memoria de actividades complementarias e … · acto de graduaciÓn de 6º de primaria. o xoves 16...

21
MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. 2015-2016 1. INTRODUCCIÓN. O Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias reuníase regularmente tódolos primeiros martes de mes, para programar e organizar as actividades a realizar cada mes. A principios de curso elaborouse un Plan Xeral de Actividades para traballar ao longo do curso, que se desenvolveu na súa maioría e ampliouse con actividades que non estaban programadas. En xeral a valoración foi positiva, houbo unha gran implicación no centro nas actividades propostas. 2. ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS. Actividades programadas dende o propio colexio para festexar días sinalados DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas escolares, do día 19 ao 27 de outubro dende a biblioteca levouse a cabo unha serie de actividades no que os nenos e nenas de primaria exploraron as distintas seccións da biblioteca seguindo unhas pistas que deixara Pepón (a mascota da biblio). Ese día aproveitouse tamén para que os alumnos/as colleran o seu primeiro libro e comezouse a levar a mochila viaxeira para casa.

Upload: others

Post on 06-Aug-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E … · ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA. O xoves 16 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria celebraron no salón de actos a súa despedida

MEMORIA DE ACTIVIDADES

COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

2015-2016

1. INTRODUCCIÓN.

O Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias reuníase regularmente tódolos

primeiros martes de mes, para programar e organizar as actividades a realizar cada mes.

A principios de curso elaborouse un Plan Xeral de Actividades para traballar ao longo do

curso, que se desenvolveu na súa maioría e ampliouse con actividades que non estaban

programadas.

En xeral a valoración foi positiva, houbo unha gran implicación no centro nas actividades

propostas.

2. ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS.

Actividades programadas dende o propio colexio para festexar días sinalados

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas escolares, do día 19 ao 27 de outubro dende a

biblioteca levouse a cabo unha serie de actividades no que os nenos e nenas de primaria exploraron as

distintas seccións da biblioteca seguindo unhas pistas que deixara Pepón (a mascota da biblio). Ese día

aproveitouse tamén para que os alumnos/as colleran o seu primeiro libro e comezouse a levar a mochila

viaxeira para casa.

Page 2: MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E … · ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA. O xoves 16 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria celebraron no salón de actos a súa despedida

HALLOWEEN – SAMAÍN

Os días 28 e 29 de outubro celebrouse a festa de Halloween-Samaín cunha gran exposición de

manualidades na entrada do colexio feita con rolos de papel. Ademais este ano houbo un obradoiro

de maquillaxe para os nenos e nenas de Educación de Infantil realizado polos alumnos/as de 6º de

Educación Priamaria e un túnel do terror para os alumnos/as de 3º a 6º que tivo moito éxito.

Os mestres de inglés tamén prepararon o seu particular recuncho de Halloween con distintas

actividades realizadas dende o seu departamento como a elaboración de diversas manualidades

relacionadas co tema e un obradoiro de cociña terrorífica para os alumnos/as de 1º e 2º.

Dende o Equipo de Biblioteca tamén prepararon a ambientación da Biblioteca: fixeron unha

selección de contos de medo e proxectaron o video-conto “La leyenda del espantapájaros”.

Page 3: MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E … · ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA. O xoves 16 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria celebraron no salón de actos a súa despedida

MAGOSTO

A celebración do magosto tivo lugar o 11 de novembro. Pola mañá os alumnos e alumnas poideron

disfrutar dunha degustación de produtos típicos de outono e castañas asadas.

A continuación todos os nenos tiveron unha xornada de xogos populares organizada polos mestres de

Educación Física. Os xogos eran rotatorios e os alumnos/as cambiaban de xogo cada cinco minutos.

Dividiuse o patio en dúas zonas : unha para Educación Infantil e 1º e outra para o resto do alumnado de

Primaria.

Ademais este ano, a través da biblioteca organizouse un concurso de “caracastañas” onde os nenos/as

podían participar cun debuxo dun personaxe famoso “castañizado”.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro na hora de ler conmemorouse a Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Alumnos/as de 6º de Primaria “plantaron” a semente de reflexión nas aulas. Para iso contáronlles aos

distintos cursos o libro de Anthony Brown, “O libro dos porcos” e fixeron que os nenos e nenas

pensaran quen da súa casa era o que máis traballaba e se eles facían algo para colaborar nas distintas

tareas domésticas.

Page 4: MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E … · ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA. O xoves 16 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria celebraron no salón de actos a súa despedida

CELEBRACIÓN DO NADAL

Para celebrar a chegada do Nadal levouse a cabo as seguintes actividades:

- Concurso de postais de Nadal

- Videoconferencia con Papá Noel o 11 de decembro para os alumnos/as de 3 anos.

- Pequeno festival os días 15 e 16 de decembro coas actuacións do grupo de teatro, actuación

de pandeiretas, actuación do grupo de música “Little band” e a entrega de premios de postais

de nadal promovido polo Equipo de Biblioteca e Normalización Lingüística

- Función de teatro no Auditorio de Celanova o día 17 de decembro para disfrutar dunha obra

de teatro a cargo da Editorial Galaxia: “O espantallo amigo”

- Panxoliñas e visita de Papá Noel polas clases o día 18.

Page 5: MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E … · ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA. O xoves 16 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria celebraron no salón de actos a súa despedida

DÍA DA PAZ

O día da Paz celebrouse o 3 de febreiro , no que se organizou un acto no ximnasio onde mestres

e alumnos/as interpretaron a canción de paz de Bob Dylan “Blowin’ in the wind”.

Tamén os distintos cursos realizaron un traballo de investigación sobre distintos países e

continentes do mundo que foi exposto na entrada principal do colexio. Desta maneira

repartíronse os páises:

- Educación Infantil: México.

- 1º: África.

- 2º: Grecia

- 3º: EEUU

- 4º: Brasil.

- 5º: Exipto

- 6º: China.

Page 6: MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E … · ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA. O xoves 16 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria celebraron no salón de actos a súa despedida

ENTROIDO

O Entroido celebrouse o 5 de febreiro cunha chocolatada con churros e un desfile temático adicado

ao tema traballado no Día da Paz: “Os países do mundo”. Desta maneira cada curso disfrazouse cun

traxe típico do país sobre o que fixeran o seu traballo de investigación:

- Educación Infantil: Méxicanos.

- 1º: Áfricanos.

- 2º: Gregos

- 3º: Vaquieros e indios de América

- 4º: Brasileiros.

- 5º: Exiptos

- 6º: Chineses.

Ao final do desfile, todo o colexio, cantou e bailou a canción de Álvaro Soler “Bajo el mismo

sol”.

Page 7: MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E … · ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA. O xoves 16 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria celebraron no salón de actos a súa despedida

DÍA DA POESÍA

Para conmemorar o Día mundial da poesía levouse a cabo unha lectura de poemas de Manuel María

por megafonía por parte dalgúns alumnos/as de 5º. Os poemas escollidos foron: “Galicia”, “O

caracol”, “O meu burriño” e “O afiador”.

Ademais comezouse a elaborar un libro ilustrado dalgúns poemas de Manuel María. Cada curso

foille asignado un poema do poeta que tiñan que ilustrar e recitar.

- 3 anos A: “O caracol”

- 3 anos B: “O meu burriño”

- 4 anos A: “A lúa”

- 4 anos B: “O sol”

- 5 anos: “O arco da vella.

- 1ºA: “O cuco”.

- 1ºB: “Carballos”

- 2º: “O semáforo”

- 3ºA: “ O mar”

- 3ºB: “O carro”

- 4ºA: “O inverno”

- 4ºB: “O miño”

- 5º: “O afiador”

- 6ºA: “Galicia”

- 6ºB: “Poemiña para namorar unha rosa”

DO LIBRO

O Día do libro celebrouse o 22 de abril coa actividade “Apadriña a un lector” organizada polo

equipo da Biblioteca. Os nenos/as de 3º a 6º de Primaria léronlle un conto aos nenos de Educación

Infantil, 1º e 2º. Os libros escolléronnos días antes na Biblioteca tendo en conta a idade dos oíntes.

Page 8: MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E … · ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA. O xoves 16 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria celebraron no salón de actos a súa despedida

A verdade que resultou unha actividade preciosa porque a escola estaba chea de pequenos lectores

repartidos por tódolos recunchos do centro.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 18 de maio celebrouse no Auditorio de Celanova o Día das Letras Galegas coas seguintes

actuacións:

- Obra de teatro “O elixir” por parte dos alumnos/as de teatro extraescolar.

- Pandeirada por parte do alumnado de pandeireta.

- Actuación musical do grupo Little band do colexio.

- Presentación da curtometraxe “Diamantes” por parte dos alumnos do obradoiro de

audiovisuais.

- Presentación do libro de teatro “Facendo teatro” elaborado polos alumnos/as de 5º e 6º para

os contratos-programa

- Proxección de varios vídeos curtos dos poemas de Manuel María e as súas ilustracións

recitados polos distintos cursos.

Page 9: MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E … · ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA. O xoves 16 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria celebraron no salón de actos a súa despedida

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Este ano para celebrar o fin de curso organizouse unhas xornadas de convivencia repartidas en tres

días:

- 14 de xuño: Infantil

- 15 de xuño: 1º, 2º e 3º.

- 16 de xuño: 4º, 5º e 6º.

As xornadas consistiron no seguinte:

- Obradoiro de cociña promocionando a pataca da Limia e a terneira galega.

- Recepción de pais de alumnos/as

- Función de monicreques titulada “Romeo e Xulieta: amor baixo dunha maceta” interpretada

plos alumnos/as de 4º de EP.

- Camiñata pola Carballeira de Santa María.

- Charla e exposición de aves rapaces na carballeira.

- Xogo medioambiental cun técnico forestal.

- Actividades con cabalos.

- Visita guiada polo colexio para visualizar proxectos e traballos realizados ao longo do curso.

- Jinkana en bicicleta.

- Comida campestre.

Page 10: MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E … · ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA. O xoves 16 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria celebraron no salón de actos a súa despedida

ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA.

O xoves 16 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria celebraron no salón de actos a súa despedida

onde se lles fixo entrega dun diploma, unha foto recordatoria e un libro de fichas de traballos feitas

ao longo do curso. Estiveron acompañados polos seus seus familiares e mestres.

ACTO DE GRADUACIÓN DE 5 ANOS.

O martes 21 de xuño tivo lugar no salón de actos do colexio a graduación dos alumnos/as de 5 anos

de Educación Infantil para celebrar o fin da súa etapa en Infantil e o seu paso a Primaria. Foi un

acto moi bonito e emotivo onde estiveron presentes os familires dos nenos/as e algúns dos mestres

que lles deran clases.

Page 11: MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E … · ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA. O xoves 16 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria celebraron no salón de actos a súa despedida

ACTIVIDADES DENTRO DA NOSA ESCOLA

CHARLAS

Durante todo o curso os alumnos disfrutaron das seguintes charlas:

- 10 de outubro: charla de primeiros auxilios para o alumnado de 5º e 6º, para as nais

encargadas de comedor e para os mestres.

- 14 de decembro: charla e clase de programación informática adaptada aos alumnos/as de 2º de

Primaria organizado polo CPEIG (Colexio Profesional de Enseñaría Informática de galicia).

- 27 de xaneiro: charla cos bombeiros de Celanova sobre como previr os incedios e simulacro de

evacuación no centro.

- 08 de marzo: charla sobre a igualdade para os alumnos/as de 5º e 6º impartida pola Cruz

Vermella.

- 18 de marzo: charlas medioambientais para o alumnado de 4º e 6º de Primaria.

- 06 de marzo: charla e exhibición de judo.

ANIMACIÓN Á LECTURA

- 21 de xaneiro: sesión de contacontos para o alumnado de 3º a 6º.

- 16 de marzo: sesión de contacontos para todo o colexio organizados pola ANPA.

- 08 de abril: sesión de contacontos para o alumnado de Primaria por cortesía da Editorial SM.

- 18 de abril: sesión de contacontos para o alumnado de Educación Infantil por cortesía da

Editorial Vicens Vives.

- 20 de abril: sesión de contacontos para o alumnado de 1º, 2º e 3º.

- 17 de xuño: sesión de contacontos para os alumnos/as de Educación Infantil.

Page 12: MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E … · ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA. O xoves 16 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria celebraron no salón de actos a súa despedida

Este ano ademais o Equipo da Biblioteca organizou unhas xornadas de contacontos para promover a

animación á lectura:

- Xornadas de Kamishiabi: onde os voluntarios da biblioteca agasallaron aos seus compañeiros

sesións de contos co teatrillo xaponés, kamishibai. Os contos elexidos foron: “O gato con botas”

e “por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?”

- Visitas das Coelerni-exploradoras: alumnas de 6º a través dun sorteo cada venres líanlle aos

nenos afortunados un libro na biblioteca o luns na hora de ler.

- Xornadas de contacontos: alumnos/as de 6º escollían e interpretaban un libro para os máis

peques do colexio. Entre os libro interpretados están: “O seis barbudos”, “O valente coello que

quiso soñar”, “Bola de manteiga” e “O soño de Esther”.

Page 13: MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E … · ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA. O xoves 16 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria celebraron no salón de actos a súa despedida

TEATRO

- 30 de septembro: actuación teatral no Auditorio de Celanova a cargo do grupo de teatro

Sarabela.

- 17 de decembro: función de teatro no Auditorio de Celanova a cargo da Editorial Galaxia e a

súa obra “O espantallo amigo”

- 20 de maio: participación dos alumnos de teatro extraescolar no festival de teatro de Bande coa

obra “O elixir”.

- 14, 15 e 16 de xuño: función de monicreques “Romeo e Xulieta: amor baixo duna maceta”

interpretada polos alumnos/as de 4º de EP.

COORDINADORA COMARCAL

Os alumnos/as dos centros da coordinadora comarcal de dinamización lingüística Terras de

Celanova-Baixa Limia participaron ao longo do curso levando a cabo diferentes actividades:

- Elaboración dun almanaque tendo en conta a paisaxe da contorna vista dende un punto de

vista romántico.

- Exposición de traballos sobre o romanticismo na paisaxe.

- Encontro pola normalización lingüística na comarca.

Page 14: MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E … · ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA. O xoves 16 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria celebraron no salón de actos a súa despedida

OBRADOIRO DE COCIÑA

Os días 14, 15 e 16 de xuño os alumnos de todo o colexio participaron nun obradoiro de cociña co

motivo de celebrar o fin de curso. Foi levado a cabo polo pai de Roque de 5 anos e os seus pinches

de cociña. O nenos disfrutaron dunha mañá rodeada de produtos de orixe galega e poideron facer

creacións como:

- Croqueta de queixo rebozada con pataca fritida.

- Trufa de chocolate blanco e pataca fritida.

- Mini pizzas.

- Brochetas de froita con smoothie.

- Mini hamburguesas

- Pepitos

PROXECTOS

PROXECTO VOZ NATURA

A través de Voz natura continuouse coa posta en valor da carballeira de Santa María.

Durante o curso realizouse as seguintes actividades:

Charlas de concienciación medioambiental

Creación dun sistema acuático.

Page 15: MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E … · ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA. O xoves 16 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria celebraron no salón de actos a súa despedida

Preparación e limpeza de sendeiros.

Limpeza de futura área de actividades.

Ampliación e acondicionamento de dous sectores da carballeira.

Identificación de árbores da carballeira: carballos, piñeiros, nogueiras, castiñeiros...

Produción da composteira: restos orgánicos, herba, terra e caliza agrícola.

Recoñecemento de pegadas de animais que frecuentan este ecosistema como é o raposo.

Aprendizaxe na medición das árbores: diámetro, tronco, altura, anos..

Plantación de árbores

Panel informativo

Clases na natureza en lugar de na aula

Actividade de mapa do tesouro: un paseo cun xogo con pistas divertidas sobre a natureza e a

utlilización dun compás.

Charla sobre prevención de incendios e manexo de mangueira.

CONCURSOS

Este ano os alumnos e alumnas participaron nos seguintes concursos:

- Concurso da Constitución Española.

- Concurso de Pintura rural Infantil de Fertiberia.

- Concurso de panxoliñas de Celanova.

- Concurso de poesía, debuxo e narración de San Rosendo

Page 16: MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E … · ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA. O xoves 16 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria celebraron no salón de actos a súa despedida

SAÍDAS

VIDEOCONFERENCIA CON PAPA NOEL

O 11 de decembro os nenos/as de 3 anos de Educación Infantil asistiron á aula CEMIT no concello

de Celanova a falar con Papá Noel vía videoconferencia a facerlle as súas peticións de agasallos.

XERMOLIÑO

O 7 de abril os alumnos/as de 6º de EP acudiron ao polideportivo de Celanova para realizar

actividades de hábitos saúdables en convivencia con alumnos doutros centros.

XUNTANZA CURROS

O 24 de maio tivo lugar a xuntanza de Curros en Celanova. Os alumnos/as de 5º de Primaria

reuníronse con nenos/as doutros colexios a realizar activiades organizadas pola Fundación Curros

Enríquez. As actividades realizadas foron as seguintes:

- Concerto de órgano no mosteiro de Celanova.

- Visita á Carballeira de Santa Cruz.

- Comida campestre.

- Función de teatro.

- Visita a Vilanova.

Page 17: MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E … · ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA. O xoves 16 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria celebraron no salón de actos a súa despedida

XUNTANZA

O 30 de maio os alumnos/as de 6º acudiron a unha xornada de convivencia dos centros da comarcal

de galego.

CONCERTOS DIDACTICOS

O 21 de xuño os alumnos/as dende os 2º ata 6º asistiron aos concertos didácticos no AMIC

organizado pola Escola de Música de Celanova. Alí os nenos e nenas poideron disfrutar de pezas

musicais sacadas de bandas sonoras de distintas películas así como bailar e cantar a cancíons

coñecidas tocadas pola mesma banda. Tamén houbo algunha participación por parte dalgúns

nenos/as do noso colexio.

SAÍDAS AO AUDITORIO

Durante todo o curso os alumnos/as poideron disfrutar de varias actuacións musicais e pezas teatrais

no Auditorio Municipal de Ourense. Os espectáculos vistos este ano foron os seguintes:

- 4 e 5 anos: Obra de teatro “Aurora”

- Todo Infantil: Actuación musical a cargo de Mamá Cabra

- 1º e 2º: Musical “Rodarirrodari”

- 3º e 4º: Actuación musical “Cousas de catro” polo grupo Odaiko.

- 4º e 5º: Obra de teatro en inglés “Alice”

DEPORTE ESCOLAR

CROSS DE MUÍÑOS

O 01 de decembro os alumnos/as dende 2º ata 6º acudiron a Muíños a participar na fase

clasificatorio do cross comarcal de Muíños.

Page 18: MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E … · ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA. O xoves 16 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria celebraron no salón de actos a súa despedida

XOGOS POPULARES

O 03 e 10 de decembro os alumnos/as de 6º de EP participaron nunhas sesións de xogos populares

no patio do colexio.

CAMPO A TRAVÉS

O 06 de marzo tivo lugar a final de campo a través onde participaron os alumnos/as que se

clasificaron no Cross de Muiños.

DUATHLÓN

O 10 e 24 de abril, alumnos/as do noso colexio participaron na proba clasificatoria e final de

duatlón en Maceda e en Maside do programa "Xogade" de Duathlón Escolar 2015.

BADMINTÓN

O 10 de maio o equipo de badmintón do colexio participou no campionato comarcal en Ramirás.

SEMANA DA BICI

Do 07 ao 10 de xuño os alumnos/as dende 3º a 6º participaron nas xornadas de bicicleta oranizada

no colexio.

EXCURSIÓNS DE FIN DE CURSO

O último gran reto das actividades son as Viaxes de Fin de Curso, que este ano quedaron da

seguinte maneira:

3 anos……………...A Chaira de Amoroz (09 de xuño)

4 anos……………...A Chaira de Amoroz (08 de xuño)

Page 19: MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E … · ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA. O xoves 16 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria celebraron no salón de actos a súa despedida

5 anos……………...A Chaira de Amoroz (10 de xuño)

1º anos……………..A Chaira de Amoroz (02 de xuño)

2º anos……………..A Chaira de Amoroz (01 de xuño)

3º ......................................Vigo: visita ao aeroporto, visita ao zoo, paseo en ferry a Cangas (21 de

xuño)

4º………………………....A Coruña: Visita ao Domus, visita ao acuario e ruta por A Coruña (04 de

xuño)

5º…………………………Visita ás bodegas Viña Costeira, mini golf en Laias, actividades

acuatícas en Castrelo de Miño (08 de xuño)

6º………………………… Excursión a Manzaneda do 18 ao 20 de xaneiro / Excursión ao

Ecoparque en Marín (06 de xuño)

Os gañadores do certamen de panxoliñas de Celanova xunto cos gañadores do concurso de San

Rosendo foron de excursión a Ourense o 04 de maio onde visitaron as termas de Outariz, comeron

nunha hamburguesería e disfrutaron dunha película no cine.

TODAS AS ACTIVIDADES ESTAN COLGADAS NA PAXINA DO COLE

http://centros.edu.xunta.es/ceipcurrosenriquez.celanova

Page 20: MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E … · ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA. O xoves 16 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria celebraron no salón de actos a súa despedida

3. VALORACIÓN.

En xeral, amosámonos moi satisfeitos co desenvolvemento do Proxecto de Actividades

Extraescolares e Complementarias, pois superou as nosas expectativas;fixemos máis actividades das

previstas, e as poucas que non fixemos, foron suplidas por outras de maior interese.

Houbo unha gran participación de mestres e alumnos/as nas actividades propostas, así como unha

gran colaboración por parte dos pais e do concello.

Destacar tamén a páxina web do centro como medio de información cara as familias de todas as

actividades programadas por meses.

As propostas de actuación de mellora cara o vindeiro ano céntranse principalmente en realizar máis

actividades que fomenten a lectura e o mellor aproveitamento e uso das novas tecnoloxías e

recursos audiovisuais, e como non, estaremos abertos a todas as iniciativas que xurdan a principio

de curso no noso Equipo, dende logo continuaremos coas actividades que por experiencia

consideremos de interese entre a comunidade escolar.

Celanova a 22 de xuño de 2016

Coordinadora de Actividades Extraescolares e Complementarias.

Silvia Alonso Pérez

Page 21: MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E … · ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA. O xoves 16 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria celebraron no salón de actos a súa despedida