memoria 2015 - eroski · as claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ......

41
memoria 2015 GALEGO

Upload: others

Post on 04-Aug-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

memoria 2015GALEGO

Page 2: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

memoria 2015

Page 3: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

memoria 2015

carta do Presidente 6

carta do Consello Reitor 8

datos destacados 2015 10

modelo comercial «contigo» 18

consumidores/as 24

traballadores/as 34

tendas 42

cadea de valor 54

transformación social 66

Page 4: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 76 | Memoria 2015 | EROSKI

O exercicio 2015 presentou un ámbito económico, en xeral, máis favorable e un sector da distribución, en particular, estable, con pouco crecemento do consumo e aumento da competencia. A confianza dos consumidores experimentou unha certa mellora, que se reflectiu nunha normalización do consumo de bens duradeiros pero que non desembocou nun maior consumo de alimentación. As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na súa magnitude global e pouco elástico á renda en comparación con outros capítulos do gasto familiar.

En EROSKI demos por concluída, neste exercicio 2015, a etapa de reestruturación que iniciamos en 2009. Hoxe estamos onde queriamos chegar. Os resultados ordinarios da nosa actividade de distribución mostran unha evolución positiva durante este ciclo, malia que os resultados finais aínda son testemuñas do custo da transformación abordada.

Agora abrimos paso a unha nova etapa máis focalizada na competitividade. As remodelacións de tendas avanzan xunto á apertura de novos establecementos. O 27 % da rede de distribución alimentaria son xa tendas de nova xeración. Os incrementos nas visitas de clientes e das vendas son, sen dúbida, o mellor referendo da competitividade do novo modelo comercial, froito dos avances realizados en toda a cadea de valor.

Dende a cooperativa de consumo Eroski desexamos promover unha alimentación saudable. Para iso outorgámoslles unha maior relevancia ás seccións de produtos frescos e á presenza de produtos locais e incorporamos máis produtos mellorados na súa composición nutricional, entre outras cousas. Nesta mesma liña encádranse as numerosas accións formativas dirixidas aos consumidores, entre as que destaco este ano as realizadas con máis de 72.000 nenos e nenas a través da Escola de Alimentación dedicada a promover unha dieta equilibrada e uns hábitos de vida saudables. Para todo isto contamos coas achegas do Comité Científico de Fundación EROSKI e doutros especialistas participantes no V Encontro da Escola de Alimentación. Este tipo de achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades.

Hoxe o Grupo EROSKI conta con máis de 7 millóns de Socios e Socias Clientes, titulares das tarxetas EROSKI, CAPRABO, IF e FORUM SPORT. Situámolos no epicentro da nosa estratexia e, grazas ás posibilidades da tecnoloxía e ás novas canles de comunicación, avanzamos cara a unha xestión máis integral e máis segmentada baseada nos perfís de cliente, buscando sempre a súa satisfacción e unha maior eficiencia. Non hai dúbida de que a tecnoloxía de hoxe nos abre novos camiños para avanzar nunha relación máis individualizada.

2015 foi un ano no que tamén fortalecemos as nosas alianzas, unha constante na traxectoria de EROSKI. Alianzas para reforzar a función de compras para ofrecerlles mellores prezos aos consumidores. Alianzas con provedores locais para promover un sector agroalimentario máis sustentable e altamente diversificado que enriqueza a nosa cultura gastronómica e favoreza unha alimentación máis variada e saudable. Alianzas polo «Desperdicio Cero» que logran que ningún alimento apto para o consumo sexa desbotado nas nosas tendas, conseguindo canalizalos cara a colectivos necesitados a través dos Bancos de Alimentos e de máis dun centenar de organizacións sociais locais.

En 2016 abordaremos unha nova reflexión coa mirada posta en 2020, partindo dunha rede comercial saneada, máis focalizada nos mercados onde somos altamente recoñecidos e cun ambicioso plan de expansión a través da rede franqueada, á que lle iremos engadindo novas tendas transformadas e novas tendas propias.

Agustín MarkaidePRESIDENTE

Carta do PresidenteAgustín Markaide

carta do Presidente

Page 5: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

DE ESQUERDA A DEREITA: JAVIER CORTAJERENA, M. JOSÉ MOLINA, CRISTINA

GAINZA, ENRIQUE MARTÍNEZ, LEIRE MUGERZA, EDORTA

JUARISTI, LUIS IGNACIO RUIZ DE ALEGRÍA, NEREA ESTURO,

JAIONE URIARTE, LOURDES RODRÍGUEZ, LANDER BELOKI,

GEMMA OTADUY.

EROSKI | Memoria 2015 | 98 | Memoria 2015 | EROSKI

Promover unha alimentación saudable forma parte da misión de EROSKI. Non é unha aposta cosmética ou unha campaña de márketing, senón que nace dende a nosa misión como cooperativa de consumo e mostra avances significativos neste ano 2015 que conclúe.

Hoxe, un dos problemas máis importantes que afrontamos os consumidores é o cambio drástico dos nosos hábitos alimentarios, o que deriva nun problema de saúde pública relacionado coas taxas de risco cardiovascular, diabete, hipertensión e sobrepeso ou obesidade. A alimentación equilibrada e os hábitos de vida saudables teñen hoxe un papel fundamental para o benestar individual e colectivo na nosa sociedade.

A través do Comité Científico da Fundación EROSKI, sabemos que a banalización da comida é un aspecto crítico que explica gran parte da situación. Os grupos sociais que lle outorgan valor á comida considérana un acto social e teñen unha cultura gastronómica máis ampla, aliméntanse mellor, o seu estado de saúde é significativamente mellor e mostran un mellor ton vital e optimismo fronte á vida. Non é iso o benestar? A diversidade ten aquí un papel crucial, porque comer variado é comer máis san.

A diversidade é inherente ao movemento cooperativo. EROSKI impulsa un sector agroalimentario sustentable

baseado nun tecido produtivo altamente diversificado. Apostamos polos produtos locais, traballamos con máis de 4.000 provedores agroalimentarios, dos cales máis do 50 % son pequenas PEMES e cooperativas.

As novas tendas «contigo» afondan na súa especialización en frescos, ofrecen unha gama máis ampla para unha maior liberdade de elección do consumidor, son tendas abertas á comercialización dos alimentos producidos no seu ámbito e poñen as persoas no epicentro da súa actividade. Os traballadores, dende os equipos autoxestionados nos que se fixan metas e se traballan plans de acción para adecuar cada tenda ás expectativas concretas dos seus clientes e ao contexto competitivo. Os consumidores, porque forman parte da xestión cooperativa; invístese na súa formación e información para practicar un consumo máis saudable e sustentable, e porque marcan as expectativas ás que debemos responder como organización.

EROSKI é a suma de ambos os colectivos: os Socios e Socias Consumidores e os Socios e Socias Traballadores, e desempeñan de forma paritaria o goberno corporativo, a xestión e a representación da cooperativa matriz do Grupo EROSKI. É un proxecto colectivo, un modelo de organización cooperativa

que fai que as cousas, de partida, sexan distintas e que demostrou unha gran madureza e estabilidade en toda a nosa historia. Unha historia que se basea na primacía do colectivo fronte ao individual, compaxinando a realidade dunha economía de mercado cos valores e principios cooperativos, nun proxecto orientado ao consumidor e á sociedade. O alto nivel de compromiso dos Socios e Socias Traballadores con este proxecto colectivo nace e aliméntase tamén dende esta concepción única, porque son donos da empresa na que traballan.

A transformación social a través da actividade empresarial é un dos fins cooperativos. EROSKI hoxe está máis preparada ca nunca para contribuír mellor a unha sociedade máis xusta, máis solidaria, máis sustentable e cunhas maiores cotas de saúde e benestar.

Leire Mugerza GaratePRESIDENTA DO

CONSELLO REITOR DE EROSKI

Carta do Consello Reitor

carta do Consello Reitor

Page 6: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 1110 | Memoria 2015 | EROSKI

datos destacados 2015

datos destacados 2015

Page 7: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

z

EROSKI | Memoria 2015 | 1312 | Memoria 2015 | EROSKI

vendas

consumidores/as

6.058millóns de € de facturación

5.279millóns de € de vendas netas (sin IVE)

306millóns de pasos por caixa

212millóns de € transferidos aos consumidores/as a través de ofertas e promocións

>7 millóns de Socios/as Clientes, titulares das tarxetas EROSKI, CAPRABO, IF e FORUM SPORT, e que supoñen o 76% das súas vendas

Mellor Atención ao Cliente, recoñecido por cuarto ano consecutivo

31.000 Socias e Socios Clientes participaron coas súas ideas para a mellora da súa tenda «contigo»

traballadores/asdos cales 11.858 son socios/as

7.935 socias e socios de EROSKI S. Coop.3.444 socias e socios de Hipermercados S. Coop. 479 socias e socios a través de Gespa FORUM

33.509 traballadoras e traballadores

2..864postos de traballo franqueados na rede de tendas franqueadas

67% de mulleres en postos de responsabilidade

+30%de incremento en horas de formación, ata as 178.000, para unha atención máis «contigo»

DATOS DESTACADOS 2015 DATOS DESTACADOS 2015

Page 8: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 1514 | Memoria 2015 | EROSKI

tendas

transformación social

provedores

99 novas tendas

27% dos establecementos de alimentación son tendas de nova xeración

95 supermercados4 tendas FORUM SPORT

1.896establecementos

1.286 Supermercados90 Hipermercados*19 Cash & Carry61 Gasolineiras*23 Ópticas*162 Axencias de viaxes46 Tendas de material deportivo FORUM SPORT200 Perfumerías iF9 Tendas en liña

431EROSKI/city327 CAPRABO188 EROSKI/center166 ALIPROX86 ONDA80 FAMILIA8 EROSKI/merca

>6 millóns de visitas mensuais a consumer.es

72.087 participantes nas iniciativas por unha alimentación equilibrada e uns hábitos de vida saudables

19 anos colaborando con Banco de Alimentos

13.595 dietas equivalentes anuais doadas, preto de 9.000 toneladas de alimentos doados por EROSKI e os seus clientes/as

Renovamos a Certificación SA8000 e a adhesión ao Pacto Mundial

10.335 provedores, dos cales 4.676 son comerciais

>50% dos provedores comerciais son pequenos produtores locais

21.064produtos locais, 680 novos

2.610 acordos con PEMES e cooperativas para o desenvolvemento de produtos agroalimentarios locais

* Téñase en conta a venda dun lote de 36 hipermercados a

principios de 2016

DATOS DESTACADOS 2015 DATOS DESTACADOS 2015

Page 9: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 1716 | Memoria 2015 | EROSKI

recoñecementos

Escola pastores: homenaxe polos anos de colaboración coa Escola de Pastores Gomiztegi de Guipúscoa.

Mellor embalaxe: o deseño dos produtos EROSKI obtén o primeiro premio nos americanos Vertex Awards, que recoñecen a creatividade, a capacidade de venda e a innova-ción na embalaxe de distribuidor.

Queixo Idiazabal: a Feira anual de Ordizia (Guipús-coa) homenaxea a EROSKI pola súa contribución na distribución e difusión do queixo D.O. Idiazabal dentro e fóra do País Vasco.

Premio Ciudadanos: Fundación EROSKI galardoada na XVI Edición dos premios Ciudadanos na categoría de Saúde e Calidade de Vida en reco-ñecemento do seu compromiso social en relación cos hábitos de vida saudables e a solidariedade.

Innovación na Automatización: a automatización da Plataforma Loxística de Elorrio (Biscaia) recoñe-cida como unha das «100 Mellores Ideas do Ano».

Hábitos saudables: o equipo feminino de EROSKI gañou a VIII Carreira de Empresas de Donosti cun tempo marca.

Pequenos produtores: AECOC, Asocia-ción Española de Gran Consumo, recoñece o labor conxunto desen-volvido por EROSKI e Artzai Gazta a favor da promo-ción do queixo D.O. Idiazabal de pastor.

Desperdicio Cero: o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio distingue o labor innovador e sustentable de EROSKI para reducir o desperdicio alimentario co seu programa «Desperdicio Cero».

Educando en Alimentación Saudable: a Escola de Alimentación de Fundación EROSKI recibiu o selo GOSASUN promovido por Innobasque polo fomento das prácticas saudables entre os escolares.

Compromiso social: o equipo de EROSKI fíxose coa vitoria na categoría feminina da I Carreira Solidaria entre Cooperativas organizada por Mundukide.

Calidade: os premios Golden Gold, que recoñecen as froiterías máis esixentes de España, escolleron a EROSKI Zarauz como a mellor froitería de Gran Distribución en 2015.

Emprego: premio ás franquías de EROSKI por ser a empresa franqueadora que máis emprego crea.

Escoitámoste: EROSKI fíxose co premio ao Mellor servizo de atención ao cliente do ano na categoría de Grande Distribución por cuarto ano consecutivo.

Banco Alimentos: CAPRABO recibiu o premio Tango ao proxecto máis solidario polo seu programa de microdoazóns aos Bancos de Alimentos.

Igualdade de oportunidades: premio Incorpora de la Caixa polo compromiso activo de EROSKI na integración laboral das persoas en risco de exclusión social.

Responsabilidade Social: o reco-ñecemento de EROSKI na I Edición dos Vodafone Deia Innovations Sariak pon de manifesto a contribución da cooperativa a unha sociedade máis cohesionada e con maiores cotas de saúde e benestar.

Emprego social: a IV edición dos Premios GUREAK homenaxea a EROSKI co premio Aurrera polo emprego xerado para persoas con discapacidade.

Hábitos saudables: Fundación EROSKI gaña o VI Premio CCNIEC outorgado polo Centro Catalán de Nutrición e Instituto de Estudos Cataláns á mellor iniciativa da industria alimentaria para impulsar hábitos saudables.

Turismo familiar: a Federación Española de Familias Numerosas (FEFN) entregoulle a Viajes EROSKI o Selo de Turismo Familiar en recoñecemento a esta atención especializada.

Marca propia: EROSKI triunfou co seu Aceite Desmaquillante Asian Sensations de Belle nos «Salute to Excellence Awards», que recoñecen a calidade e a innovación dos produtos de marca distribuidor..

MAR

ABR

MAIO

XUÑO

XULSET

OUTNOV

DEC

DATOS DESTACADOS 2015 DATOS DESTACADOS 2015

Page 10: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 1918 | Memoria 2015 | EROSKI

O modelo comercial «contigo», co que estamos a remodelar a nosa rede de tendas, afonda na nosa especialización en frescos, abre as tendas aos produtos locais e establece unha relación máis personalizada coas Socias e Socios Clientes, dende a atención en tenda ata a vinculación coa marca a través de EROSKI Club.

modelo comercial «contigo»

Page 11: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

Ocúpannos a túa saúde e benestar

Nótase que somos de aquí

Te ofrecemos una experiencia positivaAquí aforras

Esta é a túa tenda, escoitámoste

Somos distintos, somos cooperativa

EROSKI | Memoria 2015 | 2120 | Memoria 2015 | EROSKI

Consolidación do modelo comercial «contigo»

Ocúpannos a túa saúde e benestar

O compromiso cunha alimentación saudable é un dos trazos máis identificadores de EROSKI e está presente nos seus produtos de marca propia, na súa amplitude de gama, na promoción dunha alimentación equilibrada, na súa especialización en frescos e no labor da súa Fundación.

• 2.075produtosdemarcapropiaconsemáforonutricional, a etiquetaxe máis transparente sobre a calidade nutricional dos alimentos.

• Eliminamosasgraxasvexetaisparcialmentehidroxenadas dos produtos de marca propia.

• Eliminamososparabenoseotriclosán dos produtos de marca propia en cosmética e coidado persoal.

• Eliminamos287toneladasdesal,graxaseazucres dos nosos produtos de marca propia.

• Na nosa marca propia ofrecemos 460 produtos senglute, 27 produtos senlactosa, 61 baixosensal e 49 baixosengraxa, 29 baixosenazucres e 40 ricosenfibra.

• Innovación: novo PanEROSKISanniaqueaxudaareducirocolesterol, elaborado con betaglucanos de avea.

• Innovación: nova gama de PanaderíaeBoleríaacabadadeenfornar,senconservantesnincolorantesartificiais.

• 72.087participantesnasiniciativasimpulsadaspolaEscoladeAlimentaciónEROSKI para unha alimentación equilibrada e uns hábitos de vida saudables, un 44 % máis ca o ano anterior.

• Fundación EROSKI publicou un novo EstudosobreHábitosAlimentarioseEstadoNutricionaldaPoboaciónEspañola.

Aquí aforras

EROSKI Club fai posibles novas formas de aforro ata agora impensables sen baixar unha ápice a calidade dos alimentos frescos, o compromiso cos produtos locais e a amplitude de variedade para unha maior liberdade de elección.

• 212millónsdeeurostransferidosaoconsumidora través de ofertas e promocións cada vez máis personalizadas.

• Máisde7millónsdeSociaseSociosClientes, titulares das tarxetas EROSKI, CAPRABO, IF e FORUM SPORT.

• O 76%dasvendas realízanse a Socias e Socios Clientes.

• 18campañasdeaforroincribles, como «Regalámosche o IVE», «Devolvémosche o importe da túa compra», ou «o 25 % de desconto en carne ou chacinería».

• Xestionamos máis de 30.000ofertasdiferentes en simultáneo pensando en cada perfil de cliente.

• Máisde3.000millónsdepuntosTravelClubtrocados por máis de 1.200.000 regalos e viaxes.

Innovar é reinventarse, e se algo resume a actividade de EROSKI nos últimos tempos é a transformación. Unha innovación integral que aposta pola optimización da cadea de valor, o desenvolvemento de novos modelos de tenda e unha nova forma de relacionarse cos clientes, impregnado do espírito «contigo» que inspira o noso día a día.

As tendas transformadas ao modelo «contigo» mostran un crecemento das vendas do 7 %. Sen dúbida, a positiva resposta do cliente ás tendas de nova xeración é a mellor validación do novo modelo comercial. Un incremento das vendas que se produce tanto por un aumento das visitas de clientes coma polo maior papel protagonista das seccións de frescos, cuxo crecemento supera os dous díxitos.

As tendas «contigo» ofrécenlles unha maior liberdade de elección aos consumidores, porque unha alimentación variada é a base para unha alimentación máis saudable. O novo modelo comercial «contigo» afonda na nosa especialización en frescos, abre as tendas aos produtos locais producidos no ámbito máis próximo de cada tenda, impulsando a diversidade do tecido produtivo do sector agroalimentario, e establece unha relación máis personalizada co cliente, dende a atención en tenda ata a vinculación coa marca a través da tarxeta EROSKI Club.

Os supermercados «contigo» constrúense coas achegas, ideas, opinións e necesidades das Socias e Socios Clientes, os que se sitúan no epicentro da organización, en consonancia coa nosa identidade como cooperativa de consumo.

Son 31.000 os Socios e Socias Clientes que participaron nos programas para valorar a transformación das tendas EROSKI ao modelo «contigo», a maioría deles mediante enquisas presenciais e dinámicas de grupo nas que participaron xunto aos propios equipos de traballadores da súa tenda habitual.

A tenda «contigo» non é só unha transformación física senón, sobre todo, un gran cambio cultural na nosa organización que pasa por situar as Socias e Socios Clientes no centro de gravidade, en orientar toda a organización cara ás tendas, como lugares privilexiados de relación, e en impulsar a autoxestión dos equipos de cada tenda que, como propietarios da empresa na que traballan, dedican os seus esforzos a axustar a proposta comercial da súa tenda ao contexto competitivo e ás expectativas concretas do seu cliente.

31.000 Socias e Socios Clientes

participaron nos programas para valorar a

transformación das tendas EROSKI

ao modelo «contigo».

CONTIGO CONTIGO

Page 12: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 2322 | Memoria 2015 | EROSKI

Somos distintos, somos cooperativa

A nosa cultura cooperativa fai que as cousas sexan distintas en EROSKI. O noso modelo socioempresarial é pioneiro e fainos únicos. Dende a súa constitución, foron as Socias e Socios Consumidores e Traballadores os que formaron os órganos de decisión da cooperativa.

• «Unhatenda,unhaunidadeautoxestionada» é a visión que nos guía para unha maior satisfacción das Socias e Socios Clientes e un emprego de calidade, dende a participación e a responsabilidade.

• 11.858SociaseSociosTraballadores, donos da empresa na que traballan.

• 60xornadasdexestiónsocietaria con Socias e Socios Consumidores e Traballadores.

• ConselloReitorformadopor6SociaseSociosConsumidorese6SociaseSociosTraballadores, elixidos pola Asemblea Xeral para un período de catro anos. Estes cargos da cooperativa non son retribuídos.

• AsembleaXeralformadapor250SociaseSociosConsumidorese250SociaseSociosTraballadores, cargos non retribuídos da cooperativa. O goberno da cooperativa matriz é desempeñado de forma paritaria polas dúas comunidades, de Consumidores e Traballadores, que conforman EROSKI.

Te ofrecemos una experiencia positiva

Buscamos a inspiración para sorprender os nosos clientes e clientas dende os valores de proximidade, empatía e participación, inherentes á cultura cooperativa, e sabemos que a innovación é o camiño para non deixar de sorprender.

• 178.000horasdeformación para a preparación profesional dos equipos de traballo, un 30 % máis ca o ano pasado.

• Lanzamos 436 novos produtos coa nosa marca, ata ofrecer unha variedade de4.510referenciasdasnosasmarcaspropias.

Nótase que somos de aquí

EROSKI contribúe á articulación dun sector agroalimentario sustentable, baseado na diversidade do seu tecido produtivo como un elemento chave para a súa contribución á economía, á cultura, á alimentación saudable e á calidade ambiental do noso ámbito.

• Comercializamos 21.064produtoslocais elaborados nas proximidades de cada unha das nosas tendas, 680 novos incorporados en 2015.

• 2.610acordosconPEMESecooperativas para o desenvolvemento de alimentos agroalimentarios locais, achegando os pequenos produtores aos consumidores, desenvolvendo unha xestión comercial flexible e adaptada a microempresas e colaborando en plans para a súa profesionalización e crecemento empresarial.

• DesenvolvemosnovasgamasdeleitelocalconmarcaEROSKIen Galicia, Cataluña e Baleares, con certificación Produto Lácteo Sustentable (PLS), ofrecéndolle ao consumidor novas opcións que apoian a economía e o emprego no seu ámbito.

• Desenvolvementodeconveniosdecolaboracióncon organizacións sectoriais para o impulso de alimentos locais, Denominacións de Orixe (D.O.) e Indicacións Xeográficas Protexidas (I.X.P.).

• 42campañaslocaisdesenvolvidas para a promoción dos alimentos producidos nos ámbitos máis próximos ás nosas tendas.

Esta é a túa tenda, escoitámoste

Buscamos unha atención máis personalizada ao cliente e todas as súas opinións axúdannos a mellorar. Pola nosa cultura cooperativa, entendemos a diversidade como enriquecedora. Practicamos unha extrema sensibilidade respecto da identidade lingüística dos nosos clientes e clientas, esforzámonos por unha atención no seu idioma e levamos esta política ata os envases da nosa marca propia.

• «Mellorservizodeatenciónaoclientedoano», por cuarto ano consecutivo.

• 423.000consultasatendidas no Servizo de Atención ao Cliente.

• 48héoprazomáximoderesposta aos nosos clientes e clientas.

• 31.000SociaseSociosClientesparticiparoncoassúasvaloracións,opiniónsesuxestións sobre a transformación das tendas EROSKI ao modelo «contigo».

• 221.000seguidoresefansenredessociais, un 47 % máis en Twitter e un 7 % máis en Facebook.

• 21ComitésConsumeristas formados por Socias e Socios Clientes que debaten, adoptan posturas e definen directrices para a cooperativa.

Coñecesxaaexperienciadunhatenda«contigo»?O trato máis personalizado ao cliente, unha forte aposta polos produtos locais, o maior papel protagonista dos alimentos frescos e a promoción dunha alimentación saudable son os principais sinais de identidade das tendas de nova xeración.www.eroskicorporativo.es/memoria2015

CONTIGO CONTIGO

Page 13: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 2524 | Memoria 2015 | EROSKI

A maior vinculación cos Socios e Socias Clientes fainos ser máis eficientes, acadando novas cotas de aforro transferido e aprendendo a anticiparnos para axudar a practicar unha alimentación saudable.

consumidores/asSOMOS PROTAGONISTAS

consumidores/as

Page 14: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 2726 | Memoria 2015 | EROSKI

Unha vinculación máis estreita cos Socios e Socias Clientes é un dos piares do novo modelo comercial «contigo», á vez que reinventa a identidade de EROSKI como cooperativa de consumo. Son máis de 7 millóns de Socias e Socios Clientes, titulares das tarxetas EROSKI, CAPRABO, IF e FORUM SPORT. As Socias e Socios Clientes sitúanse no centro da nova estratexia que, grazas ás posibilidades da tecnoloxía e das novas canles de comunicación, vai dando paso a unha xestión comercial máis integral dende as insignias do Grupo EROSKI, máis segmentada en función dos perfís de cliente e que progresivamente avanza para adecuarse aos seus ámbitos de interese.

O consumidor practica hoxe unha compra máis racional, impón un maior control do gasto e esixe unha mellor ecuación valor-prezo, pero asemade non cambiou as tendencias máis profundas que mobilizan o seu consumo cara á calidade de vida e o coidado da súa saúde.

O debilitamento da renda dispoñible na clase media española outorgou unha primacía ao prezo como variable de éxito durante os últimos anos. Con todo, ao mesmo tempo aparece un consumidor comprometido co desenvolvemento económico e social do seu ámbito, e coa sustentabilidade ambiental. Un consumidor que avanza cara a un consumo máis consciente, tamén como un exercicio de identidade colectiva de pertenza, e que ve na alimentación e nos seus hábitos cotiáns as chaves para xestionar proactivamente a súa saúde e calidade de vida, a del mesmo e a do seu ámbito familiar e social.

As Socias e Socios Clientes consolídanse como un dos eixes fundamentais de EROSKI como cooperativa de consumo.

Más de 7 millones de Socias y Socios Cliente

• Máis de 7 millóns de Socias e Socios Clientes forman parte de EROSKI, titulares das tarxetas EROSKI, CAPRABO, IF e FORUM SPORT. En 2015 sumáronse 900.000 novas incorporacións.

• O 76 % das vendas son realizadas polos Socios e Socias Clientes.

• Máis de 212 millóns de euros de aforro transferido ao consumidor, na súa maior parte a través de ofertas personalizadas.

• Máis de 287 toneladas de sal, graxas e azucres eliminados en 2015 para a mellora nutricional dos produtos marca EROSKI.

• Máis de 13.700 intervencións para garantir a calidade e a seguridade alimentaria, entre auditorías, análises microbiolóxicas e fisicoquímicas e comprobacións de fichas técnicas.

• Por cuarto ano consecutivo, recoñecidos como a empresa de gran distribución con mellor atención ao cliente. En 2015 atendemos case 423.000 consultas no Servizo de Atención ao Cliente.

• 221.000 seguidores, un 47 % máis en Twitter e un 7 % máis en Facebook. En 2015 foron máis de 1.643 interaccións ao día en redes sociais.

• 21 Comités Consumeristas formados por Socias e Socios Clientes que debaten, adoptan posturas e definen directrices para a cooperativa, que conta con 1.002.778 Socias e Socios de Consumo.

Primeiro ano de vida de EROSKI Club

O programa EROSKI Club que xurdiu fai apenas un ano co obxectivo de revitalizar a figura das Socias e Socios Consumidores da cooperativa concluíu 2015 con máis de tres millóns de Socias e Socios Clientes e engloba dentro do seu perímetro o 76 % das vendas realizadas por EROSKI.

Os Socios e Socias Clientes de EROSKI Club contan hoxe cunhas vantaxes claras e directas, como prezos especiais en máis de 3.000 produtos, ofertas exclusivas, descontos que se acumulan como saldo dispoñible para futuras compras, todas as vantaxes do programa Travel Club e un acceso directo ás diferentes canles de participación na cooperativa.

O perfil das nosas Socias e Socios Clientes fórmano, principalmente, familias con fillos no fogar, os que representan arredor do 40 % da comunidade.

Son estes os máis intensivos tamén no uso da tarxeta en todos os negocios do Grupo, incluído

o supermercado en liña, e tamén noutros establecementos adheridos ao programa Travel Club. Despois deles, os maiores de 65 anos constitúen o segundo grupo máis numeroso, cun peso do 25 % sobre o total. Caracterízanse por ser clientes preferenciais dos supermercados de proximidade e teñen un volume de compra significativamente menor pero, pola contra, concédenlle unha grande importancia ao produto local e á calidade nutricional dos produtos e danlle prioridade á compra de alimentos con menos sal, azucres ou graxas. Ademais, atopamos dentro de EROSKI Club unha gran diversidade de pequenos segmentos de poboación (clientes/as moi novos, acabados de emancipar, fogares dun único membro...) que irán sendo cada vez máis protagonistas.

Os Socios e Socias Clientes realizan o 76 % das vendas do Grupo.

CONSUMIDORES/ASCONSUMIDORES/AS

Page 15: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

Centro de Proceso de Datos Géminis de EROSKI en Elorrio (Biscaia)

EROSKI | Memoria 2015 | 2928 | Memoria 2015 | EROSKI

Xestión participativa para mellorar a nosa proposta comercial

EROSKI Club é un elemento esencial do novo modelo comercial «contigo» que impulsa a cooperativa como motor de transformación da súa actividade comercial. A participación dos Socios e Socias Clientes a través de diferentes canles postas á súa disposición é un elemento fundamental nos procesos de escoita activa e mellora continua, o que está directamente relacionado coa autoxestión dos propios equipos de cada tenda para adecuar a súa proposta comercial ás expectativas do seu cliente e ao propio ámbito competitivo.

Son case 214.000 Socios e Socias Clientes os que se relacionan habitualmente con EROSKI a través dun espazo web deseñado especificamente (www.eroski.es/club), onde poden coñecer o seu saldo dispoñible na tarxeta, obter máis descontos personalizados e coñecer o aforro que obtiveron ata o momento. Ademais, a través desta páxina web, os Socios e Socias Clientes poden participar nos programas para valorar os produtos de marca propia e propoñer melloras, e a través do programa «Ponlle nota á túa tenda» poden valorar as novas tendas transformadas ao novo modelo comercial «contigo» e propoñer ademais novas innovacións.

EROSKI red: vantaxes á medida

A tarxeta EROSKI Red Visa ampliou as súas vantaxes en 2015. Esta tarxeta, que xurdiu co compromiso de ser gratuíta, permítelles aos clientes financiar as súas compras sen comisións, sen xuros e sen gastos, ademais de beneficiarse doutras vantaxes en clínicas, hoteis, talleres, tendas de deporte, centros de depilación... Tamén pode ser utilizada para obter diñeiro en efectivo nas tendas EROSKI. Un servizo cada vez máis apreciado que aumentou o seu uso un 2,6 % este ano.

Abertos á conversa

As redes sociais ofrecen novas posibilidades para conversar, compartir información, aclarar dúbidas e tomar boa nota das suxestións.

Concluímos o ano cunha comunidade de 186.663fansenFacebook(un 7 % máis) e superando as 600.000interaccións dos usuarios/as con contidos da nosa marca. En Twitter concluímos o ano con 34.461seguidores, un 47 % máis que a finais de 2014.

Avanzamos en propostas máis personalizadas e eficientes

EROSKI Club é algo máis ca unha tarxeta, é a chave de entrada a novos conceptos que facilitan a compra e o aforro, cos que cada Socio e Socia Cliente conta con ofertas exclusivas, descontos e promocións adaptadas ás súas necesidades e intereses.

Os nosos sistemas xestionan a información e elaboran as propostas de promocións específicas para cada Socio/a Cliente, buscando sempre a súa satisfacción, a relevancia do aforro xerado e unha maior eficiencia derivada dun mellor axuste ás súas expectativas, o que permite aumentar considerablemente o aforro transferido ao consumidor ata os 212 millóns de euros. Hoxe somos capaces de xestionar en simultáneo máis de 30.000 propostas comerciais diferenciadas por perfís de cliente.

Buscamos unha maior eficiencia derivada dun mellor axuste ás expectativas do cliente a través de máis de 30.000 propostas comerciais distintas en simultáneo.

Mellor servizo de atención ao cliente do ano

Por cuarta vez consecutiva, EROSKI foi recoñecida como a empresa de gran distribución con mellor servizo de atención ao cliente. Trátase dun galardón outorgado pola consultora Sotto Tempo Advertising que mide o grao de satisfacción dos clientes en distintos sectores, e que recoñece os valores diferenciais da atención «contigo» que EROSKI vén desenvolvendo no seu plan estratéxico. En 2015 atendéronse 345.000 consultas de clientes, un 15 % máis que no exercicio anterior.

Por cuarto ano consecutivo, EROSKI foi recoñecida como a empresa de gran distribución con mellor atención ao cliente.

CONSUMIDORES/ASCONSUMIDORES/AS

Page 16: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 3130 | Memoria 2015 | EROSKI

Promovemos a alimentación saudable

Promover unha alimentación equilibrada e un estilo de vida saudable é hoxe a función principal de EROSKI como cooperativa de consumo. Este compromiso de EROSKI coa saúde está presente na súa marca propia, na súa especialización en alimentos frescos, na amplitude de gama para unha alimentación máis variada, na promoción dunha alimentación máis equilibrada e no labor desenvolvido pola Fundación EROSKI.

EROSKI traballa de forma constante para mellorar a composición nutricional dos seus alimentos de marca propia, eliminando en 2015 máis de 287 toneladas de sal, azucres e graxas. De feito, erradicou completamente as graxas vexetais parcialmente hidroxenadas de todos os produtos da súa marca propia. Ademais, EROSKI aplica nos seus produtos de marca propia o «Semáforo Nutricional», a etiquetaxe nutricional máis transparente e fácil de comprender para os consumidores.

Este compromiso coa saúde esténdese tamén aos seus produtos cosméticos, nos que eliminou aditivos químicos como os parabenos e o triclosán, cuestionados pola comunidade científica.

Ademais, as novas tendas transformadas ao novo modelo comercial «contigo» contan cunha sección completa de alimentos dietéticos e ecolóxicos. Contan cunha ampla gama de produtos que responden á crecente diversidade de perfís nutricionais dos consumidores, e que comprenden unha gama de marca propia con máis de 450 produtos sen glute, 27 produtos sen lactosa, 61 baixos en sal, 49 baixos en graxa, 29 baixos en azucres e 40 ricos en fibra que ofrecemos hoxe nas nosas tendas.

Así mesmo, a tenda «contigo» dálle prioridade á amplitude de gama nas categorías fundamentais nas que se asenta a dieta mediterránea, porque unha maior capacidade de elección do consumidor resulta crucial para facilitar unha alimentación máis variada.

En 2015 eliminamos máis de 287 toneladas de sal, azucres e graxas dos nosos produtos de marca propia.

Premio CCNIEC 2015

EROSKI recibiu o Premio CCNIEC á innovación na industria alimentaria pola súa contribución á mellora dos hábitos alimenticios e pola súa colaboración na educación alimentaria. Un recoñecemento outorgado polo Centro Catalán de Nutrición, o Instituto de Estudos Cataláns e a Generalitat de Cataluña.

Novo Pan EROSKI Sannia

A innovación para unha alimentación máis saudable desenvólvese en colaboración con provedores e centros tecnolóxicos. É o caso do desenvolvemento do novo Pan EROSKI Sannia, lanzado en 2015, que axuda a reducir o colesterol grazas a unha nova receita que incorpora betaglucanos de avea.

Premio Golden Gold

A froitería «contigo» de EROSKI Zarauz, a primeira tenda que foi transformada e serviu para definir o modelo que estender para a remodelación da rede comercial, foi recoñecida como a mellor froitería de España en 2015 na categoría de Grandes Superficies, un recoñecemento outorgado pola Asociación de Produtores Hortofrutícolas do Val Venosta, en Italia.

EROSKI Sannia, a opción máis saudable

A gama EROSKI Sannia ofrece unha alternativa máis saudable en multitude de categorías de alimentos, sendo unha opción destacable polo seu menor contido en sal, azucres ou graxas ou pola súa maior achega de fibra.

Son 146 produtos os que constitúen xa a gama EROSKI Sannia e, ao igual que todos os produtos de marca propia EROSKI, non conteñen colorantes artificiais, nin ingredientes transxénicos (OXM), nin graxas trans procedentes de aceites vexetais parcialmente hidroxenados, e contan sempre co Semáforo Nutricional nos seus envases.

Especialistas en frescos

As tendas transformadas ao modelo comercial «contigo» afondan na súa especialización en frescos, aumentando ata as 20.000 as referencias comercializadas, moitas delas alimentos de tempada, especialmente froita, hortalizas e pesca. A proposta de frescos da tenda «contigo» cambia ao longo do ano e alíñase coas tempadas locais de produción. Estas seccións teñen un peso superior ao 25 % das vendas en hipermercados e de máis do 40 % en supermercados, con notables crecementos de dous díxitos en vendas grazas á implantación do modelo «contigo».

A proposta comercial da tenda «contigo» está moi aliñada coas tempadas de produción local de alimentos frescos.

CONSUMIDORES/ASCONSUMIDORES/AS

Page 17: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 3332 | Memoria 2015 | EROSKI

Crece o consumo de alimentos ecolóxicos

As tendas «contigo» danlles un papel máis protagonista aos alimentos de produción ecolóxica como unha opción máis saudable e máis respectuosa co medio.

En 2015 comercializamos máis de 1.000 produtos ecolóxicos, dende froitas e hortalizas ata lácteos, aceites ou viños.

Alimentos da dieta mediterránea

A tenda «contigo» dálle prioridade á amplitude de gama nas categorías fundamentais nas que se asenta a dieta mediterránea, a fin de ofrecerlle unha maior capacidade de elección ao consumidor que facilite unha alimentación máis variada.

Por exemplo, nas tendas de nova xeración aumentamos o espazo dedicado aos aceites especiais un 40 % e incorporáronse novas variedades ata ofrecer unha vintena de aceites selectos cunha ampla gama de matices e que inclúen todas as Denominacións de Orixe de aceite de oliva español.

O novo modelo comercial «contigo» amplía a variedade tamén noutras categorías fundamentais da dieta mediterránea, como os legumes (100 referencias comercializadas que inclúen as 9 D.O. españolas), os arroces (60 referencias que inclúen tamén as 4 D.O.) ou a pasta (con máis de 300 referencias ofrecidas).

Novos alimentos

Vivimos tempos extraordinariamente estimulantes. Están a popularizarse novos alimentos na nosa dieta que veñen enriquecer a variedade da nosa alimentación.

En 2015 sumamos xa un total de 16 corners de sushi nas nosas tendas «contigo», unha nova forma fácil e divertida de practicar unha alimentación saudable.

Ademais, alimentos procedentes de dietas doutras latitudes con excelentes propiedades nutricionais están adquirindo un carácter máis protagonista nas nosas tendas, tales como a iuca, a batata, o xenxibre, o aguacate, o mango... ou a xa tan familiar piña.

Novos alimentos, como sementes e legumes por descubrir, tortiñas e barriñas, bebidas vexetais... veñen tamén enriquecer e mellorar a nosa dieta. A nova sección de alimentos dietéticos e ecolóxicos da tenda «contigo» duplicou en 2015 as vendas do ano anterior.

Cultura gastronómica

Segundo a Enquisa Nutricional da Poboación Española realizada por Fundación EROSKI, a práctica dunha alimentación saudable está moi relacionada, entre outros factores, co nivel de cultura gastronómica da poboación. Canto menos valor se lle outorga á alimentación, máis se banaliza a comida e se desvincula do acto social de comer en familia ou con amigos, peor nos alimentamos e afloran, co tempo, casos de deterioración da saúde e obesidade. Ademais, a variedade na dieta é outro factor determinante da nosa saúde.

Para impulsar hoxe unha ampla cultura gastronómica que nos axude a practicar unha alimentación máis saudable, contamos con «Aulas» nas tendas, onde desenvolvemos numerosas actividades dende a Escola de Alimentación de Fundación EROSKI.

Ademais, CONSUMER.ES ofrece máis de 4.500 receitas a través da súa web e app, cada unha delas coa súa valoración nutricional.

QueresverasiniciativasdeEROSKIporunhaalimentaciónsaudable?EROSKI é unha marca comprometida coa saúde dos seus clientes, por iso axúdache a manter a túa saúde ofrecendo un gran catálogo de comida saudable.www.eroskicorporativo.es/memoria2015

CONSUMIDORES/ASCONSUMIDORES/AS

Page 18: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 3534 | Memoria 2015 | EROSKI

traballadoras/esSOMOS PROPIETARIOS DA EMPRESA

Avanzamos na configuración de equipos de alto rendemento e apostamos polo desenvolvemento das persoas. En 2015 aumentamos un 30 % as horas dedicadas a formación.

traballadores/as

Page 19: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 3736 | Memoria 2015 | EROSKI

2015 foi un ano de forte impulso do desenvolvemento do modelo de xestión dos puntos de venda, sobre todo no negocio de supermercados. Un modelo que constrúe equipos cunha elevada participación na xestión do seu centro (autoxestión) e cunha excelente cualificación profesional para ofrecer o mellor servizo e a mellor atención ao cliente. Neste modelo, os equipos en autoxestión fíxanse metas e traballan plans de acción para adecuar cada tenda ás expectativas concretas dos seus clientes e ao contexto competitivo. Os 18 premios KREA entregados este ano recoñecen a contribución destes equipos nas áreas de Atención ao Cliente, Eficiencia Económica e Implicación co Ámbito.

A formación das persoas e o adestramento profesional dos equipos constitúen liñas fundamentais para avanzar na configuración de equipos de alto rendemento cunha cultura cooperativa de autoxestión. En 2015 incrementamos un 30 % as horas dedicadas a formación e redefinimos os programas da «Escola de Frescos» para o desenvolvemento de talento nos nosos equipos. Un proxecto ambicioso que está nos seus inicios e que nos levará a novos avances do modelo de tenda «contigo», extremando a nosa especialización en frescos.

Nunha cooperativa, como en calquera outro tipo de empresa, é fundamental xestionar ben as apostas e as

Carta do Director Xeral Social

renuncias. Nunha organización onde os traballadores son á súa vez propietarios da empresa na que traballan non é posible marcar distancia entre as decisións e as súas consecuencias. Dende os valores cooperativos, as decisións só poden ser tomadas con total transparencia. Unha vez máis, comprobamos que en EROSKI temos hoxe unha sólida cultura cooperativa interna, preparada para tomar decisións fáciles e non fáciles cun alto grao de consenso, dándolle prioridade ao proxecto socioempresarial común.

Dedicamos unha importante cantidade de recursos e tempo a fortalecer a cultura interna de EROSKI, porque todos os esforzos dedicados a isto, a todos os niveis, constitúen a mellor garantía de futuro para un proxecto colectivo.

A transformación social forma parte tamén dos obxectivos cooperativos, e lembraremos 2015 por abrir xunto a GUREAK o primeiro supermercado xestionado integramente por persoas con discapacidade, unha iniciativa pioneira na innovación social. A expansión de franquías abre novas vías de colaboración e alianzas para xerar emprego.

Emilio CebriánDIRECTOR XERAL SOCIAL

EROSKI é unha cooperativa na que os Socios e Socias de Consumo e de Traballo constitúen as dúas grandes comunidades que configuran a organización. O alto nivel de compromiso interno co proxecto colectivo é un dos trazos máis identificadores da nosa cultura corporativa. Contamos cun modelo propio de empresa diferenciador, baseado en sermos donos e donas da empresa onde traballamos, cun modelo de xestión participativa.

A cooperativa matriz EROSKI S. Coop. incorporou 166 novas Socias e Socios Traballadores. O 84 % son mulleres e teñen unha media de idade de 36 anos. Ocupan, na súa maior parte, os novos postos de traballo creados nas remodeladas seccións de frescos das tendas transformadas ao modelo «contigo» que apostan por unha maior atención personalizada ao cliente.

En EROSKI, seguindo os principios cooperativos de MONDRAGÓN CORPORACIÓN, practicamos unha escala retributiva máis solidaria, cun rango que acurta as diferenzas entre os postos máis operativos e os da alta dirección de máis responsabilidade.

O goberno corporativo de EROSKI desenvólvese de forma paritaria entre os Socios e as Socias Traballadores e os Socios e as Socias Consumidores. Así, tanto a Asemblea Xeral, con 250 representantes de cada comunidade, como o Consello Reitor, formado por 12 membros de forma igualmente paritaria, son electos e ocupan cargos non retribuídos, ao igual que os membros dos demais órganos de goberno corporativo, como son o Consello Consumerista, o Consello Social, o Comité de Recursos e o Comité de Vixilancia.

En EROSKI, as decisións de maior calado son debatidas e tomadas nos foros de representación cooperativa, nalgúns casos despois de realizar tamén amplos referendos nos que teñen dereito a participar todas as Socias e os Socios de Traballo.

Somos un modelo de organización cooperativa que ten demostrado unha gran madureza e estabilidade en toda a súa historia. Unha historia baseada na primacía do colectivo fronte ao individual, compaxinando a realidade dunha economía de mercado cos valores e principios cooperativos.

As traballadoras e os traballadores somos propietarios da empresa

• Somos 33.509 traballadores/as, dos cales 11 858 son socias/os da empresa na que traballan.

• En 2015 incorporáronse 166 novas Socias e Socios Traballadores á cooperativa.

• Destinamos máis de 178.000 horas á formación profesional dos equipos de traballo, un 30 % máis ca o ano pasado.

• O 67 % dos postos de responsabilidade son ocupados por mulleres.

• A nosa regulación interna de condicións laborais facilita a conciliación familiar e laboral, con vantaxes significativas para todos os traballadores e as traballadoras.

• En 2015 incorporáronse 718 traballadores e traballadoras á nosa rede de tendas franqueadas.

• A Asociación Española de Franqueadores (AIF) recoñeceu a EROSKI como a franquía que máis emprego xera.

TRABALLADORAS/ES TRABALLADORAS/ES

Page 20: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 3938 | Memoria 2015 | EROSKI

Premios KREA

As mellores iniciativas do ano desenvolvidas no ámbito da autoxestión dos propios equipos de traballo das tendas EROSKI son recoñecidas cos premios KREA. En 2015 presentáronse 208 boas prácticas e outorgáronse un total de 18 recoñecementos nas categorías de Atención ao Cliente, Eficiencia Económica e Implicación co Ámbito.

As sucesivas edicións dos premios KREA estanse a converter nunha importante ferramenta para impulsar a transformación «contigo» das tendas cara a un modelo que coida os detalles para ofrecerlle unha mellor experiencia de compra ao cliente.

Apostamos polo desenvolvemento das persoasA formación das persoas e o adestramento profesional dos equipos de traballo constituíron as liñas fundamentais de 2015 para avanzar na configuración de equipos de alto rendemento e na cultura cooperativa de autoxestión. Dedicamos máis de 178.000 horas á formación para a cualificación profesional dos equipos de traballo, un 30 % máis ca o ano anterior.

Comunicación interna

En EROSKI a comunicación interna adquire un significado especial porque a figura dos traballadores/as e do propietario/a coincide, en moitos casos, nunha mesma persoa. En concreto, a propiedade de EROSKI repártese entre 11 858 Socias e Socios Traballadores.

A comunicación interna é esencial para a toma de decisións nunha cooperativa e para impulsar os cambios e a mellora continua. Para iso contamos con numerosas ferramentas e distintas publicacións que informan a todos os niveis da organización, ademais de coa propia intranet corporativa, dende a que calquera Socia e Socio Traballador pode acceder a contidos de utilidade profesional e de interese societario.

Durante 2015 leváronse a cabo 60 xornadas informativas internas que reuniron un colectivo de máis de 5.500 Socias e Socios Traballadores para compartiren de xeito directo, próximo e participativo a situación empresarial e os plans de futuro da cooperativa.

Practicamos unha transparencia comunicativa interna, crucial para a toma de decisións nunha cooperativa e para impulsar os cambios e a mellora continua.

Escuela de Frescos

A formación profesional permanente é un dos piares para afondar na nosa diferenciación como especialistas en frescos. En 2015 desenvolvemos un novo programa de formación que senta os piares para novos avances do modelo de tenda «contigo», extremando a especialización en frescos. O novo programa arrancou de forma incipiente en 2015 con 60 profesionais das seccións de Carnicería e Peixería, e deseñáronse xa os correspondentes módulos formativos de Froitería, Carnicería e Panadería, co obxectivo de que máis de 500 profesionais pasen cada ano por estas aulas.

Nova edición do Programa de Atención «contigo»

Unha das transformacións do modelo comercial «contigo» máis recoñecida e apreciada polo cliente é a escoita e atención personalizada nas tendas EROSKI. Na edición de 2015, máis de 3.000 traballadores e traballadoras pasaron por este programa, que adestra nas capacidades chave para a mellora da atención e do servizo ao cliente nas tendas.

Plataforma de e-learning ENFORMA

Apoiamos a formación das traballadoras e os traballadores ao longo de toda a súa vida laboral. A través da plataforma ENFORMA, na que participaron un 45 % máis de persoas, xestionamos distintos programas de formación e capacitación para que, de xeito autónomo e descentralizado, sexan accesibles dende a diversidade xeográfica dos nosos establecementos, ofrecéndolle a cada traballador/a o módulo formativo máis adecuado para progresar nas súas competencias.

Programa SUMMA de desenvolvemento directivo

Desenvolvido en colaboración con MONDRAGÓN UNIBERTSITATEA, ten por obxectivo o desenvolvemento de habilidades directivas e de xestión organizativa. É unha aposta renovada pola formación como motor para a transformación e a construción de vantaxes competitivas sustentables no tempo. A primeira promoción, composta por unha vintena de Socias e Socios Traballadores, concluirá o seu ciclo formativo en 2017.

Emprendedores/as franqueados/as

A nosa cultura cooperativa de autoxestión encaixa perfectamente coa filosofía dos emprendedores e as emprendedoras que apostan pola creación da súa propia empresa e buscan o respaldo de profesionais da distribución e unha marca de confianza como EROSKI.

Na rede de tendas franqueadas EROSKI traballan 2.864 profesionais, tras unha incorporación de 718 persoas en 2015. A Asociación Española de Franqueadores (AEF) recoñeceu a EROSKI como a franquía que máis emprego crea.

Son varios os programas postos en marcha para o desenvolvemento de talento e o adestramento profesional:

Investimos máis de 178.000 horas de formación para a cualificación profesional e para impulsar o desenvolvemento de equipos autoxestionados de alto rendemento.

TRABALLADORAS/ES TRABALLADORAS/ES

Page 21: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 4140 | Memoria 2015 | EROSKI

Referentes en igualdad de oportunidades

Integración laboral

En EROSKI estamos comprometidos coa integración de persoas en situacións desfavorecidas e en risco de exclusión social. A través de Convenios de Formación Ocupacional asinados con distintas organizacións como Cruz Vermella, establecemos programas formativos e prácticas non laborais orientados a mellorar a empregabilidade de mozos/as e traballadores/as non cualificados, así como inmigrantes e vítimas da violencia de xénero.

Nos últimos dous anos, máis de 1.000 persoas participaron neste programa de EROSKI, cunha contratación superior ao 35 %.

Estamos comprometidos coa integración de persoas en situacións desfavorecidas e en risco de exclusión social.

Premio Incorpora

EROSKI recibiu en 2015 o premio Incorpora da Obra Social la Caixa polo seu apoio á integración laboral de persoas en risco de exclusión social.

Saúde e seguridade no traballo

O compromiso de EROSKI coa saúde é un dos sinais de identidade da marca, tamén co colectivo de traballadores/as.

Para velar pola saúde e a seguridade laboral, EROSKI conta cun Servizo de Prevención de Riscos Laborais propio, constituído baixo a modalidade legal de Servizo de Prevención Mancomunado, que cobre as especialidades de Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía aplicada.

En 2015 dedicáronse máis de 95.000 horas a cursos de formación sobre riscos no posto de traballo e urxencias. Ademais, auditáronse os plans de prevención nos negocios de Viaxes e Hipermercados, introducindo novas melloras preventivas, e realizáronse auditorías internas e inspeccións programadas en todos os negocios que configuran o Grupo EROSKI para garantir a eficacia da política preventiva.

EROSKI, alén do cumprimento da normativa vixente, pon a disposición dos seus traballadores e traballadoras servizos médicos orientados a detectar enfermidades de alta incidencia entre a poboación.

Observatorio para a Igualdade

Dende hai máis dunha década, EROSKI conta cun Observatorio para a Igualdade, que vela por que este principio estea presente en toda a organización, pois cremos na forza das persoas, na capacidade transformadora do seu traballo e no seu desenvolvemento persoal e profesional.

En 2015 desenvolvéronse 58 medidas concretas pola igualdade, e estableceuse un protocolo para evitar posibles casos de acoso no lugar de traballo, cun servizo de asesoramento confidencial para canalizar calquera incidencia.

Igualdade de xénero

A igualdade de xénero está claramente reflectida nos nosos estatutos fundacionais como cooperativa. O 80 % de EROSKI está formado por mulleres e practicamos este principio en todas as políticas da empresa, en todos os procesos e en todos os niveis da organización para garantir unha igualdade de oportunidades expresa, tácita e manifesta tanto nas relacións profesionais coma no trato persoal.

Somos a empresa de distribución española con máis mulleres en postos de responsabilidade, un 67 %.

Contamos cun servizo de asesoramento confidencial para evitar posibles casos de acoso no traballo e canalizar calquera incidencia.

Innovación social

EROSKI e Grupo GUREAK abriron en 2015 o primeiro supermercado xestionado integramente por persoas con discapacidade. Trátase dunha iniciativa pioneira en innovación social que abre unha nova vía para xerar emprego social que ofreza novas oportunidades para a inclusión laboral de persoas con discapacidade, á vez que fai visible na sociedade a diversidade de capacidades e aptitudes nas persoas.

Este proxecto requiriu un estudo específico das actividades, os tempos e a complexidade das tarefas como paso previo para adecuar os procesos de traballo e as funcións que require a xestión dun supermercado aos perfís e ás capacidades das persoas con discapacidade que compoñen o equipo de profesionais.

Este labor de análise e definición adaptada de postos de traballo foi desenvolvido conxuntamente por GUREAK e EROSKI e supuxo, á súa vez, o punto de arranque para o plan de formación específico que todo o equipo de profesionais desenvolveu en distintas tendas de EROSKI durante os meses previos á apertura.

Coñecesoprimeirosupermercadoxestionadointegramenteporpersoascondiscapacidade?Este proxecto de innovación social abre novas oportunidades para a inclusión laboral e a visibilidade da diversidade de capacidades nas persoas.www.eroskicorporativo.es/memoria2015

TRABALLADORAS/ES TRABALLADORAS/ES

Page 22: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 4342 | Memoria 2015 | EROSKI

Fortalecemos a nosa rede comercial propia na cornixa cantábrica e no nordés da península, dende Galicia ata Cataluña e nas Illas Baleares, mentres impulsamos a expansión da rede franqueada nas áreas do Levante, centro e sur da Península.

tendasACELERAMOS A SÚA REMODELACIÓN CARA A MODELOS COMERCIAIS DE NOVA XERACIÓN

Para os efectos de ofrecer unha imaxe máis actualizada, os datos da rede comercial incluídos neste apartado teñen en conta a operación de venda dun lote de 36 hipermercados, aínda que o seu asinamento se realizase a principios de 2016

tendas

Page 23: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 4544 | Memoria 2015 | EROSKI

Aceleramos a extensión do modelo comercial «contigo»

• EROSKI conta cunha rede comercial de 1.829 establecementos, 1.361 no ámbito alimentario e 468 nos negocios de diversificación.

• A remodelación da rede de tendas afecta xa o 27 % dos establecementos alimentarios do Grupo EROSKI.

• Son un total de 387 tendas de nova xeración: 16 hipermercados transformados ao novo modelo comercial «contigo» e un total de 371 supermercados, 166 coa insignia EROSKI, 159 coa insignia CAPRABO en Cataluña e 46 coa insignia FAMILIA en Galicia.

• As tendas transformadas ao novo modelo comercial «contigo» mostran un 7 % de crecemento das vendas.

• En 2015 abrimos 99 tendas, a maior parte supermercados franqueados, xunto a unha nova tenda FAMILIA en Galicia e 4 novas tendas FORUM SPORT.

• Abrimos en Tarragona o primeiro hipermercado franqueado.

• As vendas da rede franqueada creceron un 20 % no ano, impulsadas polas novas aperturas e o bo comportamento do novo modelo comercial «contigo».

• Avanza o comercio electrónico, cun crecemento do 12 % nas vendas, e impulsado polos novos servizos «Click&Drive» e «Click&Collect».

Seguimos acelerando o proceso de transformación da rede comercial ao novo modelo comercial «contigo». En 2015 acadamos xa as 387 tendas de nova xeración, o 27 % da nosa rede comercial alimentaria.

As remodelacións concéntranse nas áreas xeográficas onde contamos cunha cota de mercado máis relevante e multiplicamos as nosas capacidades con sinerxías importantes. É onde se concentra a maior parte da nosa rede comercial de tendas propias, toda a cornixa cantábrica e nordés da península, dende Galicia ata Cataluña e as Illas Baleares.

Nos demais territorios impulsamos o desenvolvemento da rede de tendas franqueadas, que teñen como zonas prioritarias de expansión as rexións de Andalucía, Madrid, Castela-A Mancha, Estremadura e o Levante. Concretamente, Andalucía foi a rexión cun maior número de aperturas en 2015, 21 novos supermercados franqueados.

En 2015 damos por culminadas as operacións de saneamento da rede comercial alimentaria que abordamos no Plan Estratéxico definido en 2012. Estamos onde queriamos estar. Fortalecemos a nosa rede comercial propia nas áreas onde contamos cunha cota de mercado máis relevante e multiplicamos as nosas capacidades: en toda a cornixa cantábrica e no noroeste da península, dende Galicia ata Cataluña e nas Illas Baleares. É destacable o bo comportamento que tivo a actividade de distribución alimentaria nestas zonas, cun crecemento a superficie constante un 1 % maior que o mercado.

Nos demais territorios consolidamos a nosa rede de hipermercados e impulsamos un forte plan de expansión de tendas franqueadas. En 2015 abrimos 94, cun investimento global de 15 millóns de euros, que xeraron 664 novos postos de traballo, sendo Andalucía a rexión con máis aperturas.

A expansión dos novos modelos de tenda tamén avanza a bo ritmo, cunha forte aceleración das remodelacións en 2015. O 27 % das nosas tendas de distribución alimentaria son xa de nova xeración. O novo modelo comercial «contigo» ofrécelle unha maior liberdade de elección ao consumidor, afonda na nosa especialización en frescos, abre as tendas aos produtos locais producidos no ámbito máis próximo de cada tenda e establece unha relación

Carta da Directora Xeral de Rede Comercial

máis personalizada co cliente. O modelo comercial «contigo» é, sobre todo, unha estratexia que sitúa os Socios e Socias Clientes no centro de gravidade da nosa organización e que orienta toda a organización cara ás tendas.

Durante este exercicio tamén definimos e estruturamos un plan de novas aperturas de tendas propias para executar nos vindeiros anos e asinamos xa proxectos concretos que serán inaugurados a comezos de 2017.

2015 foi tamén un ano de fortes avances na nosa proposta multicanle. Concluímos o exercicio con seis puntos abertos de «Click&Drive» para a recollida de compras en liña sen saír do coche e tres puntos «Click&Collect» para a recollida das compras xa embolsadas en supermercados urbanos. A converxencia ON-OFF é xa hoxe un interesante territorio por explorar.

E para concluír, quero recoñecer o traballo dos nosos equipos no despregamento do noso novo modelo comercial. Son auténticos expertos da súa tenda, do seu ámbito e do seu cliente, e os verdadeiros motores da transformación de EROSKI.

Rosa CarabelDIRECTORA XERAL DE REDE COMERCIAL

TENDAS TENDAS

Page 24: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 4746 | Memoria 2015 | EROSKI

Consolidación da rede comercial

O modelo comercial «contigo» baséase na propia identidade cooperativa e define o marco de desenvolvemento das políticas comerciais de EROSKI para avanzar cara a unha proposta radicalmente diferenciada. Unha diferenciación que se caracteriza por impulsar unha alimentación equilibrada, máis variada, baseada nun carácter protagonista renovado dos frescos e nunha maior cultura gastronómica que poña en valor os produtos locais, acompañada dunha atención máis personalizada, tanto na propia tenda coma na relación coa marca.

País Vasco

EROSKI ten a súa orixe no País Vasco, onde naceu en 1969. A súa rede comercial alcanza hoxe os 456 establecementos nesta comunidade: 256 supermercados, 21 hipermercados, 78 oficinas de viaxes, 13 gasolineiras, 10 ópticas, 17 tendas de material deportivo FORUM SPORT e 61 perfumerías iF. Ademais, ofrece o servizo de entrega de compras en liña a domicilio no 100 % do territorio.

Forman parte de EROSKI un colectivo 680.000 Socias e Socios Clientes, que representan, a través de EROSKI Club, máis dun 85 % das vendas realizadas na comunidade. A cooperativa supera no País Vasco os 10.000 traballadores/as, dos que máis dun 70 % son Socias e Socios Cooperativistas.

EROSKI conta, ademais, con 6 plataformas loxísticas na comunidade. Destaca a Plataforma Automatizada de Alimentación en Elorrio (Biscaia). Con máis de 40 anos de historia, é hoxe unha das instalacións loxísticas máis vangardistas de Europa, xa que logrou automatizar o 70 % do peso transitado.

EROSKI colabora con máis de 2.000 provedores no País Vasco. Comercializa máis de 9.000 produtos e realiza unhas compras a provedores vascos superiores aos 600 millóns de euros anuais.

En 2015, EROSKI e os seus clientes/as doaron 2.150 toneladas de alimentos a través do seu programa «Desperdicio Cero» e das campañas de recollida de alimentos, o equivalente ao consumo anual alimentario de 3.247 persoas. Canto ás actividades da Escola de Alimentación EROSKI, máis de 8.000 escolares vascos participaron no Programa Educativo de Alimentación e Hábitos Saudables.

Navarra

EROSKI conta en Navarra cun total de 130 establecementos: 83 supermercados, 2 hipermercados, 17 oficinas de viaxes, 4 gasolineiras, 1 óptica, 2 tendas FORUM SPORT e 21 perfumerías iF, ademais do supermercado en liña, con servizo a domicilio no 100 % do territorio.

Forman parte da cooperativa 148.000 Socias e Socios Clientes. En Navarra, EROSKI ten 1.922 traballadores/as, dos que 1.077 son socias/os, o que outorga a Navarra un peso moi importante dentro da estrutura cooperativa, sendo navarro/a un de cada oito socias/os da cooperativa matriz.

EROSKI mantén acordos de colaboración con 431 provedores navarros, dos cales 50 son fabricantes de marcas propias. Durante os últimos 5 anos, a cooperativa superou os 1.000 millóns de euros en compras a provedores navarros, convertendo a EROSKI nun socio fundamental para a sustentabilidade do sector agroalimentario de Navarra.

EROSKI colabora co Instituto Navarro de Tecnoloxías e Infraestruturas Agroalimentarias (INTIA) para a promoción dos produtos rexionais navarros baixo a marca Reyno Gourmet.

En 2015, EROSKI e os seus clientes/as doaron 663 toneladas de alimentos a través do seu programa «Desperdicio Cero» e das campañas de recollida de alimentos, o que equivale ao consumo anual alimentario de 1.000 persoas.

Foron 1.641 os nenos/as navarros que participaron no Programa Educativo de Alimentación e Hábitos Saudables da Escola de Alimentación EROSKI no curso 2014-2015.

Aragón

EROSKI ten en Aragón 98 establecementos: 61 supermercados, 1 gasolineira, 5 oficinas de viaxes, 2 tendas FORUM SPORT, 28 perfumerías iF e servizo de entrega do supermercado en liña en Zaragoza cidade e arredores.

O programa EROSKI Club conta con 150.000 Socias e Socios Clientes e 1.229 traballadores/as. Na comunidade hai 2 plataformas loxísticas; destaca a Plataforma Automatizada de Frescos en Zaragoza, cun tránsito de ata 14.000 caixas diarias.

Grazas á colaboración con 430 provedores locais, nas tendas EROSKI poden atoparse ata 4.000 referencias de produtos rexionais, que supoñen unhas compras anuais de 113 millóns de euros.

Cantabria

EROSKI dispón de 31 establecementos en Cantabria, dos que 15 son supermercados. Conta, ademais, cun hipermercado en Castro Urdiales, 7 oficinas de viaxes, 3 tendas de deporte FORUM SPORT e 4 perfumerías iF, ademais de co servizo do supermercado en liña.

Conta cunha base de 67.000 Socias e Socios Clientes, membros de EROSKI Club. EROSKI conta en Cantabria con 463 traballadores/as, dos que o 54 % son socias/os da cooperativa matriz.

O compromiso cos provedores locais tradúcese na comercialización de máis de 1.200 produtos cántabros e na colaboración con 217 empresas, cunhas compras anuais de 55 millóns de euros

A Rioxa

A presenza de EROSKI na Rioxa esténdese a 34 establecementos: 14 supermercados, 1 hipermercado, 2 gasolineiras, 1 tenda FORUM SPORT, 8 perfumerías iF e 7 axencias de viaxes, ademais do supermercado en liña.

Conta na comunidade con 62.000 Socias e Socios Clientes e 395 traballadores/as, dos cales o 63 % son socios/as da cooperativa matriz.

EROSKI comercializa máis de 1.300 produtos rioxanos e colabora con 208 provedores, aos que realiza compras anuais por valor de 70 millóns de euros, e mantén un acordo para o desenvolvemento da marca «Alimentos de la Rioja. Calidad Garantizada».

TENDAS TENDAS

Page 25: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 4948 | Memoria 2015 | EROSKI

VEGALSA-EROSKI, que forma parte de Grupo EROSKI dende 1998, é a empresa líder da distribución comercial en Galicia. Actualmente desenvolve a súa actividade tamén nas comunidades limítrofes de Asturias e Castela e León

CAPRABO foi o primeiro supermercado de España, nacido en 1959 en Barcelona, e é hoxe a insignia de Grupo EROSKI en Cataluña, que conta con 298 supermercados, 2 axencias de viaxes, 1 tenda de deporte FORUM SPORT e 8 perfumerías iF, ademais de co supermercado en liña. Hoxe, máis de 1,2 millóns de persoas utilizan regularmente a súa tarxeta de Cliente CAPRABO. Grupo EROSKI conta en Cataluña con 6.840 traballadores/as, e opera a través de 4 plataformas loxísticas situadas en Barcelona e Abrera, ambas as dúas con instalacións de frío.

Grupo EROSKI colabora con máis de 1.400 provedores con sede en Cataluña. Destes, 234 son pequenas PEMES agroalimentarias, das que EROSKI comercializa máis de 2.500 produtos na súa clara aposta pola diversidade e a alimentación variada.

CAPRABO conta cun programa de microdoazóns para garantir o «desperdicio cero» nas súas tendas que en 2015 doou unha cantidade equivalente ao consumo anual alimentario de 1.611 persoas, a cal foi xestionada entre 250 entidades sociais locais.

Máis de 8.000 escolares participaron no seu programa «Elixe Bo, Elixe San» para adestrarse na práctica dunha alimentación saudable.

Asturias

Grupo EROSKI conta en Asturias con 523 traballadores/as, dos cales 129 son Socias e Socios Cooperativistas.

Grupo EROSKI conta na comunidade con 31 establecementos: 11 supermercados; 1 cash&carry, 1 gasolineira, 4 oficinas de viaxes, 4 tendas FORUM SPORT e 10 perfumerías iF. O programa EROSKI Club conta na comunidade con 45.000 Socias e Socios Clientes.

As compras de Grupo EROSKI aos seus 205 provedores asturianos ascenden a 61 millóns de euros anuais.

Castela e León

Grupo EROSKI conta en Castela e León con 768 traballadores, dos cales 157 son Socios Cooperativistas.

EROSKI dispón de 85 establecementos: 42 supermercados, 4 hipermercados, 3 gasolineiras, 11 axencias de viaxes, 8 tendas FORUM SPORT e 17 perfumerías iF. O programa EROSKI Club conta con 135.000 Socias e Socios Clientes.

Grupo EROSKI colabora con 588 provedores locais. Nas tendas EROSKI poden atoparse ata 453 referencias de produtos da rexión, con compras anuais de 143 millóns de euros.

Illas Baleares

Baleares reforzou a súa posición como rexión estratéxica para o Grupo EROSKI. A apertura da nova Plataforma automatizada de Frescos que a cooperativa inaugurou en 2014 en MercaPalma, con máis 40.000 m2, reafirmaba o compromiso de EROSKI coa rexión.

En 2015, EROSKI abriu en Baleares 15 supermercados franqueados. Estas inauguracións, que contaron cun investimento superior aos 2,2 millóns de euros, xeraron 90 postos de traballo.

En Baleares traballan en EROSKI 2733 persoas. A presenza de EROSKI materialízase en 192 establecementos nas Illas Baleares, ademais de no servizo de entrega no domicilio do supermercado en liña nas illas de Mallorca, Menorca e Eivisa.

O compromiso da cooperativa plásmase tamén cos produtores locais, dos cales comercializa máis de 2200 alimentos producidos nas illas. Mantemos acordos de colaboración con 622 provedores locais, aos que realizamos compras anuais por valor de 96 millóns de euros.

En 2015, EROSKI e os seus clientes/as doaron máis de 67 toneladas de alimentos a través do seu programa «Desperdicio Cero» e das campañas de recollida de alimentos, que equivalen ao consumo alimentario anual de 100 persoas.

Foron 370 os nenos/as baleares que participaron no Programa Educativo de Alimentación e Hábitos Saudables (PEAHS) da Escola de Alimentación EROSKI.

Galicia

VEGALSA ten a súa orixe en Galicia, onde abriu a primeira tenda en 1944. O seu fundador, Ventura González Prieto, foi condecorado coa Medalla de Ouro ao Mérito do Traballo polo Goberno de España, entre outros numerosos recoñecementos.

VEGALSA e EROSKI asinan unha alianza en 1998 e constitúen unha sociedade ao 50 %. Hoxe, a rede comercial de Grupo EROSKI en Galicia alcanza os 320 establecementos: 289 supermercados, 4 hipermercados, 6 oficinas de viaxes e 3 gasolineiras, ademais do supermercado en liña.

Máis de 5451 traballadores/as forman parte de Grupo EROSKI en Galicia. Conta na comunidade con 345.000 Socias e Socios Clientes de EROSKI Club.

Grupo EROSKI ten, ademais, 3 plataformas loxísticas na comunidade, na Coruña, Vigo e Sigüeiro, contando as dúas primeiras con instalacións de frío.

Colabora con 603 provedores de Galicia, dos que un 74 % corresponden ao sector agroalimentario. Comercializa máis de 3.000 produtos e realiza unhas compras a provedores galegos por valor de aproximadamente 400 millóns de euros anuais.

En 2015 EROSKI abriu en Tarragona o seu primeiro hipermercado franqueado. Constitúe un fito destacado no plan de expansión da rede franqueada, xa que traslada á canle de hipermercados o saber facer acumulado como franqueador de supermercados.

TENDAS TENDAS

Page 26: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 5150 | Memoria 2015 | EROSKI

Expansión da rede franqueada

Durante 2015 continuamos acelerando o ritmo de expansión da rede de tendas franqueadas, alcanzando as 94 aperturas, cun investimento global de 15 millóns de euros que xerou 664 novos postos de traballo.

As vendas da rede franqueada incrementáronse nun 20 %, impulsadas polas novas incorporacións e o bo comportamento do novo modelo comercial «contigo».

EROSKI prevé manter este ritmo expansivo de arredor de 100 aperturas anuais de franquías, focalizando a súa expansión principalmente en Andalucía, Madrid, Castela-A Mancha, Estremadura e o Levante.

A relación próxima, o valor máis apreciado polos franqueados

O programa «contigo en franquía» fixo un ano, creando unha comunidade de 465 emprendedores/as franqueados/as. Unha iniciativa pioneira que ofrece formación comercial, servizos e vantaxes personalizadas, información detallada sobre produtos, así como ferramentas para optimizar a xestión das tendas. O obxectivo do programa é fortalecer e mellorar a relación da cooperativa cos seus franqueados/as, un aspecto chave no éxito da expansión da rede de tendas franqueadas e que se converteu, xunto á rendibilidade do negocio, no valor máis apreciado polos emprendedores e emprendedoras que xa operan con tendas franqueadas EROSKI.

Durante 2015 aceleramos o crecemento da rede de tendas franqueadas ata alcanzar as 94 aperturas.

Premio á franquía que máis emprego crea

Por segundo ano consecutivo, EROSKI recibiu, no marco da celebración do Salón da Franquía Frankinorte, o premio á empresa franqueadora que máis postos de traballo crea. Un importante recoñecemento á forte expansión dos seus supermercados franqueados, impulsada no marco do seu Plan Estratéxico 2013-2016.

Innovación

Dous proxectos destacaron polo seu carácter innovador en 2015: a apertura do primeiro hipermercado EROSKI franqueado, que representa un paso importante dentro da estratexia de expansión da rede franqueada e supón a transferencia á canle de hipermercado do coñecemento acumulado por EROSKI sobre a franquía de supermercados, e a posta en marcha a finais do ano, xunto a Grupo GUREAK, do primeiro supermercado franqueado xestionado na súa totalidade por persoas con discapacidade.

Igualmente, en 2015 EROSKI repetiu por segunda vez a iniciativa pioneira de abrir un supermercado franqueado de carácter temporal durante o Festival de Música BBK Live celebrado en Bilbao (Biscaia), un desenvolvemento de éxito que foi estendido tamén ao Festival de Música Al rumbo en Chiclana (Cádiz).

Son proxectos emblemáticos nos que definimos novas respostas para atender as necesidades do consumidor de hoxe.

Andalucía

EROSKI abriu en Andalucía 21 supermercados franqueados en 2015, sendo a comunidade onde máis establecementos abriu, cun investimento superior aos 3,1 millóns de euros que xerou 166 postos de traballo. Un elevado ritmo de aperturas que se manterá en 2016. EROSKI suma un total de 101 establecementos na comunidade: 60 supermercados, 9 hipermercados, 5 gasolineiras, 2 oficinas de viaxes, 24 perfumerías iF e o supermercado en liña.

O programa EROSKI Club conta na comunidade con 228.000 Socias e Socios Clientes.

EROSKI colabora con máis de 900 provedores en Andalucía. Comercializa máis de 5.000 produtos e realiza unhas compras a provedores andaluces superiores aos 234 millóns de euros anuais.

Estremadura

Estremadura é unha rexión prioritaria para a apertura de franquías durante os próximos anos, onde se prevé abrir en 2016 os primeiros 7 supermercados franqueados.

Grupo EROSKI conta actualmente con: 1 hipermercado, 1 oficina de viaxes e 1 perfumería iF. Conta con 109 traballadores, sendo o 70 % socios da súa cooperativa. EROSKI Club conta con 35.000 Socias e Socios Clientes estremeños.

Son 130 os provedores cos que EROSKI traballa en Estremadura, dos que comercializa arredor de 600 alimentos locais, cunha facturación anual de 18 millóns de euros.

C. Valenciana e Murcia

EROSKI abriu en 2015 o primeiro supermercado franqueado na área do Levante e prevé a apertura de 10 máis en 2016, que se sumarán á rede comercial formada por 7 hipermercados. Ademais, o Grupo EROSKI conta na rexión con 4 gasolineiras, 5 oficinas de viaxes, 3 tendas de deporte FORUM SPORT e 13 perfumerías iF. En total, suman 651 traballadores, sendo o 60 % socios da súa cooperativa. EROSKI Club conta con 150.000 Socias e Socios Clientes na rexión.

Son 865 os provedores cos que EROSKI traballa na Comunidade Valenciana e Murcia, dos que comercializa arredor de 9.550 produtos, cunha facturación anual de 400 millóns de euros.

Castela-A Mancha

EROSKI abriu en Castela-A Mancha 6 novos supermercados franqueados en 2015, que xeraron 36 postos de traballo. Esta comunidade é unha das áreas prioritarias para a expansión da súa rede de tendas franqueada. Conta cunha rede comercial de 20 establecementos: 7 supermercados, 4 hipermercados, 3 gasolineiras, 3 oficinas de viaxes, 2 perfumerías iF e o supermercado en liña para Guadalaxara e Toledo.

Aquí o programa EROSKI Club conta con 110.000 Socias e Socios Clientes.

EROSKI colabora con máis de 375 provedores locais, dos cales comercializa 4.990 produtos, cunhas compras anuais de 65 millóns de euros.

Madrid

EROSKI abriu 4 supermercados franqueados en Madrid en 2015 e prevé concluír 2016 con 10 novas aperturas máis. Conta ademais co servizo a domicilio do supermercado en liña e cunha base de 90.000 Socias e Socios Clientes de EROSKI Club.

TENDAS TENDAS

Page 27: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 5352 | Memoria 2015 | EROSKI

Avances na proposta multicanle

As vendas en liña creceron máis do 12 % en 2015 debido fundamentalmente ao desenvolvemento da base de Socios e Socias Clientes de EROSKI Club, ao aumento da oferta, ata superar as 10.000 referencias dispoñibles para unha maior liberdade de elección do consumidor, e á experiencia acumulada nunha traxectoria de venda en liña que suma xa 17 anos.

O 75 % dos nosos clientes e clientas en liña compran frescos a través da internet, unha cifra moi destacable no sector. Un ano máis, os aspectos máis valorados da tenda en liña, con máis de 6 millóns de usuarios, son o Servizo de Atención ao Cliente e a calidade de entrega e cumprimento do horario.

O 75 % dos nosos clientes/as en liña compran frescos a través da internet.

Servizo ‘Click&Drive’

EROSKI abriu en 2014 o seu primeiro servizo de recollida das compras en liña facilmente sen saír do coche, en postos de entrega rápida instalados nos aparcadoiros de tendas moi próximas a grandes vías de comunicación. Durante este primeiro ano de andaina, as vendas en liña deste centro pioneiro duplicáronse.

En 2015 avanzamos na nosa proposta multicanle coa extensión deste servizo a un total de seis puntos, catro en Biscaia, un en Galicia e un máis de CAPRABO en Barcelona.

As vendas en liña de EROSKI en 2015 creceron máis do 12 %, impulsadas por unha renovada proposta multicanle.

Servizo ‘Click&Collect’

En 2015 inauguramos un novo servizo de entrega de compras en liña moi dirixido ao cliente urbano, ao que lle ofrecemos a posibilidade de que pase a recoller a súa compra en liña xa embolsada por unha céntrica tenda dúas horas despois de realizala pola internet, sen colas nin esperas, porque se habilitou un espazo específico para a súa recollida.

Ademais do punto aberto por EROSKI en Bilbao, contamos con outros dous puntos de CAPRABO en Barcelona.

Negocios de diversificación

Viajes EROSKI

Viajes EROSKI conta cunha rede de 166 oficinas, ademais de coa súa web. Conta, ademais, cunha división de 28 oficinas especializadas en viaxes de empresa e organización de congresos, TRAVEL AIR.

En 2015, Viajes EROSKI recibiu o premio da Federación Española de Familias Numerosas como recoñecemento á súa especialización no turismo familiar, que representa o 40 % da súa facturación.

EROSKI Viajes está integrada na rede GEBTA (Guild European Business Travel Agents), un consorcio exclusivo con máis de 850 puntos de venda en Europa.

Perfumerías IF

Perfumerías iF conta cunha rede de 200 establecementos. Actualmente atópase nun proceso de cambio do seu modelo de negocio e son xa 54 as tendas remodeladas. Trátase de tendas que ofrecen unha gama especializada de perfumería, cosmética e produtos de beleza e coidado persoal, apoiada nun asesoramento especializado.

Perfumerías iF conta con máis de 1.700.000 clientes acollidos ao seu programa de fidelización, os cales representan máis do 70 % das vendas.

Forum Sport

FORUM SPORT conta cunha rede comercial formada por 45 establecementos, presentes en 10 comunidades autónomas, ademais de coa súa tenda en liña, que dá servizo a toda España.

En 2015, FORUM SPORT abriu 4 novos establecementos nas provincias de Guipúscoa, Soria e Valladolid.

Conta cun sólido programa de fidelización que supera o millón de socios e afecta o 90 % das vendas.

Gasolineiras

As gasolineiras EROSKI manteñen unha política de rebaixa permanente de prezos, trasladando ao consumidor con celeridade as baixadas de prezo dos combustibles e mantendo sempre un diferencial significativo cos seus principais competidores.

TENDAS TENDAS

Page 28: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 5554 | Memoria 2015 | EROSKI

Buscamos construír a cadea de valor máis eficiente a partir da máxima satisfacción dos nosos clientes.

cadea de valor

cadea de valor

Page 29: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 5756 | Memoria 2015 | EROSKI

EROSKI está a innovar en toda a súa cadea de valor dentro do Plan Estratéxico 2013 -2016, con proxectos que van dende a colaboración cos provedores ata a relación máis personalizada coas Socias e Socios Clientes, pasando por todos os seus procesos comerciais e loxísticos.

O modelo comercial «contigo» aposta por un maior poder de elección do consumidor, porque a variedade e unha ampla cultura gastronómica son aspectos cruciais para a práctica dunha alimentación saudable, definindo así unha cadea de valor aberta á marca de fabricante, ao produto local e á nosa propia marca.

A liberdade de elección do consumidor concrétase en EROSKI nunha gama de marca propia que ofrece unha competitiva posición de prezo sen renunciar á calidade nutricional e á súa contribución á saúde e ao equilibrio da dieta. Ademais, a nosa marca ofrece novas respostas á crecente diversidade de perfís nutricionais dos consumidores e as consumidoras, con gamas de produtos baixos en sal, en graxas, en azucres, sen glute ou sen lactosa.

Os produtores locais teñen un renovado papel protagonista en EROSKI, que conceptualiza o modelo de tenda «contigo» como unha plataforma de comercialización aberta aos alimentos que son producidos no seu ámbito máis próximo. En 2015 realizamos 680 novas incorporacións, ata ofrecer un total de 21.064 alimentos producidos nos ámbitos máis próximos ás nosas tendas.

Neste sentido, a nosa cadea de valor define un modelo de negocio compartido co sector agroalimentario que impulsa a diversidade do tecido produtivo. En 2015 incorporamos 114 novos provedores locais, ata sumar 2.610 ao programa Compromisos PEME-EROSKI.

Ademais, a cadea de valor de EROSKI incorpora amplamente as marcas de fabricante polo valor que son quen de achegarlle ao consumidor e por constituíren un motor de innovación permanente. Colaboramos estreitamente con todas aquelas que comparten o compromiso de impulsar unha alimentación saudable; apoiamos fortemente a innovación en melloras nutricionais e o desenvolvemento de novos alimentos máis saudables.

CADEA DE VALORAvanzamos cara a unha organización máis eficiente

• Colaboramos con 4.676 provedores comerciais, apostando pola sustentabilidade dun sector agroalimentario diversificado.

• Rozamos as 115.000 referencias comercializadas en 2015.

• Introducimos 680 novos produtos locais, ata alcanzar os 21.064 alimentos comercializados que son producidos nos ámbitos máis próximos ás nosas tendas.

• Incorporamos 114 novos produtores aos Compromisos PEME-EROSKI, ata sumar un total de 2.610 provedores locais.

• Lanzamos 436 novos produtos coa nosa marca, ata ofrecer unha variedade de 4.510 referencias das nosas marcas propias.

• Contamos cun total de 23 plataformas loxísticas, que suman 360.000 m2 e polas que transitan cada día máis de 1 millón de caixas.

• A eficiencia loxística permite reducir o stock en tenda, aumentar a variedade e reducir os custos operativos para reinvestir nunha política de promocións e de vinculación co cliente máis estreita.

Durante o ano 2015 fóronse consolidando un bo número de proxectos nos que viñemos traballando durante os últimos anos. Os retos de mellora da competitividade comercial identificados no Plan Estratéxico estanse a desenvolver e estender e, grazas a isto, comeza xa a ser percibido un novo EROSKI que expresa as fortalezas da estratexia decidida, EROSKI contigo.

A cadea de valor de EROSKI está orientada a achegarlle a cada consumidor máis valor, máis variedade e mellores prezos. A conquista de novas cotas de eficiencia é un exercicio constante, e en 2015 mostramos avances moi significativos, que terán tamén o seu reflexo no futuro próximo. A reconsideración do modelo de compra e subministración dos nosos produtos frescos, as novas capacidades na xestión dos prezos e a mellora continua dos procesos operativos son algúns exemplos das numerosas iniciativas que están a lograr importantes eficiencias e aforro de custos na nosa cadea de valor.

Durante 2015, a ampliación da alianza ALIDIS a seis operadores europeos veu reforzar tamén unha parte importante da cadea de valor, co obxectivo de poder ofrecerlles aos consumidores unha gama máis ampla de produtos para unha maior liberdade de elección e uns mellores prezos, á vez que se amplían as

Carta do Director Xeral de Recursos

oportunidades de negocio para os nosos provedores. En paralelo, no perímetro do mercado español, tamén alcanzamos un acordo de colaboración que ten por obxectivo a busca de novas eficiencias que se trasladen aos consumidores a través duns mellores prezos.

2015 é un ano con avances notables tamén no noso compromiso cos produtores locais. Con 114 novas incorporacións, alcanzamos os 2.610 acordos con PEMES e cooperativas. Introducimos 680 novos produtos locais, ata alcanzar os 21.064 alimentos comercializados que son producidos nos ámbitos máis próximos ás nosas tendas, impulsando un tecido produtivo agroalimentario altamente diversificado como aspecto crucial para a súa sustentabilidade.

Por último, querería destacar a renovación, un ano máis, do certificado SA8000 na nosa Sede Social e Central de Compras, cuxo cumprimento se estende a todos os nosos provedores. Somos a única empresa de distribución de España con esta certificación que promove os dereitos dos traballadores a escala mundial. Isto tamén nos fai ser diferentes.

Javier AmezagaDIRECTOR XERAL DE RECURSOS

CADEA DE VALOR CADEA DE VALOR

Page 30: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 5958 | Memoria 2015 | EROSKI

Proxectos de Eficiencia

En 2015 logramos importantes melloras nos proxectos relacionados coas partidas de gastos, as cales superan o obxectivo de aforro, e materializamos tamén unha redución do custo das estruturas.

Avanzamos tamén na implantación da metodoloxía lean en varios procesos comerciais, logrando unha redución relevante dos tempos e unha mellora recorrente dos indicadores chave nos procesos de Gama, Prezo e Promoción. No ámbito dos supermercados, o programa lean aséntase en experiencias anteriores e os desenvolvementos deste ano centráronse en aspectos de planificación a nivel de tenda e rexión, na precisión dos indicadores e nas reunións diarias dos equipos autoxestionados. Nos hipermercados, este foi o ano de despegue do proxecto lean, focalizado en lograr unha

maior eficiencia nos procesos, con menos erros e reducindo os prazos requiridos, e traballando a partir de indicadores para a mellora continua en equipos autoxestionados.

A implantación da metodoloxía lean fainos avanzar cara á configuración de equipos de alto rendemento a través da estandarización e a mellora de eficiencia nos procesos, a implantación da mellora continua e o empoderamento das persoas a través da súa participación activa na mellora dos resultados.

Os proxectos relacionados cos gastos superan o seu obxectivo de aforro, e reducimos tamén o custo de estruturas.

Apostamos pola creación de valor compartido

Durante este Plan Estratéxico estamos a conquistar importantes logros na eficiencia da Cadea de Valor de EROSKI, dende o provedor ata o cliente.

A nosa Cadea de Valor está orientada a achegarlle a cada cliente máis valor, unha maior liberdade de elección e máis aforro nas súas compras, en colaboración cos nosos provedores de marca fabricante, produtores locais e de marca propia. Buscamos construír a cadea de valor máis eficiente a partir da máxima satisfacción dos nosos clientes. Son pasos firmes cara a un EROSKI máis focalizado nas súas fortalezas e máis rendible.

Durante 2015, Grupo EROSKI continuou avanzando no seu plan de transformación operativo tutelado pola Oficina de Transformación, que vela polo cumprimento dos obxectivos identificados para os diferentes proxectos do Plan Estratéxico, cuxo último exercicio é 2016.

TRAN

SPOR

TE

ALM

AC

ENA

XE

REEXPEDICIÓN SEN STOCK

REEXPEDICIÓN SEN STOCK

REPOSICIÓN NON LINEAL

TRAN

SPOR

TE

AO

DISTRIBU

IDO

R

XESTIÓN

DE PED

IDO

AU

TOM

ÁTIC

O

DISTRIBU

CIÓ

N

A TEN

DA

SUBMINISTRACIÓN DIRECTA A TENDA

LOXÍSTICA AUTOMATIZADA

TENDA

MÁRKETING SEGMENTADO

ENTREGA A DOMICILIO

CLICK & COLLECT

CLICK & DRIVE

EN LIÑA WEB APP

PROVEDOR PARTNER

PROVEDOR EROSKI

ESTÁNDARES AECOC

ADECUACIÓN CONTINUA DE FORMATOS COMERCIAIS

XESTIÓN POR CATEGORÍAS, SOLUCIÓNS AO CLIENTE

ALIANZAS CENTRAL DE COMPRAS AUTOXESTIÓN EQUIPO EN TENDA

XESTIÓN ADMINISTRATIVA

PRODUCIÓN

A cadea de valor de EROSKI

PROVEDOR MARCA

FABRICANTE

PROVEDOR LOCAL

PROVEDOR MARCA PROPIA

PROXECTOS I+D NOVOS PRODUTOS

COLABORACIÓN TRADE-MÁRKETING

NEGOCIACIÓN COMERCIAL

XESTIÓN ADMINISTRATIVA

RESPONSABILIDADE SOCIAL

SOC

IAS

E SO

CIO

S C

LIEN

TES

CLI

ENTE

S/A

S

CADEA DE VALOR CADEA DE VALOR

Page 31: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 6160 | Memoria 2015 | EROSKI

Alianzas

Somos a única empresa española coa súa Sede Social e Central de Compras certificadas en Social Accountability 8000 (SA8000), que promove o respecto dos dereitos dos traballadores a escala mundial. Sometémonos a unha rigorosa auditoría de seguimento semestral que ten en conta as condicións de traballo éticas, os dereitos laborais, a responsabilidade social empresarial e o diálogo social.

A acreditación do cumprimento destas medidas por parte de EROSKI implica o seu desempeño en todos os nosos provedores, incluídos os que operan noutros países. A norma inclúe, ademais, no apartado «Control

Certificación SA8000

de provedores e subcontratacións», medidas para previr calquera tipo de actividade corrupta.

EROSKI é a única empresa de distribución española con certificación SA8000, que promove o respecto dos dereitos dos traballadores a escala mundial e prevén calquera tipo de actividade corrupta.

Proxectos de Crecemento

En 2015 abrimos 99 tendas, a maior parte supermercados franqueados, xunto a unha tenda FAMILIA en Galicia e 4 novas tendas de material deportivo FORUM SPORT. En 2015 abrimos 94 supermercados franqueados seguindo o plan de crecemento previsto para os próximos exercicios, cunha ambición de 100 novas tendas por ano.

Adicionalmente, durante 2015 definiuse e estruturouse un plan de novas aperturas de tendas propias para executar nos próximos anos e asináronse proxectos concretos que serán inaugurados a comezos de 2017.

ALIDIS fortalece a súa alianza estratéxica

Durante 2015, a ampliación da alianza ALIDIS a seis operadores europeos vén reforzar tamén unha parte importante da cadea de valor co obxectivo de poder ofrecerlles aos consumidores unha gama máis ampla de produtos para unha maior liberdade de elección e uns mellores prezos, á vez que se amplían as oportunidades de negocio para os nosos provedores.

En 2015, COLRUYT (Bélxica), CONAD (Italia) e COOP (Suíza) uníronse a ALIDIS, a Alianza Internacional de Distribuidores orixinalmente formada por LE GROUPEMENT DES MOUSQUETARIRES (Francia), EROSKI (España) e EDEKA (Alemaña). Con esta ampliación, ALIDIS convértese na principal alianza na distribución europea, dende os valores de constituír empresas independentes cunha visión estratéxica compartida a longo prazo.

Os membros da alianza desenvolven a súa actividade comercial en 8 países europeos (Alemaña, Bélxica, España, Francia, Italia, Suíza, Polonia e Portugal), cunha facturación global de 140.000 millóns de euros.

A alianza constitúese tamén como punto de encontro para os aliados na busca de sinerxías a través do intercambio de coñecemento en ámbitos como o consumo sustentable, a xestión da calidade, os formatos de tenda e os programas de colaboración cos pequenos produtores locais.

Alianza non alimentaria CGS

EROSKI e COOP ITALIA forman parte da alianza COOP GLOBAL SOURCING (CGS) para a importación de produtos non alimentarios a Europa. A alianza mantén relacións comerciais con máis de 300 provedores e importa 5.000 referencias ao ano, cumprindo todas elas os estándares de responsabilidade social BSCI (Business Social Compliance Initiative).

A través desta alianza, compartimos sinerxías en distintos puntos da cadea de valor (calidade, embalaxe, loxística...) a través de gamas conxuntas e marcas comúns.

Acordo de cooperación con Grupo DIA

No perímetro do mercado español, o acordo de cooperación con Grupo DIA alcanzado tamén durante este ano ten por obxectivo a busca de novas eficiencias que se trasladen aos consumidores a través duns mellores prezos.

Proxectos de Innovación

En 2015 aprobamos un novo modelo comercial para o formato de conveniencia que chamamos RAPID e definimos un plan de expansión que se desenvolverá a través de franquía.

Dende os avances na proposta multicanle, concluímos o ano con seis puntos ‘Click&Drive’ e tres puntos ‘Click&Collect’, novos formatos de éxito na entrega de pedidos en liña que combinan aspectos ON e OFF.

Definimos e estruturamos un plan de novas aperturas de tendas propias para executar nos próximos anos, que comezarán a ser inauguradas a comezos de 2017.

Proxectos de Atractivo Comercial

2015 foi o primeiro ano completo do programa EROSKI Club que permitiu facer evolucionar as principais pancas do mix comercial cunha proposta renovada. Concluímos o exercicio con 7 millóns de Socios e Socias Clientes, unha venda fidelizada do 76 % e un aforro transferido de 212 millóns de euros transferidos a través de ofertas e promocións. EROSKI Club e os demais programas de fidelización de CAPRABO, IF e FORUM SPORT permitíronnos que o cliente perciba un aforro directo na súa compra, mellorando directamente a nosa posición de prezo competitivo no mercado.

Adicionalmente, en 2015 demos un salto moi importante na remodelación da rede comercial a través da extensión dos modelos comerciais de nova xeración definidos para Hipermercados e Supermercados. No ámbito alimentario, concluímos o ano co 27 % das tendas de nova xeración, un total de 387 tendas, 16 hipermercados transformados ao modelo «contigo» e un total de 371 supermercados, 166 coa insignia EROSKI, 159 coa insignia CAPRABO en Cataluña e 46 coa insignia FAMILIA en Galicia. Todas elas mostran resultados notables de mellora de actividade e atractivo comercial.

A medida que avanzaron as remodelacións das tendas, estendemos as melloras do plan «variedade diferente» que foron testadas en 2014, alcanzando bos resultados tanto dende a contribución ás vendas como dende a rendibilidade, especialmente nas seccións de alimentación. Pola súa banda, o produto local segue incrementando o seu papel protagonista nas nosas tendas e, no marco das marcas propias, seguimos avanzando nos programas de saúde e calidade nutricional.

EROSKI Club permitiu que o cliente perciba un aforro directo na súa compra, mellorando a nosa posición de prezo competitivo no mercado.

CADEA DE VALOR CADEA DE VALOR

Page 32: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 6362 | Memoria 2015 | EROSKI

Loxística eficiente

EROSKI conta con 23 plataformas loxísticas que alcanzan os 360.000 m2 distribuídos en 13 plataformas de frescos, 9 de alimentación e 1 de non alimentación, xunto a outras 5 lanzadeiras de tránsito. Por esta rede loxística flúen ata 1 millón de caixas diarias.

EROSKI conta actualmente con procesos altamente automatizados nas súas plataformas loxísticas de Madrid, Elorrio (Biscaia), Mallorca e Zaragoza. Os avances realizados durante os últimos anos na automatización dos procesos na cadea de subministración supuxeron durante os últimos exercicios unha mellora global do 27 % na eficiencia loxística.

Adicionalmente, a automatización das plantas loxísticas de frescos está a permitirlle a EROSKI unha maior especialización en frescos, con tempos máis curtos entre a recolección e o consumidor e unha maior gama de alimentos de tempada que lle ofrecen ao consumidor maior liberdade de elección para practicar unha alimentación máis variada e saudable.

Unha cadea de subministración máis eficiente, que diversifica o modelo de servizo en función da rotación, é unha das chaves do novo modelo comercial «contigo». A redución dos gastos operativos nun fluxo loxístico máis tenso que reduce os stocks en toda a cadea de subministración é revertida na cualificación do modelo comercial «contigo», que ofrece unha maior amplitude de gama, se fai máis especialista en frescos, outórgalles un papel protagonista renovado aos produtos locais e fortalece os vínculos cos Socios e Socias Clientes a través dunha relación máis personalizada.

A flexibilidade e o empoderamento dos equipos de traballo son aspectos cruciais para unha óptima adecuación das operacións loxísticas á estratexia comercial e á propia evolución da rede comercial.

Mapa das plataformas loxísticas

Novo modelo de transporte

En 2015 implantamos un novo modelo de transporte, tanto para as rutas dende os provedores ás plataformas coma na distribución capilar dende estas ata as tendas. Un sistema TMS (Transport Manager System) optimiza a planificación e a supervisión de rutas, mellorando a enchedura de mercadoría, aforrando traxectos, tempos de condución, quilómetros recorridos e combustible.

Na distribución capilar a tendas, avanzamos na busca de acordos para o desenvolvemento das descargas nocturnas, a utilización de carrís multiúso, a reserva dinámica de prazas de descarga, etc. para unha loxística urbana máis eficiente e cun menor impacto no medio.

A maior eficiencia do transporte lograda dende o inicio do Plan Estratéxico logrou reducir en 5.000 toneladas as emisións de CO

2, equivalentes á

plantación dun bosque de 500.000 árbores.

A maior eficiencia loxística lograda no Plan Estratéxico logrou unha redución das emisións de CO2 equivalente á plantación dun bosque de 500.000 árbores.

Prosegue a automatización en Elorrio

En 2015 concluíu a posta a punto da Plataforma automatizada de Alimentación en Elorrio (Biscaia), logrando unha mellora da produtividade do 60 % e unha redución do consumo enerxético do 15 %.

Tamén en 2015 iniciamos un proxecto para a verticalización das expedicións nesta plataforma, que logrará automatizar os procesos dende un silo con pedidos preparados ata a expedición de paletas para a súa carga no transporte, mellorando a eficiencia global da plataforma e o transporte que ten como orixe este punto.

CoñecemáissobrecomoaloxísticaenEROSKIpermiteunhareducióndecustosoperativos.As plataformas loxísticas de EROSKI melloran a eficiencia: variedades máis eficientes e prezos máis baixos grazas a unha maior axilidade, flexibilidade e redución de custos operativos.www.eroskicorporativo.es/memoria2015

A CoruñaKortederra

AgurainImarcoain

FRESCOS

ALIMENTACIÓN

NON ALIMENTACIÓN

LANZADEIRAS DE TRÁNSITO

Menorca

Mallorca

Ibiza

Málaga

Bailén

M50Ciempozulelos

Picasent

Murcia

Zaragoza AbreraCiencies

Zubieta

GasteizElorrio

Sigüeiro

Vigo

CADEA DE VALOR CADEA DE VALOR

Page 33: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 6564 | Memoria 2015 | EROSKI

Impulsamos un sector agroalimentario altamente diversificadoEROSKI conta con 10.335 provedores, dos cales 4.676 son provedores comerciais. Deles, máis do 50 % son pequenos produtores locais cos que traballamos unha política de compras e aprovisionamento adaptada á súa dimensión e ás particularidades do seu produto.

EROSKI impulsa un sector agroalimentario que basea a súa sustentabilidade na diversidade do seu tecido produtivo como un elemento chave para a súa contribución á economía, á cultura e ao medio. É a nosa convicción cooperativa o que nos fai comprometernos con esta diversidade, crear ámbitos colaborativos e traballar cun gran número de provedores.

Comercializamos ata 21.064 produtos locais, 680 incorporados en 2015. Cada un deles ten unha historia que contar sobre materias primas excepcionais, lugares únicos ou formas de facer particulares.

En 2015 lanzamos ata 42 campañas locais para poñer en valor a alimentación a través do coñecemento dos produtos producidos na contorna e presentalos de forma renovada como unha opción máis na compra diaria, porque son alimentos que apoian a economía local e son máis sustentables porque están producidos máis preto de onde se consumen.

Máis do 50 % dos nosos 4.676 provedores comerciais son pequenos produtores locais.

Garantías ambientais e sociaisEROSKI incorpora garantías ambientais á súa oferta e colabora con provedores responsables coa sustentabilidade dos recursos naturais.

WWF colabora con EROSKI en distintos proxectos relacionados coa explotación sustentable de caladoiros, a mellora da eficiencia enerxética e a promoción dun consumo máis responsable.

É o caso do peixe procedente de caladoiros sustentables co selo MSC (Marine Stewardship Council). EROSKI superou en 2015 as 495 toneladas comercializadas de peixe sustentable certificado coa etiqueta azul MSC, consolidando a súa aposta pola pesca sustentable.

EROSKI comercializa, ademais, produtos elaborados a partir de madeira procedente de bosques sustentables co selo FSC (Forest Stewardship Council). Toda a gama de celulosas do fogar, unha colección de mobiliario de xardín e unha gama de papelería de marca propia contan con este selo.

En EROSKI colaboramos coa certificación de Comercio Xusto FAIRTRADE, un sistema internacional de certificación de produtos na cadea de subministración, dende o produtor ata o consumidor final, que garante o cumprimento dos criterios sociais, económicos e ambientais do Comercio Xusto.

EROSKI foi a primeira empresa de distribución en comercializar produtos de Comercio Xusto en España e hoxe comercializa unha gama composta por café, cacao, té e azucre, ademais de distintos produtos téxtiles e balóns de marca propia.

Premio BCC-EROSKI Saria

En 2015 celebrouse a IV edición do premio BCC-EROSKI Saria, organizado por EROSKI e o Basque Culinary Center, e dirixido a recoñecer aqueles cociñeiros profesionais cuxas elaboracións culinarias poñen en valor un produto local, outorgándolles unha nova dimensión gastronómica nas súas cartas de tempada. De acordo co seu slogan, «Cociñando os Nosos Sabores», só é necesario cumprir dous requisitos para concursar: ser chefs en activo en calquera restaurante de España, e presentar receitas que utilicen habitualmente nas súas cartas e que poñan en valor produtos locais de marcada tradición na súa rexión.

O gañador da edición 2015 foi o chef Luis Salcedo, do restaurante Remigio de Tudela (Navarra), por unha elaboración moi persoal do tradicional Ajoarriero. En segundo lugar, foi premiado o chef Federico Guajardo, do restaurante do hotel Los Ángeles en Denia (Alacant), e o chef Pablo Valdearcos, do restaurante do hotel Olajauregui de Durango (Biscaia).

CADEA DE VALOR CADEA DE VALOR

Page 34: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 6766 | Memoria 2015 | EROSKI

Contribuír a unha sociedade máis xusta, máis solidaria, máis sustentable e con maiores cotas de saúde e benestar forma parte da misión de EROSKI como cooperativa de consumo.

transformación social

transformación social

Page 35: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 6968 | Memoria 2015 | EROSKI

A transformación social a través da actividade empresarial é un dos fins cooperativos. EROSKI, como cooperativa de consumo, é un proxecto colectivo orientado ao consumidor e á sociedade. Por iso desenvolvemos a nosa actividade en catro ámbitos que definen o noso compromiso social: a información ao consumidor, a promoción dunha alimentación saudable, a sustentabilidade ambiental e a acción solidaria con aqueles que máis o necesitan.

Hoxe, un dos problemas máis importantes que afrontamos os e as consumidoras é o cambio drástico dos nosos hábitos alimentarios, o que deriva nun problema de saúde pública relacionado coas taxas de risco cardiovascular, diabete, hipertensión e sobrepeso ou obesidade. A alimentación equilibrada e os hábitos de vida saudables teñen hoxe un papel fundamental para o benestar individual e colectivo na nosa sociedade.

Por esta razón, e guiados pola prioridade que os Socios Consumidores establecen a través da súa participación na cooperativa, a Escola de Alimentación de Fundación EROSKI busca trasladarlles ao consumidor e ás novas xeracións pautas claras e sinxelas para poñer en práctica unha alimentación equilibrada e un estilo de vida saudable.

A transformación levada a cabo por EROSKI nos últimos anos tamén chega á súa capacidade para contribuír á sociedade. EROSKI hoxe está máis preparada ca nunca para contribuír mellor a unha sociedade máis xusta, máis solidaria, máis sustentable e cunhas maiores cotas de saúde e benestar.

Somos un proxecto colectivo, aberto á sociedade

• O portal de información ao consumidor CONSUMER.ES alcanza as 90.000 visitas diarias, converténdose nun dos principais medios de comunicación en liña de España.

• 7 millóns de lectores ao mes das nosas publicacións sobre temas relacionados co consumo.

• Máis de 72.087 participantes nas actividades da Escola de Alimentación de Fundación EROSKI.

• Cumprimos 19 anos de colaboración con Banco de Alimentos. Doamos máis de 9.000 toneladas de alimentos, equivalentes ao consumo anual alimentario de 13.595 persoas, grazas ao noso compromiso «Desperdicio Cero» e ás campañas de recollida de alimentos.

• O programa «Economía Circular Eroski» logrou en 2015 reciclar 14.827 toneladas de cartón, plásticos, aparellos eléctricos e electrónicos, pilas e acumuladores de enerxía, lámpadas e fluorescentes.

• Logramos recadar, xunto cos nosos clientes e clientas, 512.000 euros nas campañas solidarias en favor dos damnificados polo terremoto de Nepal e dos refuxiados polas guerras.

TRANSFORMACIÓN SOCIAL TRANSFORMACIÓN SOCIAL

Page 36: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

As vantaxes de EROSKI clubGuía de froitas actualizada

Vasculite en nenosEnfrontarse á dor

Nova etiquetaxeClaves dietéticas para a saúde cardiovascular

Infl uencia da saúde na nosa dieta

a revista do socio consumidor

alimentación saúde

Ano XL - Época IV - N.º 194FEBREIRO 2015 • www.consumer.es

1

#01 marzo’15

1 euro

www.eroski.es

Queixo EROSKI SeleQtia DO

Idiazabal: o dobre de bo

o local

Un menú rico e económico

aFoRRa con eRoski

Suxestións deliciosas con ternasco de Aragón Eroski NATUR. Descúbreas!

Orixe e sabor

aÑo

Inclúe vales de desconto

directoBúscaos na

páxina 49Que alimentos incluimos na nosa dieta?

Seguridade nos desastres naturaisHortos urbanos

IctusMeditar: saúde para o corpo e a mente

Menos sal, máis vidaBalanza enerxética das calorías

alimentación saúde

a revista do socio consumidor

Ano XL - Época IV - N.º 196ABRIL 2015 • www.consumer.es

benestar

www.eroski.es

Goza dos amorodos Eroski NATUR, perfectos para pratos doces e salgados

A todas horas!

AMORODOS

#02 abril’151 euro

Inclúe vales de desconto

directoBúscaos na

páxina 49

AFORRA CON EROSKI

Grandes receitas a prezos mini

PROtAgONIStAS

Novos iogures EROSKI basic: todo sabor e

cremosidade

???

Como explotar o perfi l de LinkedInCoidadoras 2.0

Febre: a importancia dos graosO coidador tamén necesita un respiro

BetaglucanosGraxa ou azucre: cal é peor en exceso?

Natalidade no precipicio

alimentación saúde benestar

a revista do socio consumidor

Ano XL - Época IV - N.º 201OUTUBRO 2015 • www.consumer.es

1

Inclúe vales de desconto

directoBúscaos na páxina 47

#03 maio’15

1 euro

Propostas exquisitas e moi saudables coa anchoa do Cantábrico de EROSKI

Está ben boa

anchoa

www.eroski.es

aFoRRa con ERoSKI

Moito gusto, pouco orzamento

PRotagonIStaS

Descubre a nosa gama de cervexas Aurum

???

Extraescolares no divorcioNacementos sen trámites

Maquillaxe infantilConstante sensación de frío

Carnes vermellas e procesadasOutro Nadal é posible

alimentación saúde benestar

a revista do socio consumidor

Ano XL - Época IV - N.º 203DECEMBRO 2015 • www.consumer.es

Consumidores de dereito

EROSKI | Memoria 2015 | 7170 | Memoria 2015 | EROSKI

CONSUMER.ES

O portal de información ao consumidor CONSUMER.ES alcanzou en 2015 os 6 millóns de visitas mensuais, consolidándose como un dos medios de comunicación en liña principais de España.

Os temas de CONSUMER.ES máis consultados polos consumidores son os relacionados coa alimentación equilibrada, os hábitos de vida saudables, a vida en compañía de mascotas e os coidados dos bebés.

Ademais, ofrece máis de 4.500 receitas culinarias con fotos dos pratos, busca por ingredientes ou características nutricionais e vídeos de elaboración, e inclúe unha valoración dietética de cada unha delas. As aplicacións de receitas de EROSKI CONSUMER superaron a barreira das 700.000 descargas.

Conta cun equipo de redacción interno en Fundación EROSKI que vela pola imparcialidade do medio e polo valor da súa contribución á formación e información do consumidor, e que se estende a unha ampla rede externa de colaboradores expertos en temas como economía, saúde, psicoloxía ou socioloxía.

Revista EROSKI CONSUMER

A revista impresa en papel EROSKI CONSUMER leva máis de catro décadas informando os consumidores e mantén un tiraxe de 180.000 exemplares ao mes. Os seus estudos e enquisas ao consumidor, o carácter práctico das súas reportaxes e os consellos para unha consumo e uns hábitos de vida máis saudables son os seus grandes atractivos.

Os principais informes publicados en 2015 foron:

• FEB15: Case un terzo da poboación española padece problemas de saúde crónicos pero só o 12 % cambia a súa dieta como parte do tratamento.

• MAR15: A capacidade económica, tecnolóxica e de mobilidade determina o consumo das persoas maiores.

• ABR15: A dieta: diario dos alimentos máis habituais.

• MAI15: Obesidade infantil: retrospectiva dun problema de peso.

• XUπ15: Máis de un de cada catro consumidores sofre unha ou varias enfermidades crónicas.

• XUL/AGO15: O 96 % dos consumidores recoñece a importancia dos pictogramas de envases, pero o 58 % cre que non son fáciles de interpretar.

• SET15: O gasto familiar crece timidamente por primeira vez en seis anos.

• OUT15: Natalidade en caída libre.

• NOV15: Unha de cada nove persoas no noso planeta ten fame.

• DEC15: Os consumidores realizan máis de 3.000 reclamacións ao día.

• XAN16: Etiquetaxe de alimentos: novidades que pasan inadvertidas.

Pola información do consumidor

En EROSKI estamos convencidos do valor da información ao consumidor como un elemento esencial para a defensa e protección dos seus intereses. Tamén pola importancia e o poder que ten o consumidor, que coas súas decisións diarias de compra é quen de condicionar as prácticas dos sectores produtivos e das súas canles de distribución.

Para desenvolver a nosa función formativa e informativa como cooperativa de consumo, contamos con varias publicacións que alcanzan os 7 millóns de lectores ao mes.

As nosas publicacións alcanzan os 7 millóns de lectores ao mes.

Abertos á conversa

Ademais do perfil corporativo de EROSKI das redes sociais, dende a redacción de EROSKI CONSUMER tamén estamos abertos á conversa cos nosos seguidores e seguidoras, que suman 34.239 en Twitter e 40.695 en Facebook.

Revista EROSKI Club

A revista EROSKI Club é unha nova revista exclusiva para os Socios e Socias Clientes, de publicación mensual e con toda a información e receitas culinarias para practicar unha alimentación saudable baseada nos alimentos de tempada. Ofrece, ademais, ofertas e promocións exclusivas para os Socios e Socias Clientes.

TRANSFORMACIÓN SOCIAL TRANSFORMACIÓN SOCIAL

Page 37: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 7372 | Memoria 2015 | EROSKI

Por unha alimentación máis saudable

A Escola de Alimentación de Fundación EROSKI ten xa catro anos de vida e é a herdeira de toda a traxectoria de EROSKI na educación por unha alimentación saudable dende as súas orixes. Durante estes catro anos converteuse xa nun referente dentro do ámbito educativo.

Co Programa Educativo sobre Alimentación e Hábitos Saudables (PEAHS), en colaboración coa comunidade educativa, levou ás aulas a sensibilidade por unha alimentación equilibrada e uns hábitos de vida saudables, e a educación nos criterios para practicala na nosa vida cotiá.

Para levar a cabo a súa función con criterios obxectivos, a Escola de Alimentación EROSKI conta cun Comité Científico como órgano asesor.

A Escola de Alimentación de Fundación EROSKI desenvolve tamén unha actividade investigadora e presentou en 2015 as conclusións da Enquisa Nutricional da Poboación Española, o máis completo estudo de valoración dos hábitos alimentarios e o estado nutricional da poboación española.

Programa Educativo sobre Alimentación e Hábitos Saudables (PEAHS)

O programa PEAHS impulsado pola Escola de Alimentación EROSKI persegue sensibilizar os nenos de entre 9 e 12 anos e o seu ámbito familiar sobre a importancia de levar unha alimentación equilibrada e un estilo de vida saudable a través de Unidades Didácticas que lles son ofrecidas gratuitamente a todos os centros educativos de España.

Todos os contidos pedagóxicos e as ferramentas gráficas ou audiovisuais que compoñen esas Unidades Didácticas foron elaboradas por un equipo técnico de expertos en nutrición, psicopedagogos e mestres de primaria en activo, seguindo as directrices do Ministerio de Educación.

Este programa recibiu o recoñecemento Gosasun, promovido pola Axencia Vasca de Innovación, un recoñecemento que se suma aos recibidos anteriormente, como o premio NAOS do Ministerio de Sanidade e Consumo e o premio El Chupete pola calidade creativa do programa e os valores que lle transmite ao público infantil.

Estudo sobre Hábitos Alimentarios e Estado Nutricional da Poboación Española (ENPE)

Impulsado pola Escola de Alimentación EROSKI, o estudo ENPE, no que participaron máis de 6.800 persoas de todas as comunidades autónomas, mostra un diagnóstico actualizado sobre os hábitos alimentarios e o estado de saúde da poboación española.

Destaca o incremento da prevalencia da obesidade en todas as idades, incrementándose a obesidade infantil e xuvenil nun 9 % nos últimos 15 anos.

V Encontro da Escola de Alimentación

En 2015 celebrouse o V Encontro da Escola de Alimentación EROSKI no que, ao longo dunha xornada, se analizaron os desafíos, oportunidades e perspectivas da nutrición do mañá a través da visión de expertos no campo da saúde, a nutrición, a gastronomía e o medio.

Come e coida o teu corazón

Unha das novidades impulsadas dende a Escola de Alimentación EROSKI foi a colaboración coa Fundación Española do Corazón para o desenvolvemento do programa «Come e coida o teu corazón».

Os produtos da miña terra

Os produtos locais tamén teñen o seu papel protagonista na Escola de Alimentación EROSKI. Este obradoiro ofrécelles aos escolares a posibilidade de coñecer de primeira man as instalacións de produtores agroalimentarios do seu ámbito próximo.

Comité Científico

O Comité Científico de Fundación EROSKI está formado por catedráticos de universidades españolas, membros de distintas asociacións relacionadas coa saúde, coas ciencias da alimentación e a nutrición e expertos en gastronomía e artes culinarias. Constitúe un órgano asesor para a definición da estratexia a medio e longo prazo do compromiso de EROSKI e Fundación EROSKI coa alimentación saudable.

Decisións como a implantación do semáforo nutricional, a eliminación das graxas vexetais parcialmente hidroxenadas ou o programa de redución de graxas, azucres e sal nos produtos de marca propia son decisións tomadas por EROSKI que contaron co asesoramento do Comité Científico.

Máis de 72.000 participantes

Durante o último curso académico, 2014-2015, participaron no programa PEAHS 72.087 escolares de 930 colexios e realizáronse 1.200 obradoiros pedagóxicos en 180 tendas EROSKI e CAPRABO.

O grao de satisfacción global dos educadores participantes no programa PEAHS é do 91 %, e nove de cada dez educadores que participaron no Programa PEAHS recoméndano.

AtaxadeobesidadeenEspañaaumentouun9%ennenosenenas;coñeceascausas.Segundo o estudo ENPE (Estudo sobre Hábitos Alimentarios e Estado Nutricional da Poboación Española) da Escola de Alimentación da Fundación EROSKI, a taxa de obesidade en España aumentou un 9 % en nenos e mozos e un 4 % en adultos nos últimos 15 anos. www.eroskicorporativo.es/memoria2015

TRANSFORMACIÓN SOCIAL TRANSFORMACIÓN SOCIAL

Page 38: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 7574 | Memoria 2015 | EROSKI

Compromiso «Desperdicio cero»

Facemos 19 anos de colaboración co Banco de Alimentos e fomos recoñecidos coa Espiga de Oro, o máximo galardón que a Federación Española de Banco de Alimentos (FESBAL) outorga.

En 2015, EROSKI doou 8.957 toneladas de alimentos, o equivalente a 13.595 dietas persoais anuais, grazas ao seu compromiso «Desperdicio Cero» e á colaboración dos seus clientes e clientas nas distintas campañas de recollida de alimentos.

O programa «Desperdicio Cero», que garante que ningún alimento apto para o consumo sexa desbotado nas tendas EROSKI, foi pioneiro en 2011 e foi presentado na EXPO MILÁN 2015 como unha iniciativa destacada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA).

En 2015, EROSKI doou a través deste programa ata 5.830 toneladas de alimentos, que foron canalizados a través de Banco de Alimentos e máis dun centenar de pequenas organizacións sociais locais.

Operación Quilo

Ademais, durante as campañas solidarias «Operación Quilo» en colaboración con Banco de Alimentos, EROSKI e os seus clientes e clientas doaron 3.128 toneladas, aumentando un 45 % a doazón do ano anterior, nunha campaña que reúne os esforzos de traballadores/as, voluntarios/as e clientes/as.

Levamos 19 anos de colaboración co Banco de Alimentos e alcanzamos as 8.957 toneladas de alimentos doados, o equivalente a 13.595 dietas persoais anuais.

Integración social

EROSKI colabora hai máis dunha década con organizacións que traballan por unha sociedade máis integradora, como ONCE, DOWN ESPAÑA e COCEMFE.

Bolsa Solidaria Reutilizable

Durante os seus tres anos de vida, a Bolsa Solidaria Reutilizable recadou 630.000 euros, que foron destinados a distintos proxectos de organizacións como Cruz Vermella, Acción Contra el Hambre ou Unicef.

Por unha sociedade máis cohesionada

Solidariedade Internacional

Voluntariado corporativo

EROSKI colabora dende 2011 coa ONG MUNDUKIDE no ámbito da colaboración internacional. Convocamos anualmente prazas internas de voluntariado corporativo dirixidas aos Socios e Socias Traballadoras para colaborar en proxectos de intercooperación. Durante estes anos, foron 4 os voluntarios/as que participaron en proxectos que MUNDUKIDE desenvolve na rexión centro-oeste de Brasil.

A favor dos refuxiados

No Nadal de 2015, EROSKI e o Comité Español de ACNUR, o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados, lanzaron unha campaña conxunta na que recadaron 142.000 euros que foron destinados a proporcionar kits de axuda humanitaria para 71.000 refuxiados/as e desprazados/as pola guerra.

Axuda para Nepal

En coordinación con UNICEF, EROSKI organizou unha campaña de urxencia para axudar os damnificados polo terremoto de Nepal, que deixou máis de 7.000 vítimas. EROSKI e os seus clientes lograron recadar 370.000 euros, que foron destinados a apoiar o labor de UNICEF na zona.

Premio Ciudadano

A Fundación EROSKI recibiu o premio Ciudadano 2015 na categoría Saúde e Calidade de Vida pola súa contribución a crear unha sociedade mellor para todos e en recoñecemento á actividade de Fundación EROSKI na investigación, o desenvolvemento e a innovación en relación co consumo, a alimentación e os hábitos saudables, a solidariedade e a promoción asistencial.

TRANSFORMACIÓN SOCIAL TRANSFORMACIÓN SOCIAL

Page 39: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

EROSKI | Memoria 2015 | 7776 | Memoria 2015 | EROSKI

EcoTenda de 4.ª xeración: avanzando cara ao autoabastecemento

En 2015 concluímos o deseño dunha Eco-Tenda de 4.ª xeración, pioneira en Europa. Tras lograr reducir un 60 % o consumo enerxético na anterior Eco-Tenda «Cero Emisións» respecto a un supermercado convencional, agora o reto é avanzar en autoabastecemento. O obxectivo é lograr satisfacer as necesidades de frío, calor e electricidade que require un supermercado a través dun innovador sistema a partir dunha caldeira de biomasa, logrando reducir drasticamente o consumo proveniente da rede eléctrica.

A definición do proxecto comezou en 2013, e é en 2015 cando arrancaron as obras de execución. Suporá un aforro directo de 494 MWh eléctricos anuais e unha redución de 178 toneladas de emisións de CO

2 ao ano. O

potencial transformador do proxecto non estará só na construción de novos supermercados senón, sobre todo, nas ecoreformas dos existentes, do mesmo xeito que actualmente incluímos xa en cada reforma que levamos a cabo as innovacións testadas en 2012 na anterior Eco-Tenda, que se centraban en catro aspectos fundamentais: construción sustentable, uso intelixente da enerxía, xestión axeitada dos residuos e emprego de fontes de enerxía renovables.

EROSKI colabora neste proxecto co Centro Nacional de Enerxías Renovables (CENER) como centro tecnolóxico encargado da coordinación técnica.

EcoDeseño

Entre os proxectos abordados en 2015 no ámbito do deseño destacan varias actuacións:

• Redeseñamos os envases de 18 formatos de cosmética de marca propia para utilizar un só material, facilitando así a súa reciclaxe. O proxecto evitará a emisión de 111 toneladas de CO

2 en tres anos.

• Redeseñamos as caixas expositoras de varios produtos de coidado persoal da marca belle®, evitando máis dunha tonelada de CO

2 en tres

anos.

• Redeseñamos dous suavizantes de marca propia, facéndoos máis concentrados e con envases moito máis lixeiros. Evitarán a emisión de 11 toneladas de CO

2 en tres anos.

Ciclo de vida dos produtos

A través do Programa para Calcular o Ciclo de Vida dos Produtos analizamos un centenar de produtos de marca propia para reducir as súas emisións de CO

2 en 2.000 toneladas, cunha

redución do 7 % respecto ao ano anterior.

En total, as iniciativas de EcoDeseño e Ciclo de Vida dos Produtos suporán un aforro de 2.123 toneladas de CO2 en 3 anos, o que equivale a un bosque de 212.300 árbores.

Sustentabilidade ambiental

Economía circular

En EROSKI traballamos segundo a lóxica da Economía Circular, que ten por obxecto a reciclaxe e a reutilización pechando os fluxos económicos e de recursos, e reducindo a entrada de materias primas e os residuos.

Para iso desenvolvemos procesos de loxística inversa, dende as tendas ata as nosas plataformas e provedores, co obxectivo de asegurarnos a súa correcta reutilización e reciclaxe para minimizar os residuos.

En 2015, a través do Programa de Economía Circular de EROSKI, reciclamos 20.211 toneladas de materias primas e 2042 toneladas de residuos orgánicos. Ademais, a cadea de subministración de EROSKI engloba a utilización, reclasificación e reutilización de 39,4 millóns de envases loxísticos nun sistema circular.

Así mesmo, as tendas EROSKI son puntos de recollida de bens en desuso para a súa reciclaxe, como aparellos eléctricos e electrónicos, pilas e acumuladores de enerxía, e lámpadas e fluorescentes.

*AIRE ACONDICIONADO, ELECTRODOMÉSTICOS, TELEVISIÓN, PEQUEÑO ELECTRODOMÉSTICO, ETC.

MATERIAS PRIMAS

27.361toneladas recicladas

RESIDUOS ORGÁNICOS

2.069toneladas recicladas

ENVASES LOXÍSTICOS

39.374.110envases reutilizados

APARELLOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS*1.543 toneladas recicladas

PILAS E ACUMULADORES DE ENERXÍA108 toneladas recicladas

LÁMPADAS E FLUORESCENTES

29 toneladas recicladas

CARTÓN

25.180 toneladas

CÁRNICOS

489 toneladas

PALETAS

2.435.846 unidades

ENTIDAD COLABORADORA

ENTIDAD COLABORADORA

ENTIDAD COLABORADORA

PLÁSTICO

1.917 toneladas

DE PESCA

1.580 toneladas

CAIXAS PLÁSTICAS

36.938.264 unidades

POREX

264 toneladas

A Hora do Planeta

EROSKI sumouse á campaña «A Hora do Planeta», promovida por WWF e avalada por Nacións Unidas, para concienciar sobre a necesidade de loitar contra o cambio climático.

TRANSFORMACIÓN SOCIAL TRANSFORMACIÓN SOCIAL

Page 40: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos

Xestión Ética e Transparencia

Código ético

O noso código ético é o eixe da xestión diaria, que na práctica se corresponde coas seguintes liñas de actuación:

INCLUÍR a xestión ética entre os obxectivos principais da Dirección.

ASUMIR e CONTRIBUÍR á mellora continua dos niveis de Responsabilidade Social recollidos na lexislación.

VERIFICAR a través de indicadores a conduta ética da organización para definir as áreas de actividade necesitadas de mellora.

FIXAR OBXECTIVOS de mellora na Xestión Ética e elaborar e adoptar plans para a súa consecución.

FORMAR e INFORMAR axeitadamente a todas as persoas involucradas na aplicación do sistema de xestión e promover a adopción de boas prácticas de Responsabilidade Social.

INFORMAR axeitadamente sobre o código ético adoptado a provedores e subcontratistas, creando mecanismos para a transferencia do coñecemento sobre a Responsabilidade Social.

ATENDER as partes interesadas externas (consumidores, comunidades de veciños, Administración, clientes, provedores, etc.) en tanto se interesen polo noso comportamento social.

COMUNICARLLE á sociedade aberta e eficazmente o seu código, as súas normas e o cumprimento dos seus obxectivos.

Membro do Pacto Mundial

Un ano máis, reafirmamos a nosa pertenza ao Pacto Mundial, unha iniciativa internacional proposta por Nacións Unidas. O seu obxectivo é conseguir un compromiso voluntario das entidades en responsabilidade social, por medio da implantación dos seus principios baseados nos dereitos humanos, laborais e ambientais. EROSKI é asinante do pacto dende o seu establecemento en 2002.

Certificación SA 8000

Única empresa de distribución española coa súa Sede Social e Central de Compras certificadas en Social Accountability SA8000, que promove os dereitos laborais, a responsabilidade social empresarial e o diálogo social, así como medidas para previr calquera tipo de actividade corrupta na xestión de provedores e contratacións.

12345

6

7

8

Page 41: memoria 2015 - Eroski · As claves do sector descríbense como un mercado grande, estable na ... achegas sérvennos para afinar diagnósticos e marcar prioridades. ... En 2016 abordaremos