máster universitario en profesorado de educación ... · facultade de formación do profesorado 3...
TRANSCRIPT
![Page 1: Máster Universitario en Profesorado de Educación ... · Facultade de Formación do Profesorado 3 a) Adquirir experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022071000/5fbc61b1b38f807c695470b3/html5/thumbnails/1.jpg)
Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado
1
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e
Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas
GUÍA DO PRACTICUM
CURSO 2019-2020
![Page 2: Máster Universitario en Profesorado de Educación ... · Facultade de Formación do Profesorado 3 a) Adquirir experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022071000/5fbc61b1b38f807c695470b3/html5/thumbnails/2.jpg)
Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado
2
1. INTRODUCIÓN
O Prácticum do Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas da Universidade de Santiago de Compostela está organizado en dous períodos:
a) O Prácticum I, de 4 créditos, orientado fundamentalmente a coñecer e interpretar a organización do centro educativo, os documentos en que se reflicte esa xestión, a relación do centro coa contorna e a implicación escolar dos distintos compoñentes que integran a comunidade educativa.
b) O Prácticum II, de 8 créditos, centrado máis directamente na especialidade de cada estudante e na adquisición de competencias para exercer como docente dunha materia / área / módulo determinado ou para desenvolver as tarefas de orientación educativa.
Todo o proceso de observación e intervención que se realice ao longo dos dous Prácticum debe ir acompañado dunha reflexión crítica e dunha interacción permanente coas persoas titoras para interpretar adecuadamente o que sucede no desenvolvemento desas tarefas.
Esta Guía recolle algunhas cuestións comúns ao Prácticum no seu conxunto (competencias, obxectivos, contidos, sistema de avaliación e participantes), e outras específicas de cada un (actividades, calendario, instrumento de avaliación e indicacións para a elaboración das memorias).
Cómpre ter en conta, en todo caso, que a Guía só ofrece un marco xeral de actuación para garantir unha homoxeneidade básica nos aspectos curriculares e nos criterios que deben rexer o desenvolvemento do Prácticum. As peculiaridades derivadas das distintas especialidades do Máster e das dinámicas singulares de cada centro educativo deben ser atendidas e concretadas no plan de actuación que elaboren cos estudantes os titores/as da universidade e de secundaria. 2. COMPETENCIAS
O Prácticum constitúe un compoñente central no plan de estudos e asume a función de servir de elemento vertebrador das distintas materias que configuran o currículum do Máster. A través del o alumnado terá ocasión de desenvolver, nun contexto institucional e laboral real, o coñecemento na acción e sobre a acción que precisa como futuro docente, ao mesmo tempo que lle debe servir como un espazo para a socialización profesional.
O carácter formativo do Prácticum xira arredor de dous eixos:
- Articular a teoría e a práctica, mediante a activación dos coñecementos adquiridos nas distintas materias do Máster para resolver situacións concretas.
- Reflexionar sobre a acción, interpretando, valorando e reformulando alternativas educativas para desenvolver de xeito crítico e consciente as súas capacidades profesionais.
Esta característica de transferencia, aplicación e reflexión sobre a formación recibida fai que o Prácticum contribúa á adquisición e desenvolvemento da maioría das competencias especificadas no título do Máster1, pero son específicas del as seguintes:
1http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sxopra/propostas_master_09_10/P3241_PROFESORADO_ES
O_BACHARELATO_FP_EI.pdf
![Page 3: Máster Universitario en Profesorado de Educación ... · Facultade de Formación do Profesorado 3 a) Adquirir experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022071000/5fbc61b1b38f807c695470b3/html5/thumbnails/3.jpg)
Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado
3
a) Adquirir experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias correspondentes á especialización.
b) Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente.
c) Dominar as destrezas e habilidades sociais precisas para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
d) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión baseada na práctica.
e) Para a formación profesional, coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas.
f) Respecto á orientación educativa, exercitarse na avaliación psicopedagóxica, o asesoramento a outros profesionais da educación, aos estudantes e ás familias. 3. OBXECTIVOS
No seu conxunto, o Prácticum oriéntase á adquisición dos seguintes obxectivos:
- Coñecer as características do centro educativo, así como a súa estrutura organizativa e funcional.
- Analizar o contexto socioeconómico e cultural no que se insire o centro, a súa relación con institucións ou entidades extraescolares e a súa implicación en dinámicas da contorna.
- Avanzar no coñecemento do alumnado mediante a observación, a análise e a interpretación dos seus comportamentos e actitudes.
- Observar e interpretar situacións que se producen na vida escolar, tanto desde a perspectiva de centro como desde a de aula ou especialidade.
- Aproximarse ás funcións e responsabilidades educativas tanto a nivel de centro como de área, módulo ou especialidade mediante a colaboración co titor/a/ nas súas funcións profesionais.
- Planificar, desenvolver e avaliar co asesoramento da persoa titora un proceso de intervención educativa no ámbito da especialidade. 4. CONTIDOS E ACTIVIDADES
O Prácticum I e o Prácticum II teñen unha función complementaria na formación dos estudantes e céntranse en aprendizaxes en parte comúns e en parte diferenciadas:
a) O Prácticum I está orientado primariamente a analizar as características do centro educativo, da súa organización e xestión, do clima escolar e profesional, e do contexto sociocultural en que se insire. Como preparación para o Prácticum II, debe permitir tamén un achegamento ao ámbito específico da especialidade a través da observación das dinámicas de ensino-aprendizaxe na aula e/ou das actividades do departamento de orientación educativa.
b) O Prácticum II está centrado fundamentalmente na especialidade de cada estudante e na adquisición de competencias para exercer como docente dunha materia / área / módulo determinado ou para desenvolver as tarefas de orientación educativa. Complementariamente
![Page 4: Máster Universitario en Profesorado de Educación ... · Facultade de Formación do Profesorado 3 a) Adquirir experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022071000/5fbc61b1b38f807c695470b3/html5/thumbnails/4.jpg)
Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado
4
debe servir tamén para afondar na vida docente mediante a participación en tarefas colectivas de carácter curricular e extracurricular.
Contidos do Prácticum
Contidos do Prácticum I Contidos do Prácticum II
- O centro educativo: infraestruturas e recursos, órganos de goberno e xestión, departamentos, comisións, ensinanzas impartidas.
- Organización da vida escolar e da docencia a través dos documentos reitores: PEC, PAT, Proxecto lingüístico de centro, Plan de convivencia, Plan lector…
- Actividades de innovación educativa: desenvolvemento de proxectos, participación en programas, redes, etc.
- O centro e a contorna: participación das familias, relacións coa administración local e con asociacións ou institucións externas ao centro.
- O departamento da especialidade: organización, funcións, actuacións específicas..
- O profesorado: clima relacional, tarefas docentes e de xestión…
- O alumnado: clima relacional, resposta a dinámicas de ensino-aprendizaxe...
- O centro e a aula como ámbito de interacción: distribución do espazo, agrupamentos, relación docente-discentes…
- O departamento da especialidade: configuración, funcións, recursos...
- A área, especialidade ou departamento na vida do centro e na formación dos estudantes.
- A programación docente da área ou módulo / O plan de actividades do departamento de orientación.
- O profesorado: dinámicas e inquedanzas profesionais, concepción da materia, área ou especialidade.
- O alumnado: clima relacional, características ou problemáticas, resposta a dinámicas de ensino-aprendizaxe na materia, área ou módulo.
- A aula como ámbito de interacción: metodoloxías dominantes, recursos que se utilizan, relación docente-discentes…
- A planificación didáctica na área ou módulo / a planificación de accións no departamento de orientación: criterios, fundamentos, aspectos a ter en conta.
- A intervención docente ou de orientación: desenvolvemento e aplicación da planificación, avaliación do proceso e dos resultados.
Os contidos do Prácticum I serán orientados complementariamente polas persoas
responsables da coordinación das prácticas e da titoría no centro de secundaria. Os do Prácticum II serán responsabilidade fundamentalmente do titor/a, aínda que coa coordinación necesaria a nivel de centro nas tarefas non específicas da especialidade
Como as especialidades do alumnado son moi diversas, estes contidos deben adaptarse ás peculiaridades de cada unha. Esta é unha tarefa que han de realizar as persoas titoras, tanto da universidade como de secundaria, nas indicacións específicas do plan de prácticas cos seus titorandos.
A continuación sinálanse os grandes bloques de actividades que deben servir para vehicular os ditos contidos cunha distribución horaria orientativa atendendo aos créditos ECTS de cada Prácticum.
![Page 5: Máster Universitario en Profesorado de Educación ... · Facultade de Formación do Profesorado 3 a) Adquirir experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022071000/5fbc61b1b38f807c695470b3/html5/thumbnails/5.jpg)
Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado
5
Actividades e distribución horaria orientativa
Prácticum I Prácticum II
Actividades Horas Actividades Horas
Coñecemento da organización e da documentación do centro.
Observación e análise da vida do centro, do clima escolar, das actividades docentes ou do departamento de orientación, segundo corresponda, etc.
Participación noutras reunións ou actividades diversas do centro.
Análise e reflexión persoal sobre as prácticas desenvolvidas.
Elaboración da memoria
Preparación, seguimento e avaliación do Prácticum co titor/a e co coordinador/a de secundaria
Preparación, seguimento e avaliación do Prácticum co titor/a da universidade
25
25
10
10
20
5
5
Observación e análise do proceso de ensino-aprendizaxe na aula ou das actividades do departamento de Orientación.
Colaboración co titor/a en actividades propias da especialidade (docencia ou orientación)
Deseño e planificación da proposta didáctica ou de orientación.
Desenvolvemento da intervención didáctica ou de orientación.
Participación noutras actividades do centro ou departamento.
Análise e reflexión persoal sobre as prácticas desenvolvidas.
Elaboración da memoria
Preparación, seguimento e avaliación do Prácticum co titor/a e co coordinador/a de secundaria
Preparación, seguimento e avaliación do Prácticum co titor/a da universidade
20
25
35
25
20
20
35
10
10
Total 100 Total 200
5. SISTEMA DE AVALIACIÓN
A avaliación do Prácticum realizarase de maneira compartida polo titor do centro de secundaria e polo supervisor da universidade, ponderando a cualificación de cada un ao 50%. O supervisor da universidade será o responsable de facer públicas as cualificacións finais, fixar as datas de revisión das mesmas, atender as posibles reclamacións e cubrir e asinar as actas.
Para superar o Practicum, é preciso que tanto na cualificación do titor/a de centro como do supervisor/a de universidade se obteña a puntuación mínima de aprobado (5).
- Se o titor/a do centro realiza unha avaliación negativa, o alumnado suspenderá a materia completa, tendo que repetir a estancia nun centro de prácticas e presentar unha nova memoria, noutro curso académico.
- Se o supervisor/a da universidade avalía negativamente a memoria, deberá ser reelaborada e presentada na seguinte oportunidade do mesmo curso académico.
![Page 6: Máster Universitario en Profesorado de Educación ... · Facultade de Formación do Profesorado 3 a) Adquirir experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022071000/5fbc61b1b38f807c695470b3/html5/thumbnails/6.jpg)
Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado
6
O titor/a de secundaria valorará os aspectos que se recollen no Informe de avaliación de cada un dos Prácticum emitindo a cualificación numérica resultante e engadindo os comentarios que considere. Dado que o alumno ten que cumprir cun horario semellante ao do seu titor durante todo o período de prácticas, calquera desvío significativo desta obriga debe ser penalizado na cualificación final. Se o incumprimento superase un terzo do horario, o alumno será considerado “non presentado”2.
O supervisor/a universitario fará a súa avaliación a partir das tarefas formativas realizadas nas sesións de traballo co alumnado e da revisión da memoria de prácticas. O formato, extensión e apartados que debe recoller a memoria recóllense nun Anexo desta Guía. Para a súa valoración e cualificación débese atender ao tratamento que se fai dos aspectos que se citan a continuación:
Criterios para avaliar as memorias do Prácticum
Prácticum I Prácticum II
- Cumprimento das convencións formais propias dun traballo académico e dos requisitos indicados especificamente para a elaboración da Memoria.
- Textualización: corrección lingüística, claridade expositiva, organización e estrutura.
- Coñecemento documentado sobre o contexto de prácticas.
- Observación e análise do clima do centro e da aula / departamento de orientación, segundo proceda: amplitude e significatividade dos aspectos recollidos, madurez na súa interpretación, etc.
- Reflexión sobre as aprendizaxes desenvolvidas no Prácticum e análise da relación entre teoría e práctica.
- Cumprimento das convencións formais propias dun traballo académico e dos requisitos indicados especificamente para a elaboración da Memoria.
- Textualización: corrección lingüística, claridade expositiva, organización e estrutura.
- Observación da vida do centro e especificamente da práctica profesional na área ou especialidade: amplitude e significatividade dos aspectos recollidos, madurez na súa interpretación, etc.
- Deseño da proposta relacionada co departamento didáctico ou de orientación: xustificación, rigor na súa elaboración e atención aos distintos elementos ou compoñentes.
- Análise e valoración da posta en práctica: identificación de fortalezas e debilidades, posibles reformulacións, etc.
- Reflexión sobre as aprendizaxes desenvolvidas no Prácticum, análise da relación entre teoría e práctica, e autoavaliación das propias competencias profesionais.
2 Se houber unha causa xustificada que impida a asistencia regular ao centro durante o período establecido, o estudante afectado debe comunicalo coa máxima celeridade á coordinación do Máster para valorar a posibilidade de fórmulas alternativas.
![Page 7: Máster Universitario en Profesorado de Educación ... · Facultade de Formación do Profesorado 3 a) Adquirir experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022071000/5fbc61b1b38f807c695470b3/html5/thumbnails/7.jpg)
Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado
7
6. ORGANIZACIÓN E RESPONSABILIDADES
A organización do Prácticum implica unha colaboración estreita entre o centro universitario responsable do Máster e os centros de ensino secundario nos que deben realizar os estudantes este módulo formativo. Os aspectos básicos desta colaboración están regulados na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 18 de abril de 2011 (DOG do 13 de maio)3, que establece, entre outras cousas, que “o Prácticum do Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas se desenvolverá en centros sostidos con fondos públicos en que se impartan todas ou algunha das ditas ensinanzas”.
Os centros e o profesorado interesado en participar como titores do Prácticum deben solicitalo e reunir uns requisitos fixados na mesma Orde para seren acreditados. A asignación de centro e titor/a efectúase dende a Coordinación do Máster atendendo á titulación dos estudantes, á localidade solicitada por eles e á dispoñibilidade de profesorado.
No desenvolvemento do Prácticum participan distintas figuras con funcións e responsabilidades específicas que cómpre articular para que este módulo formativo responda adecuadamente aos obxectivos propostos e contribúa de forma satisfactoria á consecución das competencias que leva asociadas. Estas figuras son o coordinador/a do Máster, as persoas que exercen a coordinación e a titoría no centro de secundaria, a persoa responsable da titoría na universidade e o propio alumnado en prácticas.
As funcións e obrigas de cada un son as seguintes: Coordinador/a do Máster:
Como encargado de organizar a docencia, é o responsable de articular a acción das demais figuras que participan no Prácticum, de trasladarlles a información pertinente e de asegurar que se atendan as directrices establecidas na Guía. Son funcións súas:
- Convocar as reunións informativas de preparación cos colectivos implicados.
- Asignar destinos de prácticas de acordo coa normativa vixente e atendendo no posible as peticións dos estudantes.
- Remitir aos centros a documentación necesaria para o desenvolvemento do Prácticum.
- Asegurar que se cumpran os prazos e as responsabilidades de todos os que participan no Máster.
- Xestionar todo o relacionado cos nomeamentos e a acreditación dos coordinadores e dos titores dos centros.
- Resolver calquera incidencia que xurda ao longo do Prácticum e para a que se reclame a súa intervención.
Coordinador/a no centro de secundaria:
A figura do coordinador/a de centro é clave para garantir unha comunicación eficaz entre a universidade e os centros de secundaria e para facilitar un axeitado desenvolvemento das tarefas que teñen que realizar os estudantes durante as prácticas escolares. Son responsabilidades súas:
- Recibir o alumnado en prácticas e facilitar a súa integración no centro mediante un plan de acollida.
3 http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110513/AnuncioC3F1-030511-842_gl.pdf
![Page 8: Máster Universitario en Profesorado de Educación ... · Facultade de Formación do Profesorado 3 a) Adquirir experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022071000/5fbc61b1b38f807c695470b3/html5/thumbnails/8.jpg)
Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado
8
- Distribuír e poñer en contacto os estudantes cos titores da especialidade correspondente seguindo os criterios que se lle facilitan desde a coordinación do Máster.
- Concretar cos titores o calendario e o procedemento para desenvolver as actividades recollidas na Guía do Prácticum.
- Informar ao alumnado en prácticas sobre a organización do centro e sobre os proxectos educativos en que participa, e facilitarlle o acceso aos documentos que os regulan e ás persoas responsables deles.
- Servir de enlace co coordinador do Máster para resolver calquera incidencia que se produza e para remitir nos prazos establecidos a documentación requirida.
Titor/a do centro de secundaria
O titor/a do centro de secundaria é o mesmo para os dous Prácticum e debe guiar o proceso de aprendizaxe do estudante facilitándolle a oportunidade de observar, colaborar, planificar, intervir e reflexionar sobre a actividade escolar do centro e da especialidade correspondente, o que obriga a unha relación e cooperación estreita entre eles durante todo o período. Asume, en concreto, as responsabilidades de:
- Informar e asesorar ao alumnado que lle corresponda sobre o funcionamento do centro e os seus órganos de xestión.
- Favorecer a observación e a reflexión dos estudantes en prácticas sobre os aspectos máis relevantes da vida do centro e sobre as tarefas específicas da súa especialidade.
- Fomentar a participación e a colaboración do alumnado en prácticas en actividades tanto de centro como de aula.
- Orientar a planificación da proposta didáctica que deben elaborar e poñer en práctica os estudantes.
- Animar a reflexión do alumnado sobre a experiencia observada e protagonizada durante o período de prácticas.
- Avaliar ao alumnado cubrindo o informe preceptivo e entregarllo ao coordinador do centro no prazo establecido.
Supervisor/a da universidade
Esta figura está representada por dous docentes do Máster, un para cada Prácticum, que son os responsables de establecer desde a universidade as pautas específicas, atendendo á especialidade dos estudantes e tratando de vincular o Prácticum coas outras materias do Máster. Isto esixe unha relación fluída cos estudantes e cos titores de secundaria que se debe concretar en función das circunstancias, pero que contemplará obrigatoriamente o seguinte:
a) Realizar, polo menos, dúas reunións co alumnado en cada Prácticum: unha previa, para concretar o plan de traballo, e outra, ao rematar as prácticas, para avaliar conxuntamente o seu desenvolvemento.
b) Establecer a fórmula que mellor facilite a relación cos titores de secundaria, pero con dúas comunicacións mínimas en cada Prácticum: unha no comezo de cada período de prácticas para presentarse e ofrecer a súa colaboración, e outra ao rematar para informarse de posibles incidencias e recibir achegas de mellora.
En concreto, son funcións súas as seguintes:
![Page 9: Máster Universitario en Profesorado de Educación ... · Facultade de Formación do Profesorado 3 a) Adquirir experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022071000/5fbc61b1b38f807c695470b3/html5/thumbnails/9.jpg)
Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado
9
- Concretar cos estudantes o plan de traballo recollido nesta Guía en función das súas especialidades.
- Axudar á integración de coñecementos e estratexias abordadas nos outros módulos do Máster, para facilitar a construción de competencias profesionais.
- Estimular a reflexión sobre a actuación docente/orientadora, en relación cos distintos modelos teóricos de referencia.
- Colaborar cos titores de secundaria para conseguir o mellor aproveitamento do Prácticum por parte dos estudantes.
- Resolver –ou trasladar á coordinación do Máster, se é o caso- calquera imprevisto ou incidencia que xurda durante o período de prácticas.
- Analizar e valorar as memorias do Prácticum elaboradas polos estudantes.
- Avaliar o desenvolvemento e os resultados do Prácticum en colaboración co titor do centro de secundaria.
- Resolver posibles reclamacións e formalizar nas actas as cualificacións definitivas.
Alumnado:
A realización das tarefas formativas propias do Prácticum require a súa participación na vida do centro de secundaria no horario escolar da persoa encargada da súa titoría durante todo o período de prácticas. As responsabilidades concretas que debe asumir son:
- Cumprir os horarios e tarefas acordadas co profesorado que exerce a coordinación e a titoría no centro de prácticas.
- Participar na vida do centro e da área ou especialidade observando, colaborando e intervindo de acordo coas pautas facilitadas polos responsables da titoría e da coordinación das prácticas.
- Respectar a normativa de convivencia e utilización do centro e os seus recursos.
- Manter a confidencialidade de datos relativos a persoas relacionadas co centro.
- Non utilizar materiais e recursos do centro sen a correspondente autorización.
- Asistir ás sesións programadas polo titor/a da universidade e cumprir coas indicacións que nelas se establezan.
- Elaborar e entregar aos titores da universidade a memoria de prácticas nas datas fixadas.
7. CALENDARIO
Prácticum I:
Estadía nos centros de prácticas: entre o 25 de novembro e o 13 de decembro de 2019.
Data límite para que os estudantes entreguen a memoria de prácticas ao titor/a da universidade: 13 de xaneiro de 2020.
Data límite para que os coordinadores do Prácticum envíen os informes de avaliación dos titores do seu centro á coordinación do Máster: 13 de xaneiro de 2020.
Prácticum II:
![Page 10: Máster Universitario en Profesorado de Educación ... · Facultade de Formación do Profesorado 3 a) Adquirir experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022071000/5fbc61b1b38f807c695470b3/html5/thumbnails/10.jpg)
Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado
10
Estadía nos centros de prácticas: entre o 23 de marzo e o 30 de abril de 2020.
Data límite para que os estudantes entreguen a memoria de prácticas ao titor/a da universidade: 18 de maio de 2020.
Data límite para que os coordinadores do Prácticum envíen os informes de avaliación dos titores do seu centro á coordinación do Máster: 18 de maio de 2020.
Protocolo para a entrega da documentación:
As memorias serán entregadas en formato papel polos estudantes aos supervisores da universidade e deben levar o Visto e Prace do titor/a de secundaria na portada.
Os titores dos centros deben entregar os informes de avaliación dos seus titorados ao coordinador/a do seu centro, quen os remitirá ao coordinador/a do Máster no Campus que corresponda:
Alumnado do campus de Santiago: Máster de Secundaria, Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte, Avda. Xoán XXIII, 15782 Santiago de Compostela.
Alumnado do campus de Lugo: Máster de Secundaria, Facultade de Formación do Profesorado, Avda. Ramón Ferreiro, 27071 Lugo.
8.- BIBLIOGRAFÍA
Castro, M., et al. (2011): La escuela en la comunidad, la comunidad en la escuela. Barcelona: Graó.
Coll, C. (coord.) (2010) Desarrollo, aprendizaje y enseñanza en la educación secundaria. MEC/Graó
Elliot, J. (1994): La investigación-acción en educación. Madrid: Morata.
Feito, R. (coord.) (2010) Sociología de la educación secundaria. MEC/Graó
Fernández, M. e Terrén, E. (coords) (2008): Repensando la organización escolar: crisis de legitimidad y nuevos desarrollos. Madrid: Akal.
Fernández, M., Souto X.M., Rodríguez, R. (2005): La Sociedad del conocimiento: democracia y cultura, los retos de la institución educativa. Barcelona: Octaedro.
Freire, P. (2003): El grito manso. B. Aires: S. XXI
García, A. (coord.) (2006): Participación de las familias en la vida escolar: acciones y estrategias. Madrid: MEC/Instituto Superior de Formación del Profesorado.
González, M., Fuentes, E. (2011). El Practicum en el aprendizaje de la profesión docente. Revista de Educación, 354, 47-70.
Imbernón, F. (coord.) (2010) Procesos y contextos educativos en la educación secundaria. MEC/Graó
Meirieu, Ph. (2006): Carta a un joven profesor. Grao: Barcelona.
Meirieu, Ph. (2007): Frankenstein educador. Barcelona: Laertes.
Pérez, A. (coord.) (2012) Aprender a enseñar en la práctica: procesos de innovación y prácticas de formación en la educación secundaria. MEC/Graó
Perrenoud, Ph. (2004): Desarrollar la práctica reflexiva en el oficio de enseñar. Profesionalización y razón pedagógica. Barcelona: Graó.
![Page 11: Máster Universitario en Profesorado de Educación ... · Facultade de Formación do Profesorado 3 a) Adquirir experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022071000/5fbc61b1b38f807c695470b3/html5/thumbnails/11.jpg)
Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado
11
Pozo, J.I. (et al.) (2006: Nuevas formas de pensar la enseñanza y el aprendizaje. Las concepciones de propesores y alumnos. Barcelona: Graó.
Puelles, M. de (2006): Problemas actuales de política educativa. Madrid: Morata.
Russell, T. (2012): “Cambios paradigmáticos en la formación de profesores: Peligros, trampas y la promesa no cumplida del profesional reflexivo”. En Encounters/Encuentros/Rencontres on Education Vol. 13, 2012, 71 – 91. http://library.queensu.ca/ojs/index.php/encounters/article/view/4426/4517
Santos, M. (2009) Escuelas para la democracia. Wolters Kluwer España.
Santos, M.A. (ed.). (2009): Políticas educativas y compromiso social. El progreso de la equidad y la calidad. Madrid: Octaedro. http://www.octaedro.com/pdf/16035.pdf
Schön, D.A. (1987): Educating the Reflective Practitioner: Toward a New Design for Teaching and Learning in the Professions. San Francisco: Jossey-Bass (Trad. española: La formación del profesional reflexivo. Barcelona: Paidós. 1992.
Tiana, A. (2011): Un nuevo código deontológico para la profesión docente. En CEE Participación Educativa, 16, marzo 2011, pp. 39-48. Accesible en http://www.mecd.gob.es/revista-cee/pdf/n16-tiana-ferrer.pdf
Trillo, F. e Sanjurjo, L (2008). Didáctica para profesores de a pie. Propuestas para comprender y mejorar la práctica. Rosario: HomoSapiens.
Zabalza, M. (2006). El Practicum y la formación del profesorado: balance y propuestas para las nuevas titulaciones. En J.M. Escudero y A. Luís Gómez (Eds.). La formación del profesorado y la mejora de la educación. Barcelona, Octaedro, 311-334.
Zeichner, K. (2010): La formación del profesorado y la lucha por la justicia social. Madrid: Morata.
![Page 12: Máster Universitario en Profesorado de Educación ... · Facultade de Formación do Profesorado 3 a) Adquirir experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022071000/5fbc61b1b38f807c695470b3/html5/thumbnails/12.jpg)
Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado
12
INDICACIÓNS PARA A REDACCIÓN DA MEMORIA DO PRÁCTICUM I
NOTA PREVIA: A memoria debe ter índice, estar paxinada e ter unha extensión orientativa de 15-20 páx. Como documento académico que é, a memoria de prácticas debe aterse ás convencións de presentación e redacción que son propias deste tipo de textos. As indicacións que se dan a continuación só pretenden unha homoxeneización formal básica.
PORTADA. Incluirá os seguintes datos:
[Identificación da institución que organiza o Máster]
Universidade de Santiago de Compostela
Máster en Profesorado de Educación Secundaria
Campus: Santiago de Compostela / Lugo
[Identificación do documento]
MEMORIA DO PRÁCTICUM 1
CURSO ACADÉMICO 2019-2020
[Identificación do estudante e profesorado participante]
- Apelidos, nome e DNI do alumno/a
- Especialidade
- Supervisor/a da universidade
- Titor/a do centro de secundaria
- Centro e localidade de prácticas
NÚCLEOS OU APARTADOS DA MEMORIA4:
- Introdución explicativa do contexto de prácticas: centro, especialidade, niveis educativos, titor/a, tarefas realizadas, etc.
- O centro de prácticas: organización funcional, relacións do centro coa comunidade e coas familias, implicación en proxectos de innovación…
- Observación e análise do clima do centro a través dos distintos colectivos que forman a comunidade escolar.
- Observación e análise do funcionamento da aula ou do departamento de orientación (segundo a especialidade do estudante).
4 Non pretenden ser títulos de apartados. Débense entender como núcleos xenéricos de contidos dos que hai que dar conta, pero que o estudante pode titular e organizar internamente como considere. Os titores do centro de secundaria e da universidade poden dar instrucións máis detalladas.
![Page 13: Máster Universitario en Profesorado de Educación ... · Facultade de Formación do Profesorado 3 a) Adquirir experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022071000/5fbc61b1b38f807c695470b3/html5/thumbnails/13.jpg)
Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado
13
- Reflexión persoal sobre todos eses aspectos e análise da relación entre teoría e práctica.
- Conclusión valorativa da experiencia de prácticas e das achegas á súa formación como docente.
![Page 14: Máster Universitario en Profesorado de Educación ... · Facultade de Formación do Profesorado 3 a) Adquirir experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022071000/5fbc61b1b38f807c695470b3/html5/thumbnails/14.jpg)
Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado
14
INDICACIÓNS PARA A REDACCIÓN DA MEMORIA DO PRÁCTICUM II
NOTA PREVIA: A memoria debe ter índice, estar paxinada e ter unha extensión orientativa de 25-30 páxinas, podendo incluír, a maiores, anexos con materiais ou documentos que se consideren pertinentes. Formalmente, debe aterse ás convencións de presentación e redacción propias dun texto académico. As indicacións que seguen só pretenden unha homoxeneización formal básica.
PORTADA. Incluirá os seguintes datos:
[Identificación da institución que organiza o Máster]
Universidade de Santiago de Compostela
Máster en Profesorado de Educación Secundaria
Campus: Santiago de Compostela / Lugo
[Identificación do documento]
MEMORIA DO PRÁCTICUM II
CURSO ACADÉMICO 2019-2020
[Identificación do estudante e dos titores]
- Apelidos, nome e DNI do alumno/a
- Especialidade
- Supervisor/a da universidade
- Titor/a do centro de secundaria
- Centro e localidade de prácticas
NÚCLEOS OU APARTADOS DA MEMORIA5:
- Introdución explicativa do contexto de prácticas, con identificación dos aspectos que xustifican as actividades desenvolvidas durante o Prácticum.
- Descrición interpretativa da observación realizada, sexa do proceso didáctico na área, sexa das accións desenvolvidas polo departamento de orientación.
- Descrición e valoración das tarefas escolares realizadas en colaboración co titor/a do centro de secundaria.
5 Non pretenden ser títulos de apartados. Débense entender como núcleos xenéricos de contidos dos que hai que dar conta, pero que o estudante pode titular e organizar internamente como considere. Os titores do centro de secundaria e da facultade poden dar instrucións máis específicas.
![Page 15: Máster Universitario en Profesorado de Educación ... · Facultade de Formación do Profesorado 3 a) Adquirir experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022071000/5fbc61b1b38f807c695470b3/html5/thumbnails/15.jpg)
Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado
15
- Planificación da proposta didáctica ou da acción de orientación educativa de acordo coa estrutura e pautas facilitadas polos titores correspondentes.
- Reflexión persoal sobre o desenvolvemento desas propostas e presentación argumentada de posibles reformulacións.
- Conclusión valorativa da experiencia de prácticas e das achegas á súa formación como docente.
![Page 16: Máster Universitario en Profesorado de Educación ... · Facultade de Formación do Profesorado 3 a) Adquirir experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022071000/5fbc61b1b38f807c695470b3/html5/thumbnails/16.jpg)
Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado
16
PRÁCTICUM I - INFORME DO TITOR/A - Curso 2019-20206
Nome e apelidos do titor/a:
NIF: E-mail:
Centro e localidade:
Tfno.: E-mail:
Nome e apelidos do supervisor/a da Facultade:
E-mail:
DNI, Nome e apelidos do alumno/a:
Especialidade:
Valoración (Valore de 0 a 10, coa máxima precisión posible, os ítems que se sinalan a
continuación)
Cumprimento de horario e obrigas (ver aptado. “Avaliación” na Guía do
Prácticum)
Actitude, interese e disposición en relación coas tarefas do Prácticum
Capacidade para observar, analizar e interpretar documentos ou situacións
Capacidade para reflexionar, interpretar e resolver situacións educativas
Grao de adquisición das aprendizaxes propias do Prácticum 1
Cualificación global
Aspectos máis positivos no labor do estudante:
Aspectos nos que debe mellorar:
Lugar e data:
Sinatura do titor/a
6 Entregar un exemplar por alumno á persoa coordinadora das prácticas no centro para que o remita á coordinación do Máster no Campus correspondente.
![Page 17: Máster Universitario en Profesorado de Educación ... · Facultade de Formación do Profesorado 3 a) Adquirir experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022071000/5fbc61b1b38f807c695470b3/html5/thumbnails/17.jpg)
Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Formación do Profesorado
17
PRÁCTICUM II - INFORME DO TITOR/A - Curso 2019-20207
Nome e apelidos do titor/a:
NIF: E-mail:
Centro e localidade:
Tfno.: E-mail:
Nome e apelidos do supervisor/a da Facultade:
E-mail:
DNI, Nome e apelidos do alumno/a:
Especialidade:
Valoración (Valore de 0 a 10, coa máxima precisión posible, os ítems que se sinalan a
continuación)
Cumprimento de horario e obrigas (ver aptado. “Avaliación” na Guía do
Prácticum)
Actitude, interese e disposición en relación coas tarefas do Prácticum
Capacidade para observar, analizar e interpretar documentos ou situacións
Capacidade para reflexionar, interpretar e resolver situacións educativas
Grao de adquisición das aprendizaxes propias do Prácticum 2
Cualificación global
Aspectos máis positivos no labor do estudante:
Aspectos nos que debe mellorar:
Lugar e data:
Sinatura do titor/a
7 Entregar un exemplar por alumno á persoa coordinadora das prácticas no centro para que o remita á coordinación do Máster no Campus correspondente.