montañeiros celtas - amazon simple storage...

28
Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 60 aniversario de Espeleo Escalada nas grandes Jorasses Invernada nos Picos de Europa

Upload: truongdat

Post on 21-Jun-2018

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

Montañeiros Celtas

Boletín 125. Especial actividades 2014

• 60 aniversario de Espeleo• Escalada nas grandes Jorasses• Invernada nos Picos de Europa

Page 2: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario
Page 3: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

Boletín 125 | 3

Especialidad en Pescados y Mariscos de la Ría

Abrimos todo el año

Bajada a la playa, 27. Nerga - Hío - Cangas. Tlf: 986 329 329

CLa urva

Edita: Club Montañeiros CeltasDirección: Marisa NúñezDeseño e maquetación: Jesús NietoNormalización Ligüística: Enrique González CameselleColaboradores: Daniel Ballesteros, Gonzalo Cañón, María Villaverde, Juan Rivas, Ana Rodríguez, Jose Carlos Lorenzo, Jose Luis Vázquez, Maxi Rivas, Carolina Rodríguez, Ana López, Jorge Vázquez, Iago Rodríguez, Juan Jose Díaz.

Club Montañeiros Celtas non comparte, necesariamente, as opinións dos colaboradores.Depósito legal VB 40-1998

índiceMontaña BlancaPerú

10

Montaña: Picos de Europa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .4Montaña: Serra de Guadarrama . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .6Montaña: Grandes Jorases . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .8Espeleo: Cantabria . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 16Reflexións dun Montañeiro . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 18Psicoloxía e Escalada . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 20Silvestre e comestible . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 23

EspeleoRei Cintolo

14

Clases deEscalada no Club

22 Fotografíae Natureza

24

foto portada:“Torca de los Morteros”Carolina rodríguez

Page 4: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

4 | Boletín 125

MONTAÑA

Tras unhas longas, monótonas e nocturnas seis horas de viaxe, dende Vigo ós Picos de Europa, o autobús comeza a ascender pola estrada que comunica a ba-sílica de Covadonga cos Lagos Enol e Ercina, xa no interior do Macizo Occidental. Os primeiros raios de sol deste venres 27 de marzo empezan a saír, os ollos vanse abrindo de vagar, e fóra, neve, neve e máis neve. Hai neve a esgalla a partires dos 800m de al-titude. O único que íamos ver e pisar durante estes tres días ía ser neve. Logo, camiñar 20 minutos á Casa Municipal de Pastores, tamén coñecido como Refuxio de Vega de Enol, onde nos agardan Fernando e Sandra co almorzo xa listo. Almorzamos mentres ía abrindo o día, facéndose presentes os cumios máis altos do Cornión, coas “Peñas Santas” ó fondo.

Tras almorzar preparámonos para camiñar, raquetas, bastón e moita crema solar. A idea era subir ó Cor-

nión polo camiño antigo de Vega Aliseda, e dende alí, achegarnos ó Bocón do H.oon e facer cumio no Picu Cuivicente (2.014 m). Empezamos a camiñar, atravesamos Vega El Bricial, onde se forma a cas-cada de “La Meona” cando chove moito, e empeza-mos a colle-las primeiras pas de neve pola canle que sube a Vega La Paré. Atravesamos a majada (grupo de cabanas gandeiras) de El Tolleyu e seguimos cara ó H .oos de Cabanal, onde a neve acadaba o metro de espesor. A subida foi dura, abrindo pegada polas pequenas pas de neve que se ían sucedendo entre si, menos mal que as raquetas levan alzas para subi-lo pé. A neve estaba branda e húmida, e as nosas espe-ranzas de atopar neve dura e xeo a maior cota íanse disipando. Despois do H.oos de Cabanal chegamos o H .ou del Burru, onde a fatiga no grupo era ben pa-tente. Non levabamos nin a metade do camiño e xa estabamos desfalecidos. A verdade é que a ruta esco-llida quedou grande, e máis con esta neve tan bran-da. Uns poucos (sen dúbida, os máis listos) decidiron regresar polo camiño, mentres a maioría ti-ramos por Vega Alise-da (1 .750 m) cara ó Bocón do H.oon. Pre-to del xa decidimos que o de subir ó Picu Cuivicente ía quedar moi grande, polo que decidimos tirar cara á Vega de Ariu (1.650 m), onde chegamos

Aproveitamos unha longa fin de semana de tres días para poñer rumbo a Picos e enchernos da súa beleza e

espectaculares paraxes, nunha auténtica actividade invernal,

tal era a cantidade de neve que atopamos .

Texto: Daniel Ballesteros e Gonzalo Cañon

Invernada nos Picos de Europa

Page 5: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

MONTAÑERIOS CELTAS

Boletín 125 | 5

entrada a tarde. O camiño á Vega de Ariu non esta-ba pisado, polo que continuamos abrindo pegada ata o Lago Ercina. O camiño de Vega de Ariu ó Ercina faise sen neve en 1,30 h, pero tardamos case 4 h pola fatiga, a cantidade de neve e a continua necesidade de ir procurando o camiño correcto. Chegamos ás 20 h ó Refuxio de Vega Enol, facendo cola para ducharse despois dun duro día de pateo. Miraras para onde mi-raras había camas para durmir, e polainas e botas a secar cheas de papel de periódico. Cea contundente e ás 12 h xa estábamos todos na cama.

O día seguinte sábado, decidimos facer un pateo máis curto, porque a neve seguía estando moi branda e porque estábamos cansos do día anterior. Ademais os cumios máis altos estaban pechados de néboas. Dende o Refuxio collémo-la pista ata Pandecarmen, onde se atopa o aparcadoiro cunha cuarta de neve, e tiramos ata o Refuxio de Vegarredonda (1.400m). O camiño realizouse de vagar, estirándose moito o grupo. Ao chegar, cafés e caldos ben quentes. Hai incluso quen decidiu quedar no refuxio de troula e caldos e regresar polo camiño. Alí infórmannos que non é recomendable subir ó Collado de La Fragua polo risco de aludes, polo que decidimos subir a un cumio máis sinxelo, o Cantu Limpó. Dende o Refuxio de Vegarredonda tiramos polo Caleyón do Francés e pola Vega de La H .orcadiella, collendo pequenos corredores de neve existentes entre as calcarias. Ás 13 h estabamos xa no cumio do Cantu Limpó, de 1 .782m de altitude. Logo baixamos a Los Afrontado-rios, onde xantamos nun pequeno illote de rocha sen neve. De seguido, puxémonos en marcha, baixando ata Vega Orrial, cunha neve paposa, súper branda e onde nos enterrabamos por riba dos nocellos a pesar

de levar raquetas. Dende a veiga collémo-lo peque-no sendeiros que leva ó Monte Palomberu, despistán-donos axiña do camiño por mor na neve e a dificulta-de de orientarse entre as faias. Aparecemos no Pozu de Palomberu, onde as marcas amarelas e brancas guiáronnos ata a Vega de Enol, onde esperaba moitos litros de cervexa ben fría.

O domingo, xa último día, pensaramos en subir á Po-rra de Enol, situada ben preto do refuxio, pero outra xente preferiría parar en Cangas de Onís de turisteo. Por sinxeleza, decidimos suspender o ascenso á Porra de Enol, e tirar todos xuntos a Cangas. Alí xa goza-mos do bo tempo e de non estar enriba da neve, cou-sa que se agradece. Estivemos no mercado, cheo de queixos cabrales e gamoneos, así como unha ampla variedade de fabas. Ás 14 h subimos ó autobús que nos ía levar de volta a Vigo.

MONTAÑA

Page 6: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

6 | Boletín 125

MONTAÑA

O primeiro contacto coa zona foi o aloxamento do CENEAM, unhas boas instalacións públicas (Ministerio de Medio Ambiente), en Vaisaín, e que deixaron moi bos recordos.

Xoves 17 .04 .14 . Os Sete Picos (2.138m).- Come-zamos a xornada no Porto de Navacerrada (1.856m) onde a neve xa desaparecera e só quedaba nalgún recuncho acá e acolá. O tramo inicial transcorre polo Camiño Schmid e dende aí imos ata os cumios dos Sete Picos, onde a paisaxe granítica coas súas re-dondeces, rachaduras, montes de pedras e pequenos prados, fainos gozar como ás chibas. Unha baixada entre piñeiros déixanos na pradaría de Navalusilla e de aí collemos a senda de Los Cospes e logo a pista de Carril del Gallo, ata chegar á fonte de Fuenfria. Subimos o porto de la Fuenfría, cruce de corredoiras que pasan por alí dende a época romana!!

Facemos unha paradiña baixo as árbores para comer algo e botar unha sestiña. Retomamos a senda polo

camiño de Santiago madrileño, escollemos non se-guir a calzada romana e chegamos a unhas coñecidas ruínas para seguir ata a Fuente de la Reina. Despois de patear por unha pista asfaltada topamos co río Ledesma.

Quédanos unha longa e fermosa senda, as Pesquerías de Carlos III, e dende aí ata Valsain (1.220 m), ca-miño que está moi ateigado de xente e parece non ter fin.

Venres 18 .04 .14 . Peñalara (2.428m).- Saímos den-de o CENEAM polo bosque traseiro, ponte de madeira sobre o Arroio Peñalara, Fuente del Ratón, cruces varios e algúns enganadores. Nunha pista tomamos un carreiro empinado, que entre regos de auga do desexo, prados con piñeiros e sendas de gando, ábrese baixo as paredes da cordal do Peñalara.

Como bos montañeiros Celtas escollemos subir pola pa de neve entre as rochas, camiño máis curto e moi pino, con algunha placa de xeo que tivemos que es-

Había moito tempo que o noso Club non se desprazaba ata esta serra, na provincia de Segovia . A actividade non defraudou . Resultaron uns días

moi completos tanto na montañeira como na cultural .

Semana Santa na Serra de Guadarrama

Texto: María Villaverde

Page 7: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

MONTAÑERIOS CELTAS

Boletín 125 | 7

MONTAÑA

quivar. Unha vez no alto da cordal imos ata o cumio sobre neve abundante. Para o meu asombro, había moitísima xente no cumio que din que se sube fácil dende a vertente madrileña. Con tanta xente ense-guida liscamos de alí. Dividímonos en dous grupos para baixar, uns a media altura aproveitando pega-das sobre a neve e outros cristeando pola cordal ne-vada ata o Risco de los Claveles, aéreo e un pouco exposto, e de aí fomos ao Risco de los Pájaros. Cara ó final da cordal unímonos e xantamos ao sol, fronte ás lagoas glaciares.

Seguimos camiño ata o Puerto de los Neveros, onde xa non quedaba neve e tomamos unha pista cara a abaixo paralela ao Arroio de los Carneros, cruzamos o arroio Morete e ao final xa vimos ao fondo o pazo de La Granja. Paramos un chisco coas fermosas olla-das sobre os xardíns e o castelo. Volvemos á baixada pegados ao valado da finca e bosque e chegamos ao centro da vila. Alí gozamos dos xardíns tirados na herba ata que pecharon as portas.

Sábado 19 .04 .14 . Cuerda Larga .- Saímos dende o Porto de Navacerrada e dende alí fomos gañan-do altura ata o primeiro cumio da cordal, o alto de Las Guarramillas (2.258m), tamén chamado A Bola do Mundo, onde aínda quedaba neve branda. Espe-rábanos unha longa xornada de subidas e baixadas en dirección leste, onde os puntos máis altos están no Alto de Valdemartín (2.283m), Cabeza de Hierro Menor (2.258m), Cabeza de Hierro Mayor (2.381m), Alto del Pandasco (2.243m), Navahondolla(2.230m), Asomate Hoyos (2.242m), Bailanderos (2.133m), e o cumio de La Najarra (2.120m).

A travesía é cumpridamente longa e con bo ánimo imos chegando aos cumios. De feito tivemos dúbi-das de si fixeramos un cumio de máis. Non nos che-

garon?. Dende o último pico, ao que cheguei á carreira con dous mozos de ganchete, baixamos ao Porto de la Morcue-ra (1776m), onde xa nos esperaban.

Domingo 20.04.14.- Despois de recoller todos os trastes, tomamos rumbo a Segovia, onde fixemos un estupendo camiño cultural. Comezou o roteiro baixo o Acueduto Romano, onde gozamos da súa antiga e ordenada arquitectura. Logo fomos cara a arriba so-bre lousas de pedra e laterais con casonas e pazos, ata chegar á Praza Maior. De aí fomos ata a catedral, con fermosas capelas. Baixamos por estreitas rúas con antigas lembranzas ata os xardíns do Alcázar, es-pectacular fortaleza que non visitamos por falta de tempo. Un pequeno descanso e seguimos polas rúas estreitas e empedradas, baixo as restauradas casas do barrio vello e a muralla medieval. O remate do noso percorrido levounos ao bus, que pasando baixo o Alcázar, deixou na nosa retina unha última e fer-mosa visión da fortaleza.

a paisaxe granítica coas súas

redondeces, rachaduras, montes de pedras e pequenos

prados, fainos gozar como ás

chibas

Page 8: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

8 | Boletín 125

Un verán verdadeiramente noxento, con moita pre-cipitación deu lugar a que tras un período anticicló-nico en setembro os Alpes presentaran unhas condi-cións excepcionais. Realizáronse moitas actividades interesantes por toda a cordilleira, pero sobre todo unha montaña e unha parede captaron a atención de moitos alpinistas. A Cara Norte das Grandes Jorasses, un dos “tres derradeiros problema” dos Alpes.

Carlos Garrido trevinco, pero ó que lle teño cariño, e mais eu tiñamos arranxado uns días de escalada nos Alpes. Vendo as condicións eramos optimistas de cara a intentar algo grande, pero a lembranza das 36 h no Espolón Frendo do outono pasado mantiña as nosas expectativas a raia.

As ascensións ás Jorasses eran constantes; inter-né bulía cos relatos de repeticións de vías raras en condicións máis que excepcionais. Fálase incluso de masificación, na Norte das Jorasses! Por fin o comen-tamos, e se imos nós?

A previsión meteorolóxica non é moi boa para as da-tas que tiñamos previstas. Cancelamos e eu marcho a escalar a Finale, na costa italiana, fuxindo do mal tempo. A previsión vai cambiando e a fronte anuncia-da é máis feble do previsto, case sen precipitacións e entra un forte anticiclón. Tempo estable, soleado e cálido. Ó día seguinte recollo a Carlos no aeroporto de Xenebra.

Xa en Chamonix discutimos que facer, todo indica que é o momento de ir ás Jorasses. Que medo. E que ruta? A Linceul ou a Colton-McIntyre? A Linceul é máis

Escaladana cara

norte das grandes

JorassesSituada na parte setentrional do macizo do Mont Blanc e facendo liña fronteiriza entre Francia e Italia, a cara Norte das Grandes Jorasses foi escalada con éxito polos alpinistas Carlos Garrido e

Juan Rivas Texto e Fotos: Juan Rivas

Page 9: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

MONTAÑERIOS CELTAS

Boletín 125 | 9

MONTAÑA

doada e curta, o obxectivo lóxico para nós, pero a Colton-McIntyre é unha vía histórica, unha das máis bonitas dos Alpes, un auténtico soño de alpinista e está en condicións excelentes. Temos que meternos e probar, ver se somos quen de subirmos por aí. Pero atopamos unha escusa para non ir, hai moita xente. Por sorte sempre hai unha escusa válida. Finalmente con mellor tino preparámonos para ir ó Linceul, pero na mochila metemos algo de material extra, e se re-sulta que non hai tanta xente…

Durante a aproximación a parede vaise facendo grande, e máis grande e moito máis grande ata que xa ó pé da parede, onde imos facer vivac, a Nor-te das Grandes Jorasses é precisamente moi, moi, moi grande. No vivac coincidimos con Iker e Edu afincados en Huesca e colegas de Carlos. Eles van a Colton-McIntyre, a súa estratexia é ser os primeiros na vía. Cagadiños de medo tapámonos co saco de durmir (un saco para os dous, imos lixeiros) e aínda dubidamos de que imos facer, so unha cousa segura: pasar medo.

Un pouco antes de media noite estamos en camiño. A primeira dificultade é cruzar a rimaia, misión á que me presento voluntario tras tocarme en sortes. 20 metros bastante verticais con neve inconsistente. Unha vez cruzada xa é oficial: estamos escalando a Colton-McIntyre. Xa non hai tempo para o medo, se tal pánico, agora toca escalar intentando ser o máis eficientes posibles para facer a vía en menos de 3 días. Por diante tres franceses e Iker con Edu.

Escalamos en ensamble ata o primeiro resalte, 120m a 80º, onde facemos unha tirada de corda, pasa sen moita dificultade. Efectivamente as condicións son óptimas. Por debaixo vemos as cordadas que saen do refuxio de Leschaux e algúns que xa se meten na vía. Seguimos en ensamble ata o crux da vía, unha tirada de corda de 60 m, onde 20m son a 90º. Tócalle

a Carlos que se mete nel coas primeiras luces do día. Hai máis xeo (ou o que sexan os famosos placages) do habitual, pero está moi rota e é moi difícil de protexer. Subo á reunión alucinando coa escalada de Carlos e co cu ben apertado.

Co día apreciamos por primeira vez onde estamos metidos, as dimensións do que vimos de escalar e do que queda. Isto é enorme. Ledicia absoluta.

Seguimos en ensamble ata os mixtos de saída onde facemos 4 tiradas de corda. Tras 14 h de escalada por fin pisamos en chan, estamos no cumio da Punta Walker a máis alta das Grandes Jorasses, 4.208m. Embaixo queda a Colton-McIntyre, V WI5+, X, R. 1200m ou ED1 por Extremadamente Difícil.

Bebemos, comemos e descansamos un pouco á calor do sol italiano, pero sen enredar moito pois con es-tas temperaturas o momento máis delicado está por chegar, a travesía baixo o inestable serac Whymper. O serac ten unha pinta horrorosa e a zona baixo el está chea de cachos de xeo, serán uns 300m ata vol-ver estar seguros. Corremos como nas olimpíadas (ó día seguinte o serac caeu, glups!).

O descenso é longo (3.000 m) e exposto, por terreo glaciar e mixto con rápeles e destrepadas e as horas de actividade vanse notando. Por fin, tras vinte e pico horas e con todo o marrón superado, atopamos un sitio onde vivaquear preto do refuxio de Bocca-latte. Bebemos e comemos, botamos o saco por riba e derreados e ben xuntiños durmimos ata que o sol pega ben forte pola mañá.

Agradable paseo ata Courmayeur onde mentres agar-damos polo bus que nos devolva a Chamonix celebra-mos a actividade con pizza e cervexa. O prezo das birras en Courmayeur, iso si da medo.

Page 10: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

SECCIÓN ESCALADA

10 | Boletín 125

Co grande que é o mundo, e nós repetindo país. Pero Perú atrae, e nesta ocasión a súa maxia levounos á Cordilleira Branca, na zona de Huaraz.

Chegamos a Lima co tempo xusto para coller un bus que tras sete horas e 35 soles por persoa, lévanos a Huaraz. A paisaxe ata chegar é marabillosa.

Huaraz é caótica, ruidosa, pero necesaria para solu-cionar permisos de escalada, compras e como base das nosas expedicións; rodeada de grandes e neva-das montañas. A min particularmente encantoume.

Na Casa da Montaña infórmannos de que a tempada de ascensións comeza agora; o Huascarán aínda non o acadou ninguén neste ano, o Tocllaraju está perigoso porque o desxeo afondou as fendas, facendo cambiar a ruta de ascenso, e o Chopicalqui, só o subiron tres persoas, e para ir nós sos e sen guía, é arriscado. O panorama nada alentador, pero continuamos cos no-sos plans de facer o Chopicalqui, aclimatando antes no Urus e no Ishinca e facendo primeiramente un tréking, o de Santa Cruz.

As taxas de entrada para o Parque de Huascarán son de 65 soles, e para nós pagalas foi algo accidentado

porque obrigaban a coller guía, incluso para facer o tréking que non ten nada de arriscado e nós quería-mos ir sos, pois nada…, intentamos explicarlles ós de parques que falaramos previamente en España coa F.E.D.M.E e nos dixeran que non ía haber problemas de ir por libre, pero aquí insistían que si, que con guía ou nada, e senón tiñas que ter unha creden-cial da túa experiencia na montaña!. Meu Deus!!!, e ¿de onde sacaba eu iso?. Finalmente puxemos unha queixa e foi aí cando aceptaron que foramos sos tan-to no tréking como nas ascensións...

Con todo arranxado imos dispostos a comezar o noso tréking de catro días de duración. Decidimos comezar por Cashapampa (2.900 m) e rematar en Vaquería (3.400 m). A paisaxe é moi bonita e tes si-tios para acampar onde queiras e auga dabondo. Con parada para almorzar incluída, chegamos ó final da nosa primeira etapa, a Llamacorral (3.800 m), moi contentos e coas pernas perdidiñas de picaduras de “zancudos”, jejeje...

Na etapa do segundo día é posible facer unha varian-te que te leva ata ao campo base do Alpamayo, e nós por suposto que a facemos. Iso supón dúas horas máis de camiño entre ida e volta, que ben merecen a pena pola grandiosidade espectacular deste pico...

Perú e a Cordilleira Blanca

O paseo pola Cordilleira Blanca, levou aos nosos

protagonistas a coñecela un pouco a través do tréking

Santa Cruz, con ascensións ao Urus, Ishinca e Valluneraju, picos todos eles de máis de

cinco mil metros

Texto: Ana Rodríguez. Fotos: Jose Carlos Lorenzo

Page 11: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

MONTAÑERIOS CELTAS

Boletín 125 | 11

Impresionante!!!!. Remata-mos en Taullipampa (4.350 m) á beira dun río no que a auga está moi fría pero nós metémonos nela.

Está todo xeado e as cousas non dan secado. A etapa do terceiro día pasa polo punto máis alto do tréking, Pun-ta Unión (4.750 m) e para chegar a el temos un zigzag que tras 1:30 horas supera-mos. Paradiña aquí porque as vistas ben a merecen. Que podo dicir!, non teño verbas, o Rinrihirca (5.810 m), o Taulliraju (5.840 m), glaciares espectaculares; montañas impresionantes, de cando en vez escóita-se algún desprendemento que che deixa sobrecollido, bestial. Cerca das tres da tarde, xa estamos pasando Paria (3.650 m), ó final do tréking de hoxe.

No último día do camiño e en dúas horas chegamos a Vaquería (3.700 m) onde xa remata a nosa aventura e onde pasamos novamente un control de parques.

Chegan minibuses de turistas que van comezar o tréking, e é a nosa ocasión para abordar un deles, para que por un módico prezo nos achegue a Huaraz. Tivemos sorte co transporte e co condutor, Carlos, un mozo moi simpático que foi facendo de guía du-rante as case catro horas que tardas dende Vaque-ría a Huaraz, xa que o camiño ten moitas curvas, iso si, rodeada de preciosas montañas e de lagoas enormes...alí o Chopicalqui, alá o Huascarán, o Co-pa,.a Lagoa 69, a de Llanganuco. Meu deus que bele-za!-Grazas Carlos!!!

Agora dous días de descanso en Huaraz para preparar o noso obxectivo. Informámonos na Casa da Monta-

ña e as noticias seguen igual. É entón cando cambia-mos o Chopicalqui polo Vallunaraju.

O Urus (5 .420m) e o Ishinca (5 .530m) están na mes-ma quebrada, así que van os dous xuntos. Para esta aventura, saímos ás 7:00 da mañá da terminal de minibuses dirección a Puente Paltay, pero levamos tales mochilóns que ninguén nos quere subir, paga-mos o dobre e todo arranxado. Ó chegar alí quedas realmente tirado porque xa non hai máis transporte público ata a seguinte aldea, que pode ser Pashpa ou Collon. Nós decidimos saír dende Pashpa e coller un taxi e ás 9:00 da mañá xa estamos preparados para comezar a camiñar cargadiños dabondo. O camiño precioso, todo verde e con ríos. Ás 13:00 xa estamos no campamento Ishinca onde imos montar a tenda, aínda que tamén hai a posibilidade do refuxio Ishinca (4.350 m), construído e doado por italianos...hai un montón de xente acampada tamén. Nós decidimos subir xa mañá ó Urus.

Ás 6:00 arrancamos coas mochilas feitas do día an-terior. Imos sos e non se ve a luz de ningún frontal máis. O principio é rocha e despois tórnase xeo e ro-cha rematando ó final en pura neve, tendo que poñer os crampóns. Ás 10:00 xa estamos no cumio gozando das fermosas vistas. Cando chegamos ó campamento vai tanta calor que temos que ir meter os pés no río. Miña nai! que diferenza de temperatura!. Pola tarde, a descansar para subir ben mañá o Ishinca e imos tomarlle algo ó refuxio.

Para o Ishinca, saímos ás 5:00 h e en menos de dúas horas chegamos ó glaciar onde nos encordamos e puxemos os crampóns. Pronto chegamos ós seracs e na zona de desprendementos hai que ir a modiño. Pasado isto, sucédense pás e pás de neve ata chegar á última que ten unha inclinación duns 50º. Por fin chegamos ó cumio e son as 10:30 h, celebrámolo, pero non moito pois simplemente é unha cornixa e podes caer. Agora imos baixar por outro sitio onde hai unhas escaleiras de xeo pero logo tes que saltar, xa que hai unha enorme fenda. En fin, aláa vou eu, José Carlos asegúrame. Despois disto xa non hai máis perigo, todo neve para baixo; incluso imos ás carrei-ras botando unhas risas ata que de vez en cando se escoita algún desprendemento. Ai miña nai!!! Che-gamos ó C.B. ás 13:30 h e de novo unha calor. Resto do día descanso.

Pola mañá recollemos todo e ás 9:00 comezamos a baixada, en 1 h 30 m. chegamos a Pashpa e pola tar-de a Huaraz pois paramos para comer e fomos visitar unhas ruínas polo camiño.

Ò día seguinte toca descanso e ó seguinte volver ma-drugar para ir ó Vallunaraju (5.686 m). Chegar non é doado, así que xa saímos dende Huaraz cun taxista co que falaramos o día anterior, pero a “trocha”, como eles chaman á estrada, ponse algo complicada e o taxista déixanos tirados a tres horas do camiño

“glaciares espectaculares, montañas impresionantes, de cando en vez escóitase

algún desprendemento que che deixa sobrecollido,

bestial”

MONTAÑA

Page 12: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

12 | Boletín 125

acordado, incumprindo así a súa parte, parando o co-che e facéndonos baixar; alí non hai onde reclamar e nada que facer así que, cargados como imos toca camiñar.Tres horas a maiores para chegar ó refuxio dos guías de montaña de Huaraz, eu rebentada, pero cando me di o garda do parque que para o Campo base do Vallunaraju aínda quedan dúas horas máis e miro o camiño que é unha subida súper empinada, entón si que me lembro do taxista e case morro...en fin, paciencia e a modiño; cando por fin chegamos eu estou cansa, pero feliz polo esforzo; apenas hai sitios onde poñer a tenda pois todo é rocha. Estamos ós pés do glaciar e un pouco máis adiante hai dúas tendas máis dun guía e os seus clientes. Imos cedo para a tenda pois mañá hai que madrugar.

Ás 5:00 comezamos camiñar e en 30 minutos chega-mos ó glaciar, tempo agora de encordarse e poñer crampóns, todo ben ata que empeza un forte vento e arrastra a neve que nos dificulta a ascensión. A unha hora do cumio vemos baixar o guía cos dous estranxeiros e falamos un pouco. Ás 8:45 cumio!!! e ás 9:15 baixamos, fai moito frío e ás 10:30 na tenda xa, comemos algo, desmontamos e poñemos a secar a tenda, que co frío estaba xeada. Tras recoller todo nunha hora estamos no refuxio dos guías, agora imos baixar nunha combi que casualmente baixaba para Huaraz, ás veces as cousas tamén saen ben, jijiji....

As nosas andanzas montañeiras remataron aquí, pero despois tivemos uns 15 días máis para visitar o norte do Perú, pois non o coñecíamos, todo moi bonito e moi interesante aínda que máis dun facía algún co-mentario, por ser español, en contra dos nosos con-quistadores como por exemplo Pizarro, que por alí o chamaban “pancho” Pizarro, con moita coña.

En xeral, unha viaxe tan boa que esperamos “tripi-tir” ou “cuatripitir” (no caso de José Carlos) en fu-turas ocasións.

MONTAÑA

Page 13: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

MONTAÑERIOS CELTAS

Boletín 125 | 13

O amigo Maxi propuxo facer o camiño “ateo” en bici o pasado día 20/21 de setembro. Como non podía ser doutra forma aceptamos. O grupo estaría formado por Maxi, Almudena, Fany, Antonio, Pacucho, Isidro (Tinken), Javier, Guillermo, Marcos e eu, mais a es-posa de Maxi, Ester, que se faría cargo de conducir a furgoneta, coas bicis e diversos obxectos dos ciclistas durante os 2 días, ou sexa, o noso “Anxo da Garda”,

Como sempre saímos con moita alegría de Santiago e posiblemente debido a isto aos poucos quilómetros xa estabamos fóra do camiño, pero iso si, non perdidos. Unha vez recuperado o sendeiro oficial continuamos, e xa pasado Negreira chegamos ao cruce de “Maceira” onde paramos e gozamos do río-muíño e Ponte Roma-na, un sitio marabilloso, posiblemente o mais bonito da marcha.

Despois de comer, puxemos rumbo a “Albeiroa” pe-queno aldea, que está totalmente recuperada (moi bonito) aquí é onde pasamos a noite, durmimos nun “contenedor” acondicionado (toda unha novidade).

Despois de cear e facer mellor a dixestión decidimos andar ata unha festa que se oía, pero non consegui-mos chegar.

Xa no contenedor repartimos as liteiras, sendo outor-gado o sofá de dúas prazas ao matrimonio Ester-Maxi. Durmimos ben e comezamos a mañá con guerra de

almofadas, sobre todo os que non querían espertar.

Puxémonos en marcha, atravesando montes ata che-gar á ermida da “Nosa Sra. das Neves” onde observa-mos as queimas das prendas que fixeron anteriores camiñantes. Continuamos e chegamos ata que apare-ce aos nosos pés o mar de Cee á dereita e o Faro de Fisterra, todo moi bonito.

Descendemos da Serra, por unha pista de terra. Unha vez en Cee marchamos ata o faro pola estrada, que ten unha forte subida que puxo a proba o pundonor de Marcos e serviu para que Pacucho demostrase o bo momento de forza que atravesa.

E xa chegamos con moita alegría a Fisterra, gozamos do bonito lugar, aínda que houbo discrepancias sobre os restos das queimas.

E como todo remata, isto tamén, regresamos en au-tobús a Santiago excepto Maxi-Ester e Almudena que levaron na furgoneta as bicis ata os coches, onde nos reunimos despois de 3 horas de autobús.

Todos contentos regresamos a Vigo.

BICI

Bici no camiño de Santiago a FisterraUn grupo de 10 ciclistas iniciamos esta aventura duns 92 quilómetros cara a

terras da “fin do mundo”

Texto: Jose Luis Vázquez

Page 14: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

14 | Boletín 125

O ano 2014 foi un ano de celebración para toda a espeleoloxía galega e máis para a Sección de espe-leoloxía do club.

Celebráronse os 60 anos daquela primeira explora-ción á Cova do Rei Cintolo, que por aquel entón tivo moita repercusión no, daquela, incipiente depor-te-ciencia e que constituíu, e constitúe, a base e inicio para tódolos espeleólogos galegos de agora e do futuro.

Querendo recoñecer e agradecer aquela semente que plantaron Chito Veiga, Pepe González, Antonio Veiga, Victoriano Glez-Redondo, José María, Anto-nio Suárez e outros e que, grazas a eles e a outras persoas, a espéleo segue moi viva no club, progra-máronse diversas actividades no local social e en Mondoñedo.

Durante todo o mes de outubro o local social do club albergou unha exposición de material e fotografías que abranguían dende aqueles primeiros anos espe-leolóxicos no club ata os anos actuais. Os primeiros cascos cedidos polo exército, os carbureiros artesa-nais, as cordas de cáñamo e a roupa de lá foron evo-lucionando a materiais máis actuais como xa os mo-dernos cascos con leds, as cordas de poliamida, os mo-nos de cordura, os arneses e descen-dedores que agora se utilizan de cotío.

Ademais desta ex-posición, que os socios puideron visitar no club, leváronse a cabo diversas proxec-cións e charlas que quixeron partir cos “Primeiros anos da espeleoloxía en Celtas”, a cargo de Antonio Veiga.

Interesante charla que nos fixo partícipes, como unha familia, en todos aqueles preparativos, ilu-sións, viaxes e anécdotas que Antonio Veiga ben soubo transmitir aos presentes. O noso máis sincero agradecemento por aceptar ese gran reto de resumir en apenas unha hora toda a historia da base espeleo-lóxica do club.

Eses inicios da espeleoloxía “Celta” non quedaron esquecidos na historia e foron o berce de moitas ou-tras exploracións que virían co cabo do tempo.

Nos últimos anos, o club participou activamente nas exploracións nunha zona de Picos de Europa, que ben nos transmitiu Iago Rodríguez, coa súa charla “Contribución ás exploracións espeleolóxicas en Ca-mino de Ario (Picos de Europa)”. Simas inexploradas, moito traballo de topografía e moita ilusión por esa faceta de descubridores de algo novo, é o que se xunta neste tipo de actividade, onde o compañeiris-mo segue a ser a base de todo.

E tal é a magnitude da actividade espeleolóxica na sección do club, que tamén temos colaborado cun club cántabro nas “Exploracións espeleolóxicas no maior sistema kárstico de España. Sistema do Mor-tillano. Cantabria”, charla a cargo de Ángel García,

da Agrupación Es-peleológica Rama-liega.

O sistema kársti-co do Mortillano acadou en agosto de 2009 a mellor marca estatal de maior desenvolve-mento dunha cova, con 114 km (actual-mente xa supera os 130km). Neses anos de campañas de exploracións orga-nizadas no verán e ás que acudían es-peleólogos de todo o país, foron varios

ESPELEO

60 Aniversario1ª exploración cova

do Rei CintoloTexto e Fotos: Carolina Rodríguez

Page 15: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

MONTAÑERIOS CELTAS

Boletín 125 | 15

os espeleólogos do club que con-tribuíron (e seguen contribuíndo) a que ese sistema kárstico acada-ra novas nos medios de comunica-ción e divulgara un pouquiño máis esta actividade que é a espeleo-loxía.

Para complementar este aniver-sario, e como colofón, celebrouse os días 11 e 12 de outubro o 60º Aniversario-Campamento Social, en Mondoñedo.

Nesta celebración participaron 23 persoas, con espeleólogos tamén de Cantabria e León, que esta vez si tiveron ocasión de adentrarse na Cova do Rei Cintolo. Divididos por grupos, achegáronse á cova os dous días, ademais de facer prác-ticas de técnica vertical no refu-xio da FGE de Argomoso.

O sábado á noite celebramos no Mesón O Valeco unha cea conme-morativa, agasallando aos partici-pantes cun pequeno obsequio de lembranza deste aniversario.

E como se nos fixo curto o ano, co-mezamos o ano 2015 cunha charla o día 23 de xaneiro a cargo nova-mente de Antonio Veiga e tamén de Lourdes Castiñeira, quen foron capaces de trazar unha ponte en-tre aqueles comezos espeleolóxi-cos no club e a espeleoloxía e os espeleólogos actuais.

ESPELEO

PRIMEIRA EXPEDICIÓN Á COVA DO REI CINTOLO.

PARTICIPANTES

Equipo PuntaRafael Pérez GómezConstancio Veiga GonzálezFrancisco Méndez SerietJosé Maria González Redondo

Equipo ApoioManuel Prieto RialRogelio Pereira MuiñosAntonio Veiga GonzálezRafael Justo BurgosManuel González Redondo M.Victoriano González Redondo M.José Casado GómezAntonio González Redondo M.

Equipo ArqueoloxíaPedro Díaz ÁlvarezJosé Luis Gómez ManeiroJosé González Rodríguez

TopografíaCayetano CameselleJosé Maria Cameselle

TelefoníaRafael Justo FernándezOvidio MartínezMaria Luz Navarro Sadaba

Asesor MédicoJose Luis Gómez Naval

FotografíaAngel Llanos González

PrensaBenedicto CondeJosé Díaz JácomeÁlvaro Cunqueiro Mora

Servicios AuxiliaresAntonio Suárez VillarRafael FernándezÁlvaro Brión NimoJosé Pérez Berenguer

Xefe de ExploraciónsAntonio Navarro Lax

Xefe de ExpediciónMiguel Regueira Martínez

Page 16: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

16 | Boletín 125

5-8 decembro 2014

A pesares das malas previsións da méteo, somos es-peleólogos con gañas e alá nos embarcamos nunha saída a Cantabria, onde xa se require certo nivel téc-nico por parte dos participantes, xa que as covas son ben diferentes das galegas.

Un pequeno grupo de 5 espeleólogos do club (Iago, Rosi, Carol, Abel e Antón), mais outro do EC Cintolo (David) e outra do GE Sil (Andrea) chegamos o ven-res día 5 pola noite ao albergue de Asón, equipado con liteiras, duchas, baños e un salón onde se pode cociñar (hai microondas e fregadoiro) (942.678.066). Cobran 8€/noite.

Coas lagañas aínda nos ollos, o sábado foi día de ac-tividade. A pesares da choiva estabamos dispostos a aproveitar os días.

O sábado foi día de adentrarnos na cova de “La Gán-dara”, un sistema kárstico de algo máis de 106 km e un desnivel de -814 m, situada no concello de Soba. Non é que fóramos recorrelos todos, porque iso nun día é imposible, así que a nosa idea era baixar ata a Sala del Ángel, e meternos cara á galería do vivac ata onde nos dera tempo.

Non contabamos coa gran afluencia de xente que ía-

mos atopar. Un grupo de madrileños, outros de Cuen-ca..e máis.

A entrada da cova é un pequeno resalte que se des-obstruíu no seu día polo grupo que segue exploran-do nela. Unha boa rampla de pedras da acceso a un pasamáns que evita un gran desfondamento. Conti-nuamos polas súas galerías e fixemos tempo por al-gunha outra zona, para evitar atascos nos pozos de baixada. Aínda así, despois de percorrer unha longa gateira con múltiples zig-zags, cando chegamos á ca-beceira, case tivemos que esperar unha hora a que nos chegara a nosa quenda, tempo que aproveitamos para xantar os bocadillos que levabamos.

Un pozo de 40m sitúanos nun nivel inferior, por onde seguimos progresando ata chegar a unha sala des-cendente, onde xa escoitamos o ruído enxordecedor da auga que baixa a caudais por unha cascada im-presionante.

As luces dos espeleólogos que nos preceden, fan de-catarnos da inmensidade da sala onde estamos, onde non somos apenas capaces de dislumbrar as súas pa-redes. Nin idea das dimensións, pero enormeeee…

Tras algúns intentos de fotos á cascada e ás forma-cións que están ao seu carón, decidimos continuar por outra galería ata que nos chegara o tempo de volver. Non deu para chegar ao vivac, pero quedará

ESPELEO

Espeleo en CantabriaUnha oportunidade de ir máis aló...

Texto e Fotos: Carolina Rodríguez

Page 17: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

MONTAÑERIOS CELTAS

Boletín 125 | 17

para outra ocasión.

Pasiño a pasiño, desandamos o camiño ata a saída, unhas 8h despois de ter entrado. A neve fixera acto de presenza ese día no exterior e aínda quedaban restos de neve e sarabia polo camiño de baixada aos coches.

Voltamos para o albergue a preparar a cea, ademais de adaptar os plans ás condicións da méteo para o día seguinte.

O domingo foi día de facer a travesía Solviejo-Rayo de Sol, no concello de Voto, cun desenvolvemento total de case 3,5 km. A auga respectounos cando nos preparábamos para a cova e puidemos andar os 20 min de pateada ata a boca sen apenas mollarnos. Mentres Abel facía a súa primeira actuación como instalador, Iago e Antón ían instalar os dous pozos de saída, que hai que deixar equipados antes de iniciar a travesía.

Trátase dunha travesía de 5 h de duración aproxima-da, un desnivel entre a boca de entrada e saída de 38m e 1 km de percorrido. Xa temos ido outras veces a esta cova, pero desta vez aproveitamos a mirar outras galerías e lugares nos que non tiñamos estado antes. Atopamos unha gran cascada na que nin se miraba a orixe nin o fin, e iso que levabamos boa iluminación nos cascos…

Como nos movemos ben pola cova, con ritmo suave pero constante e unha parada para comer na Sala do campamento, en 5 horas xa tiñamos percorrido a maior parte da cova (seguro que quedan outros re-cunchos sen mirar) e xa estabamos na estreita saída da travesía (que tampouco é para tanto, senón fora polas arañas que tiña..).

E para aproveitar toda a ponte, o luns, aínda que era o día de marchar, tamén fixemos plans espeleolóxi-cos pola zona. Unha pequena incursión ao Mortero de Astrana, cavidade que forma parte do maior sistema kárstico do país (máis de 130 km). A boca de acceso é impresionante, xa que se trata dunha olla afundida no terreo duns 50m de diámetro, con vexetación por todas partes. A baixada ao fondo faise por dúas vías diferentes; unha, un rápel vertical por unha parede, duns 40m de longo, e a outra, por unha rampla me-nos vertical, pero que tamén é preciso a corda.

Baixamos ata o fondo e continuamos por unha sala de teito baixo ata un burato por onde corría unha forte corrente de aire. Instalando unha nova corda (a que había non estaba en boas condicións), que nos deu bastantes problemas pola súa capacidade para rizarse, chegamos a outra sala. Pouco máis adiante, o nivel da auga xa fixo que algúns désemos a volta (tamén para economizar o tempo), mentres outros continuaron ata outra gran cascada, punto onde xa deron volta, posto que o tempo xa non daba para

máis e ese día tiñamos que volver para Vigo.

Saímos un pouco a présa desta incursión de pouco máis de 3 h, e unha forte xistra recibiunos no ex-terior. Cambiamos de roupa a todo correr e apro-veitando unha cabana gandeira da zona. Volvemos ao albergue, onde foron tan amables de, a pesar da hora, fixemos algo de comer. Case ás 18 h da tarde emprendemos o regreso para casa, cun boísimo sa-bor de boca desta nova saída de espéleo, onde os espeleólogos do club máis novatos puideron facer fronte a outro tipo de experiencias e salvando inclu-so a vertixe dalgunha.

Grazas a todos por pasalo tan ben xuntos!

Page 18: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

18 | Boletín 125

Por fin xa teño a medalla de ouro de 50 anos no club. A medalla que eu mesmo deseñara nun afastado día para aqueles socios que comezaban a facer os 25 anos. Pois xa vedes, o tempo pasa e agora tócame a min recibila, pero de ouro, ou sexa tras 50 anos de aventuras.

Pero con todo o que isto representa, non é nada comparado coa noite pasada no Hotel Coia, rodea-do de toda a xente, sobre todo “veterana”. Tive-mos unha agradable cea e ao fin chegou o momento de imposición de medallas. Cando fomos chamados Benaches e máis eu, para que Lolita e Mucha nos condecoraran, foi todo moi bonito, pero moito máis cando abracei ao meu amigo e (copiado dos futbo-listas) dei un bico ao antigo escudo do club (era de trapo bordado, que tiña no primeiro canguro, hai 50 anos, feito dunha gabardina do meu pai por Angeles Alonso, e que hoxe lucía na solapa do meu traxe e ao carón da brillante medalla de ouro que acababa de recibir). Entón escoitando os aplausos, e que nos tiraban fotos, abríuseme a porta dos moitos recordos vividos neste Club.

Debo dicir que nunca tivera un “auditorio” diante de min, (ben si, una vez alá polos anos 70 que fixen de Rei Mago no Club e o locutor de Radio Vigo en-

trevistoume para saír pola radio, e penso que nada máis. Pero a tarefa de falar diante de todos tornouse fácil porque tiña ante min a aqueles mesmos amigos de moitísimas aventuras aínda que vestían precio-sos traxes. Eu estábaos a ollar como se estivésemos á beira da cheminea do Vixiador, Faro Domaio, ou Aloia, ou ao carón dun muro ou ermida, esperando que deixara de chover ou nevar para continuar a marcha. Entón era cuestión de ir mirando á xente que estaba nas mesas e xa tiña o guión para contar anécdotas e rirnos todos un pouco, así como traer recordos xa case esquecidos.

Comecei relatando a primeira acampada con Bena-ches e Abelenda no monte Aloia no ano 1965, que foi onde realmente decidimos facernos socios do Club.

Hoxe nos acompaña Elba Grobas que foi a que firmou a miña folla de ingreso, e lembro que me dixo “Aten-ción, pórtate ben” (creo que cumprín). Na mesma mesa estaba Margot Lamarca, a quen eu chamaba “tía”, xa que levaba a sete sobriños ao monte, entón eu quixen ser o oitavo; tamén ao seu carón estaba Mucha, a miña muller, e relatei como nos coñecemos -parece que foi onte! -, máis adiante Juani, contei a saída ao Teixedal e a anécdota de facer teatro no monte e a caixa do medo, na ermida. Aquí máis pre-

HISTORIA DO CLUB

Reflexión dunMontañeiro

O día 8 de marzo celebrouse a Cea Anual de Montañeiros Celtas onde varios dos nosos socios recibiron, como recoñecemento á súa

permanencia como socios do club durante 25 e 50 anos, as medallas de prata e ouro respectivamente. Jose Luis Vázquez cóntanos neste

relato como viviu ese día .

Texto: Jose Luis Vázquez Almuíña (50 anos en Montañeiros Celtas)

Page 19: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

MONTAÑERIOS CELTAS

Boletín 125 | 19

to... Placas, Casti, Pío, Elisardo, Sara e Antonio Veiga, este último toda unha ins-titución no montañismo, lembro cando os días 6 e 7 de febreiro do ano 1965 fomos a pé a Santiago, pola estrada, xa que da-quela non había camiños como agora, foi cando “O Rubio”, Juan del Río, ao chegar a Caldas sentiuse mal e tivo que durmir na cadea municipal xa que a aquelas horas non había outro sitio.

Noutra mesa vexo a Pedro Outón, e á súa dona, representando ao Club Peña Trevin-ca. Cantas historias e bos momentos pasa-dos e os que aínda continuaremos pasan-do!.

Eu teño o privilexio de continuar facendo actividades con este Club, aproveito para contar ou transmitir aos máis mozos as ex-periencias e o pasado no Club, sobre todo destacan-do aquela extraordinaria convivencia entre todos, xa que parecíamos unha gran familia.

Miro cara ás mesas coa xente da nova etapa e vexo por exemplo a Maxi e á súa dona, e lembro a saída en bici de montaña dende Santiago a Fisterra nun día “ghalerna” ou como agora se chama “inesquecible”.

Máis preto está Francoise, a quen un día dixen, en si-nal de agradecemento, que sería a “mamá” dos que habitualmente participamos na “Multiactividade da Ría de Vigo”. Que cariño ao facernos a comida!; ao seu lado a familia Caldelas, cantas horas de sendei-rismo xuntos! - Alí tamén Zoila e Evaristo.. lembras Evaristo cando atravesando a ría a nado, e máis tar-de subindo en bici ao Aloia xa case non podiamos máis e eu che dicía “veña que xa estamos …”, e che-gamos ao final. Ao lado tamén Enrique Soto, quen esta mesma mañá nos dirixiu unha “agresiva” saída

de 50 km polo monte en bici, dura,… moi dura, pero “preciosa”..

Tamén ao meu lado Carmen, Conchi, e Lourdes, a primeira presidenta que ten o Club, cantas aventu-ras xuntas!, e aproveito para dicirlle “GRACIÑAS” por todo o que fas polo Club,.

E xa remato, pedindo perdón a todos, aos moitísimos amigos que aquí non podo reflectir, pero non dubi-den que todos teñen en min un “contiño”, con todos os recordos do pasado e que prometo contarei no 75 aniversario cando me dean a medalla de platino.

Poño fin lembrándome dos meus primeiros mestres de montaña, Sobral e Antonio F. Lourido o Águila, este marcaba as caixas de correo dos montes cunha aguia tan escorrida que máis ben parecía unha raspa de peixe. VIVA MONTAÑEIROS CELTAS!!

HISTORIA DO CLUB

Parque Natural Monte Aloia, s/n 36700 Tui Pontevedra986 685 160 - 673 628 949

Page 20: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

SECCIÓN ESCALADA

Psicoloxía e escalada son dous conceptos tan amplos, que por si solos son o suficientemente complexos para abordalos nun artigo, abstrac ou tese doutoral, canto máis xuntar e intentar analizar aspectos da influencia do deportivo no psicolóxico e da psicoloxía no deporte (dende unha óptica de rendemento). Sen embargo estas non van ser as miñas fontes de intere-se, ou polo menos non de primeira orde, senón que vou intentar poñer relevancia na influencia da esca-lada nos procesos cognitivos, e no desenvolvemen-to da personalidade como facilitador terapéutico e como currículum oculto no proceso educativo.

Así todos aqueles escaladores que estiveran esperan-do claves para mellorar o rendemento nun obxecti-vo/vía creo que se van sentir decepcionados, pero non vos imos deixar cos bolsillos baleiros, ou mellor dito, a bolsa sen magnasio, aí van uns cantos clá-sicos: Arno Ilgner, Guerreros de la roca, Ediciones Desnivel (2005). David Reinoso ¿Quién dijo miedo? Ediciones Desnivel (2003), Revista de Psicología del Deporte Universitat de les Illes Balears 2005. Vol. 14, núm. 2 pp. 177-194 Universitat Autónoma de Barcelona ISSN: 1132-239X, “El papel de los factores psicológicos en la escalada: Un análisis cualitativo: Xavier Sánchez e Miquel Torregrosa.

Na actualidade a maioría das persoas estamos so-metidos a realizar máis dunha tarefa á vez, a ter un carácter disperso e pouco constante. A escalada obriga a centrarnos nese preciso momento en cada movemento, en cada tipo de agarre, posición do cor-po (propiocepción), quedando todo isto rexistrado e fixado con sumo detalle no noso cerebro cun pega-mento moi especial chamado “medo a caer”. Neste caso o medo cumpre unha función moi positiva que é activar a alarma vermella de “warning” cos agarres, posición o movementos equivocados ou menos efica-ces. Pero a súa mellor virtude é brindarnos a oportu-nidade de transformar a enerxía do medo en enerxía de superación ou logro. Facendo reseña ao neurólogo Robert Sapolsky no seu libro “El mono Enamorado”, cando nos enfrontamos a un reto que nos esixe un 70% do noso esforzo ou capacidade, o noso cerebro se “ilumina”, inxectado por dopamina (hormona que se libera como recompensa e nos produce un estado se satisfacción plena).Todo isto sucede incluso antes de chegar ao final da vía, non necesitamos o premio do grado para que todo este mecanismo de recom-pensa de desencadee. A capacidade de concentra-

ción é un ben escaso e pouco cultivado, no que a escalada nos adestra con paixón e esixencia sendo nós os únicos responsables dos nosos actos.

Outra característica que a escalada nos esixe é a ca-pacidade de imaxinar os movementos antes de rea-lizalos. Este proceso require capacidades e habilida-des cerebrais moi interesantes de traballar en todas as persoas, pero sobre todo nos máis pequenos. Estas habilidades son capacidades superiores do cerebro tales como:

• capacidade de representación mental dunha figura en movemento nun espazo concreto (ro-cha),

• capacidade de planificación de todos os mo-vementos necesarios para conseguir ascender pola vía superando obstáculos e “problemas” que non plantea,

• corrección e rectificación sobre a marcha das diferenzas entre o que críamos que pensába-mos tiñamos que facer e o “feedback” que nos está dando a rocha e o noso corpo sobre como debería ser o movemento,

• empatía para aprender dos acertos e erros dos demais escaladores sen necesidade de que nós mesmos os experimentemos. Este tipo de aprendizaxe se chama en psicoloxía “aprendi-zaxe vicario” (Albert Bandura), moitas veces resaltado polos psicólogos como imprescindi-ble para aprender as normas e valores sociais.

Un exemplo desto sería a proposta que fai a ONG Mexicana Escalando /Fonteras/Climbing Borders, na que utilizan a escalada como vehículo de protección (canalizando as súas habilidades e fomentando a au-toestima de menores en situación de violencia, dro-gadicción ou baixo a influencia de mafias criminais).

Outra capacidade importante é o manexo da “activa-ción” tamén chamado Arousal, cando nos referimos a procesos cerebrais, saber manexar canto esforzo é necesario para acadar o noso obxectivo, xa sexa ben por exceso ou por defecto, o que pode levarnos a fracasar estrepitosamente.

Psicoloxía e EscaladaESCALADA

20 | Boletín 123

Texto: Jorge Vázquez. Gabinete Itaca

Page 21: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

MONTAÑERIOS CELTAS SECCIÓN ESCALADA

Como pasa en outros aspectos da nosa vida, véase cando nos enfrontamos a un exame (típico alum-no que contesta tan rapidamente que nin lee os enunciados correctamente ou polo contrario outro que non contesta por medo a respostar mal ou crer que nada vai cambiar), ou cando sacamos a bailar a aquel chic@ que nos gusta e acabamos pisándolle os pés por un exceso de valentía ou polo contrario, que-damos paralizados de tal maneira que parece que estamos facendo o “baile do robot”.

En lugar de intentar teorizar cal é o punto óptimo, ou plasmar todos os supostos sobre este tipo de ac-tivación (tales como a teoría do impulso, do punto óptimo..), proporía que saber xestionar os nosos re-cursos e o estrés son puntos moi importantes para o noso desenvolvemento e útiles ao longo da nosa vida, xa que parece que este é unha desas aprendi-zaxes lonxitudinais que sempre estamos calibrando con cada experiencia, aínda que un nunca termine de “equilibrarse”.

Agora ben, se facemos unha revisión do que é com-petencia básica, diremos que é “a forma na que cal-quera persoa utiliza todos os seus recursos persoais (habilidades, actitudes, coñecementos e experien-cias), para resolver de forma adecuada unha tarefa nun contexto definido”. Sabendo que as competen-cias son o obxectivo esquecido da educación e de-berían estar presentes non so no curriculum ocul-to do alumno, pregúntome se actividades como a escalada: que signifiquen un proxecto elixido polo propio alumno (vía ou ruta), no que se comprome-te, no que ten que buscar e desenvolver os recursos que precisa para logralo, no que o éxito está referi-do directamente ao seu esforzo, no que o éxito dos demais é motivo de entusiasmo propio, no que un elixe como quere xogar a ese xogo (deportiva, big wall, free solo, clásica, pscobloc, blouder), no que superar un “escollo” pode ser unha metáfora para superalo tamén na vida, no que a palabra “confiar” nos demais significa gritar aos catro ventos cun “pi-lla, pilla”, no que o entorno no que o fas é libre de pantallas e nos devolve ao cromañón/a que levamos dentro, no que posiblemente os nosos actuais novos nenos becados pola súa “incapacidade” do TDAH to-marían menos metanfentaminas. E aínda a risco de parecer un pouco anuncio televisivo de cocacola, fá-govos esta pregunta ¿ESCALAMOS?

ESCALADA

Boletín 123 | 21

Page 22: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

22 | Boletín 125

Xa pasaron moitos anos dende que cheguei ó club e pódese dicir que son considerado coma un máis, de feito pásome tódolos días aquí metido. Tamén teño que recoñecer que os primeiros anos sentíame un pouco só, pero dun tempo cara a aquí a cousa cambiou.

A finais do 2013 decidimos impartir formación no ám-bito da escalada comezando polo nivel de iniciación (eu, por suposto, inclúome nesta iniciativa). Podo asegurar que foi unha boa idea xa que a día de hoxe, un ano despois, todos eses escaladores novatos xa puideron quitarse ese adxectivo e converterse en escaladores (bágoa de orgullo, con alto contido en magnesio). Pasou o tempo e aínda que rematase o curso sigo véndoos cando veñen adestrar polo club; vexo a súa evolución, as súas gañas, atópome den-tro dese bo ambiente que nunca faltou e lembramos esas grandes frases como “escalar on top”, ou novos nos como o “estrinquer”.

Este ano, vendo o resultado positivo obtido e coa ex-periencia da “versión beta” ó noso lombo, decidimos repetir, como se soe dicir: de perdidos ó río. O día da presentación o club estaba a rebentar, e pouco a pouco, mentres os “profes” desarmaban a estrutura do curso, as miradas cravábanse en min e eu pensa-ba: “estarei á altura?, serei capaz de transmitirlles as sensacións da escalada á pel?, aguantarei ata final de curso ou en decembro o terei que deixar?”. Pre-guntas que espero que ó remate do curso sexan res-pondidas afirmativamente.

Xa feitas todas as presenta-cións pertinentes chegou o primeiro día de clase, viñan todos caladiños, nerviosos, cheos de ilusión e expec-tantes a ver que acontecía. Cousa que durou unha clase; excepto no grupo dos nenos, que durou os primeiros dous minutos (miúdo tute, acabei medio desmontado e pensar que non dan atopado unha fonte de enerxía que non se esgote, ha! que veñan ó club na hora dos nenos...).

Foron pasando os días e xa le-

vamos un mes de clase, podemos dicir que os alum-nos progresan adecuadamente mentres que, Joël e Iago, van perdendo esa invulnerabilidade que tiñan ao principio de curso pola falta de confianza e com-plicidade que tiñan os alumnos. Ó principio todo o que dicían facíase sen chiar, agora sempre se escoi-tas un: “facelo vos primeiro que así vemos como se fai”, pero o que realmente queren é ver como eles tamén sofren; moito me río. Pero gústame velos for-zando ó máximo a súa imaxinación para crear eses exercicios tan inverosímiles. Vaia dous, amigos inse-parables do xiz, do punteiro láser, das caixas de car-tón e con esa canción sempre de fondo, pódese dicir que case como banda sonora: “sube pés”, “abre o pé esquerdo”, “coloca ben eses pés”, “non, esa dereita non, a túa outra dereita”.

Din que segundas partes nunca foron boas pero, esta promete...

Xa vai sendo hora de rematar que case son as seis e están a piques de chegar os nenos e teño que cepillar e apertar algunhas presas. Aproveito para saudarvos a todos e espero poder estar presente moitos anos máis vendo como se forman escaladores no club. Iso si, espero ir crecendo pouquiño a pouco para poder dar o mellor de min.

Atentamente, o Rocódromo do club.

As “clases” de escalada do Club

CARTA ABERTA AOS FUTUROS ESCALADORES

ESCALADA

Page 23: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

MONTAÑERIOS CELTAS

Boletín 125 | 23

Así foi como Celtas nos enganchou a este pequeno percorrido. O noso gurú, o experto César Lema que a máis de un nos abriu os sentidos a esa comida que está aí dende a existencia da vida, e todas as ma-rabillas que se esconden nelas, sabores, terapias ademais de ese cordón umbilical que nos une cos nosos antepasados, os recolectores, os verdadeiros ecoloxistas.

Partimos dende o aparcadoiro de Zamáns, deixáron-nos un manual que podedes descargar dunha paxi-na moi interesante, aquí vai para os que decidiches facer outra cousa ese día https://monacatorevolu-sionario.wordpress.com/recursos-silvestres/plantas-y-frutos-silvestres/, despois da entrega puxémonos en mar-cha, a primeira parada foi para falarnos dunha plan-ta coñecida por todos, a digitalis purpúrea, fa-mosos estralotes, da que nos contou que é unha planta tóxica é que esta toxicidade (dixitalina) aumenta co paso das horas do día. Despois pasa-mos a un prado onde César nos indicou que non deberíamos facer a recolección en zonas de defecacións, porque inda que cun lavado con auga e vinagre durante 10 minutos sería suficiente para evitar por exemplo a fasciola he-pática, que pode estar presente nos excrementos dos équidos, vacas, gatos, etc. non sería suficiente para os excrementos de cans. Falounos do trevo, o de flor branca e o vermello, que teñen un alto contido en proteínas, e dos que non se pode abusar porque teñen un alto contido nunha sustancia que fluidifica o sangue. Tamén a herba de Santiago, que inda que boa para as contusións e he-morroides, é tóxica e cheira como a estramonio. Ao continuar atopamos cos Solda/Consolda, unha plan-ta cun alto contido alcaloide perigoso para o fígado pero que por vía tópica utilizase moito en caso de fracturas, parece ser que as raíces fórmanse como

articulacións (hai toda unha teoría sobre como in-dican coa súa estrutura para que son boas, as que teñen forma de vexiga, para todo o relacionado co sistema urinario, etc).

Entre as comestible de amplo aspecto culinario, po-demos destacar a borraxa silvestre, moi boa para o aparato circulatorio e a tensión, as súas flores po-den tomarse en ensaladas, pero non debemos abusar porque nas follas teñen pirrolizilinas (certas canti-dades poden danar o fígado), tamén o cardo, do que se pode facer puré de cardo, contén moitos minerais e crece en zonas pobres, acumula nutrientes para

favorecer o crecemento de froiteiras, así que non o arranquedes, deixádeo medrar.

Pero si realmente aprendemos algo nesta actividade foi o

poder das landras. Teñen tantas propiedades! E son boas para reducir o colesterol.

E todo isto por unhas paraxes que a pesar de estar a dous pa-sos das nosas casas resultan pouco coñe-cidas, sempre busca-mos lugares afastados

e hai que ver o que te-mos ao nosa carón.

Para finalizar a actividade xantamos no parque forestal

de Zamáns, onde César convidou-nos a un saboroso pan de landra que

máis de un estivo a punto de collelo e saír co-rrendo con el antes de que o resto de participantes dera conta del. E como non, tamén saboreamos unha infusión de Ortelán (xa vedes, serve para algo máis que para calmar o picor das estrugas) e por último un saboroso café sen cafeína (bautizado como cafecol) Café de Landra que a todos gustou e sorprendeu.

En fin, tanto gustou que xa solicitamos a segunda parte, pero esta vez (e seino de boas fontes) será Top Chef Silvestre, con recolecta, preparación e de-gustación de diversas delicatesses.

MEDIO AMBIENTE

Silvestre e Comestible

Texto: Ana López

Page 24: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

24 | Boletín 125

Cando nos nosos paseos pola montaña, ao campo, á praia fixámonos en animais, plantas, árbores que nos chaman a atención, pouco a pouco nos entra a curio-sidade de identificar aquilo co que nos encontramos. Soemos comezar por mercar uns prismáticos e algún libro guía sobre o que máis interesa. No meu caso foron as aves. Durante as seguintes saídas ao cam-po imos identificado aquelas que observamos, non sen algunha dificultade xa que ao principio xorden dúbidas sobre as diferentes plumaxes, adulto, xu-venil, nupcial, invernal, comparativas con especies

similares. Isto lévanos a consultar máis bibliografía ou mercar algunha guía es-pecializada.

Cando levamos algún tempo, e xa temos certa experiencia con aves comúns, os prismáticos probablemente quédannos curtos e necesitaremos máis aumentos tendo que recorrer a algún telescopio te-rrestre co seu trípode, sobre todo para observacións a media e longa distancia en montaña, lagoas, costa, etc.

A chegada da fotografía dixital acercou a moitas persoas a posibilidade de obter fotografías de natureza.

Digiscoping

É unha disciplina fotográfica moi estendi-da e consiste basicamente en aproximar a cámara dixital ao ocular do telescopio de observación a través dun adaptador. Grazas aos aumentos proporcionados polo telescopio, non precisaremos acer-carnos tanto ao suxeito que imos foto-grafar.

Hai que disparar a cámara cun cable dis-parador para evitar vibracións, xa que os telescopios non dispoñen de sistema de estabilización como os que dispoñen al-gúns modernos obxectivos fotográficos. Ao utilizar a cámara acoplada ao telesco-pio non poderemos utilizar o enfoque au-tomático da cámara, hai que utilizar o do telescopio, e teremos unha profundidade de campo limitada.

A simple vista, a práctica de Digiscoping parece sinxela, pero necesitaremos un tempo de aprendizaxe para obter bos resultados.

O problema virá cando queiramos mellorar esas fotos e lograr un maior acercamento ao obxecto e necesi-taremos obxectivos fotográficos máis específicos. Se o que nos gusta é a fotografía de natureza en xeral, o equipo será máis completo.

O primeiro que debemos ter en conta é o tipo de cámara que temos ou pensamos comprar, unha cá-mara réflex de formato FX (Full frame o formato

Observación e fotografía da natureza

MEDIO AMBIENTE

Texto e Fotos: Juan José Díaz Lobato

Martín Peixeiro (Nikon D300+500mm Sigma f4,5)

Page 25: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

MONTAÑERIOS CELTAS

Boletín 125 | 25

completo), ou DX xa que estas teñen un factor de multiplicación (1,4 - 1,5 - 1,6 depende do modelo da cámara), que influirá na distancia focal dos obxec-tivos que vaiamos utilizar nela. Así por exemplo un obxectivo de 50 mm nunha cámara FX comportarase como tal, pero nunha cámara DX que teña un factor de multiplicación de 1,4 comportarase como un 70 mm (50 mm x 1,4). Isto favorece os teleobxectivos, xa que un 300 mm convertese nun 420 mm e un 500 mm nun 700 mm. Por outra banda, pasa o mesmo cos angulares. Así un gran angular fixo de 35 mm pasa a ser un 49mm e un zoom por exemplo 20-35 mm converterase nun 28-42 mm. Co cal as cámaras DX, co seu factor de multiplicación, favorecen os teleo-bxectivos para a fotografía de aves e fauna, pero non favorece a fotografía de paisaxe, tendo que recorrer neste caso aos ultrangulares.

No mercado existen obxectivos para cámaras FX e DX. Temos que ter en conta que os obxectivos DX utilizados en corpos de cámaras FX, poden producir “viñeteo” (escurecemento das esquinas), e teremos que recorrer ao modo recorte, que emprega só a parte central do sensor.

No mercado existen diferentes marcas de cámaras e obxectivos. Na miña opinión é mellor investir nun-ha cámara de segmento medio e reservar parte dos cartos para mercar obxectivos de maior calidade, xa que cun pouco de coidado, os obxectivos conservaré-molos durante moitos anos, mentres que as cámaras evolucionan máis rápido, quedando desfasadas en poucos anos.

Ópticas fixas ou obxectivos zoom

Normalmente soen ser de maior calidade as ópticas fixas, pola súa construción, número de lentes uti-lizadas na súa fabricación, menos aberracións cro-máticas e distorsións. Os zooms son moi versátiles, tendo varias distancias focais nun mesmo obxectivo, co que faremos menos cambios de ópticas e teremos menos posibilidades de que entre po no sensor da cámara. Os zooms moi luminosos aproxímanse moito á calidade das ópticas fixas.

Fotografía de Paisaxe

Angulares e ultrangulares: Son aqueles cuxa distan-cia focal é menor cá dun obxectivo normal (50mm), teñen un ángulo maior que a visión humana.

Focais fixas: dende 1, 20, 24, 28, 35 mm

Zooms: 10-20 mm, 10-24mm, 11-16mm, 12-24 mm, 17-35 mm, 20-30mm, 17-40 mm, etc

Fotografía Macro

Existen obxectivos macro dende 50-60 mm ata

200mm. Cos primeiros á hora de fotografar insectos, teremos que acercarnos demasiado co conseguinte perigo de asustalos, por iso é mellor utilizalos para fotografar plantas, flores, cogomelos, etc.

Os obxectivos entre 90 e 105 mm son normalmen-te máis utilizados cando precisamos una fotografía rápida, sen trípode. Permiten unha maior distancia con respecto ao motivo a fotografar. Tamén existen obxectivos macro da orde de 150-180-200 mm, son máis pesados, e aconséllase usalos con trípode.

Existen outros accesorios utilizados en macrofoto-grafía como son: lentes de aproximación, tubos de extensión, aneis de inversión, fol de extensión, etc.

Fotografía de aves e fauna

Teleobxectivos: A partir de 300 mm. Teremos dende os carísimos 600 mm f4, 500 mm f4, 400 mm f2, oito das marcas máis punteiras, ata os máis económicos, pero menos luminoso zooms 100-400 mm, 150-500 mm, 150-600 mm

Trípode: Debe ser robusto, pensando en que ten que soportar o peso da nosa cámara e o máis pesado dos nosos obxectivos. Existen dende os de aluminio ata os de fibra de carbono máis caros.

Mochila: É aconsellable adquirir unha boa para pro-texer o noso equipo e unha funda protectora para a auga, para evitar que o equipo se molle ou humede-za e poida danar e facer proliferar fungos nas nosas ópticas. É mellor comprar a mochila algo máis gran-de pensando nas futuras ampliacións de material.

Outros accesorios poden ser, hides, redes de camu-flaxe, soportes para flash, barreiras infravermellas, etc.

MEDIO AMBIENTE

Hide: Lugar para observación de aves

Bibliografía:

Sociedad Española de Ornitología: www.seo.es

Sociedad Española de Fotógrafos de Naturaleza: www.aefona.org

Información sobre aves: www.pajaricos.es

“El Fotógrafo en la Naturaleza. Guía completa para la era Digi-tal” (Jose B. Ruiz. J De J Editores e Fine Art Editions)

Page 26: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

26 | Boletín 125

AEFONA. DECÁLOGO ÉTICO

A Asociación de Fotógrafos de Naturaleza (AEFONA) redactou un código ético de fotografía da natureza que pretende ser unha declaración de principios, unha forma de actuar e com-portarse no que debe prevalecer o respecto á natureza e pode resumirse así:

1. O fotógrafo debe reflectir fielmente as situacións naturais e evitar sufrimentos, per-turbacións ou interferencias no comportamento dos seres vivos. A seguridade do suxeito debe primar sobre a obtención da imaxe. Deben especificarse as fotografías feitas a especies en catividade, privadas temporalmente de liberdade, manexadas ou cultivadas, no caso de plantas.

2. O coñecemento reduce os impactos. O fotógrafo non só debe aprender as técnicas necesarias senón que deberá esforzarse por se documentar e coñecer o comporta-mento, bioloxía e requirimentos da especies.

3. Daremos exemplo coas nosas actitudes. Obteranse os permisos pertinentes, especial-mente en caso de especies protexidas e debemos coñecer a normativa dos espazos naturais, especialmente nas áreas protexidas onde se desenvolve a nosa actividade.

4. O respecto e a conservación da integridade da paisaxe e os seus valores patrimoniais debe prevalecer sobre a práctica da fotografía. Evitarase calquera alteración ou manipulación irreversible. As plantas tamén son seres vivos que merecen toda a nosa consideración. Sempre é mellor apartar ou suxeitar polas, que cortalas ou arrincalas, aínda que se trate de especies comúns. A ocultación de escondedoiros e observato-rios debe facerse con polas secas, balas de palla, materiais inorgánicos.

5. Evitarase a excesiva proximidade do suxeito, que produce estres, intimidación, mo-dificación da actividade e sobre todo, habituación á presenza humana. O uso de reclamos sonoros con cantos de aves está especialmente desaconsellado en época de cría.

6. Prestarase especial atención ás circunstancias nas que os seres vivos poden ser máis vulnerables, como en época de nidificación, de muda de plumaxe, ou ante condi-cións meteorolóxicas desfavorables. Desaconséllase fotografar aves nos seus niños. A alteración do entorno dun niño e da presenza visible do fotógrafo pode chamar a atención doutras persoas ou predadores sobre o suxeito.

7. Non é aconsellable alimentar á fauna salvaxe para a realización de actividades foto-gráficas xa que pode crear alteracións en individuos e poboacións, introducir enfer-midades e ocasionar accidentes ou comportamentos non naturais. O uso de animais como cebos vivos, é unha práctica pouco ética, e que debe ser informada polo autor na imaxe.

8. Non se recomenda extraer exemplares do seu hábitat para tomar imaxes noutro lugar despexado ou, incluso en estudio ou terrario, xa que produce estrés, ponse en perigo ao animal, e ademais non se documentan debidamente as circunstancias naturais na que habita.

9. Sempre se expresará claramente en que condicións e contexto se obtivo a imaxe e se esta procede de animais en catividade e coa súa liberdade restrinxida en algún modo.

10. A postura dos fotógrafos da natureza, de respecto e non intromisión en calque-ra manifestación da natureza, debe estar argumentada e debería ser obxecto de divulgación a través das nosas ferramentas: reportaxes, exposicións, audiovisuais. Ante calquera infracción ou situación indesexable, incluídas as actuacións á marxe da legalidade vixente que puidera realizar outros fotógrafos, debemos informar ás autoridades.

MEDIO AMBIENTE

arriba a abaixo:Abelleiro común, Paporrubioreal, Moucho común.Fotos feitas con Nikon D300 + Sigma 500mm f4,5

Page 27: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario
Page 28: Montañeiros Celtas - Amazon Simple Storage Services3-eu-west-1.amazonaws.com/celtas/1430160630_TyQB.pdf · Montañeiros Celtas Boletín 125. Especial actividades 2014 • 60 aniversario

deporte enatureza

Foto

: Pe

dro

Rodr

ígue

z