orientaciÓn acadÉmica e profesional - bacharelato

of 33 /33
CURSO 2014/2015 IES PEDRO FLORIANI GUÍA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL ALUMNADO DE BACHARELATO

Upload: pedrofloriani

Post on 10-Aug-2015

3.074 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

CURSO 2014/2015

IES PEDRO FLORIANI

GUÍA DE ORIENTACIÓN

ACADÉMICA E PROFESIONAL ALUMNADO DE BACHARELATO

Page 2: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

INDICE:

INTRODUCCIÓN

COMO TOMAR UNHA DECISIÓN

INFÓRMATE E DECIDE

BLOQUE I. COÑECEMENTO DUN MESMO

1. AS MIÑAS APTITUDES E CAPACIDADES. .................................................. 5

2. OS MEUS INTERESES PROFESIONAIS. ........................................................ 6

BLOQUE II. INFÓRMATE SOBRE OS ESTUDOS E SAÍDAS PROFESIONAIS.

3. ALTERNATIVAS NO SISTEMA EDUCATIVO.............................................. 7

4. CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR ............................................. 8

Acceso e datas de interese.

Ciclos Formativos na provincia de Pontevedra.

5. ESTUDOS DE RÉXIME ESPECIAL ............................................................... 13

Ensinanzas de grao superior de Música e Danza.

Artes Plásticas e de Deseño.

Arte Dramática.

6. ESTUDOS UNIVERSITARIOS ....................................................................... 15

Probas de Acceso á Universidade (PAU). A Selectividade.

Datas da selectividade.

O Sistema Universitario de Galicia.

Outras Universidades e titulacións non impartidas no SUG.

7. BOLSAS E AXUDAS PARA ESTUDOS SUPERIORES ............................... 20

8. OUTROS ESTUDOS E PROFESIÓNS ............................................................ 21

9. INCORPORARSE AO MUNDO LABORAL .................................................. 23

BLOQUE III. A TOMA DE DECISIÓN

10. AGORA DECIDO. .......................................................................................... 24

Page 3: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

INTRODUCIÓN. O Departamento de Orientación do IES PEDRO FLORIANI (Redondela) elaborou a

Guía de Orientación Académica e Profesional para o alumnado de Bacharelato.

Trátase dunha guía que pretende facilitar a toma de decisión vocacional e

implicar a familia nesta importante decisión. A guía é un documento “vivo” que se

modificará no transcurso deste ano académico 2014/2015 en función de nova normativa,

aparición de novos documentos da administración e sobre todo en función das dúbidas e

preguntas que o alumnado realice nas titorías de Orientación Profesional e no blog de

orientación:

FLORIENTA: http://florienta.blogspot.com.es/

COMO TOMAR UNHA DECISIÓN

Neste documento atoparás as claves para decidir o teu futuro académico

profesional. Recorda que o máximo responsable desta decisión es ti, pero debes ter en

conta a opinión da túa familia, que quere o mellor para ti. Tamén che vai resultar moi

útil o asesoramento dos titores e do orientador.

Un Programa de Orientación Profesional vai moito máis alá da mera

información, non obstante, a información sobre estudos e profesións é un aspecto moi

importante. O contido prioritario de calquera Programa de Orientación Académico

Profesional é o desenvolvemento da capacidade de TOMA DE DECISIÓNS.

A Toma de Decisións que debes realizar ten en consideración os teus intereses,

gustos, aptitudes, características da personalidade, valores e estilos de aprendizaxe,

entre outros aspectos; e confróntaos coas posibles alternativas de estudos e profesións ás

que tes acceso.

Este é o motivo polo que o presente programa está estruturado en tres bloques:

A. Coñecemento dun mesmo.

Neste bloque reflexionarás sobre os teus gustos e intereses, sobre a túa

traxectoria en cada unha das materias que estudaches e sobre as características

das diferentes actividades profesionais.

B. Coñecemento das alternativas académicas e profesionais.

É a parte informativa do programa. Coñecerás todas as posibilidades de estudos

e profesións que tes ó teu alcance e profundizarás nas características daquelas

que mellor lles acaen ós teus intereses: ciclos formativos, carreiras

universitarias, ou outros estudos e profesións, En que consiste?. Terás

información sobre centros de estudo, saídas profesionais, probas de acceso, notas

de corte, direccións de interese...

C. A toma de decisión. Xa estás preparado/a ¡Agora decide!

INFÓRMATE E DECIDE. que facer o curso que vén?

Tomar esta decisión non é algo que debas facer ti só nin precipitadamente

(pensar “xa o decidirei ó rematar o curso ou a selectividade” é un gran erro). Tes que

valorar as túas capacidades para non escoller un camiño demasiado difícil ou

“imposible” para ti.

Tamén é importante o esforzo que ti esteas disposto a facer, xa que unha

capacidade insuficiente pode corrixirse cun maior esforzo. Se estás motivado e tes uns

intereses moi claros sobre o que queres facer, terás moitas posibilidades para logralo, xa

que cunha boa organización para o estudo e as técnicas adecuadas para aprender

superarás a maior parte do que te propoñas.

Page 4: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

O abandono dos estudos universitarios ou ciclos formativos, na maior parte dos

casos, débese á falta de interese, a non ter claro que queremos facer ou que queremos

ser, á falta de esforzo, capacidade de sacrificio, unha baixa autoestima...

Un aspecto moi importante na toma de decisións é que dialogues coa túa familia

sobre diferentes aspectos que inflúen na toma de decisións:

1. Informa á túa familia de todas as opcións que existen e ás que terías acceso.

2. Móstralles que es responsable e capaz de tomar unha decisión de maneira

consensuada con eles.

3. Pídelles a súa opinión e escoita os seus consellos. Eles queren o mellor para ti.

4. Estuda con eles todas as posibilidades antes de tomar unha decisión.

5. Valorade a situación económica dos diferentes estudos.

6. Consultade as Bolsas e Axudas ó estudio.

(Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación

Universitaria. Negociado de Becas. Rúa Edificio Administrativo

Campolongo, Rúa Fernández Ladreda Nº43- 7º/8º Andar, 36003

PONTEVEDRA. Tel: 988386651)

Para ter unha información adecuada, terás varios cauces no IES PEDRO FLORIANI:

1. Información xenérica que che facilitará o orientador no segundo e terceiro

trimestre.

2. Este documento elaborado polo Departamento de Orientación.

3. O taboleiro do departamento de orientación no 2º piso, onde o orientador porá

información moi interesante e actualizada: bolsas, conferencias de estudos,

probas de acceso, novos estudos...

4. O programa informático Orienta 2014/2015 de J. Sádaba.

5. Charlas informativas de diferentes Universidades. V XORNADAS DE

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

- Universidade de Vigo. (Ourense, Pontevedra e Vigo)

- Universidade de Santiago de Compostela. (Santiago e Lugo)

- Universidade de A Coruña (Coruña e Ferrol)

A partir destas vías coñecerás toda a información da que dispón o Instituto sobre

Universidades, estudos, mundo laboral, Ciclos Formativos, residencias, direccións de

interese... co fin de facilitarche a toma de decisión vocacional: que titulación

universitaria, CFGS ou que outros estudos prefires.

Recorda, que é imprescindible coñecer o mundo académico para

tomar unha boa decisión. Durante estes trimestres, á parte de

estudar moitísimo para sacar o título de Bacharelato e despois a

Selectividade, terás que investigar todas as posibilidades que tes

ó teu alcance para tomar a mellor decisión para a túa vida

académico-profesional.

Non dubides en preguntarlle ó orientador do Centro todo o que non entendas ou

que non apareza nesta guía.

Page 5: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

BLOQUE I. COÑECEMENTO DUN MESMO.

1. AS MIÑAS APTITUDES E CAPACIDADES.

Cuestionario sobre estudos

Nome:....................................... Apelidos:

……………………………………………………

Idade:..............Curso:.....................................Data...........................

1. ¿Que materias che resultan máis fáciles? Escríbeas por orde.

1................................................. 4....................................................

2................................................. 5....................................................

3................................................. 6....................................................

2. As que che resultan máis difíciles son:

1................................................ 4...................................................

2................................................ 5..................................................

3................................................ 6..................................................

3. ¿En que 3 materias sacas polo xeral mellores (+) e peores (-) notas?

1(+)................................................ 1(-)...................................................

2(+)................................................ 2(-)...................................................

3(+)................................................ 3(-)...................................................

4. Cando sacas boas(+) ou malas (-) notas débese a: (Subliña a/as respostas)

(+)Tes capacidade para estudalas ben. (-)Tes mala capacidade para estudalas.

(+)Influíu a sorte. (-)Influíu a mala sorte.

(+)Tes interese nesa asignatura. (-)Pouco interese pola túa parte

(+)Tes bos profesores. (-)Mala sorte cos profesores

(+)Outras: ........................................... (-)Outras: ...........................................

5. Para seguir os estudos, pensas que necesitas mellorar: (Subliña a/as respostas)

O método de estudo.

O tempo de estudo. A túa forza de vontade e constancia.

O hábito lector.

Nada.

.................................................................

Page 6: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

CURSO 2º BACHARELATO A B C

NOTAS DE 2º BACHARELATO

Número de materias suspensas e nome das materias

1º AVALIACIÓN

2º AVALIACIÓN

3º AVALIACIÓN

Previsión: (cantas pensas suspender?)

SETEMBRO

Posibilidades de aprobar todo en setembro si non

CURSO, CARREIRA OU CICLO QUE PENSAS FACER NO PRÓXIMO CURSO

DEIXAR DE

ESTUDAR

CURSO

GRAO

CICLO

Redondela a _________________ de _____________ de 2014

INFORMACIÓN/ORIENTACIÓN ACADÉMICA E

PROFESIONAL

CURSO: 2º BACHARELATO

NOME:

APELIDOS: DNI:

Page 7: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

2. OS MEUS INTERESES PROFESIONAIS. Co fin de ter unha referencia dos teus intereses profesionais teremos que analizar

unha listaxe de actividades profesionais e pre-profesionais. Para esta sesión seranos

útiles diferentes test psicométricos que analizarán as nosas preferencias e intereses.

Esta sesión farémola na sala de informática do instituto.

Entre algúns test destacar:

- A) “Test de Bacharelato”, trátase dun test deseñado para identificar os intereses

profesionais. Neste test preséntanse actividades e contidos académicos das

distintas modalidades do bacharelato e o alumno/a ten que pensar cál das

opcións lle interesan máis.

Pódelo atopar en: www.aplicaciones.info/utiles/optestba.htm

- B) “Test de preferencias Orienta 2014/2015”. Dous test que pertencen ao

programa Orienta 2015 de Julián Sádaba.

- C) “Test de intereses profesionales universitarios”. Neste caso terás que elexir

entre actividades profesionais.

Pódelo atopar en: www.aplicaciones.info/utiles/optestun.htm

- D) “Test de formación profesional II”. Avalía a preferencia en relación a 23

familias profesionais.

Pódelo atopar en: www.aplicaciones.info/utiles/optesfp2.htm

ESCRIBE AQUÍ OS TEUS RESULTADOS.

A) TEST DE BACHARELATO:

B) TEST ORIENTA 2014/2015:

C) TEST DE INTERESES UNIVERSITARIOS PROFESIONALES:

D) TEST DE FORMACIÓN PROFESIONAL:

Page 8: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

BLOQUE II. INFÓRMATE SOBRE OS ESTUDOS E SAÍDAS

PROFESIONAIS.

3. ALTERNATIVAS Ó FINALIZAR O CURSO

Page 9: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

4. CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR ACCESO E DATAS DE INTERESE.

Pódese acceder de xeito directo, no caso de cumprir determinadas condicións, ou

mediante unha proba, para a que se reserva o 20% das prazas.

Para o acceso directo, o alumnado debe posuír o título de BACHARELATO ou

estudos equivalentes. (Non é necesario ter a selectividade).

Quen non teñan o título de Bacharelato pode acceder mediante proba de acceso.

Nesta proba de acceso, o aspirante deberá acreditar os coñecementos e as

habilidades suficientes para cursar con proveito as devanditas ensinanzas. A proba

consta dunha parte xeral e dunha parte específica relacionada coas materias do

bacharelato do campo profesional do ciclo formativo.

Poden concorrer ás probas aquelas persoas que teñan cumpridos 19 anos ou que

os cumpran no ano en que se realicen as probas, ou ben que posúan o Título de

Técnico.

A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos CFGS presentarase por

duplicado na secretaría de calquera dos IES e CIFP onde se impartan ensinanzas de

formación profesional específica no mes de xaneiro de 2011 (ver táboa 1) e o centro

entregaralle á persoa solicitante unha copia selada desta. Na páxina web

http://www.edu.xunta.es/fp pódese realizar a inscrición.

Se queres máis información asesórate no Departamento de Orientación e/ou

consulta a páxina web da Xunta de Galicia: http://www.edu.xunta.es/fp.

O calendario de matriculación nos CFGS especifícase na seguinte táboa:

Probas de acceso Datas Grao superior

Inscrición para a proba. 23 de febrero ao 6 de marzo

Celebración da proba 29 de abril

(Máis información en: http://www.edu.xunta.es/fp/probasCM.htm)

CICLOS FORMATIVOS EN PONTEVEDRA.

En Pontevedra estanse a ofertar neste curso 2010/2011 os seguintes ciclos

formativos:

Consignas:

CS Ciclo Formativo de Grao Superior.

IES Instituto de Educación Secundaria.

CIFP Centro Integrado de FP

CPR Centro Privado

Page 10: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

FAMILIAS PROFESIONAIS E CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

Actividades Físicas e Deportivas

CS Animación de actividades físicas e

deportivas.

Administración e xestión

* CS Administración e finanzas.

CS Secretariado.

Agraria

* CS Paisaxismo e medio rural.

* CS Xestión forestal e do medio natural.

--------------------------

Artes Gráficas

CS Deseño e produción editorial.

CS Produción en industrias de artes gráficas.

Comercio e Márketing

CS Comercio internacional.

CS Xestión comercial e márketing.

* CS Transporte e loxística.

* CS Márketing e publicidade.

Edificación e Obra Civil * CS Proxectos de edificación.

* CS Proxectos de obra civil.

CS Realización e plans de obra.

Electricidade e Electrónica * CS Sistemas electrotécnicos e automatizados.

* CS Mantemento electrónico.

* CS Automatización e robótica industrial.

* CS Sistemas de telecomunicación e informáticos.

Enerxía e auga

* CS Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica.

* CS Enerxías renovables.

Fabricación Mecánica

* CS Construcións metálicas.

* CS Deseño en fabricación mecánica.

* CS Programación da produción en fabricación mecánica.

* CS Programación da produción en moldeamento de

metais e polímeros.

Hostalería e Turismo

CS Animación turística.

* CS Axencias de viaxes e xestión de eventos.

* CS Guía, información e asistencias turísticas.

* CS Dirección de cociña.

* CS Dirección de servizos de restauración.

* CS Xestión de aloxamentos turísticos.

----------------------------------

Imaxe e Son

* CS Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.

* CS Produción de audiovisuais e espectáculos.

* CS Iluminación, captación e tratamento da imaxe.

* CS Son para audiovisuais e espectáculos.

* CS Animación 3D, xogos e contornos interactivos.

Imaxe Persoal CS Asesoría de imaxe persoal.

* CS Estética integral e benestar.

* CS Estilismo e dirección de peiteado.

Page 11: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES PEDRO FLORIANI Guía de Orientación Académica e Profesional

Bacharelato

11

Industrias Alimentarias

* CS Procesos de calidade na industria alimentaria.

* CS Vitivinicultura.

Informática e comunicacións

* CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma.

* CS Administración de sistemas informáticos

en rede.

* CS Desenvolvemento de aplicacións web.

Instalación e mantemento

* CS Mecatrónica industrial.

* CS Desenvolvemento de proxectos de

instalacións térmicas e de fluídos.

* CS Mantemento en instalacións térmicas e de fluídos.

CS Prevención de riscos profesionais.

Madeira, moble e cortiza

* CS Deseño e amoblamento.

Marítimo pesqueira

* CS Acuicultura.

* CS Transporte marítimo e pesca de altura.

* CS Organización do mantemento de

maquinaria de buques e embarcacións.

Química

CS Química ambiental.

* CS Laboratorio de análise e de control de

calidade.

* CS Química industrial.

Sanidade

CS Anatomía patolóxica e citoloxía.

CS Saúde ambiental.

CS Dietética.

CS Documentación sanitaria.

CS Hixiene bucodental.

CS Imaxe para o diagnóstico.

CS Laboratorio de diagnóstico clínico.

* CS Próteses dentais.

CS Radioterapia.

* CS Audioloxía protésica.

* CS Educación e control ambiental.

Servizos socioculturais e á comunidade

CS Animación sociocultural.

CS Integración social.

CS Interpretación da lingua de signos.

* CS Educación infantil.

Téxtil, confección e pel

* CS Patronaxe e moda.

Transporte e mantemento de vehículos

* CS Automoción.

Vidro e cerámica --------------------------------------------------------------------

---

Page 12: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES PEDRO FLORIANI Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato

12

Podes atopar toda a información dos ciclos formativos en:

http://www.edu.xunta.es/fp/

No menú atoparás información sobre:

- Novas de interese.

- Preguntas frecuentes.

- Probas de acceso. (Modelos de probas de acceso doutros anos)

- Oferta formativa 2014/2015

- Catálogo de ensinanzas.

- Currículos

- Admisión.

- Normativa.

- Validacións

- Aplicación para a xestión

Dende os Ciclos Formativos de Grao Superior pódese acceder á universidade. Para máis

información entra na páxina: http://ciug.cesga.es/marcoacceso.html.

Page 13: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES PEDRO FLORIANI Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato

13

5. ESTUDOS DE RÉXIME ESPECIAL - Ensinanzas de danza

- Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais

- Ensinanzas de idiomas de réxime especial

- Ensinanzas deportivas

- Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño

- Ensinanzas superiores de arte dramática

- Ensinanzas superiores de deseño

- Ensinanzas de música

A. Ensinanzas de grao superior de Música e Danza.

Condicións de acceso:

Título de Bacharelato.

Título profesional (alumnado que rematou o terceiro ciclo de grao medio)

Proba de ingreso.

Duran de catro anos en diante, segundo a especialidade. O Título superior é equivalente a

todos os efectos ao de grao.

B. Artes Plásticas e Deseño. As ensinanzas de artes plásticas e deseño comprenden estudos

relacionados coas artes aplicadas, oficios artísticos, diversas

modalidades de deseño e conservación e restauración de bens culturais.

Os Ciclos de Artes Plásticas e Deseño: Que son os ciclos de Artes Plásticas e Deseño? A estrutura é a mesma

que a da Formación Profesional Específica: Ciclos formativos de grao

Medio e Superior, de xeito que despois da ESO podes acceder ós Ciclos formativos de grao

Medio, e despois do Bacharelato podes acceder ós Ciclos formativos de grao Superior, aínda

que só terán acceso directo os alumnos que cursasen o Bacharelato de artes, o resto dos

alumnos deberán facer unha proba que valorará as súas aptitudes artísticas e que consiste

basicamente na realización de debuxos e bosquexos sobre temas propostos.

Os centros nos que se imparten estas ensinanzas son as escolas de artes plásticas e

deseño, que en Galicia, se atopan en A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Vigo e Ferrol ( estas

dúas últimas de titularidade privada ).

Como Se Organizan:Trátase de Ciclos de GM o GS, polo que teñen unha estrutura

semellante á da formación profesional específica. A principal diferenza está a que ademais da

titulación normal para acceder a un Ciclo é necesario superar unha proba de acceso.

1. Ciclos Formativos de Grao Medio:

Accédese co título de ESO e coa superación da proba específica que consiste en

exercicios por escrito sobre os coñecementos de artes plásticas, histórico artísticos, e debuxo.

De non ter o título de ESO, pero tes 17 anos, podes acceder coa superación (ademais

da proba específica) dunha proba de madureza que atende ós contidos xerais da ESO e consta

de 2 partes:

- 1ª parte: Lingua Castelá, Lingua galega, ciéntífico—tecnolóxico e sociocultural

(escoller tres materias).

- 2ª parte: Educación plástica e visual.

A proba de madureza pode ser convalidada pola proba de acceso a ciclos de grao

medio e a proba específica polo bacharelato de artes ou experiencia laboral de alomenos un

ano, directamente relacionada co ciclo o que se quere acceder.

A inscrición nas probas é en xuño e as probas celébranse en setembro.

Page 14: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES PEDRO FLORIANI Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato

14

2. Ciclos Formativos de Grao Superior:

Accédese, directamente sen ter que superar ningunha proba, co título de Bacharelato

en artes. De non ter o Bacharelato de artes, pódese acceder con outra modalidade de

Bacharelato e coa superación dunha proba específica relacionada con debuxo, artes plásticas e

coñecementos histórico - artísticos.

De non ter superado ningún Bacharelato, pódese acceder mediante a superación

dunha proba de madureza, se tes 19 anos. Dita proba ten 2 partes:

1ª Parte: proba das materias comúns do Bacharelato ( Lingua Castelá e Literatura, Lingua

Galega e Literatura, Lingua estranxeira—inglés ou francés, Hª España, Hª Filosofía,

Filosofía e Cidadanía, Ciencias do Mundo Contemporáneo. Escoller tres materias.

2ª Parte: Proba de Historia da Arte.

A proba de madureza pode ser convalidada pola proba de acceso a ciclos superiores, e

a específica pola experiencia laboral de alomenos un ano directamente relacionada co ciclo ao

que se quere acceder.

Obtense o título de técnico Superior que da acceso a certas titulacións universitarias e

aos estudos superiores de Deseño.

A inscrición nas probas é en xuño, a proba de madureza celébrase en xuño e a

específica en xullo.

3. Familias profesionais:

Dentro de cada familia ofértanse Ciclos de grao Medio e de grao Superior. A

continuación presentámosche as familias que existen: Artes aplicadas á escultura. Deseño de

interiores. Xoiería de arte. Artes aplicadas ó libro. Cerámica artística. Artes aplicadas á

indumentaria. Deseño industrial. Deseño gráfico. Artes aplicadas ó muro. Esmaltes artísticos.

Textiles artísticos. Arte floral. Vidrio artístico

4. Onde estudar estes ciclos:

Existen escolas de artes nas principais cidades de Galicia:

En A Coruña ( Escola de Artes Pablo Picasso) podes estudar: CM Dourado e Policromía Artísticos

CS Artes Aplicadas Da Escultura

Taller cerámico, oferta modular.

CS Fotografía Artística

CS Ilustración

En Santiago (Escola De Artes Mestre Mateo) Podes Estudar: CS Artes Aplicadas Da Escultura

CS Fotografía Artística

CS Xoiería Artística

Taller de xoiería, oferta modular

En Lugo (Escola De Artes Ramón Falcón) Podes Estudar: CM Serigrafía artística

CS Gravado e Técnicas De Estampación

CS Cerámica Artística

CS Fotografía Artística

Taller de talla artística en madeira, oferta modular.

Taller de ebanistería, oferta modular

En Ourense ( Escola De Artes Antonio Faílde) Podes Estudar: CM Ebanistería Artística

CS Fotografía Artística

CS Ilustración

Page 15: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES PEDRO FLORIANI Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato

15

Page 16: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES PEDRO FLORIANI Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato

16

Estudos Superiores De Artes Plásticas e Deseño:

1. Conservación e Restauración de Bens Culturais:

Trátase dun grao que ten como obxectivo formar a profesionais que terán como

responsabilidade velar polo bo estado do patrimonio artístico.

Podese escoller entre 7 especialidades diferentes: Arqueoloxía, Pintura., Escultura,

Documento gráfico, Bens Arqueolóxicos, Textiles, Mobiliario,

Obtense o Título de graduado universitario.

Pódese acceder directamente co Título de Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño

(para os cales se reserva un 20% das prazas . Se tes un título de Bacharelato ou equivalente

terás superar unha proba específica de acceso que se convoca anualmente en xuño nos centros

onde se imparte a carreira. Para o alumnado que accede por proba resérvase o 80% das prazas.

As Partes da proba:

Comentario dun texto relacionado cos bens culturais

Exame escrito sobre dúas materias a escoller entre: Historia de España, Historia da Arte,

Física e Química e Bioloxía.

Debuxo a partir dun modelo real e inanimado,

Traballo sobre representación da cor,

Traballo práctico sobre as aptitudes plásticas.

Existe en Galicia unha única escola de conservación e restauración, que se ubica en

Pontevedra, e imparte as especialidades de escultura, pintura e arqueoloxía.

2. Os estudos superiores de Deseño:

Están encamiñados á formación de profesionais no mundo do deseño nas especialidades

de moda, interiores, productos e deseño gráfico. Teñen

unha duración de 3 anos, dos que o primeiro curso é común ás catro especialidades. A

titulación que se obtén ao remate destas ensinanzas é equivalente, para tódolos efectos, a unha

diplomatura universitaria.

Estes estudos impártense nos seguintes centros:

Escola de arte Mestre Mateo de Santiago: Deseño de moda, Deseño de produtos.

Escola de arte Pablo Picasso de A Coruña: Deseño de interiores, Deseño gráfico

Escola de arte Ramón Falcón de Lugo: Deseño de interiores, Deseño gráfico.

Escola de arte Antonio Faílde de Ourense: Deseño de interiores, Deseño Gráfico.

O acceso:

Terán acceso directo os alumnos que teñan o título de técnico superior de artes

plásticas e deseño.

Accederán mediante proba específica os alumnos que teñan o título de bacharelato.

A inscrición nesta proba é a comezos de xuño e celébrase a mediados de xuño.

Consta de dúas partes:

1º parte: Durante un máximo de 3 horas responder por escrito a cuestións sobre historia das

artes, historia das artes aplicadas, os oficios artísticos e o deseño en xeral, e deseño na

especialidade que se aspira a cursar.

2ª parte: Durante un máximo de 4 horas, realizar un debuxo mimético a man alzada, do

natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo relacionado coa especialidade que

se aspira a cursar; e un debuxo a mal alzada, cos técnicas do estudos que se aspira a cursar, do

modelo do exercicio anterior.

Page 17: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES PEDRO FLORIANI Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato

17

C. Arte dramática

Dirixidas á formación de profesionais do espectáculo, pedagogos e investigadores do

fenómeno teatral. Están formadas por un só grao de carácter superior e ten tres especialidades:

a. Dirección de escena e dramaturxia.

Esta especialidade ten dúas opcións:

- Directores de escena.

- Dramaturxia e teoría do feito teatral.

b. Escenografía.

c. Interpretación.

O alumnado escollera unha das catro opcións:

- Profundizando en aqueles ámbitos nos que o textual sexa o soporte do feito

interpretativo.

- Profundizando en aqueles ámbitos nos que o corpo sexa o instrumento expresivo

fundamental.

- Profundizando en aqueles ámbitos nos que a manipulación de obxetos sexa o

elemento expresivo fundamental.

- Profundizando en aqueles ámbitos nos que o canto, a danza e a música sexan os

elementos expresivos fundamentais.

Requírese estar en posesión do título de bacharelato e superar unha proba específica

correspondente a especialidade á que se opte. Unha vez superados os estudios Título Superior

de Arte Dramática, no que constará a especialidade e que será equivalente a tódolos efectos ao

Título de Licenciado Universitario.

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD.Galicia).

Enderezo: Rúa Eduardo Cabello s/n. 36208 Vigo, Pontevedra

Teléfono: 986 246 399 WEB: http://www.esadgalicia.com

Servizos: Dirección de Escena, Dramaturxia, Escenografía e Interpretación

Real Escuela Superior de Arte Dramático (RESAD).

Avda. Nazaret s/n. Madrid. Tel. 91 504 21 51 // 91 504 43 42 www.resad.es

Requisitos: Con bacharelato sen selectividade ou maiores de 20 anos mediante unha proba de

acceso. Outras cidades con Escolas Superiores de Árte dramática: Málaga, Murcia, Valencia,

Sevilla e Córdoba.

Para o acceso aos estudos superiores, de grao en Música, Arte Dramática,

Conservación e Restauración de Bens Culturais, e Deseño, o alumnado que non teña o título

de bacharelato, e cumpra 19 anos, poderá realizar unha proba de madureza, en xuño, ademáis

das probas específicas de cada especialidade. Esta proba consistirá en realizar exercicios das

seguintes materias de bacharelato: Lingua estranxeira (Inglés ou Francés), Lingua Castelá,

Lingua Galega, Filosofía e Cidadanía, Ciencias para o mundo contemporáneo, Historia de

España, Historia da Filosofía.

Page 18: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES PEDRO FLORIANI Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato

18

D. Ensinanzas deportivas.

Son ensinanzas especiais porque teñen condicións especiais de acceso, son

regradas e oficiais, destinadas á obtención do título de técnico e técnico

superior deportivo.

Teñen como finalidade a formación de adestradores, monitores e técnicos

deportivos nunha modalidade ou especialidade deportiva.

Estrutúranse en dous graos: 1. Grao Medio: Co que se obtén o título de técnico deportivo nunha especialidade deportiva.

Este grao comprende dous niveis:

1º nivel: Cunha duración de máximo 1100 horas. Ensínase a iniciación técnica e

táctica para programar, adestrar nunha fase inicial ou acompañar aos xogadores ás

competicións, participar na organización de competicións e actividades e colaborar

como auxiliar dun adestrador de nivel Superior.

2º nivel: Cunha duración de máximo 1100 horas. Ensínase o perfeccionamento

técnico e táctico para programar, dirixir adestramentos, dirixir a deportistas e equipos,

participar no desenvolvemento de competicións e colaborar como auxiliar dun técnico

Superior. O título de técnico dará acceso a calquera das modalidades de bacharelato.

2. Grao Superior: Co que se obtén o título de técnico Superior nunha especialidade

deportiva. Ten unha duración máxima de 1100 horas. Capacita para dirixir e coordinar a

técnicos deportivos, planificar e dirixir o adestramento dos deportistas e equipos de alta

competición, xestionar escolas deportivas. O título de Técnico Superior dará acceso directo

aos estudos universitarios.

Que títulos se obteñen?: Existen títulos tanto de técnico como de técnico Superior nas

seguintes especialidades: Fútbol, Fútbol sala, Deportes de inverno (esquí alpino, esquí de

fondo e snowboard), Deportes de montaña e escalada, Atletismo, Balonmán, Hípica, Vela,

Mergullo, Salvamento, Baloncesto.

Cales son os requisitos de acceso: Grao Medio, 1º nivel :Título de ESO + proba específica da modalidade deportiva á

que opta. Para os que non teñan a ESO poden acceder coa superación dunha proba de

madureza e con 17 anos. A proba de madureza pode ser convalidable pola proba de

acceso a Ciclos de grao Medio.

Grao Medio, 2º nivel: Ter superado do 1º nivel.

Grao Superior: Título de Bacharelato ou equivalente + título de grao Medio (Técnico

Deportivo). Para algunhas especialidades hai que acreditar méritos deportivos. Para os

que non teñan o título de bacharel poden acceder se superan unha proba de madureza e

teñan 19 anos. Esta proba pode ser convalidable pola proba de acceso a Ciclos de grao

Superior.

A inscrición nas probas é en xullo e celébranse en setembro.

Postos de Traballo: Pódeste adicar ao adestramento a equipos, deportistas, dirixir actividades

no campo da saúde e do turismo deportivo.

Oferta destas ensinanzas en Galicia en centros públicos: IES Cruceiro Baleares (Culleredo): Fútbol.

IES Sánchez Cantón (Pontevedra): Fútbol e Balonmán.

IES As Lagoas (Ourense): Fútbol sala.

IES Nosa Señora Dos Ollos Grandes (Lugo): Atletismo.

IES Río Cabe (Monforte de Lemos): Fútbol

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía): Baloncesto.

Oferta en centros privados autorizados.

Page 19: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES PEDRO FLORIANI Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato

19

6. ESTUDOS UNIVERSITARIOS.

Probas de Acceso á Universidade (PAU). A selectividade. Para acceder aos estudos universitarios, é necesario superar unhas probas de acceso, as

PAU (Probas de Acceso á Universidade). Esta nota terá un valor do 40% e o restante 60%

proporcionarao a nota media do bacharelato, ademais poderase subir esta nota se

voluntariamente se realiza unha Fase Específica.

A estrutura simplificada quedaría así:

EXERCICIO MATERIA PUNT. CALIFICACIÓN

PARCIAL

NOTA

SELECTIVIDADE

FASE XERAL

Lingua estranxeira 0 a 10

Nota da Fase Xeral:

Media aritmética

(mínimo 4 puntos)

FASE XERAL X 0.4

(40%)

BACHARELATO X 0.6

(60%)

(Mínimo 5 puntos)

Lingua e Literat.

Galega

0 a 10

Lingua e Literat.

Española

0 a 10

Texto Histórico

ou Filosófico *

0 a 10

Unha propia de

modalidade *

0 a 10

FASE

ESPECÍFICA

(voluntaria)

Materia 1 0 a 10

Ponderación das

materias segundo

titulación (x 0.2 / 0.1 /

0).

Sumarán as dúas con

máis nota.

NOTA ACCESO

UNIVERSIDADE

Materia 2 0 a 10 Nota selectividade +

nota ponderada das

dúas materias máis

altas da fase

específica

Materia X 0 a 10

* Elixir unha.

Se na cualificación global da Fase Xeral tes 4 puntos ou máis farase media ponderada

coa nota do Bacharelato (40% fase Xeral, 60% nota media do Bacharelato -que é a media

aritmética de todas as materias de 1º e 2º de Bacharelato menos Relixión-) Para superar a

selectividade terás que obter unha nota de 5 ou máis nesa media.

Esta nota será válida sempre e non caducará (non sucede o mesmo coa Fase Específica).

A nota de Acceso á Universidade vén definida pola seguinte fórmula:

• NMB: A Nota Media do Bacharelato puntuará o 60%.

• CFX: A Cualificación da Fase Xeral (media aritmética dos 5 exames) puntuará o 40%.

A esta nota sumaráselle a parte específica:

• M1 x A: Nota da materia de maior cualificación na parte específica polo parámetro de ponderación.

• M2 x B: Nota da materia con segunda maior cualificación na parte específica polo parámetro de

ponderación

Dende o 2009 na materia de Lingua Estranxeira realízase unha proba de audición:

O obxectivo da proba de audición é comprobar o nivel de comprensión oral dos

alumnos e realizarase durante a última media hora da proba de inglés:( Exame escrito = unha

hora; proba de audición = 30 minutos).

Esta parte do exame constará dun texto de audición en inglés de carácter xeral, de

aproximadamente 500 palabras, que incluirá (a) unha introdución, cunha pregunta “modelo”

Nota de admisión: (NMB x 0,6) + (CFX x 0,4) + (M1xA) + (M2xB)

Page 20: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES PEDRO FLORIANI Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato

20

tipo “test” (multiple choice), que o alumno verá tamén escrita no folio; seguida por (b) o resto

do texto gravado, que o alumno debe escoitar con atención. O texto escoitarase dúas veces.

O alumno deberá contestar dez preguntas tipo “test” (multiple choice) con tres opcións: “a”,

“b” ou “c”, das cales deberá escoller só unha opción. Cada resposta terá un valor de 0,1

puntos que farán un total dunha nota máxima dun punto (1,0), os restantes 9 puntos resultarán

do exame teórico.

Na páxina web da CiUG está colgada unha versión gravada da proba da materia de Inglés.

ENDEREZOS DE UTILIDADE:

www.cesga.es/ciug

Todo sobre a selectividade en Galicia.

Toda a información que precises sobre as PAU.

Tamén sairán nesta páxina as notas publicadas ás

que poderás acceder co teu DNI.

www.selectividad.tv/

Problemas resoltos de selectividade e unha interesante guía de orientación universitaria, con

máis de 500 problemas resoltos.

CONVOCATORIA DE XUÑO: días 10, 11 e 12. Convocatoria de setembro: días 16, 17 e 18. 1º Dia

MAÑÁ:

9:00 Presentación

10:00 Lingua Castelá e Literatura

11:30 Descanso

12:15 Historia de España /04 Historia da Filosofía

13:45 Fin de sesión

TARDE:

16:00 Lingua Galega e Literatura

17:30 Descanso

18:15 Lingua Estranxeira

19:45 Fin de sesión

2º Dia MAÑÁ:

9:00 Matemáticas II/ GregoII/Técnicas Exp.Gráfico-Plástica

10:30 Descanso

11:15 Ciencias da Terra e Ambientais/Literatura Universal/ Deseño

12:45 Descanso

13:30 Química/ Latín/ Debuxo Artístico II

15:00 Fin de sesión

TARDE:

16:30 Bioloxía /Mecánica/ Historia da Arte

18:00 Descanso

18:45 Electrotecnia/ Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais/Artes Escénicas/Imaxe

20:15 Fin de sesión

3º Dia MAÑÁ:

9:00 Física/ Xeografía/ Análise Musical II/

10:30 Descanso

11:15 Tecnoloxía Industrial II /Economía da Empresa

12:45 Descanso

13:30 Debuxo Técnico/Historia da Música e da Danza

15:00 Fin de Sesión

Page 21: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES PEDRO FLORIANI Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato

21

CALENDARIO PAU 2015 – ACCESO CURS0 2015/2016

Matrícula convocatoria xuño convocatoria setembro

Anticipada on-line 12-29 maio 1-10

Prematrícula [nos

centros] 26-29 maio 7-8

Nos LERD [polos

centros] 29 maio - 1 xuño 10

Para calquera consulta mirar o calendario xeral PAU 2015

EXEMPLO (caso práctico de comparativa) Un alumno que queira facer Bioloxía e durante o bacharelato sacou en todas as materias 5 e na

selectividade sacou en todas as materias 5, correspóndelle a seguinte nota de acceso á

universidade:

Selectividade 2010

Nota media de Bacharelato 5. (60%)

Nota media de Fase Xeral: 5 (40%).................... Nota de selectivo: 5

Nota da Fase Específica:

- Bioloxía: 5 (ponderación 0.2) = +1

- Química: 5 (ponderación 0.2) = +1

............................ Nota de acceso á Universidade: 7

Valores de ponderación: http://ciug.cesga.es/PDF/ponderacions. pdf

O Sistema Universitario de Galicia. O SUG está formado polas tres Universidades Galegas:

Universidade da Coruña (Campus da Coruña e

Campus de Ferrol), Universidade de Santiago de Compostela

(Campus de Santiago de Compostela e Campus de Lugo) e a

Universidade de Vigo (Campus de Vigo, Campus de Pontevedra e

Campus de Ourense).

Nestas Universidades poderaste matricular unha vez superes as

PAU nos estudos universitarios de Grao ou tamén noutras titulacións propias que imparten as

Universidades como: Deseño e Moda, Hostelería, Arquitectura de interiores, piloto civil... que

tamén teñen boas saídas laborais (son estudos privados, polo que é moi importante informarse

dos custos).

Page 22: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES PEDRO FLORIANI Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato

22

Se unha persoa quere facer o Grao de Fisioterapia tería que sacar unha boa nota, xa

que ten un límite de prazas de 60 alumnos, e se hai 230 preinscricións só poderán matricularse

os alumnos coas 60 mellores notas. Á nota das PAU do alumno nº60 con maior nota chámase

nota de corte, xa que os alumnos con notas inferiores a esa nota non poderán matricularse ese

ano nesa carreira.

As notas de corte varían de ano en ano, depende da demanda do alumnado e das notas

que alcancen en cada convocatoria; tamén varían dependendo da Universidade e Campus. É

importante coñecer as notas de corte, xa que son un bo indicador para a toma de decisión. A

puntuación vai ata 14 puntos e non ata 10, debido á fase específica que xa comentamos.

A asignación de prazas na titulación farase atendendo aos criterios de preferencia:

1º PAU aprobadas en xuño deste ano ou en anos anteriores.

2º PAU aprobadas en setembro do presente ano.

3º co antigo COU aprobado.

Podes atopar máis información na Guía do estudante:

http://www.edu.xunta.es/fp/files/guiaensinosuperior/GuiaEstudante2008.pdf

Outras Universidades españolas. Falar de todas as Universidades españolas sería moi extenso, por iso só imos pór os

enderezos WEB de cada unha, para adicarlle unha sesión na sala de informática á procura de

información. Nestas páxinas atoparás as titulacións que oferta e poderás consultar o plano de

estudos de cada titulación, entre outra información.

Universidades Públicas:

Universidad de Alcalá de Henares: http://www.uah.es/

Universidad de Alicante: http://www.ua.es/

Universidad de Almería: http://www.ual.es/

Universidad Autónoma de Barcelona: www.uab.es

Universidad Autónoma de Madrid: www.uam.es

Universidad de Barcelona: www.ub.es

Universidad de Burgos: www.ubu.es

Universidad de Cádiz: www.uca.es

Universidad de Cantabria: www.unican.es

Universidad Carlos III de Madrid: www.uc3m.es

Universidad de Castilla La Mancha: www.uclm.es

Universidad Complutense de Madrid: www.ucm.es

Universidad de Córdoba: www.uco.es

Universidade da Coruña: www.udc.es

Universidad de Extremadura: www.unex.es

Universidad de Girona: www.udg.es

Universidad de Granada: www.ugr.es

Universidad de Huelva: www.uhu.es

Universidad de las Islas Baleares: www.uib.es

Universidad de Jaén: www.ujaen.es

Universidad Jaume I de Castellón: www.uji.es

Universidad de La Laguna: www.ull.es

Universidad de La Rioja: http://www.unirioja.es/

Universidad de Las Palmas de Gran Canaria: www.ulpgc.es

Universidad de León: www.unileon.es

Universidad de Lleida: www.udl.es

Page 23: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES PEDRO FLORIANI Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato

23

Universidad de Málaga: www.uma.es

Universidad Miguel Hernández de Elche: www.umh.es

Universidad de Murcia: www.um.es

Universidad Nacional de Educación a Distancia UNED: www.uned.es

Universidad de Oviedo: www.uniovi.es

Universidad Pablo de Olavide: www.upo.es

Universidad del País Vasco: www.ehu.es

Universidad Politécnica de Cartagena: www.upct.es

Universidad Politécnica de Catalunya: www.upc.es

Universidad Politécnica de Madrid: www.upm.es

Universidad Politécnica de Valencia: www.upv.es

Universidad Pompeu Fabra: www.upf.es

Universidad Pública de Navarra: www.unavarra.es

Universidad Rey Juan Carlos: www.urjc.es

Universidad Rovira i Virgili: www.urv.es

Universidad de Salamanca: www.usal.es

Universidade de Santiago de Compostela: www.usc.es

Universidad de Sevilla: www.us.es

Universidad deValencia (Estudi General): www.uv.es

Universidad de Valladolid: www.uva.es

Universidade de Vigo: www.uvigo.es

Universidad de Zaragoza: www.unizar.es

Universidades Privadas: Universidad Alfonso X El Sabio: www.uax.es

Universidad Antonio de Nebrija: http://www.nebrija.com/

Universidad Camilo José Cela: www.ucjc.es

Universidad Cardenal Herrera-CEU: http://www.uch.ceu.es/

Universidad Católica de S. Antonio de Murcia: www.ucam.edu

Universidad Católica de Sta. Teresa de Jesús de Ávila: www.ucavila.es

Universidad de Deusto: www.deusto.es

Universidad Europea de Madrid (CEES). www.uem.es

Universidad Internacional de Catalunya: http://www.unica.edu/

Universidad de Mondragón: www.muni.es

Universidad de Navarra: http://www.unav.es/

Universidad Oberta de Catalunya (a distancia): www.uoc.es

Universidad Pontificia de Comillas: www.upco.es

Universidad Pontificia de Salamanca: www.upsa.es

Universidad Ramón Llull: http://www.url.es/

Universidad San Pablo CEU: www.ceu.es

Universidad SEK/Segovia: www.usek.es

Universidad de Vic: www.uvic.es

Page 24: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES PEDRO FLORIANI Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato

24

7. BOLSAS E AXUDAS PARA ESTUDOS SUPERIORES

Para axudar a sufragar os gastos derivados dos estudos universitarios ou de ciclo

superior, existen unha serie de bolsas, axudas e premios da Consellería de Educación,

Ministerio de Educación e Ciencia e tamén doutros ámbitos privados.

Convócanse bolsas de educación para alumnado universitario:

o Para o alumnado que vai iniciar estudos universitarios,

o De mobilidade para o alumnado universitario e doutros estudos superiores,

o Para o alumnado que inicia os seus estudos fóra da nosa Comunidade Autónoma,

o Financiamento de viaxes para estadías nalgún estado membro da Unión Europea co

obxectivo de coñecer a lingua dese país,

o Axudas complementarias do Programa de acción da Unión Europea de mobilidades de

estudantes Erasmus,

o Bolsas complementarias para a realización de prácticas en empresas europeas,

Programa Leonardo/Europracticum ou similares,

o Créditos aos estudantes universitarios,

o Programa de axudas para a mobilidade de estudantes universitarios Séneca.

o Aula de verán Ortega y Gasset da Universidade internacional Menéndez Pelayo.

o Empréstitos para estudantes universitarios,

o Axudas a asociacións xuvenís e a federacións e confederacións de estudantes no

ámbito universitario,

o Premios nacionais,

o Programas de prácticas en empresas

Para ciclos de grao superior:

o Para o alumnado que curse estudos postobrigatorios non universitarios,

o Bolsas para a formación práctica en centros de traballo (FCT),

o Premios extraordinarios de Formación Profesional.

Para máis información podedes visitar a páxina:

http://www.educacion.es/educacion/becas-y-ayudas.html

Tamén na web:

http://www.edu.xunta.es/fp/files/guiaensinosuperior/GuiaEstudante2009.pdf (a partir da

páxina 197)

E nesta outra web poderedes atopar máis bolsas e axudas:

http://web.micinn.es/contenido.asp?dir=04_Universidades/AA2ConBAP.

Page 25: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES PEDRO FLORIANI Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato

25

8. OUTROS ESTUDOS/PROFESIÓNS.

Existen outros estudos especializados, algúns esixen bacharelato,outros selectividade e

outros unhas condicións físicas ou probas específicas de ingreso.

A continuación expomos algunhas profesións polas que podes amosar interese.

AZAFATAS AUXILIARES DE VOO.

Información en AVIACIÓN CIVIL (Tel. 91 597 70 00) e en compañías aéreas. Son

títulos privados organizados polas distintas compañías. A duración oscila entre 1 e 2

anos e requírese o título de bacharelato, superar as probas de aptitude e o exame de

idiomas.

ARQUITECTURA DE INTERIORES. Requírese bacharelato e PAU. Ten unha

duración de tres cursos mais proxecto de fin de carreira. Trátase dun título propio da

Universidade da Coruña, “Graduado en Arquitecturta de Interiores”.

Máis información en www.udc.es/estudos/ga/estudospropios/960111.asp

INVESTIGADOR PRIVADO. Instituto Universitario de Criminoloxía. Madrid. (Tel.

91 394 54 13) Requírese bacharelato e selectividade. Tratase dun título propio da

Universidade Complutense e ten unha duración de tres cursos.

DISEÑO E MODA..

A) Escuela Superior de Diseño y Moda Felicidad Duce. Allariz. Ourense. (Tel.

988 43 61 80). Carreira de Deseño de Moda (titulación Privada).

B) Graduado Universitario en Deseño Téxtil e Moda. Título propio da

Universidade de Vigo.

Máis información: Facultade de Belas artes, Rúa da Maestranza, nº2, 36002.

Pontevedra. Tel: 986 801 800. E-mail: [email protected]

Este profesional está preparado para a coordinación de todos os procesos tanto

de creación, como de fabricación e elaboración dos produtos relacionados coa

moda e a confección. Poderá, polo tanto, desenvolver a súa actividade

profesional tanto na industria téxtil e da moda como executar libremente a súa

profesión como:

Deseñador en estampación téxtil

Deseñador estilista

Deseñador técnico

Crítico de moda

Administrador de creación para a produción e a comercialización

PILOTO CIVIL.

O obxectivo deste Título é o de crear unha titulación universitaria que lles aporte aos

futuros profesionais do sector unha formación sólida, extensiva e polivalente de

maneira que estean na mellor disposición para competir con vantaxe no mercado

laboral moderno. O título propio vese enriquecido ao incorporar dentro da estrutura do

seu plano de estudos o conxunto de coñecementos teórico-prácticos requiridos para a

obtención de distintos títulos aeronáuticos oficialmente recoñecidos Piloto Privado

(avión), Piloto Comercial (avión) e Piloto de Transporte de Liña Aérea (avión). A

obtención de ditos títulos é posible grazas ao acordo de colaboración subscrito pola

Universidade da Coruña coa Escola de Pilotos de Aeroflota do Noroeste (AFN), que

conta con todas as autorizacións necesarias (expedidas por parte da Dirección Xeral de

Page 26: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES PEDRO FLORIANI Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato

26

Aviación Civil) para a docencia e formación de pilotos de liña aérea no noso país. O

título propio busca acreditar a formación académico-técnica e humanística dos futuros

pilotos civís. Con iso preténdese dar un valor engadido aos que se imparten ao amparo

das normas JAR/FCL, dotando aos estudantes dun sólido adestramento técnico e

científico. Ten unha duración entre 3 e 4 anos.

MILITAR. As Forzas Armadas Españolas están constituídas polo Exército de Terra, a Armada, o Exército do Aire e os

Corpos Comúns, integrándose no Ministerio de Defensa. Son militares profesionais os españois vinculados ás

Forzas Armadas cunha relación de servizos profesionais que adquiren a condición de Militar de Carreira, Militar

de Complemento ou Militar Profesional de Tropa e Mariñeiría.

Así, a relación de servizos profesionais pode ser de CARÁCTER PERMANENTE: Militar de Carreira ou de

CARÁCTER TEMPORAL: Militares de Complemento (Oficiais) e Militares Profesionais de Tropa e

Mariñeiría.

Os Militares de Carreira intégranse na estrutura de Corpos, Escalas e Especialidades, segundo os

cometidos e facultades profesionais que teñen asignados dos seus respectivos exércitos. En cada Corpo

poden existir unha, dúas ou tres Escalas:

Superior de Oficiais: correspóndese coa Ensinanza Universitaria de segundo ciclo.

Empregos: de Tenente ou Alférez de Navío a Xeneral do Exército, Almirante Xeneral ou Xeneral do Aire

ou Xeneral de División ou Vicealmirante, dependendo dos Corpos. No de Músicas Militares o emprego

máximo é o de Coronel.

De Oficiais ou Técnica de Oficiais: correspóndese coa Educación Universitaria de primeiro ciclo.

Empregos: de Alférez ou Alférez de Fragata a Tenente Coronel ou Capitán de Fragata.

Suboficiais: correspóndese coa Formación Profesional de Grao Superior.

Empregos: de Sarxento a Suboficial Maior.

Os Militares de Complemento están adscritos a un Corpo ou Escala, completando os cadros de oficiais

dos Exércitos. A súa relación é de carácter temporal e poden alcanzar unha relación de servizos de carácter

permanente, accedendo ás prazas convocadas para promoción interna. Os seus empregos poden ser de

Alférez, Tenente ou Capitán e o tempo máximo de servizos é de 12 anos ou ata os 38 anos de idade.

Persoal de Tropa ou Mariñeiría Profesional encádrase en cada Exército, nas diferentes especialidades. A

relación coas FAS pode ser temporal ou permanente. Os seus empregos poden ser: Soldado, Cabo, Cabo

Primeiro e Cabo Maior. Non están agrupados en Escalas senón por especialidades.

O ingreso na Profesión de Militar pódese realizar de tres formas, segundo se queira adquirir a condición de

MILITAR DE CARREIRA, MILITAR DE COMPLEMENTO ou MILITAR PROFESIONAL DE TROPA e

MARINERÍA, accedendo mediante convocatoria pública a través dos sistemas de concurso, oposición ou

concurso/oposición. O sistema utilizado normalmente é o de concurso/oposición.

As probas selectivas das respectivas convocatorias para o ingreso nas Academias Militares por acceso directo

publícanse no BOE, normalmente o 1º trimestre do ano.

Os interesados que desexen obter máis información, pódense dirixir á Delegación Provincial de Defensa en

Pontevedra, situada na rúa Pastor Díaz s/n. Teléfonos 986 85 10 85 / 986 85 18 13 / 986 85 18 73, extensión 21.

Para as Titulacións de Técnico Militar establécese unha equivalencia xenérica -aos efectos tanto

académicos como profesionais- co Título de Técnico. Ademais, para algunhas das titulacións de Técnico

Militar, a equivalencia -a efectos tanto académicos como profesionais- establécese co Título de Técnico na

súa correspondente profesión. En todo caso, para obter esta equivalencia, tamén cómpre acreditar que o

interesado/a está en posesión dalgún dos requisitos de acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio. Para máis

información, véxanse as Ordes ECD/3869/2003 (BOE do 27 de xaneiro de 2004) e a ECI/2417/2005 (BOE do

26 de xullo de 2005).

Máis información no Ministerio do Interior. www.mir.es

CUERPO DE LA GUARDIA CIVIL. A Garda Civil pertence aos Corpos de Seguridade do Estado, dependente dos Ministerios de Interior e Defensa.

A súa misión é protexer as liberdades e garantir a seguridade dos cidadáns. Existen catro escalas:

Básica: Cabos e Gardas.

Page 27: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES PEDRO FLORIANI Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato

27

Suboficiais: Sarxento, Sarxento 1º e Brigada. Suboficiais superiores: Subtenente, Suboficial Maior.

Executiva: Alférez, Tendente, Capitán, Oficiais Superiores: Comandante, Tte. Coronel, Coronel.

Superior: Xeneral de Brigada, Xeneral de División.

Para incorporarse ás dúas primeiras escalas dos Gardas Civís e Suboficiais, a formación impártese en Baeza

(Jaén). Para as demais escalas, esta formación terá lugar na Academia de Oficiais de Aranjuez ou do Escorial

(Madrid). O acceso a este Corpo faise mediante probas de selección, tendo que cumprir ademais os seguintes

requisitos xerais:

Nacionalidade española.

Non estar privado de dereitos civís nin estar procesado por delito.

Acreditar boa conduta cidadán, conforme ó establecido na Lei 68/1980 do 1 de decembro, de expedición

de certificacións e informes sobre conduta cidadán.

Non haber sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións

Públicas nin atoparse inhabilitado con carácter firme para o exercicio das funcións públicas.

Ter cumpridos 18 anos.

Requisitos específicos para a Escala de Cabos e Gardas Civís:

Nacionalidade española e compromiso de portar armas.

Ser maior de 18 anos e menor de 30.

Permiso de conducir B ou superior.

Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, equivalente ou superior.

Para os que obteñan o emprego de Garda Civil ou da Escala Básica de Cabos e Gardas do Corpo da

Garda Civil, establécese unha equivalencia xenérica a todos os efectos co Título de Técnico da FP de Grao

Medio. En todo caso, para obter esta equivalencia, tamén cómpre acreditar que o interesado/a está en posesión

dalgún dos requisitos de acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio. Para máis información, véxase o Real

Decreto 313/2006 (BOE do 20 de marzo de 2006).

O ingreso na Garda Civil, despois de cumprir os requisitos expostos con anterioridade, faise mediante o

procedemento de concurso/oposición e previa superación das probas selectivas establecidas na correspondente

convocatoria (valoración de méritos académicos e profesionais, probas de coñecementos, ortografía, idiomas,

psicotécnicas, informe médico…). O número de prazas que se convocan normalmente todos os anos, publícase

no BOE e resérvase unha porcentaxe das mesmas para Militares Profesionais e para fillos/as de Gardas Civís.

Para máis información, teléfonos 986 84 57 38 / 986 85 56 00 ou no 062 (gratuíto). Pódese consultar ademais a

Orde do 9 de abril de 1996 do Ministerio da Presidencia (BOC núm. 11, do 20 de abril), pola que se

aproban as bases e circunstancias aplicables aos procesos selectivos para ingreso nos centros docentes militares

de formación para acceso á Escala Básica de Cabos e Gardas da Garda Civil).

A Garda Civil é un corpo que conta con varias especialidades:

Tráfico: Regulación do tráfico, vixiando a circulación de vehículos.

Fiscal: Resgardo fiscal do Estado, velando polo cumprimento das disposicións relativas ó contrabando.

Protección da natureza: Conservación dos recursos hidráulicos, riqueza cinexética, piscícola e forestal.

Intervención de armas e explosivos: Control e expedición de guías e licencias.

Policía xudicial: Investigación de delitos e detención de culpables.

Información: Obtención, análises e elaboración de informes de interese.

Aérea: Vixilancia e transporte aéreo, no apoio do resto de Unidades.

Montaña: Rescate e salvamento en zonas de montaña de difícil acceso.

Marítima: Vixilancia do mar e os seus recursos así como rescate e salvamento na auga.

Protección, seguridade e intervención: Vixilancia de edificios e mantemento e restablecemento do

orden.

Cinolóxica: Adestramento e manexo de cans para facilita-lo desempeño das misións encomendadas ó

corpo.

Desactivación de explosivos: Detección, neutralización e desactivación de artefactos explosivos e

incendiarios non regulamentarios nas Forzas Armadas.

Automobilismo: Apoio ó resto de unidades no transporte de mercancías e persoas así como mantemento

e reparación de vehículos.

Transmisións: Manexo e reparación dos medios de transmisión para o apoio ás Unidades.

Page 28: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES PEDRO FLORIANI Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato

28

Armamento: Reparación e mantemento do armamento de dotación asignado ós membros da Garda Civil

e as súas Unidades.

Información e estatística: Manexo e mantemento de equipos informáticos.

NOTA: Véxase tamén a última Resolución 160/38043/2014, de 20 de maio (BOE do 26 de maio de 2014),

do Ministerio de Defensa, pola que se convocan probas selectivas para o ingreso directo, polo sistema de

concurso/oposición, nos centros docentes de formación, para a incorporación á Escala de Cabos e Gardas

do Corpo da Garda Civil.

POLICÍA NACIONAL O Corpo Nacional de Policía ten o carácter de instituto armado de natureza civil e depende da Dirección Xeral

da Policía (Ministerio do Interior). A súa misión exprésase no Artigo 104 da Constitución: “As Forzas e Corpos

de Seguridade, baixo a dependencia do Goberno, terán como misión protexer o libre exercicio dos dereitos e

liberdades e garantir a seguridade cidadá”. As súas funcións desenvolveranse tendo en conta a seguridade cidadá,

a información e loita antiterrorista, a policía científica, a estranxeiría e documentación e a policía xudicial.

ESCALAS CATEGORÍAS

SUPERIOR Comisario principal

Comisario

EXECUTIVA Inspector xefe

Inspector

SUBINSPECCIÓN Subinspector

BÁSICA Oficial

Policía

O Ingreso no Corpo Nacional de Policía faise a través das categorías de Policía e de Inspector, mediante o

procedemento de oposición libre e previa superación das probas selectivas establecidas na correspondente

convocatoria que se publica case tódolos anos, no BOE.

Para máis información sobre prazas na Policía Nacional: teléfonos 986 86 83 64 (Delegado de Formación en

Pontevedra) e 986 85 38 00 ou na páxina web do Ministerio do Interior: www.mir.es

O requisito académico que se esixe para aspirar a Policía é estar en posesión do Título de Graduado en

Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.

Para máis información, consultar a Resolución do 2 de setembro de 2013 (BOE do 20 de setembro de

2013), da Dirección Xeral da Policía -Ministerio do Interior- pola que se convoca oposición libre para

cubrir prazas de alumnos do Centro de Formación, da División de Formación e Perfeccionamento,

aspirantes a ingreso na Escala Básica, categoría de Policía, do Corpo Nacional de Policía. Páxina Web:

www.policia.es

Requisitos xerais:

Ser español, ter 18 anos e non haber cumprido os 30.

Estatura mínima 1,65 metros os homes e 1,60 as mulleres.

Compromiso de portar armas e, no seu caso, chegar a utilizalas.

Non haber sido condenado por delitos nin separado do servizo da Administración do Estado, da

Administración Autonómica, Local ou Institucional, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de

funcións públicas.

Estar en posesión dos permisos de conducir B, A e a autorización de B.P.T., obtidos con anterioridade á

data na que comparezan á realización da 4ª proba (momento no que deberán acreditalo).

Para os que obteñan o emprego de Policía e de Oficial de Policía -Escala Básica do Corpo Nacional de

Policía- establécese unha equivalencia destas categorías cos Títulos de Técnico e de Técnico Superior

respectivamente, correspondentes á FP do sistema educativo actual. En todo caso, para obter esta equivalencia

tamén cómpre acreditar que o interesado/a está en posesión dalgún dos requisitos de acceso aos Ciclos

Formativos de Grao Medio ou de Grao Superior, segundo o caso. Para máis información, véxase a Orde

ECI/1995/2007 (BOE do 6 de xullo de 2007).

Os aspirantes que superen a fase de oposición, incorporaranse ao Centro de Formación. Se aproban realizarán

un período de prácticas. En ámbalas dúas situacións consideraranse funcionarios en prácticas.

Page 29: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES PEDRO FLORIANI Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato

29

Para aspirar á Escala Executiva -Inspector de Policía- esíxese como requisito académico ser Graduado

Universitario ou equivalente. Ao respecto véxase máis información na Resolución do 30 de outubro de

2012 (BOE do 27 de novembro de 2012), da Dirección Xeral da Policía -Ministerio do Interior- pola que se

convoca oposición libre para cubrir prazas de alumnos do Centro de Formación, da División de Formación

e Perfeccionamento, aspirantes a ingreso na Escala Executiva, categoría de Inspector, do Corpo Nacional

de Policía.

Nas oposicións para POLICÍA LOCAL, a titulación académica que se esixe depende das

correspondentes administracións locais convocantes. Por exemplo -no caso do Concello de Pontevedra- este

requisito é o de estar en posesión do Título de Bacharelato, Técnico Superior de Formación Profesional ou

equivalente para o acceso como Funcionarios do grupo C1 (Véxase o BOP da provincia de Pontevedra do 13 de

maio de 2011).

Máis información no Ministerio do Interior. www.mir.es

BOMBEIRO Unha clase diaria obrigatoria de ximnasia -de hora e media de duración- ademais de dúas horas de manobras

polas tardes. Requírese vocación, entrega no servizo e sacrificio polos demais, responsabilidade, traballo en

equipo e calidades físicas como a potencia, a forza e a resistencia ademais dun estado físico saudable.

Superadas as oposicións, accédese ás Escolas de Bombeiros. Logo de superar as probas, os aspirantes propostos

polo Tribunal serán nomeados funcionarios en prácticas no momento no que dea comezo o curso obrigatorio de

formación teórico/práctica na Academia Galega de Seguridade, nas condicións que regulamentariamente se

determinen.

Durante o período de permanencia no curso de formación na Academia Galega de Seguridade, os aspirantes

percibirán, con cargo ó Presuposto da Corporación, as retribucións que a normativa vixente establece para os

funcionarios en prácticas.

ESCALA OPERATIVA

Cabo

Sarxento

Suboficial

ESCALA TÉCNICA DE MANDO (Graduados en arquitectura ou enxeñería).

REQUISITOS

a) Nacionalidade española.

b) Ter cumpridos 18 anos e non exceder da idade sinalada para a xubilación forzosa.

c) Estar en posesión do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente ou do

Título de Técnico de Formación Profesional ou atoparse nas condicións de obtelos na data en que remate o

prazo de presentación de instancias.

d) Estar en posesión do carné de conducir da clase C-2 antigo ou C+E con BTP actual na data en que remate

o prazo de presentación de instancias.

e) Acreditar a aptitude física coa presentación dun certificado médico no que se faga constar expresamente que

o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización dos exercicios

físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións

posteriores do que reflicta o certificado médico.

f) Non estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas nin separado/a do servizo ás administracións

públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme.

ACCESO

Trala superación dunha oposición “con probas físicas”. Hai que ter en conta que estas prazas dependen da

oferta de cada concello, polo que a información sobre as probas selectivas é orientativa, xa que pode variar en

cada convocatoria.

Primeira proba: de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en contestar por escrito no tempo que

determine o Tribunal un test de personalidade dirixido á valoración da capacidade de razoamento e

planificación do/a aspirante, así como dos aspectos da personalidade e actitudes máis adecuadas ás funcións que

vaia desenvolver.

Segunda: de carácter obrigatorio e eliminatorio, que consistirá nun recoñecemento médico no que se valorará

se os/as aspirantes posúen as condicións físicas mínimas. Para a realización desta proba aplicaranse ós/ás

Page 30: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES PEDRO FLORIANI Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato

30

aspirantes as técnicas médicas de uso convencional que se estimen oportunas, incluída a analítica de sangue e

urina.

Ámbalas dúas probas cualificaranse como apto ou non apto.

Terceira proba: de carácter obrigatorio e eliminatorio, que consistirá na realización das probas físicas que a

seguir se relacionan:

a) Gabear unha corda. O/a aspirante deberá subir a pulso, por unha corda lisa, á altura de 7 m. nun tempo

máximo de 13 segundos.

b) Salto de lonxitude con carreira.

c) Carreira de 1.000 m.

d) Proba de equilibrio. Farase o recorrido pasando a pé sobre un taboleiro situado a unha altura de 1 m, unha

anchura de 11 cm. e unha lonxitude de 5 m, ida e volta e todo o exercicio en 12 segundos de tempo máximo.

e) Carreira de velocidade. Consistirá en percorrer a distancia de 200 m. cunha carga de 30 kg.

f) Natación. Percorrido de 50 m. en piscina, a estilo libre. Non está permitido agarrarse á parede ou ás corcheiras,

nin tocar cos pés no fondo.

Cuarta proba, de carácter teórico. Consta de dúas partes:

1. Relativa aos coñecementos de toponimia dos Concellos. Consistirá en responder por escrito, nun tempo

máximo de 30 minutos, 20 preguntas relativas á situación de edificios singulares, históricos e oficiais,

situación de rúas, prazas, lugares, vías de comunicación, sentidos de circulación, ríos, etc.

2. Esta parte versará sobre coñecementos xerais e específicos. Hai que contestar por escrito a tres temas,

nun tempo máximo de 120 minutos: un tema da primeira parte do programa (parte xeral) e dous

correspondentes á segunda parte do programa (parte específica).

Quinta proba, de tipo práctico: ten carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en efectuar as probas prácticas

de área, auto escada, oxicorte, aparcamento e condución. Deberán ser superadas nos tempos máximos -cando se

indique- establecidos para cada unha delas, sendo preciso obter un mínimo de 5 puntos para poder superar a

proba dun xeito global.

Sexta: de carácter obrigatorio e non eliminatorio.- Consistirá en contestar por escrito un cuestionario integrado

por 20 preguntas tipo "test" con respostas múltiples, e sendo só unha delas a correcta, nas que o aspirante amose

o seu coñecemento da lingua galega, nun tempo máximo de vinte minutos, sen axuda de dicionario.

CONTROLADOR AÉREO

Tes que estar en posesión dun título universitario oficial de Diplomado/Enxeñeiro

Técnico/ Arquitecto Técnico ou Licenciado/ Enxeñeiro /Arquitecto ou ter superado o

Primeiro Ciclo Completo dunha carreira universitaria de grao superior.

A idade preferente anos (non excluínte) é entre 21 e 28, requírese ter un nivel de inglés

alto e algúns coñecementos básicos sobre materias non específicas do control de

tráfico aéreo.

Unha páxina moi completa para obter información doutra formación diferente á universitaria

e á formación profesional é a páxina web do Ministerio:

www.cnice.mecd.es/recursos2/orientacion/02orient/op04.htm

9. INCORPORARSE AO MUNDO LABORAL

9.1. NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA: OPOSICIÓNS

Con 18 anos cumpridos e dependendo da túa titulación académica podes acceder a un

posto de traballo como funcionario/a nas administracións públicas (ministerios, comunidades

autónomas, deputacións, concellos...)

O sistema de acceso é polo xeral mediante oposición ou concurso-oposición.

Convócase unha oferta de prazas para os diferentes postos (administrativo, profesor, carteiro,

enfermeiro, bombeiro, conserxe, policía...) e se cumpres os requisitos mínimos podes

presentarte aos exames da oposición, unha vez que realices a matriculación nos prazos

propostos pola administración.

As oposicións son procesos de selección que poden constar de varias probas,

dependendo do tipo de traballo.

Page 31: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES PEDRO FLORIANI Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato

31

Podes atopar información nos diferentes diarios oficiais das administracións: Boletín

Oficial do Estado (BOE), Diario Oficial de Galicia (DOG) e doutras Comunidades e

Provincias.

Na convocatoria indícase:

- Sistema de selección: oposición, concurso ou concurso-oposición.

- As probas a superar: dependendo da oposición pode constar de tests psicotécnicos,

temas a desenvolver, supostos prácticos, probas físicas...

- Calendario das probas.

- Requisitos dos candidatos.

- Lugar e data de presentación das solicitudes.

Na oferta de emprego público existen cinco tipos de corpos, que corresponden ás cinco

escalas nas que se require titulación diferente.

CORPO TITULACIÓN REQUERIDA

Grupo A1 Titulación Universitaria de Grao /Postgrao

Licenciado, Arquitecto o Enxeñeiro

Grupo A2 Titulación Universitaria de Grao

Diplomado, Enxeñeiro Técnico ou Arquitecto Técnico

Grupo B Título de Técnico Superior (CFGS)

Grupo C1 Título de Bacharelato ou Título de Técnico (CFGM)

Grupo C2 Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)

Profesionais sen

requisito

Certificado de escolaridade.

Podes atopar máis información en: http://www.buscaoposiciones.com/

9.2. RECOMENDACIÓNS

1º- Inscríbete na oficina do Servicio Galego de Colocación máis próxima ao teu domicilio.

2º- Prepara un bo plan de búsqueda de emprego:

- Presta atención aos avisos do INEM, consulta a diario a prensa e revistas

especializadas na oferta laboral.

- Elabora documentos sinxelos (carta de presentación, currículum vitae...) e coñece

os procedementos de selección da empresa (entrevistas, test...)

- Tamén podes solicitar emprego nas axencias privadas de colocación.

3º- Infórmate das posibilidades de montar a túa propia empresa ou negocio. Asesórate na

Dirección Provincial de Traballo, Cámaras de Comercio ou Sindicatos.

4º- Mentres tanto, mantente ocupado/a en actividades de formación relacionadas co traballo

ao que aspiras.

Page 32: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES PEDRO FLORIANI Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato

32

BLOQUE III. A TOMA DE DECISIÓN.

10. AGORA DECIDO Tomar unha decisión tan importante non é tan doado, tres de cada catro estudantes

equivócanse de carreira, dous de cada tres perden polo menos un ano e un de cada dous non

sabe que estudar.

Para elixir ben tes que traballar os tres bloques xa comentados na introdución:

a. Empeza por coñecerte.

É imposible elixir ben un estudo superior sen saber:

o Como somos e que queremos facer na vida.

Por tanto, analiza os seguintes aspectos:

o Intereses, capacidades e notas.

b. Coñece todas as alternativas.

Tes que coñecer todos os estudos aos que podes acceder e ir eliminando aqueles

que non che interesen.

c. Recaba a máxima información da cada carreira.

Unha vez seleccionada unha ou varias carreiras, polo xeral entre tres e cinco

carreiras, profundiza en cada unha delas. Tes que saber:

o A finalidade dese estudo.

o Dificultade da carrreira.

o As materias que hai que estudar (o plano de estudos).

o As materias máis difíciles.

o O “tipo de estudante” que cursa esa carreira. (Pódelo atopar nos planos de

estudos e nas páxinas web de cada universidade).

o O mercado de traballo, saídas laborais: sectores e funcións.

o Pasarelas a outras titulacións.

o Universidades ou centros de formación onde se imparten.

o Diferenzas entre as distintas Universidades. (materias optativas,

especialidades, cursos complementarios, instalacións...)

o Custos e bolsas.

Page 33: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES PEDRO FLORIANI Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato

33

IES PEDRO FLORIANI Rúa PEDRO FLORIANI nº 2

36800 REDONDELA (PONTEVEDRA)

Tf: 986 40 19 11 Tf/fax: 986 403944

Correo electrónico: [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/iespedrofloriani/

FLORIENTA: http://florienta.blogspot.com.es/