memoria de actividade amtega 2012

26
1 Memoria de Actividade 2012

Upload: amtega

Post on 12-Mar-2016

222 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica da Xunta de Galicia publica o presente documento co obxectivo de recoller as actividades desenvolvidas ao longo do primeiro ano desde a súa constitución en relación co desenvolvemento e a execución dos instrumentos da política da Xunta de Galicia no eido das tecnoloxías da información e comunicacións e a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico.

TRANSCRIPT

Page 1: Memoria de Actividade Amtega 2012

1 Memoria de Actividade

2012

Page 2: Memoria de Actividade Amtega 2012

2

6

7

5

4

2

3

1

Que fixemos ata agora

Cales son os nosos obxectivos?

Quen somos?

Por que xurdimos?

Como nos organizamos?

Que se conseguiu coa nosa creación?

A Amtega en cifras

Page 3: Memoria de Actividade Amtega 2012

3 3

Quen Somos?

1

Amtega é a entidade única de xestión das políticas

tecnolóxicas da Xunta de Galicia

A estratexia tecnolóxica única da Amtega procura a converxencia con Europa,

estando totalmente aliñada coa

“Estratexia Europa 2020”

A Amtega é a encargada de definir e impulsar a estratexia da Xunta de

Galicia en materia de Sociedade da información, de xeito que nos

permita competir como rexión no novo mercado único dixital europeo

Page 4: Memoria de Actividade Amtega 2012

4

... centralización das

competencias en TIC de todas as

consellerías ...

... redución do gasto

evitando duplicidades...

… liderado de iniciativas para impulsar a Sociedade

da Información en Galicia

Amtega xurde para dar resposta a .....

... eficiencia na xestión e prestación dos

servizos públicos ....

Por que Xurdimos?

2

Page 5: Memoria de Actividade Amtega 2012

5

Como nos Organizamos?

3

Somos 282 profesionais ...

... repartidos en 4 áreas encargadas da planificación,

dirección e execución das competencias tecnolóxicas

Infraestruturas e telecomunicacións Modernización das AA.PP.

Sociedade Dixital Solucións Tecnolóxicas Sectoriais

Amtega integrou á Secretaría Xeral de Modernización e

Innovación Tecnolóxica e ao persoal TIC das Secretarías

Xerais de Presidencia e de todos os departamentos TIC de 6

consellerías da Xunta de Galicia

Page 6: Memoria de Actividade Amtega 2012

6

4 Cales son os nosos Obxectivos?

Administración intelixente

Administración eficiente

Cidadanía Dixital

Pór a disposición da cidadanía e das empresas de Galicia contidos e

servizos públicos dixitais avanzados que respondan ás súas

necesidades e expectativas reais e que, á súa vez, permitan o

aumento na súa calidade de vida.

Dotar á cidadanía das competencias e recursos para participar

activamente no desenvolvemento da Sociedade da información,

convertendo as TIC nun medio moi valioso de aprendizaxe, tendo en

conta a súa consideración como área en constante evolución que

precisa da mellora constante das competencias individuais.

Realizar accións de homoxeneización en canto á estratexia tecnolóxica e á adopción de criterios

de economía de escala que permitan a redución de custos, a mellora dos servizos prestados,

así como accións de formulación e execución de políticas que promovan a penetración das

TIC na sociedade e o seu acceso a todos os axentes sociais.

Page 7: Memoria de Actividade Amtega 2012

7

4 Cales son os nosos obxectivos?

EconomiC – IT ...

Infra TeleCom

Transforma TIC

Impulsar o uso dos servizos TIC por parte das empresas galegas de

forma que se converta nun soporte para incrementar a

competitividade do pais, en xerador de emprego cualificado e á súa

vez nun sector estratéxico na economía de Galicia, consolidándose

así nun sector forte en busca da excelencia tecnolóxica.

Impulsar o uso dos servizos TIC por parte dos sectores produtivos galegos. Isto permitirá a

creación de emprego e o crecemento económico e sostible de Galicia, e fará mais competitivos os

sectores tecnolóxicos de Galicia, mediante a incorporación das TIC aos seus modelos de negocio

facéndoas mais eficientes, innovadoras e aumentando a súa produtividade.

Implantar unha rede de infraestruturas moderna e sostible que

garanta a integración de Galicia na Sociedade da Información,

colocándoa como rexión de referencia no desenvolvemento de

novas tecnoloxías.

Construír un modelo de xestión áxil e eficiente unha administración áxil, de confianza e

segura que simplifique as estruturas organizativas e que permita manter políticas de austeridade

que deriven nunha redución de custos e nunha optimización de esforzos.

Medidas instrumentais de eficiencia e cooperación

Page 8: Memoria de Actividade Amtega 2012

8

5 Que se conseguiu coa nosa creación?

Liberación de espazos de 1.120,38 m2

Aforro de consumo enerxético

Redución de investimento en hardware e en

mantemento

Todos os profesionais TIC da Xunta de Galicia traballando en

conxunto cuns obxectivos comúns

Aforro en licenzas

Redución dos custos de coordinación de proxectos

Homoxeneización da metodoloxía e

procedementos de actuación

Aforro pola unificación de aplicacións e soporte dos sistemas

corporativos

Page 9: Memoria de Actividade Amtega 2012

9

6 Que fixemos ata agora

CIDADANÍA

DIXITAL

Proxecto Abalar

Rede CeMIT

Programa de acreditación

dixital

Presenza en Internet da

AA.PP.

Voluntariado Dixital

ECONOMÍA DO

COÑECEMENTO (TransformaTIC + EconomicIT)

Centro Demostrador TIC

Impulso do hipersector TIC

Modernización do transporte

público

Potenciación da xestión

telemática dos sectores

agroganadeiro, forestal,

pesca e mar

ADMINISTRACIÓN

INTELIXENTE

Plan Modernización

AA.PP.

Plan Senda. eXustiza

Xestión dos RR.HH.

eBenestar

Modernización sistemas

de emprego, formación ,

...

MEDIDAS INSTRUMENTAIS

Posta en marcha da Amtega

Plan eConcellos

Observatorio da Sociedade da Información e da Modernización de Galicia OSIMGA

ADMINISTRACIÓN EFICIENTE CPDI

Xestión eficaz do gasto TIC

Seguridade da información

Plan Software Libre

INFRATELECOM

Plan de Banda Larga

Fogar dixital

Redes do sector público

Page 10: Memoria de Actividade Amtega 2012

10

6 Que fixemos ata agora ...

Administración intelixente

Plan de Modernización da Administración Pública

Incorporación de novos servizos na Sede Electrónica para

mellorar a usabilidade e proximidade ao cidadán

Potencia o desenvolvemento dos servizos de administración electrónica na propia Xunta e

mellora e moderniza os servizos que ofrece esta de cara ao cidadán, a través da....

Definición do protocolo de sinatura electrónica e acreditación dixital e desenvolvemento

dunha plataforma de servizos de sinatura dixital

Posta en marcha de AIRES, o sistema de información para os órganos, servizos e

unidades que integran o Sistema Único de Rexistro

Posta en marcha do Sistema REDUCE, mecanismo de habilitación de

procedementos administrativos e servizos de interese para a cidadanía

Máis de 500 procedementos dispoñibles en sede electrónica, o 95% dos novos procedementos

publicados no 2012

Algúns logros acadados no 2012 ...

Máis de 67.000 documentos asinados electrónicamente

270 usuarios do portasinaturas dixital

Page 11: Memoria de Actividade Amtega 2012

11

6 Que fixemos ata agora ...

Administración intelixente

Sistema integrado para a xestión dos recursos

humanos e o desenvolvemento de servizos para o

empregado público

Neste eido, en 2012 realizáronse as seguintes actuacións...

Posta en marcha do sistema de control horario mediante fichaxe en posto de traballo.

Integración do sistema de control horario e os sistemas de xestión de persoal

Continuación coa acreditación dixital do empregado público a

través dunha tarxeta criptográfica e un certificado dixital tipo APE.

Emitíronse 6.100 tarxetas de empregado público

Reestruturación e redeseño da portada da Intranet corporativa e

incorporación de novos contidos. A Intranet da Xunta rexistrou 1.877.734

accesos e unha media de 17.242 empregados públicos utilizan a

Intranet de forma regular

Page 12: Memoria de Actividade Amtega 2012

12

6 Que fixemos ata agora ...

Administración intelixente

Plan Senda. eXustiza

Finalización da posta en marcha da rede de videoconferencia da Administración de Xustiza en Galicia

Busca solucionar as dificultades coas que se atopan os profesionais do eido xudicial no uso das

novas tecnoloxías e dar resposta ás necesidades da Nova Oficina Xudicial, por medio do....

Algúns datos relevantes do Plan Senda no 2012 ...

Desenvolvemento dos obxectivos establecidos no “Plan de Sistemas e

Tecnoloxías da Información da Administración de Xustiza en

Galicia”

Implantación de Lexnet en todos os órganos xudiciais de Galicia

2.551.458 notificacións electrónicas realizadas dende os órganos

xudiciais de Galicia a través de Lexnet

Posta en produción da aplicación SIMELGA para o Instituto de

Medicina Legal de Galicia

Capacitación técnica e funcional dos diferentes colectivos xudiciais e posta en marcha

do novo modelo de Soporte Formativo Remoto

349 cursos impartidos e case 2.600 horas de formación técnica e funcional

... Máis de 2.400 videoconferencias realizadas a través da rede de videoconferencias da

Administración de Xustiza de Galicia

Page 13: Memoria de Actividade Amtega 2012

13

6 Que fixemos ata agora ...

Administración intelixente

Outros proxectos neste eido....

Modernización dos sistemas de información relacionados co

emprego, ca formación e co fomento da contratación

Para mellorar a xestión e a eficacia das políticas activas de emprego, a través das TIC ....

Comezou a prestación telemática en cooperativas a través

dunha aplicación de xestión das axudas, con máis de 800

expedientes procesado en 2012

Publicouse o Portal de Emprego de Galicia, o cal tivo máis de 787.000 visitantes distintos

Puxéronse en marcha os Puntos de Autoservizo onde se realizaron un total

de 73.146 renovacións

Programa eBenestar

Para acadar a incorporación de solucións TIC no ámbito dos servizos sociais...

No 2012 a implantación de novas funcionalidades no sistema integrado galego de

atención a dependencia (SIGAD) permitiu transformar o modelo de financiamento do

Servizo de Axuda no Fogar, conseguindo unha xestión máis eficiente dos recursos económicos.

Page 14: Memoria de Actividade Amtega 2012

14

6 Que fixemos ata agora ...

Administración eficiente

CPD1

CPD2

Construción do CPDI

... 3 millóns de euros anuais

... 27% de custos enerxéticos

... 30% de necesidades de

investimento

.... 30% de necesidades de mantemento CPD…

... 1.260 centros administrativos

... 600 centros asistenciais ... 322 entidades xudiciais

... 1.550 oficinas de farmacia

... e máis de 90.000 empregados públicos

Ademais, o novo CPDI prestará servizos a ...

Púxose en marcha de 2012 o Centro de Proceso de Datos Integral da Xunta de Galicia, unha

infraestrutura que integrará nun mesmo espazo as funcionalidades dos CPDs existentes ata o

momento. Este novo CPDI suporá un aforro de ...

Page 15: Memoria de Actividade Amtega 2012

15

6 Que fixemos ata agora ...

Administración eficiente

Outros proxectos neste eido....

Implantación dunha xestión eficaz do gasto TIC

En 2012... Centralizáronse as compras de activos e de servizos TIC da Xunta.

Consolidouse o mantemento de licenzas de xestor de base de datos, cunha

redución do gasto en máis dun 30% ...

Avanzouse na unificación dos sistemas corporativos da Xunta

Plan Software Libre

Este Plan persegue impulsar o uso do software libre, e para iso,...

A Amtega colaborou na organización da conferencia internacional Libre

Software World Conference ou o desenvolvemento e implantación da

maqueta de Software Libre baseada na distribución Debian GNU/Linux nas

98 aulas da Rede CeMIT.

No 2012 investíronse un total de 915.000 euros

E impartíronse máis de 22.500 horas de formación en Software Libre

leváronse a cabo un total de 120 actuacións para o impulso do

software libre en Galicia

Instauración de políticas de seguridade da información

Neste proxecto, xestionouse e supervisouse a seguridade corporativa da Xunta, e o

seguimento do cumprimento normativo, polo que en 2012...

Xestionouse a plataforma de antivirus corporativo

Elaboráronse políticas e procedementos de seguridade

Atendéronse ás consultas en materia de protección de datos persoais ....

Page 16: Memoria de Actividade Amtega 2012

16

6 Que fixemos ata agora ...

Cidadanía dixital

Proxecto Abalar

O Proxecto Abalar recibe o premio ‘Protagonistas da Educación

2012’ , da revista “Magisterio”.

Para integrar plenamente as TIC na práctica educativa, maximizar o aproveitamento dos recursos,

e coordinar e impulsar un cambio no modelo educativo en Galicia.

O portal espazoAbalar rexistrou no ano 2012 ...

... 700.000 accesos

... un total de 1.164 contidos e recursos educativos dixitais dispoñibles

e 780.000 contidos descargados

Os resultados obtidos no 2012 polo Proxecto Abalar ...

Máis de 43.000 alumnos beneficiados polo proxecto

1.993 aulas dixitalizadas

533 centros educativos con aulas dixitalizadas

recibiron formación 216 coordinadores Abalar

Page 17: Memoria de Actividade Amtega 2012

17

6 Que fixemos ata agora ...

Cidadanía dixital

Rede CeMIT

Potenciar a Sociedade da Información en Galicia e reducir a fenda dixital a través da formación en

alfabetización dixital impartida nas 98 aulas da rede...

Achegáronse as novas tecnoloxías a máis de 21.000 persoas

Impartíronse máis de 38.000 horas de formación

Algúns datos relevantes da Rede CeMIT ...

Realizáronse 2.948 cursos de alfabetización dixital

Desenvolveuse a Teleformación a través do Espazo Multimedia de

Aprendizaxe (EMA)

Puxéronse en marcha iniciativas específicas destinadas ao emprendemento

das mulleres de zonas rurais, como “Tomando as Rendas” e “Miradas de

Muller”

Firmáronse as prórrogas dos protocolos de adhesión a Rede CeMIT con 51

concellos por importe de máis de 768.000€ para subvencionar a actividade de 51 axentes TIC

No marco do Plan de Formación da Rede CeMIT, impartíuse o dobre de

formación dixital con respecto ao 2011, e contou co dobre de usuarios

Page 18: Memoria de Actividade Amtega 2012

18

6 Que fixemos ata agora ...

Cidadanía dixital

Programa de acreditación das competencias dixitais

Neste programa impartido pola Escola Galega de Administración Pública ao persoal do ámbito

autonómico, da administración local e da administración de xustiza, en 2012....

Impartíronse 6 cursos para persoal TIC

E entregáronse máis de 210 certificados acreditativos (CODIX Ofimática)

6.000 prazas de teleformación para o Plan

Formativo Ofimático de Galicia

Outros proxectos neste eido....

Impulso da presenza da AA.PP. en Internet e fomento da

transparencia, participación e colaboración coa cidadanía

Para reforzar a presenza da Xunta de Galicia en Internet...

En 2012, unificáronse o acceso ás diferentes Webs das Consellerías, onde se recollen máis de

250 Webs e 154 canles nas redes sociais

Rexistráronse 43 novas iniciativas nas redes sociais e conseguíronse

75.277 novos seguidores

Creación do portal Abert@s que permite a

reutilización da información do sector público, por

parte da cidadanía

Page 19: Memoria de Actividade Amtega 2012

19

6

Outros proxectos neste eido....

Voluntariado Dixital (VOLDIX)

Con fin de fomentar as novas tecnoloxías mediante o voluntariado, en 2012, acadouse...

Realizáronse actividades de diversas temáticas (seguridade da rede, internet móbil para persoas

maiores, busca de emprego para persoas con discapacidade, ...), entre as que destacan:

2 Módulos de formación básica para voluntarios dixitais

3 Proxectos en colaboración coas entidades adheridas

3 Xornadas temáticas de divulgación

Xestión de 15 apoios dixitais por parte dos voluntarios nas entidades de acción voluntaria

Xestión de solicitudes de equipamento tecnolóxico por parte das entidades de acción social

A adhesión de máis de 220 voluntarios...

... e 78 entidades entre os que destacan, 4 organismos colaboradores, 41

entidades de acción voluntaria e 23 mecenas dixitais.

Que fixemos ata agora ...

Cidadanía dixital

Page 20: Memoria de Actividade Amtega 2012

20

6 Que fixemos ata agora ...

Economía do coñecemento (TransformaTIC + EconomicIT)

Centro Demostrador TIC

Facilitar ás empresas TIC os medios para acercar a súa oferta de produtos ás empresas doutros

sectores produtivos, de forma que poidan desenvolver produtos adaptados ás necesidades de

mercado.

... 32 actividades nas que participaron máis de 250 empresas de diversos sectores

Algúns datos relevantes do CDTIC no 2012 ...

Creouse o MapaTIC.gal, unha plataforma que nace co obxectivo de

establecerse como un punto de encontro virtual entre os diferentes

actores que participan na Oferta – Demanda Tecnolóxica de Galicia

... máis de 150 horas de formación especializada

... O Mapa TIC dispón de máis de 400 solucións tecnolóxicas de 178 provedores tecnolóxicos

... 650 profesionais participaron nas actividades levadas a cabo no CDTIC

A plataforma web facilita unha ampla visibilidade ao sector TIC chegando a unha media

de case 1000 visitas mensuais

No 2012, realizáronse múltiples actividades formativas e

demostrativas que involucraron a empresas de diversos sectores como Automoción, Agroalimentario, Socio-Sanitario, Comercio ou Ensino

20

... o 30% dos provedores tecnolóxicos pecharon un contrato e ata un 41% recibiron

petición de solicitudes de orzamento

... o 92% dos asistentes ás presentacións indicaron que accederon a solucións e

provedores tecnolóxicos que non coñecían ata a súa participación nas actividades do CDTIC

Page 21: Memoria de Actividade Amtega 2012

21

6

Outros proxectos neste eido....

Impulso do hipersector TIC

Para converter ao hipersector TIC nun sector estratéxico da economía de

Galicia, en 2012... Realizáronse os primeiros traballos de desenvolvemento

do borrador do Plan TransformaTIC, para fortalecemento do sector TIC

Potenciación da xestión telemática no sector agrogandeiro, no

sector forestal e no sector da pesca e do mar

Modernización do transporte público en Galicia

A actuación realizada en 2012 encamiñada a mellorar a calidade do transporte público foi...

Continuar coa ampliación da Rede de Transporte Metropolitano de Galicia, co apoio dos

sistemas tecnolóxicos SITME e SITBUS, logrando 90.000 tarxetas de transporte

metropolitano e 12,5 M viaxes

Este plan persegue o desenvolvemento de novos servizos e instrumentos que

permitan aos sectores facer uso das novas tecnoloxías, e para iso, en 2012...

A Oficina Agraria Virtual incorporou sucesivamente novos servizos,

chegando a ter máis de 36.000 usuarios e xestionar o 95% dos trámites

Este plan dará resposta á necesidade de contar cunha estratexia única dende a Xunta para

contribuír ao crecemento e desenvolvemento do sector da economía do coñecemento. E para

lograr unha política única neste ámbito, contouse con traballo e a participación de

todos os axentes do sector: Consellerías, Axencia Galega de Innovación, Instituto

Galego de Promoción económica, Universidades, Centros Tecnolóxicos, Clúster TIC, etc

A Plataforma tecnolóxica da pesca, incorporou paulatinamente

novas funcionalidades, e emitíronse máis de 3.500 tarxetas

TICPESC

Que fixemos ata agora ...

Economía do coñecemento (TransformaTIC + EconomicIT)

Page 22: Memoria de Actividade Amtega 2012

22

6 Que fixemos ata agora ...

InfraTeleCom

Finalizouse a elaboración do “Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das

infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de

Galicia xestionadas por Retegal”

Séguese ampliando a rede troncal de fibra óptica de Retegal

O Consello da Xunta de Galicia aprobou o Anteproxecto da “Lei de Impulso e

Ordenación das Infraestruturas de Telecomunicacións de Galicia”

Reduciuse a fenda dixital dun 20% a inicios do Plan a un 3% a finais de 2012

Retegal conta con 200 torres e 1.825Km de fibra óptica

Máis de 1,1 millóns de galegos xa poden acceder a redes de nova

xeración

Máis de 2,66 millóns de galegos, o 95% da poboación, teñen cobertura de banda larga

Conseguíronse os seguintes resultados...

O 98% dos servizos públicos e o 99% dos parques empresariais e

polígonos industriais dispoñen de cobertura de banda larga de calidade

Plan Banda Larga 2010 – 2013

Os logros do despregamento de infraestruturas de telecomunicacións para a xestión da Banda

Larga en 2012, acadáronse nun contexto no que ...

Page 23: Memoria de Actividade Amtega 2012

23

6

Infraestruturas para o fogar dixital

Para continuar impulsando o desenvolvemento do fogar dixital,

posibilitando a adaptación das vivendas á normativa ICT, e

favorecendo a incorporación de infraestruturas asociadas, en

2012....

Modernización das redes do sector público autonómico

En 2012, para optimizar a xestión das redes do sector público:

• Implantáronse dispositivos de monitorización e videovixilancia no CPDI

• Melloráronse os procesos conexión coa Administración central

• Aproveitáronse as infraestruturas de comunicación públicas con Retegal

Para impulsar as infraestruturas que serven de base da rede corporativa:

• Estratificouse a Malla Troncal

• Instaláronse sistemas de alimentación ininterrompidas, ...

E para mellorar os servizos ofrecidos aos usuarios:

• Ampliouse a cobertura de rede sen fíos

• Aumentouse a velocidade de acceso os centros educativos, xulgados, etc

Outros proxectos neste eido....

Elaborouse a “Guía de Implantación do

Fogar Dixital”, que constitúe un documento

de referencia no desenvolvemento das

infraestruturas TIC necesarias para dar soporte

aos novos servizos tecnolóxicos que posibilita a

Sociedade da Información

Que fixemos ata agora ...

InfraTeleCom

Page 24: Memoria de Actividade Amtega 2012

24

6 Que fixemos ata agora ...

Medidas Instrumentais

No 2012, o OSIMGA: asinou un convenio co IGE para optimizar a recollida dos datos sobre a

penetración das TIC en fogares e empresas galegas.

Actualizou o Sistema de Indicadores no marco do IV Plan Galego de Estatística 2012- 2016.

Ademais, realizou o seguimento de máis de 500 indicadores e publicou:

19 informes

máis de 200 análises noticias sobre o nivel de desenvolvemento das TIC en Galicia

Observatorio da Sociedade da Información

e da Modernización de Galicia

Plan eConcellos

Co fin de lograr a modernización das Administracións Locais galegas...

En 2012, realizouse a adquisición de hardware para as entidades locais a través da licitación e

adxudicación de servidores e dun sistema de almacenamento. Adicionalmente,

desenvolvéronse os seguintes servizos novos para compartir coas entidades locais:

Plataforma de interoperabilidade

Dicionario Xurídico en Liña

Sistema de tradución automatizado

Novo portal web EidoLocal

Page 25: Memoria de Actividade Amtega 2012

25

A AMTEGA en cifras

7

95% galegos con

cobertura de Banda Larga

43.000 alumnos no

proxecto Abalar

38.022 horas de

alfabetización dixital Máis de 21.000 usuarios

CeMIT formados

100% dos órganos xudiciais

co uso de Lexnet 67.000 documentos

asinados electrónicamente

250 empresas e 650 profesionais participantes no CDTIC

Máis de 1,1millóns de galegos

con cobertura NGA

1.993 aulas dixitalizadas

Page 26: Memoria de Actividade Amtega 2012