o pai de migueliño

6
O pai de Migueliño Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Upload: marisa-diaz

Post on 28-Mar-2016

243 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Relato curto do libro Cousas de Daniel R. Castelao

TRANSCRIPT

Page 1: O pai de Migueliño

O pai de Migueliño

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Page 2: O pai de Migueliño

O pai de Migueliño chegaba das Américas e orapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro.Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era o seupai; pero denantes de saír da casa botoulle unhaollada ó retrato.

Os "americanos" xa estaban desembarcando.Migueliño e a súa nai agardaban no peirán doporto. O corazón do rapaz batíalle na táboa dopeito e os seus ollos esculcaban nas greas, enprocura do pai ensoñado.

Page 3: O pai de Migueliño

De súpeto avistouno delonxe. Era o mesmo do retratoou aínda mellor portado, eMigueliño sinteu por el ungrande amor e canto máis seachegaba o "americano", máiscobiza sentía o rapaz porenchelo de bicos.

¡Ai!, o "americano" pasou de largo e nin tansiquera reparou que o seguían osollos angurentos dun neno..

Page 4: O pai de Migueliño

Agora si, agora si que o era. Migueliñoavistou outro home moi ben traxeado e ocorazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapazdevecíase por bicalo a fartar. ¡Tiña un porte detanto señorío! ¡Ai!, o “americano” pasou delargo e nin tan siquera reparou que o seguían osollos angurentos dun neno.

Migueliño escolleu así moitos pais quenon o eran e a todos quixo tolamente.

Page 5: O pai de Migueliño

E cando esculcaba con máis anguria, fíxosecargo de que un home estaba abrazando á súanai. Era un home que non se parecía ó retrato; unhome moi flaco, metido nun traxe moi floxo; unhome de cera, coas orellas fóra do cacho, cosollos encoveirados, tusindo...

Aquel si que era o pai de Migueliño.

Page 6: O pai de Migueliño