o misterioso lume soterrado baixo terra: o volcán materiais€¦ · @mhn.usc /mhnusc @mhnusc o...

3
www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc MATERIAIS Colle a bandexa de forno para realizar sobre ela todos os procesos do experimento (para evitar que a lava do volcán manche a casa!) e coloca o vaso ou recipiente sobre ela. Se tes unha gran cantidade de plastilina, podes prescindir do vaso e crear todo o volcán usando só esa plastilina. Recubre o recipiente con plastilina (marrón, por exemplo) para simular as ladeiras da montaña, intentando que sexa máis ancho na zona inferior. Pode ser útil neste paso que aplanes ben a plastilina cun rolete (rodillo), para que quede máis lisa e poida ocupar todo o volume necesario. Se queres, podes adornar as ladeiras da montaña co que che guste (podes simular árbores con plastilina verde, por exemplo). Na zona superior coloca a outra plastilina (azul, por exemplo). Como nesta zona o reci- piente presenta unha apertura, poderás crear a caldeira do volcán coa plastilina, fas con ela unha pequena cunca (duns 3 cm. de fondo) e colócala encima da plastilina marrón. Empregamos outra cor de plastilina porque é interesante diferenciar as ladeiras das montañas da caldeira (pero pode ser toda da mesma cor). Bota 3 culleradas pequenas de bicarbonato sódico no interior da caldeira do volcán e mestúrao con 3 ou 4 pingas (ou unha cullerada se é en po) de colorante alimentario laranxa (vale vermello ou amarelo) e mestúrao co bicarbonato. Finalmente engade o vinagre pouco a pouco e verás como o volcán entra en erupción. A lava comezará a ferver no interior da caldeira e algunha caerá polas ladeiras! O misterioso lume soterrado baixo terra: o volcán bandexa de forno plastilina de cores bicarbonato sódico vinagre vaso colorante alimentario laranxa

Upload: others

Post on 28-Jun-2020

10 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O misterioso lume soterrado baixo terra: o volcán MATERIAIS€¦ · @mhn.usc /mhnusc @mhnusc O misterioso lume soterrado baixo terra: o volcán QUE SON OS VOLCÁNS? Os volcáns semellan

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

MATERIAIS

Colle a bandexa de forno para realizar sobre ela todos os procesos do experimento (para evitar que a lava do volcán manche a casa!) e coloca o vaso ou recipiente sobre ela. Se tes unha gran cantidade de plastilina, podes prescindir do vaso e crear todo o volcán usando só esa plastilina.

Recubre o recipiente con plastilina (marrón, por exemplo) para simular as ladeiras da montaña, intentando que sexa máis ancho na zona inferior. Pode ser útil neste paso que aplanes ben a plastilina cun rolete (rodillo), para que quede máis lisa e poida ocupar todo o volume necesario. Se queres, podes adornar as ladeiras da montaña co que che guste (podes simular árbores con plastilina verde, por exemplo).

Na zona superior coloca a outra plastilina (azul, por exemplo). Como nesta zona o reci-piente presenta unha apertura, poderás crear a caldeira do volcán coa plastilina, fas con ela unha pequena cunca (duns 3 cm. de fondo) e colócala encima da plastilina marrón. Empregamos outra cor de plastilina porque é interesante diferenciar as ladeiras das montañas da caldeira (pero pode ser toda da mesma cor).

Bota 3 culleradas pequenas de bicarbonato sódico no interior da caldeira do volcán e mestúrao con 3 ou 4 pingas (ou unha cullerada se é en po) de colorante alimentario laranxa (vale vermello ou amarelo) e mestúrao co bicarbonato. Finalmente engade o vinagre pouco a pouco e verás como o volcán entra en erupción. A lava comezará a ferver no interior da caldeira e algunha caerá polas ladeiras!

O misterioso lume soterrado baixo terra:

o volcánbandexa de forno

plastilina de cores bicarbonato sódico

vinagre

vaso

colorante alimentario laranxa

Page 2: O misterioso lume soterrado baixo terra: o volcán MATERIAIS€¦ · @mhn.usc /mhnusc @mhnusc O misterioso lume soterrado baixo terra: o volcán QUE SON OS VOLCÁNS? Os volcáns semellan

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

O misterioso lume soterrado baixo terra: o volcán

QUE SON OS VOLCÁNS?Os volcáns semellan ser unha montaña máis. Sen embargo, gardan un segredo no seu interior, son unha vía que comunica o interior da Terra co mundo exterior. A parte visible (a montaña) do volcán chámaselle cono volcánico pola súa forma habitualmente cónica.

As rochas do interior da Terra (o magma) están dentro da cámara magmática e exercen presión na base do volcán. Cando a presión é moi alta prodúcense erupcións volcánicas, o magma agora chamarase lava (rochas fundidas, Tª sobre 1000ºC) e ascenderá ata a cima do volcán ao longo da cheminea principal, desembocando no cráter, por onde sae a lava, que comeza a estenderse polas ladeiras e o entorno do volcán coma se fose un río, formando coladas de lava. Tamén hai chemineas secundarias que desembocan en zonas laterais do volcán. Ademais de lava, os volcáns tamén expulsan gases e cinsas volcánicas (fragmentos pequenos e medianos de rocha sólida). Nalgúns casos as cinsas son levadas a ducias e incluso centos de quilómetros polo vento.

Existen volcáns inactivos, neles non se producen erupcións. Poden estar así centos ou miles de anos e despois volver a ser volcáns activos.

Por que son relevantes os volcáns?Afectan ao paisaxe e ao entorno, os elementos derivados dunha erupción volcánica forman novas estruturas rochosas que, co paso do tempo, se degradan e se converten en solo e xeran novos ecosistemas. Así, o material procedente do interior da Terra acaba dando lugar a nova vida.

O propio cono volcánico é unha estrutura xeolóxica que modifica a paisaxe, afectando ás correntes atmosféricas, á condensación de nubes e ás precipitacións. Polo tanto, o clima vese condicionado.

Como nos afectan os volcáns?As erupcións volcánicas teñen diversos perigos para a actividade humana. A lava pode destruír as casas, campos de cultivo e gando das poboacións máis próximas, así como causar complicacións respiratorias polas nubes de cinsas. Ademais, estas cinsas tamén poden contaminar a auga dos ríos próximos ou a atmosfera (son unha fonte natural de gases de efecto invernadoiro). Por outra banda, a actividade volcánica adoita ter asociada actividade sísmica na zona circundante (polos movementos do magma), podendo causar terremotos (tamén con graves efectos).

Polo tanto, vemos que para as poboacións humanas é moi arriscado vivir no entorno dos volcáns, e debería evitarse. Iso si, non esquezamos que son precisos para a renovación do entorno.

Saber un pouquiño máis...A lava ascendente dos volcáns arrastra ás veces diamantes que foron producidos no interior da Terra (onde se formaron a elevada presión e temperatura), sendo esta vía unha vía pola cal estes diamantes acadan a superficie terrestre.

Page 3: O misterioso lume soterrado baixo terra: o volcán MATERIAIS€¦ · @mhn.usc /mhnusc @mhnusc O misterioso lume soterrado baixo terra: o volcán QUE SON OS VOLCÁNS? Os volcáns semellan

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

QUE APRENDEMOS SOBRE

os volcánsA continuación amósanse 2 figuras idénticas dun volcán, na figura A están identificadas as partes do volcán pero os nomes están situadas no recadro equivocado. Completa a figura B colocando cada nome onde lle corresponda (xa hai 1 colocado a modo de exemplo).

Figura A. Todos os nomes están colocados nun recadro que non lle corresponde.

Figura B. Coloca os nomes nos recadros correctos (cono volcánico xa está onde lle corresponde).