimentos, emocións e opinións: aceptar e

rexeitar críticas e así evitar condutas agresivas, aprender a decir non de

xeito adecuado sen sentirse mal e sen facer sentir mal aos demais,

preguntar por qué para aclarar malentendidos e equivocacións que

poidan dar lugar a situacións desagradables, expresar emocións e

sentimentos...

6.5.3. ACTIVIDADES

Utilizaranse os programas:

- “Ser persoa e relacionarse” de Manuel Segura Morales.

- Programa de pensamento prosocial “REIAS”.

Ademáis, a través do PAT a orientadora proporá aos titores/as dinámicas para

traballar habilidades sociais, cohesión grupal, etc.

7. AVALIACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN

- Obxectivos da avaliación:

O Plan de Orientación someterase a un proceso continuo de

avaliación formativa. Estas actividades irán encamiñadas a:

1. Valorar en qué medida imos acadando os obxectivos propostos.

2. Obter máis e mellor información sobre as características do

sistema socioeducativo no que se encontra o noso alumnado.

Page 23: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 23

3. Mellorar os deseños da intervención orientadora e

psicopedagóxica para corrixilos ou adaptalos de cara a conseguir

unha maior eficacia.

- Criterios de avaliación:

1. Grao de consecución dos obxectivos propostos

2. Grao de adecuación das actividades realizadas

3. Grao de adecuación dos recursos utilizados

4. Grao de satisfacción dos implicados

5. Grao de participación e implicación do todos os axentes

educativos

6. Grao de adecuación dos materiais de avaliación

psicopedagóxica e do reforzo educativo realizado

7. Efectos acadados e non previstos

8. Conflictos e dificultades xurdidas e formas de resolve-las

- Momentos da avaliación:

1. Avaliación inicial: constituída pola análise de necesidades

2. Avaliación formativa: realizada ó final de cada actividade

concreta

3. Avaliación final: realizarase ó final de curso e os resultados

serán incluídos na memoria final do departamento. Esta

avaliación servirá de base para manter no vindeiro curso algún

aspecto do plan, así como modificar aqueles que se

consideren precisos.

Page 24: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 24

8.-BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA

A) BIBLIOGRAFÍA

ADELL, M.A.(2004) Estrategias para mejorar el rendimiento académico de los

adolescentes. Madrid: Psicología Pirámide.

AJURIAGUERRA, J. (1990) Manual de psiquiatría infantil. Barcelona: Masson.

ÁLVAREZ, M. y BISQUERRA, R. (1996). Manual de orientación y tutoría.

Barcelona: Praxis, 337.

ALVARIÑO ALEJANDRO, MD, CARNOTA CARNEIRO, MP., GARCÍA

LÓPEZ,A., GONZALÉZ IGLESIAS, F., QUINTELA VIÑA, E. e SANZ LOBO,

M.D ((2005) Convivir, vivir con. Xunta de Galicia.

BAILEY, J. (2004) De sexo también se habla. SM. (Madrid)

BINABURO ITURBIDE, J.A e MUÑOZ MAYA, B. (2007) Educar desde el

conflicto. Junta de Andalucía.

DSM-5. (2014) Manual diagnóstico y estadístico de trastornos mentales.

Editorial Médica Panamericana.

ELIAS, M.J., TOBIAS, S.E. e FRIENDLANDER, B.S. (2001). Educar

adolescentes con inteligencia emocional. Barcelona: Plaza y Janés.

FERNÁNDEZ RODRIGUEZ, C. 2003) Aprender a estudiar. Madrid: Pirámide.

GARCÍA LABIANO, J.M. (2004) Programa de acción tutorial para la educación

secundaria obligatoria. Madrid: CISSPRAXIS.

GIL MARTÍNEZ, R. (1997) Manual para tutorías y departamentos de

orientación. Barcelona: Praxis.

GÜELL, M. (2005) ¿Por qué he dicho blanco si quería decir negro? Técnicas

asertivas para el profesorado y formadores. Barcelona: Grao.

Page 25: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 25

IZAL MARIÑOSO, M.C. (2005) Tutoría de valores con preadolescentes. Madrid:

CCS.

JIMÉNEZ ORTEGA, J. (1994). Método práctico de técnicas de estudio. Madrid:

Visor.

MUZÁS RUBIO, M.D., OÑAE PAREJO, M.V, PÉREZ PESA, E. e ZÁRATE

ARGOTE, A. (2010) Preparo mi futuro: programa para la toma de decisión en la

ESO. San Sebastián: Ed. Donostiarra.

PÉREZ DE PABLOS, S. (2003) El papel de los padres en el éxito escolar de los

hijos. Madrid: Aguilar.

RIVAS, F. (1995). Manual de asesoramiento y orientación vocacional. Madrid:

Síntesis, 383-419.

RODRIGUEZ, N. (2004)Guerra en las aulas: cómo tratar a los chicos violentos

y a los que sufren sus abusos (4 a 16 años).Madrid: Ed. Temas de Hoy SA.

RODRIGUEZ DE LA TORRE, M.E. (2003) Stop al fracaso escolar: el cerebro al

100%. Barcelona: Grijalbo.

RODRÍGUEZ ESPINAR, S. (coord..), ÁLVAREZ, M., Echeverría, B. y Marín,

M.A. (1993). Teoría y práctica de la orientación educativa. Barcelona: PPU.

SABER PARA VIVIR e QUE ME DICES (varios monográficos de varios anos

comprendidos entre 2006-2010)Vigo: Nova Galicia Edicións.

SELVINI PALAZZOLI, M. (1990) El mago sin magia.Barcelona: Paidós

Educación.

SOBRADO FERNANDEZ, L. (ed)(1998) Estratexias de orientación

psicopedagóxica no ensino secundario. Santiago: Laiovento.

SOBRADO FERNANDEZ, L.(1990) Intevención psicopedagógica y orientación

educativa. Barcelona: PPU.

Page 26: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 26

VALLEJO-NÁGERA, J.A (DIR.) (1991) Guía práctica de psicología. Madrid:

Temas de Hoy.

VVAA. (2001) Cómo tomar decisións sobre o teu futuro: guía de orientación

vivencial para adolescentes. Servizo Galego de Igualdade: Xunta de Galicia.

ZÁRATE ARGOTE, A, MUZÁS RUBIO, M.D e PÉREZ PRESA, E. (2008)¡Me

decido! Programa para la toma de decisión en el bachillerato. San Sebastián:

Ed. Donostiarra.

B) WEBGRAFÍA (escolma)

www.maestroteca.net

www.esadgalicia.es

http://apoegal.blogia.com

www.isftic.mepsyd.es/profesores

www.uhu.es/cine.educacion/cineyeducacion/index.htm

http://ntic.educacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2006/aprender_estu

diar/index2.html

www.alimentacionyvida.org/adol-Portada.html

www.kekiero.es

http://yaq.es/

http://internacional.universia.net

www.ticne.es (solucións TIC para ANEE)

http://ciug.cesga.es/index.html

www.orientaline.com

www.altascapacidades.org

Page 27: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 27

www.brujulaeducativa.com

http://todofp.es/

www.dgt.es/educacionvial/DGT-Home_buscar_.html

www.juntadeandalucia.es/averroes/

http://cvc.cervantes.es/ensenanza/default.htm

www.educaguia.com

www.xuventude.net/querote-mais.html

www.padresycolegios.com

www.cienciafacil.com

www.educarex.es

www.ceapat.org/verIndex.do

www.aplicacioneseducativas.net

www.movimientocontralaintolerancia.com

www.soldados.com

www.pnsd.msc.es

www.educacionenvalores.org

http://mariajosediaz-aguado.tk

www.needirectorio.com

www.educaweb.com/esp/servicios/monografico/orientacionprofesional

www.wikioficios.org

www.guiajuvenil.com/

www.sgep.org

Page 28: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 28

www.youtube.com/user/pantallasamigas

http://internetamiga.net/

www.orientared.com/

http://orientacion.educaweb.com/es/presentacion

A Rúa, en 30 de setembro de 2019.

A orientadora

Asdo. Noah Rodríguez Rodríguez

Page 29: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 29

Anexo I

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL 2019-2020

1. XUSTIFICACIÓN

A acción titorial pódese definir como o conxunto de accións educativas

que se levan a cabo nun centro educativo para favorecer no alumnado a

aprendizaxe, a integración dos coñecementos e experiencias, a socialización, a

toma de decisións e o desenvolvemento da súa pesonalidade. Por esta razón

débese considerar que a acción titorial está íntimamente relacionada co

desenvolvemento da función docente.

A través desde PAT establécense os criterios e procedementos que

regularán a organización e funcionamento da acción titorial deste IES.

2. MARCO LEGAL

Para deseñar este PAT tomamos como referencia o seguinte marco

lexislativo:

- Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade

educativa, que modifica parcialmente a previa a Lei Orgánica 2/2006, do

3 de maio, de Educación (LOE), e establece o novo marco no que se

van desenvolver todas as accións educativas, incluída a orientación.

- Decreto 120/ 98 do 23 de abril polo que se regula a orientación

educativa e profesional en Galicia (DOG do 27/4/98).

- Orde do 24 de xullo de 1998 pola que se establece a organización e

funcionamento da orientación educativa e profesional en Galicia (DOG

do 31/ 7/ 98).

- Circular 10/2010 da Dirección Xeral de Educación, Formación

Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instruccións para

coordinar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos

de orientación educativa e profesional na comunidade autónoma de

Galicia.

Page 30: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 30

- Decreto 86/2015 polo que se establece o currículo da educación secundaria

obrigatoria e de bacharelato na comunidade autónoma de Galicia.

- Resolución do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación,

Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instruccións

no curso académico 2015/2016 para a implantación do currículo da educación

secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade

Autónoma de Galicia.

3. DIAGNÓSTICO DE NECESIDADES/CONTEXTUALIZACIÓN

Tendo en conta que xa se presentou ó centro a través do POE, e para non

volver a repetir información xa sinalada, este diagnóstico de necesidades

centrarase nas necesidades relativas á acción titorial entre as que cabería

destacar as seguintes:

- Necesidade dunha maior coordinación entre o Departamento de Orientación e

os/as titores/as dos diferentes grupos para levar a cabo o Plan de Acción

Titorial.

- Necesidade de ofertar respostas educativas consensuadas para aqueles

alumnos/as que presentan n.e.a.e.: establecemento de reforzo educativo

dentro e fóra da aula, procedemento para a elaboración de adaptacións

curriculares...

- Necesidade de favorecer o proceso de aprendizaxe dos alumnos/as a través

de adquisición de hábitos de estudo, dominio das técnicas instrumentais

básicas (lectura, escritura, cálculo e razoamento).

- Necesidade dunha relación fluída coas familias como requisito para favorecer

o desenvolvemento persoal, social, académico e vocacional dos/as

alumnos/as.

- Necesidade de informar sobre itinerarios educativos, estudos posteriores, etc.

para contribuir a unha axeitada toma de decisións por parte dos/as alumnos/as

en canto a elección de modalidades de Bacharelato, ciclos formativos, estudios

universitarios, etc.

- Necesidade de informar ás familias sobre o sistema educativo, alternativas

Page 31: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 31

educativas e laborais, etc. para que axuden ós seus fillos na toma de decisións

vocacionais.

4. DESEÑO DO PAT

Tendo en conta as demandas dos titores/as e a necesidade de artellar

un PAT consensuado, que responda ás necesidades reais de cada grupo e

centrándose en aspectos prácticos, a Xefatura do Departamento de Orientación

propón as directrices para a concreción dun PAT para o presente curso 2018-

19.

A partir dos bloques de programación que a continuación se expoñen, e

que responden aos obxectivos xerais de calquera acción titorial e partindo das

propostas dos propios titores e do profesorado en xeral, irase confeccionando o

PAT adaptándoo a cada un dos cursos e grupos.

4.1. OBXECTIVOS:

A. Obxectivos xerais:

• Impulsar o desenvolvemento psicosocial dos alumnos/ás.

• Optimizar os procesos de ensino/aprendizaxe.

• Coordinar a acción educativa do Equipo Docente.

• Orientar ós pais/nais na súa labor educativa.

B. Obxectivos específicos:

- Desenvolver un nivel axeitado de autoconcepto e autoestima.

- Facilitar a integración na Etapa e no grupo-clase

- Desenvolver a madureza vocacional, asesorando na toma de

decisións tanto a nivel de optatividade como de que facer ao

finalizar a ESO/Bacharelato.

- Impulsar a participación dos alumnos/as nas actividades non

lectivas e extraescolares.

- Promover no alumnado actitudes relacionadas coa solidaridade,

Page 32: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 32

tolerancia, respeto mutuo, a non discriminación, a cooperación,

a amizade... mediante a participación do alumnado nas

diferentes actividades complementarias desenvolvidas no

colexio.

- Previr e detectar dificultades nas aprendizaxes instrumentais e

escolares, equipando convenientemente o alumnado coas

estratexias técnicas e hábitos axeitados.

- Coordinar as respostas educativas axeitadas ás dificultades de

aprendizaxe que se produzan no grupo clase ou nos suxeitos

considerados individualmente.

- Coordinar os procesos de avaliación das aprendizaxes do

alumnado, así como a súa promoción.

- Facilitar a reflexión dos alumnos/as sobre os seus propios

procesos de aprendizaxe.

- Impulsar e desenvolver estratexias de aprendizaxe autónoma e

reflexiva "aprender a aprender" en estreita vinculación coas

distintas áreas.

- Coordinar o proceso de avaliación dos diferentes profesores/as.

- Coordinar o axuste das programacións ás necesidades

educativas do grupo-clase e dos alumnos/as individualmente

considerados.

- Asesorar e coordinar a avaliación e a promoción intercurso.

- Asesorar os titores e ao profesorado en xeral, na elaboración do

informe individualizado de avaliación e demais documentos

oficiais de avaliación.

- Fomentar a participación dos pais/nais nas actividades do centro

- Proporcionar as familias información sobre a marcha dos seus

Page 33: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 33

fillos/as.

- Asesoralos nos conflitos ou situacións problemática que poidan

ter cos seus fillos.

- Solicitarlles a súa colaboración nas actividades de reforzo e

apoio escolar que sexan necesarias para os seus fillos/as.

4.2. BLOQUES DE CONTIDOS:

1º DA E.S.O.

→ 1º TRIMESTRE

- Actividades de acollida ó alumnado: presentación do titor/a, coñecemento das

aulas, horarios, materias, normas do centro, amosar as instalacións no caso

do alumnos de 1º da E.S.O. e alumnos/as doutros cursos de nova

incorporación ó centro.

- Recollida inicial de información de cada alumno/a: revisión do expediente do

alumno/a, informacións recollidas nas xornadas de acollida a alumnos/as.

- Coñecemento do NOF por parte do alumno/a: explicación e realización de

actividades sobre o mesmo.

- Elección de delegado/a: coñecemento das funcións do delegado, reflexión

sobre as características dun bo delegado/a, proceso de elección (constitución

da mesa electoral, electores, candidatos/as, acta de elección,..)

- Acollida a pais/nais: presentación de titores; dar a coñecer as normas de

funcionamento do centro; entrega de documentación informativa.

- Planificación e organización do estudo: cuestionario de avaliación inicial e

actividades ó respeto que proporciona a Orientador.

- Habilidades sociais básicas. Coñecemento e práctica de habilidades sociais

básica para fomentar a interrelación do alumnado, coñecemento e convivencia.

- Prevención de condutas violentas, a cargo da Cruz Vermella.

Page 34: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 34

- Uso responsable e perigos das novas tecnoloxías, a cargo do Plan Director

- Actividades de reflexión de preavaliación.

- Sesións de avaliación e medidas a tomar: aspectos burocráticos da avaliación

por parte do titor/a, comunicación dos resultados ós pais/nais,…

→ 2º TRIMESTRE

- Reflexión sobre os resultados da 1º avaliación.

- Técnicas de estudo para mellorar resultados.

- Drogas e alcohol, dentro do fomento de hábitos de vida saudables, a cargo da

Cruz Vermella

- Prevención da violencia de xénero, dentro das charlas propostas polo Plan

Director.

- Actividades de reflexión de preavaliación

- Sesións de avaliación e medidas a tomar: aspectos burocráticos da avaliación

por parte do titor/a, comunicación dos resultados ós pais/nais,…

→ 3º TRIMESTRE

- Coñecemento do sistema educativo: a etapa E.S.O. (POAP).

- Actividades de HHSS.

- Alimentación, dentro das actividades propostas pola Cruz Vermella.

- Actividades de reflexión de preavaliación.

- Información sobre o novo documento “Consello Orientador”

- Sesión de avaliación: aspectos burocráticos por parte do titor/a, comunicación

dos reslutados ós pais/nais,…

2º DA E.S.O.

→ 1º TRIMESTRE

Page 35: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 35

- Actividades de acollida ós alumnos/as: presentación do titor/a, coñecemento

das aulas, horarios, materias, normas do centro.

- Recollida de información de cada alumno/a: revisión do expediente do

alumnos/as, información recollida nas xornadas de acollida a alumnos/as.

- Coñecemento do NOF por parte dos alumnos/as: explicación e realización de

actividades sobre o mesmo.

- Elección de delegado/a: coñecemento das funcións do delegado/a, reflexión

sobre as características dun bo delegado/a, proceso de elección (constitución

da mesa electoral, electores, candidatos/as, acta de elección,…)

- Acollida a pais/nais: presentación dos titores; dar a coñecer as normas de

funcionamento do centro, entrega de documentación informativa,..

- Planificación e organización do estudo.

- “Uso responsable das novas tecnoloxías” a través do Plan Director

- “Prevención da violencia de xénero”, tamén dentro do Plan Director.

- Actividades de reflexión de preavaliación.

- Sesións de avaliación e medidas a tomar: aspectos burocráticos da avaliación

por parte do titor/a, comunicación dos resultados ós pais/nais ,..

→ 2º TRIMESTRE

- Reflexión sobre resultados da 1º avaliación.

- “Convivencia e Relacións Sociais”. Obradoiro a cargo do Programa Quérote +

- “Drogas e alcohol”, desenvolvemento de hábitos de vida saudables por parte

da Cruz Vermella.

- Actividades de reflexión de preavaliación.

- Sesións de avaliación e medidas a tomar: aspectos burocráticos de avaliación

por parte do titor, comunicación dos resultados ós pais,..

Page 36: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 36

→3º TRIMESTRE

- O proceso de toma de decisións: fases do proceso e actividades sinxelas de

toma de decisións mediante a realización de casos prácticos (POAP).

- Orientación académica: 3º ESO opcionalidade e implicacións futuras

- Continuación programa de HHSS.

- Actividades de reflexión de preavaliación.

- Información sobre o documento “Consello Orientador”

- Sesións de avaliación: aspectos burocráticos de avaliación por parte dos

titores, comunicación dos resultados ós pais/nais ,…

3º DA E.S.O.

→1º TRIMESTRE

- Actividades de acollida ós alumnos/as: presentación do titor/a, coñecemento

das aulas, horarios, materias, normas do centro,…

- Recollida inicial de información de cada alumno/a: cuestionario personal inicial,

revisión de expediente do alumno/a,…

- Coñecemento do NOF por parte do alumno.

- Elección de delegado/a.

- Acollida a pais/nais: presentación dos titores; dar a coñecer as normas de

funcionamento do centro; entrega de documentación informativa.

- Repaso das técnicas de estudo e profundización nas técnicas nemotécnicas.

- “Imaxe corporal e relación sociais”. Obradoiro a cargo do Programa Quérote +

- “Discriminación por razón de sexo” a cargo da Cruz Vermella

- Actividades de reflexión de preavaliación

- Sesións de avaliación e medidas a tomar: aspectos burocráticos de avaliación

por parte do titor/a, comunicación dos resultados ós pais/nais ,..

Page 37: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 37

→ 2º TRIMESTRE

- Reflexión sobre a 1º avaliación

- Obradoiro sobre saúde sexual, a cargo da Cruz Vermella

- Actividades de reflexión de preavaliación

- Sesións de avaliación e medidas a tomar: aspectos burocráticos de avaliación

por parte do titor/a, comunicación dos resultados ós pais/nais ,..

→3º TRIMESTRRE

- Explicación do sistema educativo. (POAP)

- O proceso de toma de decisións: fases dos proceso e actividades de toma de

decisións mediante a realización de casos prácticos (POAP).

- Orientación académica e profesional: Implicacións das eleccións de 4º da ESO

(LOMCE)

- Actividades de reflexión de preavaliación.

- Información sobre o novo documento “Consello Orientador”

- Sesións de avaliación: aspectos burocráticos de avaliación por parte do titor/a,

comunicación dos resultados ós pais/nais ,..

4º DA E.S.O.

→ 1º TRIMESTRE

- Actividade de acollida ó alumnado: presentación do titor/a, coñecemento das

aulas, horarios, materias, normas do centro,..

- Recollida de información de cada alumno/a: cuestionario personal inicial,

revisión do expediente do alumno/a,..

- Coñecemento do NOF por parte do alumnado.

- Elección de delegado/a.

- Acollida a pais/nais: presentación dos titores; dar a coñecer as normas de

Page 38: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 38

funcionamento do centro, entrega de documentación informativa.

- Planificación e organización do estudo

- Obradoiro “Drogas e alcohol”, desenvolvido polo Servizo da Cruz Vermella

- Actividades de reflexión de preavaliación.

- Sesións de avaliación e medidas a tomar: aspectos burocráticos de avaliación

por parte do titor/a, comunicación dos resultados ós pais/nais ,..

→2º TRIMESTRE

- Reflexión sobre os resultados da 1º avaliación

- Obradoiro “Discriminación por razón de sexo” desenvolvido polo Servizo da

Cruz Vermella

- O proceso de toma de decisións (POAP).

- Realización de cuestionarios de interese profesionais (POAP).

- Actividades de reflexión de preavaliación:

- Sesións de avaliación e medidas a tomar: aspectos burocráticos da avaliación

por parte do titor/a, comunicación dos resultados ós pais/nais,..

→3º TRIMESTRE

- Información sobre as distintas posibilidades ó rematar a E.S.O.

- A demanda profesional: introducción de técnicas de búsqueda de emprego

(como realizar un C.V., unha carta de presentación, como enfrontarse a unha

entrevista de traballo, resposta a anuncios,…)

- Información sobre datos de interese para o alumnodo para a toma de decisións

finais ó rematar a etapa.

- Actividades de reflexión de preavaliación.

- Información sobre o documento “Consello Orientador”

Page 39: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 39

- Sesións de avaliación: aspectos burocráticos de avaliación por parte do titor/a,

comunicación dos resultados ós pais/nais,…

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

→1º TRIMESTRE

- Actividades de acollida ós alumnos/as: presentación do titor/a, coñecemento

das aulas, horarios, normas do centro,..

- Recollida de información inicial de cada alumno.

- Coñecemento do NOF por parte do alumnado.

- Elección de delegado/a: coñecemento das funcións do delegado/a, reflexión

sobre as características dun bo delegado/a, proceso de elección.

- Acollida a pais/nais: presentación do titor/a, dar a coñecer as normas de

funcionamento do centro, entrega de documentación informativa.

- Actividades de técnicas de estudo.

- Actividades de habilidades sociais, facendo un especial fincapé nos bloques

de Autoconcepto e autoestima.

- Obradoiro “Alimentación” por parte da Cruz Vermella

- Actividades de reflexión de preavaliación.

- Sesións de avaliación: aspectos burocráticos de avaliación por parte do titor/a, comunicación dos resultados ós pais/nais,…

→2º TRIMESTRE

- Reflexión sobre os resultados da 1º avaliación

- Obradoiro “Saúde Sexual”, a cargo da Cruz Vermella

- “Convivencia e relacións sociais”, a través do Servizo Quérote +

- Información sobre as distintas posibilidades ó rematar a FPB

Page 40: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 40

- Técnicas de búsqueda de emprego.

- Actividades de reflexión de preavaliación.

- Sesións de avaliación e medidas a tomar: aspectos burocráticos de avaliación

por parte do titor/a, comunicación dos resultados ós pais/nais ,..

→3º TRIMESTRE

- Reflexión sobre os resultados da 2º avaliación

- Realización dun inventario de intereses profesionais.

- Asesoramento individualizado ó alumnado que o solicite ou o necesite.

- Actividades de reflexión de preavaliación.

- Sesións de avaliación e medidas a tomar: aspectos burocráticos de avaliación

por parte do titor/a, comunicación de resultados aos pais,…

- Actividades de reflexión de preavaliación.

- Sesións de avaliación e medidas a tomar: aspectos burocráticos de avaliación

por parte do titor/a, comunicación dos resultados ós pais/nais ,..

BACHARELATO

- Actividades de acollida ós alumnos: presentación do titor/a, coñecemento das

aulas, materias, normas do centro, horarios.

- Recollida de información inicial.

- Coñecemento do NOF por parte do alumno.

- Elección de delegado/a.

- Acollida a pais/nais: presentación dos titores; dar a coñecer as normas de

funcionamento do centro; entrega de documentación informativa.

- Información ó alumnado ó longo do curso escolar sobre temas de interese:

convocatoria de becas, probas de acceso á universidade, o ingreso na

universidade, os ciclos formativos de grao superior,…

- Orientación académica e profesional de carácter individual.

Page 41: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 41

- Visita guiada a algunha universidade galega, elixirase aquela a que a maioría

do alumnado teña pensado acudir ao remate do Bacharelato.

- Información individualizada ás familias por parte do titor/a ou orientadora cando

o demanden.

- Asesoramento individualizado ó alumnado que o necesite ou o solicite.

- Sesións de avaliación e medidas a tomar: aspectos burocráticos de avaliación

por parte do titor/a, comunicación dos resultados ós pais/nais,…

ACTIVIDADES ORGANIZADAS PARA TODO O CENTRO:

- Conmemoración do “Día contra a violencia de xénero” a través de diversas

actividades elaboradas durante a hora de titoria e polos diferentes

departamentos didácticos, destinadas a promover a igualdade entre homes e

mulleres. Concursos de lemas e microrelatos.

- Conmemoración “Día Internacional sobre os Dereitos do Neno”

- Conmemoración do “Día Internacional dos Dereitos Humanos”.

- Conmemoración do “Día escolar da non Violencia e da Paz” co visionado de

estractos de diversas películas adaptadas a idade do alumnado e actividades

posteriores a dito visionado. Alguna das películas que empregamos son: La

Ola, American History X, Titanes: hicieron historia,…

- Conmemoración do “Día da muller traballadora” a través do visionado de

diversos videos sobre o xurdimento deste día que irá acompañada de

actividades previas e posteriores o visionados dos mesmos.

Page 42: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 42

AVALIACIÓN DA TITORÍA

BLOQUES

DE

CONTIDOS

ACTIVIDADES MATERIAIS AXENTES TEMPORALIZACIÓN

Avaliación da

titoría

- Análise das

actividades

realizadas, dos

resultados obtidos,

das dificultades

atopadas, das

propostas de

mellora.

- Enquisa Titores 3º trimestre.

REUNIÓNS COS PAIS

BLOQUES

DE

CONTIDOS

ACTIVIDADES MATERIAIS AXENTES TEMPORALIZACIÓN

Reunións cos

pais/nais

- Informar

sobre

funcionamento

do curso.

- Informar

sobre os

resultados da

avaliación,

tanto

individual

como grupal.

- Informar

sobre

itinerarios

- Documentos

remitidos polo

profesorado

sobre o

rendemento do

alumnodo ou

do grupo en

xeral

- Titores.

- Profesorado

en xeral.

-

Orientadora.

Ó longo do curso.

Page 43: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 43

posibles e/ou

saídas

académicas e

profesionais.

- Informar

sobre medidas

de atención á

diversidade

que se vaian a

tomar,

implicándoas.

4.3.- ASPECTOS METODOLÓXICOS:

A línea de traballo que levaremos a cabo ríxese pola elaboración

conxunta de materiais para a titoría, actualmente contamos con un amplo

dossier de actividades para a E.S.O., que servirán como punto de partida.

Tomaremos como referentes os principios metodolóxicos sinalados na

lexislación vixente, polo que para desenvolver tales bloques de contidos

recurriremos ás seguintes técnicas metodolóxicas:

• Utilizar unha metodoloxía activa, participativa, interactiva e constructiva.

• Partir das ideas previas dos alumnos/as, favorecendo aprendizaxes

funcionais, significativos e constructivos.

• Favorecer actitudes positivas caro o aprendizaxe e a utilización das

técnicas de estudo, a igualdade de xénero, a resolución pacífica de

conflitos,…

• Desenvolver estrategias de Aprender a aprender, resolución pacífica de

conflitos, hábitos saúdabres, …

• Recurrir á técnica de Mediación sempre que sexa posible, xa que é

preciso a participación voluntaria de tódolos implicados.

Page 44: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 44

• Utilización de técnicas de dinámica de grupos, aprendizaxe por

modelado, aprendizaxe por descubrimento e autoinstrucións.

4.4.- RECURSOS:

Estos xa se sinalan no mesmo apartado do POE, polo que decidimos

non volver a reflexalos aquí. Ademais, compre deixar claro que os materiais

máis relevantes para cada tarefa sinálanse tamén no cadro correspondente.

5. IMPLEMENTACIÓN:

Todas as actividades e bloques de contidos sinalados con anterioridade

desenvolverande de forma mixta, tal e como sinala Rodríguez Moreno, e dicir,

a través das distintas áreas curriculares e da hora de titoría, contando tamén

con que algunhas delas levaranse a cado a través de actividades

complementarias e extraescolares.

➢ AXENTES DA ACCIÓN TITORIAL.

- Titor ou Titora.

A súa principal función é a mediadora, sendo o punto de referencia do

alumnado para a súa relación co resto do centro e coas familias.

As responsabilidades xirarán en torno a dous núcleos básicos:

• Cada alumno ou alumna do centro terá asignado un titor ou unha

titora que será o seu vínculo co centro, tanto a nivel individual como

do grupo ao que pertenza.

• As familias do alumnado ou os seus responsables terán no titor/a do

alumno/a o primeiro interlocutor para todo o que faga referencia ao

seu fillo ou filla.

Persoalmente, o titor ou titora será responsable de:

1) Realizar unha sesión semanal de titoría cos alumnos/as que ten ao seu

cargo.

2) Representar ou facer de voceiro do alumnado dun grupo, expresando

Page 45: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 45

diante do equipo de profesores demandas, inquietudes, conflictos...

xurdidos no grupo.

3) Xestionar a información disponible sobre o alumnado do seu grupo

respecto do equipo de profesores, se o hai. Coidar e ter o día os

rexistros de titoría.

4) Presidir as xuntas de avaliación.

5) Facilitar a cooperación e a boa relación entre o profesorado e as familias

ou responsables do alumnado.

6) Informar sobre actividades docentes e rendemento académico á familia

e alumnos.

7) Participar no desenvolvemento do PAT.

8) Seguir o proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.

9) Coordinar as Adaptacións Curriculares dos seus titorandos.

10) Facilitar a integración do alumnado.

11) Orientar ao alumnado.

12) Colaborar co Departamento de Orientación.

Responsabilidades colectivas.

O Equipo educativo, colectivamente, responsabilizarase de:

• Realizar o diagnóstico, seguimento, avaliación e orientación do

alumnado nos aspectos relacionados cos obxectivos xerais da acción

titorial.

• Coordinar os contidos comúns e optativos, a metodoloxía e as

estratexias de aula e a avaliación para o seu grupo de alumnos/as.

• Realizar un diagnóstico inical a partir da observación en tódolos ámbitos

do proceso de aprendizaxe, priorizando o dominio dalgunhas

Page 46: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 46

capacidades e actitudes básicas: Comprensión oral e escrita,

razoamento, motivación, estilo de aprendizaxe, participación...

• Organizar de forma coordinada a aprendizaxe de recursos instrumentais

para o estudo.

• Desenvolver unha actividade coordinada destinada a dotar ao alumnado

de estratexias que permitan o traspaso das aprendizaxes.

• Compartir aspectos relevantes, de tipo persoal, que non poden

observarse na aula, xa que son datos obtidos a través de cuestionarios,

entrevistas,..., realizadas co alumnado, coas súas familias ou servicios

sociais.

• Utilizar o seguimento compartido do alumnado para, unha vez

diagnosticados os éxitos, erros, déficits, atopar e compartir fórmulas

para incidir sobre eles, sexa introducindo cambios na programación de

aula sexa a través de estratexias de compensación.

• Establecer criterios sobre as necesidades educativas que deben ser

obxecto dunha atención compensatoria e definir as características que

tería que ter esta actividade. Decidir o perfil do alumnado do seu grupo

que se orienta cara a actividades compensatorias novas ou previstas no

centro. Realizar o seguimento e a avaliación das actividades

compensatorias.

• Participar no desenvolvemento do PAT.

Responsabilidades individuais.

Individualmente, cada membro do equipo educativo, terá a

responsabilidade de:

• Contribuír a dinamización do grupo-clase desde a práctica docente cotiá.

• Incorporar á programación de aula aspectos que contribúan ao

autocoñecemento e á autoestima do alumnado, a crear expectativas

Page 47: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 47

positivas, a exercer a autonomía e a toma de decisións e a orientación

académica e profesionalmente ao alumnado.

• Coordinar os contidos da actividade docente xeral e efectuar as

adaptacións que se consideren necesarias na programación de aula.

• Coordinar as metodoloxías usadas por cada profesor/a na aula,

reflexionando sobre as características comúns e buscando e adaptando

as que sexan máis favorecedoras. Axustar a programación segundo os

principios de axuda educativa.

• Dar e solicitar, en equipo educativo, información relevante respecto ao

marco e contexto de cada alumno/a, o que deberá contribuír ao

coñecemento, seguimento e avaliación do proceso individual do

alumnado.

• Tomar nota dos acordos aos que se chegue en equipo educativo e

transmitirllo aos seus equipos de área.

• Participar no desenvolvemento do PAT.

6. ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO:

Designación de titores.

Neste curso os titores foron designados tendo en conta os seguintes

criterios:

- Disponibilidade horaria.

Horarios.

- Cada titor/a adicará dentro do seu horario unha hora lectiva

semanal para a titoría do seu grupo de alumnos.

- Cada titor/a destinará unha hora complementaria semanal

destinada á recepción de pais.

- Cada titor/a solicitará a axuda do Departamento de Orientación para

a coordinación do PAT cando o considere necesario.

Page 48: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 48

Modelo de organización e Funcionamento:

a. Correspóndelle á Xefa de Estudos coordinar e dirixir a acción

dos titores coa colaboración do Departamento de Orientación.

b. A Xefatura de Estudos terá as reunións que considere

necesario para o bo funcionamento da acción titorial.

c. Os titores deberán programar, de acordo coas liñas xerais

marcadas neste PAT, as actividades específicas titoriais que

desenvolverán ao longo do curso. Poderán solicitar a axuda do

Departamento de Orientación.

d. Os titores poderán convocar as reunións que consideren

necesarias cos equipos docentes do seu curso para o bo

funcionamento da acción titorial.

e. O D.O. contribuirá o desenvolvemento do PAT, baixo a

dirección da Xefatura de Estudos, asesorando os titores nas súas

funcións, facilitándolles os recursos necesarios e intervindo na

medida das súas posibilidades cando os titores o soliciten.

7. AVALIACIÓN E SEGUIMENTO:

A avaliación do PAT farase atendendo ós seguintes criterios:

- Grao de consecución dos obxectivos propostos.

- Grao de adecuación das actividades realizadas.

- Grao de adecuación dos recursos.

- Grao de adecuación da temporalización/secuenciación.

- Grao de satisfacción dos implicados.

- Efectos conseguidos e non previstos.

Ademais, contemplaranse os tres momentos esenciais de toda

avaliación:

-Avaliación inicial:

Consiste en saber qué necesitan os destinatarios e logo facer unha

priorización de necesidades, atendendo ó principio de realidade, que sirva

como base para o deseño dos programas.

-Avaliación formativa:

Page 49: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 49

Realízase durante o transcurso dunha actividade e permite modificar

determinados aspectos dun programa durante a posta en práctica.

-Avaliación final:

É a que se realiza ó final dun proceso e ten como finalidade determinar

os logros acadados e tomar decisións a máis longo prazo con respecto o

programa.

Os indicadores que podemos empregar para levar a cabo esta avaliación son

numerosos, pero entre eles cabería destacar os seguintes:

- Se os obxectivos propostos recollen tódolos ámbitos da acción titorial.

- Se os contidos permiten a consecución dos obxectivos propostos.

- Se a temporalización se axusta ao horario xeral do alumnado.

- Se se empregan gran cantidade de estratexias metodolóxicas en función do

tipo de contidos e das características do alumnado.

- Se o profesorado coñece e utiliza os recursos do entorno.

- Grao de satisfacción dos distintos integrantes.

- Grao de coordinación entre os implicados.

Coma recursos para facer a avaliación do PAT se utilizarán, sobre todo,

a observación de cada actividade e as entrevistas cos titores/as e o alumnado

en xeral, así como a finais de curso os cuestionarios para titores/as a

alumnos/as sobre a valoración das titorias.

ANEXO II: PLAN DE ORIENTACIÓN ACADÉMICO-

PROFESIONAL

Ten como finalidade favorecer a toma de decisións de carácter

académico por parte do alumnado. É importante que á hora de decidir, o

alumno se informe por diferentes medios, reflexione e tome as decisións máis

acordes coas súas capacidades, intereses e motivacións.

Page 50: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 50

1. OBXECTIVOS:

1. Coordinar a Orientación académica dos alumnos ao longo da súa

permanencia no Centro, especialmente no tránsito á E.S.O.

2. Proporcionar ao alumno/a estratexias, información e recursos necesarios

que lle proporcionen un coñecemento máis obxectivo de si mesmo.

3. Recoñecer as opcións educativas e profesionais que propón a sociedade na

actualidade.

4. Axudar ao alumnado a desenvolver estratexias para afrontar o proceso de

toma de decisións.

5. Implementar habilidades sociais e de comunicación.

6. Fomentar a coordinación entre os diferentes membros da comunidade

educativa.

Estes obxectivos organízanse en torno a tres eixes principais:

1. O autocoñecemento: como son, como me vexo e como me ven os

demais, que me gusta, que se me dá ben, que quero ser.

- Aptitudes, habilidades, traxectoria escolar.

- Valores, intereses, motivacións.

- Personalidade, autoestima, actitudes.

- Aspiracións, expectativas, proxectos, afeccións.

- Situación familiar, socio-económica e cultural.

2. Coñecemento do sistema educativo: a E.S.O

- Optatividade

- E despóis da ESO, qué?

- Bolsas de axuda ao estudo.

3. Toma de decisións: resolución de problemas.

Page 51: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 51

2. ÁMBITOS DE ACTUACIÓN

- Elaboración e difusión de documentos para o alumnado sobre a E.S.O.

- Asesoramento individualizado a pais/nais, profesores e alumnos/as.

- Organización da sesión de acollida no I.E.S. e das charlas, a alumnado

e familias, sobre a nova etapa educativa.

- Actividades que promovan unha autoimaxe axustada

- Actuacións destinadas a favorecer HHSS.

- Informar sobre a situación actual do mercado laboral

- Informar sobre as distintas posibilidades que oferta o sistema educativo

3. IMPLEMENTACIÓN:

3.1.- Criterios de actuación

A metodoloxía a empregar para levar a cabo estas actuacións tentará

en todo momento favorecer un clima de colaboración, diálogo e participación

tanto na relación entre o alumnado como entre o profesorado.

O Departamento de Orientación pretende ser unha entidade disposta a

colaborar en todo momento con calquera membro da comunidade educativa,

favorecendo ó mesmo tempo a actividade de aquel con quen colabora.

Dende o Departamento de Orientación, nas acción emprendidas, procurarase

unha metodoloxía que implique tanto á toda a comunidade educativa coma os

servizos do contorno, con accións globais que repercutan en todo o proceso

educativo. Para acadar isto empregaremos os dous modelos de intervención

que de seguido se expoñen:

Modelo de programas, usarase cando se observe unha necesidade e

non se produza a demanda esperada, coa intención de adiantarse aos

acontecementos e incidir no problema o máis rápido posible. A acción está

encamiñada á prevención e o desenvolvemento, e seguiranse as seguintes

fases:

Page 52: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 52

1. Análise do contexto

2. Detección de necesidades

3. Formulación de obxectivos

4. Planificación de actividades

5. Desenvolvemento do programa

6. Avaliación do programa.

O Modelo de consulta utilizarase para dar resposta ás demandas

manifestadas ou requeridas, coa intención de establecer un contexto de

colaboración para traballar co persoal docente nun programa no que todos se

sintan implicados. Este modelo aplicarase nos informes psicopedagóxicos e

nas demandas do profesorado ou titores con respecto ás necesidades

individuais ou de grupo. A acción deste modelo articularase ao redor de tres

elementos:

1. O orientador asume o rol de consultor, que intervirá de forma indirecta co

cliente a través do mediador.

2. O mediador (titor, profesores, pais, etc) interveñen directamente co

cliente, a partir de propostas do orientador.

3. O destinatario último recibe unha intervención directa do mediador e

indirecta do orientador.

As actuacións correspondentes a este modelo serán:

1. Definición da consulta a través do informe da situación aportado polo

profesorado.

2. Avaliación de necesidades e recursos, na que colaborarán a orientadora

e o mediador.

3. Proposta de intervención consensuada entre o orientador e o mediador

4. Desenvolvemento do programa polo mediador

5. Avaliación do programa polo mediador e o orientador.

Page 53: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 53

Así mesmo compre sinalar que unha grande parte das actuacións formuladas

inseriranse no desenvolvemento das programacións das distintas áreas e

outras a través do PAT. Os responsables do desenvolvemento serán todos os

profesores, coordinados polo titor e estes polo xefe de estudos e o

departamento de orientación.

Algunhas das nosas actuacións serán:

1. Deseñar o Plan de Orientación Académica e Porfesional (P.O.A.P)

2. Sensibilizar á comunidade educativa da necesidade de desenvolver o POAP

e da súa coordinación entre todos os axentes que interveñen en cada curso.

3. Formación inicial e continua aos profesores e titores sobre as necesidades

detectadas á hora de implantar o POAP ou daquelas que van xurdindo durante

proceso de ensino-aprendizaxe.

4. Asesoramento aos titores en aspectos como o autocoñecemento dos

alumnos, adestramento para a toma de decisións, principios metodolóxicos en

que se basear, deseño de actividades, principios da avaliación, detección das

necesidades…

5. Apoio informativo aos titores sobre opcións académicas e laborais e sobre as

diferentes medidas de atención á diversidade e a personalización da

educación.

6. Proporcionar recursos para desenvolver as diferentes actividades.

7. Intervención directa en actividades concretas dirixidas aos alumno/as

8. Actividades dirixidas ás familias, para facilitar a súa colaboración e

implicación na educación e no proceso de toma de decisións dos seus fillos.

9. Colaboración cós equipos educativos para a elaboración do consello

orientador

3.2.- Distribución de tarefas.

As tarefas para cada actividade serán distribuidas segundo os sectores e

persoas implicados, segundo se especifica no plan de orientación,

procurando responsabilizar a cada quen do seu labor na tarefa para

Page 54: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 54

unha mellor consecución dos obxectivos. A este efecto procurarase a

corresponsabilidade, a cooperación, a coordinación e o traballo en

grupo.

3.3.- Recursos empregados.

Os recursos empregados serán aqueles dos que dispoña o centro, tanto

materiais como persoais e de espacio, podendo acudir a axentes

externos cando así o requira a actuación demandada ou programada.,

procurando sempre un rendemento óptimo e o mellor aproveitamento

dos recursos existentes.

RECURSOS

Persoais Do contexto Materiais

Profesorado

Titores

Orientador

Profesionais externos

- Concello: traballadora

social,…

- Profesionais dos centros

educativos da zona

- Consellaría

- Internet

- Familias

- Cuestionarios

- Folletos informativos de

diferentes estudos

- Información de becas

- Fichas

- Tests e baterias de aptitudes

escolares.

- Bibliografía de diversos

temas.

- Ordenadores e programas

informáticos sobre educación

en valores, transito a ESO,

coñecemento do idioma

galego,…

Page 55: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 55

Material Interactivo

3.4.- Temporalización.

A programación do tempo especifícase para cada actividade en cada un dos

apartados do Plan de Orientación e do PAT. Nembargantes atenderanse

puntualmente aquelas necesidades prioritarias que xurdan ao longo do curso,

tendo en conta sempre as prioridades educativas, persoais e de formación dos

alumnos.

Page 56: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 56

ANEXO III

Programación didáctica de

PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

JULIA TRINCADO VICENTE

Page 57: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 57

INDICE

1 INTRODUCIÓN

2 PLANIFICACIÓN DO TRABALLO DO ALUMNADO CON ANEAE

3 OBXECTIVOS XERAIS

4 METODOLOXÍA

5 RECURSOS

6 INTERVENCIÓN EDUCATIVA CO ALUMNADO CON NEAE

7 TEMPORALIZACIÓN

8 AVALIACIÓN

Page 58: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 58

1. INTRODUCIÓN

Dada a grande heteroxeneidade do noso alumnado é preciso ofrecer unha

resposta educativa adecuada e integradora, por unha parte aceptando a

diversidade para favorecela e por outra asumindo as diferenzas, para

desenvolver en todo o alumnado as súas capacidades e habilidades partindo

da súa situación persoal e sociocultural e dos seus ritmos de aprendizaxe.

A integración educativa é polo tanto un proceso interactivo que non depende

soamente das condicións persoais e do contorno social dos nenos, sino tamén

das estratexias da ensinanza e das experiencias que se propoñan.

A adecuada resposta educativa a todo o alumnado concíbese partindo dos

principios de normalización e inclusión, garántese unicamente de ese modo o

normal desenvolvemento de todos, favorecendo a equidade e contribuíndo a

unha maior cohesión social. A atención a diversidade é unha necesidade que

abrangue a tódalas etapas educativas e a todo o alumnado. Debemos ter en

conta que a atención a diversidade persigue:

• A calidade da educación para todo o alumnado, independentemente das

súas condicións e circunstancias.

• A equidade que garante a igualdade de oportunidades, a inclusión

educativa e a non discriminación, e actúe como elemento compensador das

desigualdades persoais, culturais, económicas e sociais, con especial

atención as que deriven de discapacidade.

• A flexibilidade para poder adecuar a educación á diversidade de aptitudes,

intereses, expectativas e necesidades do alumnado.

• A educación na igualdade de trato e non discriminación das persoas con

discapacidade.

Definimos por tanto a orientación educativa como un proceso de axuda inmerso

dentro da actividade educativa, o seu obxectivo é contribuír o desenvolvemento

integral do alumnado, co fin de capacitarlle para unha aprendizaxe autónoma e

unha participación activa, crítica e transformadora da sociedade. A orientación

iniciase polo tanto nos primeiros momentos da escolaridade, desenvólvese de

maneira sistemática ao longo da mesma e ten unha proxección mais alá da

institución escolar.

Page 59: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 59

En coherencia con estes principios, os centros escolares porán en marcha un

conxunto de accións encamiñadas a asegurar a educación integral do

alumnado. Neste sentido é importante a función da especialista en Pedagoxía

Terapéutica que contribúe ó seu logro aportando asesoramento e apoio.

2. PLANIFICACIÓN DO TRABALLO DO ALUMNADO CON NEAE

As actividades a levar a cabo en relación a atención a diversidade

concrétanse nos seguintes apartados:

✓ CO ALUMNADO

▪ Atención directa os alumnos con necesidades no seu grupo ou

individualmente cando se considere necesario.

▪ Elaborar e aplicar programas para a adquisición de habilidades no ámbito

da autonomía persoal ou social para aqueles alumnos que requiran

adaptacións individuais.

✓ CO PROFESORADO

▪ Coordinar e colaborar na resposta educativa ao alumnado con necesidades

con todo o profesorado implicado.

▪ Colaborar cos profesores de área na elaboración e actualización das

Adaptacións Curriculares.

▪ Coordinar e colaborar co resto de profesores na adecuación de recursos ou

materiais necesarios para a realización do proceso educativo dos alumnos

con necesidades.

▪ Participar xunto cos profesores nas sesións de avaliación e na elaboración

de informes.

✓ COS PAIS

▪ Orientar e asesorar ós pais dos alumnos con necesidades para a súa

participación e colaboración na educación do seu fillo/a.

Page 60: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 60

✓ RESPOSTA EDUCATIVA

▪ A profesora de P.T. atende de forma individualizada ou en pequeno grupo a

estes alumnos.

✓ ORGANIZACIÓN

▪ A formación dalgún grupo na aula de apoio realizarase tendo en conta, as

características ou nivel de competencia dos alumnos.

▪ Os grupos serán flexibles.

▪ Os alumnos integraranse totalmente na súa aula no momento que superen

a súa dificultade e así o decida a orientadora xunto cos demais profesionais

implicados.

3. OBXECTIVOS XERAIS

- Procurar o desenvolvemento normalizado e integral do alumnado con

necesidade específica de apoio educativo no ámbito educativo e afectivo

proporcionándolle unha axuda que lle permita superar as súas dificultades.

- Conseguir un desenvolvemento da linguaxe do alumnado para que lle sirva

como medio para a súa aprendizaxe e integración social.

- Conseguir o dominio progresivo das técnicas instrumentais básicas.

- Procurar a maior integración posible de cada alumno/a nas actividades

escolares e extraescolares do centro.

- Establecer unha boa coordinación cos titores e demais profesores

implicados, para unha continuidade do proceso ensinanza- aprendizaxe.

- Implicar aos pais no proceso educativo de seus fillos, concienciándoos da

importancia da súa colaboración.

Como obxectivos específicos sinalar os seguintes:

- Desenvolver o hábito de lectura como fonte de información,

formación e pracer.

- Comprender e producir textos en formato variado dos ámbitos

persoal, social, cultural e profesional, con vocabulario apropiado

para a finalidade pretendida.

Page 61: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 61

- Desenvolver a observación e o espírito crítico.

- Desenvolver a competencia matemática e dixital que lle facilite

desempeñar o seu papel na vida persoal e no mundo social e

laboral.

- Desenvolver a capacidade para identificar problemas, contrastar

información, avanzar hipóteses e aplicar técnicas adecuadas para

a súa resolución.

- Desenvolver actitudes democráticas que permitan a participación

nunha sociedade plural e diversa, tendo presentes os dereitos e

os deberes compartidos, e o respecto polas diferenzas.

- Desenvolver a autoestima, o afán de superación e a capacidade

de adaptación a novos retos, de acordo cos intereses e coas

aptitudes persoais.

- Desenvolver hábitos e habilidades que faciliten o acceso ó

contorno laboral e o adecuado progreso.

- Potenciar a autonomía persoal.

Sinalar que estes obxectivos adaptaranse na medida do posible ás súas

capacidades, pretendéndose en todo momento o benestar e satisfacción do

alumnado así como potenciar o seu desenvolvemento persoal e social. É

preciso ademáis ter en conta que nas diferentes áreas traballaranse as

habilidades mentais básicas principais como: razoamento lóxico, alteracións de

lectoescritura, orientación espacial, lateralidade, atención selectiva, así como

percepción e memoria visual.

Os estándares de aprendizaxe traballarase tendo en conta os fixados e

concretados nas programacións didácticas de cada materia, así como os

fixados para cada unha das ACs.

4. METODOLOXÍA

A metodoloxía deberá atender a heteroxeneidade do alumnado, partirá dos

principios básicos (aprender a aprender, partirá dos centros de interese,

Page 62: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 62

propiciará as aprendizaxes significativas, funcionais, globalizadas, partirá do

concreto, próximo, coñecido, real… cara ao xeral, descoñecido, abstracto…,

partirá do nivel de desenvolvemento e dos coñecementos previos, etc). Debe

ter características comúns, debe ser: aberta, flexible, individualizada,

normalizadora e integradora, para que ademais de poder adaptarse as

capacidades, necesidades e intereses de cada alumno/a, permita integrar ó

alumnado con características especiais e proporcionar para eles situacións de

máxima normalización.

Un aspecto importante é que cada alumno sexa o protagonista do seu propio

proceso de ensino-aprendizaxe, sendo o profesor un guía. Favorecerase

sempre unha intensa actividade por parte do alumno, que lle procure o maior

número posible de experiencias axudándolle a ser mais autónomo, eloxiando

os logros mediante reforzo positivo, favorecendo a coordinación entre o

profesorado e informando as familias e requerindo a súa colaboración.

Tamén hai que favorecer a interactividade cos compañeiros , aprender a

colaborar, a axudalos, a cooperar..

Haberá que fomentar a creatividade e a imaxinación, ofrecendo situacións e

actividades favorables o seu desenvolvemento. Todo isto dentro dun ambiente

de afecto e confianza, dando así seguridade ós alumnos e propiciando a súa

espontaneidade pero tamén atendendo a unhas normas de conduta claras.

5. RECURSOS

Os recursos utilizaranse en función das necesidades educativas do alumnado.

Podemos clasificalos en recursos materiais, persoais e organizativos.

Os recursos materiais constitúen un complemento facilitador do proceso

ensinanza- aprendizaxe en especial para o alumno con dificultades. Deben ser

funcionais e adecuados para os obxectivos que queremos conseguir.

A hora de seleccionalos e utilizalos debemos ter presentes os seguintes

criterios:

Deben ser seguros, sinxelos e polivalentes.

Deben ser atractivos e variados.

Deben estar adaptados ás distintas capacidades dos alumnos.

Page 63: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 63

Deben de poder ser utilizados de forma autónoma.

Os alumnos con necesidades deberán na medida do posible utilizar o mesmo

material co resto dos compañeiros, será na aula de apoio onde poderán

empregar materiais mais específicos para facilitar a aprendizaxe.

Nesta aula cóntase con material suficiente e motivador para a atención e

recuperación dos alumnos. Así dispón de:

Material impreso (libros de texto e de consulta, folletos, revistas, dicionarios,

contos, xornais…)

Material manipulativo (dominós, puzzles, xogos de construción, encaixes)

Material da área lingüística (carteis, fichas, abecedarios, xogos…)

Material da área lóxico-matemática (ábacos, dominós, regletas, bloques

lóxicos, mini arco, moedas..)

Medios informáticos (ordenador e programas xenéricos, internet )

Medios auditivos ( gravacións, CD..)

Material funxible.

Os recursos persoais son todos aqueles profesionais que interveñen de modo

directo ou indirecto no proceso ensino-aprendizaxe dos alumnos, tanto sexan

estes pertencentes ou non o centro.

Recursos do centro, recursos externos e recursos organizativos.

6. INTERVENCIÓN EDUCATIVA CON NEAE

Durante o presente curso escolar, aténdense na aula de apoio e na aula

ordinaria os alumnos/as dos seguintes cursos:

▪ En 1º ESO hai un alumno con TEA, dúas alumnas con ACS e oito

alumnos de Reforzo Educativo.

▪ En 2º ESO hai tres alumnos con ACS e tres alumnos con Reforzo

Educativo.

No proceso de ensinanza-aprendizaxe dos alumnos/as con necesidades

específicas de apoio educativo, os cales recibirán apoio individual ou grupal,

así como dentro e fora da aula ordinaria en base a ditas necesidades. A

intervención vaise dirixir fundamentalmente a mellorar as dificultades de

Page 64: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 64

aprendizaxe nas distintas áreas, adquirir habilidades, destrezas e actitudes

para mellorar o traballo, así como propiciar o desenvolvemento da

personalidade do alumnado.

A estes alumnos ofréceselle a axuda necesaria para que poidan acadar os

obxectivos do seu curso, esta axuda concrétase nun reforzo educativo referido

fundamentalmente ás áreas de lingua e matemáticas, tendo en conta que teñen

estas dificultades habitualmente.

Fomentarase en todo momento a adquisición de hábitos e a autonomía

persoal, así como a socialización e integración normal deste alumnado.

Para rematar, dicir que a distribución quedará fixada unha vez realizada a

avaliación inicial, para dar unha boa resposta educativa ás dificultades de

aprendizaxe que presentan.

7. TEMPORALIZACIÓN

O traballo con estes alumnos levarase a cabo neste curso escolar 2018/2019

pero haberá que adaptarse a cada alumno e as súas necesidades para

concretar a duración da intervención, normalmente esta atención prolóngase

mais alá dun curso. De todos modos haberá casos nos que a implicación dos

especialistas será puntual durante un corto período de tempo.

As características deste alumnado fai que permanentemente sexa necesario

adaptar a resposta educativa segundo a súa evolución e necesidades.

8. AVALIACIÓN

A avaliación refírese en primeiro lugar a intervención con estes alumnos, será

unha avaliación continua de todo o proceso educativo. As actividades de

avaliación irán encamiñadas a:

a. Valorar en que medida se logren os obxectivos propostos.

b. Mellorar os deseños de intervención docente para corrixir e adaptar

os aspectos que se consideren necesarios de cara a conseguir

unha maior eficacia.

c. Participación e coordinación de todos os profesionais implicados na

recuperación deste alumnado.

Page 65: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 65

En canto a avaliación dos nenos teranse en conta os criterios de avaliación

establecidos para o grupo de alumnos, tendo en conta en cada caso as

medidas de atención a diversidade adoptadas: adaptación curricular, apoio

educativo dentro e fora da aula, etc…

Aínda que son os profesores da materia os responsables de avaliar estes nenos, e indispensable a coordinación cos especialistas de PT e AL.para favorecer o grao de consecución dos obxectivos propostos. O longo do curso farei as correccións oportunas á programación, obtendo así os datos necesarios para posibles modificacións que se reflictirán, de ser o caso, na memoria final.

Page 66: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 66

ANEXO IV:

PROGRAMACIÓN DE AUDICIÓN E LINGUAXE

TANIA VÁZQUEZ GALLEGO

Page 67: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 67

Neste curso 2019-2020, o alumnado susceptible de apoio na especialidade de

Audición e Linguaxe son:

1º ESO:

- Sete alumnos con dificultades de aprendizaxe e comunicación que precisan reforzo

educativo e dous alumnos con ACS, sendo unha de 3º de Educación Primaria e a

outra de 4º de Educación Primaria. O número de sesións para o alumnado é de doce

semanais. Recibirán o reforzo educativo nas diferentes materias, especialmente nas

linguas, dentro da aula ordinaria agás que houbera que traballar algún aspecto fóra

da aula ordinaria.

- Un alumno que presenta problemas de comunicación asociados ó TEA o cal

precisa unha intervención específica para traballar aspectos como: relaxación,

procesos cognitivos básicos: atención; funcións executivas: organización e

planificación; ademais dos aspectos propios da comunicación e da linguaxe,

especificamente o uso ou o nivel pragmático da linguaxe; comprensión lectora e

expresión escrita. Tamén se traballarán as Habilidades Sociais.

O número de sesións para o alumno é de doce semanais onde a maior parte das

sesións realizaranse dentro da aula ordinaria como medida de apoio nas diferentes

materias: seguimento das clases e das explicacións, organización do material

necesario para realizar as tarefas e planificación das mesmas. Algunhas sesións

serán utilizadas para traballar fóra da aula ordinaria os aspectos específicos

anteriormente citados.

2º ESO:

Tres alumnos con dificultades de aprendizaxe que precisan reforzo educativo e dous

alumnos con ACS, sendo unha de 5º de Educación Primaria e a outra de 1º da ESO.

O número de sesións é de oito semanais. Recibirán o reforzo educativo nas

diferentes materias, especialmente nas linguas, dentro da aula ordinaria agás que

houbera que traballar algún aspecto fóra da aula ordinaria.

OBXECTIVOS XERAIS

A comunicación fundaméntase en accións como conversar, escoitar, expoñer e

dialogar, ler e escribir e reflexionar sobre si mesmo. Todas estas accións

Page 68: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 68

desexables son unha meta a acadar cos nosos/as alumnos/as, na medida das

súas capacidades e intereses. Por iso, e tendo en conta os obxectivos da etapa

educativa no ámbito lingüístico (Competencia lingüística: Coas subdimensións

de escoitar, falar, conversar, ler e escribir. Supón a utilización da linguaxe como

instrumento de comunicación oral e escrita, autorregulación do pensamento, as

emocións e a conduta) podemos conquerir os seguintes obxectivos xerais do

servicio de Audición e Linguaxe.

• Potenciar a intencionalidade comunicativa do alumno/a como base prioritaria

para a interacción cos demais.

• Realizar intervencións directas de apoio cos alumnos en coordinación co

titor/a.

- Usar a lingua para representar, buscar, transformar e procesar a información,

aproveitando os medios de comunicación e as novas tecnoloxías.

- Apropiarse de diferentes códigos e formas de representación e comunicación

(palabra, xesto, pictogramas...), para expresa-las súas ideas, sentimentos, desexos

e experiencias que lle permitan avanzar na construción de significados, regular a súa

propia conducta e influír na dos demais.

- Abordar a reeducación e rehabilitación da linguaxe incidindo na interacción

das súas dimensións básicas, especificamente na: semántica, morfosintaxe e

pragmática.

- Utilizar a biblioteca e as novas tecnoloxías como recursos comunicativos que

permiten o disfrute, a formación e a achega da información.

- Realizar as coordinacións oportunas co orientador/a, E.O.E., titores,

profesores de apoio, equipo directivo, asociacións, etc… para o seguimento e

avaliación dos alumnos/as, así como para informar e dar pautas ás familias.

- Garantir a acollida do alumnado e da súa familia no centro dende o reto de

educar atendendo a realidade sociocultural.

Outros obxetivos xerais: proporcionar ós alumnos/as unha resposta

educativa adaptada á diversidade de capacidades, intereses e ritmos de

aprendizaxe de cada un a través de medidas organizativas, centradas estas en

Page 69: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 69

facilitar os Mestres/as de cada materia unha intervención o máis individualizada

e personalizada posible. Do mesmo xeito, é preciso dinamizar o proceso de

integración do alumno/a con n.e.e., colaborar na elaboración das adaptacións

curriculares dos alumnos/as que o precisen, proporcionar o reforzo pedagóxico

que necesiten, favorecer pautas de actuación comúns nas áreas nas que os

alumnos/as precisen apoio e observar e avaliar o seu progreso.

Tendo en conta as necesidades que podamos atopar no noso alumnado, é

imprescindible matizar uns OBXECTIVOS ESPECÍFICOS dependendo do ámbito

de actuación:

Obxectivos xerais da intervención de alumnos/as con trastornos da

comunicación:

• Potenciar sistematicamente a comunicación e posibilitar que os alumnos/as

con trastornos usen as súas habilidades comunicativas en todas as actividades da

vida cotiá, mediante linguaxe oral e/ou un sistema alternativo de comunicación.

• Ensinar o valor da linguaxe (oral ou alternativo) como instrumento para

conseguir regular o seu entorno. A ensinanza/aprendizaxe da función de petición

como medio de consecución dos seus desexos.

• Favorecer a comprensión das interaccións comunicativas dos seus

interlocutores para poder producir cambios e compartir significados.

• Ensinarlles o uso de formas socialmente establecidas para relacionarse cos

demais.

Obxectivos xerais na intervención dos alumnos/as con dificultades na

linguaxe:

• Desenvolver o léxico, tanto receptivo como expresivo que favoreza a

representación mental e o coñecemento do mundo que lle rodea.

• Favorecer o uso adecuado de frases de distinto tipo, incorporando elementos

pertencentes a diferentes función gramaticais que lle permitan expresar con

corrección as súas intencións comunicativas.

Page 70: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 70

• Desenvolver as relación semánticas entre palabras que favorezan os

procesos cognitivos e a expresión verbal dos contidos do pensamento.

• Desenvolver a vertente pragmática da linguaxe que lle permita un uso

funcional e social da linguaxe, así como as función da linguaxe de regulación e

planificación.

Obxectivos xerais da intervención con trastornos do fala:

• Favorecer o desenvolvemento dos aspectos perceptivos implicados na fala.

• Adquirir todos os elementos fonolóxicos que lle permitan unha fala

correctamente articulada.

• Favorecer os elementos suprasegmentais da fala, prosodia, ritmo.

Outros obxectivos específicos relacionados coa lectura, escritura e comprensión

son:

Desenvolver o hábito da lectura como fonte de información, formación e

pracer.

Comprender e producir textos en formato variado dos ámbitos persoal, social,

cultural e profesional co vocabulario apropiado para a finalidade pretendida.

ÁMBITOS DE ACTUACIÓN

Os ámbitos de actuación serán:

1. Coordinación cos titores/as dos alumnos/as.

2. Intervención no proceso de ensinanza e aprendizaxe do alumno/a.

3. Información e colaboración cos pais, nais ou titores legais.

4. Respecto do departamento de orientación e/ou equipo específico de

orientación.

5. E aquelas que podan ir derivándose da práctica diaria (relacións con outras

entidades, asociacións…)

Page 71: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 71

Coordinación cos titores/as dos alumnos /as

Funcións de apoio ou asesoramento ante demanda de avaliación e intervención.

Coñecemento sobre determinados déficits relacionados coa linguaxe e a

comunicación, pautas de actuación. Elaboración conxunta de medidas de reforzo,

adaptación e estratexias de intervención.

Intervención no proceso de ensinanza e aprendizaxe do alumno/a

O traballo co alumno/a implica:

Exploración inicial do alumno, para coñecer as súas carencias e competencias

lingüísticas.

Plan ou propostas de intervención individual e grupal para cada un dos

alumnos/as, onde se recollen os aspectos mais significativos a traballar.

Avaliación trimestral e final do apoio ó alumno.

Información e colaboración cos pais, nais e titores legais

Informar aos pais sobre o déficit na comunicación e as necesidades derivadas;

intervención da linguaxe e no apoio ou reforzo educativo (intentar que os pais

actúen, na medida posible, como cooperadores). Esta colaboración levarase a

cabo mediante entrevistas.

Respecto ao Departamento de Orientación.

A mestre de audición e linguaxe apoiará ao orientador/a nas patoloxías referidas

ao ámbito comunicativo-lingüístico. Manteremos co departamento, reunións para

tomar decisións con respecto ás necesidades específicas de apoio educativo dos

alumnos, elaboración de materiais e posta en marcha de diferentes medidas para

a Atención á Diversidade.

E aquelas outras actuacións que poidan ir derivándose da práctica diaria:

Relacións con asociacións específicas, gabinetes de logopedia, entidades e

persoas de interese… coas que debamos coordinarnos e colaborar para procurar

un compendio de actuación, onde o obxectivo común sexa acadar unha resposta

educativa de calidade e axustada para cada alumno/a.

Page 72: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 72

PROGRAMA XERAL DE INTERVENCIÓN.

As áreas ou dimensións da linguaxe a traballar serán as seguintes:

PROCESOS COGNITIVOS

► Atención

► Memoria

► Funcións executivas

RELAXACIÓN

ÁREA FONÉTICO-FONOLÓXICA

• Rexistro fonolóxico

• Habilidades fonolóxicas.

• Discriminación auditiva fonética e fonolóxica.

ÁREA MORFO-SINTÁCTICA

• Morfoloxía

• Sintaxe

ÁREA LÉXICO-SEMÁNTICA

➢ Vocabulario

➢ Comprensión

ÁREA PRAGMÁTICA

• Funcións da linguaxe: petición, emotiva ou persoal, representativa ou

informativa… a conversa, a linguaxe afectivo- social.

Page 73: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 73

LECTOESCRITURA:

► Lectura e comprensión.

► Expresión escrita.

Ademais da intervención propia na área da linguaxe tamén haberá unha

intervención de reforzo educativo nas diferentes materias ou aspectos importantes

que axuden o alumnado no proceso de Ensinanza-Aprendizaxe (como xa se dixo

en apartados anteriores).

As ACTIVIDADES para traballar todos os aspectos anteriores (intervención

específica na aula de AL) serán o máis variadas e adaptadas ás necesidades e

intereses dos/as alumnos/as. Existen moitas actividades para traballar estes

aspectos pero non todas estas adaptadas para todos os/as alumno/as nin para os

seus intereses por iso haberá que ir vendo cales serán as máis axeitadas para

cada alumno/a.

As ACTIVIDADES que sexan de apoio ou reforzo educativo dentro da aula

ordinaria tamén serán o máis variadas posibles, motivantes e amenas que lle

faciliten o/a alumno/a o proceso de E/A.

RECURSOS

• PERSOAIS: Mestres de apoio, familias, Atención Temperá, Gabinetes

externos e titores de cada grupo.

• MATERIAIS: cabe destacar a gran axuda que facilitan como soporte e

presentación da información os recursos multimedia: presentacións en power-

point, visualizadores de imaxes, pizarra dixital, ordenadores.

• Material para traballar a atención: cancións mimadas, encaixables,

crebacabezas, imitar construción, imitar construción ou composicións con

diferentes tipos de pezas, Cadernos: León Lopa, C.M.:“Estimulación de Funciones

Page 74: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 74

Cognitivas. Cuaderno 4: Atención. Nivel 1 y 2”. GEU Editorial; “Juegos de mente

6. Atención”, sopas de letras, encontrar diferencias entre dúas imaxes.

• Material para traballar a memoria: “Estimulación de las funciones

cognitivas 5. Memoria, Nivel 1 y 2”. GEU Editorial.

• Material para traballar funcións executivas: “Estimulación de las

funciones cognitivas. Cuaderno 10: Funciones ejecutivas, Nivel 1 y 2”. GEU

Editorial.

• Material para o desenvolvemento das habilidades cognitivas (memoria

auditiva, visual, secuencial, lóxica verbal. Absurdos, causa-efecto, contrarios...).

• Material para relaxación (alfombra, música de relaxación).

• Material para traballar a discriminación auditiva e fonolóxica:

discriminación fonética e fonolóxica (CEPE)…

• Material de fonética/fonoloxía: Abacedario de madeira para a formación

e descomposición de palabras en letras asociándo grafema a o seu fonema,

materiais para traballar as habilidades fonolóxicas: rimas, sopas de letras. Para

traballar o rexistro fonolóxico: obxectos, láminas, debuxos, … A páxina web:

maestros de audición e linguaxe (non só para traballar a fonoloxía senón tamén

calquera dimensión da linguaxe e outros aspectos implicados nela).

• Material para traballar a morfosintaxis: Enséñame a hablar, “El tren de

las palabras” (Monfort), construción de frases, secuencias temporais, Fonodil,

Comics para hablar

• Material para traballar o contido: lotos fonéticos, opostos, actividades

lim, outras materiais da páxina de mestres de audición e linguaxe para traballar o

vocabulario e as relacións semánticas. Puzzles para traballar diferentes campos

semánticos que teñen moitos debuxos para nomear obxectos, explicar que son

eses obxectos, onde se encontran e para que se usan. Tamén se usarán xogos:

De “sinónimos e antónimos”, “Da Habana ven un barco cargado de …”, “Veo,

veo”, “Quién soy”.

• Material para traballar o uso: Cómics para falar, “quién es quién”,

mimos, dramatizacións, crear situacións sociais onde se poñan en práctica os

recursos en determinadas situacións: (bos días, petición, por favor, gracias, ata

logo …). . Rolle-playing. Uso de inferencias.

Page 75: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 75

• Material para traballar a lectoescritura: programa de habilidades

metafonolóxicas, actividades de segmentación para a lectura, fichas para a

segmentación de frases en palabras, palabras en sílabas e palabras en fonemas.

Libros, contos, prensa. Cadernos de “Lecturas Comprensivas. Atención a la

Diversidad”. GEU Editorial.

• Planificación e Elaboración de Materiais. Un dos obxectivos ao longo do

curso é a Planificación e Elaboración de materiais específicos para o alumnado.

É moita a oferta que atopamos á venta, mais hai intres nos que a dinámica de

traballo esíxenos de materiais máis específicos e concretos para o tipo de

alumnado que temos. Pretendo elaborar materiais creativos, personalizados,

funcionais e multisensoriais, a partires da aportación e compartición de ideas con

outros profesionais de A.L. Unha ferramenta básica será a presentación visual

dalgúns destes materiais, recorrendo necesariamente ás novas tecnoloxías.

• ORGANIZATIVOS:

- A coordinación cos titores/as e demais especialistas realizarase, nas horas

designadas ou cando a necesidade o requira.

TEMPORALIZACIÓN

No que respecta a temporalización, a programación levarase a cabo ó longo do

curso 2019/2020 durante os tres trimestres de curso. A atención de todos os/as

alumnos/as é de 20 horas semanais repartidas entre o apoio dentro da aula

ordinaria e na aula específica de Audición e Linguaxe.

Este ano a atención será de horario completo no IES Cosme López Rodríguez.

METODOLOXÍA: ESTRATEXIAS E TÉCNICAS.

As estratexias metodolóxicas establecerémolas en diferentes ámbitos:

Page 76: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 76

CO ALUMNADO

Respondendo a pregunta de como ensinar, a metodoloxía da aula de Linguaxe,

será integradora, motívante, activa, significativa e flexible.

Integradora: con referencia a situacións sociais, dentro de grupos nos que o

alumno a pesares das súas dificultades poida participar. As sesións de linguaxe,

deberán estar sempre coordinadas cos plantexamentos curriculares, que se

desenvolven na aula; e ademais, procuraremos que as sesións sexan funcionais,

que teñan a súa utilidade, a súa práctica en situacións da vida diaria.

Motívante. As actividades propostas ós alumnos, deberán ser atraintes

estimuladoras e non converterse en exercicios aburridos e fóra dos seu intereses.

É preciso coñecer os intereses individuais do alumno.

Activa, xa que o alumno é o protagonista, o que aprende facendo, practicando,

traballando, experimentando fracasos e éxitos; o mestre será o mediador de

axudas as superacións de dificultades.

Significativa neste proceso. Unha metodoloxía pasiva crea suxeitos cómodos e

que non se plantexan ou o que é o mesmo, funcional; cunha aplicación práctica

que lle serve para establece-los lazos sociais (satisfacer desexos, necesidades,

demandas...)

Flexible, pois dado que o proceso de avaliación é continuo, en moitas ocasións

cambiaremos aspectos da nosa metodoloxía, no intento de conquerir resultados

máis satisfatorios.

Funcional, interésanos elaborar sesións onde predomine unha metodoloxía

funcional máis que formal, é dicir, as actividades que plantexamos buscan

situacións de diálogo e comunicación que permitan ó alumnado activar e

desenvolver os seus recursos comunicativos e lingüísticos.

Outros rangos da metodoloxía serán: a individualidade (adaptación as

necesidades persoais de cada alumno) e adaptada a diversidade.

E para pechar, procuraremos eloxiar os seus logros e aproximacións, así como

que o neno/a estea nun ambiente de confianza e benestar, nas sesións.

Page 77: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 77

CO PROFESORADO E PROFESIONAL IMPLICADO NO PROCESO DE E/A DO

ALUMNADO

A formulación do traballo en xeral será de asesoramento, colaboración,

coordinación e orientación dende as diferentes estruturas do centro; é dicir; na

Comisión de Coordinación Pedagóxica, no Departamento de Orientación e cos

titores individualmente.

COS PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS

- Coordinación e colaboración cos pais/nais mostrando actitude de respecto e

sinceridade.

- Buscar o maior grao de colaboración.

- Conseguir que as familias se impliquen no proceso de E/A dos seus fillos

AVALIACIÓN

O proceso de avaliación concrétase en dous ámbitos: por unha parte, a avaliación

da Programación de Audición e Linguaxe e por outra a Avaliación Individual de

cada un dos alumnos.

Distinguiremos:

1º Avaliación inicial: terá como finalidade coñecer a linguaxe dos/as alumnos/as

e calquera outra dificultade derivada deste aspecto ou doutros que inflúan no seu

desenvolvemento e aprendizaxe a nivel xeral.En base a ela conquerirase a mellor

proposta de atención (nº e tipos de sesións de traballo) e a elaboración dun plan

de intervención individual en Linguaxe, apoio ou reforzo educativo. Realizarase un

informe de avaliación inicial.

2º Avaliación Formativa e continua, das medidas de atención o alumno. Será o

instrumento necesario que nos informará puntualmente dos progresos e fracasos.

Avaliación trimestral.

Page 78: PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019-20DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 3 1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN. Esta programación reflicte as liñas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2019-20 78

3º Avaliación final do plan de intervención do alumno, onde nun informe final

recollerase os obxectivos acadados polo alumno, así como as conclusións e

análise do apoio que recibiu o/a alumno/a. Ese informe final, permitirá establece-

lo punto de partida, no vindeiro curso.

4º Avaliación final da Programación de audición e linguaxe, co fin de recoller

na memoria final, os aspectos positivos e negativos, para mellorar no seguinte

curso. Implica analizar a adecuación do plan de apoio á realidade do centro e

deseñar as modificacións oportunas en canto ao alumnado, recursos persoais e

materiais previstos para o seguinte curso. Estableceranse uns criterios de

avaliación que faciliten a nosa labor educativa.

Mestra especialista en Audición e Linguaxe:

Asdo. Tania Vázquez Gallego