o miñato 13
DESCRIPTION
ÂTRANSCRIPT
ÍNDICE
Conta Contos 3 anos
Os pequenos cociñeiros
As noticias de infantil
Non é unha caixa
Proxecto as miñocas
Invitados en Educación Física
1º Educación Primaria “Querido Balbino”
Lectura Expresiva 2º Educación Primaria
Conmemoración dia Europa 2º Educación Primaria
Visita Muncyt
Van Gogh on a large scale
Find the differences
Renewable Energies
A festa de pixamas
O Colexio embruxado
O rebentacranios
Pasaporte Solidario
Un invitado especial
Coñecemos a Xosé Neira Vilas
O Magosto
O mellor do cole según 6º Educación Primaria
Soluciones Inglés
Contraportadas
Portada: Laura 6º E.P.
Este ano temos un erro na revista, a ver
se o atopades!
OS PEQUENOS COCIÑEROS DO COLE
Os nenos de 3, 4 e 5 anos fixeron, coa axuda das súas mestras e das cociñeiras, mazás asadas para merendar.
INGREDIENTES:
o Mazás (Golden)
o Canela
o Azucre
PREPARACIÓN:
1º Lávanse as mazás.
2º Faise unha pequena cortadura no medio da mazá (só na pel).
3º Sácanse as pepitas cun descorazonador.
4º Bótaselle azucre só na cortadura.
5º Se se quere espolvorear con canela.
6º Métense nunha fuente de forno.
E… A COMER!!!
AS NOTICIAS EN INFANTIL
COINCIDINDO COA CONMEMORACIÓN DA SEMANA DA PRENSA, NO
MES DE MARZO E,COA INTENCIÓN DE FAMILIARIZARSE CUN TEXTO
INFORMATIVO, OS NENOS E NENAS DE 5º E 6º NIVEL DE EDUCACIÓN INFANTIL,
TRAS MANEXAR ALGÚNS XORNAIS, FIXERONNOTICIAS REFERIDAS A
ACTIVIDADES PEDAGÓ XICAS E LÚDICAS REALIZADAS POLO OU NO CENTRO
ESCOLAR. FORON AS SEGUINTES:
“NON É UNHA CAIXA”
OS NENOS E NENAS DE 5º E 6º NIVEL DE EDUCACIÓN INFANTIL,
REALIZAN UNHA SESIÓN Á SEMANA DE “XOGAR A PENSAR”E NUNHA OCASIÓN
LERON UN CONTO TITULADO “NON É UNHA CAIXA”
LOGO TRABALLARON SOBRE EL: CADA UN
DECIDIU EN QUE QUERÍA CONVERTER UNHA CAIXA
DE CARTÓN, DEBUXOUNO E LOGO ESCRIBIRON
UNHA NOTA ÁS FAMILIAS PEDINDO AXUDA PARA
TRANSFORMAR A CAIXA NAQUELO QUE DEDIDIRAN.
NAS SEGUINTES IMAXES PÓDESE APRECIAR OS
RESULTADOS DO TRABALLO, A IMAXINACIÓN E A
CREATIVIDADE DAS FAMILIAS:
PROXECTO “AS MIÑOCAS”
UN DÍA DE CHOIVA, DE TANTOS QUE TIVEMOS NESTE CURSO, CANDO
O ALUMNADO DE INFANTIL ESTABA ENTRANDO NAS AULAS POLA MAÑÁ,
ATOPARON UNHA MIÑOCA NA ENTRADA E VIÑERON CONTARMO TODOS
ASOMBRADOS, POLO QUE, ANTE A EXPECTACIÓN, OS NENOS E NENAS DE 5º
E 6º NIVEL DE DECIDIMOS INVESTIGAR MÁIS SOBRE ESTE ANIMAL.
PRIMEIRO APUNTAMOS AS COUSAS QUE SABÍAN E QUE QUERÍAN SABER
SOBRE A MIÑOCA E ONDE PODERÍAMOS ATOPAR A INFORMACIÓN. DESPOIS
FOMOS Á BIBLIOTECA PARA BUSCAR LIBROS QUE NOS CONTARAN ALGO
SOBRE ESTE VERME E TAMÉN TROUXERON INFORMACIÓN DA CASA
A MEDIDA QUE ÍAMOS LENDO LIBROS DESCUBRIMOS QUE FACÍA
TÚNELES BAIXO A TERRA POLO QUE NOS PARECÍA INTERESANTE PODER
VELOS. ASÍ QUE DECIDIMOS BUSCAR AXUDA CO PAI DE JOEL QUE ERA
CARPINTEIRO, PARA QUE NOS FIXESE UN CAIXÓN CON BORDES DE MADEIRA
PERO CON CRISTAL (MELLOR METACRILATO) NOS LADOS PARA PODER
OBSERVAR AS MIÑOCAS CANDO ESTIVESEN DENTRO.
CANDO XA TIÑAMOS O CAIXÓN FEITO, METÉMOSLLE TERRA E AREA DENTRO
XUNTO CON ALGUNHA FOLLA EN DESCOMPOSICIÓN PARA QUE SE
ALIMENTARAN E TAMÉN AUGA. AGORA SO FALTABA BUSCAR AS MIÑOCAS
NA NOSA HORTA (TROUXÉRONAS UN PAR DE NENOS EN 2 OCASIÓNS DA
CASA PERO CHEGABAN MORTAS OU CASE).
A MAIORÍA NON QUIXO TOCALAS, PERO UNS CANTOS COLLÉRONAS NA
MAN. ALGÚN CHILLABA CANDO VÍAN COMO SE EXTENDÍA NUNHA BANDEXA
ANTES DE METELAS NO CAIXÓN.
DESPOIS, CO PASO DOS DÍAS E, COA AXUDA DUNHA LANTERNA TAPADA CUN
PAPEL VERMELLO PARA QUE NON LLE AFECTE A LUZ, OBSERVAMOS COMO
ÍAN FACENDO TÚNELES.
APRENDEMOS MOITAS COUSAS SOBRE ESTE VERMIÑO TAN ESCURRIDIZO:
- PERTENCE Á FAMILIA DOS ANÉLIDOS PORQUE TEN O SEU DELGADO
CORPO FORMADOPOR ANEIS, E Á CLASE DOS OLIGOQUETOS PORQUE OS
ANEIS TEÑEN UNHAS PEQUENAS CERDAS OU QUETOS QUE LLE AXUDAN A
DESPLAZARSE E A ESCARBAR A TERRA.
- VIVE EN GALERÍAS QUE EXCAVA BAIXO A TERRA CHAMADAS
LOMBRIGUERAS. NON SAE DE DÍA PORQUE É SENSIBLE Á LUZ E ADEMAIS
PRECISA ESTAR HÚMIDA SENÓN PODE SECARSE, POR ISO SAE Á SUPERFICIE
NOS DÍAS DE HUMIDADE E POLAS NOITES CANDO APROVEITA PARA
ALIMENTARSE E PROCREAR.
- É DE COR ROSADA, SOE MEDIR ENTRE 2 E 5 CM. PERO ALGUNHA ESPECIE
PODE CHEGAR AOS 30 CM., E VIVE ENTRE 4 E 5 ANOS. É UN INVERTEBRADO
E TEN RESPIRACIÓN CUTÁNEA. NON TEN SENTIDOS AGÁS UNHAS SENSIBLES
CÉLULAS CUTÁNEAS QUE LLE PERMITEN DIFERENCIAR O DÍA E A NOITE E
DETECTAR VIBRACIÓNS CANDO SE ACERCA UN INIMIGO.
CLITELO
ANO
BOCA
- SON HERMAFROTIDAS PERO PRECISAN APAREARSE PARA FECUNDAR.
LOGO CADA MIÑOCA PON O SEU CAPULLO ONDE DEPOSITA OS ÓVULOS E OS
ESPERMATOZOIDESXUNTO CUN LÍQUIDO QUE SEGREGA DO CLITELO E
DESPOIS ENTÉRRAO. A POSTA DE OVOS É DE 45 A 60 DÍAS, DENTRO DE CADA
UN SAE ENTRE 2 E 4 CRÍAS E O TEMPO DE XESTACIÓN DURA ENTRE 2 E 4
SEMANAS.
- ALIMÉNTASE DE MATERIA ORGÁNICA EN DESCOMPOSICIÓN QUE ENGULLE
XUNTO COA TERRA A MEDIDA QUE VAI CAVANDO.
- TEN UN IMPORTANTE PAPEL NO ECOSISTEMA PORQUE:
* É USADO COMO CEBO NA PESCA
* CONTRIBÚE A ENRIQUECER A TERRA PORQUE ARRASTRA RESTOS
VEXETAIS ÁS GALERÍAS QUE EXCAVA CONVERTÍNDOSE EN ABONO PARA AS
PLANTAS.
* REMOVE E AIREA A TERRA GRAZAS AOS TÚNELES QUE EXCAVA,
AXUDANDO A QUE SE FILTRE A AUGA E NON HAXA EROSIÓN NOS SOLOS EN
ÉPOCAS DE CHUVIAS.
* PRODUCE ABONO ORGÁNICO PORQUE OS SEUS EXCREMENTOS,
CHAMADOS PELLAS, SON NUTRIENTES DE ALTA CALIDADE PARA A TERRA, O
DENOMINADO HUMUS DE LOMBRIZ.
* SERVE DE ALIMENTO A MOITOS ANIMAIS COMO PAXAROS, RATAS,
TOUPAS, SAPOS, PORCOTEIXOS, ETC
INVITADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA
Un ano mais contamos con visitas de auténticos “expertos” en diversos deportes que nos
iniciaron na práctica de Balonmán e Baloncesto.
Ambas actividades desenvolveronse nos primeiros meses do curso . Balonmán durante duas
semanas e Baloncesto unha. Queremos agradecer dende o centro a súa colaboración e
convidar ós monitores e monitoras a que repitan para o ano que ven.
1º de Educación Primaria.
Homenaxe a Xosé Neira Vilas co gallo do 50 aniversario da
publicación de “Memorias dun neno labrego”. Despois de que
a mestra nos lera un capítulo cada día na hora de ler,
fixemos un debuxo de cada un deles, escribimos o título, o
principio e o final.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTARAN OS NOSOS
DEBUXOS!!
Lectura expresiva preparada por el alumnado de 2º de Educación Primaria.
Este cuento fue leído en la Sala Castelao para el alumnado
de Educación Infantil en la Hora de Leer.
Si quieres escuchar y ver el cuento,
haz clic AQUI
Este cuento es de la Editorial Blume, colección
Bichitos Curiosos. Autor: Antoon Krings.
O alumnado de 2º de Educación
Primaria, presenta o traballo realizado
no Ceip Plurilingüe Pepe de Xan Baña
co motivo da conmemoración
do Día de Europa.
PREME AQUÍ PARA VER A PRESENTACION.
VISITA AO MUSEO NACIONAL DE CIENCIA E TECNOLOXÍA DA CORUÑA
O día cinco de abril, os alumn@s do 2º e 3º ciclo de primaria, visitamos o
MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña).
O primeiro que visitamos foi a sala iberia, e o que máis nos impresionou
foi o “Boeing 747”, chamado Lope de Vega, da compañía Iberia, que tiña un
peso de 200 toneladas e dous pisos.
Construíuse en Seatle, e realizou 15.000 voos. Púxose en funcionamento en
1970 e estivo 22 anos en activo. Consumía un litro de combustible cada
segundo. O queroseno, ía nas alas que eran ocas, e as veces ,tamén na
cola.Tiña unha capacidade para cincocentas persoas . As obras de Picaso
viñeron na bodega deste avión a España, xa que durante a época da
dictadura, leváranas a Nova York.
Vimos distintas partes do avión:
Turbina
Parte frontal do Boeing 747 cabina Boeing 747
tu
corte de á tren de aterraxe
O avión aislábase con fibra de vidro, As ás levaban panal de abella
para soportar as temperaturas baixas . resistente, lixeiro e flexible.
Vaia rodas!!!
E…, incluso puidemos disfrutar como se fixeramos a nosa viaxe soñada en
primeira clase.
Despois do impresionante Boeing 747, vimos distintas máquinas de
escribir, e como fomos evolucionando, no plano da tecnoloxía ( máquinas para
facer códigos, vendida por Hitler coa que mandaban mensaxes, máquinas de
cálculo, ordenadores, …, etc)
A continuación, recibíronos uns robots (Marilú e Pepexán), moi
simpáticos e con ollos de cores, que nos falaron dos obxectos expostos.
Noutra das salas co lema “Somos ananos, subidos ao lombo de xigantes”
observamos distintos aparellos moi importantes no campo da física e
química.
E… finalmente vimos vídeos e maquetas, sobre as casas bioclimáticas .
Tamén, tivemos tempo para recuperar enerxía, na nosa visita.
Alumn@s de 3º e 4º de primaria.
Click here to watch a Sunflowers video
SSSuuunnnffflllooowwweeerrrsss
Click here to watch a Starry night video
SSStttaaarrrrrryyy nnniiiggghhhttt
Making of… Starry night
Can you find these objects in the picture? Match words and photos.
blue cellophane wind
black felt mountain
yellow balls church
green rope and cotton stars
construction blocks houses
blue cone sky
Look at some of our school artists… Can you find 8 differences?
Complete the words with the missing letters and match:
_ _ND
S_LA_ _AN_ _
_ U _
_ _ ND M _ _ L
R _ _N
_L_ _D
A FESTA DE PIXAMAS
Durante o recreo, varias nenas quedaron para ir á casa de Lidia.
Cando se fixo de noite, estaban todas un pouco aburridas e Lidia dixo:
-Por que non facemos unha festa de pixamas?
- Sí, por que non? –contestaron todas.
De repente, escoitaron un ruido. Lidia era a que tiña máis medo,
pero tamén a máis valente. Foi a única que se atreveu a ir ver o que
pasaba.
Ao darse a volta, viu unha enorme sombra que cada vez estaba máis
preto e berrou:
- Correde, correde!
Pensou que era un vampiro, porque no espello non se reflexaba
nada. Estaba a punto de saírlle o corazón do sitio, cando viu uns
pratos con moitas rosquillas e dixo:
- Isto non creo que sexa obra dun vampiro!
Nese momento, escoitouse a voz da nai de Lidia que dixo:
- Nenas, xa vai sendo hora de durmir!
Todas quedaron tranquilas e decidiron ler un conto, a poder ser, que
non fora de vampiros.
PAULA MOURELLE SENRA 3º E.P.
O COLEXIO EMBRUXADO
Alá polo mil novecentos catorce, unha bruxa maldeceu este colexio e aínda
hoxe non se sabe a causa. Dixo, que no ano dous mil doce, no día do Samaín, miles
de seres malvados o atacarían.
Hoxe, día do Samaín estabamos no corredor celebrando, cando de repente
quedou todo a escuras e… miles de seres malvados saíron das aulas!
Todos berramos co susto que levamos, aínda que as mestras nos intentaban
tranquilizar pero os monstros berraban:
-Mares de sangre, soles menguantes, lúas ardentes e terra crecente!
Non entendiamos nada do que estaban dicindo. Xosé, o conserxe, deunos
ferramentas e as cociñeiras utensilios de cociña para defendernos. Pasados uns
minutos o micrófono fixo un ruído arrepiante e unha bruxa púxose a falar, e dixo:
- Queridos monstros, estamos cansos de que nos ignoren, nos valemos moito.
Non merecemos que nos traten así! Queremos que estean máis con nós na
biblioteca, e que non só pensen en xogar.
Nerea, entón, díxome que tiñamos que descubrir como rematar con eles, así que
fomos á sala Castelao e alí falamos. Alicia escoitou un ruído que proviña da
biblioteca, así que decidimos ir.
O que vimos alí, creo que nunca o volveremos ver. Eran os personaxes dos
contos que estaban cobrando vida !
Rápidos como lóstregos, fomos avisar a Laura e ela díxonos:
- Sabía que os vira antes, pero non lembraba onde! Lourdes, a nosa titora,
díxonos dun pasadizo para ir ao soto. Antes alí, tempos atrás, houbera unha
biblioteca e tiñamos que atopar unha solución a tanto misterio.
Alí, atopamos o feitizo para que desapareceran e volvemos para o corredor a
fume de carozo, e todos os nenos e nenas de cuarto berraron:
- Bruxas piruxas, monstros e vampiros que estes bichos desaparezan nun
suspiro!
Os monstros desapareceron de súpeto, e nós seguimos coa celebración.
ROCÍO GARCÍA SUÁREZ 4º E.P.
O rebentacranios
Unha noite de Samaín, tres rapaces ían pedindo gominolas e caramelos polas casas da
vila. Só había unha casa á que non se atrevían a entrar; aterráballes como a todo o
mundo. Puxéronlle valentía e, ao final, entraron, timbraron e a porta abriuse un pouco. Os
nenos descubriron con asombro que a casa era limpa e xigantesca, cunhas escaleiras que
parecían chegar ao ceo. Arriba estaba todo escuro e non se vía nada. Había un corredor
que parecía que non se acababa cheo de portas de cor marrón. Atopáronse cun home de
voz ronca que lles meteu un susto de morte. Os nenos aterrados preguntáronlle quen era e
el díxolles: - Chámome ``o Rebentacranios´´. Eles pensaron que só sería un apodo pero
non estaban no certo. O home preguntoulles se querían quedar a cear, pero eles
contestáronlle que non porque as súas nais estábanos esperando. O Rebentacranios
díxolles que el tiña moita fame e que ía rebentarlle o cranio. Os nenos comezaron a correr
diante del ata que os pillou. O Rebentacranios engaiolounos mentres que preparaba uha
pota de puré para acompañar cos cerebros dos nenos. O neno máis listo viu a chave tirada
ao lado da gaiola e observou que os barrotes estaban bastante separados. Así que, como
era fraco, meteuse por entre eles, colleu a chave e salvounos a todos.
Cando chegaron á casa, contáronlle todo ás súas nais e nunca máis voltaron a esa
misteriosa casa.
Así que ten coidado porque che pode pasar calquera cousa mentres que estés na cama
durmindo. Moito ollo!
E. David Barbeira Gallardo (6º de E.P)
COMISIÓN DE CONVIVENCIA ESCOLAR
PASAPORTE SOLIDARIO
Este curso decicimos embarcarnos nesta aventura
solidaria da man da Consellería de Traballo e Benestar, e da
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Na actividade participaron os nenos e nenas de 3º, 4º,
5º e 6º, cada neno recibiu un pasaporte con propostas para
levar a cabo accións solidarias, e estiveron traballando arreo
para completalo.
Algunhas nenas de 6º curso elaboraron un mural moi
xeitoso, e o Director Xeral visitounos para animarnos a seguir
sendo solidarios.
UN INVITADO ESPECIAL
O día 31 de novembro, no noso colexio, celebramos o Samaín. Este ano tivemos un invitado novo, xa vos imaxinaredes quen é! Un amigo un pouco fraco. Alina fixo unha presentación sobre cómo se celebra o Samaín (Halloween) en Canadá.
Despois fixeron a entrega de premios: de cabazas decoradas, historias de terror e
debuxos de medo. Fixemos un xogo moi divertido, ruidoso e con moitas sorpresas. O xogo consistía en: había varios globos nun recinto, soaba unha música e cando paraba, cada neno explotaba un e recollíase a sorpresa do interior.
Tamén decoramos o centro cun monstruoso decorado: tumbas, arañas, esqueletos, fantasmas… ¡E o mellor de todo, as cabazas dos alumn@s e os profesores disfrazados terrorificamente!
Alumno@s 5º
COÑECEMOS A XOSÉ NEIRA VILAS
O día 8 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de E.P. fixemos unha visita ao edificio do
multiusos en Santa Comba, para coñecer ao escritor Xosé Neira Vilas. Inauguraba a
exposición “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego”.
Antes da visita limos o libro que estará sempre no noso corazón. Resultounos moi
entrañable e, aínda que sexa un pouco triste, ten o seu toque de humor.
Os centros educativos de Santa Comba elaboramos para ese día diferentes
actividades: presentación con imaxes, lectura dun capítulo do libro, redacción
dunha carta. Na nosa opinión a actuación que fixemos os/as alumnos/as o CEIP
Plurilingüe Pepe de Xan Baña foi a máis orixinal. Interpretamos unha peza musical
moi fermosa titulada “Querido Balbino”, que, de seguro, lles encantou a todos.
Logo tivemos a oportunidade de facer de periodistas por un día e Neira Vilas
contestou ás nosas preguntas. Foi moi especial xa que era a primeira vez que
falabamos cun escritor tan importante. É amable, educado, moi simpático e
gracioso porque, cando lle facíamos unha pregunta, el saltaba con outra cousa.
Ao final, Neira Vilas comentounos que se queríamos un autógrafo fixeramos unha
fila. Moitos/as non nos acordamos de levar o libro pero amablemente asinounos
nun papeliño. Á nosa directora, Bea, firmoulle no libro e na pandeireta. Que sorte!
Alumnado de 6º de E.P.
O magosto
Este ano , como de costume, celebramos o
Magosto. Pero este ano foi diferente porque
veu un “castañeiro” e así non trouxemos
castañas nin leña, porque xa trouxo el
todo o preciso.
Os de primeiro, segundo, e terceiro Os de primeiro, segundo, e terceiro fixeron outro que consistía en encestar as castañas nunha lata colocada a media altura
Co seu vehículo con motor de moto , ensinounos as súas partes: abaixo o asadeiro , no centro o secador e arriba o deshumificador.
Os de cuarto, quinto e sexto un que consistía en meter unha castaña nun círculo cun pau de hockey.
Durante a celebración fixemos xogos. Os de infantil fixeron un xogo que consistía en que os participantes levaban unha castaña nunha culler sen que lle caera.
As nais e pais e algunhas mestras participaron nun xogo que consistía na bomba,. pero con castañas, gañou a nai de Fran. Para rematar comemos castañas e bebemos leite, despois cada un se marchou para a súa casa.
Alumn@s de 5º
Can you find these objects in the picture? Match words and photos.
blue cellophane wind
black felt mountain
yellow balls church
green rope and cotton stars
construction blocks houses
blue cone sky
Look at some of our school artists… Can you find 8 differences?
Complete the words with the missing letters and match:
WIND
SOLAR PANEL
S UN
WIND MILL
RAIN
CLOUD
O érro do Miñato era a foto repetida e fora de lugar da
páxina sobre o magosto. Moi ben!
Luana E.I. Brais E.I.
Fabio 1º E.P. Andrea Gomez 4º
E.P.
Podes ver mais fotos na Galeria da web do centro:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/
E ver novidades no blog:
http://colexiodetraba.blogspot.com.es/