metafÍsica ii metafÍsica e teorÍa do coÑecemento · 2019. 7. 18. · metafÍsica ii...

21
1 GRAO EN FILOSOFÍA. GUÍA DOCENTE | 2019-20 METAFÍSICA II (METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO) G5031327 1. INFORMACIÓN BÁSICA DESCRICIÓN A materia Metafísica II (Metafísica e Teoría do Coñecemento), código G5031327 é unha materia obrigatoria do segundo semestre do terceiro curso do Grao en Filosofía. Ten 6 créditos ECTS. Trátase dunha materia da área Filosofía, integrada no do Dpto. de Filosofía e Antropoloxía. PRERREQUISITOS

Upload: others

Post on 16-Aug-2021

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: METAFÍSICA II METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO · 2019. 7. 18. · METAFÍSICA II (METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO) G5031327 . 1. INFORMACIÓN BÁSICA. DESCRICIÓN . A

1

GRAO EN FILOSOFÍA.

GUÍA DOCENTE | 2019-20

METAFÍSICA II (METAFÍSICA E

TEORÍA DO COÑECEMENTO) G5031327

1. INFORMACIÓN BÁSICA

DESCRICIÓN

A materia Metafísica II (Metafísica e Teoría do Coñecemento), código G5031327 é unha

materia obrigatoria do segundo semestre do terceiro curso do Grao en Filosofía. Ten 6

créditos ECTS. Trátase dunha materia da área Filosofía, integrada no do Dpto. de Filosofía

e Antropoloxía.

PRERREQUISITOS

Page 2: METAFÍSICA II METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO · 2019. 7. 18. · METAFÍSICA II (METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO) G5031327 . 1. INFORMACIÓN BÁSICA. DESCRICIÓN . A

2

Presuponse a formación propia do nivel do grao en que se imparte e, sobre todo, a que

corresponde á Teoría do Coñecemento I e Metafísica I.

IMPARTICIÓN

En principio será impartida en lingua galega, agás no caso de por haber estudantes non

galegos/as, se faga conveniente impartila en español.

A materia impártea o profesor titular da área de Filosofía Rafael Martínez Castro.

A información relevante da materia, así como os avisos e cualificacións, aparecerá na

páxina correspondente no campus virtual da USC.

Horario da materia: ver páxina web (http://www.usc.es/filosofia).

TITORÍAS

Horario das titorías: ver páxina web (http://www.usc.es/filosofia). Na medida do posible

recoméndase reservar hora. Tamén é posible recibir asistencia titorial fóra do horario de

titorías solicitandoo en persoa ou por correo electrónico. As titorías poden ser individuais

ou colectivas.

Lugar: despacho 220; 2º andar da Facultade de Filosofía, Praza de Mazarelos, s/n. No caso

de titorías colectivas programadas poderase solicitar do decanato o uso dunha aula ou

seminario.

Teléfono: 881812512 (ou extensión 12512). Correo electrónico: [email protected]

Para consultas fora das horas de titorías prégase o envío dun correo electrónico.Lugar:

despacho 220; 2º andar da Facultade de Filosofía, Praza de Mazarelos, s/n. No caso de

titorías colectivas programadas poderase solicitar do decanato o uso dunha aula ou

seminario.

Teléfono: 881812512 (ou extensión 12512). Correo electrónico: [email protected]

Para consultas fora das horas de titorías prégase o envío dun correo electrónico.

Page 3: METAFÍSICA II METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO · 2019. 7. 18. · METAFÍSICA II (METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO) G5031327 . 1. INFORMACIÓN BÁSICA. DESCRICIÓN . A

3

2. SITUACIÓN DA MATERIA NA TITULACIÓN

BLOQUE FORMATIVO NO QUE SE INTEGRA A MATERIA

Dentro das materias do Grao en Filosofía a METAFÍSICA II intégrase no bloque de

“Metafísica e Teoría do Coñecemento”, xunto coas Teorías do Coñecemento I e II e

Metafísica I.

PAPEL DA MATERIA DENTRO DO BLOQUE

Segundo a Memoria do Grao de Filosofía –páxina 63–: na METAFÍSICA II trátase da

reconstrución da problematicidade da metafísica pola vía do tratamento activo e

personalizado dalgúns problemas fundamentais da metafísica. Construción dun marco

problemático no que se insiren e configuran os problemas capitais da metafísica: ser,

verdade, tempo. Reconstrución da problematicidade da metafísica pola vía do tratamento

activo e personalizado dalgúns problemas fundamentais tirados da ciencia, a arte, a práctica

social e política, etc. Ver:

http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sxopra/memorias_graos_USC/

G5031_Filosofia.pdf,

Se á Metafísica I asume a función de “introducir” á METAFÍSICA II correspóndelle

prolongar esa tarefa introdutoria tentando situar ao alumnado na perspectiva do

afrontamento dos problemas da metafísica tal e como se configuran na actualidade.

Page 4: METAFÍSICA II METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO · 2019. 7. 18. · METAFÍSICA II (METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO) G5031327 . 1. INFORMACIÓN BÁSICA. DESCRICIÓN . A

4

3. OBXECTIVOS DA MATERIA

O curso de MII, sen merma da súa consistencia e a súa validez autónoma, concíbese dentro

dun plano xeral coa MI. Trátase nes segundo momento de asumir o desafío dunha activa

“superación de metafísica”.

No curso de MI procuramos de maneira activa e reflexiva ao sentido e o problematismo

propio da METAFÍSICA como disciplina filosófica a partir da confrontación no momento

no que de feito nos atopamos coa metafísica e en virtude do cal resulta unha peculiar

situación que determina esa nosa aproximación: a metafísica só é abordable dende a

metafísica e xusto na medida en que nós esta só se pode responder abordando un problema

metafísico. No noso caso ese problema é o da “modernidade” o cal nos remitiu a outros

dous: “Grecia” e “a superación da metafísica”. Velaí os tres grandes temas que articularon

problematicamente o curso de MI.

A reformulación do problema da filosofía en termos estrictamente modernos conduciu a esa

peculiar tarefa que, con diversas interpretacións e sentidos, podemos recoñecer baixo o

título de “superación da metafísica”.

Despois de Hegel, constatada a incapacidade para soportar a diferencia nunha tradición

aínda dominada pola identidade, a metafísica nos conduce a unha aporía: nin pode ser

seriamente sostida como proxect nos termos en que foi orixinariamente formulada, nin

pode ser deixada atrás. A tarefa da metafísica será a da súa “superación”. Pensar a

metafísica na tardomodernidade é pensar “despois e dende Nietzsche”: como pensar “o

ente”, ”a cousa”, “esto”… sen que ese noso pensar nos leve á xa inviable restauración dun

trans-mundo regulador e normativo?

Page 5: METAFÍSICA II METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO · 2019. 7. 18. · METAFÍSICA II (METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO) G5031327 . 1. INFORMACIÓN BÁSICA. DESCRICIÓN . A

5

Desta retorsión argumental nace o percorrido que marca o dis(curso) de Metafísica II. Esta

ha de partir dese punto de “superación”, pero non para insistir circularmente no tópico,

senón para proxectar miradas no senso das vías máis potentes que sobre a base dunha

metafísica da diferencia e/ou da complexidade pretenden abrir perspectivas na filosofía do

século XXI.

Dado o importante papel xogado na filosofía do século XX e na reformulación do problema

da metafísica o curso arrancará dunha tematización da perspectiva heideggeriana da

cuestión da metafísica e da diferencia. O resto do curso xirará ao redor da filosofía de

Deleuze, asumindo a concepción do “pensar” como tarefa creadora que se proxecta en tres

inseparables liñas: arte, filosofía e ciencia.

O protagonismo destes dous autores non os converte en “tema” do curso, senón só nun

sentido medial para avanzar no senso mencionado. Ningún deses pensadores nos deixou

unha doutrina, ambos abren perspectivas. E os dous o fan –ben que distinta maneira– a

partir de intensos e desveladores diálogos.

Heidegger con Nietzsche e a tradición. Deleuze con Nietzsche e a contemporaneidade.

Heidegger coloca a “Grecia” no centro do debate conteporáneo. Deleuze reconstrúe os

camiños da modernidade –coa chamativa postergación de Descartes!– cara a unha

consolidación do “pensamento da diferencia”. Significativamente a súa opbra principal –ou,

se se quere, a primeira das principais– Diferencia e repetición, aparece na final dun traxecto

de 15 anos –de 1953 a 1968– no que Deleuze dialoga, entre outros, con Hume, Spinoza,

Leibniz, Kant, Nietzsche, Bergson….

4. COMPETENCIAS

COMPETENCIAS DE TIPO XERAL

Page 6: METAFÍSICA II METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO · 2019. 7. 18. · METAFÍSICA II (METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO) G5031327 . 1. INFORMACIÓN BÁSICA. DESCRICIÓN . A

6

CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía

como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel

proporcionado polos textos académicos, con referencia ás achegas investigadoras recentes.

CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver

problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.

CG3 - Que sexan quen de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións

presentadas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral coma interesado e/ou

entendido en temáticas filosóficas.

CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros

campos do saber, cun elevado grao de autonomía.

CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social,

cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos dende a Filosofía.

CB1 - Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área

de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que,

apoiándose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican

coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo

CB2 - Que los estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación

dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da

elaboración e defensa de argumentos e da resolución de problemas dentro da súa área de

estudo

CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes

(normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión

sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética

CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un

público tanto especializado como non especializado

CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias

para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía

Page 7: METAFÍSICA II METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO · 2019. 7. 18. · METAFÍSICA II (METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO) G5031327 . 1. INFORMACIÓN BÁSICA. DESCRICIÓN . A

7

COMPETENCIAS TRANSVERSAIS

CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos

complexos (escritos e orais), análise e síntese, traballo conceptual. Capacidade para a

exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información.

Resolución de problemas. Toma de decisións.

CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía.

Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición

para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo.

Razoamento crítico e compromiso democrático.

CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade

de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes.

Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade para

problemas de igualdade e medioambientais.

COMPETENCIAS ESPECÍFICAS

CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias

da Filosofía, seguindo a súa historia nas súas formulacións contemporáneas. Estes

coñecementos se indican nas fichas das asignaturas.

CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.

CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fora do ámbito filosófico.

CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e

deliberar en termos éticos.

CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.

CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, presentar e resolver

problemas.

Page 8: METAFÍSICA II METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO · 2019. 7. 18. · METAFÍSICA II (METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO) G5031327 . 1. INFORMACIÓN BÁSICA. DESCRICIÓN . A

8

5. CONTIDOS

O curso de MII, sen merma da súa consistencia e a súa validez autónoma, concíbese dentro

dun plano xeral coa MI. Trátase nese segundo momento de asumir o desafío dunha activa

“superación de metafísica”.

No curso de MI procuramos de maneira activa e reflexiva ao sentido e o problematismo

propio da METAFÍSICA como disciplina filosófica a partir da confrontación no momento

no que de feito nos atopamos coa metafísica e en virtude do cal resulta unha peculiar

situación que determina esa nosa aproximación: a metafísica só é abordable dende a

metafísica e xusto na medida en que nós esta só se pode responder abordando un problema

metafísico. No noso caso ese problema é o da “modernidade” o cal nos remitiu a outros

dous: “Grecia” e “a superación da metafísica”. Velaí os tres grandes temas que articularon

problematicamente o curso de MI.

A reformulación do problema da filosofía en termos estrictamente modernos conduciu a esa

peculiar tarefa que, con diversas interpretacións e sentidos, podemos recoñecer baixo o

título de “superación da metafísica”.

Despois de Hegel, constatada a incapacidade para soportar a diferencia nunha tradición

aínda dominada pola identidade, a metafísica nos conduce a unha aporía: nin pode ser

seriamente sostida como proxecto nos termos en que foi orixinariamente formulada, nin

pode ser deixada atrás. A tarefa da metafísica será a da súa “superación”. Pensar a

metafísica na tardomodernidade é pensar “despois e dende Nietzsche”: como pensar “o

ente”, ”a cousa”, “esto”… sen que ese noso pensar nos leve á xa inviable restauración dun

trans-mundo regulador e normativo?

Page 9: METAFÍSICA II METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO · 2019. 7. 18. · METAFÍSICA II (METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO) G5031327 . 1. INFORMACIÓN BÁSICA. DESCRICIÓN . A

9

Desta retorsión argumental nace o percorrido que marca o dis(curso) de Metafísica II. Esta

ha de partir dese punto de “superación”, pero non para insistir circularmente no tópico,

senón para proxectar miradas no senso das vías máis potentes que sobre a base dunha

metafísica da diferencia e/ou da complexidade pretenden abrir perspectivas na filosofía do

século XXI.

Dado o importante papel xogado na filosofía do século XX e na reformulación do problema

da metafísica o curso arrancará dunha tematización da perspectiva heideggeriana da

cuestión da metafísica e da diferencia. O resto do curso xirará ao redor da filosofía de

Deleuze, asumindo a concepción do “pensar” como tarefa creadora que se proxecta en tres

inseparables liñas: arte, filosofía e ciencia.

O protagonismo destes dous autores non os converte en “tema” do curso, senón só nun

sentido medial para avanzar no senso mencionado. Ningún deses pensadores nos deixou

unha doutrina, ambos abren perspectivas. E os dous o fan –ben que distinta maneira– a

partir de intensos e desveladores diálogos.

Heidegger con Nietzsche e a tradición. Deleuze con Nietzsche e a contemporaneidade.

Heidegger coloca a “Grecia” no centro do debate conteporáneo. Deleuze reconstrúe os

camiños da modernidade –coa chamativa postergación de Descartes!– cara a unha

consolidación do “pensamento da diferencia”. Significativamente a súa obra principal –ou,

se se quere, a primeira das principais– Diferencia e repetición, aparece na final dun traxecto

de 15 anos –de 1953 a 1968– no que Deleuze dialoga, entre outros, con Hume, Spinoza,

Leibniz, Kant, Nietzsche, Bergson….

T.I.- A “superación” da metafísica como punto de partida.

-Introdución e superación da metafísica

Page 10: METAFÍSICA II METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO · 2019. 7. 18. · METAFÍSICA II (METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO) G5031327 . 1. INFORMACIÓN BÁSICA. DESCRICIÓN . A

10

T.II.- Heidegger e a diferencia.

Identidade e diferencia. A constitución onto-teolóxica da metafísica.

O Nietzsche de Heidegger

T.III.- Diálogos deleuzianos.

-Hume

-Spinoza

-Leibniz

-Kant

-Nietzsche

-Bergson

T. IV.- Perpectivas da diferencia. Complexidade e diferencia.

Referencias bibliográficas xerais.

As adversas condicións e a agobiante premura con que houbo de ser redacta esta Guía

Docente non permitiu levar a cabo a depuración bibliográfica que desexariamos presentar

aquí. O que siguen son apenas as referencias bibliográficas fundamentais do curso.

6. METODOLOXÍA DE TRABALLO.

Baixo á asunción da vella máxima kantiana segundo á cal “non se aprende filosofía,

apréndese a filosofar” o traballo do curso desenvólvese mediante:

Exposicións teóricas do profesor, que deben de ser seguidas con sentido crítico. Estas

Page 11: METAFÍSICA II METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO · 2019. 7. 18. · METAFÍSICA II (METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO) G5031327 . 1. INFORMACIÓN BÁSICA. DESCRICIÓN . A

11

exposicións non pretenden en ningún caso sentar doutrina. Trátase de marcar unha

liña expositiva para configurar problemas.

A Aula Virtual será o medio a través do cal se informará das novidades e na medida

do posible se proporcionarán materiais. Cómpre, porén, subliñar que a lexislación

vixente impón severos límites legais para subir textos publicados á Aula Virtual. O

alumnado debe facer uso da biblioteca e asumir a responsabilidade das ocasionais

reproducións. Recoméndase a adquisición de certas obras de uso intensivo no curso,

así como daquelas que deben formar parte da biblioteca persoal dun estudante de

filosofía. Non parece abusivo contar con que un/unha estudante universitario/a

adquira libros cando menos na medida que os adquiren os estudantes de secundaria.

Lecturas de textos e bibliografía.

Participación do alumnado en clase e actividades de AV.

Diálogo permanente, tanto nas aulas –presencial e virtual– como nas titorías, cuxo

uso se recomenda vivamente.

TRABALLO AUTÓNOMO DO ALUMNADO

A asistencia á clase non é unha obriga, senón propiamente un dereito que se adquire polo

feito de matricularse. A “obriga” de asistir ten un carácter técnico; é a mesma que ten de

entrar na sala de proxección a tal ou cal hora a persoa que adquire unha entrada de cine:

está “obrigada” a asistir se quere ver a película pola que pagou. O que non pode é “ver a

película” sen asistir á proxección.

Máis ben que obriga a asistencia á clase –igual ca o acceso á AV, ás titorías, á biblioteca

etc...– é, ao tempo, un dereito e unha condición.

O curso é algo que sucede, nalgún lugar e nalgún momento. Estar ausente dos lugares dos

que se desenvolve o curso, significa non seguir o curso. A efectos de avaliación resulta

irrelevante a causa pola que un/unha alumno/a non sigue adecuadamente o curso –i.e. non

asiste ou non asiste con regularidade–.

Page 12: METAFÍSICA II METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO · 2019. 7. 18. · METAFÍSICA II (METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO) G5031327 . 1. INFORMACIÓN BÁSICA. DESCRICIÓN . A

12

Sexa por imposibilidade material ou por decisión persoal as consecuencias son as mesmas,

e idéntica será tamén a alternativa. O que aquí deben de quedar claros son os seguintes

extremos:

a) Este profesor admite –porque é obvio!–, que asistir a clase, sendo unha condición

necesaria para “seguir o curso” non o é para aprender filosofía. En consecuencia é

perfectamente concibible que unha persoa poida superar a materia, mesmo coas

máis altas cualificacións.

b) Porén, na medida en que unha persoas estea fóra do réxime normal do curso a súa

autonomía de traballo é practicamente total. Este profesor non se pode comprometer

a establecer programas persoalizados de preparación da materia nin a tutelar e asistir

tecnicamente a persoas que non sigan o curso oficial. E se trata propiamente dunha

incapacidade, pois na medida do posible eu axudarei e atenderei encantado a quen

mo solicite, pero tendo en conta que esa “medida” será en casa e que, sobro todo,

non pode haber ningún compromiso.

c) Este profesor non descoñecerá ningún signo que poida percibir e que poida

contribuír á avaliación dunha persoa; o que non pode, porén, é comprometerse a

avaliar méritos, fóra dos procedementos que se fixarán no apartado “6.

AVALIACIÓN”.

Con respecto ao alumnado que poida e queira exercer o dereito de asistencia, o seu traballo

articularase deste xeito:

(1) Nas sesións interactivas: a) preparación da presentación cando corresponda; b) lectura

dos textos, acreditada mediante a elaboración dunha “ficha de lectura” que será

preceptivamente entregada antes da sesión.

(2) Lectura dos textos e activo traballo de estudo e documentación. Cómpre ter en conta

que o desenvolvemento dunha materia comporta esixencias que non poden nin deben ser

programadas porque basicamente teñen un carácter persoal. O estudoso de calquera

disciplina, pero moi especialmente no caso da filosofía, debe saber recoñecer as súa

necesidades e tratar de satisfacelas, coa axuda do profesor, pero tamén ca máxima

Page 13: METAFÍSICA II METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO · 2019. 7. 18. · METAFÍSICA II (METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO) G5031327 . 1. INFORMACIÓN BÁSICA. DESCRICIÓN . A

13

autonomía. O “topos” referencial do estudante non debe ser a aula, senón a biblioteca, a cal

hoxe ten unha case ilimitada extensión virtual.

(3) Realización das actividades que se indiquen dentro da aula virtual –AV–.

(4) Realización dos exames.

(5) O profesor está ao servicio do alumnado. Os/as alumnos/as deben de verme dende a súa

autonomía intelectual como un entrenador: deben seguir as miñas pautas, pero tamén

discutilas; o profesor debe de ser interpelado, débese requerir del axuda e asistencia

mantendo con este unha tensión crítica –e mesmo agonal–. Non hai espazo para ningún

clase de rito social, só se trata dunha cousa: comprender.

REQUISITOS PARA AS AULAS

Participación activa (que obviamente require asistencia)

A materia require necesariamente da participación activa do alumado. Por asistencia

entendemos “asistencia regular” e por tal entendemos a asistencia de como mínimo o

80% das sesións. En todas as sesións haberá un control de asistencia.

A asistencia regular será condición necesaria para a “avaliación continua”

A entrada na aula terá lugar nos dez primeiros minutos, pasados os cales rógase que se

absteñan de entrar. O incumprimento desta norma poderá obrigar a revisar as

condicións de avaliación continua.

Durante o tempo da clase non se pode abandonar a aula, agás en caso de extrema

necesidade, o cal debe ter o carácter extraordinario que ten en calquera acto público. En

todo caso que por necesidade teña que abandonar a aula non pode volver a entrar na mesma

sesión. O incumprimento desta norma poderá obrigar a revisar as condicións de

avaliación continua.

Page 14: METAFÍSICA II METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO · 2019. 7. 18. · METAFÍSICA II (METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO) G5031327 . 1. INFORMACIÓN BÁSICA. DESCRICIÓN . A

14

7. AVALIACIÓN

“Avaliación continua” (para alumnas/os con asistencia regular: asistencia ao 80% das

sesións)

• Asistencia regular a clase 10 ptos.

• Participación en clases presenciais 0-25 ptos.

• Participación en clases presenciais 0-25 ptos.

• 2 exames parciais non presenciais 0-60 ptos.

Os 120 ptos. máximos faranse corresponder con 100 e a partir de aí axustaranse

porcentualmente os resto das cualificacións. Finalmente faranse corresponder coas notas de

0-10 axustando as décimas por arriba.

Para acadar a suficiencia é preciso:

Acadar 50 ptos. finais

Aprobar –15 ptos.– cando menos un dos exames.

Obter no outro unha cualificación non inferior a 10 pts.

Explicación. Este procedemento de avaliación responde ao seguintes criterios:

O seguimento regular do curso debe permitir superar a materia.

Permitimos que a suma inicial de puntos sexa superior a 100 para que se poidan compensar

as dúas partes (actividade nas aulas e exames), de xeito que o axuste non xere graves

distorsións; que non deben darse pois o normal é que o rendemento nos exames coincida

bastante co rendemento nas clases.

Page 15: METAFÍSICA II METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO · 2019. 7. 18. · METAFÍSICA II (METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO) G5031327 . 1. INFORMACIÓN BÁSICA. DESCRICIÓN . A

15

Os criterios de avaliación son obxectivos (participación, coñecementos, claridade

conceptual, orde expositiva, calidade da expresión) e subxectivos (responden a apreciacións

do profesor), pero nunca arbitrarios –ha de ser posible argumentar–. Unha obxectización

extrema resulta radicalmente imposible nunha materia deste tipo. No só nos exames, senón

tamén na avaliación cualitativa das intervencións nas clase e na AV entran en xogo

múltiples factores de gran complexidade, maximamente agudizada no caso da filosofía.

Exames non presenciais: Para o alumnado con “asistencia regular” os exames serán sempre

“non presenciais: Ao respecto cómpre deixar claro:

Trátase de exames, non de “traballos”. No seu momento daranse pautas de realización que

convén seguir rigorosamente. Propoñerase unha ou varias cuestións relativas aos temas e

problemas tratados no curso e que han de ser respondidas sobre a base dos textos e as liñas

marcadas no curso. Isto non significa que cada quen non poida orientar a súa exposición da

maneira que mellor se acomode á súa comprensión. O que nunca debe facer é reformular –

implícita ou explicitamente– a cuestión temática proposta. Calquera dúbida ao respecto ha

de ser resolta previamente co profesor. Pódese dar –e tense dado– o caso dun “exame”

aparentemente brillante que, porén, obteña unha cualificación baixa, moi baixa ou mesmo

ningunha, pola sinxela razón de que, aínda no caso de que o dito sexa correcto e

interesante, se desentenda do preguntado.

Por iso cómpre recordar que se trata dun exame e non dun traballo. Un exame que só se

diferencia dos convencionais exames presenciais en que non o é. E non ó é para evitar

determinados trazos do exame presencial que resultan prexudiciais para avaliación nunha

materia desta índole. O exame presencial sirve, no mellor dos casos, para comprobar

“coñecementos”, sobre todo en materias na que importa moito a memorización de certos

contidos. A memoria é sempre importante, pero no noso caso non sirve para avaliar. O

exame presencial propicia unha simplificación escolar dos temas que é absolutamente

incompatible co sentido e obxectivos da materia. No exame “non presencial” prima a

composición, a articulación do tema; e a calidade da articulación correlaciona coa claridade

conceptual e a capacidade expositiva. Se trata de saber ata que punto cada alumno/a

Page 16: METAFÍSICA II METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO · 2019. 7. 18. · METAFÍSICA II (METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO) G5031327 . 1. INFORMACIÓN BÁSICA. DESCRICIÓN . A

16

comprende os problemas; e para iso non serve de nada saber o que non sabe; só importa

saber como sabe o que sabe.

Os/as alumnos/as con asistencia regular teñen que facer unha proba presencial de control;

está, sen embargo, só servirá para interpretar mellor o exame presencial, cuxa avaliación

poderá tamén requerir de algunha entrevista para aclarar aspectos eventualmente escuros.

Tal e como está fixado oficialmente haberá un exame final. Este servirá para:

1º) Avaliación do alumnado que non fora cualificado pola avaliación continua.

2º) Mellora de cualificacións.

3º) Realización de probas de control.

Os temas do exame final serán comunicados a través da AV o día que remate o período

lectivo.

Os/as alumnos/as de “avaliación continua” que non teñan acadado a suficiencia Terán que

reelaborar as mesmas cuestións para a convocatoria da segunda oportunidade.

Os alumnos/as que tendo acadado a suficiencia desexen mellorar nota na segunda

oportunidade deben solicitar por correo electrónico a renuncia á cualificación o desexo de

figurar nas actas da 1ª oportunidade como “non presentados”.

ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS AULAS

Quen teña dispensa de asistencia ás aulas será avaliado mediante un exame final na data

oficial sobre os contidos da materia.

AVALIACIÓN DAS COMPETENCIAS

Page 17: METAFÍSICA II METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO · 2019. 7. 18. · METAFÍSICA II (METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO) G5031327 . 1. INFORMACIÓN BÁSICA. DESCRICIÓN . A

17

EXAMES CG1 CG4 CB1 CB5 CT01 CE1 CE2

Participación e actividades na

AULA VIRTUAL

CG2 CG3 CG4 CG5 CB2 CB3 CB4 CB5 CT01 CT02

CT03 CE1 CE2 CE4 CE5 CE6 CE7

Participación e actividades na

AULA PRESENCIAL

CG5 CB4 CT01 CT02 CT03 CE5 CE6 CE7

TEMPO DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL

6 créditos ECTS, 150h.

- Horas presenciais: 51h.

Horas de Titorías 3h.

Clases Expositivas 24h.

Clase Interactiva 24h.

- Horas non presenciais: 99h.

Seguimento (lecturas, documentación, indagación, estudio, etc.) 50h.

Exposición e resumo escrito 25h

Preparación do exame 24h.

RECOMENDACIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA

1) Ler os textos metodica e concienzudamente no momento adecuado, evitando a

acumulación

Page 18: METAFÍSICA II METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO · 2019. 7. 18. · METAFÍSICA II (METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO) G5031327 . 1. INFORMACIÓN BÁSICA. DESCRICIÓN . A

18

2) Levar un ritmo adecuado de lecturas, documentación e estudo seguindo as pautas do

prpfesor, mais tamén consonte as propias necesidades e os propios intereses

3) Participación activa nas clases. Isto significa presentar textos, e participar na

discusión dos mesmos con vistas á súa interpretación; pero significa sobre todo atender

ao profesor tratando de que quede claro o que este quere dicir. Carece de sentido

aparentar a claridade.

4) Participación activa na AV. A empezar polo(s) foro(s). Todas as dúbidas e/ou

consideracións relativas á comprensión dos textos e en xeral das materias do curso

deben de ser trasladadas ao(s) foro(s). Deste xeito obrigámonos a verbalizalas dun xeito

preciso. Por esta vía comprobaremos que hai cousas que entendemos mellor –ou peor–

do que cremos. Teremos para empezar, xa que logo, unha representación máis fiable do

que sabemos e do que non sabemos. O que sabemos saberémolo mellor, e o que non

sabemos... o “non-saberemos” tamén mellor, i..e. teremos articulado os nosos

problemas de comprensión. Ao tempo estaremos exercitando a nosa expresión, en xeral

e no referente aos asuntos filosóficos. Deseguida abriremos un debate e nos situaremos

nun espazo dialóxico, que é o propio do filosofar. Outros/as colegas nos contestarán. Eu

tamén, claro. Pero tereino que facer de maneira particularmente concisa e rigurosa.

5) Preparación dos exames seguindo rigorosamente as pautas indicadas

8. BIBLIOGRAFÍA

FUNDAMENTAL

HEIDEGGER, M.:

Einführung in die Metaphysik, Tübingen,1975 (19531) en: GA, T. 40Trad. esp.

Introducción a la Metafísica, 2. ed. Barcelona 1993. —Nietzsche, Pfullingen,

Neske,1961 (1995). Trad. esp.: Nietzsche, 2. Vols., Barcelona,2000.

Wegmarken, en GA. T.9. Trad esp.: Hitos, Madrid,2000:—Identität und Differenz,

Pfullingen, Neske, 1957. Trad. esp. Identidad y diferencia, Barcelona 1988.

Page 19: METAFÍSICA II METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO · 2019. 7. 18. · METAFÍSICA II (METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO) G5031327 . 1. INFORMACIÓN BÁSICA. DESCRICIÓN . A

19

Sein und Zeit, Tübingen, 197915, "Einleitung. Die Exposition der Frage nach dem

Sinn von Sein", S. 2-40.. Trad. esp. Ser y tiempo, México, FCE, 1951, 1972,

"Introducción. Explicación de la pregunta que interroga por el sentido del ser" pp.

11-50.

Kant und das Problem der Metaphysik, Bonn, 1929; en GA, T. 3., Frankfurt a.

M.1991. Trad. esp. Kant y el problema de la metafísica, Madrid 1993.

ZUBIRI, X. Los problemas fundamentales de la metafísica occidental, Madrid, 1994.

MARTINEZ MARZOA, F.

Historia de la filosofía, Madrid, Istmo, 1990.

Ser y diálogo, Istmo,

Historia de la filosofía antigua, Akal, Madrid, Istmo, 1995.

LEYTE COELLO, A. “Ser e tempo como "primeira filosofía"” en Ensaios sobre

Heidegger, Vigo, 1995, pp. 47-132.

Heidegger, Alianza, Madrid,

DELEUZE, GILLES; Empirisme et subjectivité, PUF, 1953.

Nietzsche et la philosophie, PUF, 1962.

La philosophie critique de Kant, PUF, 1963.

Nietzsche, PUF, 1971.

Le bergsonisme, PUF, 1966.

Mémoire et vie (choix de textes de Bergson), PUF, 1966.

Différence et répétition, PUF, 1968.

Spinoza et le problème de l’expression, Les Ėditions de Minuit, 1968; 1970.

La logique du sens, Les Ėditions de Minuit, 1969.

Spinoza, philosophie pratique, Les Ėditions de Minuit, 1981.

“Gilles Deleuze, préface” in ANTONIO NEGRI, L'Anomalie sauvage, Puissance et

pouvoir chez

Spinoza, PUF, 1982, pp.9-12.

Le pli, Les Ėditions de Minuit, 1988.

Page 20: METAFÍSICA II METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO · 2019. 7. 18. · METAFÍSICA II (METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO) G5031327 . 1. INFORMACIÓN BÁSICA. DESCRICIÓN . A

20

Pourparlers, Les Ėditions de Minuit, 1990.

DELEUZE, GILLES et GUATTARI, FÉLIX; L’anti-Oedipe, Les Ėditions de Minuit, 1972.

Qu’est-ce que la philosophie?, Les Ėditions de Minuit, 1991.

DELEUZE, GILLES et PARNET, CLAIRE; Dialogues, Flammarion, 1977.

DELEUZE, GILLES et BENE, CARMELO; Superposition, Les Ėditions de minuit, 1979.

AMPLIADA

BADIOU, ALAIN; Deleuze: La clameur de l’Être, Hachette, Paris, 1997

BOUANICHE, ARNAUD; Gilles Deleuze, une introduction, Pocket, Paris, 2007

MENGUE, PHILIPPE; Deleuze ou le système du multiple, Kimé, Paris, 1994. Ed. Esp.

Deleuze o el Sistema de lo multiple, Trad. De Juan Fava y Luciana Tixi, Las Cuarenta,

Buenos Aires, 2008

HARDT, MICHAEL; Gilles Deleuze: An Apprenticeship in Philosophy, University of

Minesota Press, Minneapolis, 1993. Trad esp. Deleuze. Un aprendizaje filosófico,

Paidós, Buenos Aires, 2005.

RAJCHMAN, JOHN; The Deleuze Connections, Massachusetts Institute of Technology,

2000. Trad esp. Deleuze. Un mapa. Nueva Visión, Buenos Aires, 2007.

PARDO, JOSÉ LUIS; El cuerpo sin órganos. Presentación de Gilles Deleuze; Pretextos,

Valencia, 2011.

Deleuze: Violentar el pensamiento; Cincel, Madrid, 1990.

“El Leibniz de Deleuze y la ontología oscura” en RACIONERO, Q. Y ROLDÁN, C.

(comps.) G.W.Leibniz: Analogía y expresión, Ed. Complutense, Madrid, 1994, pp.

507-520.

“Las aporías de la diferencia. Notas sobre la filosofía de la segunda mitad del siglo

XX en Francia” en NAVARRO CORDÓN, J.M. (coord.) Perspectivas del pensamiento

contemporáneo, vol I, Corrientes, Síntesis, Madrid, 2004, pp. 193-227.

“La meditación de Gilles Deleuze sobre la diferencia” en GARRIDO,M,

VALDÉS,L.M, ARENAS,L, (coords.) El legado filosófico y científico del siglo XX,

Cátedra, Madrid, 2005, pp. 483-502

Page 21: METAFÍSICA II METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO · 2019. 7. 18. · METAFÍSICA II (METAFÍSICA E TEORÍA DO COÑECEMENTO) G5031327 . 1. INFORMACIÓN BÁSICA. DESCRICIÓN . A

21

DOSSE, FRANÇOIS; Gilles Deleuze et Félix Guattari. Biographie croisée. Éditions La

Découverte, Paris, 2007. Trad. Esp. Gilles Deleuze y Félix Guattari. Biografía cruzada.

FCE, Buenos Aires, 2009.

VILLANI, A; “Géographie physique de Mille Plateaux” en Critique nº 455 (abril 1985)

pp. 331-347.

“Deleuze et Whitehead” en Révue de mértaphysique et de morale nº 2 (abril 1996)

pp. 245-264.

“Le philosophe à l’orchidée” en Pages de libraires (enero-febrero 1996) p. 51.

“Une génealogie de la philosophie deleuzienne: Empirisme et subjectivité” en

Conceps hors série Gilles Deleuze, Les Éditions Sils Maria asbl. (2002) pp. 114-

134.

WAHL, JEAN; “Nietzsche et la philosophie” en . Révue de Métaphysique et de Morale.

Nº 3, 1963, pp. 5352-379.

WILLIAMS, J.; Gilles Deleuze’s Difference and Repetition: A Critical Introduction and

Guide; Edinburgh University Press, Edimburgo, 2003

ZIZEK, S.; Organs without bodies: Deleuze and consequences; Taylor & Francis

Books, Nueva York, 2004. Trad. Esp. Órganos sin cuerpos: Sobre Deleuze y sus

consecuencias; Pree-Textos, Valencia, 2006.

ZOURABICHVILI, F.; Deleuze: une philosophie de l’évenement; PUF, Paris, 1994. Trad.

Esp. Deleuze: una filosofía del acontecimiento; Amorrortu, 2013.