museo liste etnogrÁfico de vigo programaciÓn 4º …escolma de pezas procedentes do museo liste de...
TRANSCRIPT
-
MUSEO LISTE– ETNOGRÁFICO DE VIGO
PROGRAMACIÓN 4º TRIMESTRE
(OUTUBRO, NOVEMBRO, DECEMBRO)
2020
-
En cumprimento da normativa sanitaria vixente, pregamos teñan en
conta as seguintes indicacións de carácter xeral:
Uso obrigatorio de máscara.
Uso do xel desinfectante.
Distancia interpersoal de seguridade.
Non está permitido entrar con alimentos ou bebidas.
Siga a sinalización dos percorridos indicados no interior das salas.
Non tocar as pezas e elementos expositivos.
Aforo limitado.
Siga as indicacións do persoal do museo.
Debido ás limitacións impostas pola nova realidade sanitaria, estamos a
traballar para ofrecer máis e mellores contidos culturais tanto pre-
senciais como online a través da nosa páxina web e do blog que prevemos
estará operativo, integramente, decontado.
-
SALAS TEMÁTICAS
Os tecidos
Simboloxía dos oficios
O peche
A madeira escavada
A luz
A materialidade da fe
A arte de curar
O centeo
A rotulación dos contidos permite a realización de percorridos
autónomos
VISITAS GUIADAS: (máximo 25 persoas)
Grupos previa solicitude
EXPOSICIÓN
PERMANENTE
-
A MESA FARTA
ETNOLOXÍA E CULTURA ALIMENTARIA DE GALICIA
Escolma de pezas procedentes do Museo Liste de Oseira e de diversas
coleccións particulares distribuídas en oito recantos que dan conta do seu
significado e uso, reflectindo a evolución da cultura alimentaria en Galicia
e a dos obxectos vencellados a ela nos séculos XIX e XX.
1º recanto: as bebidas.
2º recanto: a preparación dos alimentos.
3º recanto: complementos esporádicos: caza e pesca.
4º recanto: a horta.
5º recanto: o servizo de mesa.
6º recanto: a infancia.
7º recanto: produtos da tenda (os que non se autoproducen).
8º recanto alimentos sólidos (básicos).
Comisariado da exposición e textos: Xavier
Castro.
Lugar: Sala de Exposicións Temporais.
Datas: prorrogada ata final de ano.
A TER EN CONTA
A exposición permanente aco-
lle pezas referidas a esta temá-
tica. O visitante que o desexe
pode complementar a visita
cun percorrido por estas salas
para as que se aplicarán as
tarifas de entrada ao museo.
EXPOSICIÓN
TEMPORAL
ENTRADA GRATUÍTA
-
EXPOSICIÓN
TEMPORAL
ENTRADA GRATUÍTA
DO PAÍNZO AO MILLO: OS MIL GRANS
Mostra temporal composta por preto de 50 pezas coas que coñecer parte
da historia alimentaria de Galicia a través dun cereal: o millo.
Catro bloques enriquecen esta viaxe a través do gran: historia da planta
coas diversas variedades que dela existen (branco, pego, corvo, …), o
pan, os múltiples usos e recursos do millo e os exemplos de arquitectura
adxectiva con el relacionada.
Pezas e documentación: Rubén Berto Covelo e Museo Liste.
Lugar: Sala didáctica “O devir das estacións”.
Datas: ata final de ano.
-
EXPOSICIÓN
TEMPORAL E
PROXECTO
SORORIDADE
ENTRADA GRATUÍTA
SORORIDADE
Este proxecto xorde como un espazo de concienciación da necesidade
dunha educación en igualdade, un lugar de convivencia á vez que de
compromiso social a través de obras que inviten á reflexión.
O seu título Sororidade define a irmandade entre mulleres, concepto que
abrangue moitas formas, todas encamiñadas ao apoio mutuo entre elas.
Dende principios do 2019, o Museo acolle distintas creacións producións
artísticas que particulares e diversos colectivos veñen realizando dentro
do proxecto.
Ata o momento teñen sido exhibidas 13 obras realizadas por asociacións,
centros educativos, artistas e estudantes de Belas Artes.
O proxecto continúa aberto á participación.
Lugar: diversas salas do museo.
Se estades interesados en
participar con algunha
proposta, podedes poñervos
en contacto co Museo.
-
EXPOSICIÓN
TEMPORAL
ENTRADA GRATUÍTA
O NADAL NA TRADICIÓN
Como todos os anos nestas datas, o Museo acolle a exhibición dunha
escolma de nacementos e tarxetas de Nadal de diversas épocas e luga-
res.
Lugar: Salas do Museo.
Datas: do 9 de decembro ao 8 de xaneiro.
-
PERCORRIDO
TEMÁTICO
1 EURO /PARTICIPANTE
PARA GRUPOS PREVIA
SOLICITUDE
A CULTURA ALIMENTARIA
Visitas especiais guiadas que abondan no tema proposto na exposición
temporal “A mesa farta. Etnoloxía e cultura alimentaria de Galicia” .
A través dun percorrido temático pola exposición permanente do Museo
que rematará na devandita exposición temporal comisariada por Xavier
Castro, analizaremos os obxectos relacionados co xantar .
Duración: 60 m. (duración aproximada).
Lugar: salas de exposición permanente e temporal.
Dirixido a: todos os públicos
-
SAMAÍN: O CALENDARIO CELTA
Descuberta do aninovo celta e historias arredor desta festa, o seu valor no
calendario e a relación con outras formas de contabilizar o tempo.
Parte teórica: orixe e características do Samaín e dos calendarios.
Xogo: “ Cada celebración na súa estación”, xincana de relación con ele-
mentos que as monitoras unirán segundo indicacións dos participantes.
Poderán traer cabazas decoradas para concurso e visitaremos un altar de
mortos mexicano como comparativa intercultural.
Lugar: salas do Museo.
Datas: do 27 ao 31 de outubro.
Duración: 45 m.
Dirixido a: Educación Infantil e Primaria (25 nenos/as)
NADAL: O CARBÓN DO APALPADOR.
Coñeceremos ao mítico Apalpador, vello carboeiro que baixa dende as
montañas no Nadal para ofrecer castañas ou... carbón.
Parte teórica: historia do Apalpador e outras figuras semellantes.
Visita á mostra “O Nadal na tradición”: tarxetas de nadal de diversas da-
tas e unha escolma de nacementos.
Poderán traer figuras para o belén ou tarxetas de Nadal para a árbore.
Deberán estar feitas por eles cos materiais que desexen.
Lugar: salas do Museo.
Datas: do 15 ao 19 de decembro
Duración: 45 m.
Dirixido a: Educación Infantil e Primaria(25 nenos/as).
ACTIVIDADES
CÍCLICAS
1 EURO /PARTICIPANTE
PARA GRUPOS PREVIA
SOLICITUDE
-
OS SONS DO TRABALLO
A martelada do ferreiro, as ovellas do pastor, a máquina de coser da
costureira, … son o punto de partida dunha xincana de recoñecemento
dos oficios tradicionais a través de sons con eles relacionados.
Dirixido a: Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria.
MAXIA E MENCIÑA NAS ÁRBORES
As árbores amais de provernos de materiais para a fabricación,
atesouran numerosas calidades vencelladas coa curación e a maxia.
Dirixido a: todos os públicos
A MADEIRA
A importancia e versatilidade da madeira obrigan a coñecer os seus
aspectos máis relevantes como tipos e usos.
Dirixido a: Educación Infantil e Primaria.
ACTIVIDADES
COMPLEMENTARIAS
PARA GRUPOS PREVIA
SOLICITUDE
A c t i v i d a d e s
incluídas nos
p e r c o r r i d o s
guiados .
-
TALLERES DE
COÑECEMENTO
40 EUROS / GRUPO
PREVIA SOLICITUDE
INSTRUMENTOS HUMILDES
Actividade que aborda con demostración práctica:
Clasificación e breve historia dos instrumentos.
Variedade nos modos de tocar.
Variedade nos ritmos (alalá, muiñeira, alborada, …)
Distintos momentos de uso (festas, foliadas, comparsas…)
Mostras do cancioneiro popular (coplas, nanas…)
Achegamento aos instrumentos doutras culturas.
O discurso do monitor leva a agrupar os instrumentos en:
Obxectos construídos co fin de tocar.
Obxectos de uso cotiá utilizados como instrumentos.
Xoguetes sonoros ou que imitaban instrumentos.
Duración: 60 minutos.
Monitora: Erica Iglesias Neira.
Lugar: Salas do Museo ou xardín circundante.
Dirixido a: todos os públicos. 40 euros/grupo (máximo 20 persoas).
-
ACTIVIDADES
ESPECIAIS
1 EURO /PARTICIPANTE
PARA GRUPOS PREVIA
SOLICITUDE
EN PERIGO DE EXTINCIÓN
Moitos oficios veñen desaparecendo debido ao avance tecnolóxico e ás
mudanzas en usos e costumes. Tal é o caso dos carteiros, os fareiros, os
reloxeiros, os mineiros, .... É por iso que o Museo tenta prestar unha
atención especial a estas ocupacións dentro da temática recollida na
súa sala “ Simboloxía dos oficios”.
A actividade constará de:
Parte teórica: introdución ao mundo dos oficios con especial atención
aos que xa non existen ou están a piques de desaparecer.
Parte expositiva: pezas e elementos relacionados con eles.
Parte colaborativa: os participantes farán, con anterioridade a súa vi-
sita, un pequeno traballo de campo sobre o tema axudados polos ma-
teriais que lles serán enviados. Poderán traer, así mesmo, pezas rela-
cionadas con algún deses oficios que quedarán expostas de xeito tem-
poral no Museo.
Lugar: salas do Museo.
Datas: a partir do 3 de novembro.
Duración: 60 m.
Dirixido a: Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato e adultos
(máximo 25 participantes)
-
ACTIVIDADES
ESPECIAIS
1 EURO /PARTICIPANTE
PARA GRUPOS PREVIA
SOLICITUDE
SENLLEIROS E OS SEUS SENDEIROS
O obxectivo desta proposta é dar a coñecer personaxes senlleiros
relacionados coa cidade a través dun audiovisual e da mostra de
obxectos pertencentes a algúns deles que entraron a formar parte da
colección do Museo mediante doazóns. Trataranse figuras relevantes
vencelladas a Vigo, como Cesáreo González e o cine, Sanjurjo Badía e a
fábrica Industriosa, Ángel Núñez e os emplastos Winter, López de Neira
e a luz eléctrica, o Pichón e a súa sona como compoñedor...etc.
A actividade constará de:
Parte teórica: achega á temática proposta co apoio audiovisual.
Parte expositiva: fotografías, pezas , así como un percorrido visual polos
recantos urbanos con eles relacionados.
Lugar: salas do Museo.
Datas: a partir do 1 de decembro.
Duración: 60 m.
Dirixido a: Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e adultos
(máximo 25 participantes)
-
O MUSEO VIAXA
DEMOSTRACIÓNS
NÓMADES
QUEN FAI UN CESTO FAI UN CENTO
Demostracións de cestería tradicional en institucións que así o soliciten.
OUTRA VACA NO MILLO
Achegamento á cultura do millo e da súa pegada en Galicia a través dunha
introdución teórica: orixe, tipos e usos culturais que recolle, non só o uso do
gran senón tamén o do follato para o tecido de cestos e outras pezas.
Exhibirá diferentes tipos de millo, pezas de cestería elaboradas con follato,
debulladora manual, muíño de man e reprodución de cabaceiro
O artesán cesteiro Rubén Berto Covelo desprazarase ata o centro onde
realizará a exhibición.
Datas: 4º trimestre do ano.
Duración: 90 minutos (duración aproximada).
Dirixido a: institucións de Vigo e da s úa área de influencia, previa
solicitude.
Monitor: Rubén Berto Covelo.
Actividades gratuítas
(atenderanse 6 solicitudes
por rigorosa orde de reserva)
Información e reserva:
986244698
-
XORNADAS
PARA A
COMUNICACIÓN
En función da evolución das circunstancias sanitarias, prevese, neste
trimestre, a realización dunha “Xornada para a comunicación” que
coincidirá coa presentación do catálogo da exposición temporal “A mesa
farta. Etnoloxía e cultura alimentaria de Galicia” e que será
convenientemente difundida.
-
CONVOCATORIAS
CONCURSOS
Este ano, ante a excepcional situación sanitaria que imposibilitou o
normal desenvolvemento dos concursos de relatos e fotografía que cada
ano se promoven co gallo da celebración do Día das Letras Galegas e Día
Internacional dos Museos, ampliamos os prazos de recepción de obras ata
o 1 de novembro, de xeito que se resolvan e se entreguen os premios no
mes de decembro.
VIII CONCURSO DE RELATOS PARA NENAS/OS
A proposta para o 2020, baixo o lema “Un conto chinés”, convídavos a
que creedes unha narración marabillosa na que se mesturen realidade e
ficción como exercicio literario que nos nutra de novas historias e
personaxes que aumenten e modernicen o noso imaxinario colectivo.
VII CONCURSO FOTOGRÁFICO
O tema proposto este ano é “Faros, luces e outros sinais marítimos”. A
nosa cidade e a súa contorna, tan vencelladas ao mar onte como hoxe,
conservan unha morea de elementos sinalécticos deste tipo que serán os
protagonistas da sétima edición do concurso.
A temática elixida continúa na teima de unir arte e etnografía, sendo así
que a recollida gráfica por parte dos participantes será tamén unha
forma de colaborar na ampliación do arquivo fotográfico do Museo.
As bases íntegras
destas convocatorias
están publicadas na
nosa páxina web
www.museoliste.org.
“As dúas beiras” de Andrea Fernández Maneiro
-
CAMPAÑAS
DE
DIFUSIÓN
COÑECE O LISTE
DE BALDE
O Museo adoita realizar diferentes campañas de difusión nas que a través de
actividades e visitas guiadas gratuítas convidamos a diversos colectivos a
visitarnos.
Este ano, e debido ás circunstancias sanitarias, coidamos que este tipo de
iniciativas son máis necesarias que nunca de cara a manter activo o noso tecido
cultural.
Actividades ofertadas de balde:
QUEDAMOS NO LISTE: dirixido asociacións e outros colectivos para realizar un
percorrido guiado pola exposición permanente e temporais.
Datas e hora: previa solicitude.
CO TEU CAN: no 2017 o Museo inicia unha política tendente á normalización da
presenza dos cans en espazos públicos autorizando a entrada de visitantes
acompañados dos seus cans os mércores pola tarde.
Datas e horas: mércores, de 17:00 a 19:00 h.
PORTAS ABERTAS: como novidade establecemos un día de portas abertas onde
será posible coñecer a rica colección que acolle o Museo
Datas e horarios: 1º sábado de cada mes de 10:00 a 14:00 h.
PODO REPETIR?: se visitas o Museo, agasallarémoste cunha invitación que será
válida durante todo este cuarto trimestre do ano .
-
HORARIOS
DE MARTES A SÁBADO : de 10:00 h. a 14:00 h
MÉRCORES: de 10:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 19:00 h.
PREZOS DE ENTRADA
Xeral: 2 €
Reducido: 1€ (menores de 12 anos, 3ª idade, parados, estudantes e in-
tegrantes de grupos de máis de 10 persoas).
Gratuíto: menores de 6 anos; Centros de Ensino do Concello de Vigo e
Asociacións da 3ª Idade do Concello de Vigo; exposicións temporais e
actividades que así o indiquen.
CONTACTO
Tfno. 986 244 698
Rúa Pastora, nº 22, Vigo
www.museoliste.org