para as nosas nenas e nenos de 5º. sociais e ... › centros › ceipramonsagra › ?q=system ›...

5
PARA AS NOSAS NENAS E NENOS DE 5º. Ola de novo a todas e todos!! Como vos vai? Axudades na casa? E que tal as tarefas vosas? Hoxe mandamos algunha máis. Lembrade que debedes intentar facelas vós, sen agobiar ás familias, de acordo? A ver: facemos reconto. SOCIAIS E NATURAIS Que tal eses mapas? Seguramente xa non hai provincia nin comunidade que se vos resista, verdade? Pois imos cambiar un pouco de tema: neste mesmo documento achegamos imaxes cos principais ósos e músculos do noso corpo. Es quen de aprendelos todos??? Por suposto que si! Verás que tamén hai imaxes nas que faltan os nomes. Son para que os poñas ti. Non é necesario que as imprimas; podes facer listados verticais nunha folla e logo contas os teus acertos. Tamén achegamos este enlace a un vídeo , sinxelo e claro, sobre o aparato locomotor. E cando te canses de tanto óso, podes comezar cos mapas físicos de España: os mares, principais ríos, cordilleiras e depresións ... MATEMÁTICAS Se xa fixeches as fichas que achegamos o día 17 e non tiveches problema, podes agora intentalo coas que poñen AA no recadro superior da dereita. Lembra: Unidades 2, 3, 4 e 5. Son un pouco máis complicadas, así que, non te preocupes se algo se che resiste. Fai as actividades que poidas, sen agobios. E, para traballar en matemáticas dun xeito máis divertido, aquí vai unha páxina chea de retos. As solucións están ao final, pero non fagas trampas, eh! Se as fas, deixa de ser divertido. Intenta resolver un u dous cada día e comprobar só a solución deses que fixeches. LENGUA, LINGUA, PLÁSTICA Continúa coas Lecturas e fichas de comprensión lectora. Intenta responder con frases ben elaboradas; non o fagas de calqueira forma. Son quince, polo que aínda deberías ter material. Que tal a túa Caixa de vida? E o libro de Quéresme, quérote? Lembra ir amodo e poñer todo o teu esmero nos textos en na parte plástica. Tamén que podes facelos con tantos obxectos ou páxinas como queiras. Aproveita para reler eses teus libros favoritos ... os libros teñen moitas vidas. Seguiremos en contacto con vós. Aí vos vai unha aperta ben forte. Podes sentila???

Upload: others

Post on 27-Jun-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PARA AS NOSAS NENAS E NENOS DE 5º. SOCIAIS E ... › centros › ceipramonsagra › ?q=system › files...PARA AS NOSAS NENAS E NENOS DE 5º. Ola de novo a todas e todos!! Como vos

PARA AS NOSAS NENAS E NENOS DE 5º.

Ola de novo a todas e todos!! Como vos vai? Axudades na casa? E que tal as tarefas

vosas? Hoxe mandamos algunha máis. Lembrade que debedes intentar facelas vós, sen

agobiar ás familias, de acordo?

A ver: facemos reconto.

SOCIAIS E NATURAIS

Que tal eses mapas? Seguramente xa non hai provincia nin comunidade que se vos

resista, verdade? Pois imos cambiar un pouco de tema: neste mesmo documento

achegamos imaxes cos principais ósos e músculos do noso corpo. Es quen de

aprendelos todos??? Por suposto que si! Verás que tamén hai imaxes nas que faltan os

nomes. Son para que os poñas ti. Non é necesario que as imprimas; podes facer

listados verticais nunha folla e logo contas os teus acertos. Tamén achegamos este

enlace a un vídeo, sinxelo e claro, sobre o aparato locomotor. E cando te canses de

tanto óso, podes comezar cos mapas físicos de España: os mares, principais ríos,

cordilleiras e depresións ...

MATEMÁTICAS

Se xa fixeches as fichas que achegamos o día 17 e non tiveches problema, podes agora

intentalo coas que poñen AA no recadro superior da dereita. Lembra: Unidades 2, 3, 4

e 5. Son un pouco máis complicadas, así que, non te preocupes se algo se che resiste.

Fai as actividades que poidas, sen agobios. E, para traballar en matemáticas dun xeito

máis divertido, aquí vai unha páxina chea de retos. As solucións están ao final, pero

non fagas trampas, eh! Se as fas, deixa de ser divertido. Intenta resolver un u dous

cada día e comprobar só a solución deses que fixeches.

LENGUA, LINGUA, PLÁSTICA

Continúa coas Lecturas e fichas de comprensión lectora. Intenta responder con frases

ben elaboradas; non o fagas de calqueira forma. Son quince, polo que aínda deberías

ter material.

Que tal a túa Caixa de vida? E o libro de Quéresme, quérote? Lembra ir amodo e poñer

todo o teu esmero nos textos en na parte plástica. Tamén que podes facelos con

tantos obxectos ou páxinas como queiras. Aproveita para reler eses teus libros

favoritos ... os libros teñen moitas vidas.

Seguiremos en contacto con vós. Aí vos vai unha aperta ben forte. Podes sentila???

Page 2: PARA AS NOSAS NENAS E NENOS DE 5º. SOCIAIS E ... › centros › ceipramonsagra › ?q=system › files...PARA AS NOSAS NENAS E NENOS DE 5º. Ola de novo a todas e todos!! Como vos

Músculos e máis músculos.

Page 3: PARA AS NOSAS NENAS E NENOS DE 5º. SOCIAIS E ... › centros › ceipramonsagra › ?q=system › files...PARA AS NOSAS NENAS E NENOS DE 5º. Ola de novo a todas e todos!! Como vos

Ósos ... duros de roer!

Page 4: PARA AS NOSAS NENAS E NENOS DE 5º. SOCIAIS E ... › centros › ceipramonsagra › ?q=system › files...PARA AS NOSAS NENAS E NENOS DE 5º. Ola de novo a todas e todos!! Como vos

PARA PRACTICAR

Page 5: PARA AS NOSAS NENAS E NENOS DE 5º. SOCIAIS E ... › centros › ceipramonsagra › ?q=system › files...PARA AS NOSAS NENAS E NENOS DE 5º. Ola de novo a todas e todos!! Como vos