pec pedrafita final
TRANSCRIPT
2017
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
� 982870635
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
PROXECTO EDUCATIVO
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
2
INDICE
Capítulo I: O contorno (¿Onde estamos e a quen nos diriximos?)
a. Datos do centro…...………………………………………………………………………….4
b. Características do contorno social, cultural e económico no que está situado e
relacións con institucións, organismos ou entidades para a consecución dos obxectivos
do centro……………………………………………………………………………………….. 12
c. Características e necesidades específicas do alumnado do centro………………… 13
Capítulo II: As sinais de identidade do centro (¿Qu en somos?)
a. Características singulares do centro………………………………………………….…14
b. Valores e principios ……………………………………………………………………….16
c. Os obxectivos para dar resposta ás necesidades ……………………………………..17
d. Prioridades de actuación …………………………………………………………………18
e. Recursos educativos………………………………………………………………………18
Capítulo III: A concreción dos currículos (¿Que que remos?)
a. Os aspectos curriculares xerais:
1. A adecuación dos obxectivos ……………………………………………………………21
2. As decisións de carácter xeral sobre a metodoloxía……………………………….….24
3. A incorporación transversal da educación en valores …………………………………25
4. Os criterios xerais do centro sobre avaliación, promoción e titulación………….….. 26
5. Os aspectos xerais para a elaboración das programacións didácticas…………...30
b. Plans e programas específicos :
1. Proxecto lingüístico (plurilingüísmo). ………………..…………….(Documento Anexo)
2. Programa de Biblioteca e promoción da lectura, escritura e tratamento da
información. …………………………………………….…..…………….(Documento Anexo)
3. Plan xeral de atención á diversidade ………………..…………….(Documento Anexo)
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
3
4. Plan de orientación ……………………………………..…………….(Documento Anexo)
5. Plan de acción titorial ………………..……………………….……….(Documento Anexo)
Capítulo IV: Organización e funcionamento (¿Como n os organizamos?)
a) Plan de convivencia …………………………………..…………….(Documento Anexo)
b) Normas de organización e funcionamento…………..…………….(Documento Anexo)
Capítulo V: Xestión económica (¿Como nos financiamo s?)
a) Proxecto de xestión co plan de accións para a obtención de recursos
complementarios ……………………………………………………………………………..32
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
4
Capítulo I: O contorno (¿Onde estamos e a
quen nos diriximos?)
a.- Datos do centro
Trátase dun centro integrado no que se atenden as tres etapas educativas: infantil,
primaria e secundaria. O centro ten 6 unidades en catálogo, aínda que na práctica
funcionan 7:
- 1 de Infantil
- 2 de Primaria (divididas de 1º a 3º de Primaria e de 4º a 6º de Primaria)
- 4 de Secundaria, unha por curso.
En todas as unidades a ratio profesor/a-alumno/a é baixo, sendo 7 a maior nas unidades
de Infantil, a de 4º-6º de Primaria e a de 3º de ESO.
Ata o actual curso escolar 2016-2017 non había actividades extraescolares, sendo o
horario e o transporte os principais condicionantes desta situación; a reconstitucións da
ANPA este curso facilitou que no mes de outubro se iniciase a actividade extraescolar de
Informática para Educación Infantil e Primaria os venres en horario de 15:15 a 16:15
horas, durante o tempo de lecer do comedor. En novembro iniciarase a actividade de
Inglés con grupos por etapas, dende infantil ata ESO, ocupando o tempo de lecer do
comedor ou no caso de ESO despois do comedor e da saída do transporte escolar.
HORARIO
O horario é diferente para os meses de xuño e setembro que para o resto do ano.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
5
De outubro a maio (ambos inclusive):
EDUCACIÓN
SECUNDARIA
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
10:30-11:20 1ª hora 10:30-11:20 1ª hora
11:20-12:10 2ª hora 11:20-12:10 2ª hora
12:10-12:30 RECREO 12:10-13:00 3ª hora
12:30-13:20 3ª hora 13:00-13:20 RECREO
13:20-14:10 4ª hora 13:20-14:10 4ª hora
14:10-14:30 COMEDOR 14:10-15:00 5ª hora
COMEDOR
15:35-16:25 6ª hora
16:25-17:15 7ª hora
EDUCACIÓN
INFANTIL E
PRIMARIA
LUNS MARTES MÉRCORES
A VENRES
10:30-11:20 1ª hora 10:30-11:25 1ª hora 10:30-11:30 1ª hora
11:20-12:10 2ª hora 11:25-12:20 2ª hora 11:30-12:30 2ª hora
12:10-12:30 RECREO 12:20-12:45 RECREO 12:30-13:00 RECREO
12:30-13:20 3ª hora 12:45-13:40 3ª hora 13:00-13:50 3ª hora
13:20-14:10 4ª hora 13:40-14:35 4ª hora 13:50-14:40 4ª hora
14:10-14:30 COMEDOR 14:35-15:35 COMEDOR 14:40-16:15 COMEDOR
15:35-16:25 5ª hora 16:15-17:15 5ª hora
16:25-17:15 6ª hora
Nos meses de xuño e setembro o horario do centro é o mesmo para as 3 etapas, aínda
que con distinta distribución horaria; entrada ás 10:00 horas, fin das clases ás 15:00
horas e comedor de 15:00 a 16:00 horas.
O horario de verán é de 10:00 a 13:00 horas.
INSTALACIÓNS
O centro conta con dous edificios, o de Infantil e Primaria, cunha antigüidade de 30 anos
e o ESO, que funciona dende 1999. A pesar de ser o de máis recente construción é o
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
6
edificio que presenta máis deficiencias, tanto na súa construción (filtracións de auga)
como na súa infraestructura, por exemplo carecendo de salón de actos.
Na planta baixa o centro conta con:
- Despachos do equipo directivo: Secretaría, Xefatura de Estudos e Dirección,
- baños (mulleres, homes e un adaptado)
- aula de tecnoloxía e
- aula de informática.
Na primeira planta ubícanse:
- Aula de música
- Baños para o alumnado de ESO
- 4 aulas de ESO
- Aula de Educación Infantil
- Laboratorio
- Arquivo
- Baños para o alumnado de infantil e primaria
- Ludoteca
- Comedor
- Patio interior de Infantil
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
7
Na segunda planta está:
- 3 aulas de primaria
- Aula de Pedagoxía Terapéutica
- Departamento de Orientación
- Sala de profesores/as
- Baños para o alumnado de Primaria
- Biblioteca
- Aula de pin-pon
- Aula de idiomas
- Aula de vídeo
- Departamentos de Secundaria.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
8
Tamén hai unha planta subterránea que se usa de almacén de material.
PROFESORADO
O cadro de profesorado está constituído por 15 profesores/as, aínda que pode haber
variacións nalgún curso académico:
1. Educación Infantil (1)
2. Educación Musical (1), que no actual curso 2016-17 está compartida co CEIP de
As Nogais.
3. Educación Física para Primaria e Infantil (1)
4. Lingua Estranxeira-Inglés para Infantil e Primaria (1)
5. Pedagoxía Terapéutica (1)
6. Ciencias Sociais (1)
7. Lingua Galega e Literatura (1)
8. Matemáticas (1)
9. Tecnoloxía (1), que imparte tamén Educación Plástica e Visual e TICs.
10. Lingua Estranxeira-Inglés (1) que tamen imparte Lingua Castelá e Literatura.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
9
11. Lingua Estranxeira-Francés (1) que tamén imparte Lingua Castelá e Literatura
12. Bioloxía e Xeoloxía/Física e Química (1)
13. Educación Física (1)
14. Relixión para ESO (1) que está compartida co CPI Plurilingüe de Navia de
Suarna.
15. Orientación (1) compartida co CPI Poeta Uxío Novoneyra de Seone do Courel.
ÓRGANOS DE GOBERNO
UNIPERSONAIS
Directora
Xefe de Estudos de Primaria
Xefe de Estudos de ESO
Secretario
COLEXIADOS
CLAUSTRO Composto por todo o profesorado do
centro
CONSELLO ESCOLAR
Directora
2 profesores (1 deles actúa como
secretario)
1 representante dos pais e nais
1 representante do ANPA
1 representante do alumnado
1 representante do Concello
COMISIÓN ECONÓMICA
Directora
Secretario
1 profesor que actúa como secretario
1 representante dos pais e nais
1 representante do alumnado
COMISIÓN DE CONVIVENCIA
Directora
Os 2 xefes de estudo
1 profesor que actúa como secretario
1 representante dos pais e nais
1 representante do alumnado
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
10
EQUIPOS DOCENTES
1 equipo de ciclo (Educación Infantil)
8 Departamentos didácticos
1 Departamento de Orientación composto por:
- Xefa do Departamento de Orientación
- Mestra de PT
- Titores/as de Primaria
- 2 profesores/as de ESO, 1 do ámbito lingüístico e 1 do científico-tecnolóxico.
1 CCP
1 Equipo de Dinamización da Lingua Galega composto por:
- Profesor/a coordinador
- 1 mestre
- 3 alumnos
- 1 PAS (Administrativa)
1 Equipo de actividades extraescolares e complementarias.
- Coordinador do EAEC
- Coordinadora da biblioteca
1 Equipo TIC.
O ALUMNADO
O alumnado pertence a tres etapas educativas diferentes, infantil, primaria e
secundaria repartidas nas seguintes unidades:
• 2 unidades en Primaria (aínda que na práctica funcionan como 1 unidade de
Infantil e 2 de Primaria)
• 4 unidades de ESO.
O número de alumnado nos últimos 5 anos oscila entre 35-40 alumnos/as.
PERSOAL NON DOCENTE
O centro conta con:
- Unha administrativa compartida co CPI Poeta Uxío Novoneyra de Seone do Courel.
- 1 cociñeira
- 2 membros do persoal de limpeza dependente do Concello.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
11
ANPA
O centro conta dende o curso actual 2016-17 con ANPA legalmente constituída.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
COMEDOR
O centro conta con comedor de xestión indirecta no que comen normalmente a
totalidade dos alumnos e alumnas. É un comedor de xestión indirecta, polo que tanto
persoal como a organización dos menús dependen dunha empresa adxudicaria. Nos
dous últimos anos a empresa é PROCOLE. O persoal está formado por unha cociñeira e
dous coidadores/as para primaria e ESO respectivamente. Dende os últimos cursos a
cociñeira figura tamén como coidadora de Educación Infantil, según o contrado coa
empresa, polo que se contaría con 3 coidadoras.
TRANSPORTE
O alumnado matriculado no centro normalmente é usuario do transporte escolar, neste
curso 16-17, só dous alumnos non o son porque non lles corresponde o centro por zona,
xa que residen en Vega de Valcarcel (León). Hai 4 liñas/transportes: 2 da empresa
MONBUS que transportan 4 e 19 alumnos/as cada un, un da empresa AUBESA que
transporta 8 alumnos/as e un conductor autónomo que fai a Ruta de Pintinidoira e leva
un alumno.
Durante o inverno o transporte adoita presentar unha serie de incidencias como
consecuencia da ubicación do centro na alta montaña lucense, tanto por neve como por
xeo.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
12
b.- Características do contorno social, cultural e
económico no que está situado e relacións con
institucións, organismos ou entidades para a
consecución dos obxectivos do centro O CPI Uxío Novoneira é un centro publico que foi creado no ano 1988 como colexio
público de EXB. No ano 1999 pasa a ser Centro Público Integrado (CPI). Está situado
nunha zona de montaña a 60 km da capital de Lugo e recolle alumnos e alumnas de
diferentes parroquias do concello, que acuden ao centro en transporte escolar. Aínda
que hai alumnado, que estando dentro da zona de escolarización do centro, pertencen
ao concello de As Nogais e nos últimos anos tamén se están escolarizando alumnos e
alumnas dos concellos de León próximos.
A vila de Pedrafita atópase ben comunicada coa capital da provincia grazas á autovía.
As parroquias de Pedrafita están comunicadas coa cabeza do concello por unha rede de
estradas e camiños estreitos con grandes pendentes e curvas debidas á orografía do
terreo que, xunto coa climatoloxía da zona (neves e xeadas durante varios meses)
presentan, na maior parte do ano, verdadeiras dificultades para o tránsito.
As principais actividades económicas son a gandería e a agricultura, xunto á actividade
turística, centrada no camiño de Santiago e no turismo rural.
O poder adquisitivo da maior parte da poboación é medio-baixo; o nivel cultural está
marcado pola situación económica, social e cultural das familias (estudos primarios) e
polo illamento no que se atopan as aldeas, con pouca facilidade de acceso a actividades
culturais como cine, exposicións, acontecementos culturais e artísticos, etc. xa que
teñen que desprazarse para iso.
Non existe biblioteca municipal e o concello conta cun só polideportivo, que utiliza o
centro educativo en horario lectivo e o concello fóra deste. Hai unha piscina descuberta,
polo que non pode ser utilizada máis aló do verán.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
13
Existe unha asociación sociocultural “Xistra” que se encarga de organizar actividades
culturais e de lecer: conferencias, cursiños de informática, de cociña,…, música, bailes
populares, etc.
O concello conta cun pequeno centro de saúde, onde consultan pola mañá médicos de
familia/xeneralistas e pola tarde hai un médico/a de garda e onde poden acudir os
alumnos/as se sofren algún percance.
Nos últimos anos o concello, afectando por conseguinte ao centro, rexistrou unha
baixada da natalidade.
Despois de anos sen ANPA, durante o curso 2016-17 volve a constituirse a ANPA do
centro coa finalidade de aumentar a participación das familias na vida do centro e a
oferta de actividades tanto complementarias como extraescolares do alumnado de cara
a unha formación integral.
c.- Características e necesidades específicas do
alumnado do centro As necesidades educativas a satisfacer son as seguintes:
- Compensar a situación de partida desfavorecida dunha parte do alumnado,
especialmente no relativo á súa contorna cultural, asegurando oportunidades para
todo o alumnado.
- Dotar ao alumnado dunha aprendizaxe funcional, base da adquisición das
competencias clave e dos obxectivos xerais de cada etapa. Unha aprendizaxe que os
e as forme como cidadás e cidadáns críticos e responsables, conscientes dos seus
dereitos e liberdades, tolerantes e solidarios. No caso da ESO esta aprendizaxe debe
servir de base para poder cursar estudos postobrigatorios ou para a súa
incorporación á vida laboral.
- Incentivar entre o alumnado o afán de superación, o esforzo para conseguir metas e
obxectivos, así como o gusto polo traballo ben feito.
- Fomentar unha aprendizaxe cada vez máis autónoma entre o alumnado a través da
ensinanza e emprego de técnicas de traballo intelectual (búsqueda de información,
esquemas, subliñados, etc.) e potenciar a creatividade.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
14
- Reducir o abandono e fracaso escolar entre o alumnado, aínda que nos últimos
cursos non hai alumnos/as que non rematen a etapa de ESO, agás aqueles que se
encamiñan cara a FP Básica (antes PCPI).
- Formar cidadanas e cidadáns comprometidos coa igualdade de oportunidades de
homes e mulleres, activos na loita contra a desigualdade por razóns de xénero que
permanece en moitos ámbitos.
- Formar cidadáns e cidadanas comprometidas coa lingua galega, que sexan quen de
valorala e utilizala con normalidade en calquera ámbito e eliminando os prexuizos
existentes na sociedade.
Capítulo II: As sinais de identidade do centro
(¿Quen somos?)
a.- Características singulares do centro
O CPI Uxío Novoneira é un centro de alta montaña que presenta unhas características
propias deste tipo de centros:
- Asistencia do alumnado no inverno condicionada á cl imatoloxía : debido ás
nevadas e xeadas propias do inverno nesta zona, así como á rede de estradas estreitas
e con numerosas curvas que separan unha boa parte dos domicilios do alumnado do
centro, hai días en que a asistencia é escasa ou incluso chegan a suspenderse as
clases, polo que o centro ten que buscar canles alternativas de comunicación con
alumnado e familias para non perder a continuidade no traballo educativo: correo
electrónico, páxina web, tarefas programadas para días de neve e suspensión de clases,
etc.
- Número decrecente de alumnado : aínda que parece manterse estable nos últimos
anos. Condiciona grupos de varios niveis na Educación Infantil e Primaria, multiplicando
a diversidade de intereses e necesidades de cada grupo, xa que non só dependen das
características individuais senón tamén das características propias de cada idade/curso.
Por outro lado, en Secundaria o limitado número de alumnado condiciona o tipo de
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
15
actividades, por exemplo é complicado traballar en grupo, e recorta a parte
enriquecedora da diversidade.
- Oferta limitada de actividades deportivas, lúdicas e educativas na localidade para
contribuír a unha formación integral do alumnado. O alumnado ten que desprazarse a
outras localidades ou ben renunciar a outras actividades que melloren a súa
socialización e formación. Coa formación da ANPA este curso 2016-2017 parece que
isto pode verse modificado.
- A presenza do castelán como lingua vehicular é escasa, a maioría do alumnado é
galegofalante , aínda que presenta numerosos castelanismos.
- Escasa participación das familias na vida do centro , aínda que nos últimos anos
viuse aumentada lixeiramente. A ganadería como actividade presente en boa parte das
unidades familiares, así como as distancias dos domicilios non son factores
favorecedores.
- O horario do centro non favorece o repaso na casa nin a realización de actividades
para reforzar os contidos traballados na aula; tampouco potencia a participación noutras
actividades que completen a formación xa que a saída ás 17:15 horas leva a que algúns
alumnos/as cheguen ás 18 horas ás súas casas. No caso de parte do alumnado de
Secundaria ademais debe axudar ao chegar en tarefas propias da gandaría e da
agricultura.
- Convivencia de tres etapas educativas : aínda que non parece un factor
condicionador do proceso de ensinanza/aprendizaxe si inflúe sobre aspectos como
actividades extraescolares e complementarias que poidan ir orientadas e ser
interesantes para un amplo abano de idades, as relacións durante a adolescencia e a
convivencia entre sexos que é necesario coidar aínda máis neste contexto, etc.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
16
b.- Valores e principios VALORES
Pluralismo
Educarase ao alumnado para vivir nunha sociedade plural sen exclusión de ninguén por
razón de sexo, relixión, orixe, ideoloxía, nivel económico ou calquera outra característica
persoal ou social.
Tolerancia e solidaridade
Transmitirase a aceptación da diferencia como elemento propio da identidade, a empatía
ou capacidade de poñerse no lugar do outro/a, a preocupación polos demais, a
colaboración, a xenerosidade e a axuda.
Convivencia pacífica
Facilitando ferramentas para unha solución pacífica e constructiva dos conflitos.
Igualdade de xénero
Como piar fundamental da convivencia e da xustiza social. Fomentarase a implicación
de todos os membros dos diferentes sectores da comunidade educativa na loita activa
contra a desigualdade e a violencia de xénero.
Respecto polos dereitos humanos e os valores democr áticos
Transmitirase os valores propios dunha sociedade democrática: respecto por un mesmo
e polos demais, sentido da liberdade ligado ao exercicio da responsabilidade, a
solidariedade, o respecto á xustiza, a satisfacción polo traballo ben feito e o interese pola
participación na mellora da sociedade.
Valoración do esforzo e educación como un proceso i ntegral
Como medio para conseguir os obxectivos propostos e acadar a propias metas, tanto no
caso do alumnado como do resto da comunidade educativa.
Respecto ao medio natural e patrimonio cultural
Especialmento o medio e o patrimonio cultural galegos.
PRINCIPIOS
• Atención ao alumnado
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
17
O alumnado é o protagonista da aprendizaxe
• Aconfensionalidade
O centro respectará a pluralidade ideolóxica.
• Lingua de aprendizaxe
A lingua galega como lingua propia da nosa comunidade, é a lingua oficial do centro.
• Profesionalidade
Interese e traballo para estar ao día nos avances no campo educativo para ofrecer a
mellor resposta ao alumnado.
• Calidade
Na atención a todo o alumnado e en todos os procesos de ensino.
• Equidade
Igualdade de oportunidades compensando as desigualdades existentes de tipo persoal,
cultural, económico ou social, asegurando a INCLUSIÓN EDUCATIVA.
• Participación e responsabilidade
Na vida e no funcionamento do centro para formar cidadáns e cidadanas críticas e
comprometidas cos valores democráticos e coa defensa dos máis febles, rexeitando as
inxustizas, as desigualdades, a guerra, o deterioro do medio, etc.
• Coeducación
Traballando pola eliminación de calquera tipo de discriminación por razón de xénero e
pola superación dos estereotipos e roles tradicionais asociados a cada sexo.
• Interacción co medio
O centro, na medida do posible, estará aberto á comunidade que o rodea. Ademais
partirá do coñecemento do medio no que está inserto para analizalo críticamente coa fin
de promover os cambios que contribúan a melloralo.
• Xestión institucional democrática
Participación real e efectiva de todos os sectores da comunidade educativa no
funcionamento do centro a través de diferentes canles e dos órganos de coordinación e
participación.
c.- Os obxectivos para dar resposta ás necesidades
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
18
• Desenvolver as capacidades do alumnado mediante unha formación
individualizada que propicie unha formación integral en todos os ámbitos da vida,
persoal, afectiva, social e profesional.
• Adquirir hábitos e técnicas de traballo, así como coñecementos, habilidades e
destrezas de diversos tipos: científicos, técnicos, históricos, etc. que lles permitan
“aprender a aprender”.
• Fomentar o desenvolvemento das capacidades creativas e do espírito crítico.
• Favorecer a efectiva igualdade de dereitos entre as persoas e o rexeitamento
de calquera tipo de discriminación inculcando hábitos de comportamento
democrático.
• Fomentar a convivencia democrática entre todos os membros da comunidade
educativa , a través da participación responsable, o pluralismo, a tolerancia, a
aceptación mutua, etc.
• Preparar ao alumnado para participar activa e criticamente na vida social e
cultural do centro e da sociedade da que forma parte.
• Capacitar ao alumnado para o exercicio de actividades profesionais e de
habilidade para a vida.
• Formar no respecto á pluralidade lingüística e cultural e na defensa da súa
realidade social, lingüística, artística e natural.
• Fomentar o gusto pola lectura.
• Fomentar habilidades de diálogo como medio para a resolución pacífica e
construtiva dos conflitos, antes que a sanción como método para facelo.
d.- Prioridades de actuación
� Compensación das desigualdades
Aplicaranse as medidas necesarias para asegurar a igualdade de oportunidades de
todo o alumnado independientemente da orixe, entorno, recursos, capacidades, etc.
� Atención á diversidade
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
19
Ofrecendo a resposta educativa que permita o máximo desenvolvemento das
capacidades de cada alumno/a.
� Reforzar a aprendizaxe de técnicas instrumentais e fomentar a lectura.
� Preparación para os retos da sociedade da informaci ón e do coñecemento
A finalidade é preparar ao alumnado para unha sociedade en continuo cambio, na
que non so hai que buscar a información axeitada, senón procesala e crear novo
coñecemento a partir dela.
� Eliminación de prexuízos lingüísticos
� Fomentar a colaboración e implicación das familias na tarefa educativa.
Contactarase coas familias tanto a través de reunións grupais como de xeito
individual, para intercambiar información e establecer actuacións conxuntas e
coherentes con cada alumno/a. Promoverase o uso da axenda como documento
de planificación do traballo para o alumno/a e de comunicación entre centro e
familia de forma cotiá. Tamén será clave impulsar o uso da páxina web como
instrumento e medio para o intercambio de información entre familias e centro.
Fomentarase que as familias coñezan os documentos do centro.
� Formación en linguas estranxeiras
Dadas as necesidades do mundo laboral e a constante mobilidade dos cidadáns e
traballadores.
e.- Recursos educativos 1. Recursos materiais:
• Materiais impresos: libros (do alumnado, da biblioteca de aula, da
biblioteca do centro), fotocopias, revistas, xornais,...
• Material deportivo e de psicomotricidade.
• Material de refugallo: cartolinas, pinturas, rotuladores, xices, papel
continuo, de celofán,...
• Materiais de laboratorio.
• Materiais audiovisuais: televisión, DVD, reproductores de música en
diferentes formatos, instrumentos musicais, etc.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
20
2. Seccións bilingües : o centro conta con 6 seccións bilingües, 3 en Primaria (1º a
3º en Plástica) e 3 en ESO (2º a 4º en Tecnoloxía) que aumentan a competencia
lingüística e comunicativa do alumnado e dotando de funcionalidade á
aprendizaxe dunha lingua estranxeira.
3. Departamento de Orientación : estará integrado pola Xefa/e do Departamento
(Orientador/a), polos titores/as de Infantil e Primaria, pola mestra/e de Pedagoxía
Terapéutica e polo profesorado que represente o ámbito lingüístico e o científico
de ESO. Está compartido co CPI Poeta Uxío Novoneyra de Seoane do Courel
polo que so está presente no centro 3 días á semana pero resulta un elemento
vertebrador da atención á diversidade, na potenciación da educación en valores,
na coordinación das titorías e na prevención das dificultades no proceso de
ensinanza e aprendizaxe.
4. TICs: cada aula na que habitualmente está un grupo-clase está dotada cun pack
multimedia composto de encerado dixital con proxector e portátil. Algunhas aulas
incluso contan con ordenadores para o uso do alumnado. Ademais no centro hai
un aula de informática con 10 ordenadores (aproximadamente) e cun aula para a
proxección de vídeo.
5. Biblioteca de centro : como recurso clave no fomento da lectura, da investigación
e na búsqueda e tratamento da información, pilares fundamentais da competencia
lingüística.
6. Oferta de itinerarios na Educación Secundaria : aínda que a redución de
profesorado non permite a oferta completa dos itinerarios que marca a LOMCE,
cada curso en función das preferencias e necesidades do alumnado ofertaranse
as materias optativas que permitan satisfacelas en maior medida, tendo en conta
as horas lectivas do profesorado. No caso da materia de Matemáticas, nas súas
opcións académicas e aplicadas, será ofertada nunha soa, ao contar cun único
profesor/a para esta área.
Non sempre se poderá dar resposta a todas ás preferencias do alumnado pero os
criterios que primarán para a toma de decisións serán:
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
21
� Alumnado con todas as materias aprobadas en xuño: as súas preferencias
serán prioritarias con respecto ao alumnado con materias pendentes para
setembro.
� Número de alumnado que elixe unha opción: aquelas que son elexidas por
un menor número de alumnos non serán ofertadas senón hai horas dispoñibles
entre o profesorado.
O alumnado que se incorpore ao longo do curso unha vez organizados os
horarios e os grupos, adaptarase á oferta formativa do centro.
Capítulo III: A concreción dos currículos
(¿Que queremos?)
Os aspectos curriculares xerais:
1.- A adecuación dos obxectivos
A educación infantil contribuirá a desenvolver nas nenas e nenos as capacidades que
lles permitan:
a) Coñecer o seu propio corpo e o dos outros, as súas posibilidades de acción e
aprender a respectar as diferenzas.
b) Observar e explorar o seu entorno familiar, natural e social.
c) Adquirir progresivamente autonomía nas súas actividades habituais.
d) Desenvolver as súas capacidades afectivas.
e) Relacionarse cos demais e adquirir progresivamente pautas elementais de
convivencia e relación social, así como exercitarse na resolución pacífica de conflitos.
f) Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
22
g) Iniciarse nas habilidades lóxico-matemáticas, na lecto-escritura e no movemento, o
xesto e o ritmo.
A educación primaria contribuirá a desenvolver nos nenos e nenas as capacidades que
lles permitan:
a) Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar
dacordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os
dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática.
b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de
responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido
crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e
espíritu emprendedor.
c) Adquirir habilidades para a prevención e para a resolución pacífica de conflitos, que
lles permitan desenvolverse con autonomía no ámbito familiar e doméstico, así coma
nos grupos sociais cos que se relacionan.
d) Coñecer, comprender e respectar as diferentes culturas e as diferenzas entre as
persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non
discriminación de persoas con discapacidade.
e) Coñecer e utilizar de forma apropiada a lingua castelá e a galega e desenvolver
hábitos de lectura.
f) Adquirir en, polo menos, unha lingua estranxeira a competencia comunicativa básica
que lles permita expresar e comprender mensaxes sinxelas e desenvolverse en
situacións cotiás.
g) Desenvolver as competencias matemáticas básicas e iniciarse na resolución de
problemas que requiran a realización de operacións elementais de cálculo,
coñecementos xeométricos e estimacións, así como ser capaces de aplicalos ás
situacións da súa vida cotiá.
h) Coñecer os aspectos fundamentais das Ciencias da Natureza, as Ciencias Sociais, a
Xeografía, a Historia e a Cultura.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
23
i) Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e a
comunicación desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e
elaboran.
j) Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción
de propostas visuais e audiovisuais.
k) Valorar a hixiene e a saúde, aceptar o propio corpo e o de outros, respectar as
diferenzas e utilizar a educación física e o deporte como medios para favorecer o
desenvolvemento persoal e social.
l) Coñecer e valorar os animais máis próximos ao ser humano e adoptar modos de
comportamento que favorezan o seu coidado. Nas súas relacións cos demais, así
como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos
estereotipos sexistas.
m) Fomentar a educación vial e actitudes de respecto que incidan na prevención dos
accidentes de tráfico.
A educación secundaria obrigatoria contribuirá a desenvolver no alumnado as
capacidades que lles permitan:
a) Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos
no respecto aos demais, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidaridade entre
as persoas e grupos, exercitarse no diálogo afianzando os dereitos humanos como
valores comúns dunha sociedade plural e prepararse para o exercicio da cidadanía
democrática.
b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudio e traballo individual e en
equipo como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da
aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.
c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e
oportunidades entre eles. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre
homes e mulleres.
d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e
nas relacións cos demais, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo,
os comportamentos sexistas e resolver pacificamente os conflitos.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
24
e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información para, con
sentido crítico, adquirir novos coñecementos. Adquirir unha preparación básica no
campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.
f) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en
distintas disciplinas, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os
problemas nos diversos campos do coñecemento e da experiencia.
g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o
sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender,
planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.
h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua Castelá
e Galega, textos e mensaxes complexos, e iniciarse no coñecemento, a lectura e o
estudio da literatura.
i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas extranxeiras de forma apropiada.
j) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e a historia propias e
dos demais, así como o patrimonio artístico e cultural.
k) Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e dos outros, respectar as
diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais e incorporar a educación
física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemenro persoal e social.
Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade.
Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado
dos seres vivos e o medio ambiente, contribuíndo á súa conservación e mellora.
l) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das distintas manifestacións
artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación.
2.- As decisións de carácter xeral sobre a metodolo xía O centro baseará a súa liña metodolóxica nos seguintes principios:
• A participación activa do alumnado na súa formación.
• O estímulo das capacidades de crítica, autocrítica, autonomía, responsabilidade,
toma de decisións responsable, etc.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
25
• Partirase do nivel de desenvolvemento do alumnado e dos seus coñecementos
previos para asegurar a construción de aprendizaxes significativas.
• A funcionalidade das aprendizaxes, intentando que poidan ser utilizadas en
situacións reais nas que o alumno/a as necesite.
• Aprendizaxes motivadoras para o alumnado proporcionándolle situacións de
aprendizaxe que teñan sentido na súa vida.
• A orde e a disciplina son necesarios para a vida e o traballo académico.
• A boa coordinación e o dinamismo entre o profesorado.
• A atención á diversidade de capacidades, motivacións e intereses.
• A avaliación sistemática de todos os procesos implicados na tarefa docente:
práctica docente, relación profesorado-alumnado, libro de texto, actividades tanto
escolares como extraescolares e complementarias, …
3.- A incorporación transversal da educación en
valores En todas as áreas traballarase de forma transversal os seguintes contidos:
• Comprensión lectora , como queda reflectido nos Plans de Lectura Anuais e de
forma máis xeral no Plan Lector, na organización, implicación de todo o
profesorado e posta en marcha da “Hora de Ler”, etc.
• Expresión oral e escrita , que figura como un dos aspectos primordiais a traballar
na PXA de cada curso, a través da actividades diarias da aula, a participación en
actividades complementarias que inclúen obras de teatro e recitais, concursos de
expresión escrita, etc.
• Comunicación audiovisual e as TICs , xa que cada profesor/a dispón dos
medios e recursos necesarios en cada aula para poder levar a cabo actividades
que potencien a comunicación audiovisual. O equipo directivo promoverá e
facilitará a formación continua do profesorado sobre este aspecto, especialmente
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
26
polo seu constante e progresivo avance e polo seu potencial para a atención á
diversidade do alumnado.
• Emprendemento : fomentarase o traballo en equipo para a toma de decisións
conxunta o traballo coordinado e consensuado dacordo coas esixencias da
sociedade actual, especialmente de cara ao mundo laboral.
• Educación cívica e constitucional . A educación en valores é un dos pilares
fundamentais da formación que pretende ofrecer o centro, especialmente a
igualdade entre homes e mulleres, a non discriminación por raza, clase social,
sexo ou calquera outra condición, o respecto e a mellora do medio ambiente e
unha valoración crítica dos hábitos sociais e dos hábitos de consumo.
4.- Os criterios xerais do centro sobre avaliación,
promoción e titulación Os criterios e estándares de avaliación do alumnado serán os recollidos no DECRETO
105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria e
no DECRETO 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación
secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado será inicial, continua, formativa e
integradora.
Realizarase unha avaliación inicial do alumnado durante o primeiro mes do curso, ou
no seu caso durante o primeiro mes dende a chegada do alumno/a ao centro, coa
finalidade de adaptar o proceso de ensinanza e aprendizaxe ás necesidades do
alumnado, intereses, coñecementos previos, etc.
No proceso de avaliación continua , cando o progreso dun alumno ou unha alumna non
sexa o adecuado, estableceranse medidas de reforzo educativo. Estas medidas
adoptaranse en calquera momento do curso, tan pronto como se detecten as
dificultades, e estarán dirixidas a garantir a adquisición das competencias
imprescindibles para continuar o proceso educativo.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
27
A avaliación das aprendizaxes dos alumnos e das alumnas terá un carácter formativo e
será un instrumento para a mellora tanto dos procesos de ensino como dos procesos de
aprendizaxe.
A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado deberá ser integradora , e deberá
terse en conta desde todas as materias a consecución dos obxectivos establecidos para
a etapa e do desenvolvemento das competencias correspondente. O carácter integrador
da avaliación non impedirá que o profesorado realice de xeito diferenciado a avaliación
de cada materia tendo en conta os criterios de avaliación e os estándares de
aprendizaxe de cada unha delas.
Todos os equipos e departamentos didácticos seguerán as seguintes indicacións con
respecto á avaliación do alumnado:
1.- Con respecto ás programacións didácticas :
� Os criterios de avaliación relacionaranse directamente cos estándares de aprendizaxe,
que non son máis que concrecións dos propios criterios - eses estándares de
aprendizaxe conectaranse coas competencias clave - os criterios de avaliación
describirán o que se pretende lograr en cada disciplina (neste sentido, os contidos non
son máis que os medios para alcanzalos)
� Nas programacións explicaranse claramente os procedementos e os instrumentos de
avaliación, así como os criterios de cualificación que permitan avaliar tanto os resultados
da materia como o nivel competencial alcanzado polos alumnos e as alumnas.
� Nas programacións explicarase con claridade o procedemento para recuperar as
partes suspensas das materias cursadas nese momento, así como os procedementos,
instrumentos de avaliación e criterios de cualificación para levalo a cabo.
2.- Con respecto á información ao alumnado e aos se us pais, nais, titores e titoras
legais :
� Os Xefes e Xefas de Departamento en ESO e os titores/as en Infantil e Primaria
responsabilizaranse de que todo o alumnado e os seus responsables legais coñecen
cales serán os procedementos e instrumentos de avaliación, así coma os criterios de
cualificación das materias impartidas por ese departamento.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
28
� Aseguraranse tamén de que o alumnado con materias pendentes coñece o
procedemento para recuperalas
3.- Con respecto aos momentos e tipos de avaliación :
� Farase sempre unha avaliación inicial do alumnado no primeiro mes do curso.
� Ao longo do curso a avaliación será continua e formativa. A súa función principal,
lonxe da de simplemente cualificar ao alumnado, será a detección das deficiencias na
aprendizaxe do propio alumno ou alumna, para que poida solucionalas e subsanalas.
� Informarase aos pais, nais, titores e titoras legais dos progresos do alumno ou alumna.
Esta información será dada como mínimo a través dos tres boletíns de cualificacións ao
final de cada trimestre, pero atenderase aos responsables legais sempre que estes o
demanden, para facilitarlles información sobre o proceso educativo do seu fillo ou filla en
calquera momento do curso.
4.- Con respecto aos procedementos e instrumentos d e avaliación :
� Utilizarase, na medida do posible unha variedade suficiente de procedementos e
instrumentos de avaliación en cada materia ou módulo, co fin de poder avaliar os
diferentes tipos de aprendizaxe e as diferentes competencias clave ou profesionais.
CRITERIOS XERAIS DE PROMOCIÓN
As decisións sobre a promoción de curso de un alumno ou alumna serán adoptadas de
xeito colexiado polo conxunto de profesores e profesoras do alumno ou alumna.
O alumnado promocionará de curso cando teña avaliación negativa en dúas materias
como máximo, e repetirá curso cando teña avaliación negativa en:
• tres ou máis materias
• soamente en dúas materias, cando estas sexan de forma simultánea:
a) Lingua castelá e literatura e Matemáticas
b) Lingua galega e literatura e Matemáticas
De xeito excepcional, autorizarase a promoción dun alumno ou alumna con avaliación
negativa en tres materias, cando se dean conxuntamente as seguintes condicións:
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
29
a) que dúas das materias con avaliación negativa non sexan simultaneamente unha das
linguas e literaturas (galega ou castelá) e Matemáticas
b) que o equipo docente considere que a natureza das materias con avaliación negativa
non impide ao alumno ou alumna seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas
favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución académica.
c) Que se lle apliquen ao alumno ou á alumna as medidas de atención educativa
propostas no consello orientador no caso do alumnado de ESO.
Autorizarase de xeito excepcional a promoción dun alumno ou alumna con avaliación
negativa en dúas materias que sexan de forma simultánea Lingua castelá e literatura e
Matemáticas, ou Lingua galega e literatura e Matemáticas, cando o equipo docente
considere que o alumno ou alumna pode seguir con éxito o curso seguinte, que ten
expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución
académica. Esta decisión competerá única e exclusivamente ao profesorado que
imparte clase a ese alumno ou alumna, e para tomala analizará as circunstancias
individuais do alumno ou alumna, sen ter en conta outras consideracións. A estes
efectos, as materias coa mesma denominación en diferentes cu rsos da Educación
Secundaria Obrigatoria consideraranse como materias distintas.
De xeito xeral o alumnado só poderá permanecer unha ano máis no mesmo curso
unha vez en Educación Infantil, unha en Primaria e dúas en Secundaria e SEMPRE
seguindo un programa para a recuperación e a mellor a dos resultados.
CRITERIOS XERAIS DE TITULACIÓN
Para obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria cumprirá a
superación da avaliación final regulada no RD 310/2016, de 29 de xullo polo que se
regulan as avaliacións finais de ESO e bacherelato, así como unha cualificación final
desta etapa igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
A cualificación final da educación secundaria obrigatoria deducirase da seguinte
ponderación:
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
30
a) Cun peso do 70 %, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das
materias cursadas en educación secundaria obrigatoria.
b) Cun peso do 30 %, a nota obtida na avaliación final da educación secundaria
obrigatoria
Para poder presentarse a esta proba o alumnado debe obter avaliación positiva en
todas as materias da etapa ou ben negativa nun máximo de dúas materias, sempre que
non sexan simultaneamente unha das linguas cooficiais e matemáticas.
2. No título deberá constar a opción ou as opcións polas que se realizou a avaliación
final, así como a cualificación final da educación secundaria obrigatoria.
4. Os alumnos e as alumnas que cursen a educación secundaria obrigatoria e non
obteñan o título ao que se refire este artigo recibirán unha certificación con carácter
oficial e validez en toda España.
5.- Os aspectos xerais para a elaboración das
programacións didácticas Cada Departamento/Equipo elaborará a súa programación para cada curso que será
entregada no primeiro mes de cada curso escolar ao xefe/a de estudos da etapa
correspondente.
As programacións didácticas de Primaria deberán incluír os seguintes puntos:
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
31
ASPECTOS XERAIS DA PROGRAMACIÓN
CONCEPTOS CLAVE DA PROGRAMACIÓN
CONTEXTO
Características do centro e do alumnado.
Obxectivos adaptados ao contexto
SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN
Secuenciar e temporalizar os contidos por unidades e /ou proxectos
RELACIONAR PARA CADA UNIDADE:
Contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares
Grao mínimo de consecución
Peso na cualificación
Instrumentos de avaliación
Temas transversais
METODOLOXÍA DIDÁCTICA:
Estratexias metodolóxicas
Outras decisións metodolóxicas: agrupamentos, tempos, espazos, materias, recursos
AVALIACIÓN
Avaliación inicial
Procedemento para a avaliación inicial
Avaliación continua
Procedemento para a avaliación continua : Número e tipo de exames e outras probas a valorar
Criterios de cualificación: Valoración dos exames, traballo diario, interese na aula, etc.
Elaboración da nota media
Recuperación dunha proba ou exame
Recuperación dunha avaliación
OUTRAS AVALIACIÓNS
Avaliación do proceso de ensino e da práctica docen te
Indicadores de logro da planificación e do proceso de ensino
Indicadores de logro da práctica docente
Avaliación da programación didáctica
Indicadores de logro sobre a programación didáctica
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Medidas ordinarias: Organizativas e curriculares
Medidas extraordinarias: Organizativas e curriculares
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
Referencia ás actividades complementarias e extraescolares recollidas na PXA.
DATOS DO EQUIPO DE NIVEL/DEPARTAMENTO
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634
� 982870635 [email protected]
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
32
No caso das programacións de ESO no apartado de AVALIACIÓN tamén incluirán:
AVALIACIÓN FINAL DE ESO:
• Quen debe ir á avaliación final?
• En que consistirá a proba?
• Que estándares sa van a avaliar?: os das avaliacións pendentes, todos, …
• Como se elabora a cualificación final?: Ponderación, redondeos, etc?
• Que criterios segue o centro para a promoción?
MATERIAS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES
• Procedemento para o seguimento e avaliación das materias pendentes: Traballo, probas, etc.
• Criterios de cualificación: valoración de traballos, probas escritas, outras.
Capítulo V: Xestión económica (¿Como nos
financiamos?)
Proxecto de xestión co plan de accións para a
obtención de recursos complementarios
Unha vez recibida a información dende a Consellería sobre o orzamento anual, o
secretario/a do centro elaborará un Proxecto de Orzamento cunha periodicidade anual
no que autorizará os gastos para cada Departamento/Equipo.
Será o encargado/a de custodiar as facturas e todo tipo de documentación económica,
así como de manter actualizada a Conta do Centro.
Ao rematar o exercicio económico elaborará o informe de Xustificación de Gastos que
deberá ser presentado á dirección do centro.
O director/a aprobará o Proxecto de Orzamento, así como a Xustificación de Gastos e
será responsable de envialo á Inspección como parte da PXA do centro e da Memorial
Anual respectivamente. Informarase así mesmo á Comisión Económica do consello
Escolar.
O centro non conta con Plan de Acción para a Obtención de Recursos
Complementarios.