monferosolidario de monfero a anantapur

7
De Monfero a Anantapur: Unha viaxe virtual a través do proxecto “School to School”. Escrito por Verónica Dopico Cancela e Yolanda Castro López, responsables do proxecto Monferosolidario. INTRODUCIÓN: Dende o curso académico 2008-2009 estase a desenvolver unha iniciativa de educación en valores no C.P.I. Virxe da Cela (Monfero). Se ben na súa orixe o proxecto Monferosolidario naceu da colaboración entre as materias de Relixión e Educación para a Cidadanía impartidas na E.S.O., na actualidade constitúe todo un auténtico proxecto de centro, no que participan todas as etapas educativas (Educación Infantil, Educación Primaria, E.S.O.) e diversos departamentos de secundaria, así como a Biblioteca Escolar e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. En setembro de 2009 o proxecto Monferosolidario foi galardoado na I edición do Premio Nacional de Educación para

Upload: satelite1

Post on 14-Jun-2015

313 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Monferosolidario de monfero a anantapur

De Monfero a Anantapur:

Unha viaxe virtual a través do proxecto “School to School”.

Escrito por Verónica Dopico Cancela e Yolanda Castro López, responsables do proxecto Monferosolidario.

INTRODUCIÓN: Dende o curso académico 2008-2009 estase a desenvolver unha iniciativa de educación en valores no C.P.I. Virxe da Cela (Monfero). Se ben na súa orixe o proxecto Monferosolidario naceu da colaboración entre as materias de Relixión e Educación para a Cidadanía impartidas na E.S.O., na actualidade constitúe todo un auténtico proxecto de centro, no que participan todas as etapas educativas (Educación Infantil, Educación Primaria, E.S.O.) e diversos departamentos de secundaria, así como a Biblioteca Escolar e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. En setembro de 2009 o proxecto Monferosolidario foi galardoado na I edición do Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento “Vicente Ferrer”. No acto de entrega do premio, que tivo lugar na sede da AECID en Madrid, mantivemos unha enriquecedora conversa con Moncho Ferrer, fillo de Vicente Ferrer e continuador da súa labor humanitaria na India. Grazas a Moncho Ferrer soubemos da existencia do proxecto School to School, e inmediatamente decidimos embarcarnos nunha fascinante aventura que uniría dos puntos do planeta moi distantes: Monfero e Anantapur.

School to School é un proxecto educativo enmarcado dentro das accións da Fundación Vicente Ferrer, e consiste nun intercambio cultural e de tradicións entre unha escola india e unha escola española.

Page 2: Monferosolidario de monfero a anantapur

O programa é anual e se desenvolve arredor dun tema concreto: educación, alimentación e cociña típica, a unidade familiar, tempo de lecer, tradicións festivas, formas de vestimenta, etc. No inicio de curso a escola inscrita no programa recibe unhas pautas de planificación para todo o ano, así como unha proposta de actividades. Unha vez recibidas estas indicacións, en novembro de 2009, decidimos levar a cabo un traballo intercisciplinar, seguindo as orientacións aportadas pola Fundación Vicente Ferrer e deseñando outras actividades que adquirirían forma durante o resto do curso: charlas, obradoiros de danza e cultura, exposición de libros e obxectos, gastronomía, e outras propostas, co fin de impregnar o noso centro dunha atractiva atmosfera que invitara ao noso alumnado a coñecer outra cultura, establecer semellanzas e diferenzas coa nosa propia cultura, para así valorar e respectar a diversidade como fonte de riqueza.

Alumnas de 3º da ESO impartindo a charla “A India Rural”

“A India Rural e a Fundación Vicente Ferrer” é o título da charla que serviría como punto de partida para comezar a nosa travesía cara á India, e que, segundo as orientacións da FVF, debería ser impartida polo profesor/a responsable do proxecto School to School no noso centro. Mais nós quixemos darlle un novo enfoque, tratando de reforzar o protagonismo e a implicación do noso alumnado, facendo que os rapaces e rapazas da ESO se converteran nos mestres dos máis pequenos. Durante o mes de novembro o alumnado de 3º e 4º da ESO preparou unha exposición oral coa axuda dos departamentos de Lingua Castelá e Ciencias Sociais, utilizando o material aportado pola FVF (unha serie de 64 diapositivas con imaxes da India e guión explicativo) e elaborou cuestionarios e outros materiais necesarios para levar a cabo a charla. Paralelamente á preparación da charla “A India Rural”, o alumnado de 3º e 4º da ESO, guiado polo departamento de Ciencias Sociais, realiza un traballo de investigación sobre a Galicia rural. Consiste na recollida de material fotográfico sobre a nosa cultura (tradicións, vida familiar, as tarefas no campo, a aldea, etc.) coa finalidade de elaborar uns paneis con texto e imaxe que amosaran as semellanzas e diferenzas entre Galicia e a India.

Tras un complexo proceso de planificación, as charlas realizáronse no mes de decembro. Foron dúas tardes de actividade intensa, xa que o alumnado de 3º da ESO e o de 4º da ESO impartían simultaneamente as conferencias en dous espazos diferentes, así como obradoiros de cultura e música da India na biblioteca escolar. Tratamos de enriquecer os contidos máis teóricos con actividades de carácter lúdico. De novo os mozos e mozas de secundaria dirixían estes obradoiros, nos que os máis pequenos aprenderon a distinguir as diferenzas entre as nosas vacas e as vacas da India e a recoñecer os elementos básicos da vestimenta na India. Tamén disfrutaron movendo o seu corpo ao ritmo dos atractivos sons da India, aprendendo algúns pasos básicos da danza na India. O Departamento de Música colaborou deseñando as coreografías e seleccionando os arquivos de audio empregados nos obradoiros.

Page 3: Monferosolidario de monfero a anantapur

Obradoiro de danza india

A través de reunións e circulares informativas convidamos a todo o profesorado do centro a participar no proxecto, facilitándolles unha guía con varias actividades e publicitando unha visita á exposición da India albergada na biblioteca escolar. Para organizar esta exposición contamos coa colaboración de varios profesores/as e alumnos/as, que aportaron libros, películas, vestimentas e obxectos relacionados coa India. Varios grupos visitaron esta exposición acompañados polos titores/as, e deste xeito os nenos e nenas divertíronse manipulando os obxectos e disfrazándose coas vestimentas típicas da India, adquirindo aprendizaxes máis significativas. Outra das accións encamiñadas a facilitar o achegamento á cultura india consistiu na realización dunha xornada de gastronomía. Contamos coa colaboración do comedor escolar para organizar esta actividade, que consistiu nun menú degustación da gastronomía india a base de pakoras (unha especie de empanadillas), arroz con polo ao curry e batido de froitas. Tamén o Departamento de Debuxo implicouse no proxecto, planificando obradoiros de mandalas para todo o alumnado da ESO e organizando unha exposición cos traballos realizados.

Alumnado de Educación Infantil visitando a exposición sobre a India

Page 4: Monferosolidario de monfero a anantapur

Outra das actividades programadas pola FVF no proxecto School to School consistía nun intercambio epistolar entre o alumnado do noso centro e o da escola da India. A través da materia Educación para a Cidadanía, os mozos e mozas de 2º da ESO redactaron uns paneis de presentación, incluíndo a súa fotografía e información sobre os seus gustos, os seus costumes, a súa familia, etc. A esta proposta uníronse os nenos e nenas de Educación Infantil. Con todo o material elaborado realizouse unha montaxe expositiva na biblioteca escolar.

Exposición sobre o intercambio epistolar na biblioteca escolar

No mes de Marzo de 2010 a FVF asignounos unha escola, Konampalli School, situada no distrito de Anantapur (India) para realizar o intercambio. Con todo o material e documentación relativa as actividades desenvolvidas durante o primeiro e segundo trimestre de curso no proxecto School to School, e coa colaboración do Departamento de Inglés para a tradución de textos, preparamos un paquete no que incluímos:

Mapa xeral situando España e a India no mundo. Mapa específico situando Monfero en Galicia, e Galicia en España. Dossier en papel: presentación de Monferosolidario, e memoria de actividades desenvolvidas dentro

do proxecto School to School durante o curso académico 2009-2010. Dvds coa presentación audiovisual de Monferosolidario, e memoria audiovisual de actividades

desenvolvidas dentro do proxecto School to School durante o curso académico 2009-2010. Dossier gráfico sobre os libros da exposición “A India”. Libro realizado polo alumnado de Educación Infantil. Fotografías e presentacións realizadas polo alumnado de Educación Infantil e 2º da E.S.O. Obxecto elixido polo centro: figura da Torre de Hércules, e explicación sobre este monumento.

Page 5: Monferosolidario de monfero a anantapur

Apertura do paquete enviado por Konampalli School

A última fase do proceso, imprescindible para darlle sentido a un auténtico intercambio cultural, foi a recepción do material procedente da Konampalli School, no mes de xuño de 2010. Quixemos facer un acto significativo da apertura do paquete, e para iso convocamos na biblioteca escolar ao alumnado de Educación Infantil e a o de 2º da ESO, protagonistas das actividade de intercambio epistolar. Con grande expectación agardábamos descubrir o contido do sobre: un dossier con grande cantidade de información en forma de textos e fotografías. Os mozos e mozas fixeron quendas para ler en voz alta mentres os máis pequenos escoitaban con grande atención e observaban as fotografías da escola, do grupo de alumnos/a co seu profesor, dos xogos que practican no tempo de lecer, incluso unha curiosa carta de presentación que escribiron os nenos e nenas da India en dialecto telegu, utilizado na rexión de Anantapur, coa grafía característica da escritura hindi. Para difundir todo este material ao resto da comunidade educativa, elaboramos paneis expositivos con toda a información desta escola india, e organizamos unha exposición na biblioteca escolar. E con esta acción marcamos o punto final do proxecto School to School para o curso académico 2009-2010.

No presente curso 2010-2011continuamos embarcados nunha segunda etapa da travesía. A Fundación Vicente Ferrer asignounos unha escola diferente, Pinnadari School, situada no distrito de Atmakur. Realizaremos un novo intercambio cultural, nesta ocasión centrándonos na temática da comida: descubriremos as diferenzas, e por que non as semellanzas, entre a gastronomía india e a galega, os hábitos alimenticios, as festas e tradicións relacionadas coa gastronomía, etc. Paralelamente ao desenvolvemento de actividades, en Febreiro de 2011 tivemos a oportunidade de coñecer a realidade da India desde moi preto, a través das testemuñas en primeira persoa de Lancy Dodem, o primeiro neno apadriñado pola Fundación Vicente Ferrer e actualmente portavoz desta institución, acompañado pola fotógrafa Yolanda Ferrer, autora da exposición “A cidade do infinito”, con imaxes capturadas durante unha viaxe polo sur da India.

Somos dous os centros galegos que estamos a participar no proxecto School to School, e non queremos despedir este artigo sen animar a todos os docentes que están a ler a nosa crónica a que participen nesta interesante iniciativa que axuda ao noso alumnado a adquirir unha educación en valores e a aprender e a respectar tanto a propia cultura como as outras culturas, algo imprescindible na aldea global do s.XXI, para poder manter un xusto e equilibrio entre a tradición e a modernidade.