noz moscada

13

Upload: iesasorey

Post on 18-Jun-2015

106 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Noz moscada
Page 2: Noz moscada

NOMES

Myristica fraganscastelán: mirística, nuez

moscadainglés: nutmeg

francés: noix de muscade, muscadier

portugués: noz moscada

Page 3: Noz moscada

DESCRICIÓNÁrbore que pode acadar ata 30 m de altura.

Page 4: Noz moscada

TALOleñoso (toro)

RAÍZtípica

Page 5: Noz moscada

FOLLASPersistentes, simples, alternas, de cor verde escura, de forma oval-apuntada, de 5-15 cm de longo por 2-7 cm de ancho, con peciolos de 1 cm.

Page 6: Noz moscada

FLORESÉ unha especie dioica. As flores teñen forma de campá, son carnosas e de cor amarela crara.

Page 7: Noz moscada

FROITOSDrupas ovoides de cor amarela de 6-9 cm de lonxitude e un diámetro de 3,5 a 5 cm. No interior hai unha semente de cor púrpura-castaña cuberta por un arilo ou codia carnosa, de cor vermella.

Page 8: Noz moscada

CICLO E CULTIVOA árbore ten unha velocidade de desenvolvemento media. Dende a súa plantación poden pasar 8 anos de media ata que comece a dar froitos. A árbore é lonxeva, podendo dar froitos, pasados os 40 anos, aínda que a produción diminúe notablemente. En plena produción pode dar ata 2.000 froitos por árbore.

Page 9: Noz moscada

PRODUCIÓNA produción mundial de noz moscada é dunhas 12.000 toneladas ao ano e a de macís arredor de 2.000. Os principais produtores son Indonesia e Granada seguidos da India, Singapur, as Antillas, Papúa-Nova Guinea, algunhas illas caribeñas, Colombia, Brasil...

Page 10: Noz moscada

USOSSemente (noz moscada): utilizada como especia en moitas das culturas occidentais e orientais. É ingrediente indispensable na fabricación de salchichas alemanas. Tamén ten usos farmacéuticos e mediciñais, así como na industria do perfume.A cuberta da semente (macis) tamén se emprega como especia.Da árbore obtéñense aceites e manteigas.

macis

Page 11: Noz moscada

CURIOSIDADESEn doses moi altas a noz moscada pode resultar tóxica. Funciona como un alucinóxeno e pode provocar danos hepáticos, deshidratación e convulsións. Noutros tempos foi empregada como abortivo.

Page 12: Noz moscada

ORIXE E HISTORIAÉ orixinaria das islas Molucas, Indonesia. Foi una especia moi valorada na Idade Media e o comercio estaba dominado polos árabes. Incluso era empregada para previr a peste.A partir de finais do século XV o comercio foi controlado por Portugal e a partir do XVII polos holandeses.

Page 13: Noz moscada

Nuria Domínguez Lago