mu manual de usuario educovid

23
Xestión de expedientes de contactos. Elaborado por Xerencia de proxectos de Educación Manual de usuario EduCovid MU

Upload: others

Post on 09-Jul-2022

8 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: MU Manual de usuario EduCovid

Xestión de expedientes de contactos. Elaborado por Xerencia de proxectos de Educación

Manual de usuarioEduCovid

MU

Page 2: MU Manual de usuario EduCovid

MO_v.05.03

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

NOME DO DOCUMENTO:MO_manualUsuario_PRTEDU_v1.7.0.odt

VERSIÓN: 1.7.0

COD. DO DOCUMENTO:

ELABORADO POR: Xerencia de proxectos de Educación DATA: 20/11/2020

VALIDADO POR: DATA:

APROBADO POR: DATA:

REXISTRO DE CAMBIOS

Versión Causa da nova versión Data de aprobación

1.0 Versión inicial

1.1 Incluídas as novas funcionalidades de usuarios de Sanidade 18/09/2020

1.2 Incluídas novas funcionalidades de eventos rastrexadores e modificacións de Alta masiva de persoas

24/09/2020

1.3 Incluídas as funcionalidades de control de centros, nova xestión de avisos e notificación a sanidade por Servizo web

08/10/2020

1.4 Incluídas novas funcionalidades para gardar os teléfonos de contactos que non os teñen rexistrados, e mais detalle dos erros de importación

19/10/2020

1.5 Posibilidade de eliminar expedientes 21/10/2020

1.6 Control de modificacións nos expedientes antes de notificar. Eliminada a funcionalidade de peche de aulas

03/11/2020

1.6.1 Novo rol 10/11/2020

1.7.0 Novos campos de ubicación e data último contacto

LISTA DE DISTRIBUCIÓN (opcional)

Nome Número de copia Área/Centro/Localización

CLÁUSULA DE CONFIDENCIALIDADEEste documento é propiedade da Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia). Deberá empregar este materialexclusivamente para os servizos que foron acordados coa Amtega e que requiren necesariamente da súa utilización. Está prohibidaa reprodución parcial ou total, por calquera medio ou método, dos contidos deste documento para calquera outro uso non acordadocoa Amtega.

MO_manualUsuario_PRTEDU_v1.7.0 Páxina 2 de 23

Page 3: MU Manual de usuario EduCovid

MO_v.05.03

Índice1.INTRODUCIÓN.......................................................................................................................................... 4

2.PRESENTACIÓN DO SISTEMA................................................................................................................. 5

3.FUNCIONALIDADES DO SISTEMA...........................................................................................................6

3.1.Equipo.................................................................................................................................................. 63.1.1.Engadir membros equipo covid.....................................................................................................63.1.2.Engadir telefono............................................................................................................................. 8

3.2.Centro médico...................................................................................................................................... 93.3.Expediente........................................................................................................................................... 9

3.3.1.Expediente xestionado polo equipo covid....................................................................................103.3.1.1.Crear expediente......................................................................................................103.3.1.2.Modificar expediente.................................................................................................133.3.1.2.1.Engadir novos contactos ao expediente................................................................143.3.1.2.2.Notificar a sanidade...............................................................................................18

3.3.2.Expediente xestionado polo persoal de Sanidade (CSC e DXSP)..............................................203.3.2.1.Crear expediente......................................................................................................20

3.4.Carga Masiva Contactos.................................................................................................................... 21

4.ANEXO I: GLOSARIO DE TERMOS........................................................................................................23

MO_manualUsuario_PRTEDU_v1.7.0 Páxina 3 de 23

Page 4: MU Manual de usuario EduCovid

MO_v.05.03

1. INTRODUCIÓNA ferramenta implementa determinadas funcionalidades contempladas no protocolo de adaptación aocontexto da Covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/2021.

Por medio de esta ferramenta os centros poderán identificar aquelas persoas que estiveron en contactodirecto, ou segundo os criterios indicados en cada caso, coa persoa da que se solicita información porparte de sanidade para poder realizar un rastrexo de contactos.

Os expedientes poderán ser creados por parte de persoal do CSC de sanidade correctamenteidentificados ou polo Equipo Covid do centro escolar a petición dos servizos sanitarios ou atendendo aodeterminado polos protocolos definidos.

MO_manualUsuario_PRTEDU_v1.7.0 Páxina 4 de 23

Page 5: MU Manual de usuario EduCovid

MO_v.05.03

2. PRESENTACIÓN DO SISTEMAO sistema permite:

• Rexistro do equipo COVID, persoal docente do centro que pode rexistrar e xestionar un expediente

• Rexistro do centro de saúde de referencia de cada centro xunto cos datos de persoas de contacto.• Xestión de expedientes de petición de contactos, permitindo recuperar dun xeito rápido a lista de

contactos a partires dunha persoa usuaria do centro educativo.

MO_manualUsuario_PRTEDU_v1.7.0 Páxina 5 de 23

Page 6: MU Manual de usuario EduCovid

MO_v.05.03

3. FUNCIONALIDADES DO SISTEMAA continuación detállanse cada unha das funcionalidades presentes na aplicación.

Este detalle está organizado polos enlaces atopados no menú.

3.1. EquipoDende este menú podemos crear ou buscar equipos covid así como a lista de teléfonos de contacto do centro para tratar a solicitude de información de contactos estreitos dunha persoa. Os equipos covid serándocentes con destino no centro educativo.

Unha vez accedemos á páxina veremos os membros do equipo covid do centro, e os teléfonos de contacto, se non existe ningún podemos engadir tanto os membros como os teléfonos de contacto a través dos botóns engadir.

Na listaxe equipo covid mostrarase os campos, nome e apelidos, dni/nie, función dentro do equipo e opcións.

Na listaxe de teléfonos de contacto mostraranse os campos telefono, principal (marca indicando cal é o telefono de contacto pro defecto ou de primeira opción) e opcións.

3.1.1. Engadir membros equipo covidPara identificar os membros do quipo Covid, o responsable do centro (polo xeral directores/as), deberá premer no botón Engadir do bloque Equipo Covid, o cal da acceso ao listado de docentes do centro para marcar cales pertencen ao equipo e cal é a sua función dentro do grupo. Este mesmo botón serve tamén para realizar cambios masivos nos membros do equipo.

Os equipos Covid estarán formados por un máximo de 6 persoas: un coordinador, dous membros do equipo e tres membros suplentes.

Como en algúns centros a listaxe pode ser moi grande podemos filtrala por tipo DNI/NIE ou por nome e apelidos.

MO_manualUsuario_PRTEDU_v1.7.0 Páxina 6 de 23

Figura 1: Listaxe equipo covid

Page 7: MU Manual de usuario EduCovid

MO_v.05.03

Cando teñamos seleccionados os membros que conforman o equipo e a sua función so temos que premerno botón Gardar que se encontra o final da páxina.

Unha vez engadidos o equipo podemos velos na páxina da listaxe que mostra tres opcións.

• Ver: Accede a páxina onde podemos ver os datos do membro.• Modificar:Premendo esta opción poderemos modificar o cargo do membro ou eliminalo do

equipo.

• Eliminar: Premendo este botón elimínase o membro.

MO_manualUsuario_PRTEDU_v1.7.0 Páxina 7 de 23

Figura 2: Listaxe docentes do centro

Figura 3: Listaxe dos membros do equipo covid

Figura 4: Detalle membro equipo covid

Page 8: MU Manual de usuario EduCovid

MO_v.05.03

3.1.2. Engadir telefonoÉ necesario rexistrar os teléfonos de contacto. Para rexistrar os teléfonos, o responsable do centro (polo xeral directores/as), deberá premer no botón Engadir do bloque Teléfonos de contacto, o cal da acceso á páxina de rexistro de teléfono.

Pódense indicar varios teléfonos e marcar soamente un como principal.

Unha vez creado podemos velo dende a páxina da listaxe e ali apareceranos tres opcións:

• Ver: Accede a páxina onde podemos ver os os datos introducidos para o telefono.• Modificar: Accede a páxina onde se pode modificar os datos do teléfono

• Eliminar: Premendo este botón borrase o rexistro do telefono de contacto.

Resulta de especial relevancia a correcta designación dos membros do equipo covid do centro na aplicación, xa que a inclusión dos seus datos nesta aplicación ten dous efectos importantes:

MO_manualUsuario_PRTEDU_v1.7.0 Páxina 8 de 23

Figura 5: Alta teléfono contacto do equipo covid

Figura 6: Listaxe teléfonos de equipo covid

Figura 7: Detalle teléfono contacto do equipo covid

Page 9: MU Manual de usuario EduCovid

MO_v.05.03

• A partir do momento no que se gardan os datos das persoas integrantes do equipo coivd naaplicación xéranse de xeito automático os correspondentes permisos de acceso para cada un dosmembros designados.

• Os avisos da Central de Seguimento de Contactos de Sanidade, solicitando o contacto dalgúnmembro da comunidade educativa do centro recibiranse nos correos electrónicos de edu.xunta.galdos membros do equipo covid, no correo do centro e nun sms a cada un dos móbilesrexistrados.É importante que se algún membro do equipo covid non dispón de correo electrónico deedu.xunta.gal o solicite, xa que serán os cauces de recepción dos avisos da Central deSeguimento de Contactos.

3.2. Centro médicoCada centro educativo poderá ter un ou varios centros médicos de referencia para tratar as dúbidas sobreposibles casos de Covid-19. Por este motivo ponse a disposición dos centros educativos un lugar ondeconsultar esta información.

A información será xestionada por parte de Servizos centrais

Premendo na opción de Centro médico do menu lateral da aplicación, o usuario poderá ver os datos denome, enderezo, código postal, mail, provincia, concello , localidade, telefonos, e contactos (persoal decontacto do centro médico) e opcións.

3.3. ExpedienteUn expediente é o rexistro da lista de contactos directos (mesma aula, servizo de transporte ou quendano comedor), ou segundo os criterios establecidos e indicados no momento polo responsables desanidade.

Os expedientes poderán ter dous tipos de estados:

• Petición de contactos: solicitase que se identifiquen os contactos directos da persoa

• Contactos comunicados: os contactos foron comunicados ao grupo do CSC de Sanidade

Cada expediente está asociado a un/unha usuario/a do centro educativo (alumnado, docente, etc), e seránabertos por membros do equipo CSC de Sanidade ou por petición telefónica de estes ao Equipo Covid.

• Iniciados polo equipo Covid: cando o expediente é creado polos membros do equipo Covid,serán estes os responsables de indicar o estado do expediente.

• Iniciados polo equipo CSC de Sanidade: cando o expediente é creado por algún membro doCSC de Sanidade, automaticamente o expediente terá o estado de Petición de datos, enviaraseun correo electrónico ao centro educativo e a cada un dos membros do equipo Covid; e un SMSaos teléfonos mobiles indicados no Equipo Covid.

A continuación detállase, en función do rol ao que pertence o usuario, cada escenario posible na xestióndo expediente:

MO_manualUsuario_PRTEDU_v1.7.0 Páxina 9 de 23

Figura 8: Listaxe dos centros médicos de referencia

Page 10: MU Manual de usuario EduCovid

MO_v.05.03

3.3.1. Expediente xestionado polo equipo covid.Cando un membro do equipo Covid acceda a opción de Expediente no menú, visualizará unha listaxe cosexpedientes abertos, mostrando o número do expediente, nome do alumno, ensinanza, curso e o estadono que se atopa o expediente.

3.3.1.1. Crear expediente

CREE UN NOVO EXPEDIENTE SÓ CANDO LLO SOLICITE UN TÉCNICO DE SANIDADE que lleproporcionará a idOrixe que corresponde á persoa que inicia o expediente.

Cando un/unha membro do equipo Covid necesita crear un expediente, deberá premer o botón crear quese mostra na listaxe de expedientes abertos. Tras facer clic no botón mostrarase a seguinte pantalla:

Será necesario seleccionar un alumno/a, docente ou persoal do centro. Isto é posible clicando enSeleccionar amosa a listaxe cos usuarios do centro para escoller a persoa a partir da que se indicarán oscontactos directos e polo tanto coa que se crea o expediente.

MO_manualUsuario_PRTEDU_v1.7.0 Páxina 10 de 23

Figura 9: Listaxe expedientes dun centro educativo

Figura 10: Primeira pantalla na alta dun novo expediente

Page 11: MU Manual de usuario EduCovid

MO_v.05.03

Unha vez escollida a persoa sobre a que identificar os contacto directos, a aplicación mostrará unhalistaxe de aqueles alumnos/as, docentes ou persoal do centro que teñen relación directa.

Considerase relación directa os seguintes criterios:

• Se o expediente e dun alumno/a, os contactos directos directos serán:

◦ Compañeiros de grupo, dato consolidado do día anterior en Xade e identificado co tipoAlumno/a

◦ Docentes que imparten no grupo, dato consolidado do día anterior en Xade e identificado cotipo Docente

◦ Usuarios do mesmo servizo de transporte escolar, dato consolidado do día anterior enTransporteescolar e identificado co tipo Transporte

◦ Usuarios do mesma quenda do servizo de comedor, dato consolidado do día anterior enComedores e identificado co tipo Comedor

• Se o expediente e dun docente, os contactos directos directos serán:

◦ Alumnado dos grupos nos que imparte clase, dato consolidado do día anterior en Xade eidentificado co tipo Alumno/a

◦ Docentes do centro, dato consolidado do día anterior en Xade e identificado co tipo Docente

• Se o expediente e persoal non docente non se mostrarán datos de contactos directos, deberánser indicados de xeito manual.

Esta relación directa deberá ser confirmada (non é obrigatorio indicar contactos directos para crear oexpediente), seleccionando cada unha das persoas da lista que realmente son contactos directos epremendo no botón Crear. Se fose necesario indicar outro tipo de contactos ou máis persoas,débenseseguir os pasos que os que se describen na opción de modificar un expediente. NONNOTIFIQUENINGÚN CONTACTO ATA RECIBIR INSTRUCIÓNS DA AUTORIDADE SANITARIA sobre oscasosconcretos a seleccionar.

No caso de que o contacto non teña rexistrado teléfono de contacto nos sistemas dende os que serecupera a información, será obrigatorio indicalo no momento de gardar os datos.

MO_manualUsuario_PRTEDU_v1.7.0 Páxina 11 de 23

Figura 11: Selección de usuario do centro educativo

Page 12: MU Manual de usuario EduCovid

MO_v.05.03

Figura 12: Obrigatoriedade de indicar teléfono de contacto

Este teléfono será gardado soamente no expediente, non será trasladado nin a Xade nin aaplicación de persoal ou centros privados

Na listaxe dos contactos tamén é obrigatorio cubrir o motivo do contacto seleccionando algunhadas opcións do despregable.

Como información adicional poderá indicarse na mesma liña de detalle as observacións que seconsideren oportunas, así como seleccionar as posibles ubicacións nas que a persoa tivo contacto coapersoa que xera o expediente e a data do último contacto, que non pode ser posterior a data actual. Estesdatos serán opcionais.

Para obter más información do contacto pódese premer na icona situada a esquerda da liña dedetalle. Ao premela despregarase un panel con información adicional do contacto.

MO_manualUsuario_PRTEDU_v1.7.0 Páxina 12 de 23

Figura 13: Obrigatoriedade de indicar o motivo do contacto

Page 13: MU Manual de usuario EduCovid

MO_v.05.03

Unha vez consultada a información, se o desexamos, podemos pechalo panel premendo na icona situadaa esquerda da liña de detalle, que neste intre terá o seguinte aspecto .

Se fose necesario indicar outro tipo de contactos ou máis persoas, debese seguir os mesmos pasos queos que se describen na opción de modificar un expediente.

3.3.1.2. Modificar expedienteOs expedientes xa creados poderán ser modificados para engadir novos contactos ou modificar osexistentes. Para elo dende a listaxe de expedientes abertos, premendo na opción modificar do listadopermite visualizar o detalle do expediente, podendo editar as observacións de cada contacto ou doexpediente, o teléfono de cada contacto, a ubicación de cada contacto, o motivo do contacto de cadacontacto, a data de último contacto de cada contacto, o estado e incluso engadir ou eliminar contactos.

Na botoeira inferior atopase os botóns:

• Gardar: permite almacenar na BBDD os datos mostrados na pantalla

• Engadir: permite incluír máis contactos directos. (Detállase máis no punto 3.3.1.2.1 Engadir novoscontactos ao expediente )

MO_manualUsuario_PRTEDU_v1.7.0 Páxina 13 de 23

Figura 14: Panel despregable con información adicional do contacto

Figura 15: Modificar expediente

Page 14: MU Manual de usuario EduCovid

MO_v.05.03

• Recargar contactos: permite volver a mostrar a lista de contactos directos mostrados no momento de crear o expedientes

• Notificar a sanidade: xera o informe necesario para enviar a sanidade a lista de contactos directos gardados.

• Xerar Informe Contactos: envía ao buzón de informes un CSV, cos datos básicos dos contactos directos gardados

3.3.1.2.1. Engadir novos contactos ao expedientePódese engadir novos contactos ao expediente premendo no botón “Engadir” da pantalla de detalle doexpediente:

O premer no botón “Engadir” mostrase a pantalla de selección de outros contactos onde podemosobservar varias lapelas:

• Alumnado: nesta lapela poderase seleccionar o alumnado do centro educativo.

• Transporte: nesta lapela poderase seleccionar os usuarios dos servizos de transporte do centroeducativo.

• Comedor: nesta lapela poderase seleccionar os usuarios dos servizos de comedor do centroeducativo.

• Profesorado: nesta lapela poderase seleccionar os docentes activos do centro educativo.

• Persoal: nesta lapela poderase seleccionar persoal destinado no centro educativos que non sondocentes.

• Outros: lapela onde o usuario poderá engadir persoas non rexistradas en Xade,TransporteEscolar, Comedores, pero que son usuarios habituais do centro educativo.

Todas as lapelas teñen un funcionamento similar. Cada lapela ten o seu filtro para aplicar a hora derealizar as buscas.

MO_manualUsuario_PRTEDU_v1.7.0 Páxina 14 de 23

Figura 16: Detalle do expediente

Page 15: MU Manual de usuario EduCovid

MO_v.05.03

Cando se selecciona algún dos contactos das distintas listaxes pra engadilo ao expediente hai queter en conta que tanto o dato de motivo de contacto coma o teléfono, en caso de ser preciso, sondatos obrigatorios.

Tamén pódese indicar observacións, ubicacións e data de último contacto, esta última non pode serposterior a data actual.

Para engadir a persoa ao expediente, deberase marcar o check que se mostra na pantalla e premer nobotón Gardar.

• Lapela Alumnado:

Nesta lapela podemos filtrar por nome alumno/a, ensinanza, curso e grupo.

• Lapela Transporte:

Nesta lapela podemos filtrar por DNI/NIE, nome e apelidos, e servizo de transporte (identificado polonome, sentido e tipo de servizo). Podemos buscar calquera alumno que empregue o transporte.

Como se pode ver na seguinte imaxe a hora de gardar o alumno seleccionado coas súas observacións,as ubicacións, o motivo e a data de último contacto, engadiuse nas observacións os datos da empresa detransportes co seguinte formato: DATOS EMPRESA DE TRANSPORTE: Razón social: razón social daempresa, Teléfonos: teléfonos da empresa.

• Lapela Comedor:

Podemos filtrar por DNI/NIE, Nome e apelidos e quenda do servizo.

Nesta lapela podemos atopar todos os alumnos/as que van ao comedor.

MO_manualUsuario_PRTEDU_v1.7.0 Páxina 15 de 23

Figura 17: Lapela de alumnado

Figura 18: Lapela de transporte

Page 16: MU Manual de usuario EduCovid

MO_v.05.03

• Lapela Profesorado:

Podemos filtrar por DNI/NIE e nome e apelidos.

• Lapela Persoal:

Podemos filtrar por DNI/NIE e Nome e apelidos.

• Lapela Outros:

Podemos filtrar por DNI/NIE, Nome e apelidos, Tipo e Grupo.

MO_manualUsuario_PRTEDU_v1.7.0 Páxina 16 de 23

Figura 19: Lapela de comedor

Figura 20: Lapela profesorado

Figura 21: Lapela persoal

Page 17: MU Manual de usuario EduCovid

MO_v.05.03

Existe a posibilidade de crear un novo contacto, premendo en Novo Contacto rediríxenos a seguinte páxina.

Onde podemos indicar os datos mínimos (Nome e Primeiro teléfono de Contacto) para crear un novousuario do centro

Tamén temos a opción de editar un contacto engadido na lapela de outros premendo na icona de ediciónda listaxe

MO_manualUsuario_PRTEDU_v1.7.0 Páxina 17 de 23

Figura 23: Alta de un novo contacto

Figura 22: Lapela outros

Page 18: MU Manual de usuario EduCovid

MO_v.05.03

Na listase igual que pasa co resto das lapelas podemos engadir nos cadros de texto que aparecen o lado do contacto observacións e a ubicación, e importante ter marcado o contacto do cal queremos engadir as observacións ou ubicación.

3.3.1.2.2. Notificar a sanidadeOs expedientes deberán ser notificados (enviar a listaxe de contactos directos) a Sanidade.

Para realizar esta notificación, dende a pantalla de edición do expediente será suficiente con premer nobotón Notificar Sanidade.

Se o expediente sufriu algún tipo de modificación (nova observación, novo contacto seleccionado, etc) enon se gardaron os datos ao realizar a notificación mostrarase unha mensaxe indicando o que debegardar previamente os datos, permitindo ao usuario elixir que desexa facer.

MO_manualUsuario_PRTEDU_v1.7.0 Páxina 18 de 23

Figura 24: Detalle de outros contactos

Figura 25: Lapela de outros contactos

Page 19: MU Manual de usuario EduCovid

MO_v.05.03

O usuario seleccionará unha das seguintes opcións:

• Gardar e notificar: o expediente persistirá os cambios e logo realizará a notificación o CSC deSanidade.

• Cancelar: non se fai nada.

No caso de seleccionar a opción Gardar e notificar, a aplicación vai realizar o gardado do expediente, nocaso de que a acción finalice correctamente a aplicación realizará o envío, mostrando unha mensaxecoma a seguinte:

Pode ocorrer que no momento de realizar a notificación a sanidade, esta non se leve a cabo por algún dosseguintes casos:

• Erro na recepción. Falta o idOrixe facilitado polo SERGAS.

• Erro na recepción. O idOrixe non está asociado a un ciudadano.

• Erro na recepción. O idOrixe e o seu documento identificativo non coinciden cos rexistrados noSERGAS.

• Erro na recepción. Falta algún teléfono de contacto.

• Erro na recepción. Falta información da persoa pola que suministra os datos de contacto.

• Erro na recepción. O tipo de documento no é válido. Esperase 1:DNI; 2:NIE; 3:Pasaporte; 4:Documento UE.

Nestes casos o expediente quedará gardado pero non se realizará a notificación, sendo necesario corrixiro caso detectado.

Se o expediente foi notificado previamente ó CSC de Sanidade a aplicación amosará unha mensaxeindicando tal feito e permitindo ó usuario realizar novamente a notificación ou cancelar a notificación.

MO_manualUsuario_PRTEDU_v1.7.0 Páxina 19 de 23

Figura 27: Mensaxe de gardado e notificación dun expediente con modificacións

Figura 26: Mensaxe ó intentar notificar un expediente con modificacións sen gardar

Page 20: MU Manual de usuario EduCovid

MO_v.05.03

3.3.2. Expediente xestionado polo persoal de Sanidade (CSC e DXSP)Os membros de Sanidade, poderán crear novos expedientes, que terán o estado de Petición Contactos.

No caso do CSC o nome do enlace no menú é Expediente e para o DXSP é Alta expedientes

Cando se cree un novo expediente e este fose xerado correctamente mostrarase unha mensaxe deconfirmación indicando o código do expediente.

No caso de que este expediente non se puides xerar correctamente a mensaxe de erro, suxerirá que sepoña en contacto con algun membro do Equipo Covid do centro (ver apartado 3.1 Equipo)

3.3.2.1. Crear expedienteUnha vez se accede a páxina visualizarase a listaxe onde deberán indicar como mínimo o centroeducativo onde buscar.

Existen distintos tipos filtros, Provincia, Concello, Localiade (estes tres empregados principalmente paralimitar os rexistros dos centros), cod. Centro, Centro (campo autocompletable, a medida que se vaitecleando o nome irá suxerindo centros educativos), tipo de documento, documento, nome e data denacemento (en formato dd/mm/yyyy).

Unha vez indicados os filtros e tras premer en Buscar mostrarase unha lista de usuarios do centroeducativo, para seleccionar a persoa sobre a que solicitar a lista de contactos directos.

Na lista débese premer no enlace Solicitar Contactos, evento que creará o expediente e os avisosnecesarios

MO_manualUsuario_PRTEDU_v1.7.0 Páxina 20 de 23

Figura 28: Mensaxe de confirmación de envío dun expediente enviado previamente

Page 21: MU Manual de usuario EduCovid

MO_v.05.03

Unha vez clicado no enlace Solicitar Contactos, móstrase o detalle da persoa seleccionada, e onde debeindicar o ID Orixe (identificador dos sistemas deo CSC de Sanidade) e premer en Gardar:

No caso de que o usuario do centro educativo (alumno/a, docente,...) teña máis dun expediente aberto mostraranse os datos na listaxe da pantalla de alta.

3.4. Carga Masiva ContactosPor medio de este enlace pódense cargar contactos de forma masiva.

Unha vez accedemos a páxina de carga masiva de contactos podemos ver un botón para seleccionar un arquivo e un botón para cargar os contactos do arquivo.

Este ficheiro, deberá ser un CSV co seguinte formato:

<TIPO_DOI>;<DOI>;<NOME>;<APELIDO1>;<APELIDO2>;<ENDEREZO>;<CODIGO_POSTAL>;<PROVINCIA>;<CONCELLO>;<LOCALIDADE>;<1º_TELEFONO_CONTACTO>;<2º_TELEFONO_CONTACTO>;<TIPO_CONTACTO>;<GRUPO_AULA>;<DATA_NACEMENTO>;<IDENTIFICADOR_PROPIO_SISTEMA>

MO_manualUsuario_PRTEDU_v1.7.0 Páxina 21 de 23

Figura 30: Alta dun expediente por parte do equipo CSC de Sanidade

Figura 29: Listaxe de usuario do centro para crear o expediente

Page 22: MU Manual de usuario EduCovid

MO_v.05.03

Onde:• <TIPO_DOI> poderá ter os valores: DNI, NIE, PASAPORTE ou DOCUMENTO UE• <PROVINCIA>, <CONCELLO> e <LOCALIDADE> serán os códigos oficias de cada entidade• <TIPO_CONTACTO> poderá ter os valores: ALUMNADO, DOCENTE, OUTROS• <IDENTIFICADOR_PROPIO_SISTEMA> identificador da persoa no sistema dende o que se exportou o ficheiro• <DATA_NACEMENTO> que deberá ter o formato aaaa-mm-dd (por exemplo: 1999-08-09)• <1º_TELEFONO_CONTACTO> xunto <NOME> son obrigatorios

Premendo o botón Carga Masiva Contactos cargara o contactos do arquivo e poderán ser visibles na listaxe mostrada na mesma páxina.

No momento de cargar os datos na aplicación dende un ficheiro CSV, se este non cumpre co formato,mostrarase unha mensaxe de erro, indicando onde se atopa o erro.

MO_manualUsuario_PRTEDU_v1.7.0 Páxina 22 de 23

Figura 32: Listaxe de persoas xa cargadas

Figura 31: Carga masiva de persoas

Figura 33: Exemplo de erro na carga masiva dende un CSV

Page 23: MU Manual de usuario EduCovid

MO_v.05.03

4. ANEXO I: GLOSARIO DE TERMOS

• Expediente: solicitude ou documentación dos contactos directos dun alumno/a, docente, ...

• Equipo Covid: docentes do centro educativo responsables de xestionar as peticións deinformación de contactos directos

• CSC de Sanidade: membros do equipo de rastrexadores de sanidade

• Ubicación: texto empregado para indica onde se localiza unha persoa, grupo, aula

• Tipo de contacto: tipo de relación, no ámbito educativo, que ten coa persoa que iniciou oexpediente. Pode ter os seguintes valores: Alumno/a, Docente, Transporte, Comedor, etc

MO_manualUsuario_PRTEDU_v1.7.0 Páxina 23 de 23