orientacións alumnado 6º

2
Instituto de Educación Secundaria 15027976 Poeta Añón Rúa Poeta Añón 21, 15230 A Serra de Outes Tfno/Fax: 981850637 Correo elec: [email protected] CONSELLOS PARA TRIUNFAR NA ESO AMBIENTE DE ESTUDO E TRABALLO: -Estuda sempre no mesmo sitio e á mesma hora. Procura facelo solo/a, sen pais nin irmáns. -Estrutura o teu cuarto de estudo da seguinte forma: mesa ampla, cadeira con respaldo, lámpada de mesa, temperatura agradable (22º), habitación ventilada, materiais necesarios á man. -Non teñas preto cousas que che distraian (mp3, móbil, Tuenti, Facebook …) -Non estudes tumbado /a na cama ou no sofá: dificulta a activación cerebral e decae a atención. HÁBITOS DE ESTUDO: -Planifica o teu traballo diario. TÓDOLOS días terás que facer algo: tarefas, esquemas, actualizar apuntes, estudar ….) Fai un cuadrante diario repartindo as tarefas e os descansos. - Fai primeiro as actividades máis difíciles, aquelas nas que precises máis atención e deixa as máis sinxelas para o final, xa que estarás máis canso. -Estuda en tempos de 50 minutos sen levantarte e vai intercalando descansos de 5 minutos para non perder a concentración. -Estuda durante todo o trimestre e non só cando se acerquen os exames. -Realiza as tarefas de estudo antes de ver a TV, saír, ou estar en internet. -Almorza ben cada mañá. Deber durmir 8 horas ao día para estar descansado/a. EN CLASE: -Atende en clase e concéntrate no que estás facendo. -Toma sempre os teus apuntes e fai esquemas dos temas que teñas que estudar.

Upload: lucia-neira

Post on 11-Mar-2016

221 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Orientacións para a transición do alumnado de 6º E. Primaria á ESO

TRANSCRIPT

Page 1: Orientacións alumnado 6º

Instituto de Educación Secundaria 15027976Poeta AñónRúa Poeta Añón 21, 15230 A Serra de OutesTfno/Fax: 981850637 Correo elec: [email protected]

CONSELLOS PARA TRIUNFAR NA ESO

AMBIENTE DE ESTUDO E TRABALLO:-Estuda sempre no mesmo sitio e á mesma hora. Procura facelo solo/a, sen pais nin irmáns. -Estrutura o teu cuarto de estudo da seguinte forma: mesa ampla, cadeira con respaldo, lámpada de mesa, temperatura agradable (22º), habitación ventilada, materiais necesarios á man.-Non teñas preto cousas que che distraian (mp3, móbil, Tuenti, Facebook …)-Non estudes tumbado /a na cama ou no sofá: dificulta a activación cerebral e decae a atención.

HÁBITOS DE ESTUDO:-Planifica o teu traballo diario. TÓDOLOS días terás que facer algo: tarefas, esquemas, actualizar apuntes, estudar ….) Fai un cuadrante diario repartindo as tarefas e os descansos.- Fai primeiro as actividades máis difíciles, aquelas nas que precises máis atención e deixa as máis sinxelas para o final, xa que estarás máis canso.-Estuda en tempos de 50 minutos sen levantarte e vai intercalando descansos de 5 minutos para non perder a concentración. -Estuda durante todo o trimestre e non só cando se acerquen os exames.-Realiza as tarefas de estudo antes de ver a TV, saír, ou estar en internet.-Almorza ben cada mañá. Deber durmir 8 horas ao día para estar descansado/a.

EN CLASE:-Atende en clase e concéntrate no que estás facendo.-Toma sempre os teus apuntes e fai esquemas dos temas que teñas que estudar.-Leva o material necesario para cada día.-Pregunta SEMPRE as túas dúbidas ao profesor/a.-Usa a axenda A DIARIO para anotar datas de exames, traballos, tarefas…

NOS EXAMES:-Intenta ir tranquilo/a e relaxado/a.-Non empeces apresa, LE ben as preguntas.-Empeza polo que mellor saibas facer e deixa as preguntas máis difíciles para o final.-Ten en conta o TEMPO do que dispós. Distribúeo para cada pregunta e deixa cinco minutos para repasar o exame.-Ten en conta a orde, a limpeza e evita as faltas de ortografía.