o coelliño branco

24
O coelliño branco

Upload: guest7ccaed6

Post on 24-May-2015

5.878 views

Category:

Travel


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: O CoelliñO Branco

O coelliño branco

Page 2: O CoelliñO Branco

Érase unha vez un coelliño branco, que estaba canso de ter esa cor. Así que un día púxose a experimentar coa pintura....

Page 3: O CoelliñO Branco

Primeiro colocou dous botes, un amarelo e outro azul. O amarelo encheuno de pintura amarela, e o azul encheuno de pintura azul.

Page 4: O CoelliñO Branco

Logo puxo un bote vermello e

encheuno de pintura vermella.

Page 5: O CoelliñO Branco

Ao coello gustoulle moito a

pintura amarela que estaba

no bote e acordou probar a

pintarse desa cor. Igual

quedaba moi guapo!

Page 6: O CoelliñO Branco

E, sen agardar máis, plaff,

meteuse dentro do bote.

Page 7: O CoelliñO Branco

E o coelliño branco quedou

convertido nun coelliño

amarelo.

Page 8: O CoelliñO Branco

Ao coelliño pareceulle

moi divertido e acordou

meterse agora no bote de

cor vermella. Que

pasaría?.

Page 9: O CoelliñO Branco

O coelliño quedou de cor

laranxa. Pero non lle

gustou moito.Acordou empezar de novo

Page 10: O CoelliñO Branco

O coelliño deuse

unha boa ducha

con auga fresquiña

para recuperar a

súa cor branca.

Page 11: O CoelliñO Branco

Que pasaría se se metera no bote de pintura vermella agora que volvía ser branco?

Page 12: O CoelliñO Branco

Pois que agora era

completamente vermello.

Page 13: O CoelliñO Branco

Pero aínda tiña ganas de xogar máis, así que meteuse no

bote de cor azul.

Page 14: O CoelliñO Branco

Que divertido é

este xogo!

Page 15: O CoelliñO Branco

E se agora probo co bote vermello?, pensou o coelliño.

Page 16: O CoelliñO Branco

Anda!, agora é de cor

lila. Que pavero!

Page 17: O CoelliñO Branco

O coelliño acorda

darse outra ducha.

Esa cor lila é moi

estraña para un

coello. Que diría a súa

nai se o vira desa

cor?

Page 18: O CoelliñO Branco

Unha vez limpo, acorda bañarse na cor azul, agora que volve ser branco.

Que pasará?

Page 19: O CoelliñO Branco

E se agora me volvo meter na cor amarela, di o coelliño. De que cor me volverei?

Page 20: O CoelliñO Branco

Agora o coelliño é verde. Non é unha boa cor para un coello. Van confundilo coa herba.

Page 21: O CoelliñO Branco

Vai ser mellor darse outra ducha.

Ei, pero que ocorre?.

Anda, a ducha quedou sen auga...

E agora que vou facer?, pensa o coello. El non quere ser un coello verde.

Ningún coello é verde.

Page 22: O CoelliñO Branco

Auga non queda, pero

pintura vermella si.

Probarei?

Page 23: O CoelliñO Branco

Por probar nada se perde e xa estou todo pintado.

A ver que pasa.

Page 24: O CoelliñO Branco

Agora o coelliño branco xa non o é. Agora é marrón. Como me gusta esta cor!