máquinas simples, aparellos tradicionais

92
máquinas e aparellos tradicionais

Upload: monadela

Post on 18-Jul-2015

67 views

Category:

Education


7 download

TRANSCRIPT

Page 1: Máquinas simples, aparellos tradicionais

máquinase aparellos tradicionais

Page 2: Máquinas simples, aparellos tradicionais

As máquinas son mecanismos artellados para recibir unha forma de enerxía e transformala en outra ou aplicala para producir un efecto determinado.As máquinas facilitan o traballo. Poden facelo reducindo o esforzo ou simplificando a súa aplicación.

Page 3: Máquinas simples, aparellos tradicionais

MÁQUINASSIMPLES

pancas

poleas

torno

plano inclinado

cuña

OPERADORES roda dentada

leva

biela

resorte

COMBINACIÓNS

Page 4: Máquinas simples, aparellos tradicionais

MÁQUINAS SIMPLES

Son mecanismos elementais que empregan forza muscular como enerxía motora (forza de potencia ou esforzo) para vencer outra forza (forza de resistencia ou carga).

Facilitan a realización do traballo diminuíndo o esforzo a cambio de variar algunhas das características da forza que se aplica como: a súa dirección, o punto de aplicación, o espazo percorrido...

Page 5: Máquinas simples, aparellos tradicionais

O funcionamento das máquinas simples cumple o principio de conservación da enerxía . O punto de apoio divide o sistema (máquina) en dúas partes: unha na que se aplica a forza ou potencia e outra na que se atopa a resistencia ou carga. O aforro de esforzo depende da distancia que hai entre o punto de apoio e o punto de aplicación destas forzas.

Nunha máquina que non tivese perdas o traballo feito pola forza de potencia debería ser igual ao traballo da forza de resistencia. Ao aumentar a lonxitude do brazo de potencia diminuímos a forza que hai que facer para vencer a resistencia, a cambio de que o espazo percorrido sexa máis grande.

Page 6: Máquinas simples, aparellos tradicionais

As máquinas máis antigas que se coñecen son moi simples, están formadas na maioría dos casos por unha sola peza: rampas e pancas para elevar pesos, cuñas para cortar e romper... A maioría das máquinas son combinacións destas máquinas simples.

O arco é unha das máquinas máis antigas. Coñécense desde hai 12.000 anos

Machados de bronce. Museo arqueolóxico de A Coruña. Os machados de metal coñécense desde o 4.000 a de C.

Balanza do antigo Exipto

Page 7: Máquinas simples, aparellos tradicionais

PANCAbarra ríxida que ao apoiarse nun punto (fulcro ou punto de apoio) xira para transmitir unha forza.

1º xeneroo punto de apoio sitúase entre a potencia e a resistencia. Aforra esforzo ou enerxía mentras o brazo de potencia sexa máis longo que o brazo de resistencia.

2º xéneroteñen a carga situada entre o punto de apoio e a potencia. Sempre aforran esforzo, porque nelas o brazo de potencia sempre é máis grande que o de resistencia.

3º xéneroteñen a potencia situada entre o punto de apoio e a resistencia. Este tipo de pancas nunca aforra esforzo, pero fan máis cómodo o traballo.

Page 8: Máquinas simples, aparellos tradicionais

As tenazas, tesouras, alicates… están formadas por dúas pancas de primeiro xénero unidas nun punto de apoio común.

PANCAS DE 1º XÉNERO

Page 9: Máquinas simples, aparellos tradicionais

PANCAS DE 1º XÉNERO

bimbastro ou cambón, empreado para sacar auga dos pozos

Page 10: Máquinas simples, aparellos tradicionais

A balanza é unha panca de primeiro xénero co punto de apoio xusto na metade, polo que se equilibran cando a potencia e a resistencia son iguais.

O ferro do monte ou panca utilízase para levantar e desprazar obxectos pesados (pedras...)

pata de cabra

PANCAS DE 1º XÉNERO

Page 11: Máquinas simples, aparellos tradicionais
Page 12: Máquinas simples, aparellos tradicionais

PANCAS DE 2º XÉNERO

O quebranoces está formada por dúas pancas de 2º xénero combinadas.

Page 13: Máquinas simples, aparellos tradicionais

PANCAS DE 2º XÉNERO

Para destapar unha botella faise forza sobre o mango (máis longo) para vencer a forte resistencia da tapa.

Para introducir a rolla na botella utilízase unha panca co brazo moi longo para vencer a forte resistencia que opón o bico da botella á penetración da rolla.

Page 14: Máquinas simples, aparellos tradicionais

remos

Page 15: Máquinas simples, aparellos tradicionais

carreta

PANCAS DE 2º XÉNERO

Page 16: Máquinas simples, aparellos tradicionais

PANCAS DE 3º XÉNERO

A vasoira e a fregona actúa como unha panca de 3º xénero. Unha das mans actúa como punto de apoio, e a outra fai a forza de potencia.

Page 17: Máquinas simples, aparellos tradicionais

PANCAS DE 2º XÉNERO As pinzas están formadas por dúas pancas de 3º xénero cun punto de apoio común.

Page 18: Máquinas simples, aparellos tradicionais

POLEA formada por unha roda ou disco cunha canle pola beira por onde se despraza unha corda ou cadea (pola que se transmiten as forzas) que xira arredor dun eixo. Emprégase para subir pesos.

FIXAactúa como unha panca de brazos iguais. Non aforra esforzo. Cambia a dirección da forza para que resulte máis dado subir un peso.

MÓBILa carga desprázase a metade da distancia da que percorre a corda que actúa no sistema, pero a cambio reduce o esforzo á metade.

COMBINACIÓNSpoden agruparse poleas fixas e móbiles. Reducen o esforzo proporcionalmente ao número de poleas mobiles que se instalen.

Page 19: Máquinas simples, aparellos tradicionais

poleas

Page 20: Máquinas simples, aparellos tradicionais

Polea fixa

Page 21: Máquinas simples, aparellos tradicionais

POLIPASTO É un sistema de poleas compacto capaz de levantar cargas moi pesadas. Ten unha corda que conecta dous conxuntos separados de poleas. As poleas de cada conxunto poden xirar independientemente sobre o mesmo eixo. O conxunto superior vai fixo nun soporte e o inferior vai suxeito á carga. Ao tirar da corda elévase o conxunto inferior de poleas. O incremento de forza que produce é igual ao número de poleas móbiles que ten.

Page 22: Máquinas simples, aparellos tradicionais

Na linguaxe das xentes do mar as poleas coñécense como matóns, cadernas ou pastecas.

Page 23: Máquinas simples, aparellos tradicionais

polipasto

Page 24: Máquinas simples, aparellos tradicionais

TORNOFormado por un cilindro ou roda ao que se acopla a carga (unha corda cun peso) e unha manivela na que se aplica a forza. Funciona como unha panca de 1º xénero xiratoria na que o centro do eixo é o punto de apoio. O movemento da roda ou manivela transfórmase nun movemento máis curto e potente do cilindro. A reducción do esforzo depende da relación entre o radio da manivela e o radio da roda do torno.

Page 25: Máquinas simples, aparellos tradicionais

Rodas hidráulicas

TORNO

Page 26: Máquinas simples, aparellos tradicionais

TORNO

muíños de manlagar

Page 27: Máquinas simples, aparellos tradicionais

TORNO

Torno para sacar auga dun pozo

Page 28: Máquinas simples, aparellos tradicionais

Chave nunha pechadura. Unha chave unha sección lonxitudinal dun torno. A manivela e a parte onde se aplican os dedos e o cilindro a parte que actúa sobre o mecanismo de apertura.

A chave inglesa actua como o brazo dun torno.

TORNO

Page 29: Máquinas simples, aparellos tradicionais

As mans do conductor aplicadas no volante fan xirar o seu eixo para mover o mecanismo da dirección.para aproveitar mellor a forza.

tornos (maquinillas) de barcos

tarabela

Page 30: Máquinas simples, aparellos tradicionais

SARILLO

Page 31: Máquinas simples, aparellos tradicionais

O conxunto do plato e os pedais é un torno, e o conxunto dos piñóns e a roda traseira é outro torno. A cadea transmite a forza desde o plato aos piñóns.Cando se percorre un terreo chan o piñón da roda traseira debe ser pequeno para acadar máis velocidade. Para subir unha costa debe ser grande para aproveitar mellor a forza.

Page 32: Máquinas simples, aparellos tradicionais

torno do castelo de Soutomaior

Page 33: Máquinas simples, aparellos tradicionais

PLANO INCLINADO – RAMPAé unha superficie apoiada en dous puntos situados a distinta altura.O aumento da distancia que hai que percorrer reduce o esforzo que hai que realizar para superar a altura.

Page 34: Máquinas simples, aparellos tradicionais

PLANO INCLINADO – RAMPA

escaleira

Page 35: Máquinas simples, aparellos tradicionais

Rampa-varadoiroO plano inclinado é unha das máquinas simples utilizadas desde a antigüidade para elevar pesos. Os exipcios utilizábana para construir os templos e pirámides.

Page 36: Máquinas simples, aparellos tradicionais

roscas

Page 37: Máquinas simples, aparellos tradicionais

moega

Page 38: Máquinas simples, aparellos tradicionais

Parafuso de Arquímedes

Page 39: Máquinas simples, aparellos tradicionais

parafusos sin fin

Page 40: Máquinas simples, aparellos tradicionais

CUÑAÉ un obxecto en forma de prisma de base triangular que aproveita a relación entre a lonxitude e a anchura para penetrar nun material.Canto máis estreita sexa a cuña menos esforzo hai que facer.

Page 41: Máquinas simples, aparellos tradicionais

CUÑAS

Page 42: Máquinas simples, aparellos tradicionais

CUÑAS

arados

Page 43: Máquinas simples, aparellos tradicionais

CREMALLEIRAFai uso do principio das cuñas unindo ou separando duas ringleiras de dentes.Os dentes están deseñados de xeito que so poden abrirse ou pecharse un despois do outro. Sen usar o peche é practicamente imposible unir ou separar os dentes. Cando se abre a cremalleira, a cuña superior de forma triangular separa os dentes. Ao pechala as dúas cuñas inferiores fan que os dentes se entrelacen de novo.As cremalleiras de plástico están formadas por espirais entrelazadas en vez de fileiras de dentes.

Page 44: Máquinas simples, aparellos tradicionais

OPERADORES MECÁNICOSComplementan as máquinas modificando a dirección ou a velocidade do movemento, almacenando enerxía...

Page 45: Máquinas simples, aparellos tradicionais

RODAS DENTADAS ou ENGRANAXES Cambian a dirección do movemento e poden aumentar ou diminuir a forza ou a velocidade. A diferencia de velocidade das rodas produce un cambio na forza que se transmite.Existen moitos tipos, cos dentes rectos ou curvos e con distintos ángulos de inclinación.

estrulladora

Page 46: Máquinas simples, aparellos tradicionais

rodas dentadas nun muíño

Page 47: Máquinas simples, aparellos tradicionais
Page 48: Máquinas simples, aparellos tradicionais

antigas sementadoras do millo

Page 49: Máquinas simples, aparellos tradicionais

reloxo antigo

Page 50: Máquinas simples, aparellos tradicionais

LEVASmecanismos que xiran xunguidos a un eixo e aproveitan a súa forma excéntrica para transformar movementos xiratorios en movementos lineais.

Árbore de levas dun coche.

Page 51: Máquinas simples, aparellos tradicionais

mazos para metal

LEVAS

Page 52: Máquinas simples, aparellos tradicionais

LEVAS

mazos para febra de papel

Page 53: Máquinas simples, aparellos tradicionais

BIELASPezas ríxidas que transforman os movementos de vaivén (lineais) en movementos xiratorios.

lavadora antiga

Page 54: Máquinas simples, aparellos tradicionais

locomotora

Page 55: Máquinas simples, aparellos tradicionais

CORREAS DE TRANSMISIÓNCintas ou cadeas que conectan dúas rodas ou eixos. Poden manter ou non a dirección do movemento e variar a potencia ou a velocidade.

Roda de afiador. Museo Doade. Lalín.

Page 56: Máquinas simples, aparellos tradicionais

Serradeiro hidráulico

Page 57: Máquinas simples, aparellos tradicionais

RESORTESelementos elásticos que acumulan a forza que se lles aplica ao deformalos para utilizala en sentido contrario unha vez que a forza que os deforma deixa de actuar sobre eles.

Page 58: Máquinas simples, aparellos tradicionais

suspensión dunha moto

Page 59: Máquinas simples, aparellos tradicionais

gomas

Page 60: Máquinas simples, aparellos tradicionais

TESOURA DE VENDIMA

Page 61: Máquinas simples, aparellos tradicionais

A madeira do arco almacena a enerxía que lle comunican os brazos do home. No momento en que este solte a frecha o arco recupera a posición anterior e libera a enerxía acumulada que a empuxa en sentido contrario.

Page 62: Máquinas simples, aparellos tradicionais

COMBINACIÓNS DE MÁQUINAS E OPERADORESNa maioría dos aparellos de uso común podemos atopar combinacións de varias máquinas simples e operadores

PARAFUSO:Torno (a cabeza do parafuso é a manivela e o cilindro a parte roscada)Plano inclinado arredor do eixo (rosca)Cuña (punta)

Page 63: Máquinas simples, aparellos tradicionais

Escea medieval.:cuñas (cincel) torno (sistema motor da grúa) poleas plano inclinado (escaleira)

Page 64: Máquinas simples, aparellos tradicionais

CORTAUNLLASEstá formado por tres pancas e dúas cuñas. O mango é unha panca de 2º xénero. As follas de corte actúan como dúas pancas de 3º xénero unidas.

Page 65: Máquinas simples, aparellos tradicionais

abrelatas

ABRELATAS pancas de 2º xénero: para sacar tapaspanca de 1º xénero: para abrir latas

Page 66: Máquinas simples, aparellos tradicionais

MULTIUSOS:panca de 2º xénero, para sacar tapaspanca de 1º xénero: para abrir latascuñastorno, para abrir latas

Page 67: Máquinas simples, aparellos tradicionais

TIRARROLLASplano inclinadocuñatorno: introducir a rosca na rolla panca de 2º xénero: para sacar tapasrodas dentadaspancas 1º xénero: sacara a rolla

Page 68: Máquinas simples, aparellos tradicionais

alicates

ALICATESpancas de 1º xénerocuñas

Page 69: Máquinas simples, aparellos tradicionais

BOMBA EÓLICA PARA ELEVAR AUGA

Page 70: Máquinas simples, aparellos tradicionais

Descubre as máquinas e operadores das seguintes imaxes

Page 71: Máquinas simples, aparellos tradicionais

Mina de sal

Page 72: Máquinas simples, aparellos tradicionais

MUÍÑO HIDRÁULICO

Page 73: Máquinas simples, aparellos tradicionais

MUÍÑO DE VENTO

Page 74: Máquinas simples, aparellos tradicionais

MUÍÑO

Page 75: Máquinas simples, aparellos tradicionais

MAZO DUNHA FERRERÍA

Page 76: Máquinas simples, aparellos tradicionais

BATÁN

Page 77: Máquinas simples, aparellos tradicionais

NORA

Page 78: Máquinas simples, aparellos tradicionais

ELAVADOR DE AUGA CHINÉS

Page 79: Máquinas simples, aparellos tradicionais

NORA

Page 80: Máquinas simples, aparellos tradicionais

ELEVADOR DE AUGA

Page 81: Máquinas simples, aparellos tradicionais

BICICLETA

Page 82: Máquinas simples, aparellos tradicionais

LAGAR

Page 83: Máquinas simples, aparellos tradicionais

BATEDORAS DE MANTEIGA

Page 84: Máquinas simples, aparellos tradicionais

EXCAVADORA

Page 85: Máquinas simples, aparellos tradicionais

PRENSAS DO VIÑO

Page 86: Máquinas simples, aparellos tradicionais

MECANISMO DUNHA PRESA

Page 87: Máquinas simples, aparellos tradicionais
Page 88: Máquinas simples, aparellos tradicionais

IMPRENTA TEXTIL

Page 89: Máquinas simples, aparellos tradicionais

PRENSA PARA METAIS

Page 90: Máquinas simples, aparellos tradicionais

TORNO DE CARPINTEIRO

Page 91: Máquinas simples, aparellos tradicionais

TORNO PARA FACER GAITAS

Page 92: Máquinas simples, aparellos tradicionais

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Internet,DEBUXOS: Mon Daporta